SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
PARA SITUAR A NOSA LINGUA NO FUTURO
DESDE OS CONCELLOS
Hoxe, 17 de maio de 2015, todas as persoas que conformamos as candidaturas
do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas nas eleccións do 24 de maio
de 2015 queremos facer explícito un compromiso continuado coa nosa lingua.
E falamos de continuado porque non comeza hoxe, aquí, senón que vén de
lonxe na nosa longa vida colectiva, herdeiras e herdeiros, como somos, das
Irmandades da Fala, cuxo nacemento aconteceu hai case cen anos e, por
tanto, nos meses previos existía unha efervescencia especial para crear a
conciencia necesaria a este respecto. E tampouco remata hoxe, senón que se
materializará todos e cada un dos días deste ano e do seguinte e do próximo e
do que está por vir...
Mostramos esta nosa firme determinación nestes momentos porque sabemos
que, desde os concellos, podemos realizar un labor fundamental para enraizar
o galego coa maior das dignidades e contaxiar o optimismo que sentimos ao
escoitar con orgullo a nosa lingua na boca de persoas de todas as idades que
queren continuar a se sentir galegas a través do idioma. Planificar tempos
de esperanza para a lingua galega é a nosa prioridade política. Por iso,
para alén doutras moitas accións que rodean a nosa vida diaria e fan posíbel
que vivamos en galego a pesar de todas as dificultades e do intento de
rematar de vez coa expresión colectiva deste pobo creador, anunciamos unha
serie de medidas polas que traballaremos para se converteren nunha
realidade. Queremos formar un coro de voces que percorra a Galiza desde a
Guarda a Ribadeo, de Verín a Camariñas, de Cariño a Lobios e que atravese,
de maneira especial, as cidades e as vilas máis poboadas da nosa nación.
Por todo isto, facemos explícito o noso compromiso para:
1. Promover unha revisión e actualización dos acordos e normas municipais
en materia de uso da lingua guiada polo criterio da transversalidade da
normalización lingüística en todos os ámbitos da acción municipal.
2. Apoiar o asociacionismo a prol da lingua como unha garantía de avance
nas políticas lingüísticas que xulgan prioritaria a defensa do galego e a
aposta pola diversidade lingüística.
3. Considerar as crianzas e a mocidade sectores estratéxicos a que irán
orientadas boa parte das medidas que se desenvolverán. Por tanto, será
un labor continuado deseñar medidas e ofrecer actividades para a
socialización en galego, tanto en colaboración con centros de ensino de
todos os niveis, como con outras entidades ou ámbitos de especial
relevancia para a socialización da infancia e da mocidade.
4. Comprometerse a aplicar as medidas incluídas no Plan xeral de
normalización da lingua galega.
5. Aproveitar o potencial normalizador que presta o carácter internacional
da nosa lingua co obxectivo de incrementar a autoestima lingüística da
cidadanía e de enfatizar a proxección do galego. Realizar todas as
presións necesarias para facilitar e facer realidade a recepción das
televisións de Portugal na Galiza.
6. Garantir que todas as accións do concello procuren unha maior
valoración, calidade e uso do galego, como por exemplo a comunicación
municipal, as contratacións de empresas, as intervencións dos cargos
públicos, os actos xurídicos, a contratación de persoal, a concesión de
subvencións, os programas de formación etc. Garantir os dereitos
lingüísticos da veciñanza.
7. Recuperar a microtoponimia e incorporar as denominacións do rueiro.
8. Solicitar dos medios de comunicación que respecten a lingua das noticias
xeradas en galego.
9. Crear ou reforzar servizos de normalización lingüística estábeis, dotados
de recursos humanos e partidas orzamentarias suficientes, que
xestionarán e executarán as accións e as medidas necesarias para o
fomento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.
10. Traballar a prol da diversidade lingüística e cultural desde o orgullo do
noso.
#dependedenós
bng.gal

More Related Content

Viewers also liked

10 Benefits of Time Tracking
10 Benefits of Time Tracking10 Benefits of Time Tracking
10 Benefits of Time TrackingYaware
 
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1Subodh Rawani
 
Presentacion turin natalia
Presentacion turin nataliaPresentacion turin natalia
Presentacion turin nataliaaguadalajara08
 
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USA
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USAEnagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USA
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USADan Griffiths
 
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03Rodolfo Burgos Mejia
 
Los desastres naturales
Los desastres naturales Los desastres naturales
Los desastres naturales zankero
 
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...BASPCAN
 

Viewers also liked (12)

10 Benefits of Time Tracking
10 Benefits of Time Tracking10 Benefits of Time Tracking
10 Benefits of Time Tracking
 
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1
SUBODH_RAWANI_LNMIIT_NEW1
 
my_cv[1]
my_cv[1]my_cv[1]
my_cv[1]
 
ARS Portfolio
ARS PortfolioARS Portfolio
ARS Portfolio
 
Sky scanner
Sky scannerSky scanner
Sky scanner
 
ACMS 2013 fall
ACMS 2013 fallACMS 2013 fall
ACMS 2013 fall
 
Presentacion turin natalia
Presentacion turin nataliaPresentacion turin natalia
Presentacion turin natalia
 
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USA
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USAEnagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USA
Enagaging the Next Generation of CPAs - Presentation for DFK USA
 
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03
importancia del Mantenimiento a equipos_ rb 03
 
Los desastres naturales
Los desastres naturales Los desastres naturales
Los desastres naturales
 
Метро
Метро Метро
Метро
 
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...
Exploring an Alternative Approach to Improve the Lives of Children in Public ...
 

Similar to [Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blogcenlf
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019psdegbergondo
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Coordinadora Galega ENDL
 
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaAnxo Lorenzo
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Posicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico EndlPosicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico Endlcenlf
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 
Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133IGADI
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Ragcenlf
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galiciafajuma12
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014pradosanpedro
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019BNGdoPorrinho
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 

Similar to [Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos (20)

Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blog
 
Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019Boletín PSOE Bergondo 2019
Boletín PSOE Bergondo 2019
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
 
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en GaliciaPolíticas lingüísticas emerxentes en Galicia
Políticas lingüísticas emerxentes en Galicia
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Normalizacion
NormalizacionNormalizacion
Normalizacion
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
Posicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico EndlPosicionamento PúBlico Endl
Posicionamento PúBlico Endl
 
programa bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdfprograma bng ribadeo 2023.pdf
programa bng ribadeo 2023.pdf
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdfDiscurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
Discurso_investidura_Daniel_Vega.pdf
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 
Iaf133
Iaf133Iaf133
Iaf133
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Manifesto Rag
Manifesto RagManifesto Rag
Manifesto Rag
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego

Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialBNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusBNG - Bloque Nacionalista Galego
 

More from BNG - Bloque Nacionalista Galego (20)

Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
Queremos vida. Queremos futuro. Altri non.
 
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
Mellor local. Mellor Galego. Campaña comercio local 2023
 
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machistaDecálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
Decálogo de prioridades no reforzo da loita contra a violencia machista
 
Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023Programa electoral das Xerais de 2023
Programa electoral das Xerais de 2023
 
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer GalizaDecálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
Decálogo de compromisos do BNG para facer valer Galiza
 
Folleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria GalegaFolleto Día da Patria Galega
Folleto Día da Patria Galega
 
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
En defensa das traballadoras e traballadores. Que non rouben os nosos dereitos.
 
Queremos tren
Queremos trenQueremos tren
Queremos tren
 
90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista90 anos do Partido Galeguista
90 anos do Partido Galeguista
 
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafaO espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
O espolio da nosa enerxía sáenos moi caro. A suba da luz é unha estafa
 
Defendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade públicaDefendamos a sanidade pública
Defendamos a sanidade pública
 
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
8M. Sostemos o presente. Cambiemos o futuro.
 
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
Propostas BNG "Xerar Futuro. Galiza Next."
 
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegasProxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
Proxecto para a recuperación produtiva das rías galegas
 
100 anos de Nós
100 anos de Nós100 anos de Nós
100 anos de Nós
 
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencialDesconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
Desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial
 
100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega100 anos do Día da Patria Galega
100 anos do Día da Patria Galega
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
Decálogo de propostas do BNG para o apoio e reactivación do sector cultural g...
 
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirusPropostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
Propostas do BNG para facer fronte á crise do coronavirus
 

[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

  • 1. PARA SITUAR A NOSA LINGUA NO FUTURO DESDE OS CONCELLOS Hoxe, 17 de maio de 2015, todas as persoas que conformamos as candidaturas do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas nas eleccións do 24 de maio de 2015 queremos facer explícito un compromiso continuado coa nosa lingua. E falamos de continuado porque non comeza hoxe, aquí, senón que vén de lonxe na nosa longa vida colectiva, herdeiras e herdeiros, como somos, das Irmandades da Fala, cuxo nacemento aconteceu hai case cen anos e, por tanto, nos meses previos existía unha efervescencia especial para crear a conciencia necesaria a este respecto. E tampouco remata hoxe, senón que se materializará todos e cada un dos días deste ano e do seguinte e do próximo e do que está por vir... Mostramos esta nosa firme determinación nestes momentos porque sabemos que, desde os concellos, podemos realizar un labor fundamental para enraizar o galego coa maior das dignidades e contaxiar o optimismo que sentimos ao escoitar con orgullo a nosa lingua na boca de persoas de todas as idades que queren continuar a se sentir galegas a través do idioma. Planificar tempos de esperanza para a lingua galega é a nosa prioridade política. Por iso, para alén doutras moitas accións que rodean a nosa vida diaria e fan posíbel que vivamos en galego a pesar de todas as dificultades e do intento de rematar de vez coa expresión colectiva deste pobo creador, anunciamos unha serie de medidas polas que traballaremos para se converteren nunha realidade. Queremos formar un coro de voces que percorra a Galiza desde a Guarda a Ribadeo, de Verín a Camariñas, de Cariño a Lobios e que atravese, de maneira especial, as cidades e as vilas máis poboadas da nosa nación. Por todo isto, facemos explícito o noso compromiso para: 1. Promover unha revisión e actualización dos acordos e normas municipais en materia de uso da lingua guiada polo criterio da transversalidade da normalización lingüística en todos os ámbitos da acción municipal. 2. Apoiar o asociacionismo a prol da lingua como unha garantía de avance nas políticas lingüísticas que xulgan prioritaria a defensa do galego e a aposta pola diversidade lingüística. 3. Considerar as crianzas e a mocidade sectores estratéxicos a que irán orientadas boa parte das medidas que se desenvolverán. Por tanto, será
  • 2. un labor continuado deseñar medidas e ofrecer actividades para a socialización en galego, tanto en colaboración con centros de ensino de todos os niveis, como con outras entidades ou ámbitos de especial relevancia para a socialización da infancia e da mocidade. 4. Comprometerse a aplicar as medidas incluídas no Plan xeral de normalización da lingua galega. 5. Aproveitar o potencial normalizador que presta o carácter internacional da nosa lingua co obxectivo de incrementar a autoestima lingüística da cidadanía e de enfatizar a proxección do galego. Realizar todas as presións necesarias para facilitar e facer realidade a recepción das televisións de Portugal na Galiza. 6. Garantir que todas as accións do concello procuren unha maior valoración, calidade e uso do galego, como por exemplo a comunicación municipal, as contratacións de empresas, as intervencións dos cargos públicos, os actos xurídicos, a contratación de persoal, a concesión de subvencións, os programas de formación etc. Garantir os dereitos lingüísticos da veciñanza. 7. Recuperar a microtoponimia e incorporar as denominacións do rueiro. 8. Solicitar dos medios de comunicación que respecten a lingua das noticias xeradas en galego. 9. Crear ou reforzar servizos de normalización lingüística estábeis, dotados de recursos humanos e partidas orzamentarias suficientes, que xestionarán e executarán as accións e as medidas necesarias para o fomento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais. 10. Traballar a prol da diversidade lingüística e cultural desde o orgullo do noso. #dependedenós bng.gal