SlideShare a Scribd company logo
1 of 93
Estrelas do mar
AS LIDEIRAS DE ROQUE
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
MonDaporta
Como saben que lle gustan tanto as cousas novas
trouxéronlle hai uns días unhas fotos moi curiosas.
Uns coñecidos seus leváronlle a ensinar
unhas fermosas imaxes dunhas estrelas do mar.
Acanthaster planci
Fromia monilis
Asterodiscidis truncatusIconaster longimanus
Pentanogaster dubeni
Luidia ciliaris
Protoreaster lincki
Tosia neossia
Crossaster papossusFromia ghardaqana
Choriaster granulatus
Pteraster
temnochiton
E quedou, ao ver aquelo, tan sorprendido e admirado
que quixo sabelo todo daqueles bechos tan raros.
Estudounas ben primeiro para coñecelas
estrela do mar
estrella de mar
itsas izar
estrella de mar
estrela do mar
starfish
étoile de mer
seesterne
stella marina
(gradicela, cercella,…)
As estrelas do mar ou asteroideos (Asteroidea) son unha clase de equinodermos
(Echinodermata) de simetría radial, co corpo aplanado formado por un disco
central do que saen os brazos (cinco ou máis). Comprende case 2.000 especies
que se distribúen por todos os océanos do mundo desde a zona intermareal ata
máis alá dos 6.000 m de profundidade.
Teñen o corpo cuberto por unha epiderme exterior, delgada; unha derme grosa
na que están os osículos, placas calcarias que lle proporcionan consistencia á
estructura (forman o “esqueleto”), os pedicelarios, que teñen función prensil e
defensiva, as pápulas, que teñen función respiratoria, e as febras coláxenas que
lle dan cohesión á estructura e permiten tanto flexionar os brazos como poñelos
ríxidos; e un peritoneo interior ou capa muscular.
DERMEEPIDERME osículos
pápula
pedicelario
Detalle da cobertura dunha estrela de mar
Os osículos, son as placas
calcarias que constitúen a
estructura que lle da forma e
protexe os órganos internos da
estrela, teñen e unha
disposición característica que
serve, nalgúns casos, para
identificar e clasificar ás
especies. Osículos modificados
son as espiñas (osículos
rematados en punta con función
disuasoria e/ou defensiva) e as
paxilas, propias das estrelas que
se soterran,(osículos formados
por un talo enriba do que se
asenta unha coroa de formas
agudas ou romas que, no seu
conxunto, forman unha capa
que permite a circulación da
auga pero impide o contacto do
sustrato coa epiderme para que
esta poida seguir a realizar as
funcións respiratoria e
excretora)
espiñas
paxilas
Os Pedicelarios son estructuras con formas diversas ,terminadas en osículos dentados, que
serven para capturar pequenas presas, eliminar materiais que se depositen sobre a
epiderme e, algúns, poden inxectar tóxicos.
As pápulas son protuberancias con paredes finas que saen a través da parede corporal para
captar oxíxeno.
pedicelariospápulas
A maioría das estrelas
de mar teñen cinco
brazos, pero, varios
grupos, como os da
familia Solasteridae,
teñen de 10 a 15
brazos, e algunas
especies, como
Labidiaster annulatus
da Antártida, poden
ter ata 50 brazos.
Labidiaster annulatus
estrela espiña
de remo. Mide
menos de 5
milímetros de
diámetro. É a
máis pequena
que se coñece.
estrela mirasol (Pycnopodia helianthoides). Pode acadar os 90 cm de
diámetro e ter entre 15 e 25 brazos.
Teñen dimensións moi variadas
Midgardia xandaros. A estrela máis
grande. Vive no golfo de México a
fonduras de ata 600 m. Cada brazo de
este exemplar mideu 67 cm de
lonxitude
Thromidia catalai. A estrela máis
pesada. Pode chegar aos 6 kg.
Cando se estudan as estrelas de mar distínguense dúas partes: a inferior, onde
está a boca, coñécese como superficie oral ou actinal, e a superior que se
coñece como superficie aboral ou abactinal.
Superficie oral ou actinal Superficie aboral ou abactinal
boca Sucos ambulacrais
Aliméntanse, principalmente, de outros
animais pero tamén as hai que comen
algas e/ou detritus orgánicos. Algunhas
especies capturan pequenos organismos
e outras partículas alimenticias con
distintas partes do corpo ou emitindo
febras pegañentas que logo trasladan á
boca coa axuda de cilios.
O sistema dixestivo está formado pola boca que se atopa no centro da parte
inferior (superficie oral) un esófago curto, e un estómago dividido en dúas
partes estómago cardíaco e estómago pilórico que se prolonga polo interior de
cada brazo en dous largos tubos, os cegos pilóricos, recubertos de glándulas
dixestivas, que secretan enzimas e absorben os nutrientes, e un intestino curto
que comunica a parte de arriba do estómago co ano, que se atopa cerca do
centro da superficie aboral (parte superior do corpo).
boca
intestino
estómago pilórico
cego pilórico
ano
Estómago cardíaco
esófago
Unhas estrelas, as que capturan presas pequenas, realizan todo o proceso
dixestivo no interior do corpo e outras, as que se alimentan de presas grandes,
sacan fóra o estómago cardíaco para comezar a dixerilas e continúano logo, no
estómago pilórico, no interior.
As estrelas
forzan a abertura
dos bivalvos,
introducen neles
o estómago
cardíaco,
segregan os
fluídos gástricos
para dixerir as
partes brandas e
logo engulen o
caldo resultante.
Sistema nervioso
As estrelas de mar non teñen un cerebro centralizado, pero as súas neuronas
están interconectadas de xeito que poden realizar accións coordinadas. O centro
nervioso máis importante atópase arredor do esófago do que saen os nervios
que van a cada un dos brazos e xuntos son responsables da coordinación e dos
sistemas de dirección.
anel neuronal esofáxico nervio radial
ocelo
Aínda que case non teñen
receptores sensoriales definidos as
estrelas son sensibles ao tacto, a luz,
a temperatura, á posición e ao
estado da auga.
A pel, os pés ambulacrais, as espiñas e
os pedicelarios son sensibles ao tacto;
os ocelos son sensibles á luz; os pés
ambulacrais, especialmente os que se
atopan nas puntas dos brazos, que
utiliza para a localización dos alimentos,
son sensibles ás sustancias químicas.
Moitas estrelas teñen ademais células
fotorreceptoras distribuidas por enriba
do corpo e ocelos nas puntas dos
brazos.
Os ocelos están formados por unha
masa de células epiteliais pigmentadas
que responden a la luz, e células
sensoriais situadas entre elas, cubertas
por unha cutícula transparente que lle
da protección e actúa como lente. Microfotografía dun ocelo de estrela de mar
Ocelo na punta do brazo
As estrelas de mar móvense utilizando un sistema hidráulico. A auga entra pola
placa madreporica e circula polo conducto pétreo e as canles anular e radiais
ata chegar aos depósitos dos pés ambulacrais que, ao seren comprimidos,
proxectan os pés ao exterior. A sucesión coordinada de apoios e soltas fai
avanzar á estrela e/ou permítelle a suxección ao sustrato.
placa madrepórica
canle anular
canle radial pés ambulacrais
conducto
pétreo
Os pés ambulacrais están formados por
un depósito interno, a ampola, un
músculo que a rodea e que ao contraerse
empuxa a auga e proxecta ao exterior ao
podio , ou pé.
Aínda que o podio semella unha ventosa a
estrela suxéitase e sóltase pola acción de
adhesivos químicos.
ampola
podio
músculo
O desplazamento das estrelas de mar é bastante vagaroso. Hainas tan lentas
como a Dermasterias imbricata, que só avanza uns 15 cm nun minuto, e rápidas
como a Luidia foliolata, que se desplaza 2,8 m no mesmo tempo.
Sistema circulatorio
Coñecido como sistema hemal. Con vasos que forman aneis arredor da
boca (anel hemal oral), do sistema dixestivo (anel hemal gástrico) e cerca
da superficie aboral conectados polo seo axial; e vasos cegos en cada
brazo. sin circulación continua do “sangue”
seo axial
anel hemal aboral
vaso cego
anel hemal gástrico
anel hemal oral vaso cego
Respiración e excreción
A respiración fanna a través dos pés ambulacrais e das pápulas. O oxíxeno entra na
cavidade corporal e distribúese polos fluídos. O sistema hemal só ten un papel
menor nesta función.
As estrelas non teñen órganos de excreción. Eliminan os resíduos a través dos pés
ambulacrais e as pápulas a onde son levados por células fagocitadoras que circulan
polo fluído corporal e o sistema vascular acuífero. Outra parte dos resíduos é
eliminada polas glándulas pilóricas coas deposicións dos restos da dixestión.
A reproducción das estrelas pode ter lugar en diferentes épocas do ano, cando as
condicións ambientais son axeitadas (temperatura da auga, duración da fase de
luz,…) e cando o estado de desenvolvemento dos productos reproductores é o
apropiado, o que comunican entre elas coa emisión de sustancias químicas para
sincronizar os desoves e garantir que sexan fecundados o maior número de óvulos.
Para mellorar o proceso moitas especies forman grupos numerosos e outras
parellas.
As estrelas teñen dúas gónadas en cada brazo que liberan gametos a través
dos gonoductos, unhas aberturas no disco central situadas entre os brazos.
gónada
gonoducto
Na maioría das especies a fecundación é externa e o desove libre, aínda que
tamén hai especies con fecundación interna e outras que apegan os ovos ás
pedras ou que os coidan durante o desenvolvemento dos embrións tapandoos co
seu propio corpo ou gardándos en estructuras especiais (cámaras na superficie
aboral, no estómago pilórico ou incluso nas propias gónadas.
Estrelas emitindio os
productos reproductivos
Na maoría das especies hai machos e femias, pero algunhas son hermafroditas:
simultáneas (producen óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo), e entre elas
especies nas que, a mesma gónada, chamada ovotestis, produce tanto ovos como
esperma; ou secuenciais, unhas protándricas (de novas son machos e logo
convértense en femias) e outras protóginas (pasan de femias a machos ao medrar).
Asterina gibbosa.
Un exemplo de
estrela
hermafrodita
protándrica
Dos productos do desove libre (óvulos e esperma) fórmanse ovos dos que saen
larvas ciliadas nadadoras (larvas pinnarias) que logo evolucionan a larvas
braquiloarias e nelas fórmanse as pequenas estrelas.
Larva pinnaria
Larva brachiolaria Fase final coa pequena
estrela case formada
Nas especies incubadoras, os ovos son relativamente grandes e teñen
substancias para a alimentación do embrión, deles saen, case sempre, pequenas
estrelas sin fase larval. Son crías «lecitotróficas», crías que obteñen o alimento
do propio ovo.
O coidado dos ovos e o desenvolvemento sen fase larval é máis frecuente nas
especies de augas frías e de augas profundas, lugares nos que as condicións son
pouco favorables para o desenvolvemento larvario, e nas especies pequenas,
que producen poucos ovos.
Leptasterias tenera. As femias
desta estrela, da costa leste dos
Estados Unidos, reteñen os
ovos fertilizados no estómago
pilórico durante a primeira fase
do desenvolvemento e logo
acollen as larvas brachiolaria
debaixo do seu corpo ata que
se transforman en pequenas
estrelas.
Reproducción asexual
Algunhas especies de estrelas de mar tamén se reproducen asexualmente, unhas
partindo “voluntariamente” o disco e outras autotomizando algúns dos seus brazos.
Entre as estrelas de mar que rexeneran un corpo completo a partir de brazos
cortados, algunhas poden facelo, incluso a partir de fragmentos de tan só 1 cm de
longo.
As larvas de varias especies de estrelas de mar tamén teñen a capacidade de
reproducirse asexualmente. autotomizando algunhas partes do corpo ou por
xemación. Cando existe abundancia de alimentos, as larvas favorecen a
reproducción asexual en lugar de desenvolverse directamente. Esto permite que
dunha soa larva poidan xurdir varios exemplares completos.
A estrela Coscinasterias
tenuispina, común nas
costas do Atlántico e do
Mediterráneo, ten unha gran
capacidade de rexeneración
e unha reprodución asexual
activa, ata o punto que
todos os exemplares das
costas do Brasil son machos.
Rexeneración
Moitas especies de estrelas de mar cando perden un brazo teñen a capacidade de
rexeneralo. Algunhas son quen de volver a producir todo o corpo, incluído o disco
central, a partir dun só brazo, mentras que outras necesitan que a parte separada
teña polo menos unha pequena parte do disco para poder rexeneralo. As
extremidades separadas viven dos nutrientes almacenados ata que volven a ter
un disco central cos órganos dixestivos.
derme
cegos dixestivos
gónadas
músculos
nervio radial
pés ambulacrais
canle hemal
Utilidade
Só se utilizan ocasionalmente como alimento porque teñen pouco que comer, a
maior parte do corpo está ocupado polos osiños estructurais e o resto ten unha
alta porcentaxe de auga, a non ser cando as gónadas están madurando os
productos reproductores; ademais moitas especies teñen na pel saponinas, de
sabor desagradable, e outras toxinas defensivas; ao que hai que engadirlle que
ao alimentárense de bivalvos poden transmitir as toxinas que estes conteñan.
Espetos de estrela de mar
Na investigación empréganse estrelas da familia Asterinidae no estudo da
bioloxía do desenvovemento, e estánse a estudar toxinas e metabolitos de
diferentes especies para o seu aproveitamento farmacolóxico e/ou industrial.
Polo atractivo das súas formas e cores, e porque a consistencia da súa estructura
permite a súa conservación, moitas especies son recollidas para ser comercializadas
como animais de acuario ou para ser vendidas como recordos, adornos ou
curiosidades; o que as está a poñer en perigo.
Estrelas nun acuario
Estrelas nun posto de venda
Tamén son motivo de
inspiración para a
creación de elementos
útiles e/ou decorativos.
Hai anos, en poboacións costeiras de Galiza, capturábanse para ser utilizadas como
abono agrícola.
e fixo logo, como sempre, as viaxes para ir velas.
Non esqueceu, por suposto, que como viven no mar
tiña que levar consigo as cousas de mergullar.
Un achegamento aos distintos
ordes e familias
E percorrendo mares de aquí e de acolá
tróuxovos estas poucas… hai unhas 1.800 máis!
ORDEN BRISINGIDA
(2 familias, 17 xéneros, 111 especies)
As especies deste orden teñen un disco pequeno, ríxido, e entre 6 e 20 brazos longos e
delgados con varias filas de espiñas longas. Viven case exclusivamente en augas
profundas, aínda que algunhas habitan en augas someiras da Antártida. Aliméntanse de
esponxas ou de plancton e de partículas orgánicas en suspensión que capturan formando
unha rede coas espiñas e os brazos erguidos.
Familia Brisingidae. Son case todas abisais entre elas están as máis grandes coñecidas..
Novodinia pacifica
Familia Freyellidae. Case todas as
especies desta familia viven en augas
antárticas e preto de Australia.
Freyela fragilissima capturando
alimento
ORDEN FORCIPULATIDA
(6 familias, 63 xéneros, 269 especies)
As estrelas deste orden teñen corpos robustos con pés ambulacrais coas puntas planas, e
pedicelarios cun talo curto e tres osiños esqueléticos.
Inclúe especies comúns das áreas temperadas, e especies de augas frías e abisais.
Meyenaster gelatinosus. Estrela de seis brazos das costas de Chile
familia Asteriidae. Acolle á maioría das estrelas de mar das costas de Europa. Son
estrelas espiñentas case todas con cinco brazos.
estrela de mar común
(Asterias rubens). Atóase
desde as zonas costeiras ata
profundidades de 200
metros, no leste do
Atlántico, desde o norte de
Europa ata o Senegal. Pode
medir entre 25 e 35 cm de
diámetro, e vivir ata 10
anos.
Familia Heliasteridae. Inclúe o xénero Heliaster do leste do Pacífico (de California a Chile,
incluíndo as illas do litoral). Teñen o disco grande e os brazos curtos, non menos de 25.
Heliaster helianthus das costas de Chile
Familia Labidiasteridae: estrelas grandes de augas frías do sur de América do Sur, a
Antártida e as áreas subantárticas dos océanos. Teñen numerosos brazos, de 20 a 50,
Labidiaster radiosus
familia Neomorphasteridae. Son estrelas abisais extendidas por todos os océanos.
Neomorphaster forcipatus. Átópase en augas profundas do Atlántico norte.
Familia Pedicellasteridae. Estrelas abisais de ampla distribución.
Pedicellaster magister.
Atópase nos fondos do
Pacífico. Mide uns 12
cm de diámetro.
Familia Zoroasteridae. Amplamente distribuídas en profundidades entre 200 e 6.000 m.
Teñen discos reducidos e brazos longos. Poden medir ata 20 cm de diámetro. Son de
cores craras, de branca rosada a laranxa.
Zoroaster spinulosus.
Vive no océano Pacífico
ORDEN PAXILLOSIDA
(7 familias, 48 xéneros,
372 especies)
Carecen de ano e non
teñen ventosas nos pés
ambulacrais. Teñen
placas marxinais e
pedicelarios sésiles. Non
teñen a etapa
brachiolaria durante o
seu desenvolvemento
larval. A maioría habitan
en zonas de fondos
blandos de area ou
barro nos que se
mergullan.
familia Astropectinidae. Son estrelas de fondos brandos. Non teñen larva brachiolaria.
estrela de peine
Astropecten
polyacanthus, . Vive
enterrada no sustrato
de zonas pouco
profundas dos mares
tropicais e subtropicais
da rexión Indo-Pacífica.
Pode medir ata 20 cm
de diámetro.
Aliméntase de detritus
e moluscos. Dispón
dunha potente
neurotoxina.
Ctenodiscus crispatus
familia Ctenodiscidae un xénero: Ctenodiscus con 5 especies australis, caudatus, crispatus,
orientalis e procurator. Son estrelas pequenas de augas profundas co disco grande e os
radios curtos.
Familia Goniopectinidae. Estrelas de fondos brandos cos brazos longos de sección
case cadrada.
Prionaster elegans.
Atópase no Golfo de
México en fonduras de
50 a 100 m. Mide entre
12 e 14 cm de
diámetro.
familia Luidiidae co xénero Luidia de estrelas grandes de hábitos nocturnos, de día
permanecen soterradas.
estrela de nove
brazos (Luidia
senegalensis).
Vive no oeste do
Océano
Atlántico, desde
Florida ata o sur
do Brasil, en
fondos brandos
de lugares
protexidos de ata
40 m de
profundidade.
Pode medir ata
40 cm de
diámetro.
familia Porcellanasteridae. Son estrelas pequenas co disco pentagonal e cinco brazos
curtos redondeados que viven entre os 4.000 e os 8.000 m de fondura, no sur dos océnos
Atlántico e Pacífico.
Eremicaster pacificus. Mide uns 4 cm de diámetro
Familia Pseudarchasteridae. Atópanse nas costas da metade norte do oeste do Atlántico,
arredor do Pacífico e en augas próximas á Antártida.
Pseudarchaster
parelii. Mide
uns 13 cm de
diámetro
familia Radiasteridae. Estrelas pequenas, pouco coñecidas, que viven en zonas
profundas.
Radiaster gracilis.
Atópase arredor de
Nova Zelandia.
ORDEN NOTOMYOTIDA
(1 familia, 8 xéneros, 75 especies)
Viven en augas profundas.
benthopecten pectinifer.
Atópase a grandes
profundidades, no
Pacífico, preto das costas
de Centroamérica.
Familia Benthopectinidae
ORDEN SPINULOSIDA
(1 familia, 8 xéneros, 121 especies)
A maioría das especies deste orde teñen un disco pequeno e cinco brazos cilíndricos
largos, carecen de pedicelarios, e un esqueleto delicado con placas marxinais pequenas,
e numerosos grupos de espiñas baixas na superficie aboral (superior).
estrela vermella (Echinaster sepositus). Atópase desde o litoral aos 250 m de
profundidade, no Atlántico, entre o Ecuador e a Canle da Mancha, e no Mediterráneo.
Pode medir ata 20 cm de diámetro.
familia Echinaster
ORDEN VALVATIDA
(16 familias, 172 xéneros, 695 especies)
Abrangue especies pequenas, con só uns poucos milímetros de diámetro, xénero Asterina,
e especies que poden acadar ata 75 cm, xénero Thromidia. Casi todas teñen cinco brazos
e dúas ringleiras de pés ambulacrais con ventosas.
familia Acanthasteridae un xénero, Acanthaster con 4 especies. Viven nos arrecifes de
coral dos mares tropicais, Indo-Pacífico e Mar Vermello. Son estrelas grandes, de ata 70
cm de diámetro e varios kg de peso, cun disco central grande e numerosos brazos.
Aliméntanse dos pólipos dos corais, esponxas, moluscos…
coroa de espiñas
ou acantáster
púrpura
(Acanthaster
planci). Mide de 25
a 35 cm de
diámetro , pero
pode chegar case
ao doble.
Aliméntase de
pólipos de coral,
chegando a
converterse en
praga nos arrecifes.
Archaster tipicus.
Atópase en
fondos de area da
rexión Indo–
Pacífica desde os
0 aos 60 m de
fondura. Mide de
12 a 15 cm de
diámetro.
Aliméntase de
moluscos e de
restos.
familia Archasteridae. Con un xénero (Archaster) de aguas pouco profundas do Indo-
Pacifico tropical. Críanse como animais de acuario.
familia Asterinidae. Inclúe 25 xéneros e 150 especies. Son estrelas xeralmente pequenas cos
brazos curtos as especies abisais poden chegar aos 45 cm de diámetro. A maioría das
especies aliméntanse de restos, algas e bacterias que cubren o sustrato.
estrela morcego (Patiria
miniata). Vive desde a zona
intermareal ata os 80 m de
profundidade, no Pacífico, entre
Alaska e a Baixa California.
Aliméntase de algas, detritus e
carroña. Presenta cores
variadas e adoita ter 5 brazos,
pero pode ter máis. Non ten
pedicelarios e protexe a pel coa
corriente que crean os cilios
que a cubren.
Asterodiscides
truncatus. Vive
nos arrecifes
australianos
entre os 10 e os
800 m de
fondura. Mide
uns 10 cm de
diámetro.
familia Asterodiscididae. Estrelas de disco groso e brazos curtos, cubertas de placas a xeito
de botóns, dos arrecifes da rexión Indo-Pacífica.
Asteropsis carinifera.
Atópase nos arrecifes
de coral dos océanos
Índico e Pacífico, entre
os 3 e os 50 m de
profundidade.
familia Asteropseidae. cos xéneros Asteropsis, Dermasterias, Petricia, Poraniella,
Valvaster de estrelas tropicais do disco groso e brazos curtos.
Estrela elegante (Chaetaster longipes).Vive no Atlántico oriental dos 30 aos 1.000 m de
profundidade pode medir uns 30 cm de diámetro. Aliméntase de moluscos e de detritus.
familia Chaetasteridae. un xénero Chaetaster.
Perknaster aurorae. Vive en fondos de pedras e barro dos mares subantárticos, onde
hai esponxas das que se alimenta, entre os 18 e os 300 m de profundidade. Pode
medir ata 40 cm de diámetro.
familia Ganeriidae. Formada por 10 xéneros e 22 especies.
estrela de mármore ou estrela de pérola (Fromia monilis). Atópase entre 0 e 40 metros de
profundidade en fondos areosos e rochosos de lagoas protexidas de arrecifes do Indo-
Pacífico, incluíndo a costa oriental de África e o mar Vermello. Mide de 7,5 a 10 cm.
aliméntase de microoganismos e de fitoplanto.
familia Goniasteridae. Está formada por máis de 60 xéneros e 250 especies.
familia Leilasteridae 2 xéneros con 4 especies subantárticas e das costas do Pacífico
Mirastrella biradialis. Atópase nos mares fríos da Antártida.
Estrela do mar claveada (Mithrodia clavigera). Vive en arrecifes de coral do Indo-Pacífico
tropical, desde o mar Vermello ata a Polinesia, entre os 5 e os 80 m de3 fondura. Mide
entre 30 e 80 cm de diámetro. Aliméntase de outros animais.
familia Mithrodiidae. Formada por 2 xéneros, Thromidia e Mithrodia, e sete especies. Son
estrelas de gran tamaño, e das de máis peso, dos arrecifes.
Odontaster validus. É a
estrela do mar máis común
da Antártida. Pode medir
ata uns 10 cm de diámetro.
Tarda de 3 a 6 anos en
facerse adulta, pero pode
vivir 100 anos.
familia Odontasteridae. Está formada por 6 xéneros de estrelas de disco groso e brazos
curtos.
familia Ophidiasteridae. Ten uns 30 xéneros que se poden atopar tanto no Atlántico como na
rexión Indo-Pacífica, na que son máis variadas e numerosas. Moitos dos xéneros desta familia
teñen cores brillantes e patróns chamativos, que se cre que lle serven para protexerse dos
depredadores. Algunhas especies teñen unha gran capacidade de rexeneración. Poden
reproducirse por completo a partir de só unha parte de un brazo.
estrela de mar exipcia (Gomophia
egyptiaca ). Vive no mar Vermello,
no océano Índico e na costa oeste
do Pacífico. Aliméntase de algas e
de detritus.
Unha especie do xénero Linckia
rexenerando o corpo a partir de un brazo
estrela almofada vermella (Oreaster reticulatus). Atópase nas illas de Cabo Verde e no
Atlántico occidental, desde o sur dos E.E. U. U. ata o Brasil, por todo o Golfo de México e as
illas do Caribe, desde 0 a 70 m de profundidade. Mide máis de 20 cm de diámetro. É
omnívora. Coida os ovos. É unha estrela coñecida porque se venden, secas ou pintadas,
como obxectos decorativos. Este costume fixo que fora sobrexplotada e hoxe sexa dificil de
atopar en moitos lugares.
familia Oreasteridae. Está formada por uns 20 xéneros de estrelas de cores, con espiñas,
co disco grande e abombado, case todas viven nos océanos Índico e Pacífico. Aliméntanse
de pequenos animais, restos e materia orgánica.
familia Podosphaerasteridae
Podosphaeraster toyoshiomaruae. Estrela moi pequena que vive asociada a
esponxas no sur do Xapón.
estrela do mar espiñenta (Poraniopsis inflata). É nativa da costa occidental de
América do Norte. Mide uns 16 centímetros de diámetro. Aliméntase de esponxas.
familia Poraniidae. Teñen a superficie aboral cuberta de pel grosa sen espiñas nen
pedicelarios. 10 xéneros e unhas 20 especies.
Estrela sol común
(Crossaster
paposus). Vive no
norte dos océanos
Atlántico e Pacífico.
Pode chegar aos 40
cm de diámetro.
familia Solasteridae. Está formada por 9 xéneros e máis de 50 especies de estrelas co disco
grande e numerosos brazos curtos (estrelas sol) que viven en fondos rochosos ou de grava.
ORDEN VELATIDA. ORDEN VELATIDA.
(4 familias, 15 xéneros e unhas 150 especies).
Son case todas estrelas de augas profundas e de augas frías. Moitas delas teñen
distribución global. A maioría teñen esqueletos pouco desenvolvidos.
Pythonaster sp.
Familia Caymanostellidae Son estrelas con discos grandes e corpos grosos. Que viven
nas zonas abisais dos océanos Atlántico e Pacífico.
Familia Korethrasteridae. pequenas estrelas bentónicas de augas tropici¡ais.
Remaster palmatus. Vive no Atlántico centro occidental.
Familia Myxasteridae co xénero Myxaster. Son estrelas abisais pouco coñecidas que
viven a máis de 1.000 m de profundidade.
Asthenactis papyraceus
Familia Pterasteridae cos xéneros Pteraster, Hymenodiscus, Diplopteraster, Retaster.
estrela de limo (Pteraster tesselatus ). Vive no Pacífico Norte, en zonas rochosas de forte
corrente ata case 1.000 m de profundidade. Mide ata 15 cm de diámetro. Aliméntase de
esponxas, ascidias e moluscos. Cando son atacadas producen unha gran cantidade de moco
repelente e tóxico.
Cales son os enemigos das estrelas do mar
Hai estrelas de mar que comen a outras estrelas de mar, algúns peixes grandes, as
gaivotas, as londras … algúns cangrexos aproveitan os cadáveres ou comen partes
escindidas, pero non se atreven coas estrelas grandes porque poden ser comidos
por elas.
Bechos que parecen,
pero non son,
estrelas do mar
Ofiuras ou ofiuroideos (Ophiuroidea). Son equinodermos co corpo aplanado formado por un
disco central redondeado e cinco brazos largos, finos e articulados. Pódense atopar desde o
intermareal ata as maiores profundidades dos océanos. Aliméntanse de pequenos animais,
detritus e partículas en suspensión. A boca está formada por cinco placas móbiles, que actúan
como mandíbulas, e non teñen orificio anal. Teñen células fotorreceptoras enriba do disco
central polo que fuxen da luz. Existen unhas 2.000 especies.
Ophiura ophiura
Comátulas. Son un orde de crinoideos (Crinoidea) que inclúe unhas 600 especies de
organismos formados por un disco central en forma de copa, coa boca e o ano na parte
de arriba, e numerosos brazos, os de algunhas especies ramificados e os de todas con
longas pínnulas que lle dan o aspecto de plumas polo que tamén son coñecidas com
"estrelas con plumas".
Antedon bifida
As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes
varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar
o uso que fixen delas.
Mon Daporta
E despois de buscar e buscar deu rematado o traballo.
Canso pero contento e mollado de arriba abaixo.

More Related Content

What's hot (13)

Resumo t1 naturais_6
Resumo t1 naturais_6Resumo t1 naturais_6
Resumo t1 naturais_6
 
Tardígrado
TardígradoTardígrado
Tardígrado
 
Dixestion
DixestionDixestion
Dixestion
 
Tema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino PlantasTema 9. Reino Plantas
Tema 9. Reino Plantas
 
Vertebrados e invertebrados 2
Vertebrados e invertebrados 2Vertebrados e invertebrados 2
Vertebrados e invertebrados 2
 
26 excrecion
26 excrecion26 excrecion
26 excrecion
 
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOSCRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
CRUSTÁCEOS, MIRIÁPODOS, ARÁCNIDOS
 
24 intercambio gases
24  intercambio gases24  intercambio gases
24 intercambio gases
 
Transporte animais
Transporte animaisTransporte animais
Transporte animais
 
Naturais resumo tema_4_quinto
Naturais resumo tema_4_quintoNaturais resumo tema_4_quinto
Naturais resumo tema_4_quinto
 
Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6Resumo t2 naturais_6
Resumo t2 naturais_6
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Invertebrados
InvertebradosInvertebrados
Invertebrados
 

Similar to Estrelas

Similar to Estrelas (20)

O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
O reino animal
O reino animalO reino animal
O reino animal
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
Invertebrados marinos celia
Invertebrados marinos celiaInvertebrados marinos celia
Invertebrados marinos celia
 
Toño e yago
Toño e yagoToño e yago
Toño e yago
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebrados
 
Artrópodos
ArtrópodosArtrópodos
Artrópodos
 
Ciencias Naturais. Animais invertebrados.
Ciencias Naturais. Animais invertebrados.Ciencias Naturais. Animais invertebrados.
Ciencias Naturais. Animais invertebrados.
 
Tema 6. vertebrados
Tema 6. vertebradosTema 6. vertebrados
Tema 6. vertebrados
 
Artropodos
ArtropodosArtropodos
Artropodos
 
Unidade 2 asomámonos ao mundo animal para sl
Unidade 2     asomámonos ao mundo animal para slUnidade 2     asomámonos ao mundo animal para sl
Unidade 2 asomámonos ao mundo animal para sl
 
Equinodermos
EquinodermosEquinodermos
Equinodermos
 
Equinodermos 1ºa
Equinodermos 1ºaEquinodermos 1ºa
Equinodermos 1ºa
 
Artrópodos
ArtrópodosArtrópodos
Artrópodos
 
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a péManual de formación para o marisqueo 03. producción   marisqueo a pé
Manual de formación para o marisqueo 03. producción marisqueo a pé
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Estrelas

  • 1. Estrelas do mar AS LIDEIRAS DE ROQUE COUSIÑAS FEITAS NA CASA MonDaporta
  • 2. Como saben que lle gustan tanto as cousas novas trouxéronlle hai uns días unhas fotos moi curiosas. Uns coñecidos seus leváronlle a ensinar unhas fermosas imaxes dunhas estrelas do mar.
  • 3. Acanthaster planci Fromia monilis Asterodiscidis truncatusIconaster longimanus Pentanogaster dubeni Luidia ciliaris
  • 4. Protoreaster lincki Tosia neossia Crossaster papossusFromia ghardaqana Choriaster granulatus Pteraster temnochiton
  • 5. E quedou, ao ver aquelo, tan sorprendido e admirado que quixo sabelo todo daqueles bechos tan raros.
  • 6. Estudounas ben primeiro para coñecelas
  • 7. estrela do mar estrella de mar itsas izar estrella de mar estrela do mar starfish étoile de mer seesterne stella marina (gradicela, cercella,…)
  • 8. As estrelas do mar ou asteroideos (Asteroidea) son unha clase de equinodermos (Echinodermata) de simetría radial, co corpo aplanado formado por un disco central do que saen os brazos (cinco ou máis). Comprende case 2.000 especies que se distribúen por todos os océanos do mundo desde a zona intermareal ata máis alá dos 6.000 m de profundidade.
  • 9. Teñen o corpo cuberto por unha epiderme exterior, delgada; unha derme grosa na que están os osículos, placas calcarias que lle proporcionan consistencia á estructura (forman o “esqueleto”), os pedicelarios, que teñen función prensil e defensiva, as pápulas, que teñen función respiratoria, e as febras coláxenas que lle dan cohesión á estructura e permiten tanto flexionar os brazos como poñelos ríxidos; e un peritoneo interior ou capa muscular. DERMEEPIDERME osículos pápula pedicelario
  • 10. Detalle da cobertura dunha estrela de mar
  • 11. Os osículos, son as placas calcarias que constitúen a estructura que lle da forma e protexe os órganos internos da estrela, teñen e unha disposición característica que serve, nalgúns casos, para identificar e clasificar ás especies. Osículos modificados son as espiñas (osículos rematados en punta con función disuasoria e/ou defensiva) e as paxilas, propias das estrelas que se soterran,(osículos formados por un talo enriba do que se asenta unha coroa de formas agudas ou romas que, no seu conxunto, forman unha capa que permite a circulación da auga pero impide o contacto do sustrato coa epiderme para que esta poida seguir a realizar as funcións respiratoria e excretora) espiñas paxilas
  • 12. Os Pedicelarios son estructuras con formas diversas ,terminadas en osículos dentados, que serven para capturar pequenas presas, eliminar materiais que se depositen sobre a epiderme e, algúns, poden inxectar tóxicos. As pápulas son protuberancias con paredes finas que saen a través da parede corporal para captar oxíxeno. pedicelariospápulas
  • 13. A maioría das estrelas de mar teñen cinco brazos, pero, varios grupos, como os da familia Solasteridae, teñen de 10 a 15 brazos, e algunas especies, como Labidiaster annulatus da Antártida, poden ter ata 50 brazos. Labidiaster annulatus
  • 14. estrela espiña de remo. Mide menos de 5 milímetros de diámetro. É a máis pequena que se coñece. estrela mirasol (Pycnopodia helianthoides). Pode acadar os 90 cm de diámetro e ter entre 15 e 25 brazos. Teñen dimensións moi variadas
  • 15. Midgardia xandaros. A estrela máis grande. Vive no golfo de México a fonduras de ata 600 m. Cada brazo de este exemplar mideu 67 cm de lonxitude Thromidia catalai. A estrela máis pesada. Pode chegar aos 6 kg.
  • 16. Cando se estudan as estrelas de mar distínguense dúas partes: a inferior, onde está a boca, coñécese como superficie oral ou actinal, e a superior que se coñece como superficie aboral ou abactinal. Superficie oral ou actinal Superficie aboral ou abactinal boca Sucos ambulacrais
  • 17. Aliméntanse, principalmente, de outros animais pero tamén as hai que comen algas e/ou detritus orgánicos. Algunhas especies capturan pequenos organismos e outras partículas alimenticias con distintas partes do corpo ou emitindo febras pegañentas que logo trasladan á boca coa axuda de cilios.
  • 18. O sistema dixestivo está formado pola boca que se atopa no centro da parte inferior (superficie oral) un esófago curto, e un estómago dividido en dúas partes estómago cardíaco e estómago pilórico que se prolonga polo interior de cada brazo en dous largos tubos, os cegos pilóricos, recubertos de glándulas dixestivas, que secretan enzimas e absorben os nutrientes, e un intestino curto que comunica a parte de arriba do estómago co ano, que se atopa cerca do centro da superficie aboral (parte superior do corpo). boca intestino estómago pilórico cego pilórico ano Estómago cardíaco esófago
  • 19. Unhas estrelas, as que capturan presas pequenas, realizan todo o proceso dixestivo no interior do corpo e outras, as que se alimentan de presas grandes, sacan fóra o estómago cardíaco para comezar a dixerilas e continúano logo, no estómago pilórico, no interior. As estrelas forzan a abertura dos bivalvos, introducen neles o estómago cardíaco, segregan os fluídos gástricos para dixerir as partes brandas e logo engulen o caldo resultante.
  • 20. Sistema nervioso As estrelas de mar non teñen un cerebro centralizado, pero as súas neuronas están interconectadas de xeito que poden realizar accións coordinadas. O centro nervioso máis importante atópase arredor do esófago do que saen os nervios que van a cada un dos brazos e xuntos son responsables da coordinación e dos sistemas de dirección. anel neuronal esofáxico nervio radial ocelo
  • 21. Aínda que case non teñen receptores sensoriales definidos as estrelas son sensibles ao tacto, a luz, a temperatura, á posición e ao estado da auga. A pel, os pés ambulacrais, as espiñas e os pedicelarios son sensibles ao tacto; os ocelos son sensibles á luz; os pés ambulacrais, especialmente os que se atopan nas puntas dos brazos, que utiliza para a localización dos alimentos, son sensibles ás sustancias químicas. Moitas estrelas teñen ademais células fotorreceptoras distribuidas por enriba do corpo e ocelos nas puntas dos brazos. Os ocelos están formados por unha masa de células epiteliais pigmentadas que responden a la luz, e células sensoriais situadas entre elas, cubertas por unha cutícula transparente que lle da protección e actúa como lente. Microfotografía dun ocelo de estrela de mar Ocelo na punta do brazo
  • 22. As estrelas de mar móvense utilizando un sistema hidráulico. A auga entra pola placa madreporica e circula polo conducto pétreo e as canles anular e radiais ata chegar aos depósitos dos pés ambulacrais que, ao seren comprimidos, proxectan os pés ao exterior. A sucesión coordinada de apoios e soltas fai avanzar á estrela e/ou permítelle a suxección ao sustrato. placa madrepórica canle anular canle radial pés ambulacrais conducto pétreo
  • 23. Os pés ambulacrais están formados por un depósito interno, a ampola, un músculo que a rodea e que ao contraerse empuxa a auga e proxecta ao exterior ao podio , ou pé. Aínda que o podio semella unha ventosa a estrela suxéitase e sóltase pola acción de adhesivos químicos. ampola podio músculo
  • 24. O desplazamento das estrelas de mar é bastante vagaroso. Hainas tan lentas como a Dermasterias imbricata, que só avanza uns 15 cm nun minuto, e rápidas como a Luidia foliolata, que se desplaza 2,8 m no mesmo tempo.
  • 25. Sistema circulatorio Coñecido como sistema hemal. Con vasos que forman aneis arredor da boca (anel hemal oral), do sistema dixestivo (anel hemal gástrico) e cerca da superficie aboral conectados polo seo axial; e vasos cegos en cada brazo. sin circulación continua do “sangue” seo axial anel hemal aboral vaso cego anel hemal gástrico anel hemal oral vaso cego
  • 26. Respiración e excreción A respiración fanna a través dos pés ambulacrais e das pápulas. O oxíxeno entra na cavidade corporal e distribúese polos fluídos. O sistema hemal só ten un papel menor nesta función. As estrelas non teñen órganos de excreción. Eliminan os resíduos a través dos pés ambulacrais e as pápulas a onde son levados por células fagocitadoras que circulan polo fluído corporal e o sistema vascular acuífero. Outra parte dos resíduos é eliminada polas glándulas pilóricas coas deposicións dos restos da dixestión.
  • 27. A reproducción das estrelas pode ter lugar en diferentes épocas do ano, cando as condicións ambientais son axeitadas (temperatura da auga, duración da fase de luz,…) e cando o estado de desenvolvemento dos productos reproductores é o apropiado, o que comunican entre elas coa emisión de sustancias químicas para sincronizar os desoves e garantir que sexan fecundados o maior número de óvulos. Para mellorar o proceso moitas especies forman grupos numerosos e outras parellas.
  • 28. As estrelas teñen dúas gónadas en cada brazo que liberan gametos a través dos gonoductos, unhas aberturas no disco central situadas entre os brazos. gónada gonoducto
  • 29. Na maioría das especies a fecundación é externa e o desove libre, aínda que tamén hai especies con fecundación interna e outras que apegan os ovos ás pedras ou que os coidan durante o desenvolvemento dos embrións tapandoos co seu propio corpo ou gardándos en estructuras especiais (cámaras na superficie aboral, no estómago pilórico ou incluso nas propias gónadas. Estrelas emitindio os productos reproductivos
  • 30. Na maoría das especies hai machos e femias, pero algunhas son hermafroditas: simultáneas (producen óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo), e entre elas especies nas que, a mesma gónada, chamada ovotestis, produce tanto ovos como esperma; ou secuenciais, unhas protándricas (de novas son machos e logo convértense en femias) e outras protóginas (pasan de femias a machos ao medrar). Asterina gibbosa. Un exemplo de estrela hermafrodita protándrica
  • 31. Dos productos do desove libre (óvulos e esperma) fórmanse ovos dos que saen larvas ciliadas nadadoras (larvas pinnarias) que logo evolucionan a larvas braquiloarias e nelas fórmanse as pequenas estrelas. Larva pinnaria Larva brachiolaria Fase final coa pequena estrela case formada
  • 32. Nas especies incubadoras, os ovos son relativamente grandes e teñen substancias para a alimentación do embrión, deles saen, case sempre, pequenas estrelas sin fase larval. Son crías «lecitotróficas», crías que obteñen o alimento do propio ovo. O coidado dos ovos e o desenvolvemento sen fase larval é máis frecuente nas especies de augas frías e de augas profundas, lugares nos que as condicións son pouco favorables para o desenvolvemento larvario, e nas especies pequenas, que producen poucos ovos. Leptasterias tenera. As femias desta estrela, da costa leste dos Estados Unidos, reteñen os ovos fertilizados no estómago pilórico durante a primeira fase do desenvolvemento e logo acollen as larvas brachiolaria debaixo do seu corpo ata que se transforman en pequenas estrelas.
  • 33. Reproducción asexual Algunhas especies de estrelas de mar tamén se reproducen asexualmente, unhas partindo “voluntariamente” o disco e outras autotomizando algúns dos seus brazos. Entre as estrelas de mar que rexeneran un corpo completo a partir de brazos cortados, algunhas poden facelo, incluso a partir de fragmentos de tan só 1 cm de longo. As larvas de varias especies de estrelas de mar tamén teñen a capacidade de reproducirse asexualmente. autotomizando algunhas partes do corpo ou por xemación. Cando existe abundancia de alimentos, as larvas favorecen a reproducción asexual en lugar de desenvolverse directamente. Esto permite que dunha soa larva poidan xurdir varios exemplares completos. A estrela Coscinasterias tenuispina, común nas costas do Atlántico e do Mediterráneo, ten unha gran capacidade de rexeneración e unha reprodución asexual activa, ata o punto que todos os exemplares das costas do Brasil son machos.
  • 34. Rexeneración Moitas especies de estrelas de mar cando perden un brazo teñen a capacidade de rexeneralo. Algunhas son quen de volver a producir todo o corpo, incluído o disco central, a partir dun só brazo, mentras que outras necesitan que a parte separada teña polo menos unha pequena parte do disco para poder rexeneralo. As extremidades separadas viven dos nutrientes almacenados ata que volven a ter un disco central cos órganos dixestivos.
  • 36. Utilidade Só se utilizan ocasionalmente como alimento porque teñen pouco que comer, a maior parte do corpo está ocupado polos osiños estructurais e o resto ten unha alta porcentaxe de auga, a non ser cando as gónadas están madurando os productos reproductores; ademais moitas especies teñen na pel saponinas, de sabor desagradable, e outras toxinas defensivas; ao que hai que engadirlle que ao alimentárense de bivalvos poden transmitir as toxinas que estes conteñan. Espetos de estrela de mar
  • 37. Na investigación empréganse estrelas da familia Asterinidae no estudo da bioloxía do desenvovemento, e estánse a estudar toxinas e metabolitos de diferentes especies para o seu aproveitamento farmacolóxico e/ou industrial.
  • 38. Polo atractivo das súas formas e cores, e porque a consistencia da súa estructura permite a súa conservación, moitas especies son recollidas para ser comercializadas como animais de acuario ou para ser vendidas como recordos, adornos ou curiosidades; o que as está a poñer en perigo. Estrelas nun acuario Estrelas nun posto de venda
  • 39. Tamén son motivo de inspiración para a creación de elementos útiles e/ou decorativos.
  • 40. Hai anos, en poboacións costeiras de Galiza, capturábanse para ser utilizadas como abono agrícola.
  • 41. e fixo logo, como sempre, as viaxes para ir velas.
  • 42. Non esqueceu, por suposto, que como viven no mar tiña que levar consigo as cousas de mergullar.
  • 43. Un achegamento aos distintos ordes e familias E percorrendo mares de aquí e de acolá tróuxovos estas poucas… hai unhas 1.800 máis!
  • 44. ORDEN BRISINGIDA (2 familias, 17 xéneros, 111 especies) As especies deste orden teñen un disco pequeno, ríxido, e entre 6 e 20 brazos longos e delgados con varias filas de espiñas longas. Viven case exclusivamente en augas profundas, aínda que algunhas habitan en augas someiras da Antártida. Aliméntanse de esponxas ou de plancton e de partículas orgánicas en suspensión que capturan formando unha rede coas espiñas e os brazos erguidos.
  • 45. Familia Brisingidae. Son case todas abisais entre elas están as máis grandes coñecidas.. Novodinia pacifica
  • 46. Familia Freyellidae. Case todas as especies desta familia viven en augas antárticas e preto de Australia. Freyela fragilissima capturando alimento
  • 47. ORDEN FORCIPULATIDA (6 familias, 63 xéneros, 269 especies) As estrelas deste orden teñen corpos robustos con pés ambulacrais coas puntas planas, e pedicelarios cun talo curto e tres osiños esqueléticos. Inclúe especies comúns das áreas temperadas, e especies de augas frías e abisais. Meyenaster gelatinosus. Estrela de seis brazos das costas de Chile
  • 48. familia Asteriidae. Acolle á maioría das estrelas de mar das costas de Europa. Son estrelas espiñentas case todas con cinco brazos. estrela de mar común (Asterias rubens). Atóase desde as zonas costeiras ata profundidades de 200 metros, no leste do Atlántico, desde o norte de Europa ata o Senegal. Pode medir entre 25 e 35 cm de diámetro, e vivir ata 10 anos.
  • 49. Familia Heliasteridae. Inclúe o xénero Heliaster do leste do Pacífico (de California a Chile, incluíndo as illas do litoral). Teñen o disco grande e os brazos curtos, non menos de 25. Heliaster helianthus das costas de Chile
  • 50. Familia Labidiasteridae: estrelas grandes de augas frías do sur de América do Sur, a Antártida e as áreas subantárticas dos océanos. Teñen numerosos brazos, de 20 a 50, Labidiaster radiosus
  • 51. familia Neomorphasteridae. Son estrelas abisais extendidas por todos os océanos. Neomorphaster forcipatus. Átópase en augas profundas do Atlántico norte.
  • 52. Familia Pedicellasteridae. Estrelas abisais de ampla distribución. Pedicellaster magister. Atópase nos fondos do Pacífico. Mide uns 12 cm de diámetro.
  • 53. Familia Zoroasteridae. Amplamente distribuídas en profundidades entre 200 e 6.000 m. Teñen discos reducidos e brazos longos. Poden medir ata 20 cm de diámetro. Son de cores craras, de branca rosada a laranxa. Zoroaster spinulosus. Vive no océano Pacífico
  • 54. ORDEN PAXILLOSIDA (7 familias, 48 xéneros, 372 especies) Carecen de ano e non teñen ventosas nos pés ambulacrais. Teñen placas marxinais e pedicelarios sésiles. Non teñen a etapa brachiolaria durante o seu desenvolvemento larval. A maioría habitan en zonas de fondos blandos de area ou barro nos que se mergullan.
  • 55. familia Astropectinidae. Son estrelas de fondos brandos. Non teñen larva brachiolaria. estrela de peine Astropecten polyacanthus, . Vive enterrada no sustrato de zonas pouco profundas dos mares tropicais e subtropicais da rexión Indo-Pacífica. Pode medir ata 20 cm de diámetro. Aliméntase de detritus e moluscos. Dispón dunha potente neurotoxina.
  • 56. Ctenodiscus crispatus familia Ctenodiscidae un xénero: Ctenodiscus con 5 especies australis, caudatus, crispatus, orientalis e procurator. Son estrelas pequenas de augas profundas co disco grande e os radios curtos.
  • 57. Familia Goniopectinidae. Estrelas de fondos brandos cos brazos longos de sección case cadrada. Prionaster elegans. Atópase no Golfo de México en fonduras de 50 a 100 m. Mide entre 12 e 14 cm de diámetro.
  • 58. familia Luidiidae co xénero Luidia de estrelas grandes de hábitos nocturnos, de día permanecen soterradas. estrela de nove brazos (Luidia senegalensis). Vive no oeste do Océano Atlántico, desde Florida ata o sur do Brasil, en fondos brandos de lugares protexidos de ata 40 m de profundidade. Pode medir ata 40 cm de diámetro.
  • 59. familia Porcellanasteridae. Son estrelas pequenas co disco pentagonal e cinco brazos curtos redondeados que viven entre os 4.000 e os 8.000 m de fondura, no sur dos océnos Atlántico e Pacífico. Eremicaster pacificus. Mide uns 4 cm de diámetro
  • 60. Familia Pseudarchasteridae. Atópanse nas costas da metade norte do oeste do Atlántico, arredor do Pacífico e en augas próximas á Antártida. Pseudarchaster parelii. Mide uns 13 cm de diámetro
  • 61. familia Radiasteridae. Estrelas pequenas, pouco coñecidas, que viven en zonas profundas. Radiaster gracilis. Atópase arredor de Nova Zelandia.
  • 62. ORDEN NOTOMYOTIDA (1 familia, 8 xéneros, 75 especies) Viven en augas profundas.
  • 63. benthopecten pectinifer. Atópase a grandes profundidades, no Pacífico, preto das costas de Centroamérica. Familia Benthopectinidae
  • 64. ORDEN SPINULOSIDA (1 familia, 8 xéneros, 121 especies) A maioría das especies deste orde teñen un disco pequeno e cinco brazos cilíndricos largos, carecen de pedicelarios, e un esqueleto delicado con placas marxinais pequenas, e numerosos grupos de espiñas baixas na superficie aboral (superior).
  • 65. estrela vermella (Echinaster sepositus). Atópase desde o litoral aos 250 m de profundidade, no Atlántico, entre o Ecuador e a Canle da Mancha, e no Mediterráneo. Pode medir ata 20 cm de diámetro. familia Echinaster
  • 66. ORDEN VALVATIDA (16 familias, 172 xéneros, 695 especies) Abrangue especies pequenas, con só uns poucos milímetros de diámetro, xénero Asterina, e especies que poden acadar ata 75 cm, xénero Thromidia. Casi todas teñen cinco brazos e dúas ringleiras de pés ambulacrais con ventosas.
  • 67. familia Acanthasteridae un xénero, Acanthaster con 4 especies. Viven nos arrecifes de coral dos mares tropicais, Indo-Pacífico e Mar Vermello. Son estrelas grandes, de ata 70 cm de diámetro e varios kg de peso, cun disco central grande e numerosos brazos. Aliméntanse dos pólipos dos corais, esponxas, moluscos… coroa de espiñas ou acantáster púrpura (Acanthaster planci). Mide de 25 a 35 cm de diámetro , pero pode chegar case ao doble. Aliméntase de pólipos de coral, chegando a converterse en praga nos arrecifes.
  • 68. Archaster tipicus. Atópase en fondos de area da rexión Indo– Pacífica desde os 0 aos 60 m de fondura. Mide de 12 a 15 cm de diámetro. Aliméntase de moluscos e de restos. familia Archasteridae. Con un xénero (Archaster) de aguas pouco profundas do Indo- Pacifico tropical. Críanse como animais de acuario.
  • 69. familia Asterinidae. Inclúe 25 xéneros e 150 especies. Son estrelas xeralmente pequenas cos brazos curtos as especies abisais poden chegar aos 45 cm de diámetro. A maioría das especies aliméntanse de restos, algas e bacterias que cubren o sustrato. estrela morcego (Patiria miniata). Vive desde a zona intermareal ata os 80 m de profundidade, no Pacífico, entre Alaska e a Baixa California. Aliméntase de algas, detritus e carroña. Presenta cores variadas e adoita ter 5 brazos, pero pode ter máis. Non ten pedicelarios e protexe a pel coa corriente que crean os cilios que a cubren.
  • 70. Asterodiscides truncatus. Vive nos arrecifes australianos entre os 10 e os 800 m de fondura. Mide uns 10 cm de diámetro. familia Asterodiscididae. Estrelas de disco groso e brazos curtos, cubertas de placas a xeito de botóns, dos arrecifes da rexión Indo-Pacífica.
  • 71. Asteropsis carinifera. Atópase nos arrecifes de coral dos océanos Índico e Pacífico, entre os 3 e os 50 m de profundidade. familia Asteropseidae. cos xéneros Asteropsis, Dermasterias, Petricia, Poraniella, Valvaster de estrelas tropicais do disco groso e brazos curtos.
  • 72. Estrela elegante (Chaetaster longipes).Vive no Atlántico oriental dos 30 aos 1.000 m de profundidade pode medir uns 30 cm de diámetro. Aliméntase de moluscos e de detritus. familia Chaetasteridae. un xénero Chaetaster.
  • 73. Perknaster aurorae. Vive en fondos de pedras e barro dos mares subantárticos, onde hai esponxas das que se alimenta, entre os 18 e os 300 m de profundidade. Pode medir ata 40 cm de diámetro. familia Ganeriidae. Formada por 10 xéneros e 22 especies.
  • 74. estrela de mármore ou estrela de pérola (Fromia monilis). Atópase entre 0 e 40 metros de profundidade en fondos areosos e rochosos de lagoas protexidas de arrecifes do Indo- Pacífico, incluíndo a costa oriental de África e o mar Vermello. Mide de 7,5 a 10 cm. aliméntase de microoganismos e de fitoplanto. familia Goniasteridae. Está formada por máis de 60 xéneros e 250 especies.
  • 75. familia Leilasteridae 2 xéneros con 4 especies subantárticas e das costas do Pacífico Mirastrella biradialis. Atópase nos mares fríos da Antártida.
  • 76. Estrela do mar claveada (Mithrodia clavigera). Vive en arrecifes de coral do Indo-Pacífico tropical, desde o mar Vermello ata a Polinesia, entre os 5 e os 80 m de3 fondura. Mide entre 30 e 80 cm de diámetro. Aliméntase de outros animais. familia Mithrodiidae. Formada por 2 xéneros, Thromidia e Mithrodia, e sete especies. Son estrelas de gran tamaño, e das de máis peso, dos arrecifes.
  • 77. Odontaster validus. É a estrela do mar máis común da Antártida. Pode medir ata uns 10 cm de diámetro. Tarda de 3 a 6 anos en facerse adulta, pero pode vivir 100 anos. familia Odontasteridae. Está formada por 6 xéneros de estrelas de disco groso e brazos curtos.
  • 78. familia Ophidiasteridae. Ten uns 30 xéneros que se poden atopar tanto no Atlántico como na rexión Indo-Pacífica, na que son máis variadas e numerosas. Moitos dos xéneros desta familia teñen cores brillantes e patróns chamativos, que se cre que lle serven para protexerse dos depredadores. Algunhas especies teñen unha gran capacidade de rexeneración. Poden reproducirse por completo a partir de só unha parte de un brazo. estrela de mar exipcia (Gomophia egyptiaca ). Vive no mar Vermello, no océano Índico e na costa oeste do Pacífico. Aliméntase de algas e de detritus. Unha especie do xénero Linckia rexenerando o corpo a partir de un brazo
  • 79. estrela almofada vermella (Oreaster reticulatus). Atópase nas illas de Cabo Verde e no Atlántico occidental, desde o sur dos E.E. U. U. ata o Brasil, por todo o Golfo de México e as illas do Caribe, desde 0 a 70 m de profundidade. Mide máis de 20 cm de diámetro. É omnívora. Coida os ovos. É unha estrela coñecida porque se venden, secas ou pintadas, como obxectos decorativos. Este costume fixo que fora sobrexplotada e hoxe sexa dificil de atopar en moitos lugares. familia Oreasteridae. Está formada por uns 20 xéneros de estrelas de cores, con espiñas, co disco grande e abombado, case todas viven nos océanos Índico e Pacífico. Aliméntanse de pequenos animais, restos e materia orgánica.
  • 80. familia Podosphaerasteridae Podosphaeraster toyoshiomaruae. Estrela moi pequena que vive asociada a esponxas no sur do Xapón.
  • 81. estrela do mar espiñenta (Poraniopsis inflata). É nativa da costa occidental de América do Norte. Mide uns 16 centímetros de diámetro. Aliméntase de esponxas. familia Poraniidae. Teñen a superficie aboral cuberta de pel grosa sen espiñas nen pedicelarios. 10 xéneros e unhas 20 especies.
  • 82. Estrela sol común (Crossaster paposus). Vive no norte dos océanos Atlántico e Pacífico. Pode chegar aos 40 cm de diámetro. familia Solasteridae. Está formada por 9 xéneros e máis de 50 especies de estrelas co disco grande e numerosos brazos curtos (estrelas sol) que viven en fondos rochosos ou de grava.
  • 83. ORDEN VELATIDA. ORDEN VELATIDA. (4 familias, 15 xéneros e unhas 150 especies). Son case todas estrelas de augas profundas e de augas frías. Moitas delas teñen distribución global. A maioría teñen esqueletos pouco desenvolvidos. Pythonaster sp.
  • 84. Familia Caymanostellidae Son estrelas con discos grandes e corpos grosos. Que viven nas zonas abisais dos océanos Atlántico e Pacífico.
  • 85. Familia Korethrasteridae. pequenas estrelas bentónicas de augas tropici¡ais. Remaster palmatus. Vive no Atlántico centro occidental.
  • 86. Familia Myxasteridae co xénero Myxaster. Son estrelas abisais pouco coñecidas que viven a máis de 1.000 m de profundidade. Asthenactis papyraceus
  • 87. Familia Pterasteridae cos xéneros Pteraster, Hymenodiscus, Diplopteraster, Retaster. estrela de limo (Pteraster tesselatus ). Vive no Pacífico Norte, en zonas rochosas de forte corrente ata case 1.000 m de profundidade. Mide ata 15 cm de diámetro. Aliméntase de esponxas, ascidias e moluscos. Cando son atacadas producen unha gran cantidade de moco repelente e tóxico.
  • 88. Cales son os enemigos das estrelas do mar Hai estrelas de mar que comen a outras estrelas de mar, algúns peixes grandes, as gaivotas, as londras … algúns cangrexos aproveitan os cadáveres ou comen partes escindidas, pero non se atreven coas estrelas grandes porque poden ser comidos por elas.
  • 89.
  • 90. Bechos que parecen, pero non son, estrelas do mar
  • 91. Ofiuras ou ofiuroideos (Ophiuroidea). Son equinodermos co corpo aplanado formado por un disco central redondeado e cinco brazos largos, finos e articulados. Pódense atopar desde o intermareal ata as maiores profundidades dos océanos. Aliméntanse de pequenos animais, detritus e partículas en suspensión. A boca está formada por cinco placas móbiles, que actúan como mandíbulas, e non teñen orificio anal. Teñen células fotorreceptoras enriba do disco central polo que fuxen da luz. Existen unhas 2.000 especies. Ophiura ophiura
  • 92. Comátulas. Son un orde de crinoideos (Crinoidea) que inclúe unhas 600 especies de organismos formados por un disco central en forma de copa, coa boca e o ano na parte de arriba, e numerosos brazos, os de algunhas especies ramificados e os de todas con longas pínnulas que lle dan o aspecto de plumas polo que tamén son coñecidas com "estrelas con plumas". Antedon bifida
  • 93. As imaxes fotográficas foron collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta E despois de buscar e buscar deu rematado o traballo. Canso pero contento e mollado de arriba abaixo.