3. Árbore de copa cónica densa que
pode medir ata 20 m de altura.
Toda a árbore ten un olor
característico.
É orixinaria da Rexión
Mediterránea.
En Galiza posiblemente se
conserve como unha especie
relicta do Terciario.
4. TALO
Toro dereito, moi ramificado e
coas ponlas erguidas.
A tona é de cor gris escura, lisa e
con lixeiras fendas ou enrugas.
As ponlas novas e os chupóns
son de cor púrpura.
5. FLORES
Unisexuais, nacen en distinto pé.
Están formadas por 4 sépalos e 4
pétalos de cor branca-amarela, as
femininas teñen un ovario e as
masculinas ramiños de 12 estames.
Polinízanse por insectos.
6. FOLLAS
Simples, co limbo de forma lanceolada
(5 a 10 cm, de lonxitude) coa beira
lixeiramente ondeada, de cor verde
escura, duras e brillantes polo dereito e
mates polo revés.
O peciolo é de cor púrpura escura e
mide aprox, 6 mm de lonxitude.
Teñen un cheiro característico.
7. FROITOS
Bagas de forma oval, (1,5 cm. de lonxitude
aprox.) cor negra e cunha soa semente.
As sementes dispérsanse ao seren comidas
polos paxaros.
9. Os loureiros atópanse espontáneos en fragas, montes e sebes ou
plantado en sebes e hortas.
Xeralmente non forma bosques e aparece con porte arbustivo
mesturado con carballos, érbedos, piñeiros, sobreiras e eucaliptos,
sobre todo polo litoral e vales dos ríos.
10. Bosque de loureiros na Illa de Cortegada, na Ría de
Arousa. Un dos poucos bosques puros de loureiros que
se conserva na Península Ibérica. Posibelmente teña orixe
antrópica aínda que o abandono da illa desde hai anos
favoreceu o seu desenvolvemento.
Forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
17. USOS
É unha árbore empregada desde a
antigüidade como condimento e
polas súas propiedades
mediciñais (tónico estomacal,
carminativos, antireumátco) e
antiparasitario.
18. CRENZAS E COSTUMES
-O loureiro é o símbolo da victoria e do
trunfo e úsase para honrar ás persoas
destacadas.
-Cando se remata de levantar unha casa
ponse un ramo de loureiro no tellado.
-Cando se ten o viño “abillado” (á venda nas
adegas) colócase un ramo de loureiro na
porta para anuncialo.
-O loureiro úsase para os esconxuros:
“Loureiro que foches nado sen ser plantado,
quítalle o aire a este excomulgado”, e para
preservar das treboadas.