Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
COMENTARIOSOBREO NOME DA ROSAMaite Guerra Prieto – 2º C Bach.(07/01/2013)
ÍNDICE1. Comentario sobre O Nome da Rosa……………………………..12. Bibliografía e Fontes……………………………………………12
1. COMENTARIO SOBRE O NOME DA ROSAO Nome da rosa (1986) é unha película baseada na novela homónima, histórica e de misteri...
O tema que na obra se tenta presentar é a orixe da mentalidade moderna representada poloavance das transformacións que ser...
Posteriormente prodúcese a chegada dos enviados do Papa, e a reunión prevista. Finalmente,o método científico de Guillerme...
textos sagrados, a filosofía foi considerada como Ancilla Theologiae (doncela da teoloxía) ouciencia auxiliar das exégesis...
os seus discípulos guiaran ao mundo cara Cristo a través da pobreza evanxélica, a completanegación de si mesmos e a humild...
Bertrando del Poggetto (1280-1352), foi un diplomático e cardenal francés, que na obraaparece como delegado papal. Aínda q...
Xoán XXII, xa que reprochaban a este o abandono da sinxeleza e pobreza da Igrexa dosApóstolos, mentres que os dominicos de...
dicindo: “Todo se explica empregando o menor número de causas”. Segundo o mencionadoprincipio, ha de eliminarse de toda in...
que ten como figura culminante a Agostiño de Hipona, considérase que non hai por quédistinguir entre o coñecemento provint...
síntese algunha entre relixión (revelación) e filosofía, senón que estimou que ambas,forzosamente, debían recorrer camiños...
conceptos universais, con dúas grandes orientacións: o realismo e o nominalismo. O primeiro foia concepción máis común no ...
O personaxe de Burgos representa a ortodoxia autoritaria, aferrada ao pasado, paradigma do “Euson o camiño, a verdade e a ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach

2,324 views

Published on

  • Be the first to comment

Comentario de o_nome_da_rosa_maite_guerra_prieto_2o_c-_bach

  1. 1. COMENTARIOSOBREO NOME DA ROSAMaite Guerra Prieto – 2º C Bach.(07/01/2013)
  2. 2. ÍNDICE1. Comentario sobre O Nome da Rosa……………………………..12. Bibliografía e Fontes……………………………………………12
  3. 3. 1. COMENTARIO SOBRE O NOME DA ROSAO Nome da rosa (1986) é unha película baseada na novela homónima, histórica e de misterio,do autor italiano Umberto Eco, publicada en 1980. Baixo unha trama detectivesca, a película xiraen torno á resolución dunha serie de mortes acontecidasdentro dunha illada abadía benedictina, á finais do ano1327, e á que chegan, como en sordina, os lonxanosecos dos sucesos políticos, relixiosos e culturais domundo exterior. As mortes parecen derivarse do accesoá lectura de certos libros prohibidos, consideradosespiritualmente perigosos, tal é o caso do segundo libroda Poética de Aristóteles, dedicado ao humor comoinstrumento da verdade, pero cuxa única copia atópase agochada na biblioteca da abadía xa queos relixiosos consideran que este libro pode incitar aos homes a perder o medo ao inferno e nonnecesitar a Deus. Aristóteles e a risa son a clave dos asasinatos. Resulta significativo o combatedialéctico entre o venerable fraile Jorge de Burgos eGuillerme de Baskerville sobre a importancia dohumor, do cal extráese que mentres os franciscanoscontemplan a risa con indulxencia, como un atributohumano, os benedictinos consideran que é pecado, unvento diabólico que deforma as faccións e fai que oshomes parezan monos. A intolerancia provocará quepor este libro, no que o filósofo falaría da comedia eda risa, mesmo se poda chegar a matar.Co teocentrismo medieval de fondo e a crise dun período que remata, O Nome da rosapermite a comprensión do turbulento ambiente relixioso do século XIV, a corrupción e os abusosexistentes (vicios da carne e vicios do espírito), así como, a loita entre o Papado e o Imperio, arivalidade dominicos-franciscanos no seo da Igrexa e as tensións entre a propia Orde franciscana.Amósase a polémica sobre a posesión de bens e a pobreza dos Apóstolos que se plantexara noséculo XIV entre os franciscanos espirituais e o Pontífice.1
  4. 4. O tema que na obra se tenta presentar é a orixe da mentalidade moderna representada poloavance das transformacións que servirán de base a esa nova época, mentres as estruturas políticase relixiosas medievais comezan a descompoñerse. O século XIV representaun momento de profundos cambios na filosofía, caracterizada por unha actitude máis moderna epolos comezos da nova ciencia, e onde a crise da filosofía escolástica faise patente. A figuraintelectual do nominalista Guillerme de Ockham, representante emblemático do pensamento doséculo XIV, onde a súa filosofía racional e científica foi decisiva para o xiro do pensamentoescolástico, é considerada a parte que axudou a Eco a construír ao protagonista, Guillerme deBaskerville, e determiñaron o marco histórico e a trama da novela.A historia está narrada en primeira persoa polo xa ancián Adso de Melk, que desexa deixarconstancia dos sucesos que presenciou durante unha estadía temporal nunha abadía benedictinaubicada nos Apeninos setentrionais a finais do ano 1327, baixo o papado de Xoán XXII,acompañando como pupilo ao franciscano Guillerme de Baskerville. O franciscano e o seunovicio chegan a esta abadía, célebre pola súaimpresionante biblioteca para unha reunión que seproducirá entre os delegados do Papa (entón radicada enAvignon, Francia) e os líderes da Orde franciscana, na quese debaterá sobre a suposta herexía da doutrina da PobrezaApostólica, promovida por unha rama da Orde franciscana: os espirituais, entre os que se atopanUbertino de Casale. A celebración desta reunión vese ameazada por unha serie de mortesmisteriosas que os supersticiosos monxes consideran que seguen a pauta dunha pasaxe doApocalipse, e o Abade Abbone confía a frai Guillerme, sagaz e observador, a investigación doocorrido. Seguindo coas súas pesquisas os protagonistas descobren que as mortes xiran en tornoá existencia dun libro envelenado, e que se cría perdido: osegundo libro da Poética de Aristóteles. A chegada do enviadopapal e inquisidor Bernardo Gui, descrito como alguén moiversado nas ardides do maligno, esperta os amargos recordosde Guillerme que tamén fora inquisidor nos primeiros temposonde se procuraba orientar e non castigar. Pese a prohibiciónao seu acceso, Guillerme e Adso, logran descubrir a bibliotecada abadía, unha das maiores de toda a cristiandade, na que se poden atopar reminiscenciasborgianas como a súa estrutura labiríntica ou a presenza de espellos.2
  5. 5. Posteriormente prodúcese a chegada dos enviados do Papa, e a reunión prevista. Finalmente,o método científico de Guillerme vese enfrontado polo fanatismo relixioso, representado poloancián e cego bibliotecario, Jorge de Burgos, que mantén oculto o libro, e que despois dadiscusión entre ambos comeza a devorar as súas páxinas envelenadas. Na loita pola súarecuperación, cae unha lámpada accidentalmente, iniciándose un lume que arrasa coa bibliotecaenteira.O ambiente no que se desenvolve a trama de O Nome da rosa, céntrase na forma de vida dosmonxes nunha abadía benedictina, comunidade organizada con regras para a vida en común quetiñan como ideal a figura de Cristo. Coñecíase como Orde á agrupación de regulares ou monxesque habitaban os mosteiros ou abadías. O fundador da Orde dosbenedictinos foi San Benito de Nursia (480-547), que puxo as bases domonacato occidental, servindo de modelo aos demais fundadores.Propuxo regras para a vida en común, con obediencia a un superiorelixido entre os monxes. A súa síntese de acción é a máxima: Ora etlabora (reza e traballa), dando o ideal da vida monacal: o culto relixioso,a vida ascética e o traballo manual, sobre todo agrícola, pero taméndedicado ao estudo con esmerada dedicación intelectual. A principal actividade dos mosteiros foia literaria, filosófica e científica. Non había mosteiro sen biblioteca, seguindo a recomendaciónde San Benito: “Que o libro non se aparte nunca das túas mans”. Conservaron o legadobibliográfico antigo, tanto das obras grecolatinas como dos textos bíblicos e dos autores cristiánsdos primeiros séculos. Nestas bibliotecas había grupos de copistas para reproducir as obras máisimportantes, chegando a ser extraordinarios centros de difusión cultural. As escolas monacais ecatedralicias foron a orixe das universidades. As primeiras universidades europeas documentadasforon as de Bolonia (1158), París (1180) e Oxford (1214). En toda a ensinanza universitariamedieval, a metodoloxía era exclusivamente teórica, alonxada da experimentación e dainvestigación empírica, coa atención posta en reproducir os saberes clásicos, fundamentalmentecentrados na retórica e na lóxica, en cuxo contexto ensinábase a filosofía. Este tipo de ensinanzaera coñecida como escolástica, porque era a que se practicaba de modo xeral nas escolas euniversidades, do século IX ao XV. As principais características dos métodos escolásticos eran:- A filosofía é mediación para a teoloxía. Sendo o obxectivo fundamental a interpretación dos3
  6. 6. textos sagrados, a filosofía foi considerada como Ancilla Theologiae (doncela da teoloxía) ouciencia auxiliar das exégesis e comentarios aos grandes textos cristiáns.- A metodoloxía esixía moita exactitude e precisión na linguaxe e nos conceptos que seempregaban. Porén foise xeneralizando un excesivo verbalismo, que pedía máis atención áspalabras que ao fondo dos asuntos que se ensinaban ou discutían.- As obras de Aristóteles formaban o núcleo dos contidos filosóficos ensinados. Nos primeirosséculos (VI-XII), estudábanse os libros de lóxica que se coñecían no momento (Categorías,Tópicos, Analíticos); e dende o século XIII, os grandes textos teóricos, sobre todo a Metafísica.Aristóteles comeza a ser máis coñecido no século XIII grazas ao traballo de tradución daEscola de Toledo, que verteu ao latín, directamente do grego, as obras aristotélicas. Oaristotelismo tivo unha recepción desigual no pensamento da Idade Media. Averroes foi oprincipal intérprete de Aristóteles na filosofía árabe e o seu pensamento influíu na filosofíaxudea e cristiá. Na segunda metade do século XIII formouse no mundolatino unha orientación filosófica chamada averroísmo latino. Algúnsdestes autores presentaron un pensamento que propoñía algunhas tesesproblemáticas en relación cos dogmas cristiáns, como as relativas áinmortalidade da alma e á eternidade do mundo. Estes autores, quepretendían conxugar as teorías aristotélicas e a fe cristiá, afirmaron aexistencia dunha dobre verdade (de razón e de fe) e, en moitos casosmanifestaban a tese da inferioridade da fe respecto da razón, no coñecemento do mundo. O Papaprohibirá no Concilio de París a lectura dalgunhas obras de Aristóteles (Física e Metafísica) edeclararaas contrarias aos dogmas de fe. Aínda así, o pensamento aristotélico seguiu a estarpresente entre os pensadores cristiáns, polo valor da súa lóxica. Tomé de Aquino proporase nasúa obra tentar conciliar a fe cristián e o pensamento Aristotélico.Durante o século XII, debido ao renacemento das cidades e odesenvolvemento das herexías que representaban novos retos para a Igrexa,xorden novas Ordes que permiten a reconquista espiritual dos cidadáns e aderrota da herexía, entre as que están os franciscanos e os dominicos. Ofundador da Orde dos franciscanos, á que pertence o protagonista Guillermede Baskerville, foi San Francisco de Asís no ano 1209. O seu ideal era que4
  7. 7. os seus discípulos guiaran ao mundo cara Cristo a través da pobreza evanxélica, a completanegación de si mesmos e a humildade. Ademais, San Francisco abxurou da cobiza e a violencia,do poder prepotente e dominador. Esta Orde creceu aceleradamente porque buscaba imitar aforma da primitiva Igrexa e levar en todo a vida dos Apóstolos. Pero,cambiando o papel da sociedade e da Igrexa, a Orde viuse obrigada aadaptarse. Coa Orde afastada dos ideais de San Francisco, xorden en1245 novas correntes franciscanas: os conventuais e os rigoristas,tamén chamados espirituais (radicais que defendían un ideal depobreza absoluta). Na película aparece Ubertino de Casale (1259-1330) relixioso franciscano, líder dos espirituais da Toscana, presentado como amigo deGuillerme e que se ve obrigado a refuxiarse na abadía. Pero continuaron as divisións dentro destaOrde. Parte dos seus membros quixo seguir outro camiño. Entre estes atoparíase GerardoSegarelli, que incitaba aos seus seguidores a levar unha vida de penitencia, imitando aosApóstolos e levando un modo de vida nómada a base de limosnas. Ademais, este non recoñecía aautoridade da Igrexa, e dedicouse a quebrantar propiedades privadas e atacar á xente que posuíabens materiais. Esta actitude levouno a ser condenado a morrer na fogueira. O seu sucesor foiDavide Tornielli: frai Dulcino. Os fundamentos máis importantes da súa doutrina foron:- Regresar aos ideais orixinais da Igrexa: pobreza e humildade.- Oposición ao sistema feudal.- A liberdade plena dos homes.- Igualdade económica (propiedade comunitaria) e sexual.- Crítica á ostentación da Igrexa.En 1303 emigrou preto do lago de Garda, onde coñeceu a Margherita di Trento, quen oacompañaría ata o día da súa morte. O Papa Clemente V encabezou unha cruzada para rematarcoa que era cualificada como unha seita herexe. Dulcino foi sometido a xuízo pola SantaInquisición, e rematou torturado e queimado vivo en Vercelli. Algúns personaxes da películatentan ocultar o seu pasado dulcinista e permanecen agochados na abadía, trátase de Remigio DaVaragine e Salvatore de Monferrate.5
  8. 8. Bertrando del Poggetto (1280-1352), foi un diplomático e cardenal francés, que na obraaparece como delegado papal. Aínda que a figura do Papa non aparece explicitamente énomeado en moitas ocasións. Jacques Duése - Papa Xoán XXII - naceuen Cahors, Francia, no ano 1245. En 1316 foi elixido Papa. Traballoupola centralización da administración pontificia, o que lle gañou ahostilidade do emperador, quen lle opuxo un antipapa. Era un férreoopositor dos ideais reformistas da Orde dos franciscanos, á que estivo apiques de condenar por herética. En 1318 publicou unha bula na que secondenaba a postura, si ben non á Orde franciscana, si á súa escisióndos espirituais, cualificándoa como herética, e citou a Michele de Cesena, personaxe que taménaparece na película, a comparecer na sede de Avignon. Michele de Cesena (1270-1342), foiMinistro Xeneral da Orde franciscana, teólogo e líder dos franciscanos espirituais que estabanenfrontados co Papa Xoán XXII na disputa sobre a Pobreza Evanxélica.En O Nome da rosa está tamén presente a Santa Inquisición, tribunal eclesiástico medievalque velaba por manter a ortodoxia e castigar aos herexes. Foi moi defendida na Idade Media, apesar da dureza nos seus procedementos. A Inquisición xoga un papel importante na película eaparece na figura de Bernardo Gui (1262-1331), un relixioso dominico, Inquisidor de Toulouseentre 1307 e 1323. O seu ascenso ao episcopado foi outorgado por Xoán XXII en recompensapolos seus servizos. A Orde dos dominicos coñecida tamén como a Orde dos predicadores, foifundada por Domingo de Guzmán en Toulouse durante a Cruzada albigense, e confirmada poloPapa Honorio III en 1216. Esta Orde destacou no campo dateoloxía e doutrina ao abrigo de figuras como Alberto Magno ouTomé de Aquino. Moitos dos seus membros integraron aInquisición medieval. Na película, Bernardo Gui é presentadocomo inquisidor e líder da delegación papal, simboliza o poder daIgrexa, a intolerancia e a represión, némesis de Guillerme de Baskerville.A rivalidade dominicos-franciscanos tamén aparece. Trátase dun episodio máis da loita entreo poder do Pontificado e o poder do Imperio, conflito que provocou, por un lado, unha disputainterna dentro da Igrexa e das Ordes relixiosas, porque a corrente dos franciscanos chamadosespirituais, partidarios da pobreza absoluta, apoiaron a Luís de Baviera en contra de6
  9. 9. Xoán XXII, xa que reprochaban a este o abandono da sinxeleza e pobreza da Igrexa dosApóstolos, mentres que os dominicos defendían ao Papa.A búsqueda de Guillerme de Baskerville das probas que conduzan ao asasino parece ser unharecreación literaria de Guillerme de Ockham (1290-1348), representante do nominalismo econsiderado por algúns o pai da epistemoloxía e da filosofía moderna. Afigura deste pensador é considerada a inspiración que axudou a Eco aconstruír este personaxe. Guillerme de Ockham nacido na cidade deOckham, ao sur de Londres, uniuse á Orde franciscana e estudou enOxford, en cuxo ambiente frutificara o movemento moderno que, sendeixar a problemática cristiá, tomou unha dirección máis experimental caraás ciencias e ás matemáticas. Os filósofos de Oxford propuxeran unhamentalidade que acentúa a importancia das impresións sensibles e do coñecemento directo dascousas. Guillerme de Ockham enfatiza esa mentalidade máis empirista. Ao longo da súa vida,viuse implicado en numerosas contendas relixiosas e políticas, o que, entre outras, levarao aAvignon, acusado de herexía ante a corte pontificia. O Papa consigue o seu encerro, pero el lograescapar en hábil fuga; a partir dese intre as súas obras teñen un marcado carácter político,atacando duramente ao poder do Papa e defendendo ao Emperador Luís de Baviera, a cuxa cortede Munich acode xunto con Marsilio de Padua. Ao mesmo tempo vese envolto na polémica queentón dividía á súa Orde, á que enfrontaba aos espirituais e a de aqueles que se acomodaban aunha vida menos esixente. As coincidencias biográficas entre ambos fanse patentes: os dous eranfranciscanos, ingleses e tiveran que se enfrontar a graves acusacións de herexía. Guillerme deOckham sitúase nunha clara posición empirista: o único coñecemento é o que procede daexperiencia e refírese a individuos concretos, os únicos que existen; nada dun proceso deabstracción que nos conduza a descubrir a esencia universal que está presente en todos osindividuos. O noso coñecemento debe circunscribirse ao dado polos sentidos e a ciencia naturalserá algo distinto ao que era a ciencia aristotélica; a preocupación céntrase máis na busca decausas eficientes, deixando nun segundo plano as causas finais. Este modo de proceder naciencia lémbranos ao modo que segue Guillerme de Baskerville para investigar os crimes daabadía. Tamén, a aplicación de Guillerme de Ockham do principio de simplicidade e economía atodos os campos (A navalla de Ockham), aparece en Guillerme de Baskerville, de modo que,cando arroxa a súa hipótese sobre a morte de Adelmo, a primeira vítima, termina o seu discurso7
  10. 10. dicindo: “Todo se explica empregando o menor número de causas”. Segundo o mencionadoprincipio, ha de eliminarse de toda investigación todo aquilo que sexa superfluo ou que dupliqueas explicacións sen necesidade ningunha.A película amosa a ideoloxía da Igrexa católica na Idade Media e o choque que representa a femáis dogmática co impulso máis racional. Mentres que a maioría dos relixiosos son exemplo deignorancia, dogmatismo, soberbia, ata chegar a ser capaces de matar a outro ser humano tantopara demostrar o poder da Igrexa, como para manter a ignorancia da humanidade. Estesadhírense a verdades ou conviccións aceptadas en virtude das súas crenzas relixiosas, aínda queo que suceda non estea comprobado nin demostrado por métodos racionais. Frai Guillerme deBaskerville (en referencia a Ockham) representa a parte máis racional da doutrina católica, unhome interesado tanto nos demais como no coñecemento. Ockham foi un franciscano cunhassólidas conviccións cristiás, pero firmemente convencido de separar o ámbito das crenzas doámbito da razón. Considera que a crenza “en Deus pai omnipotente” é firme convicción que seacata en virtude dos sentimentos radicados no fondo da alma humana. As súas ideas filosóficas epolíticas, baséanse na afirmación de que a relación de Deus cos seres é directa porque cada undeles é creado singularmente por Deus, e porque cada ser humano pode dirixirse a el sennecesidade de intermediarios. A súa orientación empirista e as súas crenzas levaron a Ockham ádistinción explícita entre o campo da teoloxía, que ensina as verdades da fe, e o do coñecementoracional, centrado na natureza, ámbito específico da investigación científica. No personaxe deGuillerme de Baskerville empeza a asomarse unha nova forma de pensamento, que logrará o seupunto máis alto na Modernidade: un pensamento que non se constrúe sobre a autoridade ninsobre a revelación senón sobre os argumentos racionais, elaborados a partir das probas obtidasempiricamente. Nel aparece prefigurada toda a ciencia moderna.Pero o problema entre filosofía e relixión está presente en todo o discorrer filosófico da IdadeMedia. Os primeiros pensadores cristiáns utilizan a filosofía como instrumento argumentativo aoservizo da fe, para demostrar as súas crenzas fronte aos filósofos pagáns. Porén, sucesivosdescubrimentos científicos, debates morais e políticos que se contrapoñían á revelación divina,provocaron polémicas sobre cal sería o mellor método para acadar a verdade: Filosofía ouRevelación. O conflito razón-fe estará presente en toda a Baixa Idade Media. No período inicial,8
  11. 11. que ten como figura culminante a Agostiño de Hipona, considérase que non hai por quédistinguir entre o coñecemento provinte da razón e os que proveñen dafe, porque só hai unha verdade: a razón debe servir á fe e a fe iluminará árazón. Esta postura coincide cun período da filosofía cristiá deorientación platónica que durará ata o século XI. A doutrina filosófica dePlatón tiña un esquema relativamente fácil de asumir polo mundocristián (a división en dous mundos, a figura do demiurgo, a inmortalidade da alma). O quefaltaba na teoría platónica do mundo (creación, tempo lineal) achegábao a iluminación darevelación.A convulsión producida no pensamento cristián tras o descubrimento do pensamentoaristotélico e as teses defendidas polos averroístas latinos, sitúa de novo no centro da polémica asrelacións entre fe e razón. Para os averroístas existe unha verdade segundo a razón (a verdadepura, científica reservada aos espíritos selectos) e outra segundo a fe (para a multitude inculta),que non son necesariamente contrapostas, senón que atinxen a ámbitos distintos: no ámbitofilosófico entendida claramente e no ámbito relixioso é expresadaalegoricamente. Esta postura proporciona autonomía con respecto árevelación. Tomé de Aquino enfrontarase á teoría da dobre verdade aodefender que a verdade non pode ser máis que unha. O que sucede é que odiscurso racional pode chegar ao establecemento de certas verdades e haioutras verdades que son establecidas pola fe cristiá. Estes dous ordes, enprincipio, non terían por qué entrar en conflito de non ser porque certasverdades asequibles á razón son tamén impostas pola autoridade da fe, dada a posibilidade deerro que ameaza á razón humana. Deste modo, a fe serve á razón de norma ou criterio deverificación extrínseco: no caso de que a razón chegara a conclusións incompatibles coa fe, talesconclusións serán necesariamente falsas e o filósofo haberá de revisar os seus razoamentos.Xa no século XIV, no que se desenvolve a película, Guillerme de Ockham proporá aseparación definitiva dos ámbitos da razón e da fe. A súa filosofía insértase dentro da crise edecadencia da escolástica, fenómeno que se iniciara co seu mestre Duns Escoto. A separaciónentre o poder espiritual e temporal suporía tamén a diferenciación entre dous ámbitos docoñecemento radicalmente heteroxéneos, razón e fe, que os filósofos da Idade Media, eespecialmente Tomé de Aquino, tentaran harmonizar. Ockham non só renunciou a realizar9
  12. 12. síntese algunha entre relixión (revelación) e filosofía, senón que estimou que ambas,forzosamente, debían recorrer camiños distintos, sen conexións en ningún punto, nin sequeranaquela zona de confluencia afirmada por Tomé de Aquino: os preámbulos da fe. SegundoOckham, a teoloxía ha de se independizar de toda andamiaxe filosófica e racional, o que á largaaplanou o camiño para unha verdadeira autonomía da razón, que liberou á propia filosofía da súacondición de doncela (ancilla) da teoloxía. Aínda máis, só dende esta diverxencia de ámbitospuido a ciencia despegar definitivamente.Os obstáculos ao libre pensamento e o libre acceso á cultura son tamén importantes napelícula. Nunha actitude de intolerancia respecto da lectura,o coñecemento e a verdade atópase ao venerable Jorge deBurgos (nome que supón unha homenaxe a Jorge LuísBorges), monxe cego e ancián que representa o mundoantigo que non quere abrir os ollos ás novas realidades.Jorge mata para agochar o libro e tentar que ninguén o lea,considerando que a risa é algo inferior, pero tratada polo gran Aristóteles, adquiriría “categoría”.Cando este personaxe di que a súa misión non é investigar, senón preservar o saber, enténdeseque se trata de preservar unha verdade que nos ten sido dada e acerca da cal non hai xa nada queinvestigar: sabémolo todo. Prohíbese ler, precisamente porque a lectura leva a dubidar dainfalibilidade e a dúbida é inimiga da fe. Porén, Guillerme deBaskerville, representa o espírito científico, humanista e tolerante.Mantén unha actitude aberta ante o saber e a capacidade racional dohome. Adso, ao final da película, espera que Deus teña perdoado aoseu mestre das “vanidades do orgullo intelectual”. Este era oproblema de moitos homes de ciencia da Idade Media, que debíanloitar contra os recelos que provocaba o libre pensamento. Asímesmo, O Nome da rosa é tamén unha historia da linguaxe e dossignos. Guillerme amósase coma un prolífico lingüista e un lector de signos. Hoxe non pareceextrana a reivindicación da natureza lingüística do entendemento e o carácter do signo dosconceptos universais, pero frai Guillerme (representando a Ockham) estaba facendo fronte aunha temática tradicional (con orixes en Platón e Aristóteles), coñecida como o “problema dosuniversais”, que se replantexara, durante a Idade Media, a cuestión do valor e do contido dos10
  13. 13. conceptos universais, con dúas grandes orientacións: o realismo e o nominalismo. O primeiro foia concepción máis común no contexto da filosofía escolástica. Os realistas sustentábanse na ideade que Deus crea “naturezas” xenéricas das que os seres individuais son participacións. Ouniversal era o concepto-imaxe que expresaba esa “natureza xenérica”. O nominalismo,representado na figura de Guillerme de Baskerville, defende que o universal é un concepto-signoque existe na mente, isto é, só un nome, que non responde a unha natureza ou realidadecompartida realmente polos seres concretos. Os seres do mesmo xénero teñen a entidade queteñen por si mesmos, non pola participación nunha “natureza” común realmente inexistente. A“navalla de Ockham” elimina esa “natureza común” que os realistas admiten, alegando que Deuscreou directamente a cada ser, sen necesidade de “naturezas” intermedias.Un dos puntos máis impresionantes da abadía é o da súa enorme biblioteca, diseñada comolabirinto e símbolo do mundo. Ese non acceso aos libros e á lectura supón o non acceso á culturae ao coñecemento. A súa arquitectura complexa e excitante amosa o labirinto do saber. Primeiro,o misterio, a escuridade; despois, o pracer do descubrimento. A paixón pola verdade é o queseduce a Guillerme. Adso escoita do seu mestre que os libros non son para crer o que din, senónpara analizalos. E nesa busca inesgotable do saber, os libros son un elemento indispensable. Eserá na biblioteca, xa ao final da película, onde o protagonista confirme as súas sospeitas edescubra a verdade, ao culpable das misteriosas mortes, cuxo responsable refúxiase no seuinterior e os está esperando. Cando Jorge de Burgos é descuberto culmina a súa intervención epara protexer a “súa verdade” cómese trozos do libro envelenado. Jorge amósase unha vez máiscomo o contraditor da risa, o discernidor do branco e o negro, como o defensor da verdade senfisuras. Non quere que chegue ás mans de ninguén o libro de Aristóteles porque a súa lectura,acreditada ademais coa autoridade do Filósofo, pode facer perder a mesma noción de verdade.Jorge é un fanático ata o punto de que por defender asúa verdade mata e morre. Os crimes derívanse dunhainsá paixón pola verdade, procura que tamén quedapatente na actuación dos inquisidores e cuxorepresentante, Bernardo Gui, morre tras a rebelión doscampesiños.11
  14. 14. O personaxe de Burgos representa a ortodoxia autoritaria, aferrada ao pasado, paradigma do “Euson o camiño, a verdade e a vida” cristián, enfrontado a Baskerville que cuestiona a ortodoxia eque proclama “Eu busco a verdade”, considerando que nada é definitivo e que todo debe serreinterpretado e contemplado cun san escepticismo.Na fuxida frenética de Jorge co libro, cae unha lámpada que provoca o incendio da biblioteca,onde se queima o libro e de Burgos. A biblioteca ardepolas lapas do fanatismo, a ignorancia e oautoritarismo baleiro, pero o seu incendio é tamén osímbolo da purificación a través do lume, pois Jorgerepresentaba a figura da destrución. Esas mesmaslapas iluminan e sacan á luz todo o que permanecía naescuridade. Guillerme, porén, antepón salvar os librosá súa propia vida. Consegue saír vivo da bibliotecalevando algúns libros nos seus brazos. Con elesrescata a liberdade e a expresión de ideas pasadas e futuras. Guillerme de Baskerville saca á luz averdade e o coñecemento escondido, así como, a necesidade de facer perdurar a cultura, o arte ea esperanza nun mundo dirixido por seres tolerantes e instruídos, e non por fanáticos eambiciosos.2. BIBLIOGRAFÍA E FONTES- García González, M.; García Moriyón, F.; Pedrero Sancho, I. (2006). Luces y sombras. Elsueño de la razón en Occidente. Madrid: Ediciones de la Torre.- Martínez Manero, J. M.; Miret Magdalena, E.; Villar Rodríguez, C. (2004). Gran EnciclopediaUniversal. Madrid: Editorial Espasa Calpe.- http://es.scribd.com/doc/57206630/La-filosofia-medieval-a-traves-de-El-nombre-de-la-rosa-http://www.educahistoria.com/cms/index.php?option=com_content&view=article&id=153:en-el-nombre-de-la-rosa-1986-de-jean-jacques-annaud&catid=43:cine-historico&Itemid=152- http://www.slideshare.net/iremyr/el-nombre-de-la-rosa-ii12

×