SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
CEIP PENA DE FRANCIA
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
CURSO 2015/16
1º OS MAIOS: ORIXE
• A festa dos Maios é unha festividade estreitamente  relacionada coa
agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder
rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera,
do bo tempo, dos días máis longos e o comezo do ano agrícola.
• É posible que este tipo de celebración nacera co fin de festexar e
de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da
fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e
propicia-los dons da fecunda  Nai Terra.
2º MANIFESTACIÓNS TRADICIONAIS
• Son moitas as manifestacións tradicionais que se dan na nosa terra
dentro do denominado ciclo de maio. Poderíamos citar, entre
outros, os seguintes costumes :
- •Alumea-lo pan: cando na noite anterior o 1 de maio os veciños percorrían
con fachos de colmo ou palla os campos cultivados coa intención de que este ritual
protexera as sementes de calquera mal que lles poIdera afectar.
- Os  ramos:  a tradición de pór ramos de xesta ou   codeso nas terras cultivadas
despois da semente posiblemente con fins   protectores ou, segundo outros etnógrafos,
como rito agrario de   fecundidade .
- Os arcos: era costume en moitos  lugares de Galicia facer  arcos  decorados con
flores e follas que se colocaban nas prazas e camiños .
- Árbore de Maio consistente en  erguer na praza, rueiro ou lugar principal da
aldea unha alta árbore toda  derramada salvo na súa parte máis alta na que se
conservaban as pólas. Ás   veces, esta árbore era enfeitada con cintas de cores, flores ou
froitas.
3º TIPOS DE MAIOS
-Ramo de Maio: pequenos ramos que facían os rapaces para  ofrecerllos ós veciños en
troques dalgunha larpeirada .
- Os Maios Humanos ou viventes: eran  rapaces, ou homes, que se cubrían de follas,
flores e outros materiais  vexetais para ir cantando e pedindo lambonadas polas casas.
• Os Maios figurados: é o típico Maio  que coñecemos todos. Normalmente
se trata dunha estrutura ou armadillo de  madeira de forma cónica ou
piramidal que se cubre de flores e un manto  vexetal e se adobían con froitos,
como por exemplo laranxas. Os rapaces  danzan ó seu arredor cantando
cantigas, xeralmente satíricas, sobre as autoridades ou os veciños da aldea.
• As Maias: Distinguíanse as Maias pagás e as Maias cristiás. As
pagás, consistían nun grupo de nenas   pequenas que levaban
un arco adornado por flores e fitas de cores. Baixo o  arco ía
outra nena, a Raíña do Maio. O grupo de rapazas ía pedindo
polas  casa e cantando coplas anunciadoras da primavera e da
vida.  A persecución eclesial deste tipo de  ritos daría lugar
ás Maias cristiás onde os elementos e símbolos cristiás   eran
predominantes, incluso na temática das letras cantadas.
4. ESTRUCTURAS DOS MAIOS
Estrutura do Maio:
• Os Maios variaban dunhas zonas a outras de Galicia, tanto na forma ou
tamaño como nos materiais empregados.
• Con media ducia de varas longas faise unha estrutura piramidal de base
cadrada e duns 2 m de alto.
• A esta estrutura engádenselle as dúas andas para poder levalo.
• Colócanse a continuación varios aros de barril atados ás varas con arame ou
cordel.
• Seguidamente se procede á colocación do manto vexetal feito de fiúncho,
sempre de abaixo cara arriba, unhas enriba doutras como se dun tellado de
tellas se tratase e facendo varias capas vexetais.
• Rematada a tarefa máis pesada pasaremos a coloca-los adobíos pertinentes.
Laranxas, margaridas, rosas, camelias, pampillos, calas e mesmo ovos son
enfiados en longas guirnaldas que despois son colocadas rodeando o Maio e
facendo diferentes deseños como ondas, zigzag e outras figuras.
• Para remata-la figura do Maio cómpre facerlle a coroa que pode ser en forma
de ramo, de cruz ou outro deseño. Ás veces, estas coroas, en vez de remata-
lo Maio, fanse sobre un pau que se porta a xeito de estandarte.
5. COPLAS
As coplas de maio:
• Ó redor destes Maios os nenos e nenas xiraban, recitando cantigas ó
ritmo do bater dos paus e repetindo os versos que cantaba o rapaz
que vai debaixo do Maio.
• Estas coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos.
A primeira estrofa da copla é a presentación do Maio, ou unha
solicitude de permiso ou licenza para cantar, e a derradeira é a
despedida.
• A liña temática do resto da copla soe xirar sobre tres temas:
-A alegría pola chegada da primavera.
- O traballo de elaboración do Maio .
- As críticas e sátiras retranqueiras sobre veciños ou sobre as
autoridades do lugar.
O MAIO Curros Enríquez
Aí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...
Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero….

More Related Content

Similar to Os Maios

Similar to Os Maios (20)

O ciclo de maio2
O ciclo de maio2O ciclo de maio2
O ciclo de maio2
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Entroido
EntroidoEntroido
Entroido
 
Maios
MaiosMaios
Maios
 
A Festa Dos Maios
A Festa Dos MaiosA Festa Dos Maios
A Festa Dos Maios
 
Os Maios
Os MaiosOs Maios
Os Maios
 
Samaín
SamaínSamaín
Samaín
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
O Entroido
O EntroidoO Entroido
O Entroido
 
Revista 2014 15
Revista 2014 15Revista 2014 15
Revista 2014 15
 
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERACICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
CICLO FESTIVO EN ROMANÍA, PRIMAVERA
 
As mázcaras
As mázcarasAs mázcaras
As mázcaras
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
Power samain magosto 2010
Power  samain magosto 2010Power  samain magosto 2010
Power samain magosto 2010
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Samaín
Samaín Samaín
Samaín
 
Os nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. PrimariaOs nosos maios. 1º ed. Primaria
Os nosos maios. 1º ed. Primaria
 
Manuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaManuel María, etnografía
Manuel María, etnografía
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

More from comisiontic

GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDASGRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAScomisiontic
 
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDASGRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAScomisiontic
 
Os fruticonsellos de 4º de primaria
Os fruticonsellos de 4º de primariaOs fruticonsellos de 4º de primaria
Os fruticonsellos de 4º de primariacomisiontic
 
O melon na cociña 130
O melon na cociña 130O melon na cociña 130
O melon na cociña 130comisiontic
 
Proxecto sandía 3º
Proxecto sandía 3ºProxecto sandía 3º
Proxecto sandía 3ºcomisiontic
 
Mayka e Gabriel.
Mayka e Gabriel.Mayka e Gabriel.
Mayka e Gabriel.comisiontic
 
Candela e Pablo
Candela e  Pablo Candela e  Pablo
Candela e Pablo comisiontic
 
Andrea e Raul traballo da pera
Andrea e Raul traballo da peraAndrea e Raul traballo da pera
Andrea e Raul traballo da peracomisiontic
 

More from comisiontic (16)

GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDASGRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
 
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDASGRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
GRÁFICO DAS FROITAS PREFERIDAS
 
Os fruticonsellos de 4º de primaria
Os fruticonsellos de 4º de primariaOs fruticonsellos de 4º de primaria
Os fruticonsellos de 4º de primaria
 
O melon na cociña 130
O melon na cociña 130O melon na cociña 130
O melon na cociña 130
 
O melon no arte
O melon no arteO melon no arte
O melon no arte
 
Tipos de melón
Tipos de melónTipos de melón
Tipos de melón
 
Melón
MelónMelón
Melón
 
Proxecto sandía 3º
Proxecto sandía 3ºProxecto sandía 3º
Proxecto sandía 3º
 
Xoel e Imara.
Xoel e Imara.Xoel e Imara.
Xoel e Imara.
 
Sara e Juan
Sara e JuanSara e Juan
Sara e Juan
 
Mayka e Gabriel.
Mayka e Gabriel.Mayka e Gabriel.
Mayka e Gabriel.
 
Candela e Pablo
Candela e  Pablo Candela e  Pablo
Candela e Pablo
 
Andrea e Raul traballo da pera
Andrea e Raul traballo da peraAndrea e Raul traballo da pera
Andrea e Raul traballo da pera
 
Kofi Annan
Kofi AnnanKofi Annan
Kofi Annan
 
Feixoa
FeixoaFeixoa
Feixoa
 
25 N
25 N25 N
25 N
 

Os Maios

  • 1. CEIP PENA DE FRANCIA DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2015/16
  • 2. 1º OS MAIOS: ORIXE • A festa dos Maios é unha festividade estreitamente  relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da Primavera, do bo tempo, dos días máis longos e o comezo do ano agrícola. • É posible que este tipo de celebración nacera co fin de festexar e de dar grazas á natureza pola súa xenerosidade e polo don da fertilidade e, ó mesmo tempo, servir de medio para garantir e propicia-los dons da fecunda  Nai Terra.
  • 3. 2º MANIFESTACIÓNS TRADICIONAIS • Son moitas as manifestacións tradicionais que se dan na nosa terra dentro do denominado ciclo de maio. Poderíamos citar, entre outros, os seguintes costumes : - •Alumea-lo pan: cando na noite anterior o 1 de maio os veciños percorrían con fachos de colmo ou palla os campos cultivados coa intención de que este ritual protexera as sementes de calquera mal que lles poIdera afectar. - Os  ramos:  a tradición de pór ramos de xesta ou   codeso nas terras cultivadas despois da semente posiblemente con fins   protectores ou, segundo outros etnógrafos, como rito agrario de   fecundidade . - Os arcos: era costume en moitos  lugares de Galicia facer  arcos  decorados con flores e follas que se colocaban nas prazas e camiños . - Árbore de Maio consistente en  erguer na praza, rueiro ou lugar principal da aldea unha alta árbore toda  derramada salvo na súa parte máis alta na que se conservaban as pólas. Ás   veces, esta árbore era enfeitada con cintas de cores, flores ou froitas.
  • 4. 3º TIPOS DE MAIOS -Ramo de Maio: pequenos ramos que facían os rapaces para  ofrecerllos ós veciños en troques dalgunha larpeirada . - Os Maios Humanos ou viventes: eran  rapaces, ou homes, que se cubrían de follas, flores e outros materiais  vexetais para ir cantando e pedindo lambonadas polas casas.
  • 5. • Os Maios figurados: é o típico Maio  que coñecemos todos. Normalmente se trata dunha estrutura ou armadillo de  madeira de forma cónica ou piramidal que se cubre de flores e un manto  vexetal e se adobían con froitos, como por exemplo laranxas. Os rapaces  danzan ó seu arredor cantando cantigas, xeralmente satíricas, sobre as autoridades ou os veciños da aldea.
  • 6. • As Maias: Distinguíanse as Maias pagás e as Maias cristiás. As pagás, consistían nun grupo de nenas   pequenas que levaban un arco adornado por flores e fitas de cores. Baixo o  arco ía outra nena, a Raíña do Maio. O grupo de rapazas ía pedindo polas  casa e cantando coplas anunciadoras da primavera e da vida.  A persecución eclesial deste tipo de  ritos daría lugar ás Maias cristiás onde os elementos e símbolos cristiás   eran predominantes, incluso na temática das letras cantadas.
  • 7. 4. ESTRUCTURAS DOS MAIOS Estrutura do Maio: • Os Maios variaban dunhas zonas a outras de Galicia, tanto na forma ou tamaño como nos materiais empregados. • Con media ducia de varas longas faise unha estrutura piramidal de base cadrada e duns 2 m de alto. • A esta estrutura engádenselle as dúas andas para poder levalo. • Colócanse a continuación varios aros de barril atados ás varas con arame ou cordel. • Seguidamente se procede á colocación do manto vexetal feito de fiúncho, sempre de abaixo cara arriba, unhas enriba doutras como se dun tellado de tellas se tratase e facendo varias capas vexetais. • Rematada a tarefa máis pesada pasaremos a coloca-los adobíos pertinentes. Laranxas, margaridas, rosas, camelias, pampillos, calas e mesmo ovos son enfiados en longas guirnaldas que despois son colocadas rodeando o Maio e facendo diferentes deseños como ondas, zigzag e outras figuras. • Para remata-la figura do Maio cómpre facerlle a coroa que pode ser en forma de ramo, de cruz ou outro deseño. Ás veces, estas coroas, en vez de remata- lo Maio, fanse sobre un pau que se porta a xeito de estandarte.
  • 8.
  • 9. 5. COPLAS As coplas de maio: • Ó redor destes Maios os nenos e nenas xiraban, recitando cantigas ó ritmo do bater dos paus e repetindo os versos que cantaba o rapaz que vai debaixo do Maio. • Estas coplas están formadas por estrofas de catro versos octosílabos. A primeira estrofa da copla é a presentación do Maio, ou unha solicitude de permiso ou licenza para cantar, e a derradeira é a despedida. • A liña temática do resto da copla soe xirar sobre tres temas: -A alegría pola chegada da primavera. - O traballo de elaboración do Maio . - As críticas e sátiras retranqueiras sobre veciños ou sobre as autoridades do lugar.
  • 10. O MAIO Curros Enríquez Aí vén o maio de frores cuberto... puxéronse á porta cantándome os nenos; i os puchos furados pra min estendendo, pedíronme crocas dos meus castiñeiros. Pasai, rapaciños, calados e quedos; que o que é polo de hoxe que darvos non teño. Eu sónvo-lo probe do pobo gallego: pra min non hai maio, ¡pra min sempre é inverno!... Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá entonces o maio que eu quero….