SlideShare a Scribd company logo
1 of 44
Download to read offline
nº 33
onte
oas
OO
SonSon
RebuldeiroRebuldeiro
EDICIÓN
Carme Manso
Ana Martínez
COORDINACIÓN
Dpto. de Lingua Galega
PROMOVE
Biblioteca do
IES Monte das Moas
DIRECCIÓN TÉCNICA
Anxos Fuciños
1
Editorial
Reflexións do confinamento
Entrevista a Ledicia Costas
Na nosa terra
Entrevista a Mar Hermida
Eu quero galego
Na nosa cabeza
Entrevista a Antía Yañez
Día da Muller
No noso Moas
Despedida de 2º de BAC
Moas dixital
O que quero facer cando poida saír
O escornavirus
A solidariedade
Axiña esquecedes
A natureza renace?
Poemas da Covid
Paseo por Cubelo
Pallozas e caldeiros
Canta nena galega
O meu avó Antón
Oficios tradicionais: carpinteiro
O longo camiño
Esquecemos ás veces o que somos
Os sentimentos dos adolescentes
Bullying
Feeling food
O coñecemento
O canto dos grilos
Esqueceuse de si mesma
Aniversario NÓS
Letras Galegas
Conferencia Ramona Giráldez
Samaín
Entroido
Os Maios
Grupo Teatro “Telón de Aquiles”
Actividades e Visitas
2
3
7
8
12
13
17
23
26
30
40
41
ÍNDICE
Finalizo os meus anos de docente neste centro “Dende o curuto dun castro”, e hoxe
non quero despedirme, desexo continuar en contacto con todos vós para ir
desescalando, para evitar a inevitable morriña, e para seguir sendo Moas.
Remato 37 anos e 5 meses de profesión, 31 deles no IES Monte das Moas ”esta ponte
entre xeracións”, e síntome moi fachendosa de ter tido excelentes colegas máis aló do
traballo, de ter tido compañeir@s de vida, de ter tido amig@s.
Lembro que fun alumna dende os 3 anos. Si, digo ben 3 anos, xa que tiven a sorte de
asistir a unha escola rural, e sendo a miña nai modista da mesta, acolleume “Doña Pilar”
(bendita muller depurada, deportada e confinada nunha aldea chea de congostras
enlamadas, naqueles terribles anos da posguerra). Acolleume “Doña Pilar” no seu colo co
meu mandilón de cadros, con saúdos á Cruz e ao Cadro da parede, con discordes cantos
“Cara al sol” e afervoados rezos á Virxe no mes de maio… Cantas décadas teñen pasado
dende aqueles recreos xogando aos indios e falando apache…!!!
E desde entón cantas mudanzas no ensino!. Cantas reformas e contrarreformas, e
plans, e declive, … Pero hoxe quero lembrar o que é realmente importante, quero lembrar
con cariño e emoción as persoas que me acompañaron. E quero conxugar algúns deses
verbos que conforman a nosa profesión e que ao longo da miña vida se foron facendo
recíprocos: convivir, confiar, ilusionar, compartir, educar… e agradecer.
Agradecer a sorte de ter traballado nun centro con estas magníficas xanelas abertas ao
mar, “con abrentes de laranxa e lilas”, con compañeir@s de vida, e con alumnado sempre
sorprendente e entusiasta.
Non cambio de profesión, síntome “enganchada” a ela e quero compartir a
educación da miña neta, vou ir con ela plantar hortas, andar camiños, abrazar árbores e
facer poesías ao mar. Teño esa sorte inmensa e impagable, en verdade que me sinto moi
afortunada.
Desexo para todos vós o mesmo que eu vivín: un marabilloso alumnado e moi boa
compañía para poder encarar o camiño que tedes por diante.
E lembrade:
SEMPRE SEREMOS MOAS!!
Confío en que entenderedes os meus motivos para apropiarme deste espazo da
EDITORIAL este ano tan especial para nós. Tomo esa licenza pois vou iniciar:
Carme Manso
Xuño 2020
EDITORIAL
Un novo camiño
3
QUERO que tod@s festexemos
e xunt@s xoguemos.
Quero correr polos parques
mentres ti as risas compartes.
Quero que vaiamos á praia
e tomemos xeados na toalla.
Quero que nademos nas praias
e que patinemos sen que caias!
Quero que cantemos tod@s ao son do tambor,
quero que partamos cara aos nosos soños.
Quero e necesito xa aos meus amig@s ver.
... É imposible que xamais os deixe de querer
Poema colectivo do confinamento (1º ESO E)
O que quero facer cando poida saír....
reflexións do confinamento
reflexións do confinamento
O ESCORNAVIRUS
Cando pensamos nunha razón ou un
problema polo que se nos serían
canceladas as vacacións, pensamos máis
ben en algo como: unha escordadura nun
nocello ou ventos furacanados que non
deixarían despegar o noso avión.  O que
nunca se nos ocorrería sería que aparecera
un virus, que matase e contaxiara a
poboación de todo o mundo. 
Porén, o máis rechamante non está nas
cidades, que parece unha versión de The
Walking Dead con moito papel hixiénico,
senón nas vilas, onde a maioría de persoas
que habitan nelas son xente maior ás cales
o COVID-19 poder resultarlles mortal.
Estas persoas seguen coa súa rutina diaria á
marxe de que nas cidades a xente está
histérica porque cren que vai comezar un
especie de Terceira Guerra mundial ou que
esta é unha estratexia dos gobernos para
librarse da poboación. Como resultado,
temos que estas persoas foxen ás aldeas e
van infectar os seus residentes.
Estas accións fan que a xente que estando
na aldea e que, inda tendo unha saúde
delicada, estaba máis ou menos a salvo,
agora teñan un serio problema. E o impacto
máis importante foi cando os madrileños
fuxindo de Madrid viñeron a Galicia, coa
idea de ir tomar o sol a “Sanjenjo”.
Eu creo que esta xente pensa que os
galegos somos de ferro ou algo semellante
e que a nós non nos afecta o coronavirus, e
aí teñen razón: a nós o que nos afecta é o
“escornavirus”.
ANA ISABEL DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A)
A SOLIDARIEDADE
A solidariedade é o apoio incondicional a causas alleas,
particularmente situacións comprometidas e difíciles.
Este concepto é moi escoitado na actualidade,
especialmente nestes días de crise na saúde global. 
Que é solidario? Está ben se só damos a coñecer a
situación ou temos que participar activamente? Os
actos solidarios xorden da moral ou da necesidade de
recoñecemento social? Vivimos na era das redes
sociais, onde moitas persoas pensan que cun acto de
difusión sobre aquilo que lles parece relevante, pero
que non lles afecta directamente, fan suficiente. De
súpeto séntense con superioridade moral. Actos de pura
hipocrisía.
Poño, por exemplo, a situación actual, agora que o
mundo está infectado do coronavirus. Para a xente
nova o virus non resultará letal. Dá isto dereito aos mozos
a saír á rúa e facer vida normal? Recordemos que se
contraen o virus poderían contaxialo a grupos de risco e
ocasionar a morte. O único que se nos pide é
permanecer na casa para evitar mortes. Non debería a
conciencia ser suficiente para obedecer? Por que ten
que intervir a lei? Non é curioso que a xente que
incumpre a norma sexa a mesma que difunde nas redes
#euquedonacasa?
Isto lévame a unha reflexión sobre a actuación do home
como ser social, precisamos os demais para a nosa
felicidade e, ainda así, cómenos un individualismo feroz
capaz de prexudicar toda a nosa contorna. Pode que o
sentimento de solidariedade non sexa tan innato como
tendemos a pensar.
ALEJANDRA BLAS MENÉNDEZ (4º ESO A)
5reflexións do confinamento
AXIÑA ESQUECEDES
Axiña esquecedes!
Disque as cousas morren cando deixamos de lembralas.
A morte é parte da vida. Que paradoxo que hoxe semelle que xa non hai mortos, convertidos
en simples números para así poder evitar ese (mal)vivir.
Axiña esquecedes!
Na miña rúa xa non sae ninguén ás xanelas e “as oito” son unha hora máis no reloxo na que
o balbordo é moito menor. Xa non hai sorrisos ou, polo menos, xa non se ven porque
perdemos a metade da faciana e o verde parece natural. As prazas son quirófanos e
seguimos sen ver nenos nos parques.
Pero que axiña esquecedes que o xeo foi depósito de cadáveres, que o pazo foi hospital.
Que axiña esquecedes que chamastes superheroes a aqueles que non teñen máis
superpoderes ca o seu traballo, nin máis legado ca os recortes... E xa non os lembrades,
porque no 5ºB vivía unha enfermeira que agora xa non ten casa, nin coche, nin razóns polas
que brindar…
E axiña esquecedes. Que os virus non entenden de historia e que todos cometemos erros,
que os mortos doen máis cando non hai ninguén a quen culpar. E axiña esquecedes os días
das rúas en silencio, a Gran Vía afogada na penúltima cervexa ou a boina que por fin
desapareceu da cabeza de Madrid.
Queredes que vos digan que xa non fai falta recordar a curva.
Os mortos doen máis cando non queda ninguén a quen culpar.
Axiña esquecedes que as bandeiras non poden curar.
LORENA LÓPEZ CABANAS (1º BAC A)
reflexións do confinamento
POEMAS DA COVID
O rei Corono chegou
e o mundo enteiro parou.
Como todos somos paxaros,
nas gaiolas quedamos.
O rei Corono chegou
e meteunos nunha gaiola.
Como non podemos saír
ficamos coa familia e mola.
O rei Corono chegou
e parou o meu reloxo.
Como o tempo é ouro
fundímolo doutra forma.
CANDELA GONZÁLEZ PORTAS (2º ESO E)
A NATUREZA RENACE?
O 12 de marzo o presidente Pedro Sánchez comparece ante a nación: declárase o Estado de Alarma. Que
está a pasar? Un pequeno virus, de apenas uns 200nm, chamado Covid-19 (Sars cov-2, para os expertos) vén
facendo estragos dende China. Provoca o contaxio de milleiros de persoas e a morte de moitas. Esténdese
rapidamente por todos os países, Italia sofre grandes perdas humanas, e chega a España. 
As autoridades deciden que o confinamento da meirande parte de poboación nas súas casas é a mellor
maneira de frear a transmisión do virus. Pechan negocios turísticos, tendas de roupa e outras cousas que non
sexan imprescindibles, bares, hoteis, en fin, todos aqueles negocios que non sexan necesarios para a
supervivencia da xente. A actividade económica redúcese ao máximo posible. Hai perdas millonarias nas
empresas, milleiros de persoas sen traballo, a economía sofre, mais, dentro de todo este caos temos unha
noticia boa: a Natureza toma un respiro de nós. 
As industrias pechadas, as estradas desérticas e as rúas baleiras traen un efecto rapidamente visible: mellora
a calidade do aire e da auga. Redúcense as emisións contaminantes na atmosfera, o aire tórnase máis
limpo, moitas cidades nunca viran os seus ceos tan despexados. En Barcelona os niveis de CO2 reducíronse
un 75% o mes pasado. Os animais tentan recuperar o seu contorno natural; vémolos pasear polas nosas rúas
agora baleiras, nos espazos naturais xa non hai visitantes, escaladores, sendeiristas. Vense golfiños nas
saturadas augas do Mediterráneo. Os científicos avisan dun posible efecto rebote cando a actividade
humana retome a marchas forzadas o seu nivel anterior.
Porén, esta pandemia tráenos algunhas reflexións. A Natureza está a sufrir unha presión sen precedentes
pola actividade humana. Os plásticos invaden os océanos, o aire que respiramos está cheo de
contaminantes, os recursos esgótanse. Está o planeta Terra preparado para aguantar a presión humana por
moito tempo máis? Os gobernantes dos paises máis poderosos non queren baixar o ritmo, pero agora un
virus (non pode considerarse un ser vivo) fainos frear de súpeto. E observamos que si se pode. Pódese vivir
doutro xeito.
Podemos ter unha economía sostible, que nos permita avanzar coma sociedade, sen ter que deixar un
regueiro de destrución tras de nós. Temos que buscar solucións. Temos que protexer a Natureza, porque non
temos planeta de reposto. Vainos obrigar o coronavirus, coma enviado da Natureza, a tomar un respiro
todos os anos, ou imos tentar facer algo de verdade. Está nas nosas mans.
JOEL PÉREZ FUCIÑOS (4º ESO A)
Sara - O libro está dividido en dúas partes, a primeira narra feitos reais sobre a presenza de Jules Verne en
Vigo, mentres que a segunda é totalmente fantástica, cal das dúas lle gusta máis?
Ledicia - Gustoume escribir a combinación de ambas as dúas partes. Explícome: Jules Verne era un escritor
que manexaba con habelencia a fantasía. Pareceume bonito escribir sobre a súa presenza na cidade de
Vigo e introducir elementos de fantasía na historia. Paseino xenial escribindo esta novela!
Sara - A parte real está moi detallada e ata ten artígos do Faro de Vigo, que medios enpregou para
documentarse tanto desa viaxe (prensa, libros, internet)? Custoulle moito atopar esa información?
7
entrevista a
Ledicia - Tiven a fortuna de atopar persoas que me
proporcionaron todo o material que precisaba. Contactei
co Instituto de Estudos Vigueses e facilitáronme os artigos
do Faro de Vigo que daban conta da presenza de Verne na
cidade e moitos outros artigos que explicaban como era o
Vigo daquela época.
Sara - Uns dos personaxes son as mulleres planta, en que se
inspirou para crear estes seres fantásticos?
Ledicia - Na miña casa sempre houbo moitas plantas e
flores. Había moito tempo que tiña intención de escribir
unha novela onde o mundo da botánica tivese unha
importante presenza. De aí xurdiu a idea.
Sara - Que outros/as autores/as lle gustan ademais de Jules
Verne? Cal é o seu libro favorito (se é que pode elexir)?
Ledicia - Gústanme autores e autoras coma Neil Gaiman,
Philip Pullman, Astrid Lindgren, Christine Nostlinger... Un dos
meus libros favoritos é Dracula.
Sara - Ten algún libro seu que lle guste máis que os outros?
Ledicia - Teño, pero non podo desvelar ese segredo!
Sara - Moitas grazas por me ter atendido.
SARA MARTÍNEZ VIEITES
A Coruña, maio 2020
Ledicia Costas é unha escritora viguesa que comezou a escribir
moi nova, sendo unha adolescente. Gañou numerosos premios,
entre os cales destaca o Premio Nacional de Literatura infantil e
xuvenil (2015); co seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta.
Nesta breve entrevista, imos falar dun dos seus libros máis
coñecidos, Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta, o cal
levou o Premio Lazarillo de creación literaria de 2015 (entre
outros). Imos aló!
NOA SANDE TRILLO (2º ESO B)
CUBELO EN SAN MAMEDE (CARNOTA), O PARAÍSO DE NOA SANDE TRILLO
na nosa terra
A miña aldea é Cubelo, encóntrase en San Mamede, Carnota. Nunca me parei a contalos pero terá
aproximadamente unhas 5/6 parellas de avós, a miña casa é a máis afastada da estrada polo que nos
verán meus primos, meu irmán e mais eu podemos xogar sen problema.
A miña época favorita para ir a miña aldea é o verán porque ou imos á praia, facemos guerras de
auga, imos coa miña avoa a dar unha volta en tractor ou á horta ... Ás veces cun plástico que utilizan para
tapar os rolos de herba seca, entre todos quitamos as herbas que medran detrás da finca que teñen os meus
avós e estendemos o plástico dende o comezo da finca ata un buratiño que nos leva cara un regato
pequeno. Collemos dúas mangueiras, caldeiros cheos de auga e tirámonos como se fose un tobogán e
acabamos no río.
No verán a miña nai déixame invitar amigas e pasamos xuntas a fin de semana, pero o que máis me
gusta é cando convidamos a miña prima Carla que, aínda que non é prima miña por parte de nai, os meus
avós xa a queren como se fose outra neta máis; ademais as amigas poden vir unha fin de semana, pero é
que ela pasa todo o verán connosco.
E despois de contarvos porque a min me encanta ir, terei que dicirvos algo sobre os lugares de
turismo e cousas desas que se din cando falas dun lugar:
A Boca do Río: É moi longa, aproximadamente son uns
7km de praia, pero o mellor é que cando a marea está
alta, chega ao principio da praia, enche unhas pozas
ao lado dalgunhas pedras e dende alí pódese saltar.
Cando está baixa tes que camiñar un anaco ata
encontrar o mar.
O Hórreo de Carnota: É un hórreo enorme e con moitos
piares, exactamente ten 22 parellas. É o terceiro hórreo
máis grande de Galicia.
O Monte Pindo: Encóntrase moi próximo á praia, dependendo
do teu ritmo pódeche levar un tempo ou outro pero o normal é
facer a subida en 2 ou 3 horas e a baixada outras 2 horas.
A Fervenza do Ézaro: Non está exactamente dentro de Carnota
pero dende Carnota a Dumbría (lugar onde se encontran as
fervenzas) non hai máis de vinte minutos. Se miras e te informas
hai algúns días que lle poñen luz á fervenza.
Mirador de Louredo: Cando baixas en dirección á
praia encóntraste cun mirador moi bonito dende o
cal se pode ver toda a praia.
Faltan moitos máis pero, sen ningunha dúbida, esas
son as miñas preferidas. Eu sei que haberá xente que
pensará que a cidade é o mellor, pois hai tecnoloxía e
podes baixar cos teus amigos... Pero eu non me vou
cansar de dicilo, como na aldea non hai outro sitio!!
9
PALLOZAS E CALDEIROS
na nosa terra
A comezos do século XX había un peregrino chamado Xoel. A Xoel encantáballe
crear contos de fantasía e ciencia-ficción, e por iso decidira facer o Camiño de Santiago,
xa que ademais de poder contemplar paisaxes extraordinarias, conseguiría atopar algo
que o inspirara para comezar a escribir o seu próximo relato. Xoel vivía en León, polo que
realizaría o Camiño Francés, entrando en Galicia pola localidade do Cebreiro, un lugar
cheo de pallozas nas que vivían tanto animais coma persoas.
Cando Xoel chegou ata alí comezou a nevar e nevar e, aínda que ía bastante abri-
gado, tiña moito frío polo que tivo que refuxiarse nunha das pallozas. As persoas que alí
vivían recibírono moi amablemente, e como viron que non se atopaba moi ben, deitárono
xunto a lareira, tapárono e déronlle unha crema de cogomelos e castañas.
Ao día seguinte Xoel espertou co canto do galo e, como non estaba en condicións
de continuar a ruta, decidiu pasear pola aldea. Pasou por moitas pallozas pero houbo
unha que lle chamou a atención. A porta estaba aberta e, sen entrar, puido ver a unha
muller botando cousas, canto menos raras, a un caldeiro de gran tamaño. Pero non era
meiga, polo menos non o parecía. Xoel debeu asomarse moito pola porta, xa que ela
viuno e convidouno a entrar. Explicoulle a Xoel que o seu traballo era conservar e reparar
as pallozas e logo preguntoulle se cría na maxia, el contestoulle que ata que a vira non o
faría e a señora díxolle que iso se podía arreglar, que só tiña que acudir ás doce da noite
a súa casa e que non lle podía dicir nada a ninguén. Xoel aceptou.
Ás doce Xoel puxo a capa de palla e foi ata a cabana de Mariana (así se chamaba
a señora). Cando estivo dentro, Mariana díxolle que a acompañara a dar un paseo pola
aldea e que lle indicara cal era a palloza que peor estaba. Unha vez en fronte da vivenda,
Mariana prendeulle lume ao que tiña dentro do caldeiro (que levara consigo nun carro de
madeira) e deste comezou a saír fume de cor verde que envolveu a palloza e cando xa
non se podía ver a vivenda, Mariana empezou a tirarlle palla e xestas, cando o creu opor-
tuno, apagou o lume do caldeiro con neve e o fume foise esvaíndo, deixando á vista un
teito completamente cuberto e resistente e unhas paredes de pedra totalmente limpas e
libres de fungos.
Dende ese día Xoel creu na maxia e, cando chegou a Santiago, pediulle ao Apósto-
lo que se continuase coa práctica de conservar as pallozas ao longo do tempo.
“CANTA, NENA GALEGA”
Canta, nena galega, 
e non pares de cantar,
a triste historia
que nos tocou vivir e vou contar.
Canta, nena galega,
que ninguén podía imaxinar
que unha pandemia
a todos ía confinar.
Cantando a xente
nos balcóns está, aplaudindo
a sanitarios, bombeiros e policías
que tanto a axudar están.
Canta, nena galega,
e mais non deixes de lembrar
a todos os que se foron xa.
ANA MONDELO PENA (2º ESO B)
“O MEU AVÓ ANTÓN”
Sempre sorrindo, sempre contento,
a súa mirada reflexa o tempo.
No seu cabelo, o paso dos anos,
nos seus beizos, o amor eterno.
As súas apertas, calor e cariño
os seus ollos, o meu camiño.
Sempre animando os meus logros
sempre aplaudindo, pero agora amodo.
O tempo pasa, o medo chega,
vaise apagando coma unha candea.
O seu corazón late amodiño,
chegou a fin do seu camiño.
No meu corazón sempre estará,
o seu amor non se olvidará
MARÍA GRELA AMOR (2º ESO B)
ANTÓN AMOR CARDELLE
na nosa terra
©©©©©© 2002020202200000002 2022020200200020202020202002002020000 AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAALLLLFLFLFLLFLLFLFLFLFLFLLLLLLL REREREEREREDDODODDDOOOOODDDODDODOOODOOOOO VVVVVVVVVAAARARARARARARARAAARREELELLLELEELELELEEELAAAAAAAAAAAAAA
11
LUCAS DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ (1ºESO A)
OFICIOS TRADICIONAIS: carpinteiro
O meu avó chámase José, ten 92 anos e foi carpinteiro de carros e apeiros de
labranza nas vilas e aldeas dun dos municipios asentados no Macizo Central Ourensán.
Aprendeu o oficio de mozo, e non foi o único que tivo porque despois dedicouse a outras
cousas. Anos antes de abandonar o rural para vir á cidade, construía carros, arados e
outros pequenos apeiros de labranza que lle encargaban os seus veciños.
Era oficio reservado aos homes no que segundo el se viviu ben ata que chegaron os
tractores, os arados e outros apeiros de labranza de ferro que foron relevando á madeira.
As súas ferramentas eran pouco máis que as imprescindibles dun carpinteiro básico: serras
e serróns, trenchas e cepillos, martelos para os cravos e para golpear as trenchas coas que
esculpía a madeira e unhas boas machadas. Cando había que facer un carro, o
carpinteiro ía á casa do veciño que llo pedía. Antes, o dono do carro tiña que cortar a
madeira de carballo para o eixo e as rodas e de bidueiro para as restantes partes do
carro. A madeira tiña que cortarse en lúa nova, e permanecer a secar polo menos un ano.
Era entón cando o carpinteiro empezaba a darlle as formas adecuadas ás pezas, e logo
compolas como era preciso. Isto leváballe entre dous e tres meses. Así que como o meu
avó cobraba 30 pesetas por día, facer un carro viña saíndo por unhas 1.500 pesetas.
Os carpinteiros de carros e apeiros de labranza tiñan moita estima e consideración
entre aquelas xentes. Os bos carpinteiros eran moi buscados, e naqueles tempos
considerábase que estaban ben pagos. Podían gañar ao ano entre 5.000 e 6.000 pesetas.
Ás xentes daqueles lugares gustáballes presumir de carro. E disputábase a cal de cada
aldea era ao que mellor lle "cantaba" o eixo.
na nosa terra
Simón: Bo día, Mar! Que tal vai todo?
Mar: Bo día! Pois aí andamos, xa sabes, con moito traballo.
S: Que é Aulas Galegas?
M: Aulas Galegas é un proxecto colaborativo que parte dun grupo de profesoras e profesores despois da chamada de
Pilar Ponte, a que ideou os 21 días co Galego.
S: De onde sae este proxecto?
M: Pois sae da cabeza de Pilar Ponte. O día 13 de marzo, o día que comezou o confinamento, chamoume e propúxomo
e eu, por suposto, díxenlle que si sen pensalo. Cando Pilar propón algo non se pode dicir que non.
S: E canto tempo vos levou poñelo en marcha?
M: Pois o luns 16 puxemos en marcha a web, estaba todo montado, as coordinadoras das diferentes seccións e todo. Eu
quedei moi sorprendida da capacidade de traballo que temos pois unha inmensa maioría non nos coñeciamos
persoalmente, e seguimos sen nos coñecer.
S: Sorpréndenos cos números do asunto.
M: Pois comezamos un grupo dunhas 30 persoas, eu, por exemplo, empecei coordinando a sección de Lingua e
Literatura Galega mais agora tamén estou no equipo de corrección. Neste tempo de confinamento 535 persoas
puxéronse en contacto con nós para colaborar ou simplemente para darnos os seus datos.
Unha pasada! Non traballamos 535 persoas pero hai toda esa xente disposta a traballar colaborativamente e o máis
importante, en lingua galega.
S: En lingua galega, e logo?
M: Pois é un punto fundamental de AG, a lingua. Queremos ser un banco de recursos diferentes pero todos en lingua
galega. É máis, as seccións van desde os 0 anos até os 99 ou máis.
S: Ah pero non se centra só nas etapas de aprendizaxe?
M: Non, somos moito máis ambiciosas. Abarcamos todas as etapas educativas obrigatorias e non obrigatorias e todas as
materias; os materias están clasificados por etapas e materias pero temos outras seccións moi diferentes, por exemplo,
estamos cos maiores. Consideramos fundamental esta etapa para as familias por iso a incluímos, nela colabora un
equipo xerontolóxico con especialistas deste ámbito. Tamén temos outras olladas, mares de culturas, gastronomía...
Unha pasada!
S: Entón haberá un montón de entradas publicadas non si?
M: Pois si, van case case 1000 entradas de diferentes materias e etapas. E a maiores hai varios apartados de recursos
onde podes atopar diferentes aplicacións e os seus usos, ligazóns a páxinas fundamentais como O Portal das Palabras,
a AELG (asociación de escritores en lingua galega), webs de música, artes...
S: E nas artes, tedes algo de cine?
M: Tamén, temos xente do Certame de curtas OlloBoi e imos facendo públicas as curtametraxes premiadas ao longo
destes anos, feitas nos diferentes centros educativos e que moitas veces non teñen moita difusión. Hai marabillas.
S: E cal é a túa opinión do proxecto? Estás contenta?
M: Contentísima e moi emocionada e tremendamente orgullosa de facer parte del. É unha gran dinamizadora da
lingua.
S: E o proxecto remata co confinamento?
M: Pois non, decidimos darlle continuidade o curso que vén aínda que agora imos tomar un tempo de descanso pois
precisamos repoñer pilas e crear novas ideas. Xa estamos cun proxecto para o inicio do curso, unha axenda de AG.
S: Pois non tiña nin idea de que fose un proxecto tan completo. Moitas grazas por contárnolo e estaremos atent@s a AG
o próximo curso.
M: Grazas a ti por deixarmo contar.
SIMÓN LAGO HERMIDA (3º ESOS B)
entrevista a
Eu vou entrevistar a miña nai porque é un exemplo para
min e durante este confinamento traballou nun proxecto
que se chama Aulas Galegas que me chamou moito a
atención.
Imaxe de Ana Moreiras
aulasgalegas.org
13
ELBA ORBÁN LÓPEZ (1º ESO E)
1920
2020
15
Letras
Galegas
2020
RICARDO
CARVALHO
CALERO
JULIA CASTAÑEDO TRILLO (2º ESO B)
conferencia de
Lembrando a don Ricardo
Con motivo da celebración das Letras Galegas a exprofesora de Lingua Galega
deste centro durante 30 anos, Ramona Giráldez veu falar de don Ricardo
Carvalho Calero de quen foi alumna e discípula.
A conferencia dividiuse en dous bloques: un biográfico e outro autobiográfico.
No primeiro Ramona Giráldez disertou sobre a vida de D. Ricardo, as
diferentes etapas: neno en Ferrol, estudante en Compostela, licenciado
opositor e militar en Madrid, a guerra, cárcere en Xaén, Profesor en Lugo no
colexio Fingoy e finalmente catedrático en Compostela e as obras literarias
correspondentes a cada etapa.
Na segunda, autobiográfica, falou da súa experiencia como alumna de don
Ricardo, de nena no IES Rosalía Castro e despois na Universidade, contou
moitas anécdotas desta etapa, de como a admiración polo seu querido
profesor a decidiu a cursar a carreira de Galego e tamén falou da súa relación
persoal, xa sendo profesora, das interesantes e amenas conversas xa como
colegas de profesión. Destacando especialmente o amor que pola Terra e Pola
Lingua emanaba sempre das súas clases e das súas conversas e que transmitía
ao seu alumnado.
17
na
nosa
cabeza NEREA SÁNCHEZ VIQUEIRA (2º ESO E)
ANTÍA CONDE FERREIRO (2º ESO B)
HELENA BERMUDEZ FREIRE (1º ESO C)
Longo camiño
O tempo,
efémera ilusión
que nos aborda continuamente.
Reloxo que se iniciou,
e non para,
Cada decisión,
cada lágrima,
cada abrazo
afástannos do comezo
e lévannos máis cerca da meta.
A busca errónea
que nos fai perdelo.
A esperanza
dun minuto máis!
Querer adiantar o reloxo
para despois tratar de fuxir del.
Tensos por un peso
que nós mesmos ideamos.
Porque precisabamos razóns,
precisabamos unha historia,
algo que contar ao futuro.
Xa que é esa,
a existencia humana,
que precisa unha escusa
para ser o centro de todo.
A que creou o tempo,
o seu medo infinito.
E apesar de todo isto,
sabemos que non o temos,
e escollemos malgastalo.
Non rexistramos os momentos
ata que miramos atrás.
Porque ao final, só somos
pasaxeiros, e vivimos no vagón da festa,
ignorando as vistas ata que un día chegue
a revisora...
ANA DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A)
na nosa cabeza
19
Esquecemos ás veces o que somos
Vivimos rápido e fuxindo, buscando modos de escape dunha realidade composta
por ficción.
Os meses vánsenos das mans e nós nin nos decatamos.
Xa pasamos a maior parte da nosa mocidade, uns anos que non voltarán e non
poderemos facer outra cousa que laiarnos por non telos vivido.
Por non estar presentes no que de verdade importaba.
Algunhas das persoas que nos viron medrar, rir, chorar, que nos coidaron e nos
converteron no que somos, quizais non estarán por moito tempo.
E mentres nós seguiremos na nube.
Seguiremos vivindo sen preguntarnos como queremos facelo, esperando atopar a
felicidade tras cumprir os pasos dun guión que nós non escribimos.
Para vivir de verdade hai que lembrar e ter presente quen somos, e para isto ás
veces necesitamos voltar a persoas, lugares, ou mesmo linguas.
Ti e eu temos a sorte de ter unha que nos recorde de onde vimos e de a onde
poderemos sempre regresar.
Oxalá viva por moitos anos e sirva como vehículo de volta para moitas xeracións
e persoas esquecidas.
Agora é o noso momento, así que lembremos a sorte que temos e coidémola
como o fixeron os que coidaron de nós.
ICÍA DÍAZ KIRK (4º ESO C)
na nosa cabeza
OS SENTIMENTOS DOS ADOLESCENTES
A todos os adolescentes nos din que temos
que madurar, que non somos responsables e que
non aceptamos as nosas propias circunstancias;
que nunca estamos de acordo co establecido,
que somos “uns rebeldes”. Tamén nos din que
temos que sacar boas notas para ter un “bo
futuro”, indo á universidade e estudando unha
“prestixiosa carreira”. Cando levamos a casa
unha mala nota sentímonos culpables, rífannos 
por “ser uns vagos” ou por “non esforzarnos o
suficiente”. Noutro ámbito, por exemplo, no que
respecta aos vínculos que temos coa xente, senti-
mos que nos están xulgando por calquera cousa
que digamos (ou mesmo pola música que escoi-
tamos na radio ou os programas que vemos na
televisión). Todo isto sumado aos cambios que nos
están ocorrendo (cambios físicos e psicolóxicos)
fan que non se teña unha estabilidade emocional
moi grande.
A maioría dos adolescentes non están
cómodos co seu corpo, fixen varias entrevistas a
uns amigos meus de diferentes idades, dende os
13 ata os 18 anos, e, de 10 partes do corpo (que
dixen que puxeran se tiñan ou non inseguridades),
todos estaban moi diferenciados no que conside-
raban defectos, pero numericamente todos tiñan
máis de 5 inseguridades (o máis común: a barriga
e as pernas).
Podería ser que estas inseguridades se
deberan ás redes sociais? Probablemente: a
xente quere mostrar que teñen unha vida perfec-
ta para que as demais persoas sintan envexa
delas. Pero non soamente son as persoas que
soben posts ao Instagram teñen a culpa. Todo o
sistema educativo quere soamente o “mellor dos
mellores” (o que saca 10), e aos que non chegan
ao aprobado os colocan nun apartado titulado
“casos perdidos”.
Entón, que poderiamos facer ante toda
esta falta de autoestima?
Falar, falar e falar. Falar cos vosos fillos, cos
vosos amigos, cos coñecidos e tamén con desco-
ñecidos.
ÁGUEDA MILLÁN PENA (4º ESO A)
Para comezar, as faltas de respecto ou
o bullying non son algo co que xogar, xa que
moita xente sofre del e pasa por cousas compli-
cadas por esta falta de respecto e de empatía.
As persoas que fan bullying ou faltas
deste tipo, soen ser aquelas que están sufrindo
polo mesmo na casa, ou que cren que teñen
valor e opinión sobre os outros, cousa moi equi-
vocada pero que moitos manteñen.
NON PODES DEIXAR QUE NINGUÉN
INFRAVALORE NADA, DA TÚA PERSONALIDADE,
OU DO TEU FÍSICO... NADA!
Esa xente non se decata do dano que
pode chegar a facer, pero non só é culpa da
persoa que fai e di todo iso, senón tamén dos
demais que o rin, xa que isto fai que non se
deteña esta situación e que vaia a máis. Pero o
peor destas situacións é que máis da metade
das persoas que sofren destes problemas non
piden axuda, non avisan a ninguén para que
todo pase; soamente calan por se despois
teñen aínda máis problemas.
Estas situacións poden solucionarse,
pero para iso TES QUE QUERELO, TES QUE PEDIR
AXUDA, avisar a alguén no que confíes para
poderlle contar todo o que che está a pasar.
Moitos non o fan, e ao final acaban pasando
cousas realmente terribles. Temos que ter
empatía, e antes de falar, pensar e dicir para
nos mesmos: “vou dicir isto, pero gustaríame
que mo dixeran a min?” Esta é a pregunta que
a maioría das persoas non se fai, e finalmente
rematan causando dano a outras que non
teñen culpa.
TES QUE PROTEXERTE E NON PERMITIR QUE
FALEN ASÍ DE TI, TES QUE PARAR A SITUACIÓN E
SOLUCIONALA.
EMMA BUJÁN MOURIÑO (1º ESO A)
O BULLYING
“A miña opinión sobre as faltas de respecto ou o bullying que
exercen algunhas persoas sobre outras por mor de “defectos”
na nosa cabezana nosa cabeza
21
FEELING GOOD
Se non estivésemos en plena pandemia mundial e confinados na casa a causa do Estado de Alerta
que o goberno se viu obrigado a decretar o día 27 de marzo, eu faría o meu primeiro solosolo de
danza, a miña primeira actuación en solitario e cunha coreografía que eu mesma realicei pola
miña conta, coa axuda do profesorado do Conservatorio Profesional de Danza, en concreto co
profesor de contemporáneo. Como tivemos que aprazar a actuación e non sabemos cando poderei
volver bailar gustaríame falar sobre o que o solosolo significaba para min e sobre o que este quería
expresar.
A coreografía é unha peza de danza contemporánea coa canción de  Feeling
Good, dunha magnífica cantante chamada Nina Simone. Cando eu escoitei esta canción
por primeira vez, non era capaz de imaxinar todo o que esta significa nin todo o que chega-
ría a significar para min. O solo naceu na miña casa, entre as paredes do meu cuarto, impul-
sado pola sinuosa voz de Nina. Cada vez que bailo sinto a necesidade de expresar algo, de
esconder unha emoción en cada paso, e cando escoitei con atención a letra desta can-
ción deime conta de que esta enviaba unha mensaxe clara e concisa, é un grito a favor da
liberdade. E é que a liberdade é un dos dereitos inherentes do ser humano, un dos requisitos
indispensables para conformar a nosa personalidade e construírnos a nós mesmos. Isto
fíxome reflexionar, que sería de nós sen a liberdade? Que é para min a liberdade? Para min
a liberdade radica na independencia e na autonomía, na capacidade de pensar diferente
e de poder expresalo sen medo a represalias. En poder ser nós mesmos, en falar na lingua
que nós mesmos escollemos, en amar a quen queiramos amar, en transmitir as nosas opinións
dende o respecto e a consideración,en poder ter distintas crenzas relixiosas, pero sen permitir
que estas nos condicionen ata o punto de coartar a nosa liberdade individual, na igualdade
entre individuos, na ausencia de dominación duns sobre outros, pero sobre todo en sentir
que non somos escravos de ninguén nin da sociedade, que somos persoas con xuízo e voz
propia que ninguén ten o dereito de silenciar.
Na actualidade, por desgraza, en pleno século XXI hai moitas persoas que non gozan
desa liberdade. En países como Corea do Norte ou Etiopía viólanse continuamente os derei-
tos humanos, restrinxindo a liberdade de expresión e manifestación e castigando con dureza
a todo aquel que se posiciona contrario ao réxime. Sen ir máis lonxe, é posible que eu fose
sancionada e mesmo engaiolada por escribir estas liñas vivindo neses países. Neses lugares
do mundo a liberdade é nula, a prensa vese sometida aos intereses do réxime, e a arte cen-
súrase para non permitir que a xente pense diferente. Hai mulleres no mundo que non poden
decidir nin con quen casan, persoas que viven en condicións extremadamente precarias e
non poden protestar, presos cuxo único delito é pensar diferente e exiliados que teñen que
fuxir de países onde os seus dereitos son inexistentes para as autoridades ou onde a guerra
anula toda a humanidade que quedaba nese lugar. E eu non podo evitar preguntarme por
que. Por que se seguen dando esas situacións? A que lle teñen medo as persoas que
restrinxen a liberdade dos outros? Por que permitimos que isto pase e miramos cara outro
lado? Creo que o problema está en que cando algo non nos toca de cerca facemos caso
omiso, que non entendemos que o mundo é de todos e que temos que loitar para garantir
a liberdade e os dereitos de todos nós.
Eu síntome libre cando bailo, cando escribo, cando me expreso; e gustaríame que
calquera persoa independentemente do país no que vive puidese sentir esa liberdade que
eu sinto porque é algo insubstituíble e único.
Recordo con moito cariño a primeira vez que bailei o solo enteiro. Nese momento,
deime conta do que Feeling Good significa, do que sentirse ben significa. Para min sentirme
ben é sentirme libre.
SARA SANZ FONTA (4º ESO A)
na nosa cabezana nosa cabeza
O CANTO DOS GRILOS
Hai moitísimo tempo, nunha aldea galega, vivía un neno.
Non era un neno normal, xa que el foi quen creou as marga-
ridaseoscaraveis,emaistaméncreouasbaleaseosollomois.
So tiña que pensar nun animal ou nunha flor e desexar que
aparecese ao seu carón.
Facendo isto creou case todas as especies que coñecemos,
pero a que máis lle gustaba a el era o grilo. Todas as noites
sentaba na herba a falar con eles. Un bo día, o neno decidiu
que xa non cabían máis animais nin máis plantas no noso
mundo,asíquedecidiuconvertersenunhaestrelaparapoder
vixiar a todas as súas creacións dende o máis alto.
Esta persoa especial, á que lle debemos tanto, está agora tan
tranquila. Ás veces, quere dar un paseo pola cidade, entón
convértese nun can, outras, apetécelle observar algún xardín
e transfórmase nunha árbore, pero algo que non cambiou
dendeodíaquedecidiudeixardeserhumano,équetodasas
noites fala cos grilos.
E esa é a razón pola que escoitamos ese son marabilloso que
fan estes animais todas as noites ao falar coa estrela que os
creou.
ESQUECEUSE DE SI MESMA
Aqueles ollos cor de mel quedáronlle gravados, e cada vez que pechaba os seus propios aparecía aquela ollada.
Buscou e rebuscou na xente aquelas pupilas que a encandilaran, tiña a necesidade de descubrir o seu dono e coñecelo.
Non sabe, non recorda o lugar, non ten idea de onde os atopou por primeira e última vez, iso faina tolear.
Cansa de buscar e non atopar nada, rendeuse, deixou (máis ben intentou deixar) á marxe da súa vida aquelas pupilas.
Coñeceu mil persoas, pero ningunha coincidía con aqueles ollos, uns asemellábanse máis ca outros, pero ningúns eran os
mesmos.
Aquela ollada transmitía tanto... Esa persoa estaba quebrada e triste, dende que a viu entroulle a necesidade de axudala; foi
algo que se prometeu a si mesma.
Pero, non... decatouse de algo..., e importante... Os ollos que tanto ansiaba atopar eran os seus, e por estar tan centrada en
axudar e estar para os demais... esqueceuse de si mesma...
NAIARA MEDINA JIMÉNEZ (4º ESO A)
na nosa cabeza
PAULA RODEIRO IGLESIAS (1º ESO C)
Alba: Por que escolliches á familia Viturro para formar parte da obra? Como descubriches Casa
Viturro?
A. Y.: Eu non escollín unha familia, escollín o edificio. Tiña que ser un edificio modernista, que estivese
construído na época de Alana e de Alda. Tamén tiña que ser un edificio, digamos nunha zona rica, non nun
barrio obreiro, e entón fixeime nese edificio, chamoume moito a atención, gustoume moito. Despois foi
cando descubrín que se chamaba Casa Viturro e ben, como xa tiña un nome dunha familia e tiña unha
historia non me apetecía cambiala. O único que fixen foi manter a familia e crear un personaxe novo,
Bernabé, porque eu pensei que se escribisen iso da miña familia, non me gustaría que dixesen que o meu avó
era un maltratador, entón o que fixen foi inventar un novo personaxe. 
A.: Coñeces a historia que hai detrás de vila Chorima?
A. Y.: Non, inventeina. Como Cecebre era a zona de veraneo, xa que no interior a xente ía moito alí;
cadrábame todo ben, estábamos aquí en Cecebre, había unha casa, e o de inspirarme foi por iso. Eu non
coñezo a historia da casa ou de quen é.
A.: Como descubriches a Corona González?
A. Y.: Pois buscando como se trataba a violencia machista no pasado, atopei os artigos dela, e
sorprendeume tanto unha muller feminista na época que escribise en galego, que decidín meter as noticias,
e meter tamén a ese personaxe que é real, aínda que non se sabe moito dela, é unha descoñecida. 
L.: Sobre os recortes de prensa que aparecen na obra, como chegaches a eles?
A. Y.: Eu cheguei a eles porque quería ver como se trataba a violencia de xénero, a violencia
machista, nos anos 20 e 30. É que este é unha denominación moi moderna, non tiña nin idea de como na
época de Alana se podía tratar este tema; e púxenme a buscar, chamoume moito a atención que
traballamos moito pero que algunhas cousas aínda son moi semellantes, en lugar de explicar que as cousas
non cambiaron tanto, pareceume unha mellor idea poñer de exemplo os titulares. A min sempre me gustou
23
entrevista a
Nada en Burela 1991, licenciada en Enxeñería de Camiños
Canles e Portos, e galardoada con premios como o de Relato
Curto en Redondela (2014) o Certame literario de Poesía e
Narración Breve de Cambre, Premio Illa Nova de Narrativa
(2018)entreoutros.Actualmentetraballanunhaacademiae
compaxina este traballo coa escritura. Ten numerosas obras
coma “O misterio de Portomarín”, “O misterio do torque de
Burela” , a distopía “Be Water”, e “Senlleiras”, que foi o libro
que limos a anterior avaliación, antes de confinarnos na
casa.
Concedeunos unha videoconferencia e descubrimos que é
unha namorada da botánica, da historia, e dos seus
animais. Preguntámoslle sobre "Senlleiras":
moito ler libros que non son lineais, que no medio hai un email, un WhatsApp, algo que rompa a monotonía;
se é todo igual abúrrome moi rápido. 
L.: Resultouche sinxelo traballar con tantos narradores?
A. Y.: Si, un pouco polo mesmo, porque sempre o mesmo punto de vista resulta demasiado negro, o
cambio de narrador axuda tamén a saber que cambiaches de lugar, ou de tempo. Para facelo todo un
pouco máis dinámico. Gustábame máis escribir así e resúltabame tamén menos aburrido.
A.: Que significado cres que lle aportan as laranxeiras á obra?
A. Y.: As laranxeiras eran simplemente para amosar que Alana era unha rapaza que non se rendía
con facilidade, que era intelixente e que podía chegar a facer cousas que outros como o xardiñeiro
(Aniceto) daban por perdidas. Que era constante, era loitadora e que aínda que sexas unha muller
intelixente e loitadora, a violencia de xénero tamén che pode afectar a ti. Un político fixo unha declaración
sobre a violencia de xénero dicindo que estaba relacionada cos teus ingresos, cun nivel cultural baixo, e
para nada; podes ser doutora en física e que che toque porque precesimente a violencia de xénero, o
perigoso é que pouco a pouco vaite envolvendo, en non sabes en que momento hai ou non. Hai unha frase
moi boa na serie “O Conto da Criada”; a miña serie favorita, e di que se entras nunha bañeira e auga está
morna e che van subindo a temperatura da auga pouco a pouco, morres cocida sen darte conta; en
cambio, se directamente metes o pé na auga fervendo, daste conta, non? É algo semellante co que pasa
coa violencia de xénero. A primeira vez que ves a un tipo e te insulta, ou che pega, sabes que é gilipollas;
pero se o fai pouco a pouco, vaite envolvendo,  vaiche dicindo cousas, e parece que non ou parece que
entrevista a
si… Iso pode pasarlle a calquera, con
independencia dos ingresos, do nivel cultural, de
todo.
A.: Fálanos un pouco do papel que cres
que desempeñan os homes en “Senlleiras”.
A. Y.: Houbo un crítico que me fixo unha
reflexión, que me dixo que os maltratadores da
miña novela eran malos moi malos e non lles poñía
luces ou sombras, non? Seguro que Hitler era bo
nalgunhas cousas… para min os homes de
Senlleiras non eran homes diferentes, senón que se
ti colles a todo os homes da novela e os fundes en
home, en home en xeral, xénero home, ti ves que
hai homes maltratadores, e homes correntes…
porque iso de que todos os homes son malos, non.
Hai homes maltratadores, e logo hai homes como
Xosé que son simplemente normais, como debería
ser un ser humano, o meu libro centra a atención
nelas, non neles; os meus maltratadores na novela
son mobles, a única función que teñen é maltratar,
punto. Non quero nin indagar en porque o fan nin
profundizar nas súas incoherencias persoais, non.
Para iso están Xosé e André, para iso está ese
contrapunto.
L.: Cal das dúas protagonistas femininas
che gusta máis: Alda ou Alana?
A. Y.: A min creo que a que máis me gusta
é Navia. Cando escribes os personaxes saen un
pouco de ti, por exemplo: Alana ten esa paixón
que eu tiña polos libros cando era pequena e lía
25
ALBA GONZÁLEZ RAMOS
LORENA LÓPEZ CABANAS
(1º BAC)
entrevista a
moitísimo; Alda ten esa preocupación que eu tiven moito na adolescencia sobre a beleza. Eu nacín no 91, e
fun das primeiras xeracións de adolescentes con redes sociais, Fotolog, Tuenti, entón xa comezábamos a ver
iso de “esa foto non a subas, que saio mal, porque non sei que, cantas visitas teño, cantos comentarios me
deixaron”, e iso. Esa sensación de Alda non me gusta, a verdade é que se tivese que quedarme con unha
sería con Navia, porque dentro da súa dor, da dor que sente, é quen de sacarlle humor, aínda que sexa
negro.
L.: Como te decantaches por estudar unha enxeñería? Era vocacional? Que lle dirías aos rapac@s
que están a piques de escoller a súa carreira?
A. Y.: Non, non era vocacional, para nada. Eu tiña amigas que de pequenas tiñan moi claro que
querían ser médicos, ou enfermeiras ou xornalistas, tíñano súper claro. Y eu nunca souben que quería ser de
maior, sempre quixen ser de todo, podía coller calquera cousa. Entón decidín que o primeiro que debía
elexir era onde quería estudar, e escollín A Coruña, e dentro desta collín Enxeñería de Camiños porque era
moi dura e tiña moitas saídas (mentira cochina),, pero hoxe en día hai que estudar o que che guste.
Ter un título universitario váleche para opositar, e se non tedes claro de ir á universidade, eu tamén
miraría a opción de FPs, a parte de ser máis baratas (que iso importa moito) hai moita máis diversidade e
máis donde elixir; as carreiras están moi estamentadas. E iso, eu creo que temos que quitarlle un pouco de
valor a ter unha carreira e subir un pouco o de ter unha FP, son máis específicas.
A.: Algunha obra feminista que nos recomendes?
A. Y.: Eu para documentarme para ”Senlleiras” lin “Íbamos a ser reinas”, de Nuria Varela, que é brutal. 
”Invisibles” de Montse Fajardo, que está editada e é unha obra de teatro, editado polo Concello de
Pontevedra, ou pola Deputación, nunca o tiven moi claro, pero ese ponche os pelos de punta porque está
baseado en casos reais de mulleres de Galicia. 
Eses son máis cara a violencia machista, estou lendo un que non é feminismo propiamente dito pero
é moi divertido que se chama “Señoras que se empotraron hace mucho” e fala de mulleres dos séculos XVII,
XVIII XIX, lesbianas, que están olvidadas, e a autora cóntao en ton moi gracioso.
Dende aquí, queremos agradecerlle a
Antía a súa paciencia e o tempo que
nos adicou para aclarar todas estas
dúbidas con respecto a “Senlleiras”, e
tamén o feito de ter creado unha obra
tan importante para a xuventude, coa
que coñecer unha lacra da nosa
sociedade como son o machismo e a
violencia machista.  Moita sorte en
todos os proxectos do futuro, e aquí nos
terás, expectantes ante as túas novas
obras. 
Xuntas sempre fomos máis fortes.
Biblioteca do
IES Monte das Moas
Grazas un ano máis a todas as “NOBEL”
deste instituto, entusiastas colaboradoras
que levan 6 anos facendo máis visible o
labor de tantas mulleres extraordinarias.
27
29
no
noso
moas
SAMAÍN
OS MAIOS
ENTROIDO
31
samaín
OSCAR JUANATEY OROL (2º ESO B)
QUE É O MEDO?
A vida dá máis medo que as historias que nos contan ás catro da mañá.
Pregúntalle que é o medo á muller que vive cun monstro durmindo ao outro lado da cama. Que teme
que algún día os seus berros queden afogados entre catro paredes tinguidas de vermello.
Pregúntalle que é o medo ao neno que vive rodeado das pantasmas que a guerra deixa inexorablemen-
te. Ao neno que non coñece máis nanas que os estremecedores bombardeos, nin máis casa que as ruínas
que escriben a dor na pupila de todo aqueles que as contemplan.
Atrévete a preguntarlle que é o medo a aquel que convertemos en demo só por ser diferente. Que
engaiolamos nun cárcere de pecados por medo a que ame e sexa quen realmente é.
Pregúntalle tamén as mulleres Frankenstein que só buscan seguir os cánones de beleza que establecen
con aires despóticos as revistas. Pensas que entre tanto botox non hai medo a non ser o que a sociedade
quere delas?
Dille á Terra que che conto como se senten as torturas que lle facemos. Que che diga que ten medo a
morrer de calor, sen ser bruxa queimada no lume.
Así que si, se queres sentir medo ve as noticias, le o xornal.
Iso si que provoca un arrepío instantáneo.
SARA SANZ FONTA (4º ESO A)
samaín
ANA ISABEL DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A)
33entroido
Xa chegou o maio
xa chegou o día,
e vimos cantando
con moita alegría.
Con moita alegría,
con moita escura
cantamos o maio
fóra a amargura!
Fóra a amargura!
xa é primavera
dádenos as grazas
xa estamos de festa!
Xa estamos de festa,
imos polas rúas
amosando o maio
ata saír a lúa.
Ata saír a lúa
seguimos cantando
e despois dun chisco
imos rematando.
Imos rematando
moi devagariño
recollemos todo
xunto ao río Miño.
Greta González Mancebo (2º ESO E)
Os rapaces do Monte das Moas,
O maio celebramos,
E con ilusión,
cantamos unha canción.
Xa chegou o Maio
florido e colorido,
xa chegou o Maio,
e eu estaba durmido.
Maio compañeiro,
estrañábate moito,
as túas cores
e as túas flores.
Brais López Ferro (1º ESO C)
Que a festa dos maios chegue
no agosto da primavera,
aínda que o Covid moleste
a xente ficará leda.
A xente ficará leda
Estando na casa ou non.
A fase un xa se achega
e iso mola un montón.
E iso mola un montón,
pero nin a metade que os maios,
que estarán no corazón
mentres falamos nos tallos
Mentres falamos nos tallos
ó redor dunha lareira
agardando os agasallos
que poder mercar na feira.
Que poder mercar na feira
onde comprar sen temor,
e bailar unha muiñeira
que impulse a nosa paixón.
Óscar Juanatey Orol (2º ESO B)
os maios
C
O
P
L
A
S
D
O
S
M
A
I
O
S
Verónica Longueira Rouco (1º ESO E)
RAFAEL ALONSO PICA
Director do grupo teatral
35
O grupo Telón de Aquiles do IES Monte das Moas fai
estable a actividade teatral no instituto no 2013. Trabállase
unha nova obra cada ano con música en directo e
represéntase en seis ou sete funcións en diferentes centros
da provincia, con máis de 500 espectadores no total de
representacións. O grupo, que conta co apoio da ANPA do
instituto, participa na Mostra de teatro do Concello da
Coruña, no Certame da Deputación (antes Candilejas Don
Bosco) e nos Premios Buero Vallejo. Grazas á Fundación
Coca-Cola, organizadora deste último premio, un grupiño
dos alumnos acode cada ano ao Campus de actores. Telón
de Aquiles tamén realiza intercambios de representacións
con outros institutos.
A actividade do Telón de Aquiles abrangue xa un
historial moi variado en galego e castelán:
2014: “Bajarse al moro” de J. L. Alonso de Santos.
2015: “Asamblearias” de Aristófanes.
2015: “A lenda dos tres irmáns” (teatro de sombras) de J.K.
Rowling
2016: “El chico de la última fila” de Juan Mayorga
2017: “Aquí non paga ninguén” de Darío Fo
2017: “Calderón, ¿enamorado?” de J.M. Ruano.
2018: “Deus, unha comedia!” de Woody Allen.
2019: “Los locos” de Lope de Vega
Os premios chegaron cedo. Dende aquel cuarto
posto no Certame Candilejas Don Bosco, con mencións de
honra para os nosos actores por “El chico de la última fila”,
todos os anos o grupo obtivo galardóns neste concurso. O
máis exitoso foi o primeiro premio no 2019 por “Los locos de
Lope”, que xa obtivera premio pola súa música en directo
do grupo colaborador, Moas Antiqua (tamén do instituto e
dirixido por D. Juan Dios) nos premios Buero Vallejo.
No 2020 o grupo estaba a preparar unha versión
musical do entremés cervantino “El retablo de las
maravillas” que, polas limitacións do confinamento, non se
puido representar. É de esperar que a obra, feita en
colaboración co grupo musical Moas Antiqua e que xa ía
moi adiantada nos ensaios, poida ser estreada nos primeiros
meses de curso. Pese ao confinamento, o grupo participou
coa organización do Certame da Deputación na
elaboración dunha montaxe audiovisual e mantivo en
cartel “Los locos de Lope” para os Premio Buero Vallejo.
Fotografías, gravacións das obras, elencos, carteis,
alumnos participantes, programas de man, premios
acadados….
Toda a aventura deste Telón que
segue a subir cada ano no teatro do IES
Monte das Moas está á vosa disposición na
súa páxina web:
https://iesmontedasmoasteatro.wordpress.-
com/
Clubs de lectura
Concurso fotográfico
Lectura de poemas
actividades
37
Casa OTERO PREDRAYO
Roteiro cultural do Dpto. de Lingua Galega con 2º BAC á
casa de Otero Pedrayo en Trasalba e Ourense.
visitas
CASTRO DE ELVIÑA
Todos os anos o Dpto. de Xeografía e Historia leva
o alumnado de 1º de ESO a realizar unha visita
guiada polo Castro de Elviña
visitas
39
CIS e MUSEO DO HUMOR
O Dpto. de Tecnoloxía e Debuxo co alumnado de 3º de ESO
visitou o CIS (Centro de Innovación e Servizos, Deseño e
Tecnoloxía) de Ferrol e o Museo do Humor de Fene.
visitas
despedida 2º bacharelato
Adeus Moas
Adeus Moas, marchamos, partimos
e dun xeito pouco habitual,
nun ano en que todo é inusual,
sen graduación, apertas, ou bicos.
Ó teu carón os anos pasamos.
Este último como un sinal,
adianto da vida profesional, 
a pesar de estarmos confinados.
Todo viches e viviches todo,
dende aqueles primeiros namoros
até como forxamos os soños.
Sinto mágoa de che dicir adeus,
E teño afogo de sentimentos,
alegría e ilusión a centos!!
Adeus Moas, marchamos, partimos.
MIGUEL PARDO LÓPEZ (2º BAC A)
41
moas dixital
bibliomoas.blogspot.com
remoealingua.blogspot.com
lecturasrebuldeiras.blogspot.com
iesmontedasmoasteatro.wordpress.com
porque non todo vai ser papel botádelle un ollo ás páxinas web do instituto
edu.xunta.gal/centros/iesmontemoas/
onte
oas

More Related Content

Similar to Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas

Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaAsnosasletras
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Jorge Suárez
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilYolanda Paz
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoAsnosasletras
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 

Similar to Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas (20)

Carlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevistaCarlos Mella entrevista
Carlos Mella entrevista
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 12 - Mayo 2016 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1Novas de eu marzo v.1
Novas de eu marzo v.1
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantil
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 4 - Abril 2008 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Xeracións na estacada
Xeracións na estacadaXeracións na estacada
Xeracións na estacada
 
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 8. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Entrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvoEntrevista a Tucho calvo
Entrevista a Tucho calvo
 
Novas de eu marzo
Novas de eu marzoNovas de eu marzo
Novas de eu marzo
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 

More from bibliomoas

Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdf
Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdfCharlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdf
Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdfbibliomoas
 
Hora de ler. Consellos.pdf
Hora de ler. Consellos.pdfHora de ler. Consellos.pdf
Hora de ler. Consellos.pdfbibliomoas
 
Resena Don Diego.pdf
Resena Don Diego.pdfResena Don Diego.pdf
Resena Don Diego.pdfbibliomoas
 
As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielabibliomoas
 
A lagoa da serpe de pena trevinca
A lagoa da serpe de pena trevincaA lagoa da serpe de pena trevinca
A lagoa da serpe de pena trevincabibliomoas
 
A aposta do trasno
A aposta do trasnoA aposta do trasno
A aposta do trasnobibliomoas
 
Berthe morisot pdf
Berthe morisot pdfBerthe morisot pdf
Berthe morisot pdfbibliomoas
 
Julieta 3 a , frida kahlo (1)
Julieta 3 a , frida kahlo (1)Julieta 3 a , frida kahlo (1)
Julieta 3 a , frida kahlo (1)bibliomoas
 
O cervo ferido
O cervo feridoO cervo ferido
O cervo feridobibliomoas
 
Bases fotos terrorificas samain
Bases fotos terrorificas samainBases fotos terrorificas samain
Bases fotos terrorificas samainbibliomoas
 
Bases Concurso Samaín 2020
Bases Concurso Samaín 2020Bases Concurso Samaín 2020
Bases Concurso Samaín 2020bibliomoas
 
Procedemento para préstamos e devolucións
Procedemento para préstamos e devoluciónsProcedemento para préstamos e devolucións
Procedemento para préstamos e devoluciónsbibliomoas
 

More from bibliomoas (13)

Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdf
Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdfCharlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdf
Charlas sobre Accesibilidade Cognitiva en galego_revisada.pdf
 
Hora de ler. Consellos.pdf
Hora de ler. Consellos.pdfHora de ler. Consellos.pdf
Hora de ler. Consellos.pdf
 
Resena Don Diego.pdf
Resena Don Diego.pdfResena Don Diego.pdf
Resena Don Diego.pdf
 
As mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabrielaAs mulleres das lendas galegas.gabriela
As mulleres das lendas galegas.gabriela
 
A lagoa da serpe de pena trevinca
A lagoa da serpe de pena trevincaA lagoa da serpe de pena trevinca
A lagoa da serpe de pena trevinca
 
A aposta do trasno
A aposta do trasnoA aposta do trasno
A aposta do trasno
 
Berthe morisot pdf
Berthe morisot pdfBerthe morisot pdf
Berthe morisot pdf
 
Frida kahlo
Frida kahloFrida kahlo
Frida kahlo
 
Julieta 3 a , frida kahlo (1)
Julieta 3 a , frida kahlo (1)Julieta 3 a , frida kahlo (1)
Julieta 3 a , frida kahlo (1)
 
O cervo ferido
O cervo feridoO cervo ferido
O cervo ferido
 
Bases fotos terrorificas samain
Bases fotos terrorificas samainBases fotos terrorificas samain
Bases fotos terrorificas samain
 
Bases Concurso Samaín 2020
Bases Concurso Samaín 2020Bases Concurso Samaín 2020
Bases Concurso Samaín 2020
 
Procedemento para préstamos e devolucións
Procedemento para préstamos e devoluciónsProcedemento para préstamos e devolucións
Procedemento para préstamos e devolucións
 

Revista 2020 Biblioteca IES Monte das Moas

  • 2. EDICIÓN Carme Manso Ana Martínez COORDINACIÓN Dpto. de Lingua Galega PROMOVE Biblioteca do IES Monte das Moas DIRECCIÓN TÉCNICA Anxos Fuciños
  • 3. 1 Editorial Reflexións do confinamento Entrevista a Ledicia Costas Na nosa terra Entrevista a Mar Hermida Eu quero galego Na nosa cabeza Entrevista a Antía Yañez Día da Muller No noso Moas Despedida de 2º de BAC Moas dixital O que quero facer cando poida saír O escornavirus A solidariedade Axiña esquecedes A natureza renace? Poemas da Covid Paseo por Cubelo Pallozas e caldeiros Canta nena galega O meu avó Antón Oficios tradicionais: carpinteiro O longo camiño Esquecemos ás veces o que somos Os sentimentos dos adolescentes Bullying Feeling food O coñecemento O canto dos grilos Esqueceuse de si mesma Aniversario NÓS Letras Galegas Conferencia Ramona Giráldez Samaín Entroido Os Maios Grupo Teatro “Telón de Aquiles” Actividades e Visitas 2 3 7 8 12 13 17 23 26 30 40 41 ÍNDICE
  • 4. Finalizo os meus anos de docente neste centro “Dende o curuto dun castro”, e hoxe non quero despedirme, desexo continuar en contacto con todos vós para ir desescalando, para evitar a inevitable morriña, e para seguir sendo Moas. Remato 37 anos e 5 meses de profesión, 31 deles no IES Monte das Moas ”esta ponte entre xeracións”, e síntome moi fachendosa de ter tido excelentes colegas máis aló do traballo, de ter tido compañeir@s de vida, de ter tido amig@s. Lembro que fun alumna dende os 3 anos. Si, digo ben 3 anos, xa que tiven a sorte de asistir a unha escola rural, e sendo a miña nai modista da mesta, acolleume “Doña Pilar” (bendita muller depurada, deportada e confinada nunha aldea chea de congostras enlamadas, naqueles terribles anos da posguerra). Acolleume “Doña Pilar” no seu colo co meu mandilón de cadros, con saúdos á Cruz e ao Cadro da parede, con discordes cantos “Cara al sol” e afervoados rezos á Virxe no mes de maio… Cantas décadas teñen pasado dende aqueles recreos xogando aos indios e falando apache…!!! E desde entón cantas mudanzas no ensino!. Cantas reformas e contrarreformas, e plans, e declive, … Pero hoxe quero lembrar o que é realmente importante, quero lembrar con cariño e emoción as persoas que me acompañaron. E quero conxugar algúns deses verbos que conforman a nosa profesión e que ao longo da miña vida se foron facendo recíprocos: convivir, confiar, ilusionar, compartir, educar… e agradecer. Agradecer a sorte de ter traballado nun centro con estas magníficas xanelas abertas ao mar, “con abrentes de laranxa e lilas”, con compañeir@s de vida, e con alumnado sempre sorprendente e entusiasta. Non cambio de profesión, síntome “enganchada” a ela e quero compartir a educación da miña neta, vou ir con ela plantar hortas, andar camiños, abrazar árbores e facer poesías ao mar. Teño esa sorte inmensa e impagable, en verdade que me sinto moi afortunada. Desexo para todos vós o mesmo que eu vivín: un marabilloso alumnado e moi boa compañía para poder encarar o camiño que tedes por diante. E lembrade: SEMPRE SEREMOS MOAS!! Confío en que entenderedes os meus motivos para apropiarme deste espazo da EDITORIAL este ano tan especial para nós. Tomo esa licenza pois vou iniciar: Carme Manso Xuño 2020 EDITORIAL Un novo camiño
  • 5. 3 QUERO que tod@s festexemos e xunt@s xoguemos. Quero correr polos parques mentres ti as risas compartes. Quero que vaiamos á praia e tomemos xeados na toalla. Quero que nademos nas praias e que patinemos sen que caias! Quero que cantemos tod@s ao son do tambor, quero que partamos cara aos nosos soños. Quero e necesito xa aos meus amig@s ver. ... É imposible que xamais os deixe de querer Poema colectivo do confinamento (1º ESO E) O que quero facer cando poida saír.... reflexións do confinamento
  • 6. reflexións do confinamento O ESCORNAVIRUS Cando pensamos nunha razón ou un problema polo que se nos serían canceladas as vacacións, pensamos máis ben en algo como: unha escordadura nun nocello ou ventos furacanados que non deixarían despegar o noso avión.  O que nunca se nos ocorrería sería que aparecera un virus, que matase e contaxiara a poboación de todo o mundo.  Porén, o máis rechamante non está nas cidades, que parece unha versión de The Walking Dead con moito papel hixiénico, senón nas vilas, onde a maioría de persoas que habitan nelas son xente maior ás cales o COVID-19 poder resultarlles mortal. Estas persoas seguen coa súa rutina diaria á marxe de que nas cidades a xente está histérica porque cren que vai comezar un especie de Terceira Guerra mundial ou que esta é unha estratexia dos gobernos para librarse da poboación. Como resultado, temos que estas persoas foxen ás aldeas e van infectar os seus residentes. Estas accións fan que a xente que estando na aldea e que, inda tendo unha saúde delicada, estaba máis ou menos a salvo, agora teñan un serio problema. E o impacto máis importante foi cando os madrileños fuxindo de Madrid viñeron a Galicia, coa idea de ir tomar o sol a “Sanjenjo”. Eu creo que esta xente pensa que os galegos somos de ferro ou algo semellante e que a nós non nos afecta o coronavirus, e aí teñen razón: a nós o que nos afecta é o “escornavirus”. ANA ISABEL DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A) A SOLIDARIEDADE A solidariedade é o apoio incondicional a causas alleas, particularmente situacións comprometidas e difíciles. Este concepto é moi escoitado na actualidade, especialmente nestes días de crise na saúde global.  Que é solidario? Está ben se só damos a coñecer a situación ou temos que participar activamente? Os actos solidarios xorden da moral ou da necesidade de recoñecemento social? Vivimos na era das redes sociais, onde moitas persoas pensan que cun acto de difusión sobre aquilo que lles parece relevante, pero que non lles afecta directamente, fan suficiente. De súpeto séntense con superioridade moral. Actos de pura hipocrisía. Poño, por exemplo, a situación actual, agora que o mundo está infectado do coronavirus. Para a xente nova o virus non resultará letal. Dá isto dereito aos mozos a saír á rúa e facer vida normal? Recordemos que se contraen o virus poderían contaxialo a grupos de risco e ocasionar a morte. O único que se nos pide é permanecer na casa para evitar mortes. Non debería a conciencia ser suficiente para obedecer? Por que ten que intervir a lei? Non é curioso que a xente que incumpre a norma sexa a mesma que difunde nas redes #euquedonacasa? Isto lévame a unha reflexión sobre a actuación do home como ser social, precisamos os demais para a nosa felicidade e, ainda así, cómenos un individualismo feroz capaz de prexudicar toda a nosa contorna. Pode que o sentimento de solidariedade non sexa tan innato como tendemos a pensar. ALEJANDRA BLAS MENÉNDEZ (4º ESO A)
  • 7. 5reflexións do confinamento AXIÑA ESQUECEDES Axiña esquecedes! Disque as cousas morren cando deixamos de lembralas. A morte é parte da vida. Que paradoxo que hoxe semelle que xa non hai mortos, convertidos en simples números para así poder evitar ese (mal)vivir. Axiña esquecedes! Na miña rúa xa non sae ninguén ás xanelas e “as oito” son unha hora máis no reloxo na que o balbordo é moito menor. Xa non hai sorrisos ou, polo menos, xa non se ven porque perdemos a metade da faciana e o verde parece natural. As prazas son quirófanos e seguimos sen ver nenos nos parques. Pero que axiña esquecedes que o xeo foi depósito de cadáveres, que o pazo foi hospital. Que axiña esquecedes que chamastes superheroes a aqueles que non teñen máis superpoderes ca o seu traballo, nin máis legado ca os recortes... E xa non os lembrades, porque no 5ºB vivía unha enfermeira que agora xa non ten casa, nin coche, nin razóns polas que brindar… E axiña esquecedes. Que os virus non entenden de historia e que todos cometemos erros, que os mortos doen máis cando non hai ninguén a quen culpar. E axiña esquecedes os días das rúas en silencio, a Gran Vía afogada na penúltima cervexa ou a boina que por fin desapareceu da cabeza de Madrid. Queredes que vos digan que xa non fai falta recordar a curva. Os mortos doen máis cando non queda ninguén a quen culpar. Axiña esquecedes que as bandeiras non poden curar. LORENA LÓPEZ CABANAS (1º BAC A)
  • 8. reflexións do confinamento POEMAS DA COVID O rei Corono chegou e o mundo enteiro parou. Como todos somos paxaros, nas gaiolas quedamos. O rei Corono chegou e meteunos nunha gaiola. Como non podemos saír ficamos coa familia e mola. O rei Corono chegou e parou o meu reloxo. Como o tempo é ouro fundímolo doutra forma. CANDELA GONZÁLEZ PORTAS (2º ESO E) A NATUREZA RENACE? O 12 de marzo o presidente Pedro Sánchez comparece ante a nación: declárase o Estado de Alarma. Que está a pasar? Un pequeno virus, de apenas uns 200nm, chamado Covid-19 (Sars cov-2, para os expertos) vén facendo estragos dende China. Provoca o contaxio de milleiros de persoas e a morte de moitas. Esténdese rapidamente por todos os países, Italia sofre grandes perdas humanas, e chega a España.  As autoridades deciden que o confinamento da meirande parte de poboación nas súas casas é a mellor maneira de frear a transmisión do virus. Pechan negocios turísticos, tendas de roupa e outras cousas que non sexan imprescindibles, bares, hoteis, en fin, todos aqueles negocios que non sexan necesarios para a supervivencia da xente. A actividade económica redúcese ao máximo posible. Hai perdas millonarias nas empresas, milleiros de persoas sen traballo, a economía sofre, mais, dentro de todo este caos temos unha noticia boa: a Natureza toma un respiro de nós.  As industrias pechadas, as estradas desérticas e as rúas baleiras traen un efecto rapidamente visible: mellora a calidade do aire e da auga. Redúcense as emisións contaminantes na atmosfera, o aire tórnase máis limpo, moitas cidades nunca viran os seus ceos tan despexados. En Barcelona os niveis de CO2 reducíronse un 75% o mes pasado. Os animais tentan recuperar o seu contorno natural; vémolos pasear polas nosas rúas agora baleiras, nos espazos naturais xa non hai visitantes, escaladores, sendeiristas. Vense golfiños nas saturadas augas do Mediterráneo. Os científicos avisan dun posible efecto rebote cando a actividade humana retome a marchas forzadas o seu nivel anterior. Porén, esta pandemia tráenos algunhas reflexións. A Natureza está a sufrir unha presión sen precedentes pola actividade humana. Os plásticos invaden os océanos, o aire que respiramos está cheo de contaminantes, os recursos esgótanse. Está o planeta Terra preparado para aguantar a presión humana por moito tempo máis? Os gobernantes dos paises máis poderosos non queren baixar o ritmo, pero agora un virus (non pode considerarse un ser vivo) fainos frear de súpeto. E observamos que si se pode. Pódese vivir doutro xeito. Podemos ter unha economía sostible, que nos permita avanzar coma sociedade, sen ter que deixar un regueiro de destrución tras de nós. Temos que buscar solucións. Temos que protexer a Natureza, porque non temos planeta de reposto. Vainos obrigar o coronavirus, coma enviado da Natureza, a tomar un respiro todos os anos, ou imos tentar facer algo de verdade. Está nas nosas mans. JOEL PÉREZ FUCIÑOS (4º ESO A)
  • 9. Sara - O libro está dividido en dúas partes, a primeira narra feitos reais sobre a presenza de Jules Verne en Vigo, mentres que a segunda é totalmente fantástica, cal das dúas lle gusta máis? Ledicia - Gustoume escribir a combinación de ambas as dúas partes. Explícome: Jules Verne era un escritor que manexaba con habelencia a fantasía. Pareceume bonito escribir sobre a súa presenza na cidade de Vigo e introducir elementos de fantasía na historia. Paseino xenial escribindo esta novela! Sara - A parte real está moi detallada e ata ten artígos do Faro de Vigo, que medios enpregou para documentarse tanto desa viaxe (prensa, libros, internet)? Custoulle moito atopar esa información? 7 entrevista a Ledicia - Tiven a fortuna de atopar persoas que me proporcionaron todo o material que precisaba. Contactei co Instituto de Estudos Vigueses e facilitáronme os artigos do Faro de Vigo que daban conta da presenza de Verne na cidade e moitos outros artigos que explicaban como era o Vigo daquela época. Sara - Uns dos personaxes son as mulleres planta, en que se inspirou para crear estes seres fantásticos? Ledicia - Na miña casa sempre houbo moitas plantas e flores. Había moito tempo que tiña intención de escribir unha novela onde o mundo da botánica tivese unha importante presenza. De aí xurdiu a idea. Sara - Que outros/as autores/as lle gustan ademais de Jules Verne? Cal é o seu libro favorito (se é que pode elexir)? Ledicia - Gústanme autores e autoras coma Neil Gaiman, Philip Pullman, Astrid Lindgren, Christine Nostlinger... Un dos meus libros favoritos é Dracula. Sara - Ten algún libro seu que lle guste máis que os outros? Ledicia - Teño, pero non podo desvelar ese segredo! Sara - Moitas grazas por me ter atendido. SARA MARTÍNEZ VIEITES A Coruña, maio 2020 Ledicia Costas é unha escritora viguesa que comezou a escribir moi nova, sendo unha adolescente. Gañou numerosos premios, entre os cales destaca o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (2015); co seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta. Nesta breve entrevista, imos falar dun dos seus libros máis coñecidos, Jules Verne e a vida secreta das Mulleres Planta, o cal levou o Premio Lazarillo de creación literaria de 2015 (entre outros). Imos aló!
  • 10. NOA SANDE TRILLO (2º ESO B) CUBELO EN SAN MAMEDE (CARNOTA), O PARAÍSO DE NOA SANDE TRILLO na nosa terra A miña aldea é Cubelo, encóntrase en San Mamede, Carnota. Nunca me parei a contalos pero terá aproximadamente unhas 5/6 parellas de avós, a miña casa é a máis afastada da estrada polo que nos verán meus primos, meu irmán e mais eu podemos xogar sen problema. A miña época favorita para ir a miña aldea é o verán porque ou imos á praia, facemos guerras de auga, imos coa miña avoa a dar unha volta en tractor ou á horta ... Ás veces cun plástico que utilizan para tapar os rolos de herba seca, entre todos quitamos as herbas que medran detrás da finca que teñen os meus avós e estendemos o plástico dende o comezo da finca ata un buratiño que nos leva cara un regato pequeno. Collemos dúas mangueiras, caldeiros cheos de auga e tirámonos como se fose un tobogán e acabamos no río. No verán a miña nai déixame invitar amigas e pasamos xuntas a fin de semana, pero o que máis me gusta é cando convidamos a miña prima Carla que, aínda que non é prima miña por parte de nai, os meus avós xa a queren como se fose outra neta máis; ademais as amigas poden vir unha fin de semana, pero é que ela pasa todo o verán connosco. E despois de contarvos porque a min me encanta ir, terei que dicirvos algo sobre os lugares de turismo e cousas desas que se din cando falas dun lugar: A Boca do Río: É moi longa, aproximadamente son uns 7km de praia, pero o mellor é que cando a marea está alta, chega ao principio da praia, enche unhas pozas ao lado dalgunhas pedras e dende alí pódese saltar. Cando está baixa tes que camiñar un anaco ata encontrar o mar. O Hórreo de Carnota: É un hórreo enorme e con moitos piares, exactamente ten 22 parellas. É o terceiro hórreo máis grande de Galicia. O Monte Pindo: Encóntrase moi próximo á praia, dependendo do teu ritmo pódeche levar un tempo ou outro pero o normal é facer a subida en 2 ou 3 horas e a baixada outras 2 horas. A Fervenza do Ézaro: Non está exactamente dentro de Carnota pero dende Carnota a Dumbría (lugar onde se encontran as fervenzas) non hai máis de vinte minutos. Se miras e te informas hai algúns días que lle poñen luz á fervenza. Mirador de Louredo: Cando baixas en dirección á praia encóntraste cun mirador moi bonito dende o cal se pode ver toda a praia. Faltan moitos máis pero, sen ningunha dúbida, esas son as miñas preferidas. Eu sei que haberá xente que pensará que a cidade é o mellor, pois hai tecnoloxía e podes baixar cos teus amigos... Pero eu non me vou cansar de dicilo, como na aldea non hai outro sitio!!
  • 11. 9 PALLOZAS E CALDEIROS na nosa terra A comezos do século XX había un peregrino chamado Xoel. A Xoel encantáballe crear contos de fantasía e ciencia-ficción, e por iso decidira facer o Camiño de Santiago, xa que ademais de poder contemplar paisaxes extraordinarias, conseguiría atopar algo que o inspirara para comezar a escribir o seu próximo relato. Xoel vivía en León, polo que realizaría o Camiño Francés, entrando en Galicia pola localidade do Cebreiro, un lugar cheo de pallozas nas que vivían tanto animais coma persoas. Cando Xoel chegou ata alí comezou a nevar e nevar e, aínda que ía bastante abri- gado, tiña moito frío polo que tivo que refuxiarse nunha das pallozas. As persoas que alí vivían recibírono moi amablemente, e como viron que non se atopaba moi ben, deitárono xunto a lareira, tapárono e déronlle unha crema de cogomelos e castañas. Ao día seguinte Xoel espertou co canto do galo e, como non estaba en condicións de continuar a ruta, decidiu pasear pola aldea. Pasou por moitas pallozas pero houbo unha que lle chamou a atención. A porta estaba aberta e, sen entrar, puido ver a unha muller botando cousas, canto menos raras, a un caldeiro de gran tamaño. Pero non era meiga, polo menos non o parecía. Xoel debeu asomarse moito pola porta, xa que ela viuno e convidouno a entrar. Explicoulle a Xoel que o seu traballo era conservar e reparar as pallozas e logo preguntoulle se cría na maxia, el contestoulle que ata que a vira non o faría e a señora díxolle que iso se podía arreglar, que só tiña que acudir ás doce da noite a súa casa e que non lle podía dicir nada a ninguén. Xoel aceptou. Ás doce Xoel puxo a capa de palla e foi ata a cabana de Mariana (así se chamaba a señora). Cando estivo dentro, Mariana díxolle que a acompañara a dar un paseo pola aldea e que lle indicara cal era a palloza que peor estaba. Unha vez en fronte da vivenda, Mariana prendeulle lume ao que tiña dentro do caldeiro (que levara consigo nun carro de madeira) e deste comezou a saír fume de cor verde que envolveu a palloza e cando xa non se podía ver a vivenda, Mariana empezou a tirarlle palla e xestas, cando o creu opor- tuno, apagou o lume do caldeiro con neve e o fume foise esvaíndo, deixando á vista un teito completamente cuberto e resistente e unhas paredes de pedra totalmente limpas e libres de fungos. Dende ese día Xoel creu na maxia e, cando chegou a Santiago, pediulle ao Apósto- lo que se continuase coa práctica de conservar as pallozas ao longo do tempo.
  • 12. “CANTA, NENA GALEGA” Canta, nena galega,  e non pares de cantar, a triste historia que nos tocou vivir e vou contar. Canta, nena galega, que ninguén podía imaxinar que unha pandemia a todos ía confinar. Cantando a xente nos balcóns está, aplaudindo a sanitarios, bombeiros e policías que tanto a axudar están. Canta, nena galega, e mais non deixes de lembrar a todos os que se foron xa. ANA MONDELO PENA (2º ESO B) “O MEU AVÓ ANTÓN” Sempre sorrindo, sempre contento, a súa mirada reflexa o tempo. No seu cabelo, o paso dos anos, nos seus beizos, o amor eterno. As súas apertas, calor e cariño os seus ollos, o meu camiño. Sempre animando os meus logros sempre aplaudindo, pero agora amodo. O tempo pasa, o medo chega, vaise apagando coma unha candea. O seu corazón late amodiño, chegou a fin do seu camiño. No meu corazón sempre estará, o seu amor non se olvidará MARÍA GRELA AMOR (2º ESO B) ANTÓN AMOR CARDELLE na nosa terra ©©©©©© 2002020202200000002 2022020200200020202020202002002020000 AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAALLLLFLFLFLLFLLFLFLFLFLFLLLLLLL REREREEREREDDODODDDOOOOODDDODDODOOODOOOOO VVVVVVVVVAAARARARARARARARAAARREELELLLELEELELELEEELAAAAAAAAAAAAAA
  • 13. 11 LUCAS DOMÍNGUEZ RODRÍGUEZ (1ºESO A) OFICIOS TRADICIONAIS: carpinteiro O meu avó chámase José, ten 92 anos e foi carpinteiro de carros e apeiros de labranza nas vilas e aldeas dun dos municipios asentados no Macizo Central Ourensán. Aprendeu o oficio de mozo, e non foi o único que tivo porque despois dedicouse a outras cousas. Anos antes de abandonar o rural para vir á cidade, construía carros, arados e outros pequenos apeiros de labranza que lle encargaban os seus veciños. Era oficio reservado aos homes no que segundo el se viviu ben ata que chegaron os tractores, os arados e outros apeiros de labranza de ferro que foron relevando á madeira. As súas ferramentas eran pouco máis que as imprescindibles dun carpinteiro básico: serras e serróns, trenchas e cepillos, martelos para os cravos e para golpear as trenchas coas que esculpía a madeira e unhas boas machadas. Cando había que facer un carro, o carpinteiro ía á casa do veciño que llo pedía. Antes, o dono do carro tiña que cortar a madeira de carballo para o eixo e as rodas e de bidueiro para as restantes partes do carro. A madeira tiña que cortarse en lúa nova, e permanecer a secar polo menos un ano. Era entón cando o carpinteiro empezaba a darlle as formas adecuadas ás pezas, e logo compolas como era preciso. Isto leváballe entre dous e tres meses. Así que como o meu avó cobraba 30 pesetas por día, facer un carro viña saíndo por unhas 1.500 pesetas. Os carpinteiros de carros e apeiros de labranza tiñan moita estima e consideración entre aquelas xentes. Os bos carpinteiros eran moi buscados, e naqueles tempos considerábase que estaban ben pagos. Podían gañar ao ano entre 5.000 e 6.000 pesetas. Ás xentes daqueles lugares gustáballes presumir de carro. E disputábase a cal de cada aldea era ao que mellor lle "cantaba" o eixo. na nosa terra
  • 14. Simón: Bo día, Mar! Que tal vai todo? Mar: Bo día! Pois aí andamos, xa sabes, con moito traballo. S: Que é Aulas Galegas? M: Aulas Galegas é un proxecto colaborativo que parte dun grupo de profesoras e profesores despois da chamada de Pilar Ponte, a que ideou os 21 días co Galego. S: De onde sae este proxecto? M: Pois sae da cabeza de Pilar Ponte. O día 13 de marzo, o día que comezou o confinamento, chamoume e propúxomo e eu, por suposto, díxenlle que si sen pensalo. Cando Pilar propón algo non se pode dicir que non. S: E canto tempo vos levou poñelo en marcha? M: Pois o luns 16 puxemos en marcha a web, estaba todo montado, as coordinadoras das diferentes seccións e todo. Eu quedei moi sorprendida da capacidade de traballo que temos pois unha inmensa maioría non nos coñeciamos persoalmente, e seguimos sen nos coñecer. S: Sorpréndenos cos números do asunto. M: Pois comezamos un grupo dunhas 30 persoas, eu, por exemplo, empecei coordinando a sección de Lingua e Literatura Galega mais agora tamén estou no equipo de corrección. Neste tempo de confinamento 535 persoas puxéronse en contacto con nós para colaborar ou simplemente para darnos os seus datos. Unha pasada! Non traballamos 535 persoas pero hai toda esa xente disposta a traballar colaborativamente e o máis importante, en lingua galega. S: En lingua galega, e logo? M: Pois é un punto fundamental de AG, a lingua. Queremos ser un banco de recursos diferentes pero todos en lingua galega. É máis, as seccións van desde os 0 anos até os 99 ou máis. S: Ah pero non se centra só nas etapas de aprendizaxe? M: Non, somos moito máis ambiciosas. Abarcamos todas as etapas educativas obrigatorias e non obrigatorias e todas as materias; os materias están clasificados por etapas e materias pero temos outras seccións moi diferentes, por exemplo, estamos cos maiores. Consideramos fundamental esta etapa para as familias por iso a incluímos, nela colabora un equipo xerontolóxico con especialistas deste ámbito. Tamén temos outras olladas, mares de culturas, gastronomía... Unha pasada! S: Entón haberá un montón de entradas publicadas non si? M: Pois si, van case case 1000 entradas de diferentes materias e etapas. E a maiores hai varios apartados de recursos onde podes atopar diferentes aplicacións e os seus usos, ligazóns a páxinas fundamentais como O Portal das Palabras, a AELG (asociación de escritores en lingua galega), webs de música, artes... S: E nas artes, tedes algo de cine? M: Tamén, temos xente do Certame de curtas OlloBoi e imos facendo públicas as curtametraxes premiadas ao longo destes anos, feitas nos diferentes centros educativos e que moitas veces non teñen moita difusión. Hai marabillas. S: E cal é a túa opinión do proxecto? Estás contenta? M: Contentísima e moi emocionada e tremendamente orgullosa de facer parte del. É unha gran dinamizadora da lingua. S: E o proxecto remata co confinamento? M: Pois non, decidimos darlle continuidade o curso que vén aínda que agora imos tomar un tempo de descanso pois precisamos repoñer pilas e crear novas ideas. Xa estamos cun proxecto para o inicio do curso, unha axenda de AG. S: Pois non tiña nin idea de que fose un proxecto tan completo. Moitas grazas por contárnolo e estaremos atent@s a AG o próximo curso. M: Grazas a ti por deixarmo contar. SIMÓN LAGO HERMIDA (3º ESOS B) entrevista a Eu vou entrevistar a miña nai porque é un exemplo para min e durante este confinamento traballou nun proxecto que se chama Aulas Galegas que me chamou moito a atención. Imaxe de Ana Moreiras aulasgalegas.org
  • 15. 13 ELBA ORBÁN LÓPEZ (1º ESO E)
  • 18. conferencia de Lembrando a don Ricardo Con motivo da celebración das Letras Galegas a exprofesora de Lingua Galega deste centro durante 30 anos, Ramona Giráldez veu falar de don Ricardo Carvalho Calero de quen foi alumna e discípula. A conferencia dividiuse en dous bloques: un biográfico e outro autobiográfico. No primeiro Ramona Giráldez disertou sobre a vida de D. Ricardo, as diferentes etapas: neno en Ferrol, estudante en Compostela, licenciado opositor e militar en Madrid, a guerra, cárcere en Xaén, Profesor en Lugo no colexio Fingoy e finalmente catedrático en Compostela e as obras literarias correspondentes a cada etapa. Na segunda, autobiográfica, falou da súa experiencia como alumna de don Ricardo, de nena no IES Rosalía Castro e despois na Universidade, contou moitas anécdotas desta etapa, de como a admiración polo seu querido profesor a decidiu a cursar a carreira de Galego e tamén falou da súa relación persoal, xa sendo profesora, das interesantes e amenas conversas xa como colegas de profesión. Destacando especialmente o amor que pola Terra e Pola Lingua emanaba sempre das súas clases e das súas conversas e que transmitía ao seu alumnado.
  • 19. 17 na nosa cabeza NEREA SÁNCHEZ VIQUEIRA (2º ESO E) ANTÍA CONDE FERREIRO (2º ESO B) HELENA BERMUDEZ FREIRE (1º ESO C)
  • 20. Longo camiño O tempo, efémera ilusión que nos aborda continuamente. Reloxo que se iniciou, e non para, Cada decisión, cada lágrima, cada abrazo afástannos do comezo e lévannos máis cerca da meta. A busca errónea que nos fai perdelo. A esperanza dun minuto máis! Querer adiantar o reloxo para despois tratar de fuxir del. Tensos por un peso que nós mesmos ideamos. Porque precisabamos razóns, precisabamos unha historia, algo que contar ao futuro. Xa que é esa, a existencia humana, que precisa unha escusa para ser o centro de todo. A que creou o tempo, o seu medo infinito. E apesar de todo isto, sabemos que non o temos, e escollemos malgastalo. Non rexistramos os momentos ata que miramos atrás. Porque ao final, só somos pasaxeiros, e vivimos no vagón da festa, ignorando as vistas ata que un día chegue a revisora... ANA DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A) na nosa cabeza
  • 21. 19 Esquecemos ás veces o que somos Vivimos rápido e fuxindo, buscando modos de escape dunha realidade composta por ficción. Os meses vánsenos das mans e nós nin nos decatamos. Xa pasamos a maior parte da nosa mocidade, uns anos que non voltarán e non poderemos facer outra cousa que laiarnos por non telos vivido. Por non estar presentes no que de verdade importaba. Algunhas das persoas que nos viron medrar, rir, chorar, que nos coidaron e nos converteron no que somos, quizais non estarán por moito tempo. E mentres nós seguiremos na nube. Seguiremos vivindo sen preguntarnos como queremos facelo, esperando atopar a felicidade tras cumprir os pasos dun guión que nós non escribimos. Para vivir de verdade hai que lembrar e ter presente quen somos, e para isto ás veces necesitamos voltar a persoas, lugares, ou mesmo linguas. Ti e eu temos a sorte de ter unha que nos recorde de onde vimos e de a onde poderemos sempre regresar. Oxalá viva por moitos anos e sirva como vehículo de volta para moitas xeracións e persoas esquecidas. Agora é o noso momento, así que lembremos a sorte que temos e coidémola como o fixeron os que coidaron de nós. ICÍA DÍAZ KIRK (4º ESO C) na nosa cabeza
  • 22. OS SENTIMENTOS DOS ADOLESCENTES A todos os adolescentes nos din que temos que madurar, que non somos responsables e que non aceptamos as nosas propias circunstancias; que nunca estamos de acordo co establecido, que somos “uns rebeldes”. Tamén nos din que temos que sacar boas notas para ter un “bo futuro”, indo á universidade e estudando unha “prestixiosa carreira”. Cando levamos a casa unha mala nota sentímonos culpables, rífannos  por “ser uns vagos” ou por “non esforzarnos o suficiente”. Noutro ámbito, por exemplo, no que respecta aos vínculos que temos coa xente, senti- mos que nos están xulgando por calquera cousa que digamos (ou mesmo pola música que escoi- tamos na radio ou os programas que vemos na televisión). Todo isto sumado aos cambios que nos están ocorrendo (cambios físicos e psicolóxicos) fan que non se teña unha estabilidade emocional moi grande. A maioría dos adolescentes non están cómodos co seu corpo, fixen varias entrevistas a uns amigos meus de diferentes idades, dende os 13 ata os 18 anos, e, de 10 partes do corpo (que dixen que puxeran se tiñan ou non inseguridades), todos estaban moi diferenciados no que conside- raban defectos, pero numericamente todos tiñan máis de 5 inseguridades (o máis común: a barriga e as pernas). Podería ser que estas inseguridades se deberan ás redes sociais? Probablemente: a xente quere mostrar que teñen unha vida perfec- ta para que as demais persoas sintan envexa delas. Pero non soamente son as persoas que soben posts ao Instagram teñen a culpa. Todo o sistema educativo quere soamente o “mellor dos mellores” (o que saca 10), e aos que non chegan ao aprobado os colocan nun apartado titulado “casos perdidos”. Entón, que poderiamos facer ante toda esta falta de autoestima? Falar, falar e falar. Falar cos vosos fillos, cos vosos amigos, cos coñecidos e tamén con desco- ñecidos. ÁGUEDA MILLÁN PENA (4º ESO A) Para comezar, as faltas de respecto ou o bullying non son algo co que xogar, xa que moita xente sofre del e pasa por cousas compli- cadas por esta falta de respecto e de empatía. As persoas que fan bullying ou faltas deste tipo, soen ser aquelas que están sufrindo polo mesmo na casa, ou que cren que teñen valor e opinión sobre os outros, cousa moi equi- vocada pero que moitos manteñen. NON PODES DEIXAR QUE NINGUÉN INFRAVALORE NADA, DA TÚA PERSONALIDADE, OU DO TEU FÍSICO... NADA! Esa xente non se decata do dano que pode chegar a facer, pero non só é culpa da persoa que fai e di todo iso, senón tamén dos demais que o rin, xa que isto fai que non se deteña esta situación e que vaia a máis. Pero o peor destas situacións é que máis da metade das persoas que sofren destes problemas non piden axuda, non avisan a ninguén para que todo pase; soamente calan por se despois teñen aínda máis problemas. Estas situacións poden solucionarse, pero para iso TES QUE QUERELO, TES QUE PEDIR AXUDA, avisar a alguén no que confíes para poderlle contar todo o que che está a pasar. Moitos non o fan, e ao final acaban pasando cousas realmente terribles. Temos que ter empatía, e antes de falar, pensar e dicir para nos mesmos: “vou dicir isto, pero gustaríame que mo dixeran a min?” Esta é a pregunta que a maioría das persoas non se fai, e finalmente rematan causando dano a outras que non teñen culpa. TES QUE PROTEXERTE E NON PERMITIR QUE FALEN ASÍ DE TI, TES QUE PARAR A SITUACIÓN E SOLUCIONALA. EMMA BUJÁN MOURIÑO (1º ESO A) O BULLYING “A miña opinión sobre as faltas de respecto ou o bullying que exercen algunhas persoas sobre outras por mor de “defectos” na nosa cabezana nosa cabeza
  • 23. 21 FEELING GOOD Se non estivésemos en plena pandemia mundial e confinados na casa a causa do Estado de Alerta que o goberno se viu obrigado a decretar o día 27 de marzo, eu faría o meu primeiro solosolo de danza, a miña primeira actuación en solitario e cunha coreografía que eu mesma realicei pola miña conta, coa axuda do profesorado do Conservatorio Profesional de Danza, en concreto co profesor de contemporáneo. Como tivemos que aprazar a actuación e non sabemos cando poderei volver bailar gustaríame falar sobre o que o solosolo significaba para min e sobre o que este quería expresar. A coreografía é unha peza de danza contemporánea coa canción de  Feeling Good, dunha magnífica cantante chamada Nina Simone. Cando eu escoitei esta canción por primeira vez, non era capaz de imaxinar todo o que esta significa nin todo o que chega- ría a significar para min. O solo naceu na miña casa, entre as paredes do meu cuarto, impul- sado pola sinuosa voz de Nina. Cada vez que bailo sinto a necesidade de expresar algo, de esconder unha emoción en cada paso, e cando escoitei con atención a letra desta can- ción deime conta de que esta enviaba unha mensaxe clara e concisa, é un grito a favor da liberdade. E é que a liberdade é un dos dereitos inherentes do ser humano, un dos requisitos indispensables para conformar a nosa personalidade e construírnos a nós mesmos. Isto fíxome reflexionar, que sería de nós sen a liberdade? Que é para min a liberdade? Para min a liberdade radica na independencia e na autonomía, na capacidade de pensar diferente e de poder expresalo sen medo a represalias. En poder ser nós mesmos, en falar na lingua que nós mesmos escollemos, en amar a quen queiramos amar, en transmitir as nosas opinións dende o respecto e a consideración,en poder ter distintas crenzas relixiosas, pero sen permitir que estas nos condicionen ata o punto de coartar a nosa liberdade individual, na igualdade entre individuos, na ausencia de dominación duns sobre outros, pero sobre todo en sentir que non somos escravos de ninguén nin da sociedade, que somos persoas con xuízo e voz propia que ninguén ten o dereito de silenciar. Na actualidade, por desgraza, en pleno século XXI hai moitas persoas que non gozan desa liberdade. En países como Corea do Norte ou Etiopía viólanse continuamente os derei- tos humanos, restrinxindo a liberdade de expresión e manifestación e castigando con dureza a todo aquel que se posiciona contrario ao réxime. Sen ir máis lonxe, é posible que eu fose sancionada e mesmo engaiolada por escribir estas liñas vivindo neses países. Neses lugares do mundo a liberdade é nula, a prensa vese sometida aos intereses do réxime, e a arte cen- súrase para non permitir que a xente pense diferente. Hai mulleres no mundo que non poden decidir nin con quen casan, persoas que viven en condicións extremadamente precarias e non poden protestar, presos cuxo único delito é pensar diferente e exiliados que teñen que fuxir de países onde os seus dereitos son inexistentes para as autoridades ou onde a guerra anula toda a humanidade que quedaba nese lugar. E eu non podo evitar preguntarme por que. Por que se seguen dando esas situacións? A que lle teñen medo as persoas que restrinxen a liberdade dos outros? Por que permitimos que isto pase e miramos cara outro lado? Creo que o problema está en que cando algo non nos toca de cerca facemos caso omiso, que non entendemos que o mundo é de todos e que temos que loitar para garantir a liberdade e os dereitos de todos nós. Eu síntome libre cando bailo, cando escribo, cando me expreso; e gustaríame que calquera persoa independentemente do país no que vive puidese sentir esa liberdade que eu sinto porque é algo insubstituíble e único. Recordo con moito cariño a primeira vez que bailei o solo enteiro. Nese momento, deime conta do que Feeling Good significa, do que sentirse ben significa. Para min sentirme ben é sentirme libre. SARA SANZ FONTA (4º ESO A) na nosa cabezana nosa cabeza
  • 24. O CANTO DOS GRILOS Hai moitísimo tempo, nunha aldea galega, vivía un neno. Non era un neno normal, xa que el foi quen creou as marga- ridaseoscaraveis,emaistaméncreouasbaleaseosollomois. So tiña que pensar nun animal ou nunha flor e desexar que aparecese ao seu carón. Facendo isto creou case todas as especies que coñecemos, pero a que máis lle gustaba a el era o grilo. Todas as noites sentaba na herba a falar con eles. Un bo día, o neno decidiu que xa non cabían máis animais nin máis plantas no noso mundo,asíquedecidiuconvertersenunhaestrelaparapoder vixiar a todas as súas creacións dende o máis alto. Esta persoa especial, á que lle debemos tanto, está agora tan tranquila. Ás veces, quere dar un paseo pola cidade, entón convértese nun can, outras, apetécelle observar algún xardín e transfórmase nunha árbore, pero algo que non cambiou dendeodíaquedecidiudeixardeserhumano,équetodasas noites fala cos grilos. E esa é a razón pola que escoitamos ese son marabilloso que fan estes animais todas as noites ao falar coa estrela que os creou. ESQUECEUSE DE SI MESMA Aqueles ollos cor de mel quedáronlle gravados, e cada vez que pechaba os seus propios aparecía aquela ollada. Buscou e rebuscou na xente aquelas pupilas que a encandilaran, tiña a necesidade de descubrir o seu dono e coñecelo. Non sabe, non recorda o lugar, non ten idea de onde os atopou por primeira e última vez, iso faina tolear. Cansa de buscar e non atopar nada, rendeuse, deixou (máis ben intentou deixar) á marxe da súa vida aquelas pupilas. Coñeceu mil persoas, pero ningunha coincidía con aqueles ollos, uns asemellábanse máis ca outros, pero ningúns eran os mesmos. Aquela ollada transmitía tanto... Esa persoa estaba quebrada e triste, dende que a viu entroulle a necesidade de axudala; foi algo que se prometeu a si mesma. Pero, non... decatouse de algo..., e importante... Os ollos que tanto ansiaba atopar eran os seus, e por estar tan centrada en axudar e estar para os demais... esqueceuse de si mesma... NAIARA MEDINA JIMÉNEZ (4º ESO A) na nosa cabeza PAULA RODEIRO IGLESIAS (1º ESO C)
  • 25. Alba: Por que escolliches á familia Viturro para formar parte da obra? Como descubriches Casa Viturro? A. Y.: Eu non escollín unha familia, escollín o edificio. Tiña que ser un edificio modernista, que estivese construído na época de Alana e de Alda. Tamén tiña que ser un edificio, digamos nunha zona rica, non nun barrio obreiro, e entón fixeime nese edificio, chamoume moito a atención, gustoume moito. Despois foi cando descubrín que se chamaba Casa Viturro e ben, como xa tiña un nome dunha familia e tiña unha historia non me apetecía cambiala. O único que fixen foi manter a familia e crear un personaxe novo, Bernabé, porque eu pensei que se escribisen iso da miña familia, non me gustaría que dixesen que o meu avó era un maltratador, entón o que fixen foi inventar un novo personaxe.  A.: Coñeces a historia que hai detrás de vila Chorima? A. Y.: Non, inventeina. Como Cecebre era a zona de veraneo, xa que no interior a xente ía moito alí; cadrábame todo ben, estábamos aquí en Cecebre, había unha casa, e o de inspirarme foi por iso. Eu non coñezo a historia da casa ou de quen é. A.: Como descubriches a Corona González? A. Y.: Pois buscando como se trataba a violencia machista no pasado, atopei os artigos dela, e sorprendeume tanto unha muller feminista na época que escribise en galego, que decidín meter as noticias, e meter tamén a ese personaxe que é real, aínda que non se sabe moito dela, é unha descoñecida.  L.: Sobre os recortes de prensa que aparecen na obra, como chegaches a eles? A. Y.: Eu cheguei a eles porque quería ver como se trataba a violencia de xénero, a violencia machista, nos anos 20 e 30. É que este é unha denominación moi moderna, non tiña nin idea de como na época de Alana se podía tratar este tema; e púxenme a buscar, chamoume moito a atención que traballamos moito pero que algunhas cousas aínda son moi semellantes, en lugar de explicar que as cousas non cambiaron tanto, pareceume unha mellor idea poñer de exemplo os titulares. A min sempre me gustou 23 entrevista a Nada en Burela 1991, licenciada en Enxeñería de Camiños Canles e Portos, e galardoada con premios como o de Relato Curto en Redondela (2014) o Certame literario de Poesía e Narración Breve de Cambre, Premio Illa Nova de Narrativa (2018)entreoutros.Actualmentetraballanunhaacademiae compaxina este traballo coa escritura. Ten numerosas obras coma “O misterio de Portomarín”, “O misterio do torque de Burela” , a distopía “Be Water”, e “Senlleiras”, que foi o libro que limos a anterior avaliación, antes de confinarnos na casa. Concedeunos unha videoconferencia e descubrimos que é unha namorada da botánica, da historia, e dos seus animais. Preguntámoslle sobre "Senlleiras":
  • 26. moito ler libros que non son lineais, que no medio hai un email, un WhatsApp, algo que rompa a monotonía; se é todo igual abúrrome moi rápido.  L.: Resultouche sinxelo traballar con tantos narradores? A. Y.: Si, un pouco polo mesmo, porque sempre o mesmo punto de vista resulta demasiado negro, o cambio de narrador axuda tamén a saber que cambiaches de lugar, ou de tempo. Para facelo todo un pouco máis dinámico. Gustábame máis escribir así e resúltabame tamén menos aburrido. A.: Que significado cres que lle aportan as laranxeiras á obra? A. Y.: As laranxeiras eran simplemente para amosar que Alana era unha rapaza que non se rendía con facilidade, que era intelixente e que podía chegar a facer cousas que outros como o xardiñeiro (Aniceto) daban por perdidas. Que era constante, era loitadora e que aínda que sexas unha muller intelixente e loitadora, a violencia de xénero tamén che pode afectar a ti. Un político fixo unha declaración sobre a violencia de xénero dicindo que estaba relacionada cos teus ingresos, cun nivel cultural baixo, e para nada; podes ser doutora en física e que che toque porque precesimente a violencia de xénero, o perigoso é que pouco a pouco vaite envolvendo, en non sabes en que momento hai ou non. Hai unha frase moi boa na serie “O Conto da Criada”; a miña serie favorita, e di que se entras nunha bañeira e auga está morna e che van subindo a temperatura da auga pouco a pouco, morres cocida sen darte conta; en cambio, se directamente metes o pé na auga fervendo, daste conta, non? É algo semellante co que pasa coa violencia de xénero. A primeira vez que ves a un tipo e te insulta, ou che pega, sabes que é gilipollas; pero se o fai pouco a pouco, vaite envolvendo,  vaiche dicindo cousas, e parece que non ou parece que entrevista a si… Iso pode pasarlle a calquera, con independencia dos ingresos, do nivel cultural, de todo. A.: Fálanos un pouco do papel que cres que desempeñan os homes en “Senlleiras”. A. Y.: Houbo un crítico que me fixo unha reflexión, que me dixo que os maltratadores da miña novela eran malos moi malos e non lles poñía luces ou sombras, non? Seguro que Hitler era bo nalgunhas cousas… para min os homes de Senlleiras non eran homes diferentes, senón que se ti colles a todo os homes da novela e os fundes en home, en home en xeral, xénero home, ti ves que hai homes maltratadores, e homes correntes… porque iso de que todos os homes son malos, non. Hai homes maltratadores, e logo hai homes como Xosé que son simplemente normais, como debería ser un ser humano, o meu libro centra a atención nelas, non neles; os meus maltratadores na novela son mobles, a única función que teñen é maltratar, punto. Non quero nin indagar en porque o fan nin profundizar nas súas incoherencias persoais, non. Para iso están Xosé e André, para iso está ese contrapunto. L.: Cal das dúas protagonistas femininas che gusta máis: Alda ou Alana? A. Y.: A min creo que a que máis me gusta é Navia. Cando escribes os personaxes saen un pouco de ti, por exemplo: Alana ten esa paixón que eu tiña polos libros cando era pequena e lía
  • 27. 25 ALBA GONZÁLEZ RAMOS LORENA LÓPEZ CABANAS (1º BAC) entrevista a moitísimo; Alda ten esa preocupación que eu tiven moito na adolescencia sobre a beleza. Eu nacín no 91, e fun das primeiras xeracións de adolescentes con redes sociais, Fotolog, Tuenti, entón xa comezábamos a ver iso de “esa foto non a subas, que saio mal, porque non sei que, cantas visitas teño, cantos comentarios me deixaron”, e iso. Esa sensación de Alda non me gusta, a verdade é que se tivese que quedarme con unha sería con Navia, porque dentro da súa dor, da dor que sente, é quen de sacarlle humor, aínda que sexa negro. L.: Como te decantaches por estudar unha enxeñería? Era vocacional? Que lle dirías aos rapac@s que están a piques de escoller a súa carreira? A. Y.: Non, non era vocacional, para nada. Eu tiña amigas que de pequenas tiñan moi claro que querían ser médicos, ou enfermeiras ou xornalistas, tíñano súper claro. Y eu nunca souben que quería ser de maior, sempre quixen ser de todo, podía coller calquera cousa. Entón decidín que o primeiro que debía elexir era onde quería estudar, e escollín A Coruña, e dentro desta collín Enxeñería de Camiños porque era moi dura e tiña moitas saídas (mentira cochina),, pero hoxe en día hai que estudar o que che guste. Ter un título universitario váleche para opositar, e se non tedes claro de ir á universidade, eu tamén miraría a opción de FPs, a parte de ser máis baratas (que iso importa moito) hai moita máis diversidade e máis donde elixir; as carreiras están moi estamentadas. E iso, eu creo que temos que quitarlle un pouco de valor a ter unha carreira e subir un pouco o de ter unha FP, son máis específicas. A.: Algunha obra feminista que nos recomendes? A. Y.: Eu para documentarme para ”Senlleiras” lin “Íbamos a ser reinas”, de Nuria Varela, que é brutal.  ”Invisibles” de Montse Fajardo, que está editada e é unha obra de teatro, editado polo Concello de Pontevedra, ou pola Deputación, nunca o tiven moi claro, pero ese ponche os pelos de punta porque está baseado en casos reais de mulleres de Galicia.  Eses son máis cara a violencia machista, estou lendo un que non é feminismo propiamente dito pero é moi divertido que se chama “Señoras que se empotraron hace mucho” e fala de mulleres dos séculos XVII, XVIII XIX, lesbianas, que están olvidadas, e a autora cóntao en ton moi gracioso. Dende aquí, queremos agradecerlle a Antía a súa paciencia e o tempo que nos adicou para aclarar todas estas dúbidas con respecto a “Senlleiras”, e tamén o feito de ter creado unha obra tan importante para a xuventude, coa que coñecer unha lacra da nosa sociedade como son o machismo e a violencia machista.  Moita sorte en todos os proxectos do futuro, e aquí nos terás, expectantes ante as túas novas obras.  Xuntas sempre fomos máis fortes.
  • 28. Biblioteca do IES Monte das Moas Grazas un ano máis a todas as “NOBEL” deste instituto, entusiastas colaboradoras que levan 6 anos facendo máis visible o labor de tantas mulleres extraordinarias.
  • 29. 27
  • 30.
  • 31. 29
  • 34. QUE É O MEDO? A vida dá máis medo que as historias que nos contan ás catro da mañá. Pregúntalle que é o medo á muller que vive cun monstro durmindo ao outro lado da cama. Que teme que algún día os seus berros queden afogados entre catro paredes tinguidas de vermello. Pregúntalle que é o medo ao neno que vive rodeado das pantasmas que a guerra deixa inexorablemen- te. Ao neno que non coñece máis nanas que os estremecedores bombardeos, nin máis casa que as ruínas que escriben a dor na pupila de todo aqueles que as contemplan. Atrévete a preguntarlle que é o medo a aquel que convertemos en demo só por ser diferente. Que engaiolamos nun cárcere de pecados por medo a que ame e sexa quen realmente é. Pregúntalle tamén as mulleres Frankenstein que só buscan seguir os cánones de beleza que establecen con aires despóticos as revistas. Pensas que entre tanto botox non hai medo a non ser o que a sociedade quere delas? Dille á Terra que che conto como se senten as torturas que lle facemos. Que che diga que ten medo a morrer de calor, sen ser bruxa queimada no lume. Así que si, se queres sentir medo ve as noticias, le o xornal. Iso si que provoca un arrepío instantáneo. SARA SANZ FONTA (4º ESO A) samaín ANA ISABEL DÍAZ LÓPEZ (4º ESO A)
  • 36. Xa chegou o maio xa chegou o día, e vimos cantando con moita alegría. Con moita alegría, con moita escura cantamos o maio fóra a amargura! Fóra a amargura! xa é primavera dádenos as grazas xa estamos de festa! Xa estamos de festa, imos polas rúas amosando o maio ata saír a lúa. Ata saír a lúa seguimos cantando e despois dun chisco imos rematando. Imos rematando moi devagariño recollemos todo xunto ao río Miño. Greta González Mancebo (2º ESO E) Os rapaces do Monte das Moas, O maio celebramos, E con ilusión, cantamos unha canción. Xa chegou o Maio florido e colorido, xa chegou o Maio, e eu estaba durmido. Maio compañeiro, estrañábate moito, as túas cores e as túas flores. Brais López Ferro (1º ESO C) Que a festa dos maios chegue no agosto da primavera, aínda que o Covid moleste a xente ficará leda. A xente ficará leda Estando na casa ou non. A fase un xa se achega e iso mola un montón. E iso mola un montón, pero nin a metade que os maios, que estarán no corazón mentres falamos nos tallos Mentres falamos nos tallos ó redor dunha lareira agardando os agasallos que poder mercar na feira. Que poder mercar na feira onde comprar sen temor, e bailar unha muiñeira que impulse a nosa paixón. Óscar Juanatey Orol (2º ESO B) os maios C O P L A S D O S M A I O S Verónica Longueira Rouco (1º ESO E)
  • 37. RAFAEL ALONSO PICA Director do grupo teatral 35 O grupo Telón de Aquiles do IES Monte das Moas fai estable a actividade teatral no instituto no 2013. Trabállase unha nova obra cada ano con música en directo e represéntase en seis ou sete funcións en diferentes centros da provincia, con máis de 500 espectadores no total de representacións. O grupo, que conta co apoio da ANPA do instituto, participa na Mostra de teatro do Concello da Coruña, no Certame da Deputación (antes Candilejas Don Bosco) e nos Premios Buero Vallejo. Grazas á Fundación Coca-Cola, organizadora deste último premio, un grupiño dos alumnos acode cada ano ao Campus de actores. Telón de Aquiles tamén realiza intercambios de representacións con outros institutos. A actividade do Telón de Aquiles abrangue xa un historial moi variado en galego e castelán: 2014: “Bajarse al moro” de J. L. Alonso de Santos. 2015: “Asamblearias” de Aristófanes. 2015: “A lenda dos tres irmáns” (teatro de sombras) de J.K. Rowling 2016: “El chico de la última fila” de Juan Mayorga 2017: “Aquí non paga ninguén” de Darío Fo 2017: “Calderón, ¿enamorado?” de J.M. Ruano. 2018: “Deus, unha comedia!” de Woody Allen. 2019: “Los locos” de Lope de Vega Os premios chegaron cedo. Dende aquel cuarto posto no Certame Candilejas Don Bosco, con mencións de honra para os nosos actores por “El chico de la última fila”, todos os anos o grupo obtivo galardóns neste concurso. O máis exitoso foi o primeiro premio no 2019 por “Los locos de Lope”, que xa obtivera premio pola súa música en directo do grupo colaborador, Moas Antiqua (tamén do instituto e dirixido por D. Juan Dios) nos premios Buero Vallejo. No 2020 o grupo estaba a preparar unha versión musical do entremés cervantino “El retablo de las maravillas” que, polas limitacións do confinamento, non se puido representar. É de esperar que a obra, feita en colaboración co grupo musical Moas Antiqua e que xa ía moi adiantada nos ensaios, poida ser estreada nos primeiros meses de curso. Pese ao confinamento, o grupo participou coa organización do Certame da Deputación na elaboración dunha montaxe audiovisual e mantivo en cartel “Los locos de Lope” para os Premio Buero Vallejo. Fotografías, gravacións das obras, elencos, carteis, alumnos participantes, programas de man, premios acadados…. Toda a aventura deste Telón que segue a subir cada ano no teatro do IES Monte das Moas está á vosa disposición na súa páxina web: https://iesmontedasmoasteatro.wordpress.- com/
  • 38. Clubs de lectura Concurso fotográfico Lectura de poemas actividades
  • 39. 37 Casa OTERO PREDRAYO Roteiro cultural do Dpto. de Lingua Galega con 2º BAC á casa de Otero Pedrayo en Trasalba e Ourense. visitas
  • 40. CASTRO DE ELVIÑA Todos os anos o Dpto. de Xeografía e Historia leva o alumnado de 1º de ESO a realizar unha visita guiada polo Castro de Elviña visitas
  • 41. 39 CIS e MUSEO DO HUMOR O Dpto. de Tecnoloxía e Debuxo co alumnado de 3º de ESO visitou o CIS (Centro de Innovación e Servizos, Deseño e Tecnoloxía) de Ferrol e o Museo do Humor de Fene. visitas
  • 42. despedida 2º bacharelato Adeus Moas Adeus Moas, marchamos, partimos e dun xeito pouco habitual, nun ano en que todo é inusual, sen graduación, apertas, ou bicos. Ó teu carón os anos pasamos. Este último como un sinal, adianto da vida profesional,  a pesar de estarmos confinados. Todo viches e viviches todo, dende aqueles primeiros namoros até como forxamos os soños. Sinto mágoa de che dicir adeus, E teño afogo de sentimentos, alegría e ilusión a centos!! Adeus Moas, marchamos, partimos. MIGUEL PARDO LÓPEZ (2º BAC A)
  • 43. 41 moas dixital bibliomoas.blogspot.com remoealingua.blogspot.com lecturasrebuldeiras.blogspot.com iesmontedasmoasteatro.wordpress.com porque non todo vai ser papel botádelle un ollo ás páxinas web do instituto edu.xunta.gal/centros/iesmontemoas/