SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
COÑECEMENTO E VERDADE
TEMA 4: 3ª PARTE
O COÑECEMENTO
• A realidade achega datos (diversos e caóticos)
• Percibidos a través dos sentidos (olores, cores)
• Cerebro humano: ordena, clasifica, etiqueta
O coñecemento é a relación entre a mente do individuo e o exterior a ela.
É unha relación entre o suxeito (a persoa) e o obxecto (a realidade).
Suxeito Obxectorelación
A relación suxeito–obxecto é unha relación complicada, porque:
A realidade é dinámica e cambiante.
A persoa non capta os datos de manera pasiva: pretende comprender o percibido,
explicalo, describilo, predecir posibilidades.
 Conocer implica interpretar. Toda interpretación es subjetiva. Depende das
características de cada persoa.
O problema central do coñecemento humano
Se o coñecemento humano está limitado e condicionado, cómo podemos estar seguros
da súa verdade?
Antiguidade: PLATÓN
Modernidade: DESCARTES
Época contemporánea: KANT
En que consiste o coñecemento verdadeiro?
- O coñecemento:
- Posúe verdade cando capta a realidade tal é como
é
- Busca a esencia das cousas e non se queda nas
apariencias
-O coñecemento verdadeiro capta a realidade e a realidade
preséntase no coñecemento verdadeiro
1ª parada: Platón
Se o levasen de alí (caverna) á forza, obrigándollea percorrer
a áspera e escarpada costa, e non o deixaran antes
dearrastralo ata a luz do sol, non crees que sufriría e levaría a
mal o ser arrastrado, e que, unha vez chegado á luz, tería os
ollos tan cheos dela que non sería capaz de ver nin unha soa
das cousas ás que agora chamamos verdadeiras? (...)
Necesitaría afacerse, creo eu, para poder chegar a ver as
cousas de arriba. (...) Se, de volta alá embaixo, ocupase de
novo o mesmo asento,non crees que se lle encherían os ollos
de tebras, como a quen deixa subitamente a luz do sol?(...) E
non daría que rir e non se diría del que, por ir arriba, volveu
cos ollos estragados, e que non vale a pena intentar unha
ascensión semellante? E non ma tarían, se atoparan maneira
de botarlle man e matalo, a quen tentase desatalos e facelos
subir? Platón . República. L.VII
REALISMO INXENUO
PRINCIPIOS:
– Da por suposto que a realidade pode ser coñecida tal
é como é en si mesma.
– Os nosos enunciados teñen unha relación directa cos
feitos.
– Para comprobar un enunciado só teño que ver se se
cumpre nos feitos, contrastando coa realidade.
• OBXECCIÓNS
-A nosa mente non reflicte as cousas como un espello.
-Non podemos estar inmediatamente seguros de que as
cousas teñan unha realidade independente do noso
coñecemento.
En que consiste o coñecemento verdadeiro?
Non podo ter ningunha evidencia da realidade
Só teño evidencia dos meus coñecementos e non das
cousas
Só podo ter certeza de cómo se me aparecen as cousas e
non podo saber cómo son de verdade
2ª parada: Descartes
-A Existe alo menos un
coñecemento que é certo é
verdadeiro incuestionablemente:
o propio pensamento
-O criterio que me permite
distinguir estes coñecementos
verdadeiros é a evidencia
intelectual dos mesmos.
Non obstante, teño que considerar aquí que son home e, en
consecuencia, que teño costume de durmir e de representarme nos
meus soños as mesmas cousas, ou algunhas menos verosímiles, que
eses insensatos cando están espertos. Cantas veces soñei, durante a
noite, que estaba neste lugar, que estaba vestido, que estaba preto do
lume, aínda que estivese completamente espido na miña cama?
Paréceme agora que non miro este papel con ollos somnolentos; que
este corpo que movo non está adurmiñado; que estendo esta man
intencionadamente e cun propósito deliberado, e que a sinto: o que
ocor re nun soño, sen embargo, non parece ser tan claro nin tan
distinto como todo isto. Pero, pensándoo coidadosamente, lembro que
a miúdo enganeime, mentres durmía, por semellantes ilusións . E
deténdome neste pensamento, vexo tan manifestamente que non hai
indicios concluíntes, nin sinais suficientemente seguras polas que se
poida distinguir claramente a vixilia do sono, que me quedo
totalmente abraiado; e o meu asombro é tal, que é case capaz de
persuadirme de que durmo. Descartes. Discurso del Método
O RACIONALISMO
• PRINCIPIOS:
– A verdade só é accesible a través da razón e non a través
da relación cos feitos.
– A orde e conexión entre as cousas é a mesma que a orde
e conexión entre ideas.
– O real é o racional e o racional é real
– As proposición illadas non son verdadeiras nin falsas.
– So pode falarse de verdade en referencia a todo o
conxunto do noso coñecemento.
• OBXECCIÓNS:
– Non pode establecerse un coñecemento da realidade,
senón só a coherencia do sistema do noso pensamento.
– Non hai posibilidade de comparar dous sistemas de
pensamento ou dúas visión do mundo. As distintas
culturas son inconmensurables
– Leva ao relativismo
3ª parada: Kant
En que consiste o coñecemento verdadeiro?
- O coñecemento:
- É unha síntese entre a información dos estímulos e as
categorías do suxeito
- O obxecto é “construído” polo suxeito
-O coñecemento verdadeiro é o que se corresponde co “mundo” non
coa “realidade en sí”
A mesma experiencia constitúe un tipo de coñecement que
require entendemento e este posúe unhas regras que eu debo
supor en min xa antes de que os obxectos me sexan dados, é
dicir, regras a priori. Estas regras se expresan en conceptos a
priori aos que, polo tanto, se conforman necesariamente todos
os obxectos da experiencia e cos que deben concordar. (…) só
coñec emos a priori das cousas o que nos mesmos poñemos
nelas. Kant. Critica da Razón Pura
 As diferentes ciencias utilizan diferentes nocións de verdade:
VERDADE COMO
COHERENCIA
• En ciencias formais (lóxica e matemáticas).
• Verdade = non hai contradicción
VERDADE COMO
ADECUACIÓN E
CORRESPONDENCIA
• En ciencias experimentais (física, química, bioloxía)
•• Verdade = correspondencia entre os datos da realidade e a
interpretación do suxeito.
•• La verdad es imperfecta, está en construcción
•Método hipótetico-deductivo
VERDADE
PRAGMÁTICA
• Na tecnoloxía, nas ciencias sociais (historia, socioloxía, política)
•Verdade = o eficaz, útil e que leva ao éxito.
• O coñecemento debe construir ideas que satisfagan as
necesidades e intereses dos seres humanos
• A verdade dunha ciencia midese polos seus resultados
tecnolóxicos.
Clasificación das ciencias segundo a concepción da verdade
Verdade = coherencia Ocúpanse da estructura ou forma do pensamento
Son as CIENCIAS FORMAIS
Matemáticas e Lóxica
Verdade = adecuación Coñecemento subordinado á experiencia
Son as CIENCIAS EMPÍRICAS
CIENCIAS HISTÓRICO-SOCIAIS
Ocúpanse da CULTURA, o mundo que
atopa e fai o ser humano. A experiencia
humana.
Socioloxía, Historia, Economía, Política...
CIENCIAS DA NATUREZA
Ocúpase do mundo natural. Reduce a
experiencia a EXPERIMENTO, a linguaxe
físico-matemático.
Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía,
Psicoloxía experimental...
O MÉTODO DEDUCTIVO
Deducir é chegar a algo a partir dalgo xa dado
Aristotélica: Parte de termos ou xuízos universais para chegar a outros máis particulares
Sintética (matemático-racionalista): Vai do simple dado ao complexo.
Origen de los
Primeros
Principios
Son meras definicións elaboradas artificialmente por nós. Euclides
Son innatos
Veñen con nós ao nacer (Platón)
Son elaborados polo entendemento, sen experiencia (Descartes)
Son evidentes Percibidos pola mente como algo indudable
Coñecénse por intuición intelectual
Defendido polos Racionalistas dos séculos XVII y XVIII
Os axiomas e postulados de Euclides son evidencias
Aristóteles fala de principios evidentes: non contradicción...
Obxeccións
De definiciones pódense construir sistemas coherentes, formais, pero non nos levarán ao
coñecemento da realidade.
O innatismo foi criticado polos empiristas. As ideas veñen a partir dos sentidos.
Lobachevski e Rieman construiron sistemas xeométricos que negaban os postulados
evidentes de Euclides
La deducción queda reducida al terreno de las CIENCIAS FORMALES
O MÉTODO INDUCTIVO
Parte de datos de experiencia e chega a xuízos universais
Inducción incompleta
Da observación dun certo número de feitos, concluimos que a característica é
atribuible a todos os feitos en cuestión.
Obxección: Que unha propiedade se cumpla nalgún caso, non implica que se vaia a cumplir sempre.
Inducción completa
Da observación dunha característica en todos os casos a tratar, conclúese que esa
característica se da en todos os casos de que tratamos.
Obxección: ◘ Na maioría dos casos é imposible analizar todos os feitos a tratar.
◘ No futuro poden aparecer casos novos que non cumpran as condicións.
Crítico histórico ao método inductivo foi o filósofo empirista británico DAVID HUME (1711-1776)
“O principio de indución ten que ser un enunciado u niversal.
Así pois, se tentamos afirmar que sabemos por experiencia que é
verdadeiro, reaparecen de novo xustamente os mesmos
problemas que motivaron a súa introdución: para xustificalos
temos que utilizar inferencias indutivas e para xustificar estas,
temos que supor un principio de indución de orde superior, e así
sucesivamente. Polo tanto, cae pola súa base o intento de
fundamentar o principio de indución na experiencia xa que leva
inevitablemente , a unha regresión infinita.” (Popper. A Lóxica
da Investigación científica. p.29)

More Related Content

Similar to Coñecementoeverdade (20)

Descartes2 (1)
Descartes2 (1)Descartes2 (1)
Descartes2 (1)
 
Racionalismo
RacionalismoRacionalismo
Racionalismo
 
09 O Empirismo
09 O Empirismo09 O Empirismo
09 O Empirismo
 
Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2Bacon-08-09-t2
Bacon-08-09-t2
 
Kant1
Kant1Kant1
Kant1
 
10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración10 kant e a ilustración
10 kant e a ilustración
 
O discurso do método
O discurso do método O discurso do método
O discurso do método
 
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teóricaUnidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
Unidade 2 A filosofía como racionalidade teórica
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Descartes
DescartesDescartes
Descartes
 
08 Descartes e o racionalismo
08 Descartes e o racionalismo08 Descartes e o racionalismo
08 Descartes e o racionalismo
 
CIENCIA E TECNOLOXIA
CIENCIA E TECNOLOXIACIENCIA E TECNOLOXIA
CIENCIA E TECNOLOXIA
 
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
Lorena Gallego ... sobre a conciencia.
 
A verdade
A verdadeA verdade
A verdade
 
T ema 109
T ema 109T ema 109
T ema 109
 
A luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de SofíaA luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de Sofía
 
06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica06 tomé de aquino e a escolástica
06 tomé de aquino e a escolástica
 
Leisdapercepcion
LeisdapercepcionLeisdapercepcion
Leisdapercepcion
 
Platon 08-09-t2
Platon 08-09-t2Platon 08-09-t2
Platon 08-09-t2
 
Resumo platón
Resumo platónResumo platón
Resumo platón
 

More from Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
ProyectollegadaEva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoEva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iEva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasEva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoEva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaEva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 
V ofg presentación bibliotecas
V ofg presentación bibliotecasV ofg presentación bibliotecas
V ofg presentación bibliotecasEva Garea
 
Coñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platónCoñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platónEva Garea
 

More from Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 
John locke
John locke John locke
John locke
 
Insideout
Insideout Insideout
Insideout
 
V ofg presentación bibliotecas
V ofg presentación bibliotecasV ofg presentación bibliotecas
V ofg presentación bibliotecas
 
Coñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platónCoñecemento e realidade en platón
Coñecemento e realidade en platón
 

Coñecementoeverdade

  • 2. O COÑECEMENTO • A realidade achega datos (diversos e caóticos) • Percibidos a través dos sentidos (olores, cores) • Cerebro humano: ordena, clasifica, etiqueta O coñecemento é a relación entre a mente do individuo e o exterior a ela. É unha relación entre o suxeito (a persoa) e o obxecto (a realidade). Suxeito Obxectorelación
  • 3. A relación suxeito–obxecto é unha relación complicada, porque: A realidade é dinámica e cambiante. A persoa non capta os datos de manera pasiva: pretende comprender o percibido, explicalo, describilo, predecir posibilidades.  Conocer implica interpretar. Toda interpretación es subjetiva. Depende das características de cada persoa. O problema central do coñecemento humano Se o coñecemento humano está limitado e condicionado, cómo podemos estar seguros da súa verdade? Antiguidade: PLATÓN Modernidade: DESCARTES Época contemporánea: KANT
  • 4. En que consiste o coñecemento verdadeiro? - O coñecemento: - Posúe verdade cando capta a realidade tal é como é - Busca a esencia das cousas e non se queda nas apariencias -O coñecemento verdadeiro capta a realidade e a realidade preséntase no coñecemento verdadeiro 1ª parada: Platón
  • 5. Se o levasen de alí (caverna) á forza, obrigándollea percorrer a áspera e escarpada costa, e non o deixaran antes dearrastralo ata a luz do sol, non crees que sufriría e levaría a mal o ser arrastrado, e que, unha vez chegado á luz, tería os ollos tan cheos dela que non sería capaz de ver nin unha soa das cousas ás que agora chamamos verdadeiras? (...) Necesitaría afacerse, creo eu, para poder chegar a ver as cousas de arriba. (...) Se, de volta alá embaixo, ocupase de novo o mesmo asento,non crees que se lle encherían os ollos de tebras, como a quen deixa subitamente a luz do sol?(...) E non daría que rir e non se diría del que, por ir arriba, volveu cos ollos estragados, e que non vale a pena intentar unha ascensión semellante? E non ma tarían, se atoparan maneira de botarlle man e matalo, a quen tentase desatalos e facelos subir? Platón . República. L.VII
  • 6. REALISMO INXENUO PRINCIPIOS: – Da por suposto que a realidade pode ser coñecida tal é como é en si mesma. – Os nosos enunciados teñen unha relación directa cos feitos. – Para comprobar un enunciado só teño que ver se se cumpre nos feitos, contrastando coa realidade. • OBXECCIÓNS -A nosa mente non reflicte as cousas como un espello. -Non podemos estar inmediatamente seguros de que as cousas teñan unha realidade independente do noso coñecemento.
  • 7. En que consiste o coñecemento verdadeiro? Non podo ter ningunha evidencia da realidade Só teño evidencia dos meus coñecementos e non das cousas Só podo ter certeza de cómo se me aparecen as cousas e non podo saber cómo son de verdade 2ª parada: Descartes -A Existe alo menos un coñecemento que é certo é verdadeiro incuestionablemente: o propio pensamento -O criterio que me permite distinguir estes coñecementos verdadeiros é a evidencia intelectual dos mesmos.
  • 8. Non obstante, teño que considerar aquí que son home e, en consecuencia, que teño costume de durmir e de representarme nos meus soños as mesmas cousas, ou algunhas menos verosímiles, que eses insensatos cando están espertos. Cantas veces soñei, durante a noite, que estaba neste lugar, que estaba vestido, que estaba preto do lume, aínda que estivese completamente espido na miña cama? Paréceme agora que non miro este papel con ollos somnolentos; que este corpo que movo non está adurmiñado; que estendo esta man intencionadamente e cun propósito deliberado, e que a sinto: o que ocor re nun soño, sen embargo, non parece ser tan claro nin tan distinto como todo isto. Pero, pensándoo coidadosamente, lembro que a miúdo enganeime, mentres durmía, por semellantes ilusións . E deténdome neste pensamento, vexo tan manifestamente que non hai indicios concluíntes, nin sinais suficientemente seguras polas que se poida distinguir claramente a vixilia do sono, que me quedo totalmente abraiado; e o meu asombro é tal, que é case capaz de persuadirme de que durmo. Descartes. Discurso del Método
  • 9. O RACIONALISMO • PRINCIPIOS: – A verdade só é accesible a través da razón e non a través da relación cos feitos. – A orde e conexión entre as cousas é a mesma que a orde e conexión entre ideas. – O real é o racional e o racional é real – As proposición illadas non son verdadeiras nin falsas. – So pode falarse de verdade en referencia a todo o conxunto do noso coñecemento. • OBXECCIÓNS: – Non pode establecerse un coñecemento da realidade, senón só a coherencia do sistema do noso pensamento. – Non hai posibilidade de comparar dous sistemas de pensamento ou dúas visión do mundo. As distintas culturas son inconmensurables – Leva ao relativismo
  • 10. 3ª parada: Kant En que consiste o coñecemento verdadeiro? - O coñecemento: - É unha síntese entre a información dos estímulos e as categorías do suxeito - O obxecto é “construído” polo suxeito -O coñecemento verdadeiro é o que se corresponde co “mundo” non coa “realidade en sí”
  • 11. A mesma experiencia constitúe un tipo de coñecement que require entendemento e este posúe unhas regras que eu debo supor en min xa antes de que os obxectos me sexan dados, é dicir, regras a priori. Estas regras se expresan en conceptos a priori aos que, polo tanto, se conforman necesariamente todos os obxectos da experiencia e cos que deben concordar. (…) só coñec emos a priori das cousas o que nos mesmos poñemos nelas. Kant. Critica da Razón Pura
  • 12.
  • 13.
  • 14.
  • 15.
  • 16.  As diferentes ciencias utilizan diferentes nocións de verdade: VERDADE COMO COHERENCIA • En ciencias formais (lóxica e matemáticas). • Verdade = non hai contradicción VERDADE COMO ADECUACIÓN E CORRESPONDENCIA • En ciencias experimentais (física, química, bioloxía) •• Verdade = correspondencia entre os datos da realidade e a interpretación do suxeito. •• La verdad es imperfecta, está en construcción •Método hipótetico-deductivo VERDADE PRAGMÁTICA • Na tecnoloxía, nas ciencias sociais (historia, socioloxía, política) •Verdade = o eficaz, útil e que leva ao éxito. • O coñecemento debe construir ideas que satisfagan as necesidades e intereses dos seres humanos • A verdade dunha ciencia midese polos seus resultados tecnolóxicos.
  • 17. Clasificación das ciencias segundo a concepción da verdade Verdade = coherencia Ocúpanse da estructura ou forma do pensamento Son as CIENCIAS FORMAIS Matemáticas e Lóxica Verdade = adecuación Coñecemento subordinado á experiencia Son as CIENCIAS EMPÍRICAS CIENCIAS HISTÓRICO-SOCIAIS Ocúpanse da CULTURA, o mundo que atopa e fai o ser humano. A experiencia humana. Socioloxía, Historia, Economía, Política... CIENCIAS DA NATUREZA Ocúpase do mundo natural. Reduce a experiencia a EXPERIMENTO, a linguaxe físico-matemático. Física, Química, Bioloxía, Xeoloxía, Psicoloxía experimental...
  • 18. O MÉTODO DEDUCTIVO Deducir é chegar a algo a partir dalgo xa dado Aristotélica: Parte de termos ou xuízos universais para chegar a outros máis particulares Sintética (matemático-racionalista): Vai do simple dado ao complexo. Origen de los Primeros Principios Son meras definicións elaboradas artificialmente por nós. Euclides Son innatos Veñen con nós ao nacer (Platón) Son elaborados polo entendemento, sen experiencia (Descartes) Son evidentes Percibidos pola mente como algo indudable Coñecénse por intuición intelectual Defendido polos Racionalistas dos séculos XVII y XVIII Os axiomas e postulados de Euclides son evidencias Aristóteles fala de principios evidentes: non contradicción... Obxeccións De definiciones pódense construir sistemas coherentes, formais, pero non nos levarán ao coñecemento da realidade. O innatismo foi criticado polos empiristas. As ideas veñen a partir dos sentidos. Lobachevski e Rieman construiron sistemas xeométricos que negaban os postulados evidentes de Euclides La deducción queda reducida al terreno de las CIENCIAS FORMALES
  • 19. O MÉTODO INDUCTIVO Parte de datos de experiencia e chega a xuízos universais Inducción incompleta Da observación dun certo número de feitos, concluimos que a característica é atribuible a todos os feitos en cuestión. Obxección: Que unha propiedade se cumpla nalgún caso, non implica que se vaia a cumplir sempre. Inducción completa Da observación dunha característica en todos os casos a tratar, conclúese que esa característica se da en todos os casos de que tratamos. Obxección: ◘ Na maioría dos casos é imposible analizar todos os feitos a tratar. ◘ No futuro poden aparecer casos novos que non cumpran as condicións. Crítico histórico ao método inductivo foi o filósofo empirista británico DAVID HUME (1711-1776)
  • 20. “O principio de indución ten que ser un enunciado u niversal. Así pois, se tentamos afirmar que sabemos por experiencia que é verdadeiro, reaparecen de novo xustamente os mesmos problemas que motivaron a súa introdución: para xustificalos temos que utilizar inferencias indutivas e para xustificar estas, temos que supor un principio de indución de orde superior, e así sucesivamente. Polo tanto, cae pola súa base o intento de fundamentar o principio de indución na experiencia xa que leva inevitablemente , a unha regresión infinita.” (Popper. A Lóxica da Investigación científica. p.29)