SlideShare a Scribd company logo
1 of 31
Cine de non ficcion: O DOCUMENTAL
De Rober Flaherty a Agnes Varda
Documental de creación: Tratamento creativo sobre a realidade
Sen dúbida un dos momentos decisivos: ESCOLLER O TEMA PARA UN
DOCUMENTAL.
É o momento de darlle voltas á cabeza como fan todos os artistas diante do lenzo en
branco ou os escritores diante da pantalla do ordenador…
Como consello xeral , intenta apostar por un tema que controles ben ou que te
involucre emocionalmente . Os primeiros documentais normalmente abordan
temas moi cercanos e cotiáns ao “creador”: a familia, un avó, os colegas, o entorno
dos 17 anos, o cole, o barrio, a casa na que vives, a situación social que nos rodea,
actividades que te molen, ou calquera aspecto sobre o que teñamos certa
información, reclame o voso interés ou pensedes que pode ser apaixoante “revelar”
aos demais .
En calquera caso, DEBES DE “NAMORARTE” OBLIGATORIAMENTE DO TEMA DO
TEU DOCUMENTAL ata considerar a súa realización como unha necesidade
ineludible . Como todos os grandes autores que “aman” e se apaixonan ata o límite
no proceso das súas procuras.
1.-Elixe un tema
2.-Atopa o “punto”
Como comentamos moitas veces en clase, os temas poden ser similares, mesmo
iguais, pero o difícil da creación audiovisual é TOPARLLE O “PUNTO” PERSOAL ao
que facemos. Poñamos un exemplo : podemos elixir un tema como “24 horas na
vida dun parado ferrolano”, pero de seguro que non se parecerá en nada si o realiza
Ana, que David ou Alba, e non digamos si o fai Xoana ou Dani.
A obriga do autor e moldear imaxes, palabras, sons e silenzos para construír un
RELATO ÚNICO E INTRASFERIBLE. Isa é a diferenza esencial cunha REPORTAXE.
Cando vemos unha reportaxe documental pola TV, da igual que o vexamos en TVE,
en Cuatro ou en Telecinco: son practicamente intercambiábeis. Non teñen “punto”.
UN DOCUMENTAL EXIXE UN PUNTO DE VISTA PROPIO, AUTORAL, REPLETO
DAS PEGADAS DIXITAIS E CREATIVAS DE QUEN FAI O DOCUMENTAL. A
creatividade na elección de estrutura, recursos e xeitos narrativos é o que da sentido
e “mirada propia” a un documental.
Nun documental podemos “sentir” o corazón e a cabeza de quen nos fala a través
das imaxes e os sons. Non estaría de mais que no “punto” agrome unha certa ironía
ou sentido do humor, porque a risa fai perdoar todos os defectos..
Relacionado coa procura do “punto”, estaría ben que coñeceras os numerosos
xeitos de organizar o tema elixido para un documental. As veces temos a idea,
sabemos o que queremos, pero non sabemos cómo facelo…
IDENTIFICAR UNHA ESTRUTURA COÑECIDA PODE SER DE GRAN AXUDA PARA
PLANIFICARTE E ORGANIZAR O MATERIAL. Existen numerosos xeitos de
organizar contidos documentais. Búscao en internet. Na diapositiva seguinte tes
algúns exemplos clásicos, aínda que non é necesario que te suxeites a esquemas
preconcibidos. O documental é o xénero mais libre da creación audiovisual
contemporánea. É tan elástico como un chicle e non está suxeito aos canons e
normas –case sempre obrigatorias- do cinema comercial ou das reportaxes de TV .
Así pois, síntete libre para achegarte ao tema escollido como consideres que
expresas mellor aquilo que pretendas contar.
3.-Identifica a estrutura
CENTRADO NUN ACONTECEMENTO. O suceso é o eixe do relato . Pode tratarse dunha
inauguración, dunha festa popular, un concerto, ou dun xantar familiar, a Semana santa en Ferrol, ou
o Pantin clasic , etc. O suceso ten varias fases sendo SEMPRE interpretado polo autor . E no seu
decurso poden aparecer entrevistas, anacos do pasado ou mesmo fragmentos do futuro. En definitiva
trátase de rexistrar acontecementos para ser interpretados polo autor.
RELATO DUN PROCESO Presentan feitos que compoñen un proceso “interesante”. Cada feito é
complemento dos outros e relátase a función de cada un na mirada propia sobre o proceso. Todos
os documentais do tipo “Un dia en la vida de…” ou “Elaboración do requeixón” , Radiografía dun
patinador, son exemplos de relato dun proceso.
UNHA VIAXE . Pode ser unha viaxe exterior ou interior con todos os seus matices metafóricos e os
seus ritmos incorporados de movemento. A viaxe transforma ao viaxeiro e tamén ao espectador da
viaxe, porque descubre aspectos insólitos de lugares u persoas.
CIDADE AMURALLADA . Utiliza a metáfora dun microcosmos para falar da sociedade a maior
escala: Retrato de grupo, familia, colegas. Un grupo pechado como paradigma ou análise da sociedade
que nos rodea.
HISTÓRICO. O cinema é un medio para resucitar o pasado. O obxectivo do documental histórico e
desvelar luz sobre un personaxe ou un asunto interesante da historia da humanidade ou da propia
historia persoal do autor…
Algúns exemplos de estruturas do documental
Gravacións subxectivas
do autor
Pelis de arquivos:
imaxes antiguas,
fragmentos de TV..
Recreacións
Imaxes simbólicas
Obxectos
Entrevistas
Fotos, gravados,
debuxos..
Performances
Animacions 2D e 3D
Gráficos,
estadísticas”
Recursos narrativos do cine:
continuidade e plano secuencia
4.-Elixe ben os recursos visuais
AS IMAXES DUN DOCUMENTAL ESIXEN A MÁXIMA PERFECCIÓN VISUAL con
todas a regras que estudamos durante o curso: Composición, iluminación, sentido
do encadre…etc. Elixe ben os encadres, como si fixeras fotografías “artísticas”.
Utiliza moito os primeiros planos para achegarnos á intimidade dos seres que
retratamos, e os planos xerais para amosar espazos da narración. E dosifica con
equilibrio e rigor, todos os recursos visuais posibles para construír un relato
dinámico e orixinal. Aquí tes algúns recursos visuais habituais nos bós
documentais
Voz en off do
autor
músicas
Sons de arquivo
poemas
silenzo
Son ambiente
Voces de
entrevistados
Cancións
pertinentes
Programas de radio
ou podcast.
5.-Elixe ben os recursos sonoros
Penso que xa insistimos dabondo sobre a importancia dos espazos sonoros na
narración cinematográfica, aínda que levo insistíndovos dia si e día non, QUE O
SON É O 60 % DUN AUDIOVISUAL. Ademais como estamos a traballar sobre un
xénero libre e creativo, tes innumerábeis recursos sonoros que podes utilizar.
Internet está repleto de recursos de todo tipo. Aí tes algunhas pistas:
Efectos sonoros
6.-Respecta o formato
Nesta ocasión non estamos facendo unha simple práctica de Cultura audiovisual,
senón construíndo un RELATO AUTÓNOMO.
As únicas regras veñen do propio obxectivo do exercicio. Son estas (e por favor é a
única imposición que tedes):
-Duración: de 3 minutos mínimo aos 9 minutos máximo (revisable)
- Todos deberán incorporar o título ao comezo e o autor ao final.
-É un documental creativo, non unha reportaxe (MOI importante).
-Non é un videoclip (xa sabedes o que significa)
-Data de entrega: 15 de xaneiro
-O traballo deberá de ir acompañado dunha breve memoria para incorporar ao
vídeo en Cinema Wabisabi. Nela reflíctese a intencionalidade, referencias, etc.
-Para calquera dúbida, enviar correo a pacharistas@gmail.com
E agora, ilústrate sobre sete
modelos documentais e
aprende dos clásicos nas diapos
seguintes....
E agora, ilústrate sobre sete modelos
documentais , mira ben os exemplos e
aprende dos clásicos nas diapos
seguintes....No ordenador de clase hai
unha carpeta cun feixe de bós
documentais para que mires en casa si
queres
1.- Documental explorador
• Propón unha mirada sobre territorios (exteriores ou interiores ) descoñecidos
• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE para rexistrar o DEVALAR
Exemplos de documentais
Só tes que pinchar nas
ligazóns para velos….
Facerse parte
das cousas que
narras
O paso do
tempo sobre as
cousas
Nanouk el esquimal
1922
“Si se trata de filmar a gente distinta a
uno, es imposible que actores o actrices
puedan reflejar con todo su histrionismo
profesional la vida al natural de los
moradores, que pueden interpretar sus
propias vidas sin interés comercial”
(Flaherty)
Moana (1926)1926 Actores non
profesionais
Tabou (trailer) Completa
1931
Hombres de Arán
Tema de Flaherty: A loita do home pola supervivencia
1934
Tra-las luces
Documental Viaxe-exploración
interior
2.- Documental avogado
• Propón unha mirada critica sobre calquera aspecto da realidade cotián denunciando
situacións inxustas e poñendo en cuestión a orde establecida
• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE e DOCUMENTARSE para rexistrar o
DEVALAR e DESVELAR a verdade
John Grierson deploraba la obsesión de Flaherty polos
pobos remotos , e coidaba que hai que ACHEGARSE A
REALIDADE COTIÁN DAS XENTES DO REDOR. O
documentalista debe mirar o que ten diante e aportar unha
mirada crítica para desvelar a verdade...
El documental de lo cotidiano, con sus calles, ciudades
y suburbios pobres, mercados, comercios y fábricas, ha
asumido para sí mismo la tarea de hacer poesía donde
ningún poeta entró antes y donde las finalidades
suficientes para los propósitos del arte no son
fácilmente observables. Eso requiere no sólo de gusto,
sino también de inspiración, lo que supone, por cierto,
un esfuerzo creativo laborioso, profundo en su visión y
en su simpatía". (Grierson)
Coal Face (Alberto Cavalcanti, 1935)
Night mail
Propósito social e forma estética. Películas arquetípicas do
Movemiento de Cine Documental británico
Tierra sin pan (Luis Buñuel, 1929)
Capitalismo, una historia
de amor. Michael Moore,
2009)
Fahrenheit 9/11
Bowling for Columbine
Copiad, copiad malditos
Trailer de Inside Job
Home (Yann Arthus-Bertrand,2010)
Super size me,
3.- Documental poeta
• Propón unha mirada moi persoal sobre calquera aspecto da realidade cotián
mesturando a realidade con formas artísticas, sons, músicas, e mesmo coa propia
presenza persoal d@ autor@
• Fundamental a capacidade de IMAXINAR , CREAR , SENTIR O PASO DO
TEMPO SOBRE AS COUSAS para rexistrar a beleza, pero tamén a verdade do
mundo que nos rodea.
Bert Haanstra (1951). Glass
Zoo - Bert Haanstra (1961)
Berlín sinfonia de
una ciudad (solo o
comezo)
A proposito de niza
Jean Vigo
Koyaanisqatsi (1)
KoyaanisqatsiSó
fragmentos
Joris Ivens - Regen (1929)
Koyaanisqatsi
4.-Documental de propaganda
• O seu obxectivo manifesto e a lexitimación e glorificación dun proceso social ou político,
ou das actividade dunha empresa embelecendo a realidade mediante as técnicas narrativas
do cinema.
• Fundamental a capacidade de ENXERGARSE nos obxectivos da empresa ou o goberno
para “comer o coco” dos espectadores
•Numerosos exemplos na Guerra civil española e na 2º Guerra mundial.
El triunfo de la voluntad (1)
Leni Riefenstahl
Ya viene el cortejo (1939)
Fragmento de Franco ese Hombre
Lousiana story
Numerosos
documentais
da 2º Guerra
mundial
El hombre de la cámara
Vertov
Vertov 2
Indaga en
Internet sobre
Vertov e o “Cine-
ojo”
Xa o vimos no
tema das
vangardas
5.-“Cine ollo”
• Acadar unha obxectividade total e integral no rexistro
das imaxes, captadas sen preparación previa, nin
guión, nin posta en escea.
• A montaxe unifica os fragmentos extraídos da
realidade,
6.- Documental cronista
• Intenta aportar un punto de vista obxectivo sobre un feito ou acontecemento
histórico. Utiliza materiais de arquivo e testemuñas dos feitos narrados.
• Fundamental a capacidade de DOCUMENTARSE sobre os feitos narrados e a
capacidade de SINTENTIZAR visualmente os feitos mais significativos para que
agrome a verdade do autor.
Morir en Madrid
Valparaiso
Joris Ivens
Frédéric Rossif
7.- Cinema en primeira persoa (documental do “EU”)
Algo que ten o cinema en primeira persoa é que che permite contar
historias que só ti e nada máis que ti podes contar. O QUE NUNCA
TERÍA EXISTIDO SEN NÓS
Visibilizar as inquietudes, reflexións e emocións persoais a través do audiovisual.
Subxectivización do discurso cinematográfico, propiciando un prodixioso auxe
contemporáneo de filmes narrados en primeira persoa ou de representación do
”eu”.
• NARRACIÓN AUTOBIOGRÁFICA, AUTORETRATO (QUÉN SOMOS)
• DIARIO FILMADO
• CADERNOS DE VIAXE
• CINEMA DE ÁMBITO FAMILIAR…
Jonás Mekas
Verengo Vikiland
Agnes Varda
Las espigadores y la espigadora No
ordenador
da clase
Oscar
2018
Rostros y lugares
OBRIGATORIO
El camino del agua
O tempo dos bullós
argazo
Os señores do vento
Curtametraxes
documentais
galegos
Rural pretérito
O carro e o home
8.- Outros. Tendencias contemporáneas
FOUND FOOTAGE
FALSO DOCUMENTAL DOCUWEB: documental
interactivo, doc colaborativo, etc
WEB SERIE DOCUMENTAL

More Related Content

Similar to "De Flaherty a Vardá"

Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais
Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños oraisBreve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais
Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños oraisGrandesTesouros
 
Ficha documental vida
Ficha documental vidaFicha documental vida
Ficha documental vidasatelite1
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIA
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIATEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIA
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIAxpereira
 
O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.Ismael Vide González
 

Similar to "De Flaherty a Vardá" (12)

O Cómic
O CómicO Cómic
O Cómic
 
Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais
Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños oraisBreve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais
Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais
 
Ficha documental vida
Ficha documental vidaFicha documental vida
Ficha documental vida
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Tâche 4
Tâche 4Tâche 4
Tâche 4
 
Tâche 4
Tâche 4Tâche 4
Tâche 4
 
Xabier p docampo
Xabier p docampoXabier p docampo
Xabier p docampo
 
Fran Godón
Fran GodónFran Godón
Fran Godón
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIA
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIATEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIA
TEMA 6 - ARGUMENTO DO GUIÓN MULTIMEDIA
 
O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.O comentario de documentos filmicos.
O comentario de documentos filmicos.
 

More from Manolo Gonzalez

Medios de comunicación: Radio, TV e Internet
Medios de comunicación: Radio, TV e InternetMedios de comunicación: Radio, TV e Internet
Medios de comunicación: Radio, TV e InternetManolo Gonzalez
 
De Griffith a Spielberg
De Griffith a Spielberg De Griffith a Spielberg
De Griffith a Spielberg Manolo Gonzalez
 
1. de Lumiere a James Benning
1. de Lumiere a James Benning1. de Lumiere a James Benning
1. de Lumiere a James BenningManolo Gonzalez
 
"De Melies a Tim Burton"
"De Melies a Tim Burton""De Melies a Tim Burton"
"De Melies a Tim Burton"Manolo Gonzalez
 

More from Manolo Gonzalez (6)

Medios de comunicación: Radio, TV e Internet
Medios de comunicación: Radio, TV e InternetMedios de comunicación: Radio, TV e Internet
Medios de comunicación: Radio, TV e Internet
 
De Griffith a Spielberg
De Griffith a Spielberg De Griffith a Spielberg
De Griffith a Spielberg
 
De Murnau a McLaren
De Murnau a McLarenDe Murnau a McLaren
De Murnau a McLaren
 
Espazo sonoro
Espazo sonoro  Espazo sonoro
Espazo sonoro
 
1. de Lumiere a James Benning
1. de Lumiere a James Benning1. de Lumiere a James Benning
1. de Lumiere a James Benning
 
"De Melies a Tim Burton"
"De Melies a Tim Burton""De Melies a Tim Burton"
"De Melies a Tim Burton"
 

"De Flaherty a Vardá"

  • 1. Cine de non ficcion: O DOCUMENTAL De Rober Flaherty a Agnes Varda Documental de creación: Tratamento creativo sobre a realidade
  • 2. Sen dúbida un dos momentos decisivos: ESCOLLER O TEMA PARA UN DOCUMENTAL. É o momento de darlle voltas á cabeza como fan todos os artistas diante do lenzo en branco ou os escritores diante da pantalla do ordenador… Como consello xeral , intenta apostar por un tema que controles ben ou que te involucre emocionalmente . Os primeiros documentais normalmente abordan temas moi cercanos e cotiáns ao “creador”: a familia, un avó, os colegas, o entorno dos 17 anos, o cole, o barrio, a casa na que vives, a situación social que nos rodea, actividades que te molen, ou calquera aspecto sobre o que teñamos certa información, reclame o voso interés ou pensedes que pode ser apaixoante “revelar” aos demais . En calquera caso, DEBES DE “NAMORARTE” OBLIGATORIAMENTE DO TEMA DO TEU DOCUMENTAL ata considerar a súa realización como unha necesidade ineludible . Como todos os grandes autores que “aman” e se apaixonan ata o límite no proceso das súas procuras. 1.-Elixe un tema
  • 3. 2.-Atopa o “punto” Como comentamos moitas veces en clase, os temas poden ser similares, mesmo iguais, pero o difícil da creación audiovisual é TOPARLLE O “PUNTO” PERSOAL ao que facemos. Poñamos un exemplo : podemos elixir un tema como “24 horas na vida dun parado ferrolano”, pero de seguro que non se parecerá en nada si o realiza Ana, que David ou Alba, e non digamos si o fai Xoana ou Dani. A obriga do autor e moldear imaxes, palabras, sons e silenzos para construír un RELATO ÚNICO E INTRASFERIBLE. Isa é a diferenza esencial cunha REPORTAXE. Cando vemos unha reportaxe documental pola TV, da igual que o vexamos en TVE, en Cuatro ou en Telecinco: son practicamente intercambiábeis. Non teñen “punto”. UN DOCUMENTAL EXIXE UN PUNTO DE VISTA PROPIO, AUTORAL, REPLETO DAS PEGADAS DIXITAIS E CREATIVAS DE QUEN FAI O DOCUMENTAL. A creatividade na elección de estrutura, recursos e xeitos narrativos é o que da sentido e “mirada propia” a un documental. Nun documental podemos “sentir” o corazón e a cabeza de quen nos fala a través das imaxes e os sons. Non estaría de mais que no “punto” agrome unha certa ironía ou sentido do humor, porque a risa fai perdoar todos os defectos..
  • 4. Relacionado coa procura do “punto”, estaría ben que coñeceras os numerosos xeitos de organizar o tema elixido para un documental. As veces temos a idea, sabemos o que queremos, pero non sabemos cómo facelo… IDENTIFICAR UNHA ESTRUTURA COÑECIDA PODE SER DE GRAN AXUDA PARA PLANIFICARTE E ORGANIZAR O MATERIAL. Existen numerosos xeitos de organizar contidos documentais. Búscao en internet. Na diapositiva seguinte tes algúns exemplos clásicos, aínda que non é necesario que te suxeites a esquemas preconcibidos. O documental é o xénero mais libre da creación audiovisual contemporánea. É tan elástico como un chicle e non está suxeito aos canons e normas –case sempre obrigatorias- do cinema comercial ou das reportaxes de TV . Así pois, síntete libre para achegarte ao tema escollido como consideres que expresas mellor aquilo que pretendas contar. 3.-Identifica a estrutura
  • 5. CENTRADO NUN ACONTECEMENTO. O suceso é o eixe do relato . Pode tratarse dunha inauguración, dunha festa popular, un concerto, ou dun xantar familiar, a Semana santa en Ferrol, ou o Pantin clasic , etc. O suceso ten varias fases sendo SEMPRE interpretado polo autor . E no seu decurso poden aparecer entrevistas, anacos do pasado ou mesmo fragmentos do futuro. En definitiva trátase de rexistrar acontecementos para ser interpretados polo autor. RELATO DUN PROCESO Presentan feitos que compoñen un proceso “interesante”. Cada feito é complemento dos outros e relátase a función de cada un na mirada propia sobre o proceso. Todos os documentais do tipo “Un dia en la vida de…” ou “Elaboración do requeixón” , Radiografía dun patinador, son exemplos de relato dun proceso. UNHA VIAXE . Pode ser unha viaxe exterior ou interior con todos os seus matices metafóricos e os seus ritmos incorporados de movemento. A viaxe transforma ao viaxeiro e tamén ao espectador da viaxe, porque descubre aspectos insólitos de lugares u persoas. CIDADE AMURALLADA . Utiliza a metáfora dun microcosmos para falar da sociedade a maior escala: Retrato de grupo, familia, colegas. Un grupo pechado como paradigma ou análise da sociedade que nos rodea. HISTÓRICO. O cinema é un medio para resucitar o pasado. O obxectivo do documental histórico e desvelar luz sobre un personaxe ou un asunto interesante da historia da humanidade ou da propia historia persoal do autor… Algúns exemplos de estruturas do documental
  • 6. Gravacións subxectivas do autor Pelis de arquivos: imaxes antiguas, fragmentos de TV.. Recreacións Imaxes simbólicas Obxectos Entrevistas Fotos, gravados, debuxos.. Performances Animacions 2D e 3D Gráficos, estadísticas” Recursos narrativos do cine: continuidade e plano secuencia 4.-Elixe ben os recursos visuais AS IMAXES DUN DOCUMENTAL ESIXEN A MÁXIMA PERFECCIÓN VISUAL con todas a regras que estudamos durante o curso: Composición, iluminación, sentido do encadre…etc. Elixe ben os encadres, como si fixeras fotografías “artísticas”. Utiliza moito os primeiros planos para achegarnos á intimidade dos seres que retratamos, e os planos xerais para amosar espazos da narración. E dosifica con equilibrio e rigor, todos os recursos visuais posibles para construír un relato dinámico e orixinal. Aquí tes algúns recursos visuais habituais nos bós documentais
  • 7. Voz en off do autor músicas Sons de arquivo poemas silenzo Son ambiente Voces de entrevistados Cancións pertinentes Programas de radio ou podcast. 5.-Elixe ben os recursos sonoros Penso que xa insistimos dabondo sobre a importancia dos espazos sonoros na narración cinematográfica, aínda que levo insistíndovos dia si e día non, QUE O SON É O 60 % DUN AUDIOVISUAL. Ademais como estamos a traballar sobre un xénero libre e creativo, tes innumerábeis recursos sonoros que podes utilizar. Internet está repleto de recursos de todo tipo. Aí tes algunhas pistas: Efectos sonoros
  • 8. 6.-Respecta o formato Nesta ocasión non estamos facendo unha simple práctica de Cultura audiovisual, senón construíndo un RELATO AUTÓNOMO. As únicas regras veñen do propio obxectivo do exercicio. Son estas (e por favor é a única imposición que tedes): -Duración: de 3 minutos mínimo aos 9 minutos máximo (revisable) - Todos deberán incorporar o título ao comezo e o autor ao final. -É un documental creativo, non unha reportaxe (MOI importante). -Non é un videoclip (xa sabedes o que significa) -Data de entrega: 15 de xaneiro -O traballo deberá de ir acompañado dunha breve memoria para incorporar ao vídeo en Cinema Wabisabi. Nela reflíctese a intencionalidade, referencias, etc. -Para calquera dúbida, enviar correo a pacharistas@gmail.com E agora, ilústrate sobre sete modelos documentais e aprende dos clásicos nas diapos seguintes....
  • 9. E agora, ilústrate sobre sete modelos documentais , mira ben os exemplos e aprende dos clásicos nas diapos seguintes....No ordenador de clase hai unha carpeta cun feixe de bós documentais para que mires en casa si queres
  • 10. 1.- Documental explorador • Propón unha mirada sobre territorios (exteriores ou interiores ) descoñecidos • Fundamental a capacidade de ENXERGARSE para rexistrar o DEVALAR Exemplos de documentais Só tes que pinchar nas ligazóns para velos…. Facerse parte das cousas que narras O paso do tempo sobre as cousas
  • 12. “Si se trata de filmar a gente distinta a uno, es imposible que actores o actrices puedan reflejar con todo su histrionismo profesional la vida al natural de los moradores, que pueden interpretar sus propias vidas sin interés comercial” (Flaherty) Moana (1926)1926 Actores non profesionais
  • 14. Hombres de Arán Tema de Flaherty: A loita do home pola supervivencia 1934
  • 16. 2.- Documental avogado • Propón unha mirada critica sobre calquera aspecto da realidade cotián denunciando situacións inxustas e poñendo en cuestión a orde establecida • Fundamental a capacidade de ENXERGARSE e DOCUMENTARSE para rexistrar o DEVALAR e DESVELAR a verdade
  • 17. John Grierson deploraba la obsesión de Flaherty polos pobos remotos , e coidaba que hai que ACHEGARSE A REALIDADE COTIÁN DAS XENTES DO REDOR. O documentalista debe mirar o que ten diante e aportar unha mirada crítica para desvelar a verdade... El documental de lo cotidiano, con sus calles, ciudades y suburbios pobres, mercados, comercios y fábricas, ha asumido para sí mismo la tarea de hacer poesía donde ningún poeta entró antes y donde las finalidades suficientes para los propósitos del arte no son fácilmente observables. Eso requiere no sólo de gusto, sino también de inspiración, lo que supone, por cierto, un esfuerzo creativo laborioso, profundo en su visión y en su simpatía". (Grierson) Coal Face (Alberto Cavalcanti, 1935) Night mail Propósito social e forma estética. Películas arquetípicas do Movemiento de Cine Documental británico
  • 18. Tierra sin pan (Luis Buñuel, 1929) Capitalismo, una historia de amor. Michael Moore, 2009) Fahrenheit 9/11 Bowling for Columbine
  • 19. Copiad, copiad malditos Trailer de Inside Job Home (Yann Arthus-Bertrand,2010) Super size me,
  • 20. 3.- Documental poeta • Propón unha mirada moi persoal sobre calquera aspecto da realidade cotián mesturando a realidade con formas artísticas, sons, músicas, e mesmo coa propia presenza persoal d@ autor@ • Fundamental a capacidade de IMAXINAR , CREAR , SENTIR O PASO DO TEMPO SOBRE AS COUSAS para rexistrar a beleza, pero tamén a verdade do mundo que nos rodea.
  • 21. Bert Haanstra (1951). Glass Zoo - Bert Haanstra (1961) Berlín sinfonia de una ciudad (solo o comezo) A proposito de niza Jean Vigo Koyaanisqatsi (1) KoyaanisqatsiSó fragmentos Joris Ivens - Regen (1929) Koyaanisqatsi
  • 22. 4.-Documental de propaganda • O seu obxectivo manifesto e a lexitimación e glorificación dun proceso social ou político, ou das actividade dunha empresa embelecendo a realidade mediante as técnicas narrativas do cinema. • Fundamental a capacidade de ENXERGARSE nos obxectivos da empresa ou o goberno para “comer o coco” dos espectadores •Numerosos exemplos na Guerra civil española e na 2º Guerra mundial.
  • 23. El triunfo de la voluntad (1) Leni Riefenstahl Ya viene el cortejo (1939)
  • 24. Fragmento de Franco ese Hombre Lousiana story Numerosos documentais da 2º Guerra mundial
  • 25. El hombre de la cámara Vertov Vertov 2 Indaga en Internet sobre Vertov e o “Cine- ojo” Xa o vimos no tema das vangardas 5.-“Cine ollo” • Acadar unha obxectividade total e integral no rexistro das imaxes, captadas sen preparación previa, nin guión, nin posta en escea. • A montaxe unifica os fragmentos extraídos da realidade,
  • 26. 6.- Documental cronista • Intenta aportar un punto de vista obxectivo sobre un feito ou acontecemento histórico. Utiliza materiais de arquivo e testemuñas dos feitos narrados. • Fundamental a capacidade de DOCUMENTARSE sobre os feitos narrados e a capacidade de SINTENTIZAR visualmente os feitos mais significativos para que agrome a verdade do autor.
  • 27. Morir en Madrid Valparaiso Joris Ivens Frédéric Rossif
  • 28. 7.- Cinema en primeira persoa (documental do “EU”) Algo que ten o cinema en primeira persoa é que che permite contar historias que só ti e nada máis que ti podes contar. O QUE NUNCA TERÍA EXISTIDO SEN NÓS Visibilizar as inquietudes, reflexións e emocións persoais a través do audiovisual. Subxectivización do discurso cinematográfico, propiciando un prodixioso auxe contemporáneo de filmes narrados en primeira persoa ou de representación do ”eu”. • NARRACIÓN AUTOBIOGRÁFICA, AUTORETRATO (QUÉN SOMOS) • DIARIO FILMADO • CADERNOS DE VIAXE • CINEMA DE ÁMBITO FAMILIAR… Jonás Mekas Verengo Vikiland
  • 29. Agnes Varda Las espigadores y la espigadora No ordenador da clase Oscar 2018 Rostros y lugares OBRIGATORIO
  • 30. El camino del agua O tempo dos bullós argazo Os señores do vento Curtametraxes documentais galegos Rural pretérito O carro e o home
  • 31. 8.- Outros. Tendencias contemporáneas FOUND FOOTAGE FALSO DOCUMENTAL DOCUWEB: documental interactivo, doc colaborativo, etc WEB SERIE DOCUMENTAL