SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
autoras de cómics
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, é unha
data que serve para recoñecer a loita da muller pola igualdade, a
xustiza, a paz e o desenvolvemento social. Por isto, decidimos
preparar un Top 10 de mulleres traballadoras que realizan
cómics..
Precisamente no mundo da viñeta os últimos anos foron
especialmente positivos neste senso, e se hai uns anos a presenza
feminina era máis ben minoritaria, a día de hoxe o número de autoras
e de lectoras medrou de xeito espectacular, de maneira tal que
tivemos que deixar fóra da nosa lista a moitas historietistas do noso
agrado.
10 / Mamen Moreu
Coñecida
principalmente pola
súa colaboración en
revistas como El
Jueves ou Tmeo,
esta novísima
autora e libreira
oscense dará moito
que falar nos
próximos meses
coa publicación do
seu primeiro álbum
en solitario,
titulado Resaca.
09 / Fiona
Staples
Esta canadiana é
unha das
ilustradoras máis
recoñecidas da
actualidade, con
numerosos premios
recibidos polo seu
excelente traballo
na space-opera
Saga.
08 / Mireia Pérez
Ao igual que Cristina e
que Ana Miralles,
Mireia Pérez é
valenciana. Ademais de
historietista e
ilustradora é libreira e,
tras participar en
numerosas publicacións
e fanzines, gañou o
Premio Fnac-Sins
Entido de Novela
Gráfica en 2011 pola
súa obra La muchacha
salvaje, convertíndose nunha das autoras máis prometedoras do
noso tebeo.
07 / Cristina Durán
Un bo exemplo de
perseverancia. Tras
unha gran traxectoria
como ilustradora para
diversos medios decidíu,
xunto á súa parella
Miguel Ángel Giner,
contarnos a doenza da
súa primeira filla Laia en
Una posibilidad entre mil, unha tenra historia autobiográfica, coma
o proceso de adopción dun neno etíope que seguiron anos despois e
que narraron en La máquina de Efrén.
06 / Rutu Modan
Esta israelí,
editora,
historietista e
ilustradora, fíxose
un nome por
dereito propio
dentro do cómic
internacional. Con
tan só tres das
súas obras
dispoñibles en
castelán, Metralla,
Jamilti e, máis
recentemente, La
Propiedad, podemos aprezar nelas un notable sentido do humor e un
estilo gráfico que foi derivando do naif á líña clara.
05 / Marguerite Abouet
Sen dúbida unha das
autoras preferidas de
Komic Librería, esta
guionista costamarfileña
sorprendeu hai uns anos
coa súa serie Aya de
Yopougon, onde mostraba
unha visión coral, divertida
e vitalista do seu país a
comezos dos anos oitenta.
Actualmente tén aberta
outra serie, tamén con
protagonista feminina pero ambientada en París, titulada Bienvenida.
04 / Ana Miralles
Unha das grandes
damas da
historieta
española, esta
valenciana iniciou a
súa carreira nos
anos 80, en
publicacións como
Cairo e, tras
realizar varios
álbumes,
emprendeu a
aventura francesa
prestando os seus
lapis e pinceis á serie Djinn, con guión de Jean Dufaux.
03 / Camille
Jourdy
Foi unha auténtica
revelación descubrir
a esta autora a
través da súa
triloxía Rosalie
Blum, unha deliciosa
obra de guión
sorprendente e
coidadoso debuxo
que pasou a ser, por méritos propios, un dos cómics de referencia
para Komic Librería.
02 / Marjane
Satrapi
Esta autora iraniana,
aínda que afincada en
Francia, é posiblemente
a máis coñecida dos
últimos anos, grazas á
súa famosísima obra
autobiográfica
Persépole, onde nos
conta as súas lembranzas de infancia e mocidade nun Irán que, tras
a revolución de 1979, pasou de ser un país progresista a un estrito
rexime fundamentalista. Adaptada ao cinema pola propia autora, foi
traducida a moitísimas linguas, e é unha obra fundamental para
entender o auxe da novela gráfica na banda deseñada europea.
Outras obras de Marjane Satrapi son Bordados, Pollo con ciruelas
ou o libro infantil Ajdar.
01 / Emma Ríos
Arquitecta, guionista e
debuxante nada en Vilagarcía
de Arousa, estamos ante a
autora máis salientable da
banda deseñada galega e unha
das máis importantes a nivel
nacional. Formou parte do
colectivo Polaqia, e colaborou
con numerosos fanzines e revistas antes de pegar o chimpo cara o
mercado americano coa serie Hexed, á que lle seguiron continuas
colaboracións para a editorial Marvel en títulos como Spider-man,
Doctor Extraño ou Firestar. Actualmente o seu debuxo está a
deixarnos sen fala no escuro western Pretty Deadly, con guión
doutra muller, Kelly Sue DeConnick.

More Related Content

What's hot (18)

Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio FerreiroCelso Emilio Ferreiro
Celso Emilio Ferreiro
 
Dia Da Muller
Dia Da MullerDia Da Muller
Dia Da Muller
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Lagrimas de shiva
Lagrimas de shivaLagrimas de shiva
Lagrimas de shiva
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
Uxio Novoneyra. Letras Galegas 2010
 
María Mariño
María  MariñoMaría  Mariño
María Mariño
 
Cabaliño de buxo
Cabaliño de buxoCabaliño de buxo
Cabaliño de buxo
 
O inferno de marta
O inferno de martaO inferno de marta
O inferno de marta
 
LOIS PEREIRO
LOIS PEREIROLOIS PEREIRO
LOIS PEREIRO
 
Uliana
UlianaUliana
Uliana
 
Gonzalo Navaza
Gonzalo NavazaGonzalo Navaza
Gonzalo Navaza
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Inma lopez silva
Inma lopez silvaInma lopez silva
Inma lopez silva
 
Letras Galegas 2008
Letras Galegas 2008Letras Galegas 2008
Letras Galegas 2008
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 

Similar to Mulleres escritoras de cómics

Similar to Mulleres escritoras de cómics (20)

Cartas de amor
Cartas de amorCartas de amor
Cartas de amor
 
Miguelanxo prado
Miguelanxo pradoMiguelanxo prado
Miguelanxo prado
 
Manuel Rivas
Manuel RivasManuel Rivas
Manuel Rivas
 
Arthur Rimbaud
Arthur RimbaudArthur Rimbaud
Arthur Rimbaud
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
Manuel rivas
Manuel rivasManuel rivas
Manuel rivas
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
Cartas de amor
Cartas de amor Cartas de amor
Cartas de amor
 
Entrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. MalvarEntrevista Anibal C. Malvar
Entrevista Anibal C. Malvar
 
Mulleres
MulleresMulleres
Mulleres
 
Mulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomarMulleres de armas tomar
Mulleres de armas tomar
 
Recensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moecheRecensi on literaria os lobos de moeche
Recensi on literaria os lobos de moeche
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
DÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍADÍPTICO MANUEL MARÍA
DÍPTICO MANUEL MARÍA
 
Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)
 
O contador de estrelas
O contador de estrelasO contador de estrelas
O contador de estrelas
 
Recomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións veránRecomendacións vacacións verán
Recomendacións vacacións verán
 
Lois Pereiro
Lois PereiroLois Pereiro
Lois Pereiro
 
Contador de estrelas
Contador de estrelasContador de estrelas
Contador de estrelas
 
Día internacional da muller
Día internacional da mullerDía internacional da muller
Día internacional da muller
 

Mulleres escritoras de cómics

  • 1. autoras de cómics O 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, é unha data que serve para recoñecer a loita da muller pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento social. Por isto, decidimos preparar un Top 10 de mulleres traballadoras que realizan cómics.. Precisamente no mundo da viñeta os últimos anos foron especialmente positivos neste senso, e se hai uns anos a presenza feminina era máis ben minoritaria, a día de hoxe o número de autoras e de lectoras medrou de xeito espectacular, de maneira tal que tivemos que deixar fóra da nosa lista a moitas historietistas do noso agrado.
  • 2. 10 / Mamen Moreu Coñecida principalmente pola súa colaboración en revistas como El Jueves ou Tmeo, esta novísima autora e libreira oscense dará moito que falar nos próximos meses coa publicación do seu primeiro álbum en solitario, titulado Resaca. 09 / Fiona Staples Esta canadiana é unha das ilustradoras máis recoñecidas da actualidade, con numerosos premios recibidos polo seu excelente traballo na space-opera Saga.
  • 3. 08 / Mireia Pérez Ao igual que Cristina e que Ana Miralles, Mireia Pérez é valenciana. Ademais de historietista e ilustradora é libreira e, tras participar en numerosas publicacións e fanzines, gañou o Premio Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica en 2011 pola súa obra La muchacha salvaje, convertíndose nunha das autoras máis prometedoras do noso tebeo. 07 / Cristina Durán Un bo exemplo de perseverancia. Tras unha gran traxectoria como ilustradora para diversos medios decidíu, xunto á súa parella Miguel Ángel Giner, contarnos a doenza da súa primeira filla Laia en Una posibilidad entre mil, unha tenra historia autobiográfica, coma o proceso de adopción dun neno etíope que seguiron anos despois e que narraron en La máquina de Efrén.
  • 4. 06 / Rutu Modan Esta israelí, editora, historietista e ilustradora, fíxose un nome por dereito propio dentro do cómic internacional. Con tan só tres das súas obras dispoñibles en castelán, Metralla, Jamilti e, máis recentemente, La Propiedad, podemos aprezar nelas un notable sentido do humor e un estilo gráfico que foi derivando do naif á líña clara. 05 / Marguerite Abouet Sen dúbida unha das autoras preferidas de Komic Librería, esta guionista costamarfileña sorprendeu hai uns anos coa súa serie Aya de Yopougon, onde mostraba unha visión coral, divertida e vitalista do seu país a comezos dos anos oitenta. Actualmente tén aberta outra serie, tamén con protagonista feminina pero ambientada en París, titulada Bienvenida.
  • 5. 04 / Ana Miralles Unha das grandes damas da historieta española, esta valenciana iniciou a súa carreira nos anos 80, en publicacións como Cairo e, tras realizar varios álbumes, emprendeu a aventura francesa prestando os seus lapis e pinceis á serie Djinn, con guión de Jean Dufaux. 03 / Camille Jourdy Foi unha auténtica revelación descubrir a esta autora a través da súa triloxía Rosalie Blum, unha deliciosa obra de guión sorprendente e coidadoso debuxo que pasou a ser, por méritos propios, un dos cómics de referencia para Komic Librería.
  • 6. 02 / Marjane Satrapi Esta autora iraniana, aínda que afincada en Francia, é posiblemente a máis coñecida dos últimos anos, grazas á súa famosísima obra autobiográfica Persépole, onde nos conta as súas lembranzas de infancia e mocidade nun Irán que, tras a revolución de 1979, pasou de ser un país progresista a un estrito rexime fundamentalista. Adaptada ao cinema pola propia autora, foi traducida a moitísimas linguas, e é unha obra fundamental para entender o auxe da novela gráfica na banda deseñada europea. Outras obras de Marjane Satrapi son Bordados, Pollo con ciruelas ou o libro infantil Ajdar. 01 / Emma Ríos Arquitecta, guionista e debuxante nada en Vilagarcía de Arousa, estamos ante a autora máis salientable da banda deseñada galega e unha das máis importantes a nivel nacional. Formou parte do colectivo Polaqia, e colaborou con numerosos fanzines e revistas antes de pegar o chimpo cara o mercado americano coa serie Hexed, á que lle seguiron continuas colaboracións para a editorial Marvel en títulos como Spider-man, Doctor Extraño ou Firestar. Actualmente o seu debuxo está a deixarnos sen fala no escuro western Pretty Deadly, con guión doutra muller, Kelly Sue DeConnick.