SlideShare a Scribd company logo
1 of 45
unha de
bechos raros
MonDaporta
Con tantos días malos neste verán tan tolo,
tiveron tempo abondo para faceren de todo.
Enredando na rede un día atoparon
unha chea de bechos moi chulos e moi raros.
Roxelio contoulles que non existían,
que eran montaxes …e como se facían.
E desde que aprenderon a facer montaxes
botaron co enredo unha chea de tardes.
Tomando como exemplo algúns dos que atoparon
agora compiten a facer bechos raros.
Cortan por aquí, borran por alá,
clonan, difuminan, axustan …e xa está.
Calquera capricho, calquera ilusión
pode ser posible gracias ao Photoshop.
Buscan dúas fotos con luces parellas,
fan os recortes,
encaixan as pezas,
…e crean os bechos que teñen na cabeza.
E asi van nacendo: pardapos, sardais
e outros extranos, novos, animais
O pardapo, na imaxe, e o sardal son resultado da combinación dos mesmos animais, pero a
muda do elemento dominante produce fondos cambios estructurais e de comportamento.
O pardapo vive como ave e aliméntase de bechos que pilla pola noite e o sardal vive como
sapo pero come gran.
Sardal buscando alimento.
Ratimpín. É un becho de bosque que pasa desapercibido polo esquivo e silencioso. Non é
común pero tampouco moi raro. Aliméntase de froitos, grans e sementes.
Gasquio. Vive no máis mesto dos bosques onde se alimenta de canto atopa: froitos,
sementes, bechos pequenos e ovos de paxaro. Descansa nun niño agochado no toro dunha
árbore vella e hiberna durante uns tres meses.
Pato real. O macho luce un fermoso rabo que
ergue para cortexar á femia.
A femia ten cores discretas para pasar
desapercibida porque é a encargada de
protexer e coidar ás crías.
Nas imaxes un macho en repouso e unha
parella durante o cortexo.
Pombras. Son animais
comúns e perigosos,
que en canto son
molestados non
dubidan en atacar ao
seu adversario, sen
arredarse diante do
tamaño que teña.
Combinan a axilidade
do voo coa perigosidade
do veleno que inxectan.
Galicán. Come case calquera cousa, se está cociñada, pero prefire a carne ás verduras.
Pon ovos, poucos, din que moi saborosos aínda que case ninguén se atreve a collerllos
porque defende o niño a dentadas. Os pitos ladran.
Quirican ou cagalo. Críase
como animal de compañía
do que existen varias razas
e variedades de cor. Son un
pouco molestos polas
mañáns porque en canto
aparece no ceo a primeira
luz empezan a quiquiricar.
Coliña. Esta mestura de galiña e coello vive en grupos familiares en tobos e acobillos
soterrados. É de actividade diurna pero ten un habilidade especial para non deixarse ver.
Pon ovos e cacarexa.
Garcicán. Moi apreciado para o coidado do gando xa que ademais de facer labores de vixía
tamén captura, para alimentarse, insectos dos prados e parásitos externos do gando.
Grato. Roedor con características e aptitudes felinas que aproveita para alimentarse de
froitas silvestres e cultivadas. Non é moi abundante, se o fora sería unha seria amenaza
para as plantacións de árbores froiteiras.
Covella. Coñecida mestura de ovella e coello, rilladora como coello e boa criadora de la,
aínda que polo que se cría e polo sabor da sua carne.
Cervo florido ou cervifloro. Esta especie de cervo non perde os cornos senon que en
chegando a primavera se lle cobren de flores.
Xabouro. Animal semisalvaxe que cando
acada a idade adulta pódese volver agresivo e
perigoso. Só se cría polo ben que sabe. Nas
imaxes: arriba un exemplar da liña primitiva, e
abaixo un exemplar de crianza actual.
Burro voador. Na imaxe un xuvenil facendo os primeiros ensaios. O burro voador é o
animal co que tentan os espabilados de burlar aos crédulos que foron os que, na súa
credulidade, lle deron vida real.
Burricornio. Imitación barata do mítico unicornio pero que ten os mesmos poderes e
propiedades sanadoras que o orixinal, ou sexa ningún.
Cantipés. O nome xenérico deriva de cantidade de patas, que varía habitualmente,
aínda que non se aceptan como membros da especie os de menos de seis, na imaxe
un oitipés. Só se crían como curiosidade porque non son nada áxiles (trábanselle as
patas ao correr) e tampouco teñen un carácter moi agradable.
Recientemente creado aínda non ten un nome específico. É o producto de diferentes
cruces de aves e cans. Está deseñado, e é especialmente solicitado, como animal de garda
e defensa porque ademáis do seu mal carácter e o seu fero aspecto non é nada doado
desfacerse del porque a capacidade para voar permítelle perseguir aos atacantes,
delincuentes e malfeitores máis alá das lindes do lugar ou da propiedade que defende.
Vacaplús. Aínda que semella a vaca soñada por calquera productor de leite, as vacas
desta especie non son nada apreciadas porque aínda que producen como catro vacas
tamén consumen como si o foran, e cando por calquera circunstancia, cousa que é
habitual, teñen un problema a produción merma como a de catro vacas, ademáis só
teñen unha cría cada vez e son moi malas criadoras.
Porcabús. Magnífico exemplar desta escasa raza porcina moi apreciada pola súa
capacidade de cría. A femia da imaxe pode alimentar case medio cento de bacoriños.
Cababac. O nome é unha palabra que se le igual do
dereito e do revés porque este becho non se sabe por
onde empeza nin por onde acaba. Non ten interese
algún porque non é nada productivo nin se pode
utilizar para cousa ningunha, porque non camiña nin
adianta nada. Come por dous e traballa por ningún.
Saprato. Pequeno roedor de vida nocturna e xenio endemoniado, ruidoso e pelexón. Nos
sitios onde vive, xunqueiras e terreos baldíos, faise notar pola potencia dos seus chíos que
utiliza tanto para rexeitar aos seus predadores como para amenazar aos seus iguais.
Troituriña. Naceu do infortunado encontronazo entre unha anduriña que se achegaba ao río
a beber e unha troita que nese mesmo intre saltaba para pillar unha mosca.
Peixe galo. Especie de auga doce pouco coñecida non pola súa rareza, porque é máis que
común, pero pouco visto e raras veces capturado por ser de actividade crepuscular e
alimentarse de grans e sementes. A súa presenza faise notar porque cando canta, sobretodo
á mañanciña, aínda que non se escoita, a auga burbullea no sitio no que se atopa.
Peixe porco. Con este nome coñécense
diferentes especies de peixes de mar e de río
que se caracterizan polo seu aspecto, porque
poden emitir sons que semellan aos do porco,
e polo sabor da súa carne, que adobada, pode
pasar pola do animal que lle da nome a non ser
pola sua consistencia un algo máis mol.
Peixe rato. E o resultado dun traballo de laboratorio. Críase como animal da compañía. Vive
ben fóra da auga pero precisa remollarse a miúdo. O mellor é telo nun cacharro no que
poida despregar toda a beleza das súas aletas e manterse coa cabeza fóra da auga.
Peixe martelo. Aliméntase, sobre todo, de caracois e bivalvos pero ten a boca tan pequena
que non pode comer máis que cousas ben trituradas, para eso ten na cabeza esas
protuberancias de aspecto, tamaño e consistencia dun martelo aceirado, coas que golpea
e esmigalla calquera becho que se poña ao seu alcance.
Peixe sapo. Vive en ríos de corrente lenta e augas escuras. Ten un sistema branquial
interno, aínda que colle a maior parte do oxíxeno a través da pel, complementa as
necesidades respiratorias saíndo á superficie a coller aire.
Cans do mar. Tamén coñecidos co nome de serecans, porque teñen rabo de peixe e
cabeza, peito, e ás veces extremidades, de can. Son carnívoros, cazadores e carroñeiros.
Viven en todos os mares da mitoloxía e nos actuais aínda que son tan escasos que se
coñecen máis de oídas que na realidade.
Cabalo do mar. Animal de pequeno tamaño, pouco común e menos coñecido por ser de
actividade nocturna. Vive en zonas fangosas de escasa profundidade. Non se pesca nin con
anzol nin con nasa, porque é estrictamente vexetariano, e non cai nas redes porque case
nunca se aparta da entrada do furado no que pasa a maior parte da súa vida, de aí a súa cor
branca, un pouco máis gris pola parte de diante que é a única que adoita sacar do burato.
E como esto é cousa de nunca acabar
ao chegarmos a trinta decidimos parar.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que tamén
gocedes destes
enrediños.
Abur!
As imaxes a partir das que se fixeron as montaxes foron collidas da internet.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que
fixen delas. Mon Daporta

More Related Content

Similar to Bechos raros (a rata Luisa)

Similar to Bechos raros (a rata Luisa) (20)

Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
A raia. Tercero
A raia. TerceroA raia. Tercero
A raia. Tercero
 
O parrulo
O parruloO parrulo
O parrulo
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
O xabarín
O xabarínO xabarín
O xabarín
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
A galiña
A galiñaA galiña
A galiña
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)
 
O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles O mundo dos réptiles
O mundo dos réptiles
 
Os animais do deserto
Os animais do desertoOs animais do deserto
Os animais do deserto
 
Animais invertebrados
Animais invertebradosAnimais invertebrados
Animais invertebrados
 
O coello
O coelloO coello
O coello
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
A píntega
A píntegaA píntega
A píntega
 
Avesproxecta
AvesproxectaAvesproxecta
Avesproxecta
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
Psitaciformes i
Psitaciformes iPsitaciformes i
Psitaciformes i
 
Paxaros
PaxarosPaxaros
Paxaros
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Bechos raros (a rata Luisa)

  • 2. Con tantos días malos neste verán tan tolo, tiveron tempo abondo para faceren de todo.
  • 3. Enredando na rede un día atoparon unha chea de bechos moi chulos e moi raros.
  • 4. Roxelio contoulles que non existían,
  • 5. que eran montaxes …e como se facían.
  • 6. E desde que aprenderon a facer montaxes botaron co enredo unha chea de tardes.
  • 7. Tomando como exemplo algúns dos que atoparon agora compiten a facer bechos raros.
  • 8. Cortan por aquí, borran por alá, clonan, difuminan, axustan …e xa está.
  • 9. Calquera capricho, calquera ilusión pode ser posible gracias ao Photoshop.
  • 10. Buscan dúas fotos con luces parellas,
  • 12. encaixan as pezas, …e crean os bechos que teñen na cabeza.
  • 13. E asi van nacendo: pardapos, sardais e outros extranos, novos, animais
  • 14. O pardapo, na imaxe, e o sardal son resultado da combinación dos mesmos animais, pero a muda do elemento dominante produce fondos cambios estructurais e de comportamento. O pardapo vive como ave e aliméntase de bechos que pilla pola noite e o sardal vive como sapo pero come gran.
  • 16. Ratimpín. É un becho de bosque que pasa desapercibido polo esquivo e silencioso. Non é común pero tampouco moi raro. Aliméntase de froitos, grans e sementes.
  • 17. Gasquio. Vive no máis mesto dos bosques onde se alimenta de canto atopa: froitos, sementes, bechos pequenos e ovos de paxaro. Descansa nun niño agochado no toro dunha árbore vella e hiberna durante uns tres meses.
  • 18. Pato real. O macho luce un fermoso rabo que ergue para cortexar á femia. A femia ten cores discretas para pasar desapercibida porque é a encargada de protexer e coidar ás crías. Nas imaxes un macho en repouso e unha parella durante o cortexo.
  • 19. Pombras. Son animais comúns e perigosos, que en canto son molestados non dubidan en atacar ao seu adversario, sen arredarse diante do tamaño que teña. Combinan a axilidade do voo coa perigosidade do veleno que inxectan.
  • 20. Galicán. Come case calquera cousa, se está cociñada, pero prefire a carne ás verduras. Pon ovos, poucos, din que moi saborosos aínda que case ninguén se atreve a collerllos porque defende o niño a dentadas. Os pitos ladran.
  • 21. Quirican ou cagalo. Críase como animal de compañía do que existen varias razas e variedades de cor. Son un pouco molestos polas mañáns porque en canto aparece no ceo a primeira luz empezan a quiquiricar.
  • 22. Coliña. Esta mestura de galiña e coello vive en grupos familiares en tobos e acobillos soterrados. É de actividade diurna pero ten un habilidade especial para non deixarse ver. Pon ovos e cacarexa.
  • 23. Garcicán. Moi apreciado para o coidado do gando xa que ademais de facer labores de vixía tamén captura, para alimentarse, insectos dos prados e parásitos externos do gando.
  • 24. Grato. Roedor con características e aptitudes felinas que aproveita para alimentarse de froitas silvestres e cultivadas. Non é moi abundante, se o fora sería unha seria amenaza para as plantacións de árbores froiteiras.
  • 25. Covella. Coñecida mestura de ovella e coello, rilladora como coello e boa criadora de la, aínda que polo que se cría e polo sabor da sua carne.
  • 26. Cervo florido ou cervifloro. Esta especie de cervo non perde os cornos senon que en chegando a primavera se lle cobren de flores.
  • 27. Xabouro. Animal semisalvaxe que cando acada a idade adulta pódese volver agresivo e perigoso. Só se cría polo ben que sabe. Nas imaxes: arriba un exemplar da liña primitiva, e abaixo un exemplar de crianza actual.
  • 28. Burro voador. Na imaxe un xuvenil facendo os primeiros ensaios. O burro voador é o animal co que tentan os espabilados de burlar aos crédulos que foron os que, na súa credulidade, lle deron vida real.
  • 29. Burricornio. Imitación barata do mítico unicornio pero que ten os mesmos poderes e propiedades sanadoras que o orixinal, ou sexa ningún.
  • 30. Cantipés. O nome xenérico deriva de cantidade de patas, que varía habitualmente, aínda que non se aceptan como membros da especie os de menos de seis, na imaxe un oitipés. Só se crían como curiosidade porque non son nada áxiles (trábanselle as patas ao correr) e tampouco teñen un carácter moi agradable.
  • 31. Recientemente creado aínda non ten un nome específico. É o producto de diferentes cruces de aves e cans. Está deseñado, e é especialmente solicitado, como animal de garda e defensa porque ademáis do seu mal carácter e o seu fero aspecto non é nada doado desfacerse del porque a capacidade para voar permítelle perseguir aos atacantes, delincuentes e malfeitores máis alá das lindes do lugar ou da propiedade que defende.
  • 32. Vacaplús. Aínda que semella a vaca soñada por calquera productor de leite, as vacas desta especie non son nada apreciadas porque aínda que producen como catro vacas tamén consumen como si o foran, e cando por calquera circunstancia, cousa que é habitual, teñen un problema a produción merma como a de catro vacas, ademáis só teñen unha cría cada vez e son moi malas criadoras.
  • 33. Porcabús. Magnífico exemplar desta escasa raza porcina moi apreciada pola súa capacidade de cría. A femia da imaxe pode alimentar case medio cento de bacoriños.
  • 34. Cababac. O nome é unha palabra que se le igual do dereito e do revés porque este becho non se sabe por onde empeza nin por onde acaba. Non ten interese algún porque non é nada productivo nin se pode utilizar para cousa ningunha, porque non camiña nin adianta nada. Come por dous e traballa por ningún.
  • 35. Saprato. Pequeno roedor de vida nocturna e xenio endemoniado, ruidoso e pelexón. Nos sitios onde vive, xunqueiras e terreos baldíos, faise notar pola potencia dos seus chíos que utiliza tanto para rexeitar aos seus predadores como para amenazar aos seus iguais.
  • 36. Troituriña. Naceu do infortunado encontronazo entre unha anduriña que se achegaba ao río a beber e unha troita que nese mesmo intre saltaba para pillar unha mosca.
  • 37. Peixe galo. Especie de auga doce pouco coñecida non pola súa rareza, porque é máis que común, pero pouco visto e raras veces capturado por ser de actividade crepuscular e alimentarse de grans e sementes. A súa presenza faise notar porque cando canta, sobretodo á mañanciña, aínda que non se escoita, a auga burbullea no sitio no que se atopa.
  • 38. Peixe porco. Con este nome coñécense diferentes especies de peixes de mar e de río que se caracterizan polo seu aspecto, porque poden emitir sons que semellan aos do porco, e polo sabor da súa carne, que adobada, pode pasar pola do animal que lle da nome a non ser pola sua consistencia un algo máis mol.
  • 39. Peixe rato. E o resultado dun traballo de laboratorio. Críase como animal da compañía. Vive ben fóra da auga pero precisa remollarse a miúdo. O mellor é telo nun cacharro no que poida despregar toda a beleza das súas aletas e manterse coa cabeza fóra da auga.
  • 40. Peixe martelo. Aliméntase, sobre todo, de caracois e bivalvos pero ten a boca tan pequena que non pode comer máis que cousas ben trituradas, para eso ten na cabeza esas protuberancias de aspecto, tamaño e consistencia dun martelo aceirado, coas que golpea e esmigalla calquera becho que se poña ao seu alcance.
  • 41. Peixe sapo. Vive en ríos de corrente lenta e augas escuras. Ten un sistema branquial interno, aínda que colle a maior parte do oxíxeno a través da pel, complementa as necesidades respiratorias saíndo á superficie a coller aire.
  • 42. Cans do mar. Tamén coñecidos co nome de serecans, porque teñen rabo de peixe e cabeza, peito, e ás veces extremidades, de can. Son carnívoros, cazadores e carroñeiros. Viven en todos os mares da mitoloxía e nos actuais aínda que son tan escasos que se coñecen máis de oídas que na realidade.
  • 43. Cabalo do mar. Animal de pequeno tamaño, pouco común e menos coñecido por ser de actividade nocturna. Vive en zonas fangosas de escasa profundidade. Non se pesca nin con anzol nin con nasa, porque é estrictamente vexetariano, e non cai nas redes porque case nunca se aparta da entrada do furado no que pasa a maior parte da súa vida, de aí a súa cor branca, un pouco máis gris pola parte de diante que é a única que adoita sacar do burato.
  • 44. E como esto é cousa de nunca acabar ao chegarmos a trinta decidimos parar.
  • 45. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que tamén gocedes destes enrediños. Abur! As imaxes a partir das que se fixeron as montaxes foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta