SlideShare a Scribd company logo
1 of 26
Download to read offline
MANUAL GRAND TREASURES DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
MANUAL GRAND TREASURES PARA
ENTREVISTA E ARQUIVO
DE TESTEMUÑOS ORAIS
I. PRELIMINAR
II. ENTREVISTA
III. ARQUIVO
IV. APÉNDICE
1
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
I. PRELIMINAR
Eis unha visualización preliminar dos pasos a dar dende o intre da entrevista ata o do produto final: o Arquivo.
Gravación
da entrevista cunha gravadora dixital
Transferir e Salvar
a entrevista (arquivo de son) dende a gravadora a un disco duro
Seleccionar as partes interesantes
da entrevista: partir o arquivo de son en treitos escollidos
Transcición
das partes interesante da entrevista oral en texto escrito
Creación dun arquivo pechado
por exemplo un pdf onde ler e escoitar a entrevista
Facer un listado
das entrevistas que tés en excel ou en base de datos
Como facelo? De seguido unha breve descrición paso un paso.
Este breve manual introdutorio é cortesía da asociación parceira grega Media dell´Arte, de Atenas, que realiza
o seu labor de recollida de Historia Oral no arquipélago das Cícladas, segundo o seu proxecto Isolario.
www.mediadellarte.gr
2
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
“The issue is not which things die. It's rather how we, living in alteration
and decay, replace all those we think of as dead and vanished “
George Seferis, (Poeta grego, Premio Nobel 1963)
Unha entrevista é técnica e arte ao mesmo tempo.O entrevistador/a non só debe saber proceder
metodoloxicamente senón tamén sentir o ambiente. Este grao de intuición e empatía é un sine qua non
para realizar unha realizar boa entrevista. A Historia Oral historia non só versa sobre feitos, senón sobre
as persoas vivindo eses feitos.
A. Como localizar o informante
• Medio familiar: as cousas resultan máis sinxelas e o trato directo.
• Un descoñecido: un parente ou veciño do informante adoita ser o mellor enlace. EL/ela poden asistir á
entrevista como entrevistador, como informante ou como mero axudante. Debe saber que o seu rol é o de
axudar, e non de arruinar a entrevista intervindo a cada pouco, facendo puntualizacións irrelevantes,
saltar dun tema a outro sen xeito e por aí adiante.
B. Como preparar a entrevista
• Tema específico ou conversa xeral?: En ambos os casos paga a pena paga a pena informarse de
antemán: consultar libros, xente internet… o que for.
• Preparar as preguntas: Primeiro as máis xerais e as persoais logo.
• Como comezar?: Tanto un tema concreto como unha relaxada conversa son bos xeitos de comezar.
Aínda que non sexa sobre o tema que interesa, pode ser unha maneira de ir entaboando contacto.
3
A. Como localizar o informante
II. ENTREVISTA
E. Equipamento - cuestións técnicas
D. Ética
C. Durante a entrevista
B. Como preparar a entrevista
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
• Non cinguirse ao cuestionario preelaborado: Non o teñas contigo derriba da mesa. A conversa pode
fluir de forma completamente diferente -en ocasións con moito máis zugo- e por temas distintos aos
previstos. Ti debes saber cando deixar correr e cando reorientala aos asuntos que prevías tratar.
• Un ou dous entrevistadores/as? Tanto ten, sempre e cando sexan unha equipa e un non estrague o
traballo do outro con interrupcións ou comentarios a deshora, e por aí adiante.
• Un, dous ou máis informantes? Depende do que vaiamos facer. Un informante cun falar fluído, bo
coñecemento da materia e a cabeza organizada, é preferible que sexa entrevistado só.
Con todo, os informantes adoito se motivan os ouns aos outros e a súa interacción resulta interesante pois
anima a conversa.
• O equipamento: Probáchelo? Sabes como funciona?
• Media dell' Arte leva unha fotógrafa profesional durante a entrevista. Ten sobrada experiencia e
consegue non molestar coa súa presenza. De feito axuda a facer a xente cómoda durante a entrevista.
C. Durante a entrevista
• Non sexas un “entrevistador/a”. Compórtate de maneira amigable e sinxela. Evita a propia palabra
“entrevista”. “A historia do lugar" ou "as lembranzas" pode ser mellor xeito de a encarar. Se ides falar
dun acontecemento concreto o "dixéronme que..." pode ser un bo comezo.
• Non xogues co equipamento. Pono onde debe estar e esquécete del. Só asegúrate de vez en cando de que
está a gravar, non vaia ser que queda sen batería ou que desvaríe.
Céntrate na persoa coa que estás a falar.
• Non esquezas preguntar o nome, lugar e ano de nacemento, e a información xeral que precises do
informante.
• Non fagas preguntas de máis. Non interrompas nin fales por riba do informante. Déixalle espazo.
• Non lle teñas medo aos silencios.
• Non manipules: “Era moi mala a…?” é un enfoque incorrecto; “Como era a…?” sería unha pregunta
axeitada.
• Non che importe rir co informante. Non tés por que desaparecer de escena.
• Non fales de ti. Non deas a túa opinión a cada pouco. Con todo, comprobamos que ás veces ten un efecto
positivo na intimidade entre entrevistador/a e informante. Sexa como for, lembra que o que interesa é o
seu punto de vista, non o teu.
4
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
• Cando dous ou máis informantes falan un por riba do outro, ou se desvían na conversa... non pasa nada,
dentro do razoable. Poden acontecer momentos brillantes -tamén desastrosos-. Sabe asumir riscos e
relaxa... ao fin e ao cabo non é máis ca unha entrevista.
• Ás veces non é só a historia ou a persoa o que interesa gravar. Tamén o son da reunión familiar ou de
veciños, pequenos falares aquí e e alí, contos e intres divertidos, a atmosfera xeral conta. Non te
preocupes polos ruídos de ambiente con sentido.
• Senta preto do informante. Non o asustes. A túa postura debe dar mostra do teu interese.
• Segundo a nosa experiencia: o primeiro encontro dá para tocar a superficie dos feitos, uns trazos xerais.
O informante diríalle as mesmas cousas a calquera outro entrevistador/a. É no segundo, ou incluso no
terceiro encontro co mesmo entrevistador/a cando a persoa comeza a se soltar. Confesións, pensamentos
íntimos e persoais requiren teempo para ser expresados. Paga a pena, aínda que non sempre é posible ter
máis encontros con cada informante. Ti decides.
• Unha hora de entrevista está ben, dúas é moito, tres un esaxero. Non fatigues ao informante.
D. Ética
A Ética na entrevista é un asunto delicado. Eis algúns aspectos básicos:
• Malia non existir en moitos países lexislación que protexa a entrevistadores e informantes, crecentemente se está a
necesidade de protexer os dereitos de ambas as partes. (engadir enlace á realidade galega)
• Non se poden gravar entrevistas sen o consentimento do informante.
• As organizacións de Historia Oral aconsellan recoller por escrito o consentimento asinado do
informante. É unha folla modelo que debes levar preparada. Debe mencionar o uso que se vai facer da
entrevista (investigación, publicación, exposición, uso na rede…).
• Consulta o que as institucións sobranceiras din sobre o asunto (como a Oral History Society de Gran Bretaña)
• Despois de marchares non esquezas facerlle chegar ao informante algún feedback: unha copia da entrevista, unh
cortesía. Faino sentir partícipe.
5
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
E. Equipamento - cousas técnicas
O equipamento:
As cousas da tecnoloxía mudan axiña co tempo. O que hoxe é bo, mañá pode ser obsoleto. Polo de agora
MDA podemos dicir que:
• Preferimos gravadoras ríxidas (que graven en disco duro, non en cintas).
• Non aconsellamos mercar unha demasiado barata, pois a calidade pode ser un frustrante e o teu traballo quedará con m
a eternidade.
• Non empreguedes cassettes nin mini discs. Son pouco prácticos e están obsoletos.
• Non gravedes directamente no computador.
• Non merques un Sony, pois empregan formatos raros que requiren de software especiais. Son preferibles arquivos qu
copiar.
• Algúns colectivos aconsellan gravar con micrófonos externos. Nós non concordamos, por varios motivos. En función d
aparello que empregues, os resultados poden ser igual de bos.
Non uses este aparello. Boa escolla en relación calidade-prezo
• Se gravas en vídeo a entrevista, non te fíes do son da cámara: é cativo. É aconsellable empregar un
micrófono externo.
• Moitas organizacións recomendan gravar en wav (formato sen comprimir) a 44.100 Hz, 16 bits ou máis. Por exemplo
de Gran Bretaña. MDA non: recomendamos gravar en mp3 de alta calidade.
• Para vídeo MDA empregamos unha cámara Sony de alta definición. É un tormento polas razóns xa mencionadas. Nova
Sony e aconsellamos optar por formatos que permitan arrastrar e copiar directamente os arquivos.
6
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
III. ARQUIVO
A. Xeralidades
B. Preparación:
B1. crear un cartafol árbore
B2. crear unha base de datos simple
B3. crear un sistema de codificación
B4. categorización
C. Gardar os arquivos
D. Procesado – editar un arquivo de son
E. Transcrición
A. Xeralidades
O Arquivo é fundamental. Arquívao axeitadamente ou todo o material recollido será inútil. Compárao a un
cuarto con centos de libros amoreados ao chou: nunca atoparías o que buscas
Primeiro cómpre concibir o uso que se lle quer dar ao arquivo, xa que isto vai definir o método e a estrutura do
arquivo.
-Vai ser para unha biblioteca ou organización xa existente? Se é así debes seguir os seus criterios arquivísticos.
-Vai ser para unha rede de dixitalización europea? Novamente debes seguir os criterios predefinidos de
sistematización.
-Vai ser para a túa propia organización? Neste caso deberías crear un sistema flexible. (Lembra que as túas
necesidades poden mudar co tempo).
Faino tan simple como sexa posible (pensa non só en ti, senón en alguén que poida estar interesado: se non
comprende o teu sistema de arquivo desanimarase)
As seguintes suxestións está baseadas primordialmente na experiencia da equipa de Media dell' Arte e no
método desenvolvido na implementación do seu Arquivo de Historia Oral das Illas Cíclades.
MDA ten un ríxido sistema de arquivo, xa que diferentes persoas traballan cos mesmos arquivos en diferentes
momentos, polo que todos se deben cinguir a unha mesma estandarización. Do contrario, o Arquivo sería un
caos.
7
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
B. Preparación
Faite cun disco duro espazoso. Escolle con xeito a capacidade, para evitar logo andar facendo masivas
transferencias de datos.No disco duro crea un cartafol árbore que conteña todo o material sonoro da entrevista
e máis unha base de datos (Media dell' Arte emprega un sinxelo arquivo excel .xls) con toda a información
verbo cada entrevista.
Comecemos polo comezo:
• B1. Crear un cartafol árbore:
Crear un cartafol árbore que...
...permita “copiar e pegar” o material bruto (“raw”, sen procesar) das entrevistas dende a gravadora ao
disco duro para o seu procesamento posterior. Aconsellamos facelo inmediatamente despois de realizar
cada entrevista.
...dá lugar a un cartafol para arquivos que se están actualmente procesando .
...dá lugar a un cartafol onde gardar o “procesado” final das entrevistas
Velaquí a raíz do cartafol árbore que Media dell' Arte creou para conservar os seus arquivos:
O principal cartafol é nomeado co nome do lugar (no exemplo o nome da pequena illa de
Folegandros, nas Cícladas.
No “bruto” incluímos todo o material sen editar das entrevistas (arquivos de son non procesados).
No “semi-procesado” os arquivos sobre os que se está traballando.
No “procesado” metemos só o traballo rematado.
8
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
Eis o cartafol árbore completo que emprega Media dell' Arte:
Este cartafol é usado para a
transcrición da
entrevista (arquivo editable)
Este cartafol é usado para a
transcrición da entrevista
(arquivo non-editable)
Este cartafol é usado par as
Fotografías tomadas durante
a entrevista
Explicación dos subcartafois que aparecen á dereita:
• O cartafol “notas” contén a transcrición da entrevista en arquivo de texto nun formato que se poida editar
(p ex, odt ou doc)
• O cartafol “bruto” contén o arquivo de son da entrevista, sen editar.
• O cartafol “segmentos” contén os treitos escollidos da entrevista (arquivos de son).
• O cartafol “transcrición” contén a transcrición da entrevista nun arquivo de texto en formato non
editable (pdf)
• O cartafol “imaxes” contén imaxes relativas a esta entrevista.
Como se pode ver, durante e logo de que unha entrevista é editada, consérvase nun cartafol diferenciado.
Neste cartafol debes conservar tanto o arquivo de son orxinal (bruto) coma os treitos escollidos e as
transcricións (editable e non editable) en subcartafois separados.
• B2. Crear unha base de datos simple:
Toca agora crear unha base de datos. Nesta base de datos conservarás toda a información relativa ás túas
entrevistas. Suxerímosche que tamén proporcione información sobre o estado do procesado de cada entrevista
(sen procesar, en proceso, rematado, etc). Esta base de datos há ser o “índice” das túas entrevistas e é moi
recomendable que facilite algún tipo de filtrado para un sistema de busca rápida (polo que un simple
documento de texto non vale).
9
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
Media dell' Arte usa unha simple táboa de excel (xls) coma esta:
NOTA: moito coidado co formato xls, pois é moi fácil armar un cristo. (A alguén lle soa?)
• B3. Crear un sistema de codificación:
Tés que escoller un sistema de codificación. No exemplo anterior, as primeiras tres letras “fol” (columna B)
corresponden á illa de Folegandros. Todas as entrevistas desta illa teñen o mesmo código pero diferente
número de arquivo (columna C).
• B3. Categorización:
Esta é a parte máis mañosa do método arquivístico. Ten que ver con todos os asuntos que aparecen ou poidan
aparecer no futuro nas entrevistas: historia, hábitos, historias persoais, papel da muller na sociedade local,
cantares, proverbios, crimes e delincuencia, sexualidade, educación, dialectos, cuestións de interese lingüística,
arte, economía, emigración... Como poñerlles nome? Centos de temas que poden ser subdivididos en milleiros
de subtemas. Historia, por exemplo, podería ser subdividida en guerra, política, revoltas, estalidos sociais, etc.
Se empregas a categorización estandarizada doutra organización, está ben. Se empregas unha propia, procura
facer que as categorías xerais sexan tan amplas como poidas, e que as subcategorías sexan o máis
descritivas que sexa posible. Categorizacións demasiado simples excluirán moitos temas que non aparecerán
por ningures, e as mesmas categorías incluirán demasiados temas, co que non desfrutarás dos beneficios da
categrización. No outro estremo, categorizacións demasiado complexas ou detalladas dificultarán o seu uso
(desafortunadamente isto é moi habitual neste tipo de arquivos).
O problema da categorización é demasiado extenso para ser falado neste resumo. Limitámonos a suxerir que
crees as túas categorías de tal modo que cando busques por un tema (por exemplo filtrando a túa base de datos)
te asegures de acadar os resultados adecuados.
e
10
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
Media dell' Arte emprega 20 categorías principais, que pronto han ser revisadas. O tema 20 é nomeado
"outros" e está reservado para calquera que non acae nos anteriores 19.
Outro xeito de abordar esta cuestión é etiquetar: empregar palabras chave coas que identificar o contido
de cada entrevista. Podes ler un comentario verbo isto no apartado D.
Observa, le e toma as túas propias conclusións.
C. Gardar os arquivos
Mantendo o exemplo da illa de Folegandros. Imaxinemos que fixeches a túa entrevistiña do día e tés unha serie d
gravadora. Velaquí o que serían os seguintes pasos:
• Copia os arquivos dende a gravadora de son ao cartafol “folegandros/bruto”.
• Renomea os arquivos no cartafol “folegandros/bruto” de acordo co teu sistema de codificación.
• Completa a base de datos: de entrada podes escribir o código da entrevista (no exemplo: columnas B e C), o
lugar (columna E), os participantes –isto é informante(s) (columna F), o entrevistador/a(s) (columna H), a data
(columna I), a duración do arquivo de son (clumna J) e tipo de arquivo de son (columna K). Podes engadir
comentarios (columna N) tal como “aínda en proceso”. No exemplo, as notas en grego significan “concluído e
dispoñible”.
D. Procesado – editar un arquivo de son
É tempo de facer un pouquiño de edición. Para isto cómpren uns altofalantes decentes ou uns cascos (que
están ben, pero poden fatigar), e máis un programa de edición de son. Algunhas entidades aconsellan
empregar software profesional, pero nós coidamos que calquera máis ou menos decente pode valer.
Sound Forge é o progama que Media dell' Arte emprega. Ten bastantes opcións útiles (marca de
entrada, marca de saída, plug-ins para a redución de ruído...).
Calquera editor ten funcións parecidas, a escolla de software non debería supor ningún problema.
11
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
Imaxinemos que queremos editar o arquivo de son fol23.
• Transferir o arquivo fol23 que vas procesar dende o cartafol “folegandros/bruto” ao o cartafol
“folegandros/semiprocesado/bruto”.
Isto é importante, porque como pode que che leve máis dunha xornada realizar o procesado, se volveses
ao traballo logo de varios días poida que non lembrases cal era o arquivo no que estabas a traballar. É
preferible sermosordenados e tomar precaucións para non ter o mesmo arquivo en dous cartafois
diferentes. De novo, o arquivo que está sendo procesado mantén o cartafol “folegandros/bruto” e vai
temporalmente ao “folegandros/semiprocesado/bruto”.
• Abrir o arquivo co editor de son e escoitalo.
Comprobar que soa ben. Como regra xeral deixámolo tal cal sen empregar a parafernalia que o programa
permite (redución de ruído, equilibrar niveis, ecualizar, etc). Faino só cando sexa estritamente necesario
.
• Selecciona as partes boas.
Tés agora dúas opcións: unha é deixar a entrevista como está, que é o que moita xente fai, mais é
dubidoso que alguén vaia escoitar unha hora e pico de entrevista dende o principio ata o final.
A outra opción é escoller os mellores treitos. Desta maneira o arquivo será de máis doado acceso.
Así que cole ar e imos aló.
• Marca os segmentos interesantes (marca de entrada e marca de saída)
• Podes marcar tantos treitos como queiras. Nunha entrevista podes ter unha ou dúas historias
independentes, ou poida ser que teñas unha ducia de receitas.
Poñamos que escollemos tres fragmentos.
• Crear un novo arquivo de son para cada fragmento.
Copiar e pegar o fragmento nun novo arquivo. Gardaremos estes fragmentos no cartafol
“folegandros/semiprocesado/fol23/segmentos”. Gardamos o primeiro treito como fol23-1, o segundo
como fol23-2, o terceiro como fol23-3 e así sucesivamente.
IMPORTANTE SUXESTIÓN: Imaxinemos que o informante di cousas interesante sobre a 2GM
(Segunda Guerra Mundial), logo fala de costumes locais, e volve novamente falar da 2GM. A entrevista
quedaría algo así:
Amarelo: 2GM Azul: costumes Branco: irrelevante, ruído, silencios etc
Suxerimos xuntar os fragmentos amarelos (2,4,6,10) no fol23-1 e os azuis
(7,9,11) no fol23-2. Desta maneira, quedaría así:
12
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
• Unha vez realizada a edición da entrevista fol23, podes pechar o editor de son e volver á base de datos.
Consigna nela a información: cantos treitos escolleches (columna D) e o temas principais e secundarios
aparecidos na entrevista, dacordo co teu sistema de categorización (columnas L, M).
SUXESTIÓN: ademais de escribir nas columnas L e M, podes crear unha columna para
etiquetas (palabras chave) que identifiquen a entrevista.
Se non vas facer transcrición ningunha, transfire o cartafol fol23 do cartafol folegandros/semiprocesado a folegandros/
O teu cartafol árbore debería presentar este aspecto:
Agora tés toda a entrevista fol23 sen tocar no cartafol “bruto” e os fragmentos editados no cartafol
“segmentos”. Garda sempre o orixinal da entrevista.
13
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
E. Transcrición
Os beneficios da transcrición son moitos. Vealquí os máis importantes:
- Ler e escoitar ao mesmo tempo é ben máis cómodo, especialmente cando a xente fala en dialectos.
-Nunha transcrición podes buscar for palabras chave. Nun arquivo de son non se pode.
.
-Nunha transcrición podes inserir interesantes comentarios. Nun arquivo de son non se pode.
-Nunha transcrición podes inserir fotos da entrevista.
Ti decides. Está claro que a transcrición pode ser traballosa e consume moito tempo. Pagar paga a pena…
• O modelo
Na páxina 15 podemos ver un comaquén de transcrición do fol23. Está baseado no modelo que emprega
Media dell'Arte para a transcrición no Arquivo de Historia Oral das Cícladas.
Deste modo todos os transcritores/as usamos un mesmo estándar tanto para recoller a información
proporcionada, notación e símbolos, coma no formato das transcricións (fontes, tamaño de letras, formato
do parágrafo, etc). Durante a transcrición empregamos un arquivo aberto (documento de Open Office
.odt). Ao rematar o arquivo en formato odt é gardado no cartafol “procesado/fol23/notas” co nome
fol23.odt (ver diagrama abaixo). É un arquivo editable, polo que se poden facer correccións logo.
• O resultado final: un pdf con enlaces de son
O odt logo é exportado como pdf (formato pechado). O pdf é procesado no Adobe Acrobat Professional e
sonlle engadidos:
-Enlaces entre páxinas
-Enlaces para abrir os arquivos de son
Para rematar, o arquivo pdf é gardardo no cartafol “procesado/fol23/transcrición” como fol23.pdf
(ver diagrama na páxina 9).
Media dell' Arte desenvolveu un manual detallado do proceso de transcrición cos paso a paso que debe
seguir o/a transcritor/a. Está unicamente en grego e non é este o lugar para ir en máis detalles. Abonde co
até aquí dito e cos modelos que seguen.
Que teñades sorte!!
14
ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES
ENTREVISTA: fol23
LUGAR: Folegandros, Ano Meria
DATA DA ENTREVISTA: Febreiro 2005
INFORMANTE: Spyros Papadopoulos – Georgia Papadopoulou
ENTREVISTADOR/A - Lara Kalliri e Despina Spyrou (fotógrafa do
ENTREVISTADOR/A: equipa)
DURACIÓN DO ARQUIVO
SEN EDITAR: (bruto): 00:31:56''
NÚMERO DE FRAGMENTOS
NA ENTREVISTA: 3 fragmentos (fol2-1, fol2-2, fol2-3)
DURACIÓN TOTAL DOS
FRAGMENTOS ESCOLLIDOS: 00:21:47''
DIXITALIZACIÓN DA Nikos Tsantanis, (dende cintas de 60'), Febreiro 2010 - arquivo MP3
ENTREVISTA:
FRAGMENTOS ESCOLLIDOS POR– Primeira escolla: Nikos Tsantanis. Escolla final: Giorgos Paterakis
AVALIACIÓN Marzo, 2010
(MarK in-Mark out):
PROCESADO DE SON: Giorgos Paterakis, Marzo 2010. arquivos MP3
(Sound Forge: DC removal, EQ, Noise reduction, Fade in-out)
TRANSCRICIÓN: (Giorgos Paterakis, Marzo – Abril 2010, odt e pdf
CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE
PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL' ARTE www.mediadellarte.gr .
1
ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES
RESUMO E BREVES PALABRAS SOBRE A ENTREVISTA fol23
Spyros Papadopoulos e Georgia Papadopoulou son parella. Habitan en Ano Meria,
Folegandros. Teñen 3 fillos, Katerina, Antonis -que estuda na escola técnica en Syros e toca o
violín) e Antonis, quen con 7 anos toca o laúde.
Lara Kalliri e Despina Spyrou, a fotógrafa da equipa, foron tomar café á casa familiar. Lara
comezou amosando fotografías que Media dell' Arte tomara no último ano e así iniciaron a
conversa.
Falaron sobre os estudos de Antonis en Syros e as dificuldades que isto implica -pois o rapaz
debe marchar da illa para seguir estudando-, sobre o seu traballo e sobre os illáns que se ven na
obriga de deixar a illa.
CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE
PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr .
2
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
TOPICS-CATEGORIZATION
1 Records: genealogy – onomatology - nicknames
2 Migration: internal and international
3 Transportation – communication
4 Weather
5 Medical care – health
6 Jobs – work
7 Economy - wealth and poverty – money
8 Religiousness
9 Customs - habits - everyday life - routine
10 Nutrition and food
11 Education and school
12 Arts, nusic, dance etc - aesthetic criteria
13 Crimes - offenses – delinquency
14 Personal stories – friendship – love - neighbors - marriage – family
15 Position of women within society
16 Sexuality
17 History - politics - exile: a. Minor Asia Catastrophe, b. Metaxas
dictatorship, c. WWI - WWII, d. Civil War, e. Reconstruction - Marshall
Plan - Foreign Aid, f. 1967 Dictatorship etc
18 Tourism
19 Comments and comparisons: a. the old and the new world, b. the
“local” and the “stranger”, c. big island – small island etc
20 Miscellanea- other
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
3
ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES
TEMAS-CATEGORIZACIÓN
Recordos: xenealoxía – onomástica - alcumes1
Migración: interna e internacional2
Transporte – comunicación3
Clima4
Atención médica – saúde5
Afeccións – traballo6
Economía - riqueza e pobreza – cartos7
Relixiosidade8
Costumes - hábitos – día a día dos illáns - de cotío9
Nutrición e comida10
Educación e escola11
Artes, música, baile, etc - rarezas12
Crime - ofensas – delincuencia13
Historias persoais– amizade – amores - veciños - casamento – familia14
Posición de mulleres na sociedade15
Sexualidade16
Historia - política - exilio: a. Catástrofe de Asia Menor Asia, b. Ditadura de Metaxas,17
c. Guerras Mundiais, d. Guerra Civil, e. Reconstrución, f. Ditadura de 1967, etc
Turismo18
Comentarios e comparacións: a. o vello e o novo mundo, b. o19
“local” e o “forasteiro”, c. illas grandes – pequenas illas etc
Miscelánea- outros20
CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE
PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr .
3
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
INDEX OF SYMBOLS
SYMBOL EXPLANATION
Mouse click to reproduce sound
Mouse click to return to the chosen segment's index
[...] Deliberate left out part. You hear it in the sound file but it
is not transcribed.
[???] Not transcribed: impossible to understand what is said. Bad
recording.
[?] Transcribed but not sure what is said. Bad recording.
(!) (sic)
(?) Transcribed as said, but I don't know what it means (idiom,
dialect etc).
[ed] “Edited”. There are two segments put one after the other.
In the raw file they are apart.
[ch+] The interviewee “chews” his words and does not pronounce
properly. The transcription is done based on what is
thought he would say if he spoke clearly.
[ch-] The interviewee “chews” his words and does not utter
properly. So those words/phrases are left out (can be
replaced with [...]).
The account is tightly related to this topic-category.
The account is loosely related to this topic-category.
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
4
ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES
ÍNDICE DE SÍMBOLOS
EXPLICACIÓN DE SÍMBOLOS
Fai click co rato para reproducir o son
Fai click co rato para volver ao índice de fragmentos seleccionados
[...] Parte audible pero deliberadamente non transcrita.
[???] Parte non transcrita por ser inintelixible. Mala gravación
[?] Parte transcrita mais con dúbidas. Mala gravación.
(!) (sic)
(?) Transcrita como soa, pero sen comprender o que significa (idioma, dialecto…)
[ed] “Editado”. Dous ou máis fragmento unidos, que no bruto orixinal van á parte.
[ch+] O informante “masca chicle” e non pronuncia ben.
A transcrición faise en base ao que cremos que estaría dicindo se pronunciase ben.
[ch-] O informante “masca chicle” e non se entende.
Non se transcribe. Poderíase sinalar con [...]
O testemuño ten moita relación con este tema-categoría.
O testemuño ten algunha relación con este tema-categoría.
CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE
PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr .
4
ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES
ÍNDICE DE FRAGMENTOS ESCOLLIDOS DA ENTREVISTA fol23
Código do Arquivo Marcas de entrada e Descrición de acordo coas o categorías Páxina
fragmento de Son saída no arquivo bruto
Duración do fragmento
migración interna, transporte,Fol23-1 00:00-07:40 6 03:38
atención médica–saúde, educación –
escola, música–rarezas
migración interna, transporte,Fol23-2 07:53-27:37 7 15:09
comunicación, traballos, costumes: a
tradición de Páscua
Educación, artes-música-rarezasFol23-3 27:37-05:10 8 03:00
CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE
PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr .
5
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
INDEX OF THE CHOSEN SEGMENTS OF THE INTERVIEW fol23
Segment's
code
Sound
file
Place of the
segment in the
raw file
(mark in -mark
out)
General description according to the categories page Duration of
the
segment
Fol23-1 00:00-07:40 internal migration, transportation,
medical care–health, education –
school, music–aesthetic criteria
6 03:38
Fol23-2 07:53-27:37 internal migration, transportation,
communication, jobs, customs: the
Easter custom
7 15:09
Fol23-3 27:37-05:10 Education, arts-music-aesthetic
criteria
8 03:00
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
5
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
Segment's
code
Sound
file
Place of the
segment in the
raw file
(mark in -mark
out)
General description according to the categories page Duration of
the
segment
Fol23-1 00:00-07:40 internal migration, transportation,
medical care–health, education –
school, music–aesthetic criteria
6 03:38
[they all see pictures taken by the Media dell' Arte photographers Lefteris Miaoulis
and Kiki Dovinou last year on Folegandros]
Γιάννης: Εσείς τον Αντώνη [ο αδελφός του Γιάννη]
θυμάμαι που τον είχατε βγάλει φωτογραφία
μεγάλη....
[βλέπει μια φωτογραφία με τους συμμαθητές του
που κουβαλάνε μαζί τους στο σχολείο και τα
παιχνιδάκια τους]
Ο Δημήτρης ο μικρός με το αμαξάκι που είχενε μαζί
του. Α, η Κατερίνα η Γιώργη η [???].
Λάρα: Τι τάξη πας τώρα εσύ;
Γιάννης: Δευτέρα.
Λάρα: Δευτέρα... ωραία. Πιο πολύ σ' αρέσει το
σχολείο ή τ' απόγευμα που είσαι ελεύθερος;
Γιάννης: Μμμ... και τα δυο. Αλλά πιο πολύ το διάλειμμα.
[Βλέπει άλλη φωτογραφία με τον εαυτό του] Πού είν' αυτό;
Λάρα: Εσύ είσ' εδώ πίσω.
Γιάννης: Μπόινκ. Α, ναι.
Λάρα: Σε είδες; Να τον, εδώ. [στη φωτογραφία που βλέπουν ο Γιάννης έχει
βουλωμένο το ένα μάτι με γάζα] Το μάτι είναι καλά;
Γιάννης: Δεν το φοράω αυτό [ενν. τη γάζα]
Γιάννης: Δεν το φοράς, ε; Δεν το χρειάζεσαι.
Γιάννης: Δω πέρα είναι κει στο... κει που μένει ο Δημήτρης ο... τέτοιος. Δω από
(...the transcription continues until the segment ends)
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
6
“I don;t wear this anymore”. Photo. L.
Miaoulis
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
Segment's
code
Sound
file
Place of the
segment in the
raw file
(mark in -mark
out)
General description according to the categories page Duration of
the
segment
Fol23-2 07:53-27:37 internal migration, transportation,
communication, jobs, customs: the
Easter custom
7 15:09
[Giannis' father, Spyros, comes home from work]
Σπύρος: Συ 'σαι ο φωτογράφος;
Λάρα: Όχι.
Δέσποινα: Εγώ.
Σπύρος: Α, τούτη δω είν' ωραία.
Γιάννης: [σχολιάζει μια φωτογραφία με τον
αδελφό του, τον Αντώνη] [???]
Σπύρος: Τώρα τον έχουμε χάσει όμως.
Γιάννης: Τι είν' αυτό ρε; Α, αυτή είν' η
Κορωνιάτη. Αυτός ποιος είναι;
Σπύρος: [???]
Γιάννης: Βρε αυτός!
Σπύρος: Πού να ξέρω εγώ. Αυτός ποιος είναι, ξέρεις;
Γιάννης: Ποιος; [γελάει] Ρε τον εαυτό μου δεν ξέρω;
Σπύρος: Ουφφ...
Γιάννης: Τι ουφ;
Λάρα: Από δουλειά έρχεστε;
Σπύρος: Δουλειές του κάκου τις ξέρεις; Άμα ξέρεις τι είν' οι δουλειές του κάκου,
χέσε.
Λάρα: Γιατί του κάκου;
(...the transcription continues until the segment ends)
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
7
"If you see me now, I am soaking wet".
Photo: Despina Spyrou
CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE
Segment's
code
Sound
file
Place of the
segment in the
raw file
(mark in -mark
out)
General description according to the categories page Duration of
the
segment
Fol23-3 27:37-05:10 Education, arts-music-aesthetic
criteria
8 03:00
Δέσποινα: Κι ο Αντώνης στη μουσική πάντως πρέπει να 'ναι πολύ καλός.
Σπύρος: Ο Αντώνης είναι κει καλός αλλά δεν πάει στη Σύρο όμως που το 'χα πει εγώ
να πάει στο ωδείο.
Λάρα: Ευκαιρία θα 'ταν τώρα.
Σπύρ: Πήγε και γράφτηκε στο πόλο [?] και πληρώσαμε σαράντα ευρώ το μήνα, και
δεν πήγε να πληρώνει στο ωδείο να 'ταν τώρα φτασμένος. Λέει “αυτά που ξέρω θα
μου τ' αλλάξουν”, λέει, “όλα”, λέει.
Γιωργία: Ναι, “αυτά”, λέει, “θα μου τ' αλλάξουν. Θα μου λένε”, λέει, “να μάθω νότες,
να μάθω το ένα, να μάθω το άλλο...”
Σπ: Και κάθεται όλη μέρα και δεν πάει.
Λάρα: Το 'χει κοντά το βιολί;
Γιωργ: Ναι, μαζί. Παίζει. Παίζει.
Σπ: Καλά, τις λίγες μέρες που παίζει...
Δέσπ: Πώς έμαθε;
Σπ: Τίποτα.
Γιωργ: Μόνος του, έτσι. Πήγε κει στο Νίκο εδώ, το σωφέρ. Ε, κι ο Νίκος μόνος του,
αυτοδίδακτος.
Σπ: Αν πήγε πέντε φορές... Μα και πέντε φορές να σου λέω πολλές ήτανε. Την πρώτη
βραδιά που πήγε εκεί πέρα στο Νίκο, το βράδυ ήπαιξε ένα κομμάτι που του 'μαθε ο
(...the transcription continues until the segment ends)
-END OF THE INTERVIEW-
ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY
FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr.
8
GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS
IV. APÉNDICE
O equipamento mencionado neste breve manual:
-unha gravadora dixital de voz decente (a partir de 200 – 300 euros)
-un computador
-dous discos duros con capacidade suficiente (principal e copia de seguridade: MDA temos de 2 e 2,5 TB)
-cascos e/ou altofalantes
-equipamento opcional: vídeo-cámara con micrófono externo micrófono, cámara
O software mencionado neste breve manual:
-Microsoft Office Excel
-Open Office texto editor
-Sound Forge
-Adobe Acrobat Professional
Suxestións de lecturas na rede:
-The Voice of the Past por Paul Thompson, Oxford University Press, 1978
15

More Related Content

Similar to Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais (9)

Como facer unha exposición oral
Como facer unha exposición oralComo facer unha exposición oral
Como facer unha exposición oral
 
Claves para realizar a entrevista (por David G Romero; AVOAR)
Claves para realizar a entrevista (por David G Romero; AVOAR)Claves para realizar a entrevista (por David G Romero; AVOAR)
Claves para realizar a entrevista (por David G Romero; AVOAR)
 
A entrevista
A entrevistaA entrevista
A entrevista
 
A entrevista
A entrevistaA entrevista
A entrevista
 
Como podo colaborar con leliadoura
Como podo colaborar con leliadouraComo podo colaborar con leliadoura
Como podo colaborar con leliadoura
 
A entrevista 1
A entrevista 1A entrevista 1
A entrevista 1
 
Como facer un traballo de investigación
Como facer un traballo de investigaciónComo facer un traballo de investigación
Como facer un traballo de investigación
 
"De Flaherty a Vardá"
"De Flaherty a Vardá""De Flaherty a Vardá"
"De Flaherty a Vardá"
 
Como prepararmos unha exposición oral.pptx
Como prepararmos unha exposición oral.pptxComo prepararmos unha exposición oral.pptx
Como prepararmos unha exposición oral.pptx
 

Recently uploaded (7)

Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 

Breve manual GT de MdA para gravación e arquivo de testemuños orais

  • 1. MANUAL GRAND TREASURES DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS MANUAL GRAND TREASURES PARA ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS I. PRELIMINAR II. ENTREVISTA III. ARQUIVO IV. APÉNDICE 1
  • 2. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS I. PRELIMINAR Eis unha visualización preliminar dos pasos a dar dende o intre da entrevista ata o do produto final: o Arquivo. Gravación da entrevista cunha gravadora dixital Transferir e Salvar a entrevista (arquivo de son) dende a gravadora a un disco duro Seleccionar as partes interesantes da entrevista: partir o arquivo de son en treitos escollidos Transcición das partes interesante da entrevista oral en texto escrito Creación dun arquivo pechado por exemplo un pdf onde ler e escoitar a entrevista Facer un listado das entrevistas que tés en excel ou en base de datos Como facelo? De seguido unha breve descrición paso un paso. Este breve manual introdutorio é cortesía da asociación parceira grega Media dell´Arte, de Atenas, que realiza o seu labor de recollida de Historia Oral no arquipélago das Cícladas, segundo o seu proxecto Isolario. www.mediadellarte.gr 2
  • 3. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS “The issue is not which things die. It's rather how we, living in alteration and decay, replace all those we think of as dead and vanished “ George Seferis, (Poeta grego, Premio Nobel 1963) Unha entrevista é técnica e arte ao mesmo tempo.O entrevistador/a non só debe saber proceder metodoloxicamente senón tamén sentir o ambiente. Este grao de intuición e empatía é un sine qua non para realizar unha realizar boa entrevista. A Historia Oral historia non só versa sobre feitos, senón sobre as persoas vivindo eses feitos. A. Como localizar o informante • Medio familiar: as cousas resultan máis sinxelas e o trato directo. • Un descoñecido: un parente ou veciño do informante adoita ser o mellor enlace. EL/ela poden asistir á entrevista como entrevistador, como informante ou como mero axudante. Debe saber que o seu rol é o de axudar, e non de arruinar a entrevista intervindo a cada pouco, facendo puntualizacións irrelevantes, saltar dun tema a outro sen xeito e por aí adiante. B. Como preparar a entrevista • Tema específico ou conversa xeral?: En ambos os casos paga a pena paga a pena informarse de antemán: consultar libros, xente internet… o que for. • Preparar as preguntas: Primeiro as máis xerais e as persoais logo. • Como comezar?: Tanto un tema concreto como unha relaxada conversa son bos xeitos de comezar. Aínda que non sexa sobre o tema que interesa, pode ser unha maneira de ir entaboando contacto. 3 A. Como localizar o informante II. ENTREVISTA E. Equipamento - cuestións técnicas D. Ética C. Durante a entrevista B. Como preparar a entrevista
  • 4. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS • Non cinguirse ao cuestionario preelaborado: Non o teñas contigo derriba da mesa. A conversa pode fluir de forma completamente diferente -en ocasións con moito máis zugo- e por temas distintos aos previstos. Ti debes saber cando deixar correr e cando reorientala aos asuntos que prevías tratar. • Un ou dous entrevistadores/as? Tanto ten, sempre e cando sexan unha equipa e un non estrague o traballo do outro con interrupcións ou comentarios a deshora, e por aí adiante. • Un, dous ou máis informantes? Depende do que vaiamos facer. Un informante cun falar fluído, bo coñecemento da materia e a cabeza organizada, é preferible que sexa entrevistado só. Con todo, os informantes adoito se motivan os ouns aos outros e a súa interacción resulta interesante pois anima a conversa. • O equipamento: Probáchelo? Sabes como funciona? • Media dell' Arte leva unha fotógrafa profesional durante a entrevista. Ten sobrada experiencia e consegue non molestar coa súa presenza. De feito axuda a facer a xente cómoda durante a entrevista. C. Durante a entrevista • Non sexas un “entrevistador/a”. Compórtate de maneira amigable e sinxela. Evita a propia palabra “entrevista”. “A historia do lugar" ou "as lembranzas" pode ser mellor xeito de a encarar. Se ides falar dun acontecemento concreto o "dixéronme que..." pode ser un bo comezo. • Non xogues co equipamento. Pono onde debe estar e esquécete del. Só asegúrate de vez en cando de que está a gravar, non vaia ser que queda sen batería ou que desvaríe. Céntrate na persoa coa que estás a falar. • Non esquezas preguntar o nome, lugar e ano de nacemento, e a información xeral que precises do informante. • Non fagas preguntas de máis. Non interrompas nin fales por riba do informante. Déixalle espazo. • Non lle teñas medo aos silencios. • Non manipules: “Era moi mala a…?” é un enfoque incorrecto; “Como era a…?” sería unha pregunta axeitada. • Non che importe rir co informante. Non tés por que desaparecer de escena. • Non fales de ti. Non deas a túa opinión a cada pouco. Con todo, comprobamos que ás veces ten un efecto positivo na intimidade entre entrevistador/a e informante. Sexa como for, lembra que o que interesa é o seu punto de vista, non o teu. 4
  • 5. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS • Cando dous ou máis informantes falan un por riba do outro, ou se desvían na conversa... non pasa nada, dentro do razoable. Poden acontecer momentos brillantes -tamén desastrosos-. Sabe asumir riscos e relaxa... ao fin e ao cabo non é máis ca unha entrevista. • Ás veces non é só a historia ou a persoa o que interesa gravar. Tamén o son da reunión familiar ou de veciños, pequenos falares aquí e e alí, contos e intres divertidos, a atmosfera xeral conta. Non te preocupes polos ruídos de ambiente con sentido. • Senta preto do informante. Non o asustes. A túa postura debe dar mostra do teu interese. • Segundo a nosa experiencia: o primeiro encontro dá para tocar a superficie dos feitos, uns trazos xerais. O informante diríalle as mesmas cousas a calquera outro entrevistador/a. É no segundo, ou incluso no terceiro encontro co mesmo entrevistador/a cando a persoa comeza a se soltar. Confesións, pensamentos íntimos e persoais requiren teempo para ser expresados. Paga a pena, aínda que non sempre é posible ter máis encontros con cada informante. Ti decides. • Unha hora de entrevista está ben, dúas é moito, tres un esaxero. Non fatigues ao informante. D. Ética A Ética na entrevista é un asunto delicado. Eis algúns aspectos básicos: • Malia non existir en moitos países lexislación que protexa a entrevistadores e informantes, crecentemente se está a necesidade de protexer os dereitos de ambas as partes. (engadir enlace á realidade galega) • Non se poden gravar entrevistas sen o consentimento do informante. • As organizacións de Historia Oral aconsellan recoller por escrito o consentimento asinado do informante. É unha folla modelo que debes levar preparada. Debe mencionar o uso que se vai facer da entrevista (investigación, publicación, exposición, uso na rede…). • Consulta o que as institucións sobranceiras din sobre o asunto (como a Oral History Society de Gran Bretaña) • Despois de marchares non esquezas facerlle chegar ao informante algún feedback: unha copia da entrevista, unh cortesía. Faino sentir partícipe. 5
  • 6. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS E. Equipamento - cousas técnicas O equipamento: As cousas da tecnoloxía mudan axiña co tempo. O que hoxe é bo, mañá pode ser obsoleto. Polo de agora MDA podemos dicir que: • Preferimos gravadoras ríxidas (que graven en disco duro, non en cintas). • Non aconsellamos mercar unha demasiado barata, pois a calidade pode ser un frustrante e o teu traballo quedará con m a eternidade. • Non empreguedes cassettes nin mini discs. Son pouco prácticos e están obsoletos. • Non gravedes directamente no computador. • Non merques un Sony, pois empregan formatos raros que requiren de software especiais. Son preferibles arquivos qu copiar. • Algúns colectivos aconsellan gravar con micrófonos externos. Nós non concordamos, por varios motivos. En función d aparello que empregues, os resultados poden ser igual de bos. Non uses este aparello. Boa escolla en relación calidade-prezo • Se gravas en vídeo a entrevista, non te fíes do son da cámara: é cativo. É aconsellable empregar un micrófono externo. • Moitas organizacións recomendan gravar en wav (formato sen comprimir) a 44.100 Hz, 16 bits ou máis. Por exemplo de Gran Bretaña. MDA non: recomendamos gravar en mp3 de alta calidade. • Para vídeo MDA empregamos unha cámara Sony de alta definición. É un tormento polas razóns xa mencionadas. Nova Sony e aconsellamos optar por formatos que permitan arrastrar e copiar directamente os arquivos. 6
  • 7. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS III. ARQUIVO A. Xeralidades B. Preparación: B1. crear un cartafol árbore B2. crear unha base de datos simple B3. crear un sistema de codificación B4. categorización C. Gardar os arquivos D. Procesado – editar un arquivo de son E. Transcrición A. Xeralidades O Arquivo é fundamental. Arquívao axeitadamente ou todo o material recollido será inútil. Compárao a un cuarto con centos de libros amoreados ao chou: nunca atoparías o que buscas Primeiro cómpre concibir o uso que se lle quer dar ao arquivo, xa que isto vai definir o método e a estrutura do arquivo. -Vai ser para unha biblioteca ou organización xa existente? Se é así debes seguir os seus criterios arquivísticos. -Vai ser para unha rede de dixitalización europea? Novamente debes seguir os criterios predefinidos de sistematización. -Vai ser para a túa propia organización? Neste caso deberías crear un sistema flexible. (Lembra que as túas necesidades poden mudar co tempo). Faino tan simple como sexa posible (pensa non só en ti, senón en alguén que poida estar interesado: se non comprende o teu sistema de arquivo desanimarase) As seguintes suxestións está baseadas primordialmente na experiencia da equipa de Media dell' Arte e no método desenvolvido na implementación do seu Arquivo de Historia Oral das Illas Cíclades. MDA ten un ríxido sistema de arquivo, xa que diferentes persoas traballan cos mesmos arquivos en diferentes momentos, polo que todos se deben cinguir a unha mesma estandarización. Do contrario, o Arquivo sería un caos. 7
  • 8. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS B. Preparación Faite cun disco duro espazoso. Escolle con xeito a capacidade, para evitar logo andar facendo masivas transferencias de datos.No disco duro crea un cartafol árbore que conteña todo o material sonoro da entrevista e máis unha base de datos (Media dell' Arte emprega un sinxelo arquivo excel .xls) con toda a información verbo cada entrevista. Comecemos polo comezo: • B1. Crear un cartafol árbore: Crear un cartafol árbore que... ...permita “copiar e pegar” o material bruto (“raw”, sen procesar) das entrevistas dende a gravadora ao disco duro para o seu procesamento posterior. Aconsellamos facelo inmediatamente despois de realizar cada entrevista. ...dá lugar a un cartafol para arquivos que se están actualmente procesando . ...dá lugar a un cartafol onde gardar o “procesado” final das entrevistas Velaquí a raíz do cartafol árbore que Media dell' Arte creou para conservar os seus arquivos: O principal cartafol é nomeado co nome do lugar (no exemplo o nome da pequena illa de Folegandros, nas Cícladas. No “bruto” incluímos todo o material sen editar das entrevistas (arquivos de son non procesados). No “semi-procesado” os arquivos sobre os que se está traballando. No “procesado” metemos só o traballo rematado. 8
  • 9. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS Eis o cartafol árbore completo que emprega Media dell' Arte: Este cartafol é usado para a transcrición da entrevista (arquivo editable) Este cartafol é usado para a transcrición da entrevista (arquivo non-editable) Este cartafol é usado par as Fotografías tomadas durante a entrevista Explicación dos subcartafois que aparecen á dereita: • O cartafol “notas” contén a transcrición da entrevista en arquivo de texto nun formato que se poida editar (p ex, odt ou doc) • O cartafol “bruto” contén o arquivo de son da entrevista, sen editar. • O cartafol “segmentos” contén os treitos escollidos da entrevista (arquivos de son). • O cartafol “transcrición” contén a transcrición da entrevista nun arquivo de texto en formato non editable (pdf) • O cartafol “imaxes” contén imaxes relativas a esta entrevista. Como se pode ver, durante e logo de que unha entrevista é editada, consérvase nun cartafol diferenciado. Neste cartafol debes conservar tanto o arquivo de son orxinal (bruto) coma os treitos escollidos e as transcricións (editable e non editable) en subcartafois separados. • B2. Crear unha base de datos simple: Toca agora crear unha base de datos. Nesta base de datos conservarás toda a información relativa ás túas entrevistas. Suxerímosche que tamén proporcione información sobre o estado do procesado de cada entrevista (sen procesar, en proceso, rematado, etc). Esta base de datos há ser o “índice” das túas entrevistas e é moi recomendable que facilite algún tipo de filtrado para un sistema de busca rápida (polo que un simple documento de texto non vale). 9
  • 10. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS Media dell' Arte usa unha simple táboa de excel (xls) coma esta: NOTA: moito coidado co formato xls, pois é moi fácil armar un cristo. (A alguén lle soa?) • B3. Crear un sistema de codificación: Tés que escoller un sistema de codificación. No exemplo anterior, as primeiras tres letras “fol” (columna B) corresponden á illa de Folegandros. Todas as entrevistas desta illa teñen o mesmo código pero diferente número de arquivo (columna C). • B3. Categorización: Esta é a parte máis mañosa do método arquivístico. Ten que ver con todos os asuntos que aparecen ou poidan aparecer no futuro nas entrevistas: historia, hábitos, historias persoais, papel da muller na sociedade local, cantares, proverbios, crimes e delincuencia, sexualidade, educación, dialectos, cuestións de interese lingüística, arte, economía, emigración... Como poñerlles nome? Centos de temas que poden ser subdivididos en milleiros de subtemas. Historia, por exemplo, podería ser subdividida en guerra, política, revoltas, estalidos sociais, etc. Se empregas a categorización estandarizada doutra organización, está ben. Se empregas unha propia, procura facer que as categorías xerais sexan tan amplas como poidas, e que as subcategorías sexan o máis descritivas que sexa posible. Categorizacións demasiado simples excluirán moitos temas que non aparecerán por ningures, e as mesmas categorías incluirán demasiados temas, co que non desfrutarás dos beneficios da categrización. No outro estremo, categorizacións demasiado complexas ou detalladas dificultarán o seu uso (desafortunadamente isto é moi habitual neste tipo de arquivos). O problema da categorización é demasiado extenso para ser falado neste resumo. Limitámonos a suxerir que crees as túas categorías de tal modo que cando busques por un tema (por exemplo filtrando a túa base de datos) te asegures de acadar os resultados adecuados. e 10
  • 11. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS Media dell' Arte emprega 20 categorías principais, que pronto han ser revisadas. O tema 20 é nomeado "outros" e está reservado para calquera que non acae nos anteriores 19. Outro xeito de abordar esta cuestión é etiquetar: empregar palabras chave coas que identificar o contido de cada entrevista. Podes ler un comentario verbo isto no apartado D. Observa, le e toma as túas propias conclusións. C. Gardar os arquivos Mantendo o exemplo da illa de Folegandros. Imaxinemos que fixeches a túa entrevistiña do día e tés unha serie d gravadora. Velaquí o que serían os seguintes pasos: • Copia os arquivos dende a gravadora de son ao cartafol “folegandros/bruto”. • Renomea os arquivos no cartafol “folegandros/bruto” de acordo co teu sistema de codificación. • Completa a base de datos: de entrada podes escribir o código da entrevista (no exemplo: columnas B e C), o lugar (columna E), os participantes –isto é informante(s) (columna F), o entrevistador/a(s) (columna H), a data (columna I), a duración do arquivo de son (clumna J) e tipo de arquivo de son (columna K). Podes engadir comentarios (columna N) tal como “aínda en proceso”. No exemplo, as notas en grego significan “concluído e dispoñible”. D. Procesado – editar un arquivo de son É tempo de facer un pouquiño de edición. Para isto cómpren uns altofalantes decentes ou uns cascos (que están ben, pero poden fatigar), e máis un programa de edición de son. Algunhas entidades aconsellan empregar software profesional, pero nós coidamos que calquera máis ou menos decente pode valer. Sound Forge é o progama que Media dell' Arte emprega. Ten bastantes opcións útiles (marca de entrada, marca de saída, plug-ins para a redución de ruído...). Calquera editor ten funcións parecidas, a escolla de software non debería supor ningún problema. 11
  • 12. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS Imaxinemos que queremos editar o arquivo de son fol23. • Transferir o arquivo fol23 que vas procesar dende o cartafol “folegandros/bruto” ao o cartafol “folegandros/semiprocesado/bruto”. Isto é importante, porque como pode que che leve máis dunha xornada realizar o procesado, se volveses ao traballo logo de varios días poida que non lembrases cal era o arquivo no que estabas a traballar. É preferible sermosordenados e tomar precaucións para non ter o mesmo arquivo en dous cartafois diferentes. De novo, o arquivo que está sendo procesado mantén o cartafol “folegandros/bruto” e vai temporalmente ao “folegandros/semiprocesado/bruto”. • Abrir o arquivo co editor de son e escoitalo. Comprobar que soa ben. Como regra xeral deixámolo tal cal sen empregar a parafernalia que o programa permite (redución de ruído, equilibrar niveis, ecualizar, etc). Faino só cando sexa estritamente necesario . • Selecciona as partes boas. Tés agora dúas opcións: unha é deixar a entrevista como está, que é o que moita xente fai, mais é dubidoso que alguén vaia escoitar unha hora e pico de entrevista dende o principio ata o final. A outra opción é escoller os mellores treitos. Desta maneira o arquivo será de máis doado acceso. Así que cole ar e imos aló. • Marca os segmentos interesantes (marca de entrada e marca de saída) • Podes marcar tantos treitos como queiras. Nunha entrevista podes ter unha ou dúas historias independentes, ou poida ser que teñas unha ducia de receitas. Poñamos que escollemos tres fragmentos. • Crear un novo arquivo de son para cada fragmento. Copiar e pegar o fragmento nun novo arquivo. Gardaremos estes fragmentos no cartafol “folegandros/semiprocesado/fol23/segmentos”. Gardamos o primeiro treito como fol23-1, o segundo como fol23-2, o terceiro como fol23-3 e así sucesivamente. IMPORTANTE SUXESTIÓN: Imaxinemos que o informante di cousas interesante sobre a 2GM (Segunda Guerra Mundial), logo fala de costumes locais, e volve novamente falar da 2GM. A entrevista quedaría algo así: Amarelo: 2GM Azul: costumes Branco: irrelevante, ruído, silencios etc Suxerimos xuntar os fragmentos amarelos (2,4,6,10) no fol23-1 e os azuis (7,9,11) no fol23-2. Desta maneira, quedaría así: 12
  • 13. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS • Unha vez realizada a edición da entrevista fol23, podes pechar o editor de son e volver á base de datos. Consigna nela a información: cantos treitos escolleches (columna D) e o temas principais e secundarios aparecidos na entrevista, dacordo co teu sistema de categorización (columnas L, M). SUXESTIÓN: ademais de escribir nas columnas L e M, podes crear unha columna para etiquetas (palabras chave) que identifiquen a entrevista. Se non vas facer transcrición ningunha, transfire o cartafol fol23 do cartafol folegandros/semiprocesado a folegandros/ O teu cartafol árbore debería presentar este aspecto: Agora tés toda a entrevista fol23 sen tocar no cartafol “bruto” e os fragmentos editados no cartafol “segmentos”. Garda sempre o orixinal da entrevista. 13
  • 14. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS E. Transcrición Os beneficios da transcrición son moitos. Vealquí os máis importantes: - Ler e escoitar ao mesmo tempo é ben máis cómodo, especialmente cando a xente fala en dialectos. -Nunha transcrición podes buscar for palabras chave. Nun arquivo de son non se pode. . -Nunha transcrición podes inserir interesantes comentarios. Nun arquivo de son non se pode. -Nunha transcrición podes inserir fotos da entrevista. Ti decides. Está claro que a transcrición pode ser traballosa e consume moito tempo. Pagar paga a pena… • O modelo Na páxina 15 podemos ver un comaquén de transcrición do fol23. Está baseado no modelo que emprega Media dell'Arte para a transcrición no Arquivo de Historia Oral das Cícladas. Deste modo todos os transcritores/as usamos un mesmo estándar tanto para recoller a información proporcionada, notación e símbolos, coma no formato das transcricións (fontes, tamaño de letras, formato do parágrafo, etc). Durante a transcrición empregamos un arquivo aberto (documento de Open Office .odt). Ao rematar o arquivo en formato odt é gardado no cartafol “procesado/fol23/notas” co nome fol23.odt (ver diagrama abaixo). É un arquivo editable, polo que se poden facer correccións logo. • O resultado final: un pdf con enlaces de son O odt logo é exportado como pdf (formato pechado). O pdf é procesado no Adobe Acrobat Professional e sonlle engadidos: -Enlaces entre páxinas -Enlaces para abrir os arquivos de son Para rematar, o arquivo pdf é gardardo no cartafol “procesado/fol23/transcrición” como fol23.pdf (ver diagrama na páxina 9). Media dell' Arte desenvolveu un manual detallado do proceso de transcrición cos paso a paso que debe seguir o/a transcritor/a. Está unicamente en grego e non é este o lugar para ir en máis detalles. Abonde co até aquí dito e cos modelos que seguen. Que teñades sorte!! 14
  • 15. ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES ENTREVISTA: fol23 LUGAR: Folegandros, Ano Meria DATA DA ENTREVISTA: Febreiro 2005 INFORMANTE: Spyros Papadopoulos – Georgia Papadopoulou ENTREVISTADOR/A - Lara Kalliri e Despina Spyrou (fotógrafa do ENTREVISTADOR/A: equipa) DURACIÓN DO ARQUIVO SEN EDITAR: (bruto): 00:31:56'' NÚMERO DE FRAGMENTOS NA ENTREVISTA: 3 fragmentos (fol2-1, fol2-2, fol2-3) DURACIÓN TOTAL DOS FRAGMENTOS ESCOLLIDOS: 00:21:47'' DIXITALIZACIÓN DA Nikos Tsantanis, (dende cintas de 60'), Febreiro 2010 - arquivo MP3 ENTREVISTA: FRAGMENTOS ESCOLLIDOS POR– Primeira escolla: Nikos Tsantanis. Escolla final: Giorgos Paterakis AVALIACIÓN Marzo, 2010 (MarK in-Mark out): PROCESADO DE SON: Giorgos Paterakis, Marzo 2010. arquivos MP3 (Sound Forge: DC removal, EQ, Noise reduction, Fade in-out) TRANSCRICIÓN: (Giorgos Paterakis, Marzo – Abril 2010, odt e pdf CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL' ARTE www.mediadellarte.gr . 1
  • 16. ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES RESUMO E BREVES PALABRAS SOBRE A ENTREVISTA fol23 Spyros Papadopoulos e Georgia Papadopoulou son parella. Habitan en Ano Meria, Folegandros. Teñen 3 fillos, Katerina, Antonis -que estuda na escola técnica en Syros e toca o violín) e Antonis, quen con 7 anos toca o laúde. Lara Kalliri e Despina Spyrou, a fotógrafa da equipa, foron tomar café á casa familiar. Lara comezou amosando fotografías que Media dell' Arte tomara no último ano e así iniciaron a conversa. Falaron sobre os estudos de Antonis en Syros e as dificuldades que isto implica -pois o rapaz debe marchar da illa para seguir estudando-, sobre o seu traballo e sobre os illáns que se ven na obriga de deixar a illa. CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr . 2
  • 17. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE TOPICS-CATEGORIZATION 1 Records: genealogy – onomatology - nicknames 2 Migration: internal and international 3 Transportation – communication 4 Weather 5 Medical care – health 6 Jobs – work 7 Economy - wealth and poverty – money 8 Religiousness 9 Customs - habits - everyday life - routine 10 Nutrition and food 11 Education and school 12 Arts, nusic, dance etc - aesthetic criteria 13 Crimes - offenses – delinquency 14 Personal stories – friendship – love - neighbors - marriage – family 15 Position of women within society 16 Sexuality 17 History - politics - exile: a. Minor Asia Catastrophe, b. Metaxas dictatorship, c. WWI - WWII, d. Civil War, e. Reconstruction - Marshall Plan - Foreign Aid, f. 1967 Dictatorship etc 18 Tourism 19 Comments and comparisons: a. the old and the new world, b. the “local” and the “stranger”, c. big island – small island etc 20 Miscellanea- other ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 3
  • 18. ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES TEMAS-CATEGORIZACIÓN Recordos: xenealoxía – onomástica - alcumes1 Migración: interna e internacional2 Transporte – comunicación3 Clima4 Atención médica – saúde5 Afeccións – traballo6 Economía - riqueza e pobreza – cartos7 Relixiosidade8 Costumes - hábitos – día a día dos illáns - de cotío9 Nutrición e comida10 Educación e escola11 Artes, música, baile, etc - rarezas12 Crime - ofensas – delincuencia13 Historias persoais– amizade – amores - veciños - casamento – familia14 Posición de mulleres na sociedade15 Sexualidade16 Historia - política - exilio: a. Catástrofe de Asia Menor Asia, b. Ditadura de Metaxas,17 c. Guerras Mundiais, d. Guerra Civil, e. Reconstrución, f. Ditadura de 1967, etc Turismo18 Comentarios e comparacións: a. o vello e o novo mundo, b. o19 “local” e o “forasteiro”, c. illas grandes – pequenas illas etc Miscelánea- outros20 CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr . 3
  • 19. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE INDEX OF SYMBOLS SYMBOL EXPLANATION Mouse click to reproduce sound Mouse click to return to the chosen segment's index [...] Deliberate left out part. You hear it in the sound file but it is not transcribed. [???] Not transcribed: impossible to understand what is said. Bad recording. [?] Transcribed but not sure what is said. Bad recording. (!) (sic) (?) Transcribed as said, but I don't know what it means (idiom, dialect etc). [ed] “Edited”. There are two segments put one after the other. In the raw file they are apart. [ch+] The interviewee “chews” his words and does not pronounce properly. The transcription is done based on what is thought he would say if he spoke clearly. [ch-] The interviewee “chews” his words and does not utter properly. So those words/phrases are left out (can be replaced with [...]). The account is tightly related to this topic-category. The account is loosely related to this topic-category. ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 4
  • 20. ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES ÍNDICE DE SÍMBOLOS EXPLICACIÓN DE SÍMBOLOS Fai click co rato para reproducir o son Fai click co rato para volver ao índice de fragmentos seleccionados [...] Parte audible pero deliberadamente non transcrita. [???] Parte non transcrita por ser inintelixible. Mala gravación [?] Parte transcrita mais con dúbidas. Mala gravación. (!) (sic) (?) Transcrita como soa, pero sen comprender o que significa (idioma, dialecto…) [ed] “Editado”. Dous ou máis fragmento unidos, que no bruto orixinal van á parte. [ch+] O informante “masca chicle” e non pronuncia ben. A transcrición faise en base ao que cremos que estaría dicindo se pronunciase ben. [ch-] O informante “masca chicle” e non se entende. Non se transcribe. Poderíase sinalar con [...] O testemuño ten moita relación con este tema-categoría. O testemuño ten algunha relación con este tema-categoría. CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr . 4
  • 21. ARQUIVO ORAL DAS CÍCLADES ÍNDICE DE FRAGMENTOS ESCOLLIDOS DA ENTREVISTA fol23 Código do Arquivo Marcas de entrada e Descrición de acordo coas o categorías Páxina fragmento de Son saída no arquivo bruto Duración do fragmento migración interna, transporte,Fol23-1 00:00-07:40 6 03:38 atención médica–saúde, educación – escola, música–rarezas migración interna, transporte,Fol23-2 07:53-27:37 7 15:09 comunicación, traballos, costumes: a tradición de Páscua Educación, artes-música-rarezasFol23-3 27:37-05:10 8 03:00 CALQUERA REPRODUCIÓN OU PUBLICACIÓN DUNHA PARTE DESTE ARQUIVO ESTÁ ESTRITAMENTE PROHIBIDA SEN O CONSENTIMENTO ESCRITO DE MEDIA DELL’ ARTE– www.mediadellarte.gr . 5
  • 22. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE INDEX OF THE CHOSEN SEGMENTS OF THE INTERVIEW fol23 Segment's code Sound file Place of the segment in the raw file (mark in -mark out) General description according to the categories page Duration of the segment Fol23-1 00:00-07:40 internal migration, transportation, medical care–health, education – school, music–aesthetic criteria 6 03:38 Fol23-2 07:53-27:37 internal migration, transportation, communication, jobs, customs: the Easter custom 7 15:09 Fol23-3 27:37-05:10 Education, arts-music-aesthetic criteria 8 03:00 ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 5
  • 23. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE Segment's code Sound file Place of the segment in the raw file (mark in -mark out) General description according to the categories page Duration of the segment Fol23-1 00:00-07:40 internal migration, transportation, medical care–health, education – school, music–aesthetic criteria 6 03:38 [they all see pictures taken by the Media dell' Arte photographers Lefteris Miaoulis and Kiki Dovinou last year on Folegandros] Γιάννης: Εσείς τον Αντώνη [ο αδελφός του Γιάννη] θυμάμαι που τον είχατε βγάλει φωτογραφία μεγάλη.... [βλέπει μια φωτογραφία με τους συμμαθητές του που κουβαλάνε μαζί τους στο σχολείο και τα παιχνιδάκια τους] Ο Δημήτρης ο μικρός με το αμαξάκι που είχενε μαζί του. Α, η Κατερίνα η Γιώργη η [???]. Λάρα: Τι τάξη πας τώρα εσύ; Γιάννης: Δευτέρα. Λάρα: Δευτέρα... ωραία. Πιο πολύ σ' αρέσει το σχολείο ή τ' απόγευμα που είσαι ελεύθερος; Γιάννης: Μμμ... και τα δυο. Αλλά πιο πολύ το διάλειμμα. [Βλέπει άλλη φωτογραφία με τον εαυτό του] Πού είν' αυτό; Λάρα: Εσύ είσ' εδώ πίσω. Γιάννης: Μπόινκ. Α, ναι. Λάρα: Σε είδες; Να τον, εδώ. [στη φωτογραφία που βλέπουν ο Γιάννης έχει βουλωμένο το ένα μάτι με γάζα] Το μάτι είναι καλά; Γιάννης: Δεν το φοράω αυτό [ενν. τη γάζα] Γιάννης: Δεν το φοράς, ε; Δεν το χρειάζεσαι. Γιάννης: Δω πέρα είναι κει στο... κει που μένει ο Δημήτρης ο... τέτοιος. Δω από (...the transcription continues until the segment ends) ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 6 “I don;t wear this anymore”. Photo. L. Miaoulis
  • 24. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE Segment's code Sound file Place of the segment in the raw file (mark in -mark out) General description according to the categories page Duration of the segment Fol23-2 07:53-27:37 internal migration, transportation, communication, jobs, customs: the Easter custom 7 15:09 [Giannis' father, Spyros, comes home from work] Σπύρος: Συ 'σαι ο φωτογράφος; Λάρα: Όχι. Δέσποινα: Εγώ. Σπύρος: Α, τούτη δω είν' ωραία. Γιάννης: [σχολιάζει μια φωτογραφία με τον αδελφό του, τον Αντώνη] [???] Σπύρος: Τώρα τον έχουμε χάσει όμως. Γιάννης: Τι είν' αυτό ρε; Α, αυτή είν' η Κορωνιάτη. Αυτός ποιος είναι; Σπύρος: [???] Γιάννης: Βρε αυτός! Σπύρος: Πού να ξέρω εγώ. Αυτός ποιος είναι, ξέρεις; Γιάννης: Ποιος; [γελάει] Ρε τον εαυτό μου δεν ξέρω; Σπύρος: Ουφφ... Γιάννης: Τι ουφ; Λάρα: Από δουλειά έρχεστε; Σπύρος: Δουλειές του κάκου τις ξέρεις; Άμα ξέρεις τι είν' οι δουλειές του κάκου, χέσε. Λάρα: Γιατί του κάκου; (...the transcription continues until the segment ends) ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 7 "If you see me now, I am soaking wet". Photo: Despina Spyrou
  • 25. CYCLADES ORAL HISTORY ARCHIVE Segment's code Sound file Place of the segment in the raw file (mark in -mark out) General description according to the categories page Duration of the segment Fol23-3 27:37-05:10 Education, arts-music-aesthetic criteria 8 03:00 Δέσποινα: Κι ο Αντώνης στη μουσική πάντως πρέπει να 'ναι πολύ καλός. Σπύρος: Ο Αντώνης είναι κει καλός αλλά δεν πάει στη Σύρο όμως που το 'χα πει εγώ να πάει στο ωδείο. Λάρα: Ευκαιρία θα 'ταν τώρα. Σπύρ: Πήγε και γράφτηκε στο πόλο [?] και πληρώσαμε σαράντα ευρώ το μήνα, και δεν πήγε να πληρώνει στο ωδείο να 'ταν τώρα φτασμένος. Λέει “αυτά που ξέρω θα μου τ' αλλάξουν”, λέει, “όλα”, λέει. Γιωργία: Ναι, “αυτά”, λέει, “θα μου τ' αλλάξουν. Θα μου λένε”, λέει, “να μάθω νότες, να μάθω το ένα, να μάθω το άλλο...” Σπ: Και κάθεται όλη μέρα και δεν πάει. Λάρα: Το 'χει κοντά το βιολί; Γιωργ: Ναι, μαζί. Παίζει. Παίζει. Σπ: Καλά, τις λίγες μέρες που παίζει... Δέσπ: Πώς έμαθε; Σπ: Τίποτα. Γιωργ: Μόνος του, έτσι. Πήγε κει στο Νίκο εδώ, το σωφέρ. Ε, κι ο Νίκος μόνος του, αυτοδίδακτος. Σπ: Αν πήγε πέντε φορές... Μα και πέντε φορές να σου λέω πολλές ήτανε. Την πρώτη βραδιά που πήγε εκεί πέρα στο Νίκο, το βράδυ ήπαιξε ένα κομμάτι που του 'μαθε ο (...the transcription continues until the segment ends) -END OF THE INTERVIEW- ANY KING OF REPRODUCTION OR PUBLICATION OF THIS OR PART OF THIS ARCHIVE IS STRICTLY FORBIDDEN WITHOUT THE MEDIA DELL' ARTE'S WRITTEN PERMISSION – www.mediadellarte.gr. 8
  • 26. GRAND TREASURES. MANUAL DE ENTREVISTA E ARQUIVO DE TESTEMUÑOS ORAIS IV. APÉNDICE O equipamento mencionado neste breve manual: -unha gravadora dixital de voz decente (a partir de 200 – 300 euros) -un computador -dous discos duros con capacidade suficiente (principal e copia de seguridade: MDA temos de 2 e 2,5 TB) -cascos e/ou altofalantes -equipamento opcional: vídeo-cámara con micrófono externo micrófono, cámara O software mencionado neste breve manual: -Microsoft Office Excel -Open Office texto editor -Sound Forge -Adobe Acrobat Professional Suxestións de lecturas na rede: -The Voice of the Past por Paul Thompson, Oxford University Press, 1978 15