SlideShare a Scribd company logo
1 of 82
DINÁMICAS DE CONVIVENCIA,
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E
HABILIDADES SOCIAIS - 2020
Licenza Creative Commons BY-NC-SA
Montserrat Pérez Castiñeira
Para familias e profesorado
O obxectivo desta presentación é que
sirva de guía tanto para familias
como para profesores titores. Con
este material teórico-práctico, e
dende a intelixencia emocional é
posible axudar ao alumnado a que se
coñeza, se regule, se motive,
adquira empatía e mellore a súa
asertividade, autoestima e
habilidades sociais. Dende o Instituto
ou Colexio e dende a casa pódese
traballar cos rapaces para que
diminúan a impulsividade, ira e
ansiedade, toda vez que melloran a
súa asertividade e as súas
habilidades para o autocontrol. Así
aprenderán a convivir con outros, a
interiorizar un método para resolver
os problemas/conflitos que xurden na
vida cotiá, e a mellorar a súa relación
consigo mesmos.Imaxe extraída de: http://www.popscreen.com/v/6vbM7/Beneficios-de-la-
inteligencia-emocional-Pablo-Fernandez Ademáis neste enlace poderás
ver un interesante vídeo.
A INTELIXENCIA EMOCIONAL – Aprender a vivir mellor no Instituto e
na familia
A INTELIXENCIA EMOCIONAL
O concepto foi popularizado por Daniel Goleman en 1995 coa publicación da obra:
Intelixencia Emocional.
Abrangue cinco capacidades que son decisivas para ter éxito na vida.
Profe
1. Autocoñecerse. Recoñecer os nosos sentimentos, emocións
e estados de ánimo. Poñerlles nome, facelos conscientes,
percibilos e regulalos.
2. Capacidade de motivación dun mesm@, autocontrol
emocional, capacidade de demorar a gratificación e de
sofocar a impulsividade.
3. Persistir fronte ás decepcións.
4. Mostrar empatía. Recoñecemento das emocións alleas.
5. Ter unhas boas habilidades sociais. Ser asertiv@.
-Intelixencia intrapersonal: 1, 2 e 3
-Intelixencia interpersonal: 4 e 5
A INTELIXENCIA EMOCIONAL
Regulación emocional.
Trátase de manexar os propios sentimentos e expresalos axeitadamente, e inclúe:
Regulación da impulsividade (ira, violencia, comportamentos de risco). Tolerancia ante a frustración e
liberación da agresividade sen danarse a si mesma nin ás demais, para previr estados emocionais
negativos (ira, rabia, ansiedade, culpa, depresión). Perseverancia no logro dos obxectivos malia as
dificultades. Capacidade para renunciar a recompensas inmediatas a favor doutras a máis longo prazo,
pero de orde superior, etc.
Habilidades de afrontamento: Habilidades para afrontar retos e situacións de conflito, coas emocións
que xeran. Isto implica estratexias de autorregulación para xestionar a intensidade e a duración dos
estados emocionais.
Competencia para xerar por si mesmo emocións positivas: É a
capacidade para autoxerar e experimentar de forma voluntaria e
consciente emocións positivas (alegría, amor, humor) e desfrutar da
vida. Capacidade para autoxestionar o propio benestar emocional na
procura dunha mellor calidade de vida.
A INTELIXENCIA EMOCIONAL
A ESCOITA E A EMPATÍA
Xa que logo, sentirnos escoitadas aumenta a autoestima e a seguridade en nós mesmas.
Así, parece que aprender a escoitar de xeito activo, empático e efectivo é mesmo previo á
comunicación e, desde logo, imprescindíbel para a resolución dos conflitos que poidan
xurdir coas demais persoas.
A escoita é a capacidade para saber o que
nos comunican as outras persoas, e inclúe
unha serie de actitudes que contribúen de
xeito decisivo a que sexa eficaz. A máis
relevante das ditas actitudes é a empatía.
Sentirnos escoitadas é fundamental para as
persoas, xa que denota que lle interesamos
ás demais, que somos importantes para
elas e que o que dicimos e transmitimos
ten valor.
A EMPATÍA
• Como paso previo á resolución de
conflitos debemos desenvolver a nosa
empatía, que é a capacidade para
identificar e comprender as emocións
da outra persoa.
• A empatía fai posible unha verdadeira
comunicación. Falar e falar non é
comunicarse. É un monólogo.
• Unha persoa empática non só escoita a
outra persoa, senón que lle importa o
que pensa e agarda aprender dos seus
coñecementos. Sempre intenta que a
conversación flúa sobre un interese
común e non sobre o propio.
EMPATÍA
OBSTÁCULOS QUE DIFICULTAN A EMPATÍA
Todo isto ó único que fai é bloquear a escoita e
impedir que se produza unha boa relación
empática.
Tentar animar sen máis, con
frases como “ánimo que nesta
vida todo se supera menos a
morte”.
Dar a razón e seguir a
corrente...
A EMPATÍA
Como expresar a empatía?
 Facer preguntas para aclarar.
 Tentar de avanzar lentamente no diálogo.
 Antes de dar a nosa opinión sobre o tema
debemos agardar a termos información
suficiente, termos a seguridade de que a
outra persoa nos contou todo o que quería
contar, e de que nós a escoitamos e
entendemos correctamente a esencia da súa
mensaxe.
DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A EMPATÍA:
“O AUTORRETRATO”
PROCESO. Entréganselle ao grupo imaxes (postais, recortes de revistas…). Cómpre que sexan moitas e
variadas. As fotografías deben ser suxestivas e atractivas; que permitan a identificación a proxección e a
expresión de pensamentos, sentimentos e emocións, e valores. As imaxes tamén poderán ser figurativas
(rostros, situacións, paisaxes, obxectos, animais...) pero adoita ser máis positivo facelo con elementos
simbólicos.
Convídase a que cada quen elixa tres, que considere que expresan algún aspecto da súa persoa. Esta
escolla débese facer en silencio e ninguén collerá imaxes mentres non lle chegue a súa quenda. Despois
amosarallas ao resto do grupo. Pódense elixir as mesmas imaxes, por motivos iguais ou distintos.
Quen queira pode comentar ao grupo a súa elección. Mentres cada persoa fala, o resto estarán sentadas,
caladas e atentas, para comprender ben o que di. Pódense facer preguntas para aclarar cousas, pero non se
poden facer obxeccións, críticas, nin expresar desacordos.
Para rematar a actividade, cada alumna e alumno comentará que sentiu ao falar perante o grupo e tamén
ao escoitar o que expresaba o resto das compañeiras e compañeiros.
OBSERVACIÓNS:
É fundamental ter moito coidado de respectar a decisión de quen non queiran explicar nin expresar nada
sobre o seu autorretrato.
Esta actividade débese realizar cando haxa un certo grao de coñecemento do grupo e un bo clima
grupal.
DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A ESCOITA ACTIVA:
“ESCOITANDO UNHA HISTORIA QUE NOS CONTA ALGUÉN”
PROCESO:
En parellas, cada quen pensa nunha situación divertida que lle ocorreu ou que lle contaron. Logo, unha das persoas de
cada parella, cóntalla á outra. Mentres o fai, a outra boquexa, mira para outro sitio, distráese con calquera cousa e
amosa aburrimento.
Rematada esta fase da actividade, pregúntaselle ás persoas que contaron a historia:
― Que sentistes cando explicastes a historia?.
― Tiñades ganas de seguir falando?.
― Que pensastes da persoa á que lle contastes a historia?.
― Gustaríavos tela como amiga o como compañeira de clase?.
Repetimos a experiencia, pero esta vez escoitando activamente: mirando á outra persoa, asentindo, repetindo algunha
das cousas que dixo (eco) e, en xeral, amosando que estamos interesadas na outra persoa e no que nos conta.
De seguido, fánselle as mesmas preguntas que antes ás persoas que contaron a historia e compáranse as respostas coas
da situación anterior.
Para rematar, tíranse conclusións sobre os indicadores xestuais, corporais e verbais da escoita activa.
OBSERVACIÓNS:
Algúns conflitos e enemizades comezan cando non se practica a comunicación activa. As persoas que no nos
escoitan no nos gustan e prodúcennos rexeitamento. É importante que nos esforcemos por comprender as persoas
da nosa contorna (familia, amizades, compañeiras, etc.). Escoitar activamente demostra que nos interesamos pola
outra persoa, e que cremos que é importante e única.
OBXECTIVO:
Identificar facilitadores e dificultadores da comunicación.
PROCESO:
Seis persoas voluntarias, entre o alumnado do grupo, van simular unha reunión do profesorado do centro. Trátase de
decidir como se vai celebrar o remate do curso. Normalmente hai propostas diversas: contratar un grupo de animación,
ir á piscina, organizar un xogo de pistas, que cada clase prepare unha festa, etc. Mentres se desenvolve a
representación, o resto do grupo observa.
A cada unha das participantes dáselle unha tarxeta que lle indica a actitude que deberá adoptar na reunión.
DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A ESCOITA ACTIVA: “A REUNIÓN”
1. Actúa de líder. Fai que o debate funcione. Procura que todas e todos teñan a oportunidade de falar.
2. Tenta ser divertida. Fai bromas e ri do resto e das súas ideas.
3. Tenta interromper ao resto cando falan e faino con frecuencia. Di: “sinto interromper, pero ...” e continúa falando.
4. Cambia de tema. Simula que non escoitas ás demais persoas. Fala de calquera cuestión que non teña nada que
ver co que se acaba de dicir.
5. Critica las ideas das demais. Aconséllalles sobre o que deberían facer ou sobre lo que na túa opinión lles conviría
máis.
6. Non podes estar quieta. Non prestes atención. Tenta que quen estean ao teu carón non atendan tampouco.
• Que sentiron as persoas que actuaban? E as que observaban?
• Como viron a reunión quen observaban? E quen actuaban?
• Que actitudes se representaron?.
• Coñecedes outras actitudes que dificultan a comunicación? Cales?.
• Coñecedes actitudes que facilitan a comunicación? Cales?.
Rematada a representación, valorarase o ocorrido:
PAUTAS PARA A ESCOITA E A COMUNICACIÓN
PARA SABER COMUNICAR, A PERSOA DEBE:PARA SABER ESCOITAR, A PERSOA DEBE:
― Ser ordenada e expoñer con claridade
― Entusiasmo co que transmite.
― Pequenas pausas.
― Non ser repetitiva nin pesada.
― Contestar as preguntas da outra persoa.
― Mirar aos ollos da interlocutora.
― Facer xestos conforme se está escoitando.
― Asentir, expresar que o entendemos.
― Facer preguntas sobre o que se está a dicir.
― Que as preguntas sexan oportunas.
― Non interromper se non é imprescindíbel.
A comunicación humana é un proceso que ten como finalidade entendernos coas outras persoas. O
proceso é complexo e consta de varios elementos que forman parte de cada mensaxe e que lle dan
sentido á mesma. Aínda que se considera (coloquialmente) que unha mensaxe é o que dicimos (ou
escribimos), en realidade ten moita máis importancia como o dicimos, que o que dicimos en si.
Os elementos dunha mensaxe, son:
A COMUNICACIÓN
1. VERBAIS: O que dicimos con palabras. Constitúe entre un 5 e un 7% do que transmitimos nunha
mensaxe.
2. PARABERVAIS: Como usamos a voz (ton, volume, velocidade, contundencia…). Constitúe
aproximadamente un 35% do que transmitimos nunha mensaxe.
3. NON VERBAIS: Os xestos, a postura corporal e o uso do espazo. Constitúe aproximadamente un
60% do que transmitimos nunha mensaxe. Entre todos estes elementos, destacamos:
 O contacto visual, a expresión e os xestos que facemos coa cara.
 Os movementos de brazos e mans e a postura do corpo.
 A distancia coa outra persoa, a postura con respecto a ela e a existencia de barreiras
mecánicas (uso do espazo)
Para comunicarnos de xeito eficaz deben coincidir as mensaxes verbais e as non verbais. Moitas
dificultades na comunicación prodúcense cando a mensaxe non verbal contradí a verbal. Por exemplo:
Un fillo agasalla ao seu pai polo seu aniversario e este, cunha expresión de decepción, dille: “Grazas, é
xusto o que quería”.
A COMUNICACIÓN
Técnicas de comunicación eficaz
COMUNICACIÓN NON VERBAL
DINÁMICA GRUPAL SOBRE A COMUNICACIÓN.
“POSTA EN COMÚN DE XESTOS”
OBXECTIVO:
Identificar os estados de ánimo en relación coas expresións faciais e corporais.
PROCESO:
Acompañado da explicación sobre a importancia da mensaxe xestual, en gran grupo faremos unha
recollida de xestos que expresen emocións e sentimentos, e que sexan coñecidos polo alumnado.
Despois, por parellas, crearán un código de xestos propio que amosarán ao resto da clase,
representándoos dramaticamente ou facendo debuxos, por exemplo, emoticonos (ver páxina seguinte).
AVALIACIÓN:
A titora ou titor avaliará o coñecemento da mecánica do chateo polo alumnado, así como a
análise crítica dos seus usos e abusos.
COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO
1. A titora ou titor introduce a actividade, facilitando ao grupo o texto que se atopa na
páxina seguinte. Esta actividade pódese realizar de xeito individual ou en grupo.
2. Unha vez finalizada a lectura, o alumnado expresará as súas opinións, consideracións,
conclusións e reflexións sobre as súas prácticas nos chats e as do seu entorno
inmediato.
3. Esta actividade pódese complementar con outra na que se incide máis no tema dos
chats utilizando o cuestionario que se atopa dúas páxinas máis adiante.
O uso da internet estase a converter nun elemento imprescindible para as persoas, dadas
as súas potencialidades para o acceso, a difusión e a xeración de información e
comunicación.
Internet converteuse nunha ferramenta que permite a calquera persoa manter unha
conversa con outra, aínda que se atope no extremo oposto do planeta. O fenómeno do
chateo ou faladoiro virtual require dunhas normas de relación entre as participantes.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:
Texto
"El factor clave de la modernización se encuentra en la Sociedad de la Información, que se presenta heterogénea,
diversa y muchas veces contradictoria y que utiliza Internet como principal instrumento. Se han modificado las
formas tradicionales de relación entre los sujetos, siendo uno de los elementos más sobresalientes dentro de las
posibilidades que ofrece Internet, los chats de conversación, a través de los cuales es posible establecer relaciones
interpersonales.
Numerosos especialistas en el tema han identificado los chats o círculos de conversación como una de las
principales causas de adicción entre los asiduos a la red (Internet). Un síntoma típico de la adicción de esas
personas consiste en una reacción colérica ante los consejos para que se despeguen del monitor. Estas personas
utilizan esta vía como canal para la reunión, socialización y conocimiento de nuevos sujetos. Los habituales de la red
se tornan adictos, ya que permanecen muchas horas frente al ordenador en tiempo real tratando de recrear otras
formas de comunicación diferentes a la que dos personas puedan tener en la vida cotidiana sin la utilización de esta
herramienta tecnológica. Son muy variados los síntomas que se pueden presentar en relación a dicha
problemática: Cambios drásticos en los hábitos de vida, a fin de tener más tiempo para conectarse. Disminución
generalizada de la actividad física. Evitación de actividades importantes para disponer de mayor cantidad de tiempo
para permanecer conectado. Privación o cambio en los patrones de sueño a fin de disponer de más tiempo en la
Red.
Muchas personas caracterizadas por su timidez encuentran en esta nueva vía de comunicación la posibilidad de
liberarse de la ansiedad producida por las relaciones sociales cara a cara, ganando en autoconfianza, dado el
anonimato que los canales del Chat proporcionan.
Una de las cuestiones centrales que se plantean consiste en cómo las personas usan la tecnología y de qué modo
afecta ésta a su conducta, sus pensamientos y sus relaciones sociales. Habrá que ver si en un futuro será una nueva
forma de comunicación o si se podría pensar como una adicción, un hobbie o un hábito."
Tomado de VVAA. (2002): Educación Emocional. ESO. Propuestas para la Tutoría. Generalitat Valenciana.
COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO
 Desde cando e con que frecuencia chateas?
 Que tipo de relacións estableciches na comunicación a través do chat?
 Comunícaste sempre coas mesmas persoas ou continuamente fas relacións novas?
 Que temas ou aspectos te motivan a iniciar unha conversa con alguén por primeira vez?
 Fórmaste algunha idea sobre o físico ou personalidade da persoa coa que conversas? En
que te baseas para formar esa idea?
 Intercambias fotografías coas persoas que chateas?
 Prefires chatear con persoas da túa mesma idade e sexo, de diferente idade ou do outro
sexo, que teñan actividades e intereses similares aos teus, ou todo isto che resulta
indiferente?
 Sobre que temas conversas no Chat?
 Como lles comunicas ás persoas coas que chateas que te agradan?
 Como te decatas de que ti lles agradas a esas persoas?
 Conversas no chat sobre os teus sentimentos, problemas e inquedanzas? Por que?
 Que buscas no chat e nas persoas coas que te comunicas?
Cuestionario:
COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO
EMOTICONOS DIXITAIS
Os emoticonos, nos chats, en
mensaxes de móbil... adoitan
usarse para enfatizar a
mensaxe escrita e/ou para
expresar certas emocións ou
sentimentos que, doutro
xeito, non quedarían tan
claros. Poderiamos dicir que
é o equivalente a unha
especie de mensaxe xestual
escrito.
HABILIDADES SOCIAIS
HABILIDADES SOCIAIS. OBXECTIVOS
― Permiten a obtención de consecuencias gratificantes.
― Facilitan o mantemento de relacións sociais satisfactorias.
 AFECTIVOS:
 INSTRUMENTAIS:
― Facilitan o éxito nas tarefas
acometidas.
― Son fonte de poder en diversos
eidos (laboral, social ou
afectivo) tendo máis valor
preditivo sobre o éxito que a
brillantez académica.
A ASERTIVIDADE CONSISTE EN:
HABILIDADES SOCIAIS: A ASERTIVIDADE
 Expresar o que se sente, se desexa
ou se pensa, sen invadir as demais
persoas e sen menosprezar o que
estas senten, desexan ou pensan.
 Expresar o que sentimos, desexamos
e pensamos permítenos construír
relacións e vínculos afectivos
positivos coas demais, que pola súa
vez aumentan a nosa autoestima e
benestar. É dicir, a nosa saúde.
COMUNICACIÓN PASIVA (INHIBIDA, SUBMISA)
• Defende mal os seus dereitos por temor a molestar ou provocar un conflito.
• Agarda que adiviñen ou comprendan as súas necesidades.
• Resolve os problemas retirándose ou actuando pasivamente.
• Non expresa claramente as súas posturas.
• Resulta esquecida, incomprendida ou
explotada con frecuencia.
• Dá unha imaxe fría, distante ou de pouca
motivación.
• Séntese pouco valorada e frustrada con
frecuencia.
• Remoe as súas dificultades e problemas.
• Xúlgase severa e negativamente.
COMUNICACIÓN AGRESIVA
• É moi susceptíbel e oféndese con
facilidade. Esta tensa con
frecuencia.
• Vive os intercambios como relacións
de forza.
• Séntese culpábel con frecuencia
(polo que di e como o di).
• Imponse para conseguir os seus fins, sen ter en conta ás demais persoas.
• Pon as súas necesidades por diante das do resto.
• Resolve os problemas pola forza e anoxándose
• Tende a impoñer o seu punto de vista de xeito categórico e autoritario.
• Soporta mal que se lle contradiga.
• Frustra ou irrita as súas interlocutoras.
COMUNICACIÓN ASERTIVA
• É apreciada pola súa franqueza aínda que
ás veces moleste.
• Ten confianza en si mesma.
• Fai o mellor que pode, recoñecendo
claramente os seus límites.
• Analiza sen excederse.
• Defende os seus dereitos respectando os das demais.
• Expresa as súas necesidades, e escoita as das outras persoas
• Tenta resolver os problemas negociando
• Di claramente cal é a súa postura.
• As demais persoas teñen en conta o seu punto de vista.
O COMPORTAMENTO COMUNICACIONAL ASERTIVO
RESUMO COMPARATIVO DOS ESTILOS DE COMUNICACIÓN
DINÁMICA GRUPAL. ASERTIVIDADE: DEREITOS ASERTIVOS
PROCESO:
A titora ou titor pide que cada quen identifique os dereitos que cre ter na familia, no centro e na sociedade.
Débeos sinalar nunha copia da ficha que figura na páxina seguinte.
Despois, en pequenos grupos, deberanse consensuar os dereitos (5 para cada un dos eidos citados), que
serán anotados nunha copia da mesma ficha.
En gran grupo farase unha posta en común, a partires do traballo en pequenos grupos.
Por último, o alumnado deberá identificar cales son os dereitos do resto das persoas (da familia, do centro e
da sociedade).
Resaltarase a importancia de reflexionar sobre as coincidencias e discrepancias na definición dos dereitos.
AVALIACIÓN:
A titora ou titor comprobará que o alumnado foi quen de identificar claramente os seus propios dereitos e
os das demais persoas.
― Desenvolver as posibilidades de autocoñecemento.
― Facilitar ao alumnado a exploración da autoafirmación, de aquilo que é quen de facer e dos seus
límites.
― Axudar o alumnado a aumentar a confianza en si mesmas a través do exercicio da asertividade.
OBXECTIVOS:
• Sermos tratadas con respecto e dignidade.
• Equivocarnos e sermos responsábeis dos nosos
erros.
• Termos as nosas propias opinións e valores.
• Termos as nosas propias necesidades, e que sexan
tan importantes como as das demais.
• Experimentar e expresar os propios sentimentos,
así como a ser as nosas únicas xuízas.
• Mudar de opinión, idea ou liña de actuación.
• Protestar cando se nos trata inxustamente.
• Tentarmos cambiar aquilo que non nos resulta
satisfactorio.
• Detérmonos a pensar antes de actuar.
• Pedirmos o que desexamos.
• Facermos menos do que humanamente somos
quen de facer.
• Sermos independentes.
• Decidirmos que facer co noso propio corpo, tempo
e propiedade.
• Sentirmos e expresarmos a dor.
• Ignorarmos os consellos.
• Rexeitarmos peticións sen sentírmonos culpábeis ou
egoístas.
• Estarmos soas aínda cando desexen a nosa
compañía.
• Non nos xustificar perante as demais.
• Non nos responsabilizar dos problemas das outras
persoas.
• Non nos anticipar (non adiviñar) ás necesidades e
desexos das demais.
• Non estarmos pendentes da boa vontade das
demais.
• Elixirmos entre contestar ou non facelo e entre
aceptar ou non unha conversa.
• Falarmos sobre un problema coa persoa involucrada
e aclaralo, cando os dereitos de cada quen non están
claros abondo.
• Facermos calquera cousa, sen transgredirmos os
dereitos da outra persoa.
• Escoller non comportarnos de xeito asertivo ou
socialmente hábil, asumindo as consecuencias.
OS DEREITOS ASERTIVOS: AS PERSOAS TEMOS DEREITO A…
DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: DEFENDER OS PROPIOS DEREITOS
OBXECTIVO:
Preténdese que o alumnado coñeza as vantaxes e inconvenientes dos tres estilos de comunicación, valorando o asertivo
como o máis apropiado para nos comunicar con outras persoas.
PROCESO:
A profesora ou profesor explica os tres estilos de conduta (pasivo, agresivo e asertivo) e e as súas respectivas vantaxes e
inconvenientes, logo divide a clase en grupos de 3 ou 4 persoas. A cada un dos grupos correspóndelle preparar unha das
situacións que se presentan de seguido, utilizando un dos tres estilos de comunicación: agresivo, asertivo y pasivo.
1. Estás nun acto público (cine, teatro...). As dúas persoas que están xusto diante de ti non fan máis que falar e non
te deixan escoitar. Débeste achegar elas e dicirllelo. Débelo facer usando o estilo asertivo.
2. O teu grupo reúnese nos recreos para fumar e ofrécenche que vaias ti tamén, pero a ti non che interesa.
Débesllo facer saber, desde un estilo pasivo.
3. Un profesor acostuma a chegar tarde á clase. Para recuperar o tempo perdido, colle 10 minutos do
recreo. Ti e o teu grupo estades molestas cos situación e decidides falar con el. Facédeo desde un estilo
asertivo.
4.O teu compañeiro habitúa invadir o teu espazo coas súas cousas, deixándoche moi pouco espazo na túa
mesa para traballar. Débesllo indicar desde un estilo agresivo.
Logo, desenvólvense as representacións sucesivamente, mentres o resto do grupo observa. Rematadas estas, faise unha
análise grupal en torno aos seguintes aspectos:
• Que sentiu cada unha das persoas que representou un papel? Identificouse co estilo de comunicación que lle
correspondeu?
• Cales son as vantaxes e inconvenientes do estilo representado en cada situación?
TÉCNICAS ASERTIVAS
OBXECTIVO:
Que o alumnado aprenda que non é necesario atacar a outra persoa para defendernos, e que é un dereito das persoas
insistir no seu punto de vista.
PROCESO:
A técnica del disco raiado consiste en elixir unha frase corta que sintetice o que queremos, e repetila unha e outra vez,
con serenidade, respectando as quendas de palabra, sen entrar en provocacións coa outra persoa, ata que se decate de
que non vai lograr nada cos seus ataques ou provocacións.
Analizarase o seguinte exemplo, que tamén se pode dramatizar.
Os teus amigos ofrécenche tabaco ou unha bebida alcohólica e insisten en que o debes consumir se queres formar parte
do grupo, porque todas e todos o fan. A partires de aí, ten lugar o seguinte diálogo:
DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: DISCO RAIADO
 Amigo: Tío, que che pasa, es marica ou que?.
 Ti: Non, simplemente non quero.
 Amigo: Veña, ho! Mentres nós nos divertimos, ti estas a perdelo.
 Ti: Xa, pero non quero.
 Amigo: Que van dicir de ti as demais?! Se non te atreves, non veñas máis con nós.
 Ti: Non me importa o que digan, eu non quero beber nin fumar. Se queres, vémonos outro día.
Por parellas inventarán situacións nas que se poida utilizar a técnica do disco raiado, que serán dramatizadas despois.
Pódense suxerir algunhas, como:
Un vendedor a domicilio tenta manipularte para que os teus pais merquen un produto.
Un sábado pola tarde, un amigo proponche facer algo que a ti no che gusta.
Os meus amigos queren ver unha película que non me gusta.
Un comerciante quérete convencer para que merques algo que no che gusta.
Túa nai ou teu pai queren que estudes algo no futuro, pero ti non sabes se é iso o que queres facer.
DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: BANCO DE NÉBOA
PROCESO:
Introducirase a técnica do banco de néboa, que é moi efectiva cando nos critican (destructivamente) ou
nos insultan. Ë como se as palabras nunha nube protectora que non permite que te fagan sentir
culpábel ou que che produzan malestar.
Recoñécese que pode ser verdade ou probábel o que di a outra persoa, sen negalo nin contraatacar,
pero sen ceder ás súas presións. Con isto daslle a razón en certa forma á outra persoa e semella que
cedes, aínda que non sexa así. Para desenvolver esta resposta, débese utilizar un ton de voz sereno.
Como exemplo, representarase o seguinte caso, que se pode dramatizar. Trátase de dúas amigas
(Sandra e Mónica), que teñen a conversa da páxina seguinte.
OBXECTIVO:
Aprender a usar a técnica do disco raiado e comprobar que reduce o sentimento de culpabilidade e de
ansiedade que se produce cando nos critican, así como tamén reduce o conflito que se produce cando
se responde agresivamente.
Despois, invéntanse outros exemplos (é importante que sexan inventados) e, por parellas, fanse
representacións dos mesmos, mentres o resto do grupo observa.
Finalmente, o grupo tira conclusións sobre a utilidade do ‘banco de néboa’ e as dificultades para
utilizalo na práctica
OBSERVACIÓN:
É importante sinalar que, cando usamos o ‘banco de néboa’, se cadra, posteriormente, pensámolo e
facemos o que nos indican... Ou non. En calquera caso, a nosa decisión debe ser libre e non estar
condicionada polo que a outra persoa nos diga.
DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: BANCO DE NÉBOA (cont.)
 Mónica: Que gorda estás!
 Sandra (banco de néboa): Si, é verdade, podería estar máis delgada
 Mónica: Deberías facer unha dieta
 Sandra (banco de néboa): Si, se cadra, comendo un pouco menos, estaría menos gorda
 Mónica: E non esquezas o de facer deporte
 Sandra (banco de néboa): Si, igual me decido por algún
 Mónica: Pois eu aconsélloche que te decidas xa, porque francamente estás gorda
 Sandra (banco de néboa): Ben sei que podería estar más delgada.
DINÁMICA GRUPAL. TÉCNICAS DE ASERTIVIDADE
OBXECTIVO: Aplicar os coñecementos adquiridos sobre técnicas asertivas en situacións reais.
PROCESO: Esta actividade realizarase despois da técnica do ‘disco raiado’ e do ‘banco de néboa’. En
pequenos grupos, cada quen traballará sobre un caso real dos que aparecen na páxina seguinte:
A autorrevelación consiste en expresar o que sentimos e pensamos, os nosos dereitos e intereses,
aínda que todo isto se afaste da lóxica da maioría. Falar desde unha mesma, en primeira persoa, sen
xulgar nin faltarlle ao respecto á outra persoa. Utilizaranse frases coma: “Síntome...”, “Coido que…”,
“Gustaríame que…”
• Primeiro elaborarán un pequeno relato, representando a situación en concreto.
• Despois elaborarán a resposta, aplicando a técnica do ‘disco raiado’, o ‘banco de néboa’ e a
‘autorrevelación’.
• Logo continuarán construíndo o diálogo, sempre usando as mesmas técnicas.
• En gran grupo, farase unha posta en común, valorando a diferenza que hai entre as respostas que
darían habitualmente a este tipo de situacións e as que deron neste caso, coas técnicas asertivas.
― Un amigo pídeche que lle emprestes cartos.
― Un comerciante quérete convencer para que merques algo que non che gusta.
― Túa nai ou teu pai quérenche impoñer o que tes que estudar no futuro.
― Un profesor critícate inxustamente.
― Os teus amigos queren ver un filme que non che gusta.
― Túa nai non quere que poñas unha determinada roupa.
― Un amigo insiste en que fumes un cigarro, pero ti non queres.
― Túa nai e teu pai queren que cortes o pelo.
― Un sábado pola tarde un amigo proponche facer algo que a ti no che gusta.
― Alguén te ridiculiza porque non queres beber alcohol.
― Un vendedor a domicilio tenta manipularte para que túa nai ou teu pai merquen un produto.
― Expresas unha opinión contraria ao que piensa todo o grupo.
― Un profesor bótache a bronca porque non fixeches ben un traballo.
― Queres cambiar de tema de conversa.
SITUACIÓNS A TRABALLAR:
DINÁMICA GRUPAL. TÉCNICAS DE ASERTIVIDADE (cont.)
DINÁMICA GRUPAL. RESPOSTAS ASERTIVAS
OBXECTIVO: Identificar a técnica do disco raiado (exemplo 1); a do ‘banco de néboa’ (exemplo 2); a do ‘banco de néboa’,
‘para ti-para min’ e ‘proposición de alternativas’ (exemplo 3) e a da ‘concertación’* (exemplo 4).
A ‘concertación’ é unha técnica asertiva de negociación, que consiste chegar a un acordo, cedendo cedendo cada parte un
pouco desde as súas posturas iniciais.
PROCESO: Pódese facer en gran grupo. A profesora ou profesor vai lendo cada un dos exemplos e o alumnado tenta
identificar cal é a técnica asertiva que se utiliza, comentando tamén por que é util no caso que se describe.
Exemplo 1: un vendedor que chega á casa
Vendedor (V)- Ola, preséntolles esta enciclopedia….
Nós (N)- Entendo, pero non me interesa
V- Podería serlle útil ás súas fillas ou fillos, para estudar...
N- Entendo, pero non me interesa
V- Non está algunha das súas fillas ou fillos na casa?...
seguro que lles interesa.
N- Entendo, pero non me interesa.
Exemplo 4: O teu grupo de amigas decide latar ás clases e
ir ao “cuarteliño”. Insístenche para que vaias con elas.
Ti: “Tendes razón en que sería divertido facelo, xa vos
avisarei se decido ir”.
Exemplo 3: Os teus amigos insisten en que probes algo
que ti non queres
- Amigo: Toma, proba isto con nós.
- Ti: “Que vos parece se mellor probamos a ver quen
aguanta máis bailando”
- Amigo: Creo que es un egoísta
- Ti: “Pode que teñas razón e ás veces me comporte
egoistamente”
“Para ti serei un egoísta, pero para min son unha persoa
que sabe divertirse”
Exemplo 2: Túa nai está moi anoxada porque quedaches
en chegar á unha da mañá e chegaches ás dúas.
Ti: “Está ben, non volverei chegar nin cinco minutos máis
tarde do acordado, e ti volverás confiar en min e
deixarasme ir á festa do meu mozo, dentro de un mes.
As mensaxes en “eu” constitúen un xeito de comunicación respectuosa coa persoa que estás a falar.
Comunicas sen reprochar nada. Porén, as mensajes en “ti”, adoitan de atribuír ás outras persoas as
causas dos teus comportamentos e opinións. Exprésanse con mandatos e imperativos. Con estas
mensaxes, as túas compañeiras e compañeiros pódense sentir avaliadas (mesmo xulgadas), controladas,
culpabilizadas e tratadas inxustamente.
Para construír mensaxes en “eu” podes seguir estes tres pasos:
DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: “FRASES ASASINAS” (I)
• Un amigo pídeche que o acompañes a unha tenda, pero ti prefires quedar na casa vendo un filme.
• Pepe fala nun ton paixonal cando se cre posuidor da verdade. Sempre trata de levar a “ascua á súa
sardiña”.
• Á saída do instituto saúdas a tu amiga Xoana, pero ela estaba enfadada e non che contestou. Ti
non sabías isto, nin a causa do seu malestar.
1. Describir brevemente a situación ou comportamento que te desgusta ou molesta. Describe e non
xulgues (ex.: Levantades moito a voz e non dou escoitado o que din. Síntome molesta).
2. Describir as consecuencias ou efectos que o dito comportamento ou sentimento ten sobre ti (…e
non dou escoitado o que din).
3. Expresar os sentimentos que ese comportamento che causa (Síntome molesta).
Ante as seguintes situacións, contesta a cada unha cunha mensaxe en “eu” e outra en
“ti”:
DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: “FRASES ASASINAS” (II)
OBXECTIVO: Comprender as vantaxes da comunicación asertiva, con mensaxes en “eu” e identificar as dificultades para
emitilos, buscando alternativas para resolvelos.
PROCESO:
Toma de conciencia do xeito no que nos diriximos ás outras persoas, moitas veces atribuíndolle aspectos negativos
(mensaxes en “ti”), que dificultan a comunicación e as relacións.
Proporciónaselle ao alumnado un listado de “frases asasinas” indicándolle que a completen con outras que coñezan (do
mesmo estilo). Posteriormente reflexionarase sobre se son axeitadas para a comunicación e por que.
Por parellas, búscanse alternativas a cada unha das frases.
Ponse en común todo o material producido e analízase a rendibilidade das mensaxes en “eu”, para as nosas relacións
coas demais persoas.
Por outra banda, analízanse tamén as dificultades de emitir mensaxes positivas (en “eu”) e búscanse maneiras de
resolvelas.
1. Contigo non se pode dialogar.
2. Non fas máis que repetir e repetir.
3. Es unha pantasma.
4. Sempre fas o mesmo!
5. Deste asunto non entendes absolutamente nada.
6. Mira, non me enroles.
7. Dío ti, que o sabes todo.
1. Ás veces, preocúpaste máis das demais que da túa
familia.
2. Estás tola. Faino ti, se queres!.
3. Non te quero ver con esa sinvergoña de amiga que
tes.
4. Pareces parvo, fillo. Por que no saudasches onte?
5. Non me traias a ninguén á casa. Vai ti a saber con que
compañías andas!
Listado de “frases asasinas” para entregar ao alumnado:
DINÁMICA GRUPAL- HH.SS.: E TI QUE FARÍAS?
1. Estamos nunha excursión. Despois de xantar hai unha chea de desperdicios, papeis, plásticos, que farías?
2. Nunha excursión, despois de xantar, hai unha chea de desperdicios. Unha profesora indica que hai que limpar a
zona. Varias compañeiras e compañeiros estades a recoller o restos estrados polo chan, mentres algúns zafan e
fan burla de quen traballades... que farías?.
3. Na clase, tes que realizar unha tarefa que che indicou a profesora, pero non te podes concentrar porque un grupo
de compañeiras e compañeiros están a formar un alboroto... que farías?.
4. Un grupo de amigas e amigos ides pola rúa. Cruzádesvos cunha persoa que ten un defecto físico. Un dos teus
amigos comeza a facer burla dela, imitando a súa eiva... que farías?
5. Estás no recreo. Un compañeiro ao que se lle fixo tarde, veu sen almorzar e tamén non ten bocadillo... que
farías?.
6. Estades no recreo. Hai un amigo que todos os días che pide parte do teu bocadillo e fai o mesmo con outras
compañeiras e compañeiros... que farías?.
OBXECTIVO:
Axudar ao alumnado a reflexionar sobre as dificultades para saber reaccionar, ou reaccionar como se cre correcto, en
situacións da vida diaria.
 Individualmente, cada quen reflexiona sobre o que faría én cada unha das situacións da lista que aparece máis
abaixo.
 Faise unha posta en común sobre as distintas respostas e analízanse as dificultades para atopar a forma de
proceder máis asertiva, así como para levala a cabo, nos casos nos que se sabe cal é.
 Búscanse solucións para as ditas dificultades.
LISTA DE EXEMPLOS PARA ENTREGAR AO ALUMNADO:
Ante as situacións que se expoñen de seguido... que farías ti?
PROCESO:
DINÁMICA GRUPAL: A AGRESIÓN
1. En pequenos grupos, buscaraán xeitos de responder a esta situación.
2. En gran grupo, faise unha posta en común sobre os xeitos de resposta atopados, clasificándose en asertivas,
agresivas ou pasivas.
3. Se non hai ningunha resposta asertiva, a profesora ou profesor preguntará se alguén se lle ocorre algunha e, en caso
negativo, apuntará algunha opción. Por exemplo, que Miguel lle sinale a Antonio o que fixo (feitos), o que sinte ante
isto (emocións), o inxusto do seu comportamento e pedirlle unha solución e reparación (alternativas).
OBXECTIVO:
Identificar e aprender a utilizar xeitos de resposta ante unha agresión.
PROCESO:
1. Léselle ao grupo a seguinte historia:
Miguel está a xogar cunha pelota no patio. Antonio empúrrao, faino caer ao chan e quítalle a pelota. Mentres
Miguel tenta levantarse do chan, Antonio empúrrao outra vez e volve caer. Que credes que sinte Miguel nesta
situación? Que podería facer?
Pode ocorrer (se non ocorre, débeo apuntar a profesora) que o grupo identifique que, nesta situación de
tensión extrema (seguramente Miguel se sinte frustrado e anoxado e Antonio desafiante), non é bo momento
para arranxar o tema. Neste caso, o grupo debe buscar xeitos impunitivos para que Miguel libere a tensión e
máis tarde, en frío, desenvolverá a resposta asertiva.
1. Por último, o grupo fará unha valoración deste tipo de respostas, así como das estratexias de liberación da tensión,
para este tipo de situacións.
DAR E RECIBIR QUEIXAS
• Non o debemos tomar como un ataque
persoal.
• Debemos esquecer o orgullo.
• Non nos debemos xustificar.
• Podemos argumentar despois de dar a
razón á outra persoa.
 Escoller o momento axeitado.
 Ter en conta que está relacionada co
autocontrol, coa empatía e coa
asertividade.
 Ter capacidade de perdoar.
CANDO DAMOS UNHA QUEIXA...
O obxectivo é que a outra persoa modifique a súa actitude ou comportamento. Para
facelo hai que:
CANDO RECIBIMOS UNHA QUEIXA...
• Entender que é unha oportunidade para mellorar a nosa relación e medrar coma
persoas.
DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA.
OBXECTIVOS:
Construír a habilidade de expresar críticas axeitadamente, sen atacar as persoas, e permitindo que a outra persoa coñeza
as nosas emocións e o que lle estamos a pedir. Todo isto é fundamental para evitar malos entendidos e para previr a
violencia.
PROCESO:
Explicado o obxectivo da actividade, abordarase o modelo a seguir para a expresión de críticas, que é o seguinte:
Por parellas. Cada unha dispón do listado 1 (páxina seguinte). Deben elixir dúas situacións. Logo buscarán unha
resposta, cunha ’mensaxe en eu’.
Logo entrégaselles o listado 2, do cal elixirán ‘3 mensaxes en ti’ e convértenos en ‘mensaxes en eu’.
Por último, faise unha posta en común e tíranse conclusións, para o cal utilizamos os seguintes estímulos:
• Describe a situación, dá información sobre o que ocorre e o que che molesta, sen emitir xuízos sobre a outra
persoa e sen cualificala. Expresa a túa crítica de xeito correcto (cando... /cada vez que...)
• Expresa a túa emoción nun ton calmado (iso fai que me sinta…)
• Dille o que queres que faga; suxire ou pide cambios (gustaríame que…)
• Fai notar que ti tamén te vas esforzar para que todo vaia ben (pola miña parte, comprométome a...)
• Expresa o teu agradecemento á outra persoa por escoitarte (agradézoche...)
Exemplo: Cando continúas lendo o xornal mentres eu che estou a falar, fai que me sinta ignorada e menosprezada.
Gustaríame que me miraras e me prestaras atención cando che digo algo. Eu comprométome a agardar, se non é o
momento adecuado. Grazas por escoitarme.
• Como nos sentimos cando nos critican con ‘mensaxes en eu’?
• Como se sinte o outro cando lle expresamos unha crítica de forma adecuada?
• Entende mellor a outra persoa por que nos molesta o seu comportamento?
• É máis doado chegar a acordos con ‘mensaxes en eu’?
Lista 1. SITUACIÓNS PARA ELABORAR RESPOSTAS CON ‘MENSAXES EN EU’.
1. Hoxe, na clase, un profesor chamouche a atención de maneira dura e sentícheste moi molesto.
2. Un compañeiro pediuche un favor, de moi mala maneira: “Eh ti, dáme os apuntes de Lingua.
Precísoos agora!.
3. Cada vez que lle fas unha consulta a un profesor, un compañeiro tenta de humillarte, ríndose de ti.
4. Un amigo devólveche en mal estado un libro que lle prestaches. Está subliñado, con anotacións a
bolígrafo e algunhas follas soltas.
5. Cando lle pediches a un compañeiro que che explique como se fai un exercicio, díxoche: “No tes
remedio”.
6. Un amigo díxoche que non podía saír porque tiña que estudar e despois enteirácheste de que foi ao
cine con outro amigo do grupo.
7. Un amigo cólleche algo sen cho pedir.
8. Tes que facer un traballo con un compañeiro, pero este é totalmente pasivo e non participa en nada.
9. Un compañeiro non para de falarche na biblioteca. Estache custando concentrarte.
10. Un profesor mandouche moitos exercicios para a casa, pero xa tiñades moitas cousas que facer e
sentídesvos bastante sobrecargadas.
DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA (anexo/lista 1).
DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA
(anexo 2)
1. Non penso volverche deixar nada. Sempre o rompes todo.
2. Sempre estás facendo parvadas e non nos deixas traballar. Deixa de facer o parvo ou vai
para outro lado.
3. No me vou volver a fiar de ti. Sempre dis cosas que logo nunca cumpres.
4. Non tes dereito a tratarme así diante dos demais.
5. Todo o que teñas que dicir sobre min, dimo á cara.
6. No che volvo contar nada. Logo cóntasllo a todo o mundo.
7. Por que sempre me chamas a atención a min? Tesme xenreira ou que?
8. Outra vez igual! Non podes explicar algo que nos resulte interesante?
9. Levo 5 minutos coa man levantada e non me contestaches.
10. Por que sempre tes que pór traballo a última hora e sen previo aviso?
Lista 2. SITUACIÓNS PARA CONTESTAR CON ‘MENSAXES EN EU’ ÁS ‘MENSAXES EN TI’.
FACER E RECIBIR CUMPRIMENTOS
 Débense facer sobre a forma de ser, ou sobre
algún logro da outra persoa. Non sobre o corpo.
 Débese buscar o momento axeitado.
 Con naturalidade.
 Sen vaidade.
 Responder: “a ti tamén...” “a min tamén me
gusta...”
Obxectivo: destacar algo positivo doutra persoa
para reforzalo.
RECIBIR CUMPRIMENTOS:
FACER CUMPRIMENTOS:
A AUTOESTIMA
Que é?
A autoestima é o que sentimos cara nós
mesmas. Determina o que pensamos sobre nós
(autoconcepto) e como nos valoramos.
A autoestima constrúese ao longo da vida, en
función das mensaxes de amor que recibimos
das persoas que nos rodean. Nomeadamente
das que son importantes para nós.
Cando nos queremos ben:
A AUTOESTIMA
 Temos confianza en nós.
 Actuamos con seguridade.
 Eliximos e decidimos con liberdade.
 Comunicámonos coas demais persoas dun
xeito adaptado e sentímonos máis queridas.
 Querémonos máis e mellor.
A autoestima é unha actitude positiva cara unha mesma. Inclúe:
É moi importante que
te habitúes a pensar
e falar sempre ben de
ti, con cariño e
respecto.
A AUTOESTIMA
 Coñecernos (consciencia de nós mesmas).
 Aceptarnos de xeito incondicional.
 Habituarnos a pensar, sentir e actuar de xeito máis libre e responsábel; en
suma, máis saudábel e feliz, tendo en conta o presente, o medio e o longo
prazo.
DINÁMICA DE GRUPO. AUTOESTIMA: DAR E RECIBIR AFECTO.
 A titora ou titor comeza dicindo que habitualmente non é doado dar e recibir afecto. Para
axudar a que o alumnado experimente a dificultade, úsase un método chamado ‘bombardeo
intenso’.
 Para isto, co grupo sentado en círculo, escóllese a unha persoa do grupo, que se colocará no
centro, e o resto iranlle dicindo todos os sentimentos que teñen cara ela, que só escoita.
 A intensidade da experiencia pode variar. Así, é diferente (pódese probar) se a persoa elixida
sentada no centro do grupo, de pé no centro do grupo ou fóra do círculo, dándolle as costas ao
resto.
 O impacto máis forte adoita de ser cando a persoa que fala se coloca fronte á que escoita e dillo
mirándolle aos ollos, mesmo establecendo contacto físico con ela.
 Finalmente, a persoa que recibiu as mensaxes indica que sentiu e cales foron as súas dificultades
para recibir as mostras de afecto. Logo dirán tamén o que sentiron e as dificultades para
expresar o afecto o resto das persoas do grupo.
 Con todo este material, tíranse conclusións sobre as dificultades de dar e recibir mensaxes de
afecto.
PROCESO:
OBXECTIVO:
• Experimentar os problemas relacionados con dar e recibir afecto.
DINÁMICA DE GRUPO. AUTOESTIMA: FACER FINCAPÉ NO POSITIVO
• Valorar o eloxio ás outras persoas.
• Valorar a identificación e a expresión das nosas propias calidades.
PROCESO:
 Dúas calidades físicas que me agradan de min mesma.
 Dúas calidades de personalidade que me agradan de min mesma.
 Unha capacidade ou habelencia que me agrada de min mesma.
Por parellas, cada quen debe responder á súa compañeira ou compañeiro a unha, dúas ou tres cuestións:
Os comentarios deben ser sempre positivos. Non se permitirá ningún negativo.
Transcorridos uns 15 minutos sentaranse todas e todos en círculo e reflexionarán sobre o asunto. Para
isto usaranse os seguintes estímulos:
 Cantas persoas, ao escoitar en que consistía o traballo, miraron a súa parella e dixeron ‘ti primeiro’?
 Foi difícil sinalar unha calidade ao iniciar o exercicio?
 Como valorades agora o exercicio?
OBXECTIVOS:
Un exercicio deste tipo pode representar unha gran dificultade, sobre todo ao comezo, debido á crenza
xeralizada de que o eloxio, e moito máis o autoeloxio, son incorrectos e non se deben expresar. Por iso
é conveniente facilitar a participación e estimular a acollida das expresións o máis posíbel.
DINÁMICA DE GRUPO-AUTOESTIMA: “OS TRES SALTOS”
• Buscarase un espazo amplo para traballar. Unha vez alí, pedirase a colaboración de tres persoas
voluntarias.
• Unha delas débese colocar de pé, cos pés xuntos. Farase un sinal no chan, con xiz, xusto diante das
puntas dos pés e pdiráselle que adiviñe ata onde pode chegar dando un salto, cos pés xuntos e sen
coller pulo. Alí onde diga que cre que chegaría, farase outro sinal con xiz.
• De seguido debe dar o salto e farase unha terceira marca con xiz, alí onde chaguen as puntas dos seus
pés.
Analízase o sucedido, o resultado do salto, a diferenza entre o que prediciu e o que logrou e as causas da
dita diferenza. De seguido, cada unha das outras persoas voluntarias repetirán o exercicio.
Se hai tempo pódese repetir a actividade coas mesmas persoas que xa a fixeron, para avaliar as diferenzas
entre a primeira e a segunda vez.
Analízase a actividade, para o cal, o profesorado pode formular estímulos coma os seguintes: “Que
descubrimos?”, “Que concepto temos de nós mesmas?”, Que agardamos de nós mesmas?”, Poñémonos
metas inalcanzábeis?”...
Pasados uns días, pódese repetir a actividade, introducindo como variación que dúas persoas do grupo
axuden á que salta, agarrándoa polos brazos.
Os estímulos para a reflexión grupal, serían: “Chegou máis lonxe?”, “Este é un exemplo de traballo
cooperativo?”, “Sentímonos máis seguras ao saltar con axuda?”, “Como podemos aplicalo a situacións
da vida real?”, “Que precisamos para que o traballo cooperativo sexa eficaz?”...
DINÁMICA DE GRUPO AUTOESTIMA: COÑECÉNDONOS MELLOR
• Cada alumna e alumno disporá dunha folla na que aparecerá o título: “Así son eu”, no que
deberán escribir tres ou catro cousas que cren saber facer bastante ben (cantar, debuxar,
facer amizades, xogar ao tenis...) e unha que non lles sae tan ben (asubiar, correr...).
• É importante que o alumnado non se sinta fiscalizado e, só se queren, poden escribir
trazos máis profundos do seu carácter.
• Cuando rematen, poñeranse por parellas (se o número fose impar, poderá haber tres
persoas nun grupo). Intercambiarán os papeis, cada quen lerá o da súa compañeira ou
compañeiro e despois indicaráselles que dialoguen sobre o que leron durante uns cinco
minutos.
• Transcorrido o tempo de diálogo, teñen que transmitir ao resto do grupo as cualidades
que descubriron sobre a persoa coa que formaron parella.
PROCESO:
Pódese axudar a orientar este diálogo con suxestións como ‘que foi o que máis lles
sorprendeu’, ‘se coñecían todo o que alí está escrito sobre a outra persoa’, ‘se xa se
decataran desas cualidades’, etc.
DINÁMICA DE GRUPO-AUTOESTIMA:
“ACEPTANDO AS NOSAS DEBILIDADES”.
• Pedirase a cada alumna e alumno que escriba as tres ou catro cousas que máis lle
molestan de sí mesmo (faltas ou debilidades, cousas que non lle gustan, pero que admite
como certas)
• Cada quen escollerá unha compañeira ou compañeiro e falará sobre o que escribiu,
tentando de non se pór á defensiva.
• Transcorridos 15 minutos sentaranse en círculo e cada quen dirá en alto a súa debilidade
máis importante, comezando con “eu son...” (exemplo: “eu son moi agresivo”)
• Despois, o resto dirán como pode transformar esa debilidade en logro, xa que, se a
menciona, é porque lle afecta e lle gustaría cambiala.
PROCESO:
• A profesora ou profesor suxerirá que se atrevan a levar a cabo ese cambio, xa que só así se
irán decatando da súa forza interior.
• O profesorado quiará un proceso de reflexión grupal, para analizar como se pode aplicar o
aprendido na´vida cotiá.
OBSERVACIÓNS:
O AUTOCONTROL
― O control das emocións, dos
pensamentos e da conduta,
ante unha situación desfavo-
rable.
― A capacidade de controlar na
vida cotiá as respostas ao es-
trés por medio do manexo de
habilidades cognitivas, fisiolóxi-
cas e motoras.
― O paso previo para dar e reci-
bir queixas e afrontar conflitos.
O autocontrol é:
A IMPULSIVIDADE: DINÁMICA DE GRUPO 1
OBXECTIVOS:
― Identificar comportamentos impulsivos na vida diaria.
― Establecer as causas do comportamento impulsivo.
PROCESO:
 A titora ou titor explicará o que significa “comportamento impulsivo”, que é actuar de xeito
repentino, irreflexivo e sen pensar nas consecuencias que se poidan derivar. Non dará exemplos
concretos, porque os deberá buscar o grupo, pero pode dar algunha pista se o considera
necesario.
 De seguido, propón ao alumnado as seguintes cuestións, para resolver en pequenos grupos:
― Buscade 5 exemplos de comportamento impulsivo.
― A que credes que se debe que algunhas persoas, en determinadas situacións,
manifesten un comportamento impulsivo?
― Prodúcense comportamentos impulsivos na vosa contorna?
― Tivestes nos últimos meses algunha experiencia de comportamento impulsivo?
 Despois farase unha posta en común na que a voceira ou voceiro de cada grupo dirá en alto as
respostas do seu grupo, que a titora ou titor irá escribindo na lousa.
 Axudará ao grupo a facer unha análise do problema, nomeadamente das súas causas, e tiraranse
conclusións. Se non abondase con unha sesión de clase, deixaríanse a análise e as conclusións
para a seguinte sesión.
A IMPULSIVIDADE- DINÁMICA DE GRUPO 2
 Todo comportamento impulsivo ten unhas consecuencias que cómpre identificar para avanzar no
control deste comportamento. A dinámica que se describe resulta útil cando as e os membros do
grupo se coñecen pouco e convén desenvolvela no primeiro trimestre como complemento á
anterior.
 Previamente á sesión de titoría, proporcionaráselle ao alumnado o cuestionario que figura na
diapositiva seguinte, para o seu debate posterior. Resulta importante que reflexionen antes da sesión
sobre as consecuencias do comportamento impulsivo e a necesidade de establecer mecanismos e
procedementos que eviten a súa aparición.
 A o longo do debate débese insistir na idea de que estes comportamentos son irracionais. Non se
pensa antes de actuar. Por isto é importante que se axude ao grupo a que identifique as súas
consecuencias, así coma as habelencias que se precisan para o seu control.
 Avaliarase a capacidade do alumnado para poder previr as consecuencias dos comportamentos
impulsivos e para establecer as medidas de control sobre estes.
OBXECTIVOS:
 Identificar as consecuencias do comportamento impulsivo.
 Establecer algúns mecanismos que axuden a controlalo.
PROCESO:
1. Indica 4 consecuencias que se deriven dun comportamento impulsivo
2. Describe brevemente que sentiches despois de ter un destes
comportamentos.
3. Cres que podías ter evitado ese comportamento?
4. Intentas controlar ou regular dalgunha maneira os etus comportamentos
impulsivos?
5. Segundo a túa opinión, deberíase controlar ou regular o comportamento
impulsivo?
6. Que estarías disposta ou disposto a facer para controlar o teu
comportamento impulsivo?
7. Que lle pedirías que fixeran as demais persoas para controlaren o seu
comportamento impulsivo?
A IMPULSIVIDADE: ANEXO Á DINÁMICA 2
Cuestionario de Comportamento Impulsivo
O AUTOCONTROL
― Chámaselle así á capacidade de control do mal humor para evitar os seus
efectos perxudiciais.
― Un dos exemplos máis típicos é a “ira”, unha das emociones máis difíciles de
controlar.
― O autocontrol é unha habilidade invisible porque se manifesta como a
"ausencia" de explosións emocionais. Os signos que a caracterizan son:
EQUILIBRIO ANÍMICO – AUTOCONTROL:
 Non deixarse arrastrar polo estrés ou
 Ser capaz de relacionarnos cunha persoa enfadada sen anoxarnos.
― Debemos recorrer á intelixencia emocional (regulación da impulsividade), e máis
concretamente a varios recursos para controlar esa “ira”.
Goleman nomea varios, que se representan na páxina seguinte.
CONTROL DA IMPULSIVIDADE
Reconsideración:
reinterpreta a situación
dun xeito máis positivo.
Illamento e distanciamento:
Alonxarse, estar a soas uns
momentos, reflexionar e así
obter a serenidade necesaria
para o afrontamento do
problema ou conflito.
Distracción: Realizar outra
cousa relacionada coas nosas
afeccións, como saír de paseo
polo campo ou pola praia,
bailar, facer deporte...
Técnicas de relaxación:
Respiración profunda e/ou
meditación (Ver método e
efectos no cerebro nas
seguintes diapositivas).
Motivación:
Autoinducirse emocións e estados de ánimo positivos,
como a confianza, o entusiasmo e o optimismo. Esta
técnica está baseada na imaxinación.
1 2
3
4
5
Meditar consiste en concentrarnos na nosa respiración ou na observación dun
obxecto que temos diante. Polo tanto, non se trata de pensar nos asuntos da
nosa vida diaria, senón pola contra en deixar de pensar. Pasos:
• 1. Atopar un lugar tranquilo e acolledor. Poñer unha luz tenue e música suave
poden axudar a crear o ambiente adecuado.
• 2. Sentarse no chan co lombo recto, pero sen tensións, respirando fondo e
mantendo os hombreiros e os brazos relaxados.
• 3. Cos ollos abertos, elexir un punto enfronte e deixar aí a mirada, mentres
pouco a pouco tódalas distraccións se van esvaendo.
• 4. Observar os pensamentos sen xulgalos nin retelos, só observándoos.
• 5. A continuación, crear pensamentos e imaxes positivas dun mesmo,
visualizalos e mantelos durante uns minutos.
• 6. Para rematar, pechar os ollos uns intres creando un silencio completo.
4.1. A MEDITACIÓN
4.2. A MEDITACIÓN
O ESTRÉS
O estrés é a resposta do organismo ante situacións de tensión
ou abafantes. Prodúcese unha activación xeral.
Pódese definir coma o proceso que se inicia ante un conxunto
de demandas ambientais que recibe o individuo, ás que debe
dar unha resposta axeitada, póndo en marcha os seus
recursos de afrontamento.
Cando a demanda do ambiente (instituto, familia, traballo,
etc.) excede os recursos de afrontamento que posúe a
persoa, desenvólvense unha serie de reaccións adaptativas
con activación fisiolóxica.
O estrés inclúe reacciones emocionais negativas
(desagradables), das cales as máis importantes son: a
ansiedade e a ira, e posteriormente, sentirse derrotada.
A ansiedade é adaptativa porque axuda á supervivencia
activando os recursos do organismo, pero cando os
excede é preciso controlala.
É moi importante identificar os pensamentos como os
principais estresores internos. Os estados de ánimo
dependen da cognición. Pensamento e emoción están moi
relacionados.
CONTROL DA ANSIEDADE
 Baseadas na respiración.
 Baseadas na tensión e relaxación dos
músculos.
 Baseadas na imaxinación.
Autoinducirse pensamentos positivos.
 Exercicio físico.
 Unha boa e variada alimentación.
TÉCNICAS PARA O CONTROL DA
ANSIEDADE:
CONTROL DA ANSIEDADE
 Estratexias de cambio de foco de atención: facer outra actividade ou pensar
noutro tema.
 Desenvolvemento do sentido do humor.
 Cambio de hábitos: exercicio, dieta, sono, móbil, etc.)
 Evita postergar. Planifica as túas tarefas diarias,
tanto as do instituto coma as extraescolares.
Fai un planing, cólgao na túa habitación e
cúmpreo!
 Atende ó teu diálogo interno (pensamentos
intrusivos ou irracionais, e rexéitaos).
 Reláxate diariamente.
 Evita acumular tensións. Practica o diálogo e a
comunicación asertiva coas demais.
 Autocrítica. Sé crítica coas túas suposicións, xa
que estas disparan a ansiedade, e poden ser
totalmente irracionais.
O CONFLITO
Qué e un conflito?
Os conflitos son situacións nas que dúas ou máis persoas entran
en oposición ou desacordo:
• Porque as súas posicións, intereses, necesidades,
desexos ou valores son incompatibles, ou son
percibidos como incompatibles.
• Onde xogan un papel moi importante os
sentimentos e as emocións.
• Onde a relación entre as partes en conflito pode
saír fortalecida ou deteriorada en función de como
sexa o proceso de resolución do conflito (a forma
de resolvelo).
• As causas dos conflitos atribúense a problemas de
percepción individual e/ou a unha deficiente
comunicación interpersoal.
― Non existe ningún grupo no que non haxa
conflitos ou desacordos entre as persoas.
― O conflito non é algo malo nin bo,
simplemente é algo que se dá. É habitual. O
importante é a forma de resolvelos,
procurando que gañemos todas e todos.
― Conflito non é o mesmo que violencia. O
conflito é connatural a nós, a violencia non.
Esta última é destrutiva e xurde cando o
conflito non se enfronta por outros medios,
como o autocontrol, o diálogo, a
negociación, ou mesmo se afronta desde a
pasividade.
― O conflito é unha oportunidade de
desenvolvemento persoal e de mellora da
convivencia.
O CONFLITO
― Todas expoñeremos polo menos un conflito.
― Todas as ideas se escriben na lousa e en papel.
― Mentres unha expón o resto escoita, e baixo ningún concepto se pode opinar nin criticar o que
outra persoa di. Ten que haber un clima de aceptación e de respecto pleno.
Primeiro reflexionamos a soas e escribímolo nunha folla. Despois expoñémolo ao resto da clase.
Unha persoa modera (pode ser o profesorado), outra escribe na lousa os nosos conflitos, e outra
escríbeos en papel.
É moi importante ter en conta:
Que conflitos temos nós?
Imos facer unha choiva de ideas sobre os nosos conflitos:
-Na aula.................................................................................................................
-Cos compañeiros/as.............................................................................................
-Con alumnado de outros grupos..........................................................................
-Con nós mesmas.................................................................................................
-..............................................................................................................................
1. Describimos o problema ou conflito.
2. Argumentamos as distintas posturas, os intereses e as necesidades das
partes. É importante:
 Falarmos en primeira persoa.
 Usarmos un ton de voz e unha postura corporal neutras e
conciliadoras.
 Proporcionarmos argumentos congruentes.
 Utilizarmos a empatía.
3. Expoñemos as posibles alternativas de solución ao mesmo.
4. Analizamos as consecuencias de cada unha das alternativas propostas.
5. Escollemos a alternativa que se cre solucionará o conflito porque con ela
poden gañar ambas as dúas partes, e non ten (ou ten menos)
consecuencias negativas.
6. Pómola en práctica.
7. Realizamos o seguimento da evolución na resolución do conflito.
PASOS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS:
ANALIZAMOS OS NOSOS CONFLITOS…
Así, ao longo do curso, pódese seguir co resto dos conflitos expostos polo alumnado, ou con outros novos
que xurdan.
OBXECTIVO: abordar os conflitos que xurdiron na sesión anterior, co obxecto de buscar a mellor solución,
levala a termo e realizar un seguimento das consecuencias.
PROCEDEMENTO: Primeiro ordenamos os conflitos (botando man das notas tomadas en papel na sesión
anterior) e comezamos polo primeiro:
1. Descrición do problema ou conflito.
2. Argumentación das distintas posturas, os intereses e as necesidades das partes en conflito.
3. Exposición das posibles alternativas de solución ao mesmo.
4. Análise das consecuencias de cada unha das alternativas propostas.
5. Escolla da alternativa que se cre solucionará o conflito e que non ten (ou ten menos) consecuencias
negativas.
6. Posta en práctica da alternativa escollida.
7. Realización do seguimento coa titora ou titor e co grupo, pasado un tempo desde a resolución do conflito
(unha ou dúas semanas, por exemplo).
METODOLOXÍA: dentro de cada un dos pasos do procedemento (do 1 ao 5) pódese facer reflexionar ao
alumnado a nivel individual, e despois poñelo en común ao gran grupo, ou utilizar a técnica de Phillips 6/6.
Sempre unha persoa modera, outra escribe as conclusións na lousa, e outra anótaas nun papel e gárdao para
outra sesión. No paso 6, a persoa ou persoas que puxeron en práctica a solución, expóñena á clase así como as
consecuencias da mesma. O resto da clase, ao rematar a exposición, pode facer preguntas, solicitar
aclaracións, suxestións ou propostas de mellora na solución do conflito.
ESTILOS DE ENFRONTAMENTO AO CONFLITO:
 Comunicación
 Empatía
 Autoestima
 Autocontrol
 Asertividade
RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS PARA A RESOLUCIÓN
DE CONFLITOS:
A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS, CON E SEN MEDIACIÓN
Para resolver un conflito pódense tentar de achegar posturas entre as partes implicadas, ou recorrer á
figura de mediación, como axuda para chegar a un acordo.
Cando se opta pola primeira alternativa (as partes tentan de se pór de acordo), é preciso ter en conta
que non convén facelo ‘en quente’, cando están os ánimos alterados, porque seguramente
aumentaría o nivel de conflito, no canto de resolverse. Asemade, cómpre que, antes de se sentaren a
falar, cada unha delas faga unha reflexión, sobre as seguintes cuestións:
 Cal é exactamente o conflito que temos?
 Cal sería para min a solución ideal?
 Se non se pode acadar esta solución, que consideraría eu un bo acordo?
 Cal é o punto mínimo de solución, por baixo do cal eu non chegaría a un acordo?
Esta reflexión previa é imprescindíbel para que as partes saiban realmente o que queren e poidan
negociar, mais tamén é moi importante que as partes teñan presente que para unha solución
satisfactoria é fundamental que ambas as dúas (ou as que sexan) saian gañando e perdendo máis ou
menos o mesmo.
O profesorado debe ter presente que unha cousa é negociar e a outra claudicar, e isto último afecta
principalmente ás nenas e tamén a nenos que formen parte de colectivos discriminados.
Por outra banda, algunhas veces recórrese á mediación para resolver un conflito. A mediación é un
recurso, desenvolvido por unha persoa (ou varias) que axuda ás partes a chegar a un acordo. Para
unha mediación eficaz, a persoa que desenvolve o papel debe:
 Ser allea ao conflito e ás partes
 Ser aceptada por todas as partes en conflito
 Ser neutral durante todo o proceso xa que, se toma partido, será rexeitada e non poderá
mediar
 O seu papel será escoitar ás partes, analizar o problema e, ao fío de todo isto, propoñer
solucións.
A escoita activa é moi importante para nos entender coas demais persoas e establecer con elas
relacións e vínculos saudábeis. Tamén nos axuda na resolución de conflitos, ao contribuír a que as
partes e, no seu caso, a mediadora, comprendan ben as claves e non llo atribúan só á outra persoa.
PROCESO:
Búscase un exemplo dun conflito entre dúas persoas. Se o busca o grupo, débeselle pedir que sexa
inventado. Se o busca a titora, debe ser algo que se afaste da práctica habitual do grupo.
En grupos de tres, dúas persoas representan as protagonistas dun conflito e unha terceira fai de
mediadora entre elas.
Introducimos o conflito explicando a situación a todo o grupo, indicando que as protagonistas do
conflito decidiron pedir mediación para intentar pórse de acordo.
Repártense os roles a tres persoas voluntarias e comeza a dramatización. O resto do grupo observa
como se desenvolve a mediación.
Ao longo do rol playing pódense facer cambios de roles, ou soliloquios (*). Cando remata a escena
(cando a titora o considere oportuno), pregúntase ás protagonistas que sentiron durante a
representación e ao resto do grupo que sentiron mentres observaban.
Para valorar a actividade formularanse cuestións do tipo:
• Como credes que funcionou a dramatización?. Escoitáronse unhas persoas ás outras?
• Estaban claros os roles de cada quen?.
• Cal era o máis difícil? Por que?.
• Cales son as claves deste conflito? (que é realmente o que provoca o conflito).
DINÁMICA GRUPAL: “UN CONFLITO” (rol-playing, 1ª parte)
DINÁMICA GRUPAL: “O CASTIGO” (rol-playing, 2ª parte)
Desenvolverase un rol-playing no que se representa un conflito dentro dunha familia formada por
nai, pai e fillo. Asemade, unha persoa externa á mesma actuará como mediadora.
De seguido relátanse os feitos e descríbese o papel de cada unha das partes.
Fillo:
Chegas á casa cos resultados do primeiro trimestre. Estes non son nada bos e túa nai, teu pai e ti
comezades a discutir e a berrar ata que finalmente se che escapa un insulto moi forte. Como
consecuencia, castígante sen saír nin facer deporte durante un mes. Entón marchas para o teu
cuarto e pechas a porta dunha patada, tan grande que a porta fende...
Cres que túa nai e teu pai son estritos de máis... non todo o mundo pode ser un ‘Einstein’!. A
verdade é que non te entusiasma estudar e consideras que os exames son unha estupidez. Tes
ganas de comezar a traballar en canto cumpras os dezaseis e consideras moi inxusto que te
castiguen durante todo un mes. Asemade non servirá de nada, porque non pensas estudar e, no
fondo, non podes crer que que te impidan facer deporte. Saben perfectamente que se faltas aos
adestramentos expúlsante do equipo.
Nai e pai:
Cando o voso fillo chegou á casa e vos amosou as notas do primeiro trimestre, vendo que non son
nada boas, comezastes a discutir e a berrar ata que finalmente vos insultou. Como consecuencia,
castigástelo sen saír nin facer deporte durante un mes. Entón marchou para o seu cuarto e pechou
a porta dunha patada, tan grande que a porta fendeu...
 Establecer contacto visual e mostrarte realmente interesada pola persoa e a súa historia.
 Parafrasear: Repetir o que sente e o que pensa, introducíndoo con frases do estilo: “se o entendín ben...”.
 Clarificar: ampliar e precisar a información. Por exemplo: “poderíasme falar un pouco máis de...”.
 Resumir: dicir en poucas palabras cal é a situación vista pola protagonista da historia.
 Reformular: expresar ideas e sentimentos con fidelidade, pero “limpando” a linguaxe de expresións
imprecisas ou pouco respectuosas e engadindo pequenos matices.
 Finalmente, tenta definir o conflito de xeito que ambas partes che confirmen que, efectivamente,
comprendiches cal é a situación.
“O CASTIGO” (2ª parte, continuación)
Credes que precisa “man dura”, xa que é a mellor maneira de que tome en serio os seus estudos. Ter unha boa
formación é a única maneira de atopar traballo hoxe en día. Aínda que teña que sacrificar o equipo e as
amizades, máis vale que deixe o deporte e se peche na casa a estudar. Non podedes tolerar que vos falte ao
respecto, pelexades continuamente e na casa sempre hai un ambiente moi tenso.
Mediadora:
A túa función será inicialmente propiciar un ambiente axeitado para que nai, pai e filla poidan explicarse e
escoitarse. Debes suxerir ás partes que reflexionen primeiro sobre as solucións, nos termos que se indican na
páxina. Logo, cada quen falará por quenda, cara ao resto da familia. Ti non debes xulgar nin descualificar. Só
escoitar activamente e, no seu caso, anotar as solucións que propoñan unhas e outras, para logo repasalas en
alto.
DEBES LEMBRAR:
BIBLIOGRAFÍA
• Avia, Mª Dolores y Carmelo Vázquez (1998). Optimismo inteligente. Madrid:
Alianza Editorial.
• Csikszentmihalyi, Mihaly (1997). Fluir. Una psicología de la Felicidad. Barcelona:
Kairós.
• Fernández-Berrocal, Pablo y Natalia Ramos (eds.) (2002). Corazones inteligentes.
Barcelona: Kairós.
• Goleman, Daniel (2003). La práctica de la inteligencia emocional (16ª ed.).
Barcelona: Kairós.
• Goleman, Daniel (2004). Inteligencia emocional (56ª ed.). Barcelona: Kairós.
• Sternberg, Robert (2003). ¿Por qué la gente inteligente puede ser tan estúpida?
Barcelona: Paidós.
• VVAA. (2002). Educación Emocional. ESO. Propuestas para la Tutoría. Generalitat
Valenciana
• Zaccagnini, Miquel H. (2003). ¿Qué es la inteligencia emocional? La relación entre
pensamientos y sentimientos en la vida cotidiana. Madrid: Biblioteca Nueva.

More Related Content

Similar to Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020

Autoestima
AutoestimaAutoestima
AutoestimaCidadans
 
verónica pampillón seijo
verónica pampillón seijoverónica pampillón seijo
verónica pampillón seijoecursocig
 
Aprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoAprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoUbaldo
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia pazlgalego
 
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicos
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicosO desenvolvemento afectivo.conceptos básicos
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicosProfesorachapela
 
Traballando coas emocion_na_aula
Traballando coas emocion_na_aulaTraballando coas emocion_na_aula
Traballando coas emocion_na_aulaSusana Vila
 
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasNa familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasEva Moreira
 
Os valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaOs valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaEva Moreira
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivotelecocurso1
 
Test escoita activa na orientación laboral
Test escoita activa na orientación laboralTest escoita activa na orientación laboral
Test escoita activa na orientación laboralpgrandiog
 
Emocións e sexismo
Emocións e sexismoEmocións e sexismo
Emocións e sexismosatelite1
 

Similar to Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020 (20)

7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional7 principios de ecoloxía emocional
7 principios de ecoloxía emocional
 
Autoestima
AutoestimaAutoestima
Autoestima
 
verónica pampillón seijo
verónica pampillón seijoverónica pampillón seijo
verónica pampillón seijo
 
Aprender a quererse feito
Aprender a quererse feitoAprender a quererse feito
Aprender a quererse feito
 
Escoitamos, falamos.....
Escoitamos, falamos.....Escoitamos, falamos.....
Escoitamos, falamos.....
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia A etapa evolutiva da adolescencia
A etapa evolutiva da adolescencia
 
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicos
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicosO desenvolvemento afectivo.conceptos básicos
O desenvolvemento afectivo.conceptos básicos
 
Traballando coas emocion_na_aula
Traballando coas emocion_na_aulaTraballando coas emocion_na_aula
Traballando coas emocion_na_aula
 
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativasNa familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
Na familia aprendemos a convivir a partir de pautas educativas
 
Sesión 2º autoestima
Sesión 2º  autoestimaSesión 2º  autoestima
Sesión 2º autoestima
 
A intelixencia emocional
A intelixencia emocionalA intelixencia emocional
A intelixencia emocional
 
Os valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da condutaOs valores agóchanse detrás da conduta
Os valores agóchanse detrás da conduta
 
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivoTraballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
Traballo en grupo - como facelo dun xeito efectivo
 
Sesión 10 decembro 2009
Sesión 10 decembro 2009Sesión 10 decembro 2009
Sesión 10 decembro 2009
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Test escoita activa na orientación laboral
Test escoita activa na orientación laboralTest escoita activa na orientación laboral
Test escoita activa na orientación laboral
 
Emocións e sexismo
Emocións e sexismoEmocións e sexismo
Emocións e sexismo
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 

Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020

  • 1. DINÁMICAS DE CONVIVENCIA, RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E HABILIDADES SOCIAIS - 2020 Licenza Creative Commons BY-NC-SA Montserrat Pérez Castiñeira Para familias e profesorado
  • 2. O obxectivo desta presentación é que sirva de guía tanto para familias como para profesores titores. Con este material teórico-práctico, e dende a intelixencia emocional é posible axudar ao alumnado a que se coñeza, se regule, se motive, adquira empatía e mellore a súa asertividade, autoestima e habilidades sociais. Dende o Instituto ou Colexio e dende a casa pódese traballar cos rapaces para que diminúan a impulsividade, ira e ansiedade, toda vez que melloran a súa asertividade e as súas habilidades para o autocontrol. Así aprenderán a convivir con outros, a interiorizar un método para resolver os problemas/conflitos que xurden na vida cotiá, e a mellorar a súa relación consigo mesmos.Imaxe extraída de: http://www.popscreen.com/v/6vbM7/Beneficios-de-la- inteligencia-emocional-Pablo-Fernandez Ademáis neste enlace poderás ver un interesante vídeo. A INTELIXENCIA EMOCIONAL – Aprender a vivir mellor no Instituto e na familia
  • 3. A INTELIXENCIA EMOCIONAL O concepto foi popularizado por Daniel Goleman en 1995 coa publicación da obra: Intelixencia Emocional. Abrangue cinco capacidades que son decisivas para ter éxito na vida. Profe 1. Autocoñecerse. Recoñecer os nosos sentimentos, emocións e estados de ánimo. Poñerlles nome, facelos conscientes, percibilos e regulalos. 2. Capacidade de motivación dun mesm@, autocontrol emocional, capacidade de demorar a gratificación e de sofocar a impulsividade. 3. Persistir fronte ás decepcións. 4. Mostrar empatía. Recoñecemento das emocións alleas. 5. Ter unhas boas habilidades sociais. Ser asertiv@. -Intelixencia intrapersonal: 1, 2 e 3 -Intelixencia interpersonal: 4 e 5
  • 5. Regulación emocional. Trátase de manexar os propios sentimentos e expresalos axeitadamente, e inclúe: Regulación da impulsividade (ira, violencia, comportamentos de risco). Tolerancia ante a frustración e liberación da agresividade sen danarse a si mesma nin ás demais, para previr estados emocionais negativos (ira, rabia, ansiedade, culpa, depresión). Perseverancia no logro dos obxectivos malia as dificultades. Capacidade para renunciar a recompensas inmediatas a favor doutras a máis longo prazo, pero de orde superior, etc. Habilidades de afrontamento: Habilidades para afrontar retos e situacións de conflito, coas emocións que xeran. Isto implica estratexias de autorregulación para xestionar a intensidade e a duración dos estados emocionais. Competencia para xerar por si mesmo emocións positivas: É a capacidade para autoxerar e experimentar de forma voluntaria e consciente emocións positivas (alegría, amor, humor) e desfrutar da vida. Capacidade para autoxestionar o propio benestar emocional na procura dunha mellor calidade de vida. A INTELIXENCIA EMOCIONAL
  • 6. A ESCOITA E A EMPATÍA Xa que logo, sentirnos escoitadas aumenta a autoestima e a seguridade en nós mesmas. Así, parece que aprender a escoitar de xeito activo, empático e efectivo é mesmo previo á comunicación e, desde logo, imprescindíbel para a resolución dos conflitos que poidan xurdir coas demais persoas. A escoita é a capacidade para saber o que nos comunican as outras persoas, e inclúe unha serie de actitudes que contribúen de xeito decisivo a que sexa eficaz. A máis relevante das ditas actitudes é a empatía. Sentirnos escoitadas é fundamental para as persoas, xa que denota que lle interesamos ás demais, que somos importantes para elas e que o que dicimos e transmitimos ten valor.
  • 7.
  • 8. A EMPATÍA • Como paso previo á resolución de conflitos debemos desenvolver a nosa empatía, que é a capacidade para identificar e comprender as emocións da outra persoa. • A empatía fai posible unha verdadeira comunicación. Falar e falar non é comunicarse. É un monólogo. • Unha persoa empática non só escoita a outra persoa, senón que lle importa o que pensa e agarda aprender dos seus coñecementos. Sempre intenta que a conversación flúa sobre un interese común e non sobre o propio.
  • 10. OBSTÁCULOS QUE DIFICULTAN A EMPATÍA Todo isto ó único que fai é bloquear a escoita e impedir que se produza unha boa relación empática. Tentar animar sen máis, con frases como “ánimo que nesta vida todo se supera menos a morte”. Dar a razón e seguir a corrente... A EMPATÍA
  • 11.
  • 12. Como expresar a empatía?  Facer preguntas para aclarar.  Tentar de avanzar lentamente no diálogo.  Antes de dar a nosa opinión sobre o tema debemos agardar a termos información suficiente, termos a seguridade de que a outra persoa nos contou todo o que quería contar, e de que nós a escoitamos e entendemos correctamente a esencia da súa mensaxe.
  • 13. DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A EMPATÍA: “O AUTORRETRATO” PROCESO. Entréganselle ao grupo imaxes (postais, recortes de revistas…). Cómpre que sexan moitas e variadas. As fotografías deben ser suxestivas e atractivas; que permitan a identificación a proxección e a expresión de pensamentos, sentimentos e emocións, e valores. As imaxes tamén poderán ser figurativas (rostros, situacións, paisaxes, obxectos, animais...) pero adoita ser máis positivo facelo con elementos simbólicos. Convídase a que cada quen elixa tres, que considere que expresan algún aspecto da súa persoa. Esta escolla débese facer en silencio e ninguén collerá imaxes mentres non lle chegue a súa quenda. Despois amosarallas ao resto do grupo. Pódense elixir as mesmas imaxes, por motivos iguais ou distintos. Quen queira pode comentar ao grupo a súa elección. Mentres cada persoa fala, o resto estarán sentadas, caladas e atentas, para comprender ben o que di. Pódense facer preguntas para aclarar cousas, pero non se poden facer obxeccións, críticas, nin expresar desacordos. Para rematar a actividade, cada alumna e alumno comentará que sentiu ao falar perante o grupo e tamén ao escoitar o que expresaba o resto das compañeiras e compañeiros. OBSERVACIÓNS: É fundamental ter moito coidado de respectar a decisión de quen non queiran explicar nin expresar nada sobre o seu autorretrato. Esta actividade débese realizar cando haxa un certo grao de coñecemento do grupo e un bo clima grupal.
  • 14. DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A ESCOITA ACTIVA: “ESCOITANDO UNHA HISTORIA QUE NOS CONTA ALGUÉN” PROCESO: En parellas, cada quen pensa nunha situación divertida que lle ocorreu ou que lle contaron. Logo, unha das persoas de cada parella, cóntalla á outra. Mentres o fai, a outra boquexa, mira para outro sitio, distráese con calquera cousa e amosa aburrimento. Rematada esta fase da actividade, pregúntaselle ás persoas que contaron a historia: ― Que sentistes cando explicastes a historia?. ― Tiñades ganas de seguir falando?. ― Que pensastes da persoa á que lle contastes a historia?. ― Gustaríavos tela como amiga o como compañeira de clase?. Repetimos a experiencia, pero esta vez escoitando activamente: mirando á outra persoa, asentindo, repetindo algunha das cousas que dixo (eco) e, en xeral, amosando que estamos interesadas na outra persoa e no que nos conta. De seguido, fánselle as mesmas preguntas que antes ás persoas que contaron a historia e compáranse as respostas coas da situación anterior. Para rematar, tíranse conclusións sobre os indicadores xestuais, corporais e verbais da escoita activa. OBSERVACIÓNS: Algúns conflitos e enemizades comezan cando non se practica a comunicación activa. As persoas que no nos escoitan no nos gustan e prodúcennos rexeitamento. É importante que nos esforcemos por comprender as persoas da nosa contorna (familia, amizades, compañeiras, etc.). Escoitar activamente demostra que nos interesamos pola outra persoa, e que cremos que é importante e única.
  • 15. OBXECTIVO: Identificar facilitadores e dificultadores da comunicación. PROCESO: Seis persoas voluntarias, entre o alumnado do grupo, van simular unha reunión do profesorado do centro. Trátase de decidir como se vai celebrar o remate do curso. Normalmente hai propostas diversas: contratar un grupo de animación, ir á piscina, organizar un xogo de pistas, que cada clase prepare unha festa, etc. Mentres se desenvolve a representación, o resto do grupo observa. A cada unha das participantes dáselle unha tarxeta que lle indica a actitude que deberá adoptar na reunión. DINÁMICA GRUPAL PARA TRABALLAR A ESCOITA ACTIVA: “A REUNIÓN” 1. Actúa de líder. Fai que o debate funcione. Procura que todas e todos teñan a oportunidade de falar. 2. Tenta ser divertida. Fai bromas e ri do resto e das súas ideas. 3. Tenta interromper ao resto cando falan e faino con frecuencia. Di: “sinto interromper, pero ...” e continúa falando. 4. Cambia de tema. Simula que non escoitas ás demais persoas. Fala de calquera cuestión que non teña nada que ver co que se acaba de dicir. 5. Critica las ideas das demais. Aconséllalles sobre o que deberían facer ou sobre lo que na túa opinión lles conviría máis. 6. Non podes estar quieta. Non prestes atención. Tenta que quen estean ao teu carón non atendan tampouco. • Que sentiron as persoas que actuaban? E as que observaban? • Como viron a reunión quen observaban? E quen actuaban? • Que actitudes se representaron?. • Coñecedes outras actitudes que dificultan a comunicación? Cales?. • Coñecedes actitudes que facilitan a comunicación? Cales?. Rematada a representación, valorarase o ocorrido:
  • 16. PAUTAS PARA A ESCOITA E A COMUNICACIÓN PARA SABER COMUNICAR, A PERSOA DEBE:PARA SABER ESCOITAR, A PERSOA DEBE: ― Ser ordenada e expoñer con claridade ― Entusiasmo co que transmite. ― Pequenas pausas. ― Non ser repetitiva nin pesada. ― Contestar as preguntas da outra persoa. ― Mirar aos ollos da interlocutora. ― Facer xestos conforme se está escoitando. ― Asentir, expresar que o entendemos. ― Facer preguntas sobre o que se está a dicir. ― Que as preguntas sexan oportunas. ― Non interromper se non é imprescindíbel.
  • 17. A comunicación humana é un proceso que ten como finalidade entendernos coas outras persoas. O proceso é complexo e consta de varios elementos que forman parte de cada mensaxe e que lle dan sentido á mesma. Aínda que se considera (coloquialmente) que unha mensaxe é o que dicimos (ou escribimos), en realidade ten moita máis importancia como o dicimos, que o que dicimos en si. Os elementos dunha mensaxe, son: A COMUNICACIÓN 1. VERBAIS: O que dicimos con palabras. Constitúe entre un 5 e un 7% do que transmitimos nunha mensaxe. 2. PARABERVAIS: Como usamos a voz (ton, volume, velocidade, contundencia…). Constitúe aproximadamente un 35% do que transmitimos nunha mensaxe. 3. NON VERBAIS: Os xestos, a postura corporal e o uso do espazo. Constitúe aproximadamente un 60% do que transmitimos nunha mensaxe. Entre todos estes elementos, destacamos:  O contacto visual, a expresión e os xestos que facemos coa cara.  Os movementos de brazos e mans e a postura do corpo.  A distancia coa outra persoa, a postura con respecto a ela e a existencia de barreiras mecánicas (uso do espazo) Para comunicarnos de xeito eficaz deben coincidir as mensaxes verbais e as non verbais. Moitas dificultades na comunicación prodúcense cando a mensaxe non verbal contradí a verbal. Por exemplo: Un fillo agasalla ao seu pai polo seu aniversario e este, cunha expresión de decepción, dille: “Grazas, é xusto o que quería”.
  • 18. A COMUNICACIÓN Técnicas de comunicación eficaz
  • 20. DINÁMICA GRUPAL SOBRE A COMUNICACIÓN. “POSTA EN COMÚN DE XESTOS” OBXECTIVO: Identificar os estados de ánimo en relación coas expresións faciais e corporais. PROCESO: Acompañado da explicación sobre a importancia da mensaxe xestual, en gran grupo faremos unha recollida de xestos que expresen emocións e sentimentos, e que sexan coñecidos polo alumnado. Despois, por parellas, crearán un código de xestos propio que amosarán ao resto da clase, representándoos dramaticamente ou facendo debuxos, por exemplo, emoticonos (ver páxina seguinte).
  • 21. AVALIACIÓN: A titora ou titor avaliará o coñecemento da mecánica do chateo polo alumnado, así como a análise crítica dos seus usos e abusos. COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO 1. A titora ou titor introduce a actividade, facilitando ao grupo o texto que se atopa na páxina seguinte. Esta actividade pódese realizar de xeito individual ou en grupo. 2. Unha vez finalizada a lectura, o alumnado expresará as súas opinións, consideracións, conclusións e reflexións sobre as súas prácticas nos chats e as do seu entorno inmediato. 3. Esta actividade pódese complementar con outra na que se incide máis no tema dos chats utilizando o cuestionario que se atopa dúas páxinas máis adiante. O uso da internet estase a converter nun elemento imprescindible para as persoas, dadas as súas potencialidades para o acceso, a difusión e a xeración de información e comunicación. Internet converteuse nunha ferramenta que permite a calquera persoa manter unha conversa con outra, aínda que se atope no extremo oposto do planeta. O fenómeno do chateo ou faladoiro virtual require dunhas normas de relación entre as participantes. DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:
  • 22. Texto "El factor clave de la modernización se encuentra en la Sociedad de la Información, que se presenta heterogénea, diversa y muchas veces contradictoria y que utiliza Internet como principal instrumento. Se han modificado las formas tradicionales de relación entre los sujetos, siendo uno de los elementos más sobresalientes dentro de las posibilidades que ofrece Internet, los chats de conversación, a través de los cuales es posible establecer relaciones interpersonales. Numerosos especialistas en el tema han identificado los chats o círculos de conversación como una de las principales causas de adicción entre los asiduos a la red (Internet). Un síntoma típico de la adicción de esas personas consiste en una reacción colérica ante los consejos para que se despeguen del monitor. Estas personas utilizan esta vía como canal para la reunión, socialización y conocimiento de nuevos sujetos. Los habituales de la red se tornan adictos, ya que permanecen muchas horas frente al ordenador en tiempo real tratando de recrear otras formas de comunicación diferentes a la que dos personas puedan tener en la vida cotidiana sin la utilización de esta herramienta tecnológica. Son muy variados los síntomas que se pueden presentar en relación a dicha problemática: Cambios drásticos en los hábitos de vida, a fin de tener más tiempo para conectarse. Disminución generalizada de la actividad física. Evitación de actividades importantes para disponer de mayor cantidad de tiempo para permanecer conectado. Privación o cambio en los patrones de sueño a fin de disponer de más tiempo en la Red. Muchas personas caracterizadas por su timidez encuentran en esta nueva vía de comunicación la posibilidad de liberarse de la ansiedad producida por las relaciones sociales cara a cara, ganando en autoconfianza, dado el anonimato que los canales del Chat proporcionan. Una de las cuestiones centrales que se plantean consiste en cómo las personas usan la tecnología y de qué modo afecta ésta a su conducta, sus pensamientos y sus relaciones sociales. Habrá que ver si en un futuro será una nueva forma de comunicación o si se podría pensar como una adicción, un hobbie o un hábito." Tomado de VVAA. (2002): Educación Emocional. ESO. Propuestas para la Tutoría. Generalitat Valenciana. COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO
  • 23.  Desde cando e con que frecuencia chateas?  Que tipo de relacións estableciches na comunicación a través do chat?  Comunícaste sempre coas mesmas persoas ou continuamente fas relacións novas?  Que temas ou aspectos te motivan a iniciar unha conversa con alguén por primeira vez?  Fórmaste algunha idea sobre o físico ou personalidade da persoa coa que conversas? En que te baseas para formar esa idea?  Intercambias fotografías coas persoas que chateas?  Prefires chatear con persoas da túa mesma idade e sexo, de diferente idade ou do outro sexo, que teñan actividades e intereses similares aos teus, ou todo isto che resulta indiferente?  Sobre que temas conversas no Chat?  Como lles comunicas ás persoas coas que chateas que te agradan?  Como te decatas de que ti lles agradas a esas persoas?  Conversas no chat sobre os teus sentimentos, problemas e inquedanzas? Por que?  Que buscas no chat e nas persoas coas que te comunicas? Cuestionario: COMUNICACIÓN EN INTERNET- CHATEO
  • 24. EMOTICONOS DIXITAIS Os emoticonos, nos chats, en mensaxes de móbil... adoitan usarse para enfatizar a mensaxe escrita e/ou para expresar certas emocións ou sentimentos que, doutro xeito, non quedarían tan claros. Poderiamos dicir que é o equivalente a unha especie de mensaxe xestual escrito.
  • 26. HABILIDADES SOCIAIS. OBXECTIVOS ― Permiten a obtención de consecuencias gratificantes. ― Facilitan o mantemento de relacións sociais satisfactorias.  AFECTIVOS:  INSTRUMENTAIS: ― Facilitan o éxito nas tarefas acometidas. ― Son fonte de poder en diversos eidos (laboral, social ou afectivo) tendo máis valor preditivo sobre o éxito que a brillantez académica.
  • 27. A ASERTIVIDADE CONSISTE EN: HABILIDADES SOCIAIS: A ASERTIVIDADE  Expresar o que se sente, se desexa ou se pensa, sen invadir as demais persoas e sen menosprezar o que estas senten, desexan ou pensan.  Expresar o que sentimos, desexamos e pensamos permítenos construír relacións e vínculos afectivos positivos coas demais, que pola súa vez aumentan a nosa autoestima e benestar. É dicir, a nosa saúde.
  • 28. COMUNICACIÓN PASIVA (INHIBIDA, SUBMISA) • Defende mal os seus dereitos por temor a molestar ou provocar un conflito. • Agarda que adiviñen ou comprendan as súas necesidades. • Resolve os problemas retirándose ou actuando pasivamente. • Non expresa claramente as súas posturas. • Resulta esquecida, incomprendida ou explotada con frecuencia. • Dá unha imaxe fría, distante ou de pouca motivación. • Séntese pouco valorada e frustrada con frecuencia. • Remoe as súas dificultades e problemas. • Xúlgase severa e negativamente.
  • 29. COMUNICACIÓN AGRESIVA • É moi susceptíbel e oféndese con facilidade. Esta tensa con frecuencia. • Vive os intercambios como relacións de forza. • Séntese culpábel con frecuencia (polo que di e como o di). • Imponse para conseguir os seus fins, sen ter en conta ás demais persoas. • Pon as súas necesidades por diante das do resto. • Resolve os problemas pola forza e anoxándose • Tende a impoñer o seu punto de vista de xeito categórico e autoritario. • Soporta mal que se lle contradiga. • Frustra ou irrita as súas interlocutoras.
  • 30. COMUNICACIÓN ASERTIVA • É apreciada pola súa franqueza aínda que ás veces moleste. • Ten confianza en si mesma. • Fai o mellor que pode, recoñecendo claramente os seus límites. • Analiza sen excederse. • Defende os seus dereitos respectando os das demais. • Expresa as súas necesidades, e escoita as das outras persoas • Tenta resolver os problemas negociando • Di claramente cal é a súa postura. • As demais persoas teñen en conta o seu punto de vista.
  • 32. RESUMO COMPARATIVO DOS ESTILOS DE COMUNICACIÓN
  • 33. DINÁMICA GRUPAL. ASERTIVIDADE: DEREITOS ASERTIVOS PROCESO: A titora ou titor pide que cada quen identifique os dereitos que cre ter na familia, no centro e na sociedade. Débeos sinalar nunha copia da ficha que figura na páxina seguinte. Despois, en pequenos grupos, deberanse consensuar os dereitos (5 para cada un dos eidos citados), que serán anotados nunha copia da mesma ficha. En gran grupo farase unha posta en común, a partires do traballo en pequenos grupos. Por último, o alumnado deberá identificar cales son os dereitos do resto das persoas (da familia, do centro e da sociedade). Resaltarase a importancia de reflexionar sobre as coincidencias e discrepancias na definición dos dereitos. AVALIACIÓN: A titora ou titor comprobará que o alumnado foi quen de identificar claramente os seus propios dereitos e os das demais persoas. ― Desenvolver as posibilidades de autocoñecemento. ― Facilitar ao alumnado a exploración da autoafirmación, de aquilo que é quen de facer e dos seus límites. ― Axudar o alumnado a aumentar a confianza en si mesmas a través do exercicio da asertividade. OBXECTIVOS:
  • 34. • Sermos tratadas con respecto e dignidade. • Equivocarnos e sermos responsábeis dos nosos erros. • Termos as nosas propias opinións e valores. • Termos as nosas propias necesidades, e que sexan tan importantes como as das demais. • Experimentar e expresar os propios sentimentos, así como a ser as nosas únicas xuízas. • Mudar de opinión, idea ou liña de actuación. • Protestar cando se nos trata inxustamente. • Tentarmos cambiar aquilo que non nos resulta satisfactorio. • Detérmonos a pensar antes de actuar. • Pedirmos o que desexamos. • Facermos menos do que humanamente somos quen de facer. • Sermos independentes. • Decidirmos que facer co noso propio corpo, tempo e propiedade. • Sentirmos e expresarmos a dor. • Ignorarmos os consellos. • Rexeitarmos peticións sen sentírmonos culpábeis ou egoístas. • Estarmos soas aínda cando desexen a nosa compañía. • Non nos xustificar perante as demais. • Non nos responsabilizar dos problemas das outras persoas. • Non nos anticipar (non adiviñar) ás necesidades e desexos das demais. • Non estarmos pendentes da boa vontade das demais. • Elixirmos entre contestar ou non facelo e entre aceptar ou non unha conversa. • Falarmos sobre un problema coa persoa involucrada e aclaralo, cando os dereitos de cada quen non están claros abondo. • Facermos calquera cousa, sen transgredirmos os dereitos da outra persoa. • Escoller non comportarnos de xeito asertivo ou socialmente hábil, asumindo as consecuencias. OS DEREITOS ASERTIVOS: AS PERSOAS TEMOS DEREITO A…
  • 35. DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: DEFENDER OS PROPIOS DEREITOS OBXECTIVO: Preténdese que o alumnado coñeza as vantaxes e inconvenientes dos tres estilos de comunicación, valorando o asertivo como o máis apropiado para nos comunicar con outras persoas. PROCESO: A profesora ou profesor explica os tres estilos de conduta (pasivo, agresivo e asertivo) e e as súas respectivas vantaxes e inconvenientes, logo divide a clase en grupos de 3 ou 4 persoas. A cada un dos grupos correspóndelle preparar unha das situacións que se presentan de seguido, utilizando un dos tres estilos de comunicación: agresivo, asertivo y pasivo. 1. Estás nun acto público (cine, teatro...). As dúas persoas que están xusto diante de ti non fan máis que falar e non te deixan escoitar. Débeste achegar elas e dicirllelo. Débelo facer usando o estilo asertivo. 2. O teu grupo reúnese nos recreos para fumar e ofrécenche que vaias ti tamén, pero a ti non che interesa. Débesllo facer saber, desde un estilo pasivo. 3. Un profesor acostuma a chegar tarde á clase. Para recuperar o tempo perdido, colle 10 minutos do recreo. Ti e o teu grupo estades molestas cos situación e decidides falar con el. Facédeo desde un estilo asertivo. 4.O teu compañeiro habitúa invadir o teu espazo coas súas cousas, deixándoche moi pouco espazo na túa mesa para traballar. Débesllo indicar desde un estilo agresivo. Logo, desenvólvense as representacións sucesivamente, mentres o resto do grupo observa. Rematadas estas, faise unha análise grupal en torno aos seguintes aspectos: • Que sentiu cada unha das persoas que representou un papel? Identificouse co estilo de comunicación que lle correspondeu? • Cales son as vantaxes e inconvenientes do estilo representado en cada situación?
  • 37. OBXECTIVO: Que o alumnado aprenda que non é necesario atacar a outra persoa para defendernos, e que é un dereito das persoas insistir no seu punto de vista. PROCESO: A técnica del disco raiado consiste en elixir unha frase corta que sintetice o que queremos, e repetila unha e outra vez, con serenidade, respectando as quendas de palabra, sen entrar en provocacións coa outra persoa, ata que se decate de que non vai lograr nada cos seus ataques ou provocacións. Analizarase o seguinte exemplo, que tamén se pode dramatizar. Os teus amigos ofrécenche tabaco ou unha bebida alcohólica e insisten en que o debes consumir se queres formar parte do grupo, porque todas e todos o fan. A partires de aí, ten lugar o seguinte diálogo: DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: DISCO RAIADO  Amigo: Tío, que che pasa, es marica ou que?.  Ti: Non, simplemente non quero.  Amigo: Veña, ho! Mentres nós nos divertimos, ti estas a perdelo.  Ti: Xa, pero non quero.  Amigo: Que van dicir de ti as demais?! Se non te atreves, non veñas máis con nós.  Ti: Non me importa o que digan, eu non quero beber nin fumar. Se queres, vémonos outro día. Por parellas inventarán situacións nas que se poida utilizar a técnica do disco raiado, que serán dramatizadas despois. Pódense suxerir algunhas, como: Un vendedor a domicilio tenta manipularte para que os teus pais merquen un produto. Un sábado pola tarde, un amigo proponche facer algo que a ti no che gusta. Os meus amigos queren ver unha película que non me gusta. Un comerciante quérete convencer para que merques algo que no che gusta. Túa nai ou teu pai queren que estudes algo no futuro, pero ti non sabes se é iso o que queres facer.
  • 38. DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: BANCO DE NÉBOA PROCESO: Introducirase a técnica do banco de néboa, que é moi efectiva cando nos critican (destructivamente) ou nos insultan. Ë como se as palabras nunha nube protectora que non permite que te fagan sentir culpábel ou que che produzan malestar. Recoñécese que pode ser verdade ou probábel o que di a outra persoa, sen negalo nin contraatacar, pero sen ceder ás súas presións. Con isto daslle a razón en certa forma á outra persoa e semella que cedes, aínda que non sexa así. Para desenvolver esta resposta, débese utilizar un ton de voz sereno. Como exemplo, representarase o seguinte caso, que se pode dramatizar. Trátase de dúas amigas (Sandra e Mónica), que teñen a conversa da páxina seguinte. OBXECTIVO: Aprender a usar a técnica do disco raiado e comprobar que reduce o sentimento de culpabilidade e de ansiedade que se produce cando nos critican, así como tamén reduce o conflito que se produce cando se responde agresivamente.
  • 39. Despois, invéntanse outros exemplos (é importante que sexan inventados) e, por parellas, fanse representacións dos mesmos, mentres o resto do grupo observa. Finalmente, o grupo tira conclusións sobre a utilidade do ‘banco de néboa’ e as dificultades para utilizalo na práctica OBSERVACIÓN: É importante sinalar que, cando usamos o ‘banco de néboa’, se cadra, posteriormente, pensámolo e facemos o que nos indican... Ou non. En calquera caso, a nosa decisión debe ser libre e non estar condicionada polo que a outra persoa nos diga. DINÁMICA GRUPAL SOBRE ASERTIVIDADE: BANCO DE NÉBOA (cont.)  Mónica: Que gorda estás!  Sandra (banco de néboa): Si, é verdade, podería estar máis delgada  Mónica: Deberías facer unha dieta  Sandra (banco de néboa): Si, se cadra, comendo un pouco menos, estaría menos gorda  Mónica: E non esquezas o de facer deporte  Sandra (banco de néboa): Si, igual me decido por algún  Mónica: Pois eu aconsélloche que te decidas xa, porque francamente estás gorda  Sandra (banco de néboa): Ben sei que podería estar más delgada.
  • 40. DINÁMICA GRUPAL. TÉCNICAS DE ASERTIVIDADE OBXECTIVO: Aplicar os coñecementos adquiridos sobre técnicas asertivas en situacións reais. PROCESO: Esta actividade realizarase despois da técnica do ‘disco raiado’ e do ‘banco de néboa’. En pequenos grupos, cada quen traballará sobre un caso real dos que aparecen na páxina seguinte: A autorrevelación consiste en expresar o que sentimos e pensamos, os nosos dereitos e intereses, aínda que todo isto se afaste da lóxica da maioría. Falar desde unha mesma, en primeira persoa, sen xulgar nin faltarlle ao respecto á outra persoa. Utilizaranse frases coma: “Síntome...”, “Coido que…”, “Gustaríame que…” • Primeiro elaborarán un pequeno relato, representando a situación en concreto. • Despois elaborarán a resposta, aplicando a técnica do ‘disco raiado’, o ‘banco de néboa’ e a ‘autorrevelación’. • Logo continuarán construíndo o diálogo, sempre usando as mesmas técnicas. • En gran grupo, farase unha posta en común, valorando a diferenza que hai entre as respostas que darían habitualmente a este tipo de situacións e as que deron neste caso, coas técnicas asertivas.
  • 41. ― Un amigo pídeche que lle emprestes cartos. ― Un comerciante quérete convencer para que merques algo que non che gusta. ― Túa nai ou teu pai quérenche impoñer o que tes que estudar no futuro. ― Un profesor critícate inxustamente. ― Os teus amigos queren ver un filme que non che gusta. ― Túa nai non quere que poñas unha determinada roupa. ― Un amigo insiste en que fumes un cigarro, pero ti non queres. ― Túa nai e teu pai queren que cortes o pelo. ― Un sábado pola tarde un amigo proponche facer algo que a ti no che gusta. ― Alguén te ridiculiza porque non queres beber alcohol. ― Un vendedor a domicilio tenta manipularte para que túa nai ou teu pai merquen un produto. ― Expresas unha opinión contraria ao que piensa todo o grupo. ― Un profesor bótache a bronca porque non fixeches ben un traballo. ― Queres cambiar de tema de conversa. SITUACIÓNS A TRABALLAR: DINÁMICA GRUPAL. TÉCNICAS DE ASERTIVIDADE (cont.)
  • 42. DINÁMICA GRUPAL. RESPOSTAS ASERTIVAS OBXECTIVO: Identificar a técnica do disco raiado (exemplo 1); a do ‘banco de néboa’ (exemplo 2); a do ‘banco de néboa’, ‘para ti-para min’ e ‘proposición de alternativas’ (exemplo 3) e a da ‘concertación’* (exemplo 4). A ‘concertación’ é unha técnica asertiva de negociación, que consiste chegar a un acordo, cedendo cedendo cada parte un pouco desde as súas posturas iniciais. PROCESO: Pódese facer en gran grupo. A profesora ou profesor vai lendo cada un dos exemplos e o alumnado tenta identificar cal é a técnica asertiva que se utiliza, comentando tamén por que é util no caso que se describe. Exemplo 1: un vendedor que chega á casa Vendedor (V)- Ola, preséntolles esta enciclopedia…. Nós (N)- Entendo, pero non me interesa V- Podería serlle útil ás súas fillas ou fillos, para estudar... N- Entendo, pero non me interesa V- Non está algunha das súas fillas ou fillos na casa?... seguro que lles interesa. N- Entendo, pero non me interesa. Exemplo 4: O teu grupo de amigas decide latar ás clases e ir ao “cuarteliño”. Insístenche para que vaias con elas. Ti: “Tendes razón en que sería divertido facelo, xa vos avisarei se decido ir”. Exemplo 3: Os teus amigos insisten en que probes algo que ti non queres - Amigo: Toma, proba isto con nós. - Ti: “Que vos parece se mellor probamos a ver quen aguanta máis bailando” - Amigo: Creo que es un egoísta - Ti: “Pode que teñas razón e ás veces me comporte egoistamente” “Para ti serei un egoísta, pero para min son unha persoa que sabe divertirse” Exemplo 2: Túa nai está moi anoxada porque quedaches en chegar á unha da mañá e chegaches ás dúas. Ti: “Está ben, non volverei chegar nin cinco minutos máis tarde do acordado, e ti volverás confiar en min e deixarasme ir á festa do meu mozo, dentro de un mes.
  • 43. As mensaxes en “eu” constitúen un xeito de comunicación respectuosa coa persoa que estás a falar. Comunicas sen reprochar nada. Porén, as mensajes en “ti”, adoitan de atribuír ás outras persoas as causas dos teus comportamentos e opinións. Exprésanse con mandatos e imperativos. Con estas mensaxes, as túas compañeiras e compañeiros pódense sentir avaliadas (mesmo xulgadas), controladas, culpabilizadas e tratadas inxustamente. Para construír mensaxes en “eu” podes seguir estes tres pasos: DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: “FRASES ASASINAS” (I) • Un amigo pídeche que o acompañes a unha tenda, pero ti prefires quedar na casa vendo un filme. • Pepe fala nun ton paixonal cando se cre posuidor da verdade. Sempre trata de levar a “ascua á súa sardiña”. • Á saída do instituto saúdas a tu amiga Xoana, pero ela estaba enfadada e non che contestou. Ti non sabías isto, nin a causa do seu malestar. 1. Describir brevemente a situación ou comportamento que te desgusta ou molesta. Describe e non xulgues (ex.: Levantades moito a voz e non dou escoitado o que din. Síntome molesta). 2. Describir as consecuencias ou efectos que o dito comportamento ou sentimento ten sobre ti (…e non dou escoitado o que din). 3. Expresar os sentimentos que ese comportamento che causa (Síntome molesta). Ante as seguintes situacións, contesta a cada unha cunha mensaxe en “eu” e outra en “ti”:
  • 44. DINÁMICA GRUPAL – HH.SS.: “FRASES ASASINAS” (II) OBXECTIVO: Comprender as vantaxes da comunicación asertiva, con mensaxes en “eu” e identificar as dificultades para emitilos, buscando alternativas para resolvelos. PROCESO: Toma de conciencia do xeito no que nos diriximos ás outras persoas, moitas veces atribuíndolle aspectos negativos (mensaxes en “ti”), que dificultan a comunicación e as relacións. Proporciónaselle ao alumnado un listado de “frases asasinas” indicándolle que a completen con outras que coñezan (do mesmo estilo). Posteriormente reflexionarase sobre se son axeitadas para a comunicación e por que. Por parellas, búscanse alternativas a cada unha das frases. Ponse en común todo o material producido e analízase a rendibilidade das mensaxes en “eu”, para as nosas relacións coas demais persoas. Por outra banda, analízanse tamén as dificultades de emitir mensaxes positivas (en “eu”) e búscanse maneiras de resolvelas. 1. Contigo non se pode dialogar. 2. Non fas máis que repetir e repetir. 3. Es unha pantasma. 4. Sempre fas o mesmo! 5. Deste asunto non entendes absolutamente nada. 6. Mira, non me enroles. 7. Dío ti, que o sabes todo. 1. Ás veces, preocúpaste máis das demais que da túa familia. 2. Estás tola. Faino ti, se queres!. 3. Non te quero ver con esa sinvergoña de amiga que tes. 4. Pareces parvo, fillo. Por que no saudasches onte? 5. Non me traias a ninguén á casa. Vai ti a saber con que compañías andas! Listado de “frases asasinas” para entregar ao alumnado:
  • 45. DINÁMICA GRUPAL- HH.SS.: E TI QUE FARÍAS? 1. Estamos nunha excursión. Despois de xantar hai unha chea de desperdicios, papeis, plásticos, que farías? 2. Nunha excursión, despois de xantar, hai unha chea de desperdicios. Unha profesora indica que hai que limpar a zona. Varias compañeiras e compañeiros estades a recoller o restos estrados polo chan, mentres algúns zafan e fan burla de quen traballades... que farías?. 3. Na clase, tes que realizar unha tarefa que che indicou a profesora, pero non te podes concentrar porque un grupo de compañeiras e compañeiros están a formar un alboroto... que farías?. 4. Un grupo de amigas e amigos ides pola rúa. Cruzádesvos cunha persoa que ten un defecto físico. Un dos teus amigos comeza a facer burla dela, imitando a súa eiva... que farías? 5. Estás no recreo. Un compañeiro ao que se lle fixo tarde, veu sen almorzar e tamén non ten bocadillo... que farías?. 6. Estades no recreo. Hai un amigo que todos os días che pide parte do teu bocadillo e fai o mesmo con outras compañeiras e compañeiros... que farías?. OBXECTIVO: Axudar ao alumnado a reflexionar sobre as dificultades para saber reaccionar, ou reaccionar como se cre correcto, en situacións da vida diaria.  Individualmente, cada quen reflexiona sobre o que faría én cada unha das situacións da lista que aparece máis abaixo.  Faise unha posta en común sobre as distintas respostas e analízanse as dificultades para atopar a forma de proceder máis asertiva, así como para levala a cabo, nos casos nos que se sabe cal é.  Búscanse solucións para as ditas dificultades. LISTA DE EXEMPLOS PARA ENTREGAR AO ALUMNADO: Ante as situacións que se expoñen de seguido... que farías ti? PROCESO:
  • 46. DINÁMICA GRUPAL: A AGRESIÓN 1. En pequenos grupos, buscaraán xeitos de responder a esta situación. 2. En gran grupo, faise unha posta en común sobre os xeitos de resposta atopados, clasificándose en asertivas, agresivas ou pasivas. 3. Se non hai ningunha resposta asertiva, a profesora ou profesor preguntará se alguén se lle ocorre algunha e, en caso negativo, apuntará algunha opción. Por exemplo, que Miguel lle sinale a Antonio o que fixo (feitos), o que sinte ante isto (emocións), o inxusto do seu comportamento e pedirlle unha solución e reparación (alternativas). OBXECTIVO: Identificar e aprender a utilizar xeitos de resposta ante unha agresión. PROCESO: 1. Léselle ao grupo a seguinte historia: Miguel está a xogar cunha pelota no patio. Antonio empúrrao, faino caer ao chan e quítalle a pelota. Mentres Miguel tenta levantarse do chan, Antonio empúrrao outra vez e volve caer. Que credes que sinte Miguel nesta situación? Que podería facer? Pode ocorrer (se non ocorre, débeo apuntar a profesora) que o grupo identifique que, nesta situación de tensión extrema (seguramente Miguel se sinte frustrado e anoxado e Antonio desafiante), non é bo momento para arranxar o tema. Neste caso, o grupo debe buscar xeitos impunitivos para que Miguel libere a tensión e máis tarde, en frío, desenvolverá a resposta asertiva. 1. Por último, o grupo fará unha valoración deste tipo de respostas, así como das estratexias de liberación da tensión, para este tipo de situacións.
  • 47. DAR E RECIBIR QUEIXAS • Non o debemos tomar como un ataque persoal. • Debemos esquecer o orgullo. • Non nos debemos xustificar. • Podemos argumentar despois de dar a razón á outra persoa.  Escoller o momento axeitado.  Ter en conta que está relacionada co autocontrol, coa empatía e coa asertividade.  Ter capacidade de perdoar. CANDO DAMOS UNHA QUEIXA... O obxectivo é que a outra persoa modifique a súa actitude ou comportamento. Para facelo hai que: CANDO RECIBIMOS UNHA QUEIXA... • Entender que é unha oportunidade para mellorar a nosa relación e medrar coma persoas.
  • 48. DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA. OBXECTIVOS: Construír a habilidade de expresar críticas axeitadamente, sen atacar as persoas, e permitindo que a outra persoa coñeza as nosas emocións e o que lle estamos a pedir. Todo isto é fundamental para evitar malos entendidos e para previr a violencia. PROCESO: Explicado o obxectivo da actividade, abordarase o modelo a seguir para a expresión de críticas, que é o seguinte: Por parellas. Cada unha dispón do listado 1 (páxina seguinte). Deben elixir dúas situacións. Logo buscarán unha resposta, cunha ’mensaxe en eu’. Logo entrégaselles o listado 2, do cal elixirán ‘3 mensaxes en ti’ e convértenos en ‘mensaxes en eu’. Por último, faise unha posta en común e tíranse conclusións, para o cal utilizamos os seguintes estímulos: • Describe a situación, dá información sobre o que ocorre e o que che molesta, sen emitir xuízos sobre a outra persoa e sen cualificala. Expresa a túa crítica de xeito correcto (cando... /cada vez que...) • Expresa a túa emoción nun ton calmado (iso fai que me sinta…) • Dille o que queres que faga; suxire ou pide cambios (gustaríame que…) • Fai notar que ti tamén te vas esforzar para que todo vaia ben (pola miña parte, comprométome a...) • Expresa o teu agradecemento á outra persoa por escoitarte (agradézoche...) Exemplo: Cando continúas lendo o xornal mentres eu che estou a falar, fai que me sinta ignorada e menosprezada. Gustaríame que me miraras e me prestaras atención cando che digo algo. Eu comprométome a agardar, se non é o momento adecuado. Grazas por escoitarme. • Como nos sentimos cando nos critican con ‘mensaxes en eu’? • Como se sinte o outro cando lle expresamos unha crítica de forma adecuada? • Entende mellor a outra persoa por que nos molesta o seu comportamento? • É máis doado chegar a acordos con ‘mensaxes en eu’?
  • 49. Lista 1. SITUACIÓNS PARA ELABORAR RESPOSTAS CON ‘MENSAXES EN EU’. 1. Hoxe, na clase, un profesor chamouche a atención de maneira dura e sentícheste moi molesto. 2. Un compañeiro pediuche un favor, de moi mala maneira: “Eh ti, dáme os apuntes de Lingua. Precísoos agora!. 3. Cada vez que lle fas unha consulta a un profesor, un compañeiro tenta de humillarte, ríndose de ti. 4. Un amigo devólveche en mal estado un libro que lle prestaches. Está subliñado, con anotacións a bolígrafo e algunhas follas soltas. 5. Cando lle pediches a un compañeiro que che explique como se fai un exercicio, díxoche: “No tes remedio”. 6. Un amigo díxoche que non podía saír porque tiña que estudar e despois enteirácheste de que foi ao cine con outro amigo do grupo. 7. Un amigo cólleche algo sen cho pedir. 8. Tes que facer un traballo con un compañeiro, pero este é totalmente pasivo e non participa en nada. 9. Un compañeiro non para de falarche na biblioteca. Estache custando concentrarte. 10. Un profesor mandouche moitos exercicios para a casa, pero xa tiñades moitas cousas que facer e sentídesvos bastante sobrecargadas. DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA (anexo/lista 1).
  • 50. DINÁMICA GRUPAL. EXPRESANDO CRÍTICAS DE MANEIRA AXEITADA (anexo 2) 1. Non penso volverche deixar nada. Sempre o rompes todo. 2. Sempre estás facendo parvadas e non nos deixas traballar. Deixa de facer o parvo ou vai para outro lado. 3. No me vou volver a fiar de ti. Sempre dis cosas que logo nunca cumpres. 4. Non tes dereito a tratarme así diante dos demais. 5. Todo o que teñas que dicir sobre min, dimo á cara. 6. No che volvo contar nada. Logo cóntasllo a todo o mundo. 7. Por que sempre me chamas a atención a min? Tesme xenreira ou que? 8. Outra vez igual! Non podes explicar algo que nos resulte interesante? 9. Levo 5 minutos coa man levantada e non me contestaches. 10. Por que sempre tes que pór traballo a última hora e sen previo aviso? Lista 2. SITUACIÓNS PARA CONTESTAR CON ‘MENSAXES EN EU’ ÁS ‘MENSAXES EN TI’.
  • 51. FACER E RECIBIR CUMPRIMENTOS  Débense facer sobre a forma de ser, ou sobre algún logro da outra persoa. Non sobre o corpo.  Débese buscar o momento axeitado.  Con naturalidade.  Sen vaidade.  Responder: “a ti tamén...” “a min tamén me gusta...” Obxectivo: destacar algo positivo doutra persoa para reforzalo. RECIBIR CUMPRIMENTOS: FACER CUMPRIMENTOS:
  • 53. Que é? A autoestima é o que sentimos cara nós mesmas. Determina o que pensamos sobre nós (autoconcepto) e como nos valoramos. A autoestima constrúese ao longo da vida, en función das mensaxes de amor que recibimos das persoas que nos rodean. Nomeadamente das que son importantes para nós. Cando nos queremos ben: A AUTOESTIMA  Temos confianza en nós.  Actuamos con seguridade.  Eliximos e decidimos con liberdade.  Comunicámonos coas demais persoas dun xeito adaptado e sentímonos máis queridas.  Querémonos máis e mellor.
  • 54. A autoestima é unha actitude positiva cara unha mesma. Inclúe: É moi importante que te habitúes a pensar e falar sempre ben de ti, con cariño e respecto. A AUTOESTIMA  Coñecernos (consciencia de nós mesmas).  Aceptarnos de xeito incondicional.  Habituarnos a pensar, sentir e actuar de xeito máis libre e responsábel; en suma, máis saudábel e feliz, tendo en conta o presente, o medio e o longo prazo.
  • 55. DINÁMICA DE GRUPO. AUTOESTIMA: DAR E RECIBIR AFECTO.  A titora ou titor comeza dicindo que habitualmente non é doado dar e recibir afecto. Para axudar a que o alumnado experimente a dificultade, úsase un método chamado ‘bombardeo intenso’.  Para isto, co grupo sentado en círculo, escóllese a unha persoa do grupo, que se colocará no centro, e o resto iranlle dicindo todos os sentimentos que teñen cara ela, que só escoita.  A intensidade da experiencia pode variar. Así, é diferente (pódese probar) se a persoa elixida sentada no centro do grupo, de pé no centro do grupo ou fóra do círculo, dándolle as costas ao resto.  O impacto máis forte adoita de ser cando a persoa que fala se coloca fronte á que escoita e dillo mirándolle aos ollos, mesmo establecendo contacto físico con ela.  Finalmente, a persoa que recibiu as mensaxes indica que sentiu e cales foron as súas dificultades para recibir as mostras de afecto. Logo dirán tamén o que sentiron e as dificultades para expresar o afecto o resto das persoas do grupo.  Con todo este material, tíranse conclusións sobre as dificultades de dar e recibir mensaxes de afecto. PROCESO: OBXECTIVO: • Experimentar os problemas relacionados con dar e recibir afecto.
  • 56. DINÁMICA DE GRUPO. AUTOESTIMA: FACER FINCAPÉ NO POSITIVO • Valorar o eloxio ás outras persoas. • Valorar a identificación e a expresión das nosas propias calidades. PROCESO:  Dúas calidades físicas que me agradan de min mesma.  Dúas calidades de personalidade que me agradan de min mesma.  Unha capacidade ou habelencia que me agrada de min mesma. Por parellas, cada quen debe responder á súa compañeira ou compañeiro a unha, dúas ou tres cuestións: Os comentarios deben ser sempre positivos. Non se permitirá ningún negativo. Transcorridos uns 15 minutos sentaranse todas e todos en círculo e reflexionarán sobre o asunto. Para isto usaranse os seguintes estímulos:  Cantas persoas, ao escoitar en que consistía o traballo, miraron a súa parella e dixeron ‘ti primeiro’?  Foi difícil sinalar unha calidade ao iniciar o exercicio?  Como valorades agora o exercicio? OBXECTIVOS: Un exercicio deste tipo pode representar unha gran dificultade, sobre todo ao comezo, debido á crenza xeralizada de que o eloxio, e moito máis o autoeloxio, son incorrectos e non se deben expresar. Por iso é conveniente facilitar a participación e estimular a acollida das expresións o máis posíbel.
  • 57. DINÁMICA DE GRUPO-AUTOESTIMA: “OS TRES SALTOS” • Buscarase un espazo amplo para traballar. Unha vez alí, pedirase a colaboración de tres persoas voluntarias. • Unha delas débese colocar de pé, cos pés xuntos. Farase un sinal no chan, con xiz, xusto diante das puntas dos pés e pdiráselle que adiviñe ata onde pode chegar dando un salto, cos pés xuntos e sen coller pulo. Alí onde diga que cre que chegaría, farase outro sinal con xiz. • De seguido debe dar o salto e farase unha terceira marca con xiz, alí onde chaguen as puntas dos seus pés. Analízase o sucedido, o resultado do salto, a diferenza entre o que prediciu e o que logrou e as causas da dita diferenza. De seguido, cada unha das outras persoas voluntarias repetirán o exercicio. Se hai tempo pódese repetir a actividade coas mesmas persoas que xa a fixeron, para avaliar as diferenzas entre a primeira e a segunda vez. Analízase a actividade, para o cal, o profesorado pode formular estímulos coma os seguintes: “Que descubrimos?”, “Que concepto temos de nós mesmas?”, Que agardamos de nós mesmas?”, Poñémonos metas inalcanzábeis?”... Pasados uns días, pódese repetir a actividade, introducindo como variación que dúas persoas do grupo axuden á que salta, agarrándoa polos brazos. Os estímulos para a reflexión grupal, serían: “Chegou máis lonxe?”, “Este é un exemplo de traballo cooperativo?”, “Sentímonos máis seguras ao saltar con axuda?”, “Como podemos aplicalo a situacións da vida real?”, “Que precisamos para que o traballo cooperativo sexa eficaz?”...
  • 58. DINÁMICA DE GRUPO AUTOESTIMA: COÑECÉNDONOS MELLOR • Cada alumna e alumno disporá dunha folla na que aparecerá o título: “Así son eu”, no que deberán escribir tres ou catro cousas que cren saber facer bastante ben (cantar, debuxar, facer amizades, xogar ao tenis...) e unha que non lles sae tan ben (asubiar, correr...). • É importante que o alumnado non se sinta fiscalizado e, só se queren, poden escribir trazos máis profundos do seu carácter. • Cuando rematen, poñeranse por parellas (se o número fose impar, poderá haber tres persoas nun grupo). Intercambiarán os papeis, cada quen lerá o da súa compañeira ou compañeiro e despois indicaráselles que dialoguen sobre o que leron durante uns cinco minutos. • Transcorrido o tempo de diálogo, teñen que transmitir ao resto do grupo as cualidades que descubriron sobre a persoa coa que formaron parella. PROCESO: Pódese axudar a orientar este diálogo con suxestións como ‘que foi o que máis lles sorprendeu’, ‘se coñecían todo o que alí está escrito sobre a outra persoa’, ‘se xa se decataran desas cualidades’, etc.
  • 59. DINÁMICA DE GRUPO-AUTOESTIMA: “ACEPTANDO AS NOSAS DEBILIDADES”. • Pedirase a cada alumna e alumno que escriba as tres ou catro cousas que máis lle molestan de sí mesmo (faltas ou debilidades, cousas que non lle gustan, pero que admite como certas) • Cada quen escollerá unha compañeira ou compañeiro e falará sobre o que escribiu, tentando de non se pór á defensiva. • Transcorridos 15 minutos sentaranse en círculo e cada quen dirá en alto a súa debilidade máis importante, comezando con “eu son...” (exemplo: “eu son moi agresivo”) • Despois, o resto dirán como pode transformar esa debilidade en logro, xa que, se a menciona, é porque lle afecta e lle gustaría cambiala. PROCESO: • A profesora ou profesor suxerirá que se atrevan a levar a cabo ese cambio, xa que só así se irán decatando da súa forza interior. • O profesorado quiará un proceso de reflexión grupal, para analizar como se pode aplicar o aprendido na´vida cotiá. OBSERVACIÓNS:
  • 60. O AUTOCONTROL ― O control das emocións, dos pensamentos e da conduta, ante unha situación desfavo- rable. ― A capacidade de controlar na vida cotiá as respostas ao es- trés por medio do manexo de habilidades cognitivas, fisiolóxi- cas e motoras. ― O paso previo para dar e reci- bir queixas e afrontar conflitos. O autocontrol é:
  • 61. A IMPULSIVIDADE: DINÁMICA DE GRUPO 1 OBXECTIVOS: ― Identificar comportamentos impulsivos na vida diaria. ― Establecer as causas do comportamento impulsivo. PROCESO:  A titora ou titor explicará o que significa “comportamento impulsivo”, que é actuar de xeito repentino, irreflexivo e sen pensar nas consecuencias que se poidan derivar. Non dará exemplos concretos, porque os deberá buscar o grupo, pero pode dar algunha pista se o considera necesario.  De seguido, propón ao alumnado as seguintes cuestións, para resolver en pequenos grupos: ― Buscade 5 exemplos de comportamento impulsivo. ― A que credes que se debe que algunhas persoas, en determinadas situacións, manifesten un comportamento impulsivo? ― Prodúcense comportamentos impulsivos na vosa contorna? ― Tivestes nos últimos meses algunha experiencia de comportamento impulsivo?  Despois farase unha posta en común na que a voceira ou voceiro de cada grupo dirá en alto as respostas do seu grupo, que a titora ou titor irá escribindo na lousa.  Axudará ao grupo a facer unha análise do problema, nomeadamente das súas causas, e tiraranse conclusións. Se non abondase con unha sesión de clase, deixaríanse a análise e as conclusións para a seguinte sesión.
  • 62. A IMPULSIVIDADE- DINÁMICA DE GRUPO 2  Todo comportamento impulsivo ten unhas consecuencias que cómpre identificar para avanzar no control deste comportamento. A dinámica que se describe resulta útil cando as e os membros do grupo se coñecen pouco e convén desenvolvela no primeiro trimestre como complemento á anterior.  Previamente á sesión de titoría, proporcionaráselle ao alumnado o cuestionario que figura na diapositiva seguinte, para o seu debate posterior. Resulta importante que reflexionen antes da sesión sobre as consecuencias do comportamento impulsivo e a necesidade de establecer mecanismos e procedementos que eviten a súa aparición.  A o longo do debate débese insistir na idea de que estes comportamentos son irracionais. Non se pensa antes de actuar. Por isto é importante que se axude ao grupo a que identifique as súas consecuencias, así coma as habelencias que se precisan para o seu control.  Avaliarase a capacidade do alumnado para poder previr as consecuencias dos comportamentos impulsivos e para establecer as medidas de control sobre estes. OBXECTIVOS:  Identificar as consecuencias do comportamento impulsivo.  Establecer algúns mecanismos que axuden a controlalo. PROCESO:
  • 63. 1. Indica 4 consecuencias que se deriven dun comportamento impulsivo 2. Describe brevemente que sentiches despois de ter un destes comportamentos. 3. Cres que podías ter evitado ese comportamento? 4. Intentas controlar ou regular dalgunha maneira os etus comportamentos impulsivos? 5. Segundo a túa opinión, deberíase controlar ou regular o comportamento impulsivo? 6. Que estarías disposta ou disposto a facer para controlar o teu comportamento impulsivo? 7. Que lle pedirías que fixeran as demais persoas para controlaren o seu comportamento impulsivo? A IMPULSIVIDADE: ANEXO Á DINÁMICA 2 Cuestionario de Comportamento Impulsivo
  • 64. O AUTOCONTROL ― Chámaselle así á capacidade de control do mal humor para evitar os seus efectos perxudiciais. ― Un dos exemplos máis típicos é a “ira”, unha das emociones máis difíciles de controlar. ― O autocontrol é unha habilidade invisible porque se manifesta como a "ausencia" de explosións emocionais. Os signos que a caracterizan son: EQUILIBRIO ANÍMICO – AUTOCONTROL:  Non deixarse arrastrar polo estrés ou  Ser capaz de relacionarnos cunha persoa enfadada sen anoxarnos. ― Debemos recorrer á intelixencia emocional (regulación da impulsividade), e máis concretamente a varios recursos para controlar esa “ira”. Goleman nomea varios, que se representan na páxina seguinte.
  • 65. CONTROL DA IMPULSIVIDADE Reconsideración: reinterpreta a situación dun xeito máis positivo. Illamento e distanciamento: Alonxarse, estar a soas uns momentos, reflexionar e así obter a serenidade necesaria para o afrontamento do problema ou conflito. Distracción: Realizar outra cousa relacionada coas nosas afeccións, como saír de paseo polo campo ou pola praia, bailar, facer deporte... Técnicas de relaxación: Respiración profunda e/ou meditación (Ver método e efectos no cerebro nas seguintes diapositivas). Motivación: Autoinducirse emocións e estados de ánimo positivos, como a confianza, o entusiasmo e o optimismo. Esta técnica está baseada na imaxinación. 1 2 3 4 5
  • 66. Meditar consiste en concentrarnos na nosa respiración ou na observación dun obxecto que temos diante. Polo tanto, non se trata de pensar nos asuntos da nosa vida diaria, senón pola contra en deixar de pensar. Pasos: • 1. Atopar un lugar tranquilo e acolledor. Poñer unha luz tenue e música suave poden axudar a crear o ambiente adecuado. • 2. Sentarse no chan co lombo recto, pero sen tensións, respirando fondo e mantendo os hombreiros e os brazos relaxados. • 3. Cos ollos abertos, elexir un punto enfronte e deixar aí a mirada, mentres pouco a pouco tódalas distraccións se van esvaendo. • 4. Observar os pensamentos sen xulgalos nin retelos, só observándoos. • 5. A continuación, crear pensamentos e imaxes positivas dun mesmo, visualizalos e mantelos durante uns minutos. • 6. Para rematar, pechar os ollos uns intres creando un silencio completo. 4.1. A MEDITACIÓN
  • 68. O ESTRÉS O estrés é a resposta do organismo ante situacións de tensión ou abafantes. Prodúcese unha activación xeral. Pódese definir coma o proceso que se inicia ante un conxunto de demandas ambientais que recibe o individuo, ás que debe dar unha resposta axeitada, póndo en marcha os seus recursos de afrontamento. Cando a demanda do ambiente (instituto, familia, traballo, etc.) excede os recursos de afrontamento que posúe a persoa, desenvólvense unha serie de reaccións adaptativas con activación fisiolóxica. O estrés inclúe reacciones emocionais negativas (desagradables), das cales as máis importantes son: a ansiedade e a ira, e posteriormente, sentirse derrotada. A ansiedade é adaptativa porque axuda á supervivencia activando os recursos do organismo, pero cando os excede é preciso controlala. É moi importante identificar os pensamentos como os principais estresores internos. Os estados de ánimo dependen da cognición. Pensamento e emoción están moi relacionados.
  • 69. CONTROL DA ANSIEDADE  Baseadas na respiración.  Baseadas na tensión e relaxación dos músculos.  Baseadas na imaxinación. Autoinducirse pensamentos positivos.  Exercicio físico.  Unha boa e variada alimentación. TÉCNICAS PARA O CONTROL DA ANSIEDADE:
  • 70. CONTROL DA ANSIEDADE  Estratexias de cambio de foco de atención: facer outra actividade ou pensar noutro tema.  Desenvolvemento do sentido do humor.  Cambio de hábitos: exercicio, dieta, sono, móbil, etc.)  Evita postergar. Planifica as túas tarefas diarias, tanto as do instituto coma as extraescolares. Fai un planing, cólgao na túa habitación e cúmpreo!  Atende ó teu diálogo interno (pensamentos intrusivos ou irracionais, e rexéitaos).  Reláxate diariamente.  Evita acumular tensións. Practica o diálogo e a comunicación asertiva coas demais.  Autocrítica. Sé crítica coas túas suposicións, xa que estas disparan a ansiedade, e poden ser totalmente irracionais.
  • 71. O CONFLITO Qué e un conflito? Os conflitos son situacións nas que dúas ou máis persoas entran en oposición ou desacordo: • Porque as súas posicións, intereses, necesidades, desexos ou valores son incompatibles, ou son percibidos como incompatibles. • Onde xogan un papel moi importante os sentimentos e as emocións. • Onde a relación entre as partes en conflito pode saír fortalecida ou deteriorada en función de como sexa o proceso de resolución do conflito (a forma de resolvelo). • As causas dos conflitos atribúense a problemas de percepción individual e/ou a unha deficiente comunicación interpersoal.
  • 72. ― Non existe ningún grupo no que non haxa conflitos ou desacordos entre as persoas. ― O conflito non é algo malo nin bo, simplemente é algo que se dá. É habitual. O importante é a forma de resolvelos, procurando que gañemos todas e todos. ― Conflito non é o mesmo que violencia. O conflito é connatural a nós, a violencia non. Esta última é destrutiva e xurde cando o conflito non se enfronta por outros medios, como o autocontrol, o diálogo, a negociación, ou mesmo se afronta desde a pasividade. ― O conflito é unha oportunidade de desenvolvemento persoal e de mellora da convivencia. O CONFLITO
  • 73. ― Todas expoñeremos polo menos un conflito. ― Todas as ideas se escriben na lousa e en papel. ― Mentres unha expón o resto escoita, e baixo ningún concepto se pode opinar nin criticar o que outra persoa di. Ten que haber un clima de aceptación e de respecto pleno. Primeiro reflexionamos a soas e escribímolo nunha folla. Despois expoñémolo ao resto da clase. Unha persoa modera (pode ser o profesorado), outra escribe na lousa os nosos conflitos, e outra escríbeos en papel. É moi importante ter en conta: Que conflitos temos nós? Imos facer unha choiva de ideas sobre os nosos conflitos: -Na aula................................................................................................................. -Cos compañeiros/as............................................................................................. -Con alumnado de outros grupos.......................................................................... -Con nós mesmas................................................................................................. -..............................................................................................................................
  • 74. 1. Describimos o problema ou conflito. 2. Argumentamos as distintas posturas, os intereses e as necesidades das partes. É importante:  Falarmos en primeira persoa.  Usarmos un ton de voz e unha postura corporal neutras e conciliadoras.  Proporcionarmos argumentos congruentes.  Utilizarmos a empatía. 3. Expoñemos as posibles alternativas de solución ao mesmo. 4. Analizamos as consecuencias de cada unha das alternativas propostas. 5. Escollemos a alternativa que se cre solucionará o conflito porque con ela poden gañar ambas as dúas partes, e non ten (ou ten menos) consecuencias negativas. 6. Pómola en práctica. 7. Realizamos o seguimento da evolución na resolución do conflito. PASOS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS:
  • 75. ANALIZAMOS OS NOSOS CONFLITOS… Así, ao longo do curso, pódese seguir co resto dos conflitos expostos polo alumnado, ou con outros novos que xurdan. OBXECTIVO: abordar os conflitos que xurdiron na sesión anterior, co obxecto de buscar a mellor solución, levala a termo e realizar un seguimento das consecuencias. PROCEDEMENTO: Primeiro ordenamos os conflitos (botando man das notas tomadas en papel na sesión anterior) e comezamos polo primeiro: 1. Descrición do problema ou conflito. 2. Argumentación das distintas posturas, os intereses e as necesidades das partes en conflito. 3. Exposición das posibles alternativas de solución ao mesmo. 4. Análise das consecuencias de cada unha das alternativas propostas. 5. Escolla da alternativa que se cre solucionará o conflito e que non ten (ou ten menos) consecuencias negativas. 6. Posta en práctica da alternativa escollida. 7. Realización do seguimento coa titora ou titor e co grupo, pasado un tempo desde a resolución do conflito (unha ou dúas semanas, por exemplo). METODOLOXÍA: dentro de cada un dos pasos do procedemento (do 1 ao 5) pódese facer reflexionar ao alumnado a nivel individual, e despois poñelo en común ao gran grupo, ou utilizar a técnica de Phillips 6/6. Sempre unha persoa modera, outra escribe as conclusións na lousa, e outra anótaas nun papel e gárdao para outra sesión. No paso 6, a persoa ou persoas que puxeron en práctica a solución, expóñena á clase así como as consecuencias da mesma. O resto da clase, ao rematar a exposición, pode facer preguntas, solicitar aclaracións, suxestións ou propostas de mellora na solución do conflito.
  • 76. ESTILOS DE ENFRONTAMENTO AO CONFLITO:
  • 77.  Comunicación  Empatía  Autoestima  Autocontrol  Asertividade RESOLUCIÓN DE CONFLITOS HABILIDADES SOCIOEMOCIONAIS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS:
  • 78. A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS, CON E SEN MEDIACIÓN Para resolver un conflito pódense tentar de achegar posturas entre as partes implicadas, ou recorrer á figura de mediación, como axuda para chegar a un acordo. Cando se opta pola primeira alternativa (as partes tentan de se pór de acordo), é preciso ter en conta que non convén facelo ‘en quente’, cando están os ánimos alterados, porque seguramente aumentaría o nivel de conflito, no canto de resolverse. Asemade, cómpre que, antes de se sentaren a falar, cada unha delas faga unha reflexión, sobre as seguintes cuestións:  Cal é exactamente o conflito que temos?  Cal sería para min a solución ideal?  Se non se pode acadar esta solución, que consideraría eu un bo acordo?  Cal é o punto mínimo de solución, por baixo do cal eu non chegaría a un acordo? Esta reflexión previa é imprescindíbel para que as partes saiban realmente o que queren e poidan negociar, mais tamén é moi importante que as partes teñan presente que para unha solución satisfactoria é fundamental que ambas as dúas (ou as que sexan) saian gañando e perdendo máis ou menos o mesmo. O profesorado debe ter presente que unha cousa é negociar e a outra claudicar, e isto último afecta principalmente ás nenas e tamén a nenos que formen parte de colectivos discriminados. Por outra banda, algunhas veces recórrese á mediación para resolver un conflito. A mediación é un recurso, desenvolvido por unha persoa (ou varias) que axuda ás partes a chegar a un acordo. Para unha mediación eficaz, a persoa que desenvolve o papel debe:  Ser allea ao conflito e ás partes  Ser aceptada por todas as partes en conflito  Ser neutral durante todo o proceso xa que, se toma partido, será rexeitada e non poderá mediar  O seu papel será escoitar ás partes, analizar o problema e, ao fío de todo isto, propoñer solucións.
  • 79. A escoita activa é moi importante para nos entender coas demais persoas e establecer con elas relacións e vínculos saudábeis. Tamén nos axuda na resolución de conflitos, ao contribuír a que as partes e, no seu caso, a mediadora, comprendan ben as claves e non llo atribúan só á outra persoa. PROCESO: Búscase un exemplo dun conflito entre dúas persoas. Se o busca o grupo, débeselle pedir que sexa inventado. Se o busca a titora, debe ser algo que se afaste da práctica habitual do grupo. En grupos de tres, dúas persoas representan as protagonistas dun conflito e unha terceira fai de mediadora entre elas. Introducimos o conflito explicando a situación a todo o grupo, indicando que as protagonistas do conflito decidiron pedir mediación para intentar pórse de acordo. Repártense os roles a tres persoas voluntarias e comeza a dramatización. O resto do grupo observa como se desenvolve a mediación. Ao longo do rol playing pódense facer cambios de roles, ou soliloquios (*). Cando remata a escena (cando a titora o considere oportuno), pregúntase ás protagonistas que sentiron durante a representación e ao resto do grupo que sentiron mentres observaban. Para valorar a actividade formularanse cuestións do tipo: • Como credes que funcionou a dramatización?. Escoitáronse unhas persoas ás outras? • Estaban claros os roles de cada quen?. • Cal era o máis difícil? Por que?. • Cales son as claves deste conflito? (que é realmente o que provoca o conflito). DINÁMICA GRUPAL: “UN CONFLITO” (rol-playing, 1ª parte)
  • 80. DINÁMICA GRUPAL: “O CASTIGO” (rol-playing, 2ª parte) Desenvolverase un rol-playing no que se representa un conflito dentro dunha familia formada por nai, pai e fillo. Asemade, unha persoa externa á mesma actuará como mediadora. De seguido relátanse os feitos e descríbese o papel de cada unha das partes. Fillo: Chegas á casa cos resultados do primeiro trimestre. Estes non son nada bos e túa nai, teu pai e ti comezades a discutir e a berrar ata que finalmente se che escapa un insulto moi forte. Como consecuencia, castígante sen saír nin facer deporte durante un mes. Entón marchas para o teu cuarto e pechas a porta dunha patada, tan grande que a porta fende... Cres que túa nai e teu pai son estritos de máis... non todo o mundo pode ser un ‘Einstein’!. A verdade é que non te entusiasma estudar e consideras que os exames son unha estupidez. Tes ganas de comezar a traballar en canto cumpras os dezaseis e consideras moi inxusto que te castiguen durante todo un mes. Asemade non servirá de nada, porque non pensas estudar e, no fondo, non podes crer que que te impidan facer deporte. Saben perfectamente que se faltas aos adestramentos expúlsante do equipo. Nai e pai: Cando o voso fillo chegou á casa e vos amosou as notas do primeiro trimestre, vendo que non son nada boas, comezastes a discutir e a berrar ata que finalmente vos insultou. Como consecuencia, castigástelo sen saír nin facer deporte durante un mes. Entón marchou para o seu cuarto e pechou a porta dunha patada, tan grande que a porta fendeu...
  • 81.  Establecer contacto visual e mostrarte realmente interesada pola persoa e a súa historia.  Parafrasear: Repetir o que sente e o que pensa, introducíndoo con frases do estilo: “se o entendín ben...”.  Clarificar: ampliar e precisar a información. Por exemplo: “poderíasme falar un pouco máis de...”.  Resumir: dicir en poucas palabras cal é a situación vista pola protagonista da historia.  Reformular: expresar ideas e sentimentos con fidelidade, pero “limpando” a linguaxe de expresións imprecisas ou pouco respectuosas e engadindo pequenos matices.  Finalmente, tenta definir o conflito de xeito que ambas partes che confirmen que, efectivamente, comprendiches cal é a situación. “O CASTIGO” (2ª parte, continuación) Credes que precisa “man dura”, xa que é a mellor maneira de que tome en serio os seus estudos. Ter unha boa formación é a única maneira de atopar traballo hoxe en día. Aínda que teña que sacrificar o equipo e as amizades, máis vale que deixe o deporte e se peche na casa a estudar. Non podedes tolerar que vos falte ao respecto, pelexades continuamente e na casa sempre hai un ambiente moi tenso. Mediadora: A túa función será inicialmente propiciar un ambiente axeitado para que nai, pai e filla poidan explicarse e escoitarse. Debes suxerir ás partes que reflexionen primeiro sobre as solucións, nos termos que se indican na páxina. Logo, cada quen falará por quenda, cara ao resto da familia. Ti non debes xulgar nin descualificar. Só escoitar activamente e, no seu caso, anotar as solucións que propoñan unhas e outras, para logo repasalas en alto. DEBES LEMBRAR:
  • 82. BIBLIOGRAFÍA • Avia, Mª Dolores y Carmelo Vázquez (1998). Optimismo inteligente. Madrid: Alianza Editorial. • Csikszentmihalyi, Mihaly (1997). Fluir. Una psicología de la Felicidad. Barcelona: Kairós. • Fernández-Berrocal, Pablo y Natalia Ramos (eds.) (2002). Corazones inteligentes. Barcelona: Kairós. • Goleman, Daniel (2003). La práctica de la inteligencia emocional (16ª ed.). Barcelona: Kairós. • Goleman, Daniel (2004). Inteligencia emocional (56ª ed.). Barcelona: Kairós. • Sternberg, Robert (2003). ¿Por qué la gente inteligente puede ser tan estúpida? Barcelona: Paidós. • VVAA. (2002). Educación Emocional. ESO. Propuestas para la Tutoría. Generalitat Valenciana • Zaccagnini, Miquel H. (2003). ¿Qué es la inteligencia emocional? La relación entre pensamientos y sentimientos en la vida cotidiana. Madrid: Biblioteca Nueva.