SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
COMUNICADO DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL A RESPECTO DOS
PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015
O pasado 22 de setembro a Xunta de Galicia fixo públicos os Premios da Cultura Galega
2015, que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou
entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país.
O xurado destes galardóns, presidido polo Conselleiro de Cultura e Educación, estimou
concedernos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística o premio no apartado de lingua, recoñecendo así un labor colectivo de defensa e
promoción do idioma no ámbito educativo protagonizado por centos de docentes e Equipos
de Normalización Lingüística de centros escolares de toda Galicia, tanto no ensino público
como no privado e concertado.
Desde o Consello Directivo da CGENDL, queremos deixar constancia da nosa inmensa
gratitude para o xurado, non por ter en conta os nosos méritos individuais, senón por poñer
de relevo a transcendencia social, cultural e pedagóxica da normalización lingüística, tal
como nós a vimos entendendo desde o ano 2009: como un proxecto aberto e integrador
que procura facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida, libre de prexuízos e
pexas históricas, e contando coa suma de vontades para que o noso idioma sexa un valor
de futuro, e non unha peza arqueolóxica de museo. E isto implica, por suposto, unha
actitude política consciente das dificultades que segue a padecer a cidadanía que desexa
usar o galego sen escusas nin complexos. Unha actitude que fuxiu sempre do discurso
anestésico do actual Goberno da Xunta con respecto ao idioma, pero tamén de sectarismos
ideolóxicos estériles e improdutivos.
Así mesmo, queremos compartir este galardón con todas aquelas persoas da comunidade
educativa de Galicia (alumnado, familias, persoal docente ou administrativo…) que, curso
tras curso, con doses enormes de entusiasmo, puxeron en marcha ou mantiveron activos un
conxunto de proxectos normalizadores que converteron escolas e institutos nun espazo
onde se fixo real ese lema que levamos aínda por bandeira: Orgullosos/as do galego. A
toda esa xente, a nosa razón de ser, beizóns polo seu apoio e profesionalidade.
Non obstante, e a pesar de que desde a CGENDL nos sentimos moi honrados de ser
galardoados a carón de persoas e entidades que admiramos, queremos facer público o
noso rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Lingua, pois
consideramos unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por
obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha
normalización efectiva da lingua galega.
Non é este o lugar para facer explícitos todos os motivos que nos levaron a tomar esta
decisión, que nos gustaría ter evitado. Pero tal como declararon noutra ocasión as
compañeiras e compañeiros de Prolingua, “xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio
que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con
protocolario boato”. Noutra palabras: non podemos nin queremos ser incoherentes,
aceptando un galardón que nos entrega un goberno que ignorou de modo persistente todas
as demandas que os sectores máis comprometidos coa promoción do idioma levamos
solicitando desde hai anos.
Porque, máis alá das boas palabras e da falsa retórica da liberdade lingüística, temos
comprobado como este goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo foi o primeiro que
lexislou para limitar o uso do galego nas materias tecnolóxicas e científicas no ensino; foi
tamén aquel que suprimiu as liñas de galego solicitadas polas familias en Educación Infantil,
ou o mesmo que delegou a responsabilidade de “escoller” o idioma de escolarización nas
nais e pais, ignorando os desequilibrios históricos entre unha lingua de ámbito estatal e
outra minorizada. Foi, en fin, un goberno reticente coa promoción real do galego, a pesar
das alarmantes estatísticas que convidan a cambiar de rumbo na política lingüística, e con
urxencia.
En definitiva: os actuais membros do Consello Directivo da CGENDL non iremos recoller
este premio, pois non nos presta vestir con traxe de gala en tempos que requiren roupa de
faena. Porque as nosas fillas e fillos, que desexamos plurilingües, teñen dereito a escoitar
máis galego dentro e fóra das aulas, para non condenalos á ignorancia de non saber de
onde son nin de onde veñen. Porque non hai progreso sen memoria nin liberdade sen
conciencia da propia identidade.
E, desde a nosa modesta independencia, seguiremos a carón dos que sementan futuro a
prol dunha lingua que desexamos tan normal como calquera outra.
Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL
Sábado, 3 de outubro de 2015

More Related Content

Viewers also liked

Infografía fotorreportaje
Infografía fotorreportajeInfografía fotorreportaje
Infografía fotorreportajeElena Pieroni
 
Apidirettivolettera1
Apidirettivolettera1Apidirettivolettera1
Apidirettivolettera1noicattaroweb
 
El Comercio 13/06
El Comercio 13/06El Comercio 13/06
El Comercio 13/06Perú 2021
 
Marcelo v.e.
Marcelo v.e.Marcelo v.e.
Marcelo v.e.marceve
 
November 28 dec 2
November 28 dec 2November 28 dec 2
November 28 dec 2krehd
 
Los colores del otoño
Los colores del otoñoLos colores del otoño
Los colores del otoñoToti Lagos
 
Ecomin WEB 21/05
Ecomin WEB 21/05Ecomin WEB 21/05
Ecomin WEB 21/05Perú 2021
 
La República Website 23/05
La República Website 23/05La República Website 23/05
La República Website 23/05Perú 2021
 
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galegoPor que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galegoCoordinadora Galega ENDL
 
Task 1 Conventions
Task 1 ConventionsTask 1 Conventions
Task 1 Conventionssamwaterson
 
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1Salvador Cantú
 
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III Salvador Cantú
 
Ciudad de Abancay y su historia
Ciudad de Abancay y su historia Ciudad de Abancay y su historia
Ciudad de Abancay y su historia sm h teves
 
Pieter Punk
Pieter PunkPieter Punk
Pieter Punkpekula
 

Viewers also liked (18)

Infografía fotorreportaje
Infografía fotorreportajeInfografía fotorreportaje
Infografía fotorreportaje
 
Apidirettivolettera1
Apidirettivolettera1Apidirettivolettera1
Apidirettivolettera1
 
El Comercio 13/06
El Comercio 13/06El Comercio 13/06
El Comercio 13/06
 
Marcelo v.e.
Marcelo v.e.Marcelo v.e.
Marcelo v.e.
 
Changelog
ChangelogChangelog
Changelog
 
November 28 dec 2
November 28 dec 2November 28 dec 2
November 28 dec 2
 
Los colores del otoño
Los colores del otoñoLos colores del otoño
Los colores del otoño
 
Delegate Response
Delegate ResponseDelegate Response
Delegate Response
 
Ecomin WEB 21/05
Ecomin WEB 21/05Ecomin WEB 21/05
Ecomin WEB 21/05
 
La República Website 23/05
La República Website 23/05La República Website 23/05
La República Website 23/05
 
Acrostico 4ºa
Acrostico 4ºaAcrostico 4ºa
Acrostico 4ºa
 
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galegoPor que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
Por que é bo que os nenos e as nenas aprendan ben o galego
 
Task 1 Conventions
Task 1 ConventionsTask 1 Conventions
Task 1 Conventions
 
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1
SGA 14001 SENSIBILIZACION I Antecedentes del desarrollo sustentable dia 1
 
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III
SGA SENSIBILIZACION Y TOMA DE CONSCIENCIA III
 
Ciudad de Abancay y su historia
Ciudad de Abancay y su historia Ciudad de Abancay y su historia
Ciudad de Abancay y su historia
 
Resume
ResumeResume
Resume
 
Pieter Punk
Pieter PunkPieter Punk
Pieter Punk
 

Similar to Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015

Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríAgalefas
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticacenlf
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galiciafajuma12
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...cenlf
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolarescenlf
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maiorcenlf
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoSanti P
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decretocenlf
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blogcenlf
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoMarlou
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015 (20)

Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríANota De Prensa Encontro ConsellaríA
Nota De Prensa Encontro ConsellaríA
 
NormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíSticaNormalizacióN LingüíStica
NormalizacióN LingüíStica
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolares
 
Idioma En Sol Maior
Idioma En Sol MaiorIdioma En Sol Maior
Idioma En Sol Maior
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
 
Ditame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases DecretoDitame Ccg Bases Decreto
Ditame Ccg Bases Decreto
 
Despedida do blog
Despedida do blogDespedida do blog
Despedida do blog
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
 
Interpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
Interpelación á Mesa do Parlamento de GaliciaInterpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
Interpelación á Mesa do Parlamento de Galicia
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto Plurilingüismo
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
 

More from Coordinadora Galega ENDL

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 

More from Coordinadora Galega ENDL (20)

Recursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüísticaRecursos TIC para a normalización lingüística
Recursos TIC para a normalización lingüística
 
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío NovoneyraHoxe conñecín a Uxío Novoneyra
Hoxe conñecín a Uxío Novoneyra
 
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua17 cousas que podemos facer pola lingua
17 cousas que podemos facer pola lingua
 
Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21Ollos de aula. Nº 21
Ollos de aula. Nº 21
 
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 21. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20Ollos de aula. nº 20
Ollos de aula. nº 20
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimirOllos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
Ollos de aula. Nº 20. Versión en A4 para imprimir
 
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 20. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Melodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o NadalMelodías do noso para o Nadal
Melodías do noso para o Nadal
 
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18. Ollos de Aula. Nº 18.
Ollos de Aula. Nº 18.
 
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
Ollos de aula. Nº 18 (Decembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre caraOllos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara
 
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
Ollos de aula. Nº 17 (novembro 2014)
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 

Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015

  • 1. COMUNICADO DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL A RESPECTO DOS PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015 O pasado 22 de setembro a Xunta de Galicia fixo públicos os Premios da Cultura Galega 2015, que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país. O xurado destes galardóns, presidido polo Conselleiro de Cultura e Educación, estimou concedernos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística o premio no apartado de lingua, recoñecendo así un labor colectivo de defensa e promoción do idioma no ámbito educativo protagonizado por centos de docentes e Equipos de Normalización Lingüística de centros escolares de toda Galicia, tanto no ensino público como no privado e concertado. Desde o Consello Directivo da CGENDL, queremos deixar constancia da nosa inmensa gratitude para o xurado, non por ter en conta os nosos méritos individuais, senón por poñer de relevo a transcendencia social, cultural e pedagóxica da normalización lingüística, tal como nós a vimos entendendo desde o ano 2009: como un proxecto aberto e integrador que procura facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida, libre de prexuízos e pexas históricas, e contando coa suma de vontades para que o noso idioma sexa un valor de futuro, e non unha peza arqueolóxica de museo. E isto implica, por suposto, unha actitude política consciente das dificultades que segue a padecer a cidadanía que desexa usar o galego sen escusas nin complexos. Unha actitude que fuxiu sempre do discurso anestésico do actual Goberno da Xunta con respecto ao idioma, pero tamén de sectarismos ideolóxicos estériles e improdutivos. Así mesmo, queremos compartir este galardón con todas aquelas persoas da comunidade educativa de Galicia (alumnado, familias, persoal docente ou administrativo…) que, curso tras curso, con doses enormes de entusiasmo, puxeron en marcha ou mantiveron activos un conxunto de proxectos normalizadores que converteron escolas e institutos nun espazo onde se fixo real ese lema que levamos aínda por bandeira: Orgullosos/as do galego. A toda esa xente, a nosa razón de ser, beizóns polo seu apoio e profesionalidade. Non obstante, e a pesar de que desde a CGENDL nos sentimos moi honrados de ser galardoados a carón de persoas e entidades que admiramos, queremos facer público o noso rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Lingua, pois consideramos unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega. Non é este o lugar para facer explícitos todos os motivos que nos levaron a tomar esta decisión, que nos gustaría ter evitado. Pero tal como declararon noutra ocasión as
  • 2. compañeiras e compañeiros de Prolingua, “xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato”. Noutra palabras: non podemos nin queremos ser incoherentes, aceptando un galardón que nos entrega un goberno que ignorou de modo persistente todas as demandas que os sectores máis comprometidos coa promoción do idioma levamos solicitando desde hai anos. Porque, máis alá das boas palabras e da falsa retórica da liberdade lingüística, temos comprobado como este goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo foi o primeiro que lexislou para limitar o uso do galego nas materias tecnolóxicas e científicas no ensino; foi tamén aquel que suprimiu as liñas de galego solicitadas polas familias en Educación Infantil, ou o mesmo que delegou a responsabilidade de “escoller” o idioma de escolarización nas nais e pais, ignorando os desequilibrios históricos entre unha lingua de ámbito estatal e outra minorizada. Foi, en fin, un goberno reticente coa promoción real do galego, a pesar das alarmantes estatísticas que convidan a cambiar de rumbo na política lingüística, e con urxencia. En definitiva: os actuais membros do Consello Directivo da CGENDL non iremos recoller este premio, pois non nos presta vestir con traxe de gala en tempos que requiren roupa de faena. Porque as nosas fillas e fillos, que desexamos plurilingües, teñen dereito a escoitar máis galego dentro e fóra das aulas, para non condenalos á ignorancia de non saber de onde son nin de onde veñen. Porque non hai progreso sen memoria nin liberdade sen conciencia da propia identidade. E, desde a nosa modesta independencia, seguiremos a carón dos que sementan futuro a prol dunha lingua que desexamos tan normal como calquera outra. Consello Directivo Coordinadora Galega de ENDL Sábado, 3 de outubro de 2015