SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
AS AVES
A natureza na obra de Manuel María
MANUEL MARÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO
Outeiro de Rei (6-10-1929)
a Coruña (8-9-2004)
Este ano 2016 dedícaselle o Día
das Letras Galegas a Manuel
María, un dos escritores máis
prolíficos, activos e
comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros
de poesía, máis dun milleiro de
artigos xornalísticos, trinta
ensaios, quince obras narrativas,
e vinte pezas teatrais, ademais
ten moitas obras aínda inéditas.
O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra.
Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os
elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal,
as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que
dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade…
Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados
cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.
A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e
planeta.
“¿Cándo faremos un mundo no que poidan
cantar libremente en paz,
en auténtica irmandade,
homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
Paxaros
OS LÍRICOS PAXAROS
Os paxaros, se queredes
tamén os paxariños,
-merlos, reiseñores,
xílgaros e xílgaras,
cecais un oureol:
embrullos de plumas
de cores e de soños-,
voan de ponla en ponla
e cantan. Cantan
libremente. Non sei
se cantan liberdade.
Non podo aseguralo
…
(PROBA DOCUMENTAL, 1968)
QUÉ NOME TERÁ…?
Qué nome terá, como se chama
ese paxaro prodixioso
que canta en todos os poemas,
abrasa as nosas veas,
incendia o noso sangue
e enche de luz ao mundo…?
Qué ledicia poñer no corazón
para recibir a súa mensaxe?
Con qué e cómo luír os nosos
pobres sensos estragados
para sentir con plenitude
a alta pureza do seu canto?
E qué máxica palabra crearemos
para poder nomealo con xusteza?
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
PAXARO
Paxaro de cores sorprendentes:
pos nos nosos ollos
a marabilla total da creación.
O teu gracioso voo empuxa o ritmo
normal do noso sangue
e lévanos lonxe de nós mesmos.
O teu fermoso corpo é o soño
que vivimos, fonda e longamente,
sen rematar nunca de soñalo:
única e auténtica tarefa
que lle dá senso e eternidade
á nosa vida case incomprensíbel.
Quen te escoitou só unha vez,
paxaro irremediábel do amor,
xa non te esquecerá endexamais.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
CANCIÓN DO PAXARO
ADOLESCENTE
Soño de seda e luz feito cristal;
raioliña máxica de lúz;
melodía da brisa cantadora;
prodixio de delicadeza sutil,
case irreal; alén soñado
das melancolías e nostalxias;
única, pura e fiel lembranza
do edén perdido para sempre:
ouh perfecto paxaro adolescente
que, eternamente, cantas
no ser inmortal do noso amor!
(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
BALADA DO REISEÑOR MÁIS TENRO
Ou música, ou silencio,
ou rechouchío…
O nácar do seu bico
era un suspiro.
O seu cantar moi triste.
Era moi tenro.
Estaba namorado
da súa inocencia virxe.
(ADVENTO, 1954)
Reiseñor (Luscinia megarhynchos). Visitante de
verán, escaso. Atópase en fragas, sebes mestas
e ribeiras fluviais.
REISEÑOR
Adolescente reiseñor do Val de Lemos
acodes puntual todos os anos
aos negrillos do Campo da Compañía
e aos amieiros da ribeira do Cabe
dos que fas tribo e atril,
altísima escolanía de prodixio.
A túa melodía, eterno reiseñor,
é auga, lúas, vidro fino,
alboradas, luz e voces de anxo:
enche de maxia á noite morna
e pon, nos nosos corazós,
ensoños, melancolías, anceios,
lumes, fantasías, gozo, esperanza
e unha fonda fame de beleza
que nos libere da realidade
vulgar, mísera e xorda que sufrimos.
Os teus chíos, latexos xa no sangue
noso, ouh reiseñor amigo!, son razós
esenciais para vivir. Para resistir.
Para que a morte demore un pouco máis.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O CUCO
O cuco, cuco cuqueiro.
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro!
Cantareiro e madrugón!
Óise pola carballeira
o vello cuco souril
ó nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril.
O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañáns ben cediño
o cuco canta: “cú-cú”
Como o teño por veciño
eu trato ao cuco de tu!
(TERRA CHÁ, 1954)
Cuco (Cuculus canorus). Visitante
estival. Pon os ovos nos niños de
outros paxaros pequenos. Vese en
beiras de bosques, arboredos e
monte baixo
O CUCO
Canta cuco ou cala cuco:
eu en ti xa non che creo
desque sei que vas poñer
o teu ovo en niño alleo.
Desleixado e perguiceiro,
soio pensas en folgar.
Dices somentes dúas notas
e xa tés que descansar!
Canta cuco ou cala cuco,
perguiceiro, nugallón:
a min pouco che me importa
que esteñas cantando ou non!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
A COTOVÍA
Cando canta a cotovía
racha a lumbrigar o día
e óise un tremor na campía.
(TERRA CHÁ, 1954)
Cotovía dos camiños
(Galerida cristata). Pouco común.
Vese en espazos abertos ermos ou
cultivados.
O MELRO
No tempo de botar o liño,
agachado na silveira,
canta o melro melriño
a vida da Primaveira.
Se chove, chove amodiño
sobor da flor das cerdeiras.
E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!
(TERRA CHÁ, 1954)
Merlo común (Turdus merula).
Abundante. Atópase por todas partes:
bosques, cultivos, beirais e xardíns
con vexetación arbustiva.
O MELRO
O señor melro larpeiro
na ponla máis outa está.
Está subido á cerdeira
e dela non baixará!
Está come que come,
non ten trazas de parar.
O señor melro larpeiro
sen cereixas nos ha deixar!
O señor melro lambón,
o señor melro larpeiro,
coa hinchente que colleu
ten rebentado o peteiro!
-Ai home: ¿non tés vergoña?
Debes de estar a estoupar!
Coa hinchente que colliche,
Cómo has de poder cantar?
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
LAVERCAS
As lavercas e lavercos
no monte andais a berrar.
E como sodes tan tercos
non deprendeis a cantar.
Cando teñais laverquiños
levaillos ao reiseñor:
para deprender aos noviños
non hai un mestre mellor.
O monte estará moi ledo
e non terá soedade.
O monte non terá medo
anque teña inmensidade!
(TERRA CHÁ, 1954)
Laverca (Alauda arvensis).
Común en cultivos e baldíos.
LAVERCA
Laverca, tremor de luz e soedade
entre o ceo e as carpazas:
a túa música dálle senso á voz,
ao orfo silencio en desamparo
do agreste monte solitario.
O teu voo, laverca en éxtase,
ten a tensión
da sede e da fame de ascender
á plenitude esencial da marabilla.
O teu berro irrompible é coitelada
asasina do medo e da tristura
que habita os cumes máis senlleiros
e o regato cantor do sangue noso.
A ti, laverca, envío a flor
escura e núa das lembranzas miñas.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O CORVO
O corvo é mouro, agoreiro
e ten moi duro o acento.
Cando grazna no Xaneiro
racha en anacos o vento!
(TERRA CHÁ, 1954)
Corvo viaraz (Corvus corone).
Moi común en zonas cultivadas
con árbores e espazos abertos.
O CORVO
Grazna o señor Corvo
mouro e agoreiro,
na xeada fría
do mes de xaneiro.
Grazna o señor Corvo
con graznar inquedo:
súa voz é un agoiro
que nos mete medo!
Mouro como a noite
é o señor Corvo.
Máis mouro que a noite
seu graznido torvo!
Grazna o señor Corvo
e dá medo velo!
Seu duro graznido
semella un coitelo!
Semella un coitelo
a cortar o vento,
a cortar as cousas
e máis o contento!
Grazna o señor Corvo
con graznar maldito.
Non lle teño medo
que me importa un pito!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
CORVO
Anaco de noite para alumar a luz
escandalosa e ofensiva
que fai do meiodía
brasa queimadora escintilante.
Andas, dende a túa soedade,
a facer máis doados os solpores.
Corvo compañeiro, irmao da neve,
anaco de xistra e de xeada,
corazón de trebón enfurecido
en aberto diálogo coas lúas
e co toxo arnal en floración:
é ben falar dos teus agoiros,
invento dos homes máis sinistros
que queren atribuírche as tebras
demoníacas que a eles os posúen.
Corvo, amigo meu: comprendo
o teu grazneo duro, indestructíbel:
con el quebras o aire para facelo
transparente, humano e respirábel.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
Corvo carnazal (Corvus corax).
Escaso na metade sur e máis común
na norte. Atópase en rochedos da
beira do mar e da montaña.
O CARRIZO
O carrizo carriceiro;
o carrizo, carrizón.
O carrizo pequeneiro
do tamaño dun botón!
O carrizo fai o niño
moi redondo, ben lousado.
O carrizo pequeniño!
O carrizo carrizado!
O carrizo fai a casa
ben lousada, ben cuberta.
E a choiva non a pasa
anque teña a porta aberta!
O carrizo carriciño!
O carrizo carrizota!
O carrizo fai o niño
semellante a unha pelota!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Carrizo ou carriza
(Troglodytes troglodytes).
Común. Atópase entre a vexetación
baixa e mesta de xardíns, bosques,
cultivos e beirais.
O ESCRIBENTE
Agachado nunha frouma
moi espesa e verdecente
sei dun niño de paxaro
que se chama o escribente.
Ten tres ovos moi pequenos.
Ten tres ovos nada máis.
Son tres ovos moi fermosos.
Son tres ovos. Nin un máis!
Teñen liñas como letras
que semellan escrituras.
Unhas liñas misteriosas
con palabras moi escuras!
O que dicen non o sei,
gustaríame saber: Serán cousas,
serán letras
que os paxaros poden ler?
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Escribenta liñaceira
(Emberiza cirlus).
Común en hortas, cultivos
e arboredos claros.
ANDORIÑAS
Guiada da man dun soño
a Primavera chegou.
E todas as andoriñas
no ceo azul convocou!
Todo é voar e voar
e andar daquí para alá.
Todo nun ir en un vir
dende equí deica acolá!
Voan para riba, para baixo!
Van ao alto, van ao fondo!
Voan en liña seguida,
en picado e en redondo!
Andoriñas en concello
sobor dun poste pousadas.
Que de palabras secretas
e razóns apaixoadas…!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Anduriña (Hirundo rustica).
Común nas proximidades dos
núcleos rurais. Aniña en casas
e alpendres.
ANDORIÑA
Andoriña que voabas en círculos
polos meus soños primeiros,
asombro dos meus ollos: é a ti,
flor de ar, a quen pregunto
polo recendo doutras primaveras
e pola melancolía dos solpores
esfollada en leves señardades.
Dáme noticia dos teus chíos,
dos teus niños baixo dos aleiros
ou mesmo do portal da nosa casa.
Lembro as túas azas longas,
con latexos de luz sobresaltada.
Pergúntoche a ti, tan so a ti,
máxica andoriña emigrante,
polas albas de abril
e os orbaios de maio a tremar
nos pétalos das rosas: tal
as bágoas, incontibeis e cálidas,
dunha adolescente apaixonada
que sinte arder no íntimo de si
a chama do amor por vez primeira.
Anduriña de cú branco
(Delichon urbica).
Vive nos núcleos urbanos.
Constrúe os niños en grupos
debaixo dos aleiros dos
tellados e dos balcóns.(A LUZ RESUCITADA, 1984)
O PARDAL
O pardal é moi humilde.
Moi humilde e pobretón.
Sempre anda pía, pía
sen dicir unha canción!
O pardal é moi humilde
e anda sempre mal vestido.
E non ten porte fermoso
nin vistoso colorido…!
O pardal é moi pobriño:
nunca sale de viaxe.
O pardal é tan pobriño
que tan soio ten un traxe!
O pardal viste de gris,
o pardal viste cincento.
Seu tristeiro pío, pío,
non ten aires de lamento?
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Pardal común
(Passer domesticus).
Moi común. Abundante preto
dos asentamentos humanos.
A PEGAS
Está a pega vella
como unha señora
sobor dun ramallo
cantando a deshora.
A pega carniceira,
vestida de loito,
quixera merengue,
quixera biscoito.
A pega carniceira
biscoito non ten
e come a carniza
que non cheira ben!
A pega carniceira
chama á rebordá.
Se unha graznea,
di a outra: “grá, grá…”!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Pega rabilonga (Pica pica).
Abundante en terreos
abertos, cultivos con
árbores e parques.
LABANDEIRA
Teño que volver a desandar novamente
o camiño que leva a miña infancia
para poder atoparte, labandeira,
compaña do labrego, paxaro de pasos
miúdos e nerviosos, a correr,
con medo apresurado, detrás do arado
que abría a terra moura e tépeda
para sementar o centeo polo Outono.
Evoco o teu peteiro fino;
o teu rabo longo, movéndose
como unha bandeiriña dada ao vento
e, sobor de todo, lembro o medo teu.
Agora, despois de tantos anos,
abro os ollos e podo comprender
a razón da túa plumaxe moura:
é o loito que traes sempre, sempre
en sinal de dor, polo teu medo.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
Lavandeira branca
(Motacilla alba alba).
Común. Atópase sempre
preto de lugares habitados.
Outras aves
Paspallás (Coturnix coturnix). Pouco
común. Maiormente visitante de verán,
aínda que hai algúns sedentarios. Atópase
en cultivos de cereais, pasteiros e terras
ermas abrigadas e solleiras.
O PAZPALLAR
Pazpallar, meu pazpallar,
pillabán e apaixoado:
estás na agra a cantar
urxencias de namorado!
Ti cantas co corazón
para namorar pazpallaras,
pazpallar, pazpallarón
que senón non namoraras.
Para ti o Inverno é moi cruel,
meu pazpallar pazpalleiro.
Mais se queres librar del
tes palla no meu palleiro!
(TERRA CHÁ, 1954)
PAZPALLAR
Pazpallar que cantas ledo
no centeo froleado:
milagre que lle das voz
a luz do maio amaiado!
Pazpallar eu só escoito
o teu cantar polo vran.
No inverno, as túas canciós,
meu pazpallar, onde están?
Onde van as túas canciós
cando chega o tempo frío?
É que chas tapan as néboas?
Tómache a voz o resío…?
Si non oio o teu cantar
estou triste, sen consolo.
Dime onde estás, pazpallar,
e non te fagas o tolo…!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
«Quaglia» de Raniero Massoli Novelli -
http://www.flickr.com/photos/sassoferratotv/8150567966/.
RULA
 
Doce rula, fráxil cunca delicada
reverquendo claridade e ternura:
ollo o recendo dos teus urxentes
arrolos amorosos e escoito
as cores que te envolven en luz,
te transververan e subliman
en frenesí de rosas delirantes.
Ti, rula, non ascendes á percura
do sol, onde o ar é tépedo
e máis limpo: permaneces fiel
á terra, navegando a penumbra
amiga de árbores e brisas.
E cando agroman en min
vellas nostalxias fuxidías
o meu corazón sinte a saudade
do tempo feliz en que foi rula.
 
              (A LUZ RESUCITADA, 1984)
Rula (Streptopelia turtur). Visitante de
verán que escasea nos últimos tempos.
Fai os niños en arbustos de
matogueiras e beiras de bosques.
Gaivota patiamarela 
(Larus cachinnans).
Abundante en toda a costa e
visitante en vertedoiros e encoros
do interior. Unha ave oportunista
que está en expansión.
GAIVOTA
 
Nube, sal, rocha chumbenta,
sol e brisa,
pesada levedade:
os teus brazos son
azas longuísimas
que non puideron nunca
fatigar ao ar, teu vencedor,
ouh música de trebón,
trono de escuma!
Moi triste asunto é oír
eternamente ao mesmo mar,
máis é un fondo gozo,
un alto don dos deuses
ter, por único destino
e fiel amizade confidente,
unha soia gaivota. Soio unha.
 
                     (A LUZ RESUCITADA, 1984)
POMBAS
Irrenunciábeis pombas que voábades
no horto familiar da miña infancia:
íades da figueira á mazaira;
Do cedro ao pexegueiro e ao loureiro,
ao mirto, á cerdeira ou á pereira.
Sacábades o ar e, ao voso paso,
deixábades un ronsel almibarado
de brancura inocente: era a vosa
docilidade fidel, domesticada.
Ouh pombas de cor albocincenta
escintilando baixo o ceo do vrao
ou misturándose coa camelia
dos escuros días invernizos!
O voso arrolo, monótono e teimudo,
é o niño onde habitan e medran
as sombras pequeniñas
dos meus lonxanos medos infantís.
 
                             (A LUZ RESUCITADA, 1984)
Pomba (Columbia livia doméstica). 
Común nas casas e nos parques.
A PITA CHOCA
 
A señora Pita
leva a súa rolada
como unha señora
moi señoreada.
 
-Pío, pío, pío…
cada pío un choro.
Os pitiños pían
en piante coro!
 
Moi señoreada
-e a roupa mendada-
vai a Pita Choca
levando a niñada.
 
-Pío, pío, pío…
Con piar inquedo
pían os pitiños
porque teñen medo!
Baixo da galiña
os pitos nun fato
todos en rolada
que ven o miñato!
 
-Non hai pío, pío.
Non hai pío, pon!
Na ampritú do ceio
voa o miñatón!
 
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
Galiña (Gallus gallus). 
Especie doméstica moi común.
O GALO
 
Espertas as estrelas
co teu quiquiriquí.
Tés plumas amarelas
coas que presumes ti.
Eres un gran señor,
orgulloso, sen diñeiro!
Meu galo galeador!
Fachenda do galiñeiro.
 
                   (TERRA CHÁ, 1954)
O GALO
Eu teño un galo galeiro,
boa crista e bo espolón.
O meu galo é fachendoso,
arriscado e peleón…!
Eu teño un galo galeiro
que ten a crista encarnada,
polainas con media branca
e peituga colorada.
Eu teño un galo galeiro
fanfarrón e presumido.
Anda con paso seguro
e co corpo moi erguido!
Eu teño un galo galeiro
que ten plumaxe marelo.
O seu porte de señor
ao mesmo sol pon recelo!
Eu teño un galo galeiro
que me desperta ao mencer.
Cando canta no poleiro,
téñenlle que obedecer…!
              (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
GALO
 
Arco da vella, aceso e agresivo.
Crista escoando sangues e corais
dun forte vermellóns alucinado.
Intentas voar máis non o logras:
a túa fachenda, fume a penas,
tóllete de sufrir saudades
do tempo en que eras ave
e podías competir co vento ceibe.
Eres -como non!- o rei do mundo
mais os teus pasos torpes sinten
escorregar o chao baixo de ti.
O teu canto –luz, vidro, metal-
é un berro baleiro para ninguén
e a súa forza pérdese na nada.
 
                             (A LUZ RESUCITADA, 1984)
 
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Textos: Manuel María 
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

More Related Content

Similar to Manuel María: a natureza, as aves

Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxemonadela
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 

Similar to Manuel María: a natureza, as aves (20)

Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxeNovoneyra "O Courel", A paisaxe
Novoneyra "O Courel", A paisaxe
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Manuel María: a natureza, as aves

  • 1. AS AVES A natureza na obra de Manuel María
  • 2. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO Outeiro de Rei (6-10-1929) a Coruña (8-9-2004) Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento. A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta. “¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
  • 5. OS LÍRICOS PAXAROS Os paxaros, se queredes tamén os paxariños, -merlos, reiseñores, xílgaros e xílgaras, cecais un oureol: embrullos de plumas de cores e de soños-, voan de ponla en ponla e cantan. Cantan libremente. Non sei se cantan liberdade. Non podo aseguralo … (PROBA DOCUMENTAL, 1968)
  • 6. QUÉ NOME TERÁ…? Qué nome terá, como se chama ese paxaro prodixioso que canta en todos os poemas, abrasa as nosas veas, incendia o noso sangue e enche de luz ao mundo…? Qué ledicia poñer no corazón para recibir a súa mensaxe? Con qué e cómo luír os nosos pobres sensos estragados para sentir con plenitude a alta pureza do seu canto? E qué máxica palabra crearemos para poder nomealo con xusteza? (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 7. PAXARO Paxaro de cores sorprendentes: pos nos nosos ollos a marabilla total da creación. O teu gracioso voo empuxa o ritmo normal do noso sangue e lévanos lonxe de nós mesmos. O teu fermoso corpo é o soño que vivimos, fonda e longamente, sen rematar nunca de soñalo: única e auténtica tarefa que lle dá senso e eternidade á nosa vida case incomprensíbel. Quen te escoitou só unha vez, paxaro irremediábel do amor, xa non te esquecerá endexamais. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 8. CANCIÓN DO PAXARO ADOLESCENTE Soño de seda e luz feito cristal; raioliña máxica de lúz; melodía da brisa cantadora; prodixio de delicadeza sutil, case irreal; alén soñado das melancolías e nostalxias; única, pura e fiel lembranza do edén perdido para sempre: ouh perfecto paxaro adolescente que, eternamente, cantas no ser inmortal do noso amor! (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
  • 9. BALADA DO REISEÑOR MÁIS TENRO Ou música, ou silencio, ou rechouchío… O nácar do seu bico era un suspiro. O seu cantar moi triste. Era moi tenro. Estaba namorado da súa inocencia virxe. (ADVENTO, 1954) Reiseñor (Luscinia megarhynchos). Visitante de verán, escaso. Atópase en fragas, sebes mestas e ribeiras fluviais.
  • 10. REISEÑOR Adolescente reiseñor do Val de Lemos acodes puntual todos os anos aos negrillos do Campo da Compañía e aos amieiros da ribeira do Cabe dos que fas tribo e atril, altísima escolanía de prodixio. A túa melodía, eterno reiseñor, é auga, lúas, vidro fino, alboradas, luz e voces de anxo: enche de maxia á noite morna e pon, nos nosos corazós, ensoños, melancolías, anceios, lumes, fantasías, gozo, esperanza e unha fonda fame de beleza que nos libere da realidade vulgar, mísera e xorda que sufrimos. Os teus chíos, latexos xa no sangue noso, ouh reiseñor amigo!, son razós esenciais para vivir. Para resistir. Para que a morte demore un pouco máis. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 11. O CUCO O cuco, cuco cuqueiro. O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro! Cantareiro e madrugón! Óise pola carballeira o vello cuco souril ó nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril. O vello cuco, cucou e moito máis cucará! O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañáns ben cediño o cuco canta: “cú-cú” Como o teño por veciño eu trato ao cuco de tu! (TERRA CHÁ, 1954) Cuco (Cuculus canorus). Visitante estival. Pon os ovos nos niños de outros paxaros pequenos. Vese en beiras de bosques, arboredos e monte baixo
  • 12. O CUCO Canta cuco ou cala cuco: eu en ti xa non che creo desque sei que vas poñer o teu ovo en niño alleo. Desleixado e perguiceiro, soio pensas en folgar. Dices somentes dúas notas e xa tés que descansar! Canta cuco ou cala cuco, perguiceiro, nugallón: a min pouco che me importa que esteñas cantando ou non! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 13. A COTOVÍA Cando canta a cotovía racha a lumbrigar o día e óise un tremor na campía. (TERRA CHÁ, 1954) Cotovía dos camiños (Galerida cristata). Pouco común. Vese en espazos abertos ermos ou cultivados.
  • 14. O MELRO No tempo de botar o liño, agachado na silveira, canta o melro melriño a vida da Primaveira. Se chove, chove amodiño sobor da flor das cerdeiras. E o melro, melro, melriño canta de moitas maneiras! (TERRA CHÁ, 1954) Merlo común (Turdus merula). Abundante. Atópase por todas partes: bosques, cultivos, beirais e xardíns con vexetación arbustiva.
  • 15. O MELRO O señor melro larpeiro na ponla máis outa está. Está subido á cerdeira e dela non baixará! Está come que come, non ten trazas de parar. O señor melro larpeiro sen cereixas nos ha deixar! O señor melro lambón, o señor melro larpeiro, coa hinchente que colleu ten rebentado o peteiro! -Ai home: ¿non tés vergoña? Debes de estar a estoupar! Coa hinchente que colliche, Cómo has de poder cantar? (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 16. LAVERCAS As lavercas e lavercos no monte andais a berrar. E como sodes tan tercos non deprendeis a cantar. Cando teñais laverquiños levaillos ao reiseñor: para deprender aos noviños non hai un mestre mellor. O monte estará moi ledo e non terá soedade. O monte non terá medo anque teña inmensidade! (TERRA CHÁ, 1954) Laverca (Alauda arvensis). Común en cultivos e baldíos.
  • 17. LAVERCA Laverca, tremor de luz e soedade entre o ceo e as carpazas: a túa música dálle senso á voz, ao orfo silencio en desamparo do agreste monte solitario. O teu voo, laverca en éxtase, ten a tensión da sede e da fame de ascender á plenitude esencial da marabilla. O teu berro irrompible é coitelada asasina do medo e da tristura que habita os cumes máis senlleiros e o regato cantor do sangue noso. A ti, laverca, envío a flor escura e núa das lembranzas miñas. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 18. O CORVO O corvo é mouro, agoreiro e ten moi duro o acento. Cando grazna no Xaneiro racha en anacos o vento! (TERRA CHÁ, 1954) Corvo viaraz (Corvus corone). Moi común en zonas cultivadas con árbores e espazos abertos.
  • 19. O CORVO Grazna o señor Corvo mouro e agoreiro, na xeada fría do mes de xaneiro. Grazna o señor Corvo con graznar inquedo: súa voz é un agoiro que nos mete medo! Mouro como a noite é o señor Corvo. Máis mouro que a noite seu graznido torvo! Grazna o señor Corvo e dá medo velo! Seu duro graznido semella un coitelo! Semella un coitelo a cortar o vento, a cortar as cousas e máis o contento! Grazna o señor Corvo con graznar maldito. Non lle teño medo que me importa un pito! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 20. CORVO Anaco de noite para alumar a luz escandalosa e ofensiva que fai do meiodía brasa queimadora escintilante. Andas, dende a túa soedade, a facer máis doados os solpores. Corvo compañeiro, irmao da neve, anaco de xistra e de xeada, corazón de trebón enfurecido en aberto diálogo coas lúas e co toxo arnal en floración: é ben falar dos teus agoiros, invento dos homes máis sinistros que queren atribuírche as tebras demoníacas que a eles os posúen. Corvo, amigo meu: comprendo o teu grazneo duro, indestructíbel: con el quebras o aire para facelo transparente, humano e respirábel. (A LUZ RESUCITADA, 1984) Corvo carnazal (Corvus corax). Escaso na metade sur e máis común na norte. Atópase en rochedos da beira do mar e da montaña.
  • 21. O CARRIZO O carrizo carriceiro; o carrizo, carrizón. O carrizo pequeneiro do tamaño dun botón! O carrizo fai o niño moi redondo, ben lousado. O carrizo pequeniño! O carrizo carrizado! O carrizo fai a casa ben lousada, ben cuberta. E a choiva non a pasa anque teña a porta aberta! O carrizo carriciño! O carrizo carrizota! O carrizo fai o niño semellante a unha pelota! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) Carrizo ou carriza (Troglodytes troglodytes). Común. Atópase entre a vexetación baixa e mesta de xardíns, bosques, cultivos e beirais.
  • 22. O ESCRIBENTE Agachado nunha frouma moi espesa e verdecente sei dun niño de paxaro que se chama o escribente. Ten tres ovos moi pequenos. Ten tres ovos nada máis. Son tres ovos moi fermosos. Son tres ovos. Nin un máis! Teñen liñas como letras que semellan escrituras. Unhas liñas misteriosas con palabras moi escuras! O que dicen non o sei, gustaríame saber: Serán cousas, serán letras que os paxaros poden ler? (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus). Común en hortas, cultivos e arboredos claros.
  • 23. ANDORIÑAS Guiada da man dun soño a Primavera chegou. E todas as andoriñas no ceo azul convocou! Todo é voar e voar e andar daquí para alá. Todo nun ir en un vir dende equí deica acolá! Voan para riba, para baixo! Van ao alto, van ao fondo! Voan en liña seguida, en picado e en redondo! Andoriñas en concello sobor dun poste pousadas. Que de palabras secretas e razóns apaixoadas…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) Anduriña (Hirundo rustica). Común nas proximidades dos núcleos rurais. Aniña en casas e alpendres.
  • 24. ANDORIÑA Andoriña que voabas en círculos polos meus soños primeiros, asombro dos meus ollos: é a ti, flor de ar, a quen pregunto polo recendo doutras primaveras e pola melancolía dos solpores esfollada en leves señardades. Dáme noticia dos teus chíos, dos teus niños baixo dos aleiros ou mesmo do portal da nosa casa. Lembro as túas azas longas, con latexos de luz sobresaltada. Pergúntoche a ti, tan so a ti, máxica andoriña emigrante, polas albas de abril e os orbaios de maio a tremar nos pétalos das rosas: tal as bágoas, incontibeis e cálidas, dunha adolescente apaixonada que sinte arder no íntimo de si a chama do amor por vez primeira. Anduriña de cú branco (Delichon urbica). Vive nos núcleos urbanos. Constrúe os niños en grupos debaixo dos aleiros dos tellados e dos balcóns.(A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 25. O PARDAL O pardal é moi humilde. Moi humilde e pobretón. Sempre anda pía, pía sen dicir unha canción! O pardal é moi humilde e anda sempre mal vestido. E non ten porte fermoso nin vistoso colorido…! O pardal é moi pobriño: nunca sale de viaxe. O pardal é tan pobriño que tan soio ten un traxe! O pardal viste de gris, o pardal viste cincento. Seu tristeiro pío, pío, non ten aires de lamento? (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) Pardal común (Passer domesticus). Moi común. Abundante preto dos asentamentos humanos.
  • 26. A PEGAS Está a pega vella como unha señora sobor dun ramallo cantando a deshora. A pega carniceira, vestida de loito, quixera merengue, quixera biscoito. A pega carniceira biscoito non ten e come a carniza que non cheira ben! A pega carniceira chama á rebordá. Se unha graznea, di a outra: “grá, grá…”! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) Pega rabilonga (Pica pica). Abundante en terreos abertos, cultivos con árbores e parques.
  • 27. LABANDEIRA Teño que volver a desandar novamente o camiño que leva a miña infancia para poder atoparte, labandeira, compaña do labrego, paxaro de pasos miúdos e nerviosos, a correr, con medo apresurado, detrás do arado que abría a terra moura e tépeda para sementar o centeo polo Outono. Evoco o teu peteiro fino; o teu rabo longo, movéndose como unha bandeiriña dada ao vento e, sobor de todo, lembro o medo teu. Agora, despois de tantos anos, abro os ollos e podo comprender a razón da túa plumaxe moura: é o loito que traes sempre, sempre en sinal de dor, polo teu medo. (A LUZ RESUCITADA, 1984) Lavandeira branca (Motacilla alba alba). Común. Atópase sempre preto de lugares habitados.
  • 29. Paspallás (Coturnix coturnix). Pouco común. Maiormente visitante de verán, aínda que hai algúns sedentarios. Atópase en cultivos de cereais, pasteiros e terras ermas abrigadas e solleiras. O PAZPALLAR Pazpallar, meu pazpallar, pillabán e apaixoado: estás na agra a cantar urxencias de namorado! Ti cantas co corazón para namorar pazpallaras, pazpallar, pazpallarón que senón non namoraras. Para ti o Inverno é moi cruel, meu pazpallar pazpalleiro. Mais se queres librar del tes palla no meu palleiro! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 30. PAZPALLAR Pazpallar que cantas ledo no centeo froleado: milagre que lle das voz a luz do maio amaiado! Pazpallar eu só escoito o teu cantar polo vran. No inverno, as túas canciós, meu pazpallar, onde están? Onde van as túas canciós cando chega o tempo frío? É que chas tapan as néboas? Tómache a voz o resío…? Si non oio o teu cantar estou triste, sen consolo. Dime onde estás, pazpallar, e non te fagas o tolo…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) «Quaglia» de Raniero Massoli Novelli - http://www.flickr.com/photos/sassoferratotv/8150567966/.
  • 31. RULA   Doce rula, fráxil cunca delicada reverquendo claridade e ternura: ollo o recendo dos teus urxentes arrolos amorosos e escoito as cores que te envolven en luz, te transververan e subliman en frenesí de rosas delirantes. Ti, rula, non ascendes á percura do sol, onde o ar é tépedo e máis limpo: permaneces fiel á terra, navegando a penumbra amiga de árbores e brisas. E cando agroman en min vellas nostalxias fuxidías o meu corazón sinte a saudade do tempo feliz en que foi rula.                 (A LUZ RESUCITADA, 1984) Rula (Streptopelia turtur). Visitante de verán que escasea nos últimos tempos. Fai os niños en arbustos de matogueiras e beiras de bosques.
  • 32. Gaivota patiamarela  (Larus cachinnans). Abundante en toda a costa e visitante en vertedoiros e encoros do interior. Unha ave oportunista que está en expansión. GAIVOTA   Nube, sal, rocha chumbenta, sol e brisa, pesada levedade: os teus brazos son azas longuísimas que non puideron nunca fatigar ao ar, teu vencedor, ouh música de trebón, trono de escuma! Moi triste asunto é oír eternamente ao mesmo mar, máis é un fondo gozo, un alto don dos deuses ter, por único destino e fiel amizade confidente, unha soia gaivota. Soio unha.                        (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 33. POMBAS Irrenunciábeis pombas que voábades no horto familiar da miña infancia: íades da figueira á mazaira; Do cedro ao pexegueiro e ao loureiro, ao mirto, á cerdeira ou á pereira. Sacábades o ar e, ao voso paso, deixábades un ronsel almibarado de brancura inocente: era a vosa docilidade fidel, domesticada. Ouh pombas de cor albocincenta escintilando baixo o ceo do vrao ou misturándose coa camelia dos escuros días invernizos! O voso arrolo, monótono e teimudo, é o niño onde habitan e medran as sombras pequeniñas dos meus lonxanos medos infantís.                                (A LUZ RESUCITADA, 1984) Pomba (Columbia livia doméstica).  Común nas casas e nos parques.
  • 35. O GALO   Espertas as estrelas co teu quiquiriquí. Tés plumas amarelas coas que presumes ti. Eres un gran señor, orgulloso, sen diñeiro! Meu galo galeador! Fachenda do galiñeiro.                      (TERRA CHÁ, 1954)
  • 36. O GALO Eu teño un galo galeiro, boa crista e bo espolón. O meu galo é fachendoso, arriscado e peleón…! Eu teño un galo galeiro que ten a crista encarnada, polainas con media branca e peituga colorada. Eu teño un galo galeiro fanfarrón e presumido. Anda con paso seguro e co corpo moi erguido! Eu teño un galo galeiro que ten plumaxe marelo. O seu porte de señor ao mesmo sol pon recelo! Eu teño un galo galeiro que me desperta ao mencer. Cando canta no poleiro, téñenlle que obedecer…!               (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 37. GALO   Arco da vella, aceso e agresivo. Crista escoando sangues e corais dun forte vermellóns alucinado. Intentas voar máis non o logras: a túa fachenda, fume a penas, tóllete de sufrir saudades do tempo en que eras ave e podías competir co vento ceibe. Eres -como non!- o rei do mundo mais os teus pasos torpes sinten escorregar o chao baixo de ti. O teu canto –luz, vidro, metal- é un berro baleiro para ninguén e a súa forza pérdese na nada.                                (A LUZ RESUCITADA, 1984)  
  • 38. Manuel María Letras Galegas 2016 Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Textos: Manuel María  Xaneiro 2016 Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.