SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
Que é o fútbol gaélico?
 O fútbol gaélico é unha variante do fútbol xogada principalmente en
Irlanda; un deporte que combina elementos do baloncesto, rugby e
voleibol.
 O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de
céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos os lados. O
obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón
coas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao
final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o
balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de
equipo.
O balón de fútbol gaélico é
semellante ós antigos balóns de
fútbol. Na competición masculina
vén marcado como size 5. No caso
das mulleres, o balón é lixeiramente
máis pequeno, size 4.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
TERREO DE XOGO
En Galicia non dispoñemos de campos destas medidas
coma no resto da Europa Continental. O que facemos é
adaptar campos de fútbol ou de rugbi ó fútbol gaélico.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
Elementos de xogo Campo de xogo: O campo é rectangular, de entre 130
e 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de
ancho. Hai porterías con forma de H a ambos os dous
lados cunha rede na parte inferior.
 Duración: Tódolos partidos duran 60 minutos,
divididos en dúas metades de media hora cada unha.
Os empates decídense xogando outra vez ou
engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas
metades de 10 minutos.
 Equipos: Cada equipo posúe 15 xogadores (un
porteiro, dous laterais, un zagueiro, dous carrileiros,
un central, dous mediocentros, dous aleiros, un
dianteiro, dous extremos e un dianteiro centro) e até
15 suplentes, dos cales pódense utilizar 5. Cada
xogador numérase entre o 1 e o 15, comezando co
porteiro, que debe utilizar unha camiseta doutra cor.
 O balón: Utilízase un balón de coiro, similar a un de
fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con liscos
horizontais, non con hexágonos ou pentágonos, e
similares en aparencia a balóns de voleibol. Pódense
executar pases coas mans/puño. Para realizar isto
golpéase a pelota cos dedos, cotelos ou o polgar.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
Xogadores, posicións e rolesEn Irlanda xogan cun número ás costas que indica a súa posición no terreo de
xogo (do 1 ó 15). Na Europa Continental xogamos once contra once e as posicións
téñense que adaptar ao ver reducido en catro o número de efectivos no campo.
As posicións son as seguintes:
●
Porteiro (goalkeeper): ten un rol semellante ó porteiro de fútbol. Debe ser bo no
saque a balón parado co pé e ter bos reflexos.
●
Defensa ou zagueiro (full back): O seu traballo consiste en anular ó ariete do equipo
rival que marca.
●
Medio defensa (half back): ten que asumir as funcións de capturar os saques de
porta, anular ó dianteiro que marca e subir o balón ó ataque.
●
Medio (midfield): debe ser unha persoa alta e con bo salto. Deben capturar os balóns
elevados e construír o ataque e axudar en defensa.
●
Medio dianteiro (half forward): É a alma do ataque do equipo. Debe crear ocasións
para os dianteiros así como anotar a paus.
●
Dianteiro ou ariete (full forward): pídeselle rapidez e talento para anotar.
Nas competicións na Europa Continental (masculina e feminina) están permitidos
os cambios ilimitados.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
Xogadoras
No caso da competición feminina, as normas da GAA en Europa é
que xoguen partidos de nove contra nove, se hai xente de abondo, ou
de sete contra sete (o máis habitual).
O campo empregado é de dimensións similares a un de fútbol 7.
No canto das posicións, sempre con porteira e dúas medios, adáptanse
ó número de xogadoras dependendo de se xogan sete ou nove.
FILLAS DEBREOGÁN
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
CÓMO MARCAR
 Se o balón pasa por riba do longueiro, márcase 1
punto e o xuíz de meta levanta unha bandeira
branca. O punto pode ser conseguido pateando o
balón por riba do longueiro, ou dándolle unha
puñada, en cuxo caso, a man debe estar pechada
no momento de golpear.
 Se o balón entra por debaixo do longueiro, o gol,
que suma 3 puntos, márcase cunha bandeira
verde. O gol só se pode marcar pateando o balón ás
mallas, non se pode dar unha puñada á bóla. Mais
un xogador pode darlle co puño ó balón e marcar
gol se a bóla vén dun pase doutro xogador ou se
provén de dar no chan, no poste ou no longueiro
antes da puñada. A portería deféndea o porteiro.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
REGRAS
Cando o xogador ten a posesión do balón, pode:
●
Levalo durante un máximo de catro pasos ou mantelo nas mans sen moverse por
un tempo non máis longo do que lle levaría dar catro pasos.
●
Facer un só (solo) dándolle co pé cara ás mans sen deixalo tocar o chan.
●
Botalo unha vez (pode volver a botalo de novo despois de facer un solo, nunca
pode botar de forma consecutiva).
●
Cambialo de man unha vez, mantendo o contacto co balón coa man que o tiña no
inicio ata que o cambio de mans se completou.
●
Pasalo cun golpe de puño ou coa palma da man (neste último caso ten que ser
evidente que se trata dun golpeo e non se arrastra o balón).
●
Darlle unha patada co pé.
Na competición masculina, o balón pode ser roubado das mans dun rival empregando
a man aberta e impactando no balón e non no corpo do rival. Na feminina, cando a
xogadora ten o balón agarrado, non se pode tentar roubar só bloquear; é cando fai o
solo ou o bota cando se pode procurar roubar coa man.
Nunca, nin no masculino nin no feminino, se pode rodear cos brazos ó rival, entrar
con dúas mans á vez ou palmear con forza excesiva (acción na que se vexa que o
defensor vai ó vulto).
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
REGRAS
Os xogadores poden chocar ombreiro con ombreiro sempre e cando teñan un pé
en contacto co chan e:
●
Cando o rival ten a posesión do balón.
●
Cando está pasando o balón ou tirando.
●
Cando os dous xogadores están indo en dirección cara ao balón.
Na área pequena, o porteiro non pode ser cargado co ombreiro, pero os outros
xogadores si poden tentar roubarlle o balón coa palma da man ou tentar
bloquear o seu pase.
●
O porteiro pode moverse na liña de gol cando se tira un penalti.
●
Para sacar unha falta, o xogador pode saír fóra das liñas de banda. Para un
saque de banda, o xogador debe patear o balón dende fóra do terreo de xogo.
Para calquera outra xogada, os xogadores deben manterse dentro do terreo de
xogo.
●
Un xogador pode levantar as mans para interceptar un saque de falta.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
FALTAS TÉCNICAS
As seguintes son as consideradas falta técnicas:
 Coller o balón directamente do chan (debe ser picado ás mans cos
pés). De tódolos xeitos, no fútbol gaélico feminino, pódese coller o
balón directamente.
 Lanzar o balón (debe ser pasado golpeándoo co puño/man)
 Dar catro pasos sen soltar, botar ou facer un solo co balón. (Facer un
solo implica patear o balón cara ás mans).
 Botar dúas veces seguidas o balón (débese facer un solo polo medio)
 Meter un gol cun pase (o balón pode ser golpeado co puño cando está
no aire).
 Balón na área, unha regra controvertida:  se no momento no que o
balón entra na área pequena xa hai un xogador atacante dentro,
pítase falta en ataque.
 Cambiar de mans: pasar o balón da man dereita á esquerda ou
viceversa. Legal no fútbol feminino.
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
ENTRADAS
O nivel das entradas permitidas é máis duro ca no fútbol,
pero menos ca no rugby.
O contacto ombreiro con ombreiro e quitarlle o balón da
man ó rival está permitido, pero o seguinte é
considerado falta:
 Usar as dúas mans na entrada
 Empurrar a un rival
 Golpear a un rival
 Tirarlle da camisola a un rival
 Bloquear un tiro cos pés
 Segar
 Poñer cambadelas
 Tocar o porteiro cando está na área pequena
 Loitar a bóla cando está nas mans do rival
IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA
CONTINUACIÓN DO PARTIDO
 O partido comeza cando o colexiado guinda o balón cara arriba entre os
catro mediocentros.
 Cando un atacante manda o balón máis aló das porterías, marcando un
punto ou un gol, o porteiro debe patear o balón dende a liña de 13
metros. Tódolos xogadores deben estar máis aló da liña de 20 metros.
 Logo de que o balón saia pola liña lateral, o outro equipo terá un saque
de banda no lugar por onde saíu. Debe ser lanzado ó campo coas mans.
O xogador que saca non pode sobrepasar a liña de banda mentres o fai.
 Despois de que un xogador cometa unha falta, o outro equipo terá un
tiro directo. Pode patear o balón dende o chan ou dende as mans.
 Se un xogador sofre unha falta cando está a pasar o balón, o tiro libre
sácase dende o lugar onde caia a bóla.
 Logo de que un defensa cometa unha falta na área pequena, o outro
equipo tirará un penalti dende o chan no centro da liña de 11 metros.
Só o porteiro pode estar na portería.
 Se varios xogadores están a loitar pola bóla e non está claro quen fixo
falta antes, o árbitro debe lanzar o balón ó aire entre os dous
opoñentes.

More Related Content

What's hot

O baloncesto
O baloncesto O baloncesto
O baloncesto iesasorey
 
Presentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresPresentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresManuel Perez Perez
 
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésPresentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésNeodimio Praseodimio
 
Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval fernandolillo
 
Xogos populares para calde
Xogos populares para caldeXogos populares para calde
Xogos populares para caldeLOPEZMOURENZA
 
O voleibol ceip coutada beade 5ºa elena+raquel michael
O voleibol   ceip coutada beade 5ºa  elena+raquel michaelO voleibol   ceip coutada beade 5ºa  elena+raquel michael
O voleibol ceip coutada beade 5ºa elena+raquel michaelManuel Perez Perez
 
Bloque: Táctica-Fútbol
Bloque: Táctica-FútbolBloque: Táctica-Fútbol
Bloque: Táctica-Fútbollukan
 
Baloncesto 2º ciclo
Baloncesto 2º cicloBaloncesto 2º ciclo
Baloncesto 2º cicloanablas
 

What's hot (14)

Tema 8: O balonmán - 1º ESO
Tema 8: O balonmán - 1º ESOTema 8: O balonmán - 1º ESO
Tema 8: O balonmán - 1º ESO
 
O Baloncesto
O  BaloncestoO  Baloncesto
O Baloncesto
 
O baloncesto
O baloncesto O baloncesto
O baloncesto
 
Badminton
BadmintonBadminton
Badminton
 
Presentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andresPresentación1 de beisbol anxo y andres
Presentación1 de beisbol anxo y andres
 
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y AndrésPresentación de béisbol - Anxo y Andrés
Presentación de béisbol - Anxo y Andrés
 
Voleibol
VoleibolVoleibol
Voleibol
 
e.f
e.fe.f
e.f
 
Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval Xogos romanos Caldoval
Xogos romanos Caldoval
 
Xogos populares para calde
Xogos populares para caldeXogos populares para calde
Xogos populares para calde
 
O voleibol ceip coutada beade 5ºa elena+raquel michael
O voleibol   ceip coutada beade 5ºa  elena+raquel michaelO voleibol   ceip coutada beade 5ºa  elena+raquel michael
O voleibol ceip coutada beade 5ºa elena+raquel michael
 
Bloque: Táctica-Fútbol
Bloque: Táctica-FútbolBloque: Táctica-Fútbol
Bloque: Táctica-Fútbol
 
Baloncesto 2º ciclo
Baloncesto 2º cicloBaloncesto 2º ciclo
Baloncesto 2º ciclo
 
Beisbol
BeisbolBeisbol
Beisbol
 

More from PARADELA2016

More from PARADELA2016 (20)

EDICIÓN VÍDEO PARKOUR
EDICIÓN VÍDEO PARKOUREDICIÓN VÍDEO PARKOUR
EDICIÓN VÍDEO PARKOUR
 
HEALTH
HEALTHHEALTH
HEALTH
 
NUTRITION AND HEALTH
NUTRITION AND HEALTHNUTRITION AND HEALTH
NUTRITION AND HEALTH
 
Political structure in Spain and Galicia
Political structure in Spain and GaliciaPolitical structure in Spain and Galicia
Political structure in Spain and Galicia
 
Our pets
Our petsOur pets
Our pets
 
Spanish Education System
Spanish Education SystemSpanish Education System
Spanish Education System
 
A VELOCIDADE
A VELOCIDADEA VELOCIDADE
A VELOCIDADE
 
A VELOCIDADE
A VELOCIDADEA VELOCIDADE
A VELOCIDADE
 
A FLEXIBILIDADE
A FLEXIBILIDADEA FLEXIBILIDADE
A FLEXIBILIDADE
 
PHYSICAL SKILLS: SPEED
PHYSICAL SKILLS: SPEEDPHYSICAL SKILLS: SPEED
PHYSICAL SKILLS: SPEED
 
MOTOR SKILLS: SPEED
MOTOR SKILLS: SPEEDMOTOR SKILLS: SPEED
MOTOR SKILLS: SPEED
 
Traballo xogo tradicional 1º ESO
Traballo xogo tradicional 1º ESOTraballo xogo tradicional 1º ESO
Traballo xogo tradicional 1º ESO
 
Basketball notes
Basketball notesBasketball notes
Basketball notes
 
HANDBALL NOTES
HANDBALL NOTESHANDBALL NOTES
HANDBALL NOTES
 
PLAYING KICKBALL
PLAYING KICKBALLPLAYING KICKBALL
PLAYING KICKBALL
 
KICKBALL NOTES
KICKBALL NOTESKICKBALL NOTES
KICKBALL NOTES
 
Shuttle notes
Shuttle notesShuttle notes
Shuttle notes
 
Flexibilidade
Flexibilidade Flexibilidade
Flexibilidade
 
Endurance or stamina
Endurance or staminaEndurance or stamina
Endurance or stamina
 
FLEXIBILIDADE
FLEXIBILIDADEFLEXIBILIDADE
FLEXIBILIDADE
 

FÚTBOL GAÉLICO

  • 1. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA Que é o fútbol gaélico?  O fútbol gaélico é unha variante do fútbol xogada principalmente en Irlanda; un deporte que combina elementos do baloncesto, rugby e voleibol.  O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de céspede rectangular con porterías en forma de H a ambos os lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na portería rival. O equipo con máis puntos ao final do encontro gaña. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo. O balón de fútbol gaélico é semellante ós antigos balóns de fútbol. Na competición masculina vén marcado como size 5. No caso das mulleres, o balón é lixeiramente máis pequeno, size 4.
  • 2. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA TERREO DE XOGO En Galicia non dispoñemos de campos destas medidas coma no resto da Europa Continental. O que facemos é adaptar campos de fútbol ou de rugbi ó fútbol gaélico.
  • 3. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA Elementos de xogo Campo de xogo: O campo é rectangular, de entre 130 e 145 metros de longo e entre 80 e 90 metros de ancho. Hai porterías con forma de H a ambos os dous lados cunha rede na parte inferior.  Duración: Tódolos partidos duran 60 minutos, divididos en dúas metades de media hora cada unha. Os empates decídense xogando outra vez ou engadindo 20 minutos de tempo adicional en dúas metades de 10 minutos.  Equipos: Cada equipo posúe 15 xogadores (un porteiro, dous laterais, un zagueiro, dous carrileiros, un central, dous mediocentros, dous aleiros, un dianteiro, dous extremos e un dianteiro centro) e até 15 suplentes, dos cales pódense utilizar 5. Cada xogador numérase entre o 1 e o 15, comezando co porteiro, que debe utilizar unha camiseta doutra cor.  O balón: Utilízase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeiramente máis pesado, e con liscos horizontais, non con hexágonos ou pentágonos, e similares en aparencia a balóns de voleibol. Pódense executar pases coas mans/puño. Para realizar isto golpéase a pelota cos dedos, cotelos ou o polgar.
  • 4. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA Xogadores, posicións e rolesEn Irlanda xogan cun número ás costas que indica a súa posición no terreo de xogo (do 1 ó 15). Na Europa Continental xogamos once contra once e as posicións téñense que adaptar ao ver reducido en catro o número de efectivos no campo. As posicións son as seguintes: ● Porteiro (goalkeeper): ten un rol semellante ó porteiro de fútbol. Debe ser bo no saque a balón parado co pé e ter bos reflexos. ● Defensa ou zagueiro (full back): O seu traballo consiste en anular ó ariete do equipo rival que marca. ● Medio defensa (half back): ten que asumir as funcións de capturar os saques de porta, anular ó dianteiro que marca e subir o balón ó ataque. ● Medio (midfield): debe ser unha persoa alta e con bo salto. Deben capturar os balóns elevados e construír o ataque e axudar en defensa. ● Medio dianteiro (half forward): É a alma do ataque do equipo. Debe crear ocasións para os dianteiros así como anotar a paus. ● Dianteiro ou ariete (full forward): pídeselle rapidez e talento para anotar. Nas competicións na Europa Continental (masculina e feminina) están permitidos os cambios ilimitados.
  • 5. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA Xogadoras No caso da competición feminina, as normas da GAA en Europa é que xoguen partidos de nove contra nove, se hai xente de abondo, ou de sete contra sete (o máis habitual). O campo empregado é de dimensións similares a un de fútbol 7. No canto das posicións, sempre con porteira e dúas medios, adáptanse ó número de xogadoras dependendo de se xogan sete ou nove. FILLAS DEBREOGÁN
  • 6. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA CÓMO MARCAR  Se o balón pasa por riba do longueiro, márcase 1 punto e o xuíz de meta levanta unha bandeira branca. O punto pode ser conseguido pateando o balón por riba do longueiro, ou dándolle unha puñada, en cuxo caso, a man debe estar pechada no momento de golpear.  Se o balón entra por debaixo do longueiro, o gol, que suma 3 puntos, márcase cunha bandeira verde. O gol só se pode marcar pateando o balón ás mallas, non se pode dar unha puñada á bóla. Mais un xogador pode darlle co puño ó balón e marcar gol se a bóla vén dun pase doutro xogador ou se provén de dar no chan, no poste ou no longueiro antes da puñada. A portería deféndea o porteiro.
  • 7. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA REGRAS Cando o xogador ten a posesión do balón, pode: ● Levalo durante un máximo de catro pasos ou mantelo nas mans sen moverse por un tempo non máis longo do que lle levaría dar catro pasos. ● Facer un só (solo) dándolle co pé cara ás mans sen deixalo tocar o chan. ● Botalo unha vez (pode volver a botalo de novo despois de facer un solo, nunca pode botar de forma consecutiva). ● Cambialo de man unha vez, mantendo o contacto co balón coa man que o tiña no inicio ata que o cambio de mans se completou. ● Pasalo cun golpe de puño ou coa palma da man (neste último caso ten que ser evidente que se trata dun golpeo e non se arrastra o balón). ● Darlle unha patada co pé. Na competición masculina, o balón pode ser roubado das mans dun rival empregando a man aberta e impactando no balón e non no corpo do rival. Na feminina, cando a xogadora ten o balón agarrado, non se pode tentar roubar só bloquear; é cando fai o solo ou o bota cando se pode procurar roubar coa man. Nunca, nin no masculino nin no feminino, se pode rodear cos brazos ó rival, entrar con dúas mans á vez ou palmear con forza excesiva (acción na que se vexa que o defensor vai ó vulto).
  • 8. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA REGRAS Os xogadores poden chocar ombreiro con ombreiro sempre e cando teñan un pé en contacto co chan e: ● Cando o rival ten a posesión do balón. ● Cando está pasando o balón ou tirando. ● Cando os dous xogadores están indo en dirección cara ao balón. Na área pequena, o porteiro non pode ser cargado co ombreiro, pero os outros xogadores si poden tentar roubarlle o balón coa palma da man ou tentar bloquear o seu pase. ● O porteiro pode moverse na liña de gol cando se tira un penalti. ● Para sacar unha falta, o xogador pode saír fóra das liñas de banda. Para un saque de banda, o xogador debe patear o balón dende fóra do terreo de xogo. Para calquera outra xogada, os xogadores deben manterse dentro do terreo de xogo. ● Un xogador pode levantar as mans para interceptar un saque de falta.
  • 9. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA FALTAS TÉCNICAS As seguintes son as consideradas falta técnicas:  Coller o balón directamente do chan (debe ser picado ás mans cos pés). De tódolos xeitos, no fútbol gaélico feminino, pódese coller o balón directamente.  Lanzar o balón (debe ser pasado golpeándoo co puño/man)  Dar catro pasos sen soltar, botar ou facer un solo co balón. (Facer un solo implica patear o balón cara ás mans).  Botar dúas veces seguidas o balón (débese facer un solo polo medio)  Meter un gol cun pase (o balón pode ser golpeado co puño cando está no aire).  Balón na área, unha regra controvertida:  se no momento no que o balón entra na área pequena xa hai un xogador atacante dentro, pítase falta en ataque.  Cambiar de mans: pasar o balón da man dereita á esquerda ou viceversa. Legal no fútbol feminino.
  • 10. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA ENTRADAS O nivel das entradas permitidas é máis duro ca no fútbol, pero menos ca no rugby. O contacto ombreiro con ombreiro e quitarlle o balón da man ó rival está permitido, pero o seguinte é considerado falta:  Usar as dúas mans na entrada  Empurrar a un rival  Golpear a un rival  Tirarlle da camisola a un rival  Bloquear un tiro cos pés  Segar  Poñer cambadelas  Tocar o porteiro cando está na área pequena  Loitar a bóla cando está nas mans do rival
  • 11. IES AGRA DE LEBORÍS-A LARACHA CONTINUACIÓN DO PARTIDO  O partido comeza cando o colexiado guinda o balón cara arriba entre os catro mediocentros.  Cando un atacante manda o balón máis aló das porterías, marcando un punto ou un gol, o porteiro debe patear o balón dende a liña de 13 metros. Tódolos xogadores deben estar máis aló da liña de 20 metros.  Logo de que o balón saia pola liña lateral, o outro equipo terá un saque de banda no lugar por onde saíu. Debe ser lanzado ó campo coas mans. O xogador que saca non pode sobrepasar a liña de banda mentres o fai.  Despois de que un xogador cometa unha falta, o outro equipo terá un tiro directo. Pode patear o balón dende o chan ou dende as mans.  Se un xogador sofre unha falta cando está a pasar o balón, o tiro libre sácase dende o lugar onde caia a bóla.  Logo de que un defensa cometa unha falta na área pequena, o outro equipo tirará un penalti dende o chan no centro da liña de 11 metros. Só o porteiro pode estar na portería.  Se varios xogadores están a loitar pola bóla e non está claro quen fixo falta antes, o árbitro debe lanzar o balón ó aire entre os dous opoñentes.