SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Un mundo posible, por agora.

Outra noite máis encerrada na miña habitación. Outra noite máis pensando que facer. Outra
noite máis mirando para ningures. Outra noite máis soa. Era, soamente, unha noite máis.

Non sabía que facer e, coma case todos os días, deiteime na cama e deille ao botón, aquel
botón que tanto me gustaba. A miña cama comezou a axitarse suavemente e, logo, máis
rápido. Encantábame a masaxe que as camas nos podían dar agora, xa que descubrira que iso
non fora así sempre.

Esa mañá, 14 de setembro do 2317 fora á clase de historia, a clase que tocaba os luns, o mellor
día de toda a semana.

Sentámonos no noso lugar habitual, eu no meu compartido sofá vermello xunto con tres
compañeiros. Puxerámonos os nosos cascos e comezaramos a escoitar e a ver no gran espazo
que tiñamos diante a clase de historia.

Hoxe non falamos dos dinosauros que fixeran aparecer facía unhas cantas décadas atrás os
nosos antepasados, hoxe falamos de algo distinto.

Facía pouco que atoparan, baixo terra, unhas cintas de vídeo, creo que se chamaban, de facía
trescentos anos aproximadamente. A verdade é que eu nunca antes me preguntara como fora
a vida centos de anos atrás, pero nesa clase descubrín que era unha vida moito mellor.

Aqueles vídeos de mala calidade e en 2D, cousa que nunca antes vira, ensinábanos entre
outras cousas algo moi curioso. Eran uns xogos, chamados Xogos Olímpicos, nos que había
rapaces e rapazas xogando ao aire libre e nadando nun burato cheo de auga semellante a unha
gran bañeira. Había persoas, moitas persoas mirando como os participantes xogaban e
tentaban ganarlle aos seus rivais. Era xente moi diferente, había xente morena e branca de pel,
altos e baixos, co pelo negro, castaño, amarelo e incluso algún co pelo azul, tiñas os ollos
grandes, pequenos, redondos alongados… era algo incrible. Nunca antes vira algo así.

Noutros dos vídeos aparecían dúas rapazas xogando na auga, na area… nun lugar moi bonito
onde brillaba un enorme sol. Dixérannos que iso era a praia, algo que nós nunca chegaramos a
ver, pero que sen dúbida, era asombroso.

O último vídeo que nos puxeron foi o que máis me fixo pensar, sen dúbida. Era unha familia,
unha gran familia formada por un pai, unha nai, dous fillos e unha avoa. Todos eles vivían
nunha mesma casa. Era unha casa pequena e moi simple, parecíame algo incrible que existira
algo así.

Eu non chegara a ver nada do que había nesa casa na miña época, e supoño que tampouco
meu pai vira nunca algo semellante.

Era todo moi pequeno, moi simple, moi antigo.
Ao final do vídeo sinalaban cando fora gravado, fora no ano 1992. Deso facía anos e anos, e
todo cambiara demasiado.

Eu seguía deitada na miña cama sen ningún sitio a onde mirar.

Tiña 16 anos. Era unha rapaza alta, rubia, delgada e de ollos verdes, igual que todas as demais,
igual que todo o mundo. Ás veces érame difícil ata diferenciar aos rapaces da miña clase, eran
todos iguais. Hoxe namorárame dun rapaz que vira no vídeo, era moreno e cos ollos marróns,
nunca imaxinara algo igual.

Ademais estaban os lugares onde se atopaban. Eu na miña vida saíra da miña casa. Nin eu nin
ninguén saíra nunca dun espazo cerrado, e o único que o fixera anos atrás non regresara.

Sabía que era algo impensable o feito de velo sol, pero aquel vídeo, aquelas rapazas… estaban
alí debaixo, sentadas baixo o sol e mirando cara el sen problema algún.

O ceo dos vídeos era azul e tiña cousas como de algodón dispersas de cor branca. Eu nunca
vira o ceo, nunca poderamos ver o ceo.

Agora comprendía que era moi triste xa que dende pequena sabía que iso era imposible, pero
non era de todo certo. Non era imposible, no pasado a xente vivía sen problemas baixo o ceo
azul e o sol resplandecente. Sentía moita envexa, oxalá vivira no pasado.

Todo o mundo dicía que iso era culpa dos nosos antepasados. Non sei nin como nin porque,
pero deixárannos un mundo bastante estragado.

Primeiro, non podiamos mirar o ceo debido a que a capa de ozono que moitos anos atrás nos
protexía da radiación ultravioleta do sol desaparecera pola gran contaminación provocada
polo ser humano.

Tampouco podíamos saír ao exterior porque, sen contar que o sol nos queimaría a pel, había
unha gran cantidade de fume e néboa negra avermellada que era moi prexudicial para a
saúde, chamado smog total.

Ademais, segundo os datos de anos anteriores, o noso planeta cambiara moito. Antes estaba
formado por un 70% de auga aproximadamente. Sen embargo, agora aínda estaba formado
por unha maior cantidade de auga. Case o 99% do noso planeta era auga. De aquí a que se lle
cambiara o nome por Water Planet (Planeta Auga).

Eu non sabería vivir no pasado, como a xente do pasado non sabería vivir no futuro.

Que faría eu sen toda a nova tecnoloxía inventada ata agora? Que faría eu nun mundo no que
para ir á estudar tiña que andar sobre vinte minutos? Que faría eu vivindo con catro ou cinco
persoas máis na miña casa?

Sen dúbida non tiña nin idea. E soaba igual de estraño preguntarmo ao revés…

Que farían eles con esta tecnoloxía tan desenvolta? Que farían nun mundo onde non podían
saír da casa? Nun mundo no que tiñan que usar o teletransportador ata para ir a estudar? Que
farían si o habitual fose vivir como moito dúas persoas nunha casa?
Non sabía o que farían, pero dende logo que quedarían abraiados.

Oxalá eu vivira nesa época, no 1990 ou no 2000. Así creo que aínda estaría a tempo de tentar
salvar ao mundo do seu tráxico fin.

Seguro que a xente de ese tempo sabía que estaba a facerlle dano ao planeta xa que me
parece un pouco imposible que non o souberan. Pero a verdade é que probablemente non
souberan que acabariamos así, nunha vida tan triste como a miña.

More Related Content

Similar to Un mundo posible, por agora

Similar to Un mundo posible, por agora (20)

Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
O becho insolente
O becho insolenteO becho insolente
O becho insolente
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Relato de un manatí
Relato de un manatíRelato de un manatí
Relato de un manatí
 
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIASCREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
CREACIÓNS ARTÍSTICAS - LITERARIAS
 
Traemos a vida á escola
Traemos a vida á escolaTraemos a vida á escola
Traemos a vida á escola
 
Escape.zaira 6
Escape.zaira 6Escape.zaira 6
Escape.zaira 6
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Un adianto do ceo
Un adianto do ceoUn adianto do ceo
Un adianto do ceo
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa El principito. power point 4ºa
El principito. power point 4ºa
 
Un conto moi polvorento e adormilado
Un conto moi polvorento e adormiladoUn conto moi polvorento e adormilado
Un conto moi polvorento e adormilado
 
Climántica 1º eso
Climántica 1º esoClimántica 1º eso
Climántica 1º eso
 

Un mundo posible, por agora

  • 1. Un mundo posible, por agora. Outra noite máis encerrada na miña habitación. Outra noite máis pensando que facer. Outra noite máis mirando para ningures. Outra noite máis soa. Era, soamente, unha noite máis. Non sabía que facer e, coma case todos os días, deiteime na cama e deille ao botón, aquel botón que tanto me gustaba. A miña cama comezou a axitarse suavemente e, logo, máis rápido. Encantábame a masaxe que as camas nos podían dar agora, xa que descubrira que iso non fora así sempre. Esa mañá, 14 de setembro do 2317 fora á clase de historia, a clase que tocaba os luns, o mellor día de toda a semana. Sentámonos no noso lugar habitual, eu no meu compartido sofá vermello xunto con tres compañeiros. Puxerámonos os nosos cascos e comezaramos a escoitar e a ver no gran espazo que tiñamos diante a clase de historia. Hoxe non falamos dos dinosauros que fixeran aparecer facía unhas cantas décadas atrás os nosos antepasados, hoxe falamos de algo distinto. Facía pouco que atoparan, baixo terra, unhas cintas de vídeo, creo que se chamaban, de facía trescentos anos aproximadamente. A verdade é que eu nunca antes me preguntara como fora a vida centos de anos atrás, pero nesa clase descubrín que era unha vida moito mellor. Aqueles vídeos de mala calidade e en 2D, cousa que nunca antes vira, ensinábanos entre outras cousas algo moi curioso. Eran uns xogos, chamados Xogos Olímpicos, nos que había rapaces e rapazas xogando ao aire libre e nadando nun burato cheo de auga semellante a unha gran bañeira. Había persoas, moitas persoas mirando como os participantes xogaban e tentaban ganarlle aos seus rivais. Era xente moi diferente, había xente morena e branca de pel, altos e baixos, co pelo negro, castaño, amarelo e incluso algún co pelo azul, tiñas os ollos grandes, pequenos, redondos alongados… era algo incrible. Nunca antes vira algo así. Noutros dos vídeos aparecían dúas rapazas xogando na auga, na area… nun lugar moi bonito onde brillaba un enorme sol. Dixérannos que iso era a praia, algo que nós nunca chegaramos a ver, pero que sen dúbida, era asombroso. O último vídeo que nos puxeron foi o que máis me fixo pensar, sen dúbida. Era unha familia, unha gran familia formada por un pai, unha nai, dous fillos e unha avoa. Todos eles vivían nunha mesma casa. Era unha casa pequena e moi simple, parecíame algo incrible que existira algo así. Eu non chegara a ver nada do que había nesa casa na miña época, e supoño que tampouco meu pai vira nunca algo semellante. Era todo moi pequeno, moi simple, moi antigo.
  • 2. Ao final do vídeo sinalaban cando fora gravado, fora no ano 1992. Deso facía anos e anos, e todo cambiara demasiado. Eu seguía deitada na miña cama sen ningún sitio a onde mirar. Tiña 16 anos. Era unha rapaza alta, rubia, delgada e de ollos verdes, igual que todas as demais, igual que todo o mundo. Ás veces érame difícil ata diferenciar aos rapaces da miña clase, eran todos iguais. Hoxe namorárame dun rapaz que vira no vídeo, era moreno e cos ollos marróns, nunca imaxinara algo igual. Ademais estaban os lugares onde se atopaban. Eu na miña vida saíra da miña casa. Nin eu nin ninguén saíra nunca dun espazo cerrado, e o único que o fixera anos atrás non regresara. Sabía que era algo impensable o feito de velo sol, pero aquel vídeo, aquelas rapazas… estaban alí debaixo, sentadas baixo o sol e mirando cara el sen problema algún. O ceo dos vídeos era azul e tiña cousas como de algodón dispersas de cor branca. Eu nunca vira o ceo, nunca poderamos ver o ceo. Agora comprendía que era moi triste xa que dende pequena sabía que iso era imposible, pero non era de todo certo. Non era imposible, no pasado a xente vivía sen problemas baixo o ceo azul e o sol resplandecente. Sentía moita envexa, oxalá vivira no pasado. Todo o mundo dicía que iso era culpa dos nosos antepasados. Non sei nin como nin porque, pero deixárannos un mundo bastante estragado. Primeiro, non podiamos mirar o ceo debido a que a capa de ozono que moitos anos atrás nos protexía da radiación ultravioleta do sol desaparecera pola gran contaminación provocada polo ser humano. Tampouco podíamos saír ao exterior porque, sen contar que o sol nos queimaría a pel, había unha gran cantidade de fume e néboa negra avermellada que era moi prexudicial para a saúde, chamado smog total. Ademais, segundo os datos de anos anteriores, o noso planeta cambiara moito. Antes estaba formado por un 70% de auga aproximadamente. Sen embargo, agora aínda estaba formado por unha maior cantidade de auga. Case o 99% do noso planeta era auga. De aquí a que se lle cambiara o nome por Water Planet (Planeta Auga). Eu non sabería vivir no pasado, como a xente do pasado non sabería vivir no futuro. Que faría eu sen toda a nova tecnoloxía inventada ata agora? Que faría eu nun mundo no que para ir á estudar tiña que andar sobre vinte minutos? Que faría eu vivindo con catro ou cinco persoas máis na miña casa? Sen dúbida non tiña nin idea. E soaba igual de estraño preguntarmo ao revés… Que farían eles con esta tecnoloxía tan desenvolta? Que farían nun mundo onde non podían saír da casa? Nun mundo no que tiñan que usar o teletransportador ata para ir a estudar? Que farían si o habitual fose vivir como moito dúas persoas nunha casa?
  • 3. Non sabía o que farían, pero dende logo que quedarían abraiados. Oxalá eu vivira nesa época, no 1990 ou no 2000. Así creo que aínda estaría a tempo de tentar salvar ao mundo do seu tráxico fin. Seguro que a xente de ese tempo sabía que estaba a facerlle dano ao planeta xa que me parece un pouco imposible que non o souberan. Pero a verdade é que probablemente non souberan que acabariamos así, nunha vida tan triste como a miña.