Cartas de amor

453 views

Published on

Exposición que visita o IES Poeta Añón (do 17 ó 30 de marzo de 2011) organizada pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, na que 15 ilustradores e artistas ofrecen a súa visión sobre a violencia de xénero cunha imaxe.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
453
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Cartas de amor

  1. 1. PACO ROCA J. MENDEZ PRIMITIVOMIGUEL CALATAYUD PATRICIA CASTELAO ANXOS SUMAI JACK MIRCALA SONIA PULIDO 15 ARTISTAS CONTRA AFAUSTO VIOLENCIA DE XÉNERO PIRUSCA EVA VÁZQUEZSERGI SAN JULIÁN DAVID PINTOR JAVIER OLIVARES OSCAR VILLÁN
  2. 2. Anxos Sumai Catoira , Pontevedra 1960 Documentalista, tradutora e escritora. Nos anos oitenta e noventa colaborou en distintas publicacións periódicas e libros colectivos, realizou guións para cómics (revistas Valium diez e Das capital) e escribiu letras de cancíóns. Como narradora publicou Anxos da garda (A Nosa Terra, 2003) e Melodía de días usados (Galaxia, 2005). Publica artículos e relatos en distintas revistas e xornais (Galicia Hoxe, La Voz de Galicia, Abril, Interea, Praza das Letras etc.). Colabora coa compañía de Teatro de Ningures co texto Deus está de vacacións, para a montaxe da obra Emigrados (2007).Foi galardoada con numerosos premios literarios. Actualmente traballa como documentalista no Consello da Cultura Galega.Fonte: Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  3. 3. Fausto Catoira, Pontevedra 1961 A comezos dos anos oitenta iniciou a súa actividade na banda deseñada, coa participación en publicacións como "Aula Aberta", "Tintimán", "El Correo Gallego" ou "Atlántico Diario". Creou o fanzine"Valium dez", auténtico referente na banda deseñada dos oitenta, e a revista "Das Capital". Ademais realizou como debuxante os álbumes "Os viaxeiros dotempo" e a serie "Un misterio para Simón", até o momento a máis longa editada en Galicia. Ten levado a cabo numerosos traballos como ilustrador e deseñador gráfico. Foi o director artístico da revista "Golfiño", tanto na súa primeira (ed.Xerais) como segunda etapa (ed. La Voz de Galicia). Fonte: Cultura galega.org
  4. 4. Miguel Calatayud Aspe, Alicante 1942 Debuxante e ilustrador de cómic e libros infantís. Obtivo os premiosmáis prestixiosos do sector, como o Lazarillo de Ilustración (1974) e o Nacional de Ilustración (en 1989, 1992 e 2009). No ano 2000 foi candidato por España ao premio Hans Christian Andersen. Durante os 80 foi un dos máis destacados representantes da chamada “liña clara valenciana”. As súas composicións presentan moito colorido, utilizando para iso acuarelas líquidas. SOL- Fonte: Kalandraka.com e SOL-e
  5. 5. Patricia Castelao A Estrada, Pontevedra 1974 Comezou os estudos de Mediciñapero abandonounos para dedicarse á ilustración. Conta cunha ampla experiencia no campo da animación. Traballou en diversas longametraxes de animación para diferentes estudos: en DigraFilms para “O Soño dunhaNoite de San Juan”; en Filmax para a película “Donkey”, e actualmente traballa no estudo “Renderboy” de Madrid. No campo da ilustración infantil colaborou con diferentes editoriais españolas.Fonte: Web do Servicio de Orientación a la Lectura Infantil y Juvenil
  6. 6. Jack Mircala Mircala comezou traballando a finais dos 80 no deseño industrial e o interiorismo, pero anos despois venceu a súa vocación ás artes plásticas, e decidiu dedicarse á ilustración. O seu traballo asocia disciplinas como o debuxo, a escultura, a escenografía e a fotografía e explora a herdanza daliteratura gótica, o cine de terror ou a pintura expresionista. Fonte: El País
  7. 7. Javier Olivares Madrid, 1964 É ilustrador e autor de cómics ocasional. Desde 1985 publicou historietas curtas en cabeceiras "alternativas" como Madriz, Medios Revoltos, Idiota e Diminuto, Nós somos os mortos ou Tose. Nos últimos anos publicou historietas infantís para as revistas Tretzevents e BD Banda, cun trazo máis limpo esimplificado A súa ocupación principal é a de ilustrador, na que desenvolveu unha éxitosa traxectoria dentro do campo da ilustración infantil ademaisde publicar ilustracións en publicacións como El País (no seu suplemento Tentacións), Rolling Stone (edición española), Quo ou El Economista. Fonte: Guía del Cómic
  8. 8. Pirusca Caldas de Reis, Pontevedra 1980 “Pirusca” é o alter ego da ilustradora Natalia Rei. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, onde se especializou en Pintura. Tras varios anos dedicada ao deseño gráfico decidecentrarse na ilustración para crear os seus propios mundos e dar vida a aquilo que se lle pasa pola cabeza. Gústanlle a moda, os doces, o cine dos anos 60, os libros de ilustracións e pasear. Fonte: Web de Pirusca
  9. 9. David Pintor A Coruña, 1975 É ilustrador, humorista gráfico, caricaturista e pintor.En 1993 empezou a traballar co guionista Carlos López baixo o pseudónimo de Pinto & Chinto, convertíndose en poucos anos nunhareferencia do humor político en prensa a nivel español. As súas tiras cómicas saen en xornais como Diario 16, La Voz deBaleares ou Diario de León. Actualmente o seu traballo aparece nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.No campo da ilustración, colaborou con algunhas das máis importantes editoriais.Écreador, xunto a Chinto, da personaxe de cómic Tito Longueirón.Tamén realizou ilustracións para as revistas El Virus Mutante, Golfiño, BD Banda, Tretzevents, ECO, e Sapoconcho. Fonte: Web de David Pintor
  10. 10. Sonia Pulido Barcelona , 1973 Sonia Pulido é licenciada en Belas Artes, con especialidade de Gravado e Estampación. Colabora en publicacións como Rockdelux e é ilustradora da revista El País Semanal. Coa editorial Sins Entido publicou as novelas gráficas Puede que esta vez e Duelo de Caracoles. Recibiu o primeiro Premio de Ilustración Injuve 2002 e foi seleccionada en 2008 no Young Ilustrators Award en Zúrich.A Sonia Pulido poderíaselle definir como a ilustradora da nostalxia. Os mundos máxicos que constrúe xeran unha estraña sensación que alaga de sentimentos cada unha das súas escenas. O seu estilo, fortemente influenciado pola estética dos40 e 50, mestura moito cor e personaxes. Fonte: Entrecomics
  11. 11. Paco Roca Valencia, 1969 Paco Roca é un recoñecido autor decómics, deseñador e animador. En 2008 foi galardoado co Premio Nacional do Cómic en España grazas á súa obra “Arrugas”.Roca traballou para numerosos medios e revistas, como Kiss Comix ou El Víbora, antes de comezar a publicar obras completas como El juego lúgubre ou Hijos de la Alhambra. Moitas das súas obras foron publicadas antes en Francia que no mercado español. De entre a súa obra habería que destacartítulos como Arrugas, Calles de arena ouEl invierno del dibujante, por mencionar as máis recentes. Fonte: Lecturalia. com
  12. 12. Sergi San Julián Barcelona, 1973 Estudou na Escola d’Arts i Oficis de Barcelona. Considerado un dos mellores expoñentes actuais da ilustración de cómic, dende 2004 a súa traxectoriaartística está ligada ao mercado francés. É o creador de personaxes como ‘Gorka’ e debuxante da colección ‘Fanhunter’. Traballou para diversos xornais e revistas realizando tiras políticas. Ilustrou a serie de ciencia ficción Interface, publicada na editorial Dargaud, e colaborou cosestudos Comicon, dos que saíron á luz as obras Totally Spies e TechnoMage. Fonte: Praza das Letras.org
  13. 13. Óscar Villán Ourense, 1972 Licenciado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na especialidade dePintura. Colaborou co Departamento de Educación do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). “O pequeno coello branco”, co que gañou o Premio Nacional de Ilustración 1999, foi o seuprimeiro álbum ilustrado. Publicou unha vintena de libros e participa en varias publicacións. Fonte: Kalandraka
  14. 14. Eva Vázquez Realizou estudos de animación na Escola Superior de Debuxo Profesional de Madrid.Na actualidade fai fondos para series e películas de debuxos animados. Traballa para as produtoras Ink Apache, Ibisa TV e Bee Mind. Ao mesmo tempo fai ilustraciónspara distintas publicacións (El País) e editoriais, Everest , Hergue, Group Loader e Grupo Pearson.
  15. 15. Primitivo Marcos Lugo, 1962 Autor da serie histórica de BD "Aventura no Camiño de Santiago" (ed.Deputación de Lugo). Tencolaborado no diario "El Progreso", ademais de publicar varias historiasna revista "Lucus" e tiras cómicas no xornal escolar "O provisional".Colabora habitualmente na segunda etapa da revista Golfiño coa serie "Os Fdez". Fonte: Cultura Galega.org
  16. 16. J. Méndez Santiago de Compostela ,1956. Dedícase á pintura desde 1972, fundando con outros dous pintores o grupo FOUGA ao que se irán incorporando artistasdoutros campos expresivos como a escultura, música, teatro, etc. Tamén se interesa polo mundo audiovisual, primeiro teatro e ópera, para os que deseña e realiza escenografías, logo vídeo.É o creador da empresa Escenoset da que é director artístico realizando traballos para televisión, ópera, teatro, casetas,museos, exposicións, etc. En 2002 J. Méndez reincorpórase ao mundo da pintura. Fonte:Blog do artista
  17. 17. Web da Exposición CARTAS DE AMOR http://cartasdeamor.freeiz.comInformación sobre os distintos artistas extraída das seguintes páxinas: páxinas: • Asociación de escritores en Lingua Galega http://www.aelg.org • Cultura Galega http://www.culturagalega.org • Diario El País www.elpais.com • Editorial Kalandraka http://www.kalandraka.com • Entrecomics http://www.entrecomics.com/?p=50159 • Guía del cómic http://www.guiadelcomic.es/autores.htm • Lecturalia http://www.lecturalia.com • Praza das Letras http://www.prazadasletras.org • Servicio de Orientacion a la Lectura Infantil y Juvenil (SOL) http://sol-e.com • Web de David Pintor www.davidpintor.com • Web de J. Méndez http://www.jmendezportfolio.es/blog/?p=50 • Web de Pirusca http://www.pirusca.com Outes) Equipo da Biblioteca do IES Poeta Añón (Outes) Marzo 2011

×