SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
1
GREGO II. CUESTIÓNS 3ª AVALIACIÓN. CURSO 2019-2020. HISTORIOGRAFÍA.
1. Obras principais de Xenofonte. (CONSULTA OS PROLEGOMENOS DO CUADERNILLO QUE
ESTAMOS TRADUCINDO)
Escritor ateniense do século V-IV, discípulo de Sócrates, do que nos fala nas obras “Memorias de
Sócrates”, “Simposio” e “Apoloxía de Sócrates”,onde expón as ensinanzas deste filósofo e a súa inxusta
condena a morte. Outra obra que podemos destacar e a Historia Helénica, que é continuación do relato
que Tucídides fixo da Guerra do Peloponeso e chega atao ano 362; é obra de interese, pero tamén de ton
menor en comparanza coa de Tucídides. A Ciropedia é unha biografía de Ciro o Grande(ou Vello). Na
obra preséntase a Ciro como modelo de príncipes e gobernantes e préstase atención á súa educación. O
rei persa é presentado como o príncipe ideal polas súas virtudes morais e militares, pero de forma
pouco respectuosa coa verdade histórica. Na Anábase, crónica da expedición e retirada de mercenarios
gregos ó servizo do persa Ciro o Novo, conta a súa intervención nesta campaña de este contra o seu
irmán Artaxerxes e, sobre todo, a retirada que, morto Ciro, tiveron que facer os mercenarios gregos
atravesando Anatolia ata chegaren ó Mar Negro. “Constitución dos lacedemonios”, sobre as virtudes das
constitucións de fasquía oligárquica e aristocrática, “Económico”, sobre a facenda doméstica; tamén
tratou temas de hípica, caza etc.
2. Que se conta na Anábase?
Enrolados por diñeiro baixo a bandeira do príncipe Ciro o Mozo para disputar o trono de Persia ao seu
irmán, o rei Artajerjes II, os mercenarios gregos - uns 13.000 guerreiros (Jenofonte usou a palabra myrioi, dez
mil, que luce máis), na súa maioría hoplitas- atopáronse con que a morte na batalla de Cunaxa (401 a. de C.)
de Ciro, deixábaos nunha situación tan complicada como absurda: no medio do maior imperio do mundo, ao
que atacaran, e sen nada que facer salvo saír de alí pitando. Fixérono marchando desde preto do que hoxe é
Bagdad a través das montañas do Kurdistán e a meseta de Armenia até o mar Negro, por Trebisonda, sen
deixar de combater e pasándoo, como queda dito, francamente mal. En total percorreron 6.000 quilómetros,
que xa é distancia se vas a pé, sen GPS, cun gran escudo de bronce e mentres a xente lles tiraba de todo polo
camiño. Morreron uns 4.000, pero o exército mantivo a cohesión e iso salvouno.
3. Obras de xenofonte relacionadas co nome de Ciro e cos persas.
A “Anábase” ou retirada dos dez mil mercenarios gregos que combateran no exército de Ciro o
Novo, morto na batalla de Cunaxa (ano 401) na loita polo trono contra o seu irmán o rei Artaxerxes II. A
retirada foi abundante en peripecias e moi longa, desde Cunaxa, preto de Babilonia, ata a colonia grega
de Trapezunte no Mar Negro. A “Ciropedia” ou “educación de Ciro” é unha biografía de Ciro o Grande,
con especial insistencia na súa formación como príncipe e guerreiro; fai relato das súas exitosas
campañas e do seu labor como gobernante. É unha obra destacable como cabeza da tradición europea
de tratados sobre o príncipe ideal e a súa educación.
4. O rei Ciro o Vello na obra de Xenofonte
Xenofonte na Ciropedia, ademais de expor a “educación de Ciro” o Vello ou Grande, fixo unha
biografía idealizada deste rei do s. VI a. C., creador do imperio persa. Este Ciro, que non é Ciro o Novo, o
da Anábase, s. V a.C., é presentado como o príncipe ideal polas súas virtudes morais e militares, pero de
forma pouco respectuosa coa verdade histórica:. A Ciropedia é mais ben unha historia novelada. No
fondo desta obra están as ideas e o optimismo socrático e sofístico sobre a educación ou paideía que
aspira a formar o home cabal, o bo cidadán, o bo gobernante.
5. Ambiente político e social de atenas en vida e morte de sócrates.
A Atenas do século V a. C. ten o seu ‘século de ouro’ na prosperidade material baseada na
talasocracia ou dominio do mar, unha política imperialista que inclúe a alianza ou sometemento doutras
cidades gregas. É o tempo de reconstruír a Acrópole coas marabillas do Partenón, dos Propileos etc.; é o
tempo do esplendor da Traxedia e da Comedia en festivais do deus Dioniso. Atenas é capital intelectual
do mundo helénico con vivo debate entre a opinión conservadora, tradicionalista, e a ilustración crítica
e racionalista que encabezan os sofistas e que ten a súa máxima expresión en que, con Protágoras, “unha
persoa é a medida de todas as cousas”. O declive de Atenas comeza cando, a pouco de iniciar a súa guerra
contra Esparta, sofre unha terrible peste que ten como vítima principal a Pericles, un político innovador
e capaz ó que debemos, según a obra de Tucídides, a definición e o programa, da democracia ateniense.
A partir do ano 430, Atenas vai estar mal dirixida na guerra e vai vivir un constante enfrontamento dos
2
seus bandos políticos, intelectuais e sociais, procesos que rematan na derrota da cidade (ano 404) e na
substitución do réxime democrático polo oligárquico. Sócrates, home sempre crítico e independente, vai
ser na súa inxusta condena a morte (ano 399) a vítima principal das tensións que viviu Atenas; xa anos
atrás fora obxecto Sócrates da sátira inxusta do cómico Aristófanes, que en “Nubes” adiantou a mentira
de que Sócrates corrompía a xente nova, unha das acusacións que o levaron a beber a cicuta.
6. Liñas principais do ensino de sócrates
Polos diálogos de Platón e tamén por obras de Xenofonte sabemos que o interese principal do
ensino de Sócrates, que se consideraba movido por un daímon ou divinidade, estivo no home, na súa
capacidade para coñecer e nos valores morais, pois a conduta inxusta non é outra cousa que ignorancia.
Sócrates ten pouco interese en cuestións teolóxicas e cosmolóxicas. O diálogo foi o seu instrumento
pedagóxico e Platón fixo del unha das máis brillantes creacións da Literatura Grega nos seus, con
Sócrates como interlocutor protagonista.
7. Principios básicos de sócrates e do seu ensino.
Home radicalmente independente nas súas conviccións, tivo conflito cos políticos e foi
inxustamente condenado a morte acusado de ser inimigo dos deuses da cidade e corruptor da xente
nova. Non deixou escritos e sabemos da súa filosofía por Aristófanes, nunha sátira malévola e
desaxeitada (“Nubes”), por Xenofonte, con pouca altura intelectual, e polos diálogos de Platón.
Polos diálogos de Platón e tamén por obras de Xenofonte sabemos que o interese principal do
ensino de Sócrates, que se consideraba movido por un daímon ou divinidade, estivo no home, na súa
capacidade para coñecer e nos valores morais, pois a conduta inxusta non é outra cousa que ignorancia.
Sócrates ten pouco interese en cuestións teolóxicas e cosmolóxicas. O diálogo foi o seu instrumento
pedagóxico e Platón fixo del unha das máis brillantes creacións da Literatura Grega, con Sócrates como
interlocutor protagonista.
O tema principal do pensamento de Sócrates é a distinción entre a opinión e o coñecemento
verdadeiro: en particular o coñecemento do ben; o coñecemento leva necesariamente a que o home non
poida obrar mal. Sócrates di que a súa sabedoría está en que sabe a súa propia ignorancia, punto de
partida para o exame co que poder chegar á verdade que temos no noso interior: “non paga a pena vivir
unha vida sen exame”. Na ironía de se finxir ignorante e na súa posición independente e crítica ante a
opinión e o poder Sócrates fixo os inimigos que o levaron a beber a cicuta, mentres el propuña, como
alternativa, unha pensión vitalicia por benfeitor da cidade e dos cidadáns.
8. Causas e desenlace do proceso de Sócrates
A Atenas do s. V vive un tenso debate entre as formas ideolóxicas tradicionais, conservadoras... e
a “ilustración” crítica da tradición en todas as ordes, especialmente no relixioso e no político. Sócrates
marcou diferencias claras fronte á tradición, pero foi inxustamente confundido cas correntes máis
radicais da ilustración sofística: nas Nubes de Aristófanes, ano 423, é presentado como o que ensina a
converter o lógos ádikos ou ‘causa inxusta’ en lógos díkaios ou ‘causa xusta’ e como intelectual perigoso,
corruptor da xente nova; o ano 399, na crise total de Atenas trala súa derrota ante Esparta, Sócrates foi
condenado a morte precisamente cos cargos de ateo e corruptor da xuventude que xa estaban
insinuados en Aristófanes. En realidade Sócrates, que tiña o seu interese dominante no home e nas súas
capacidades de coñecemento, elección e práctica do xusto, era inocente deses cargos e tivo a ironía de
propor como alternativa á pena de morte a honra de ser mantido cos fondos públicos en pago ó ben que
co seu ensino facía ós seus concidadáns.
9. Causas da prisión e do xuízo de sócrates.
Unha acusación inxusta que, en certo modo, era esperable contra un home que filosofou anos e
anos con independencia crítica ante todos os usos, tradicións e sectores da vida cidadá ateniense,
ademais da ironía, coa que, simulando a súa ignorancia, puña en evidencia a dos seus interlocutores no
relativo ó coñecemento certo e por riba da simple opinión. Sócrates, erradamente confundido cos
sofistas, foi vítima da crise política, social e moral profunda de Atenas tras a súa derrota ante Esparta,
pero foron totalmente falsos os dous puntos da acusación -non respectar os deuses da cidade e
corromper a xente nova- pola que foi condenado á cicuta. Mellor lles fora ós atenienses elixir a
alternativa que Sócrates lles propuxo no seu proceso: que lle desen unha pensión vitalicia por benfeitor
da cidade.

More Related Content

Similar to Cuestions ppau grego 19 20

Similar to Cuestions ppau grego 19 20 (20)

Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Política e sociedade grecia
Política e sociedade greciaPolítica e sociedade grecia
Política e sociedade grecia
 
Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1Platón. O mito da caverna 1
Platón. O mito da caverna 1
 
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizaciónsO nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
O nacemento da literatura, as primeiras civilizacións
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Antiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_TouroAntiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_Touro
 
ColeccióN 1
ColeccióN 1ColeccióN 1
ColeccióN 1
 
A Historiografía Latina
A Historiografía LatinaA Historiografía Latina
A Historiografía Latina
 
Fª cristiá
Fª cristiáFª cristiá
Fª cristiá
 
Antiga Roma Share
Antiga Roma ShareAntiga Roma Share
Antiga Roma Share
 
02 sócrates e os sofistas
02 sócrates e os sofistas02 sócrates e os sofistas
02 sócrates e os sofistas
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]Cantigas de escarnio[1]
Cantigas de escarnio[1]
 
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de AquinoApuntes Agostiño e Tomé de Aquino
Apuntes Agostiño e Tomé de Aquino
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 
Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20Personaxes pioneiros 1 20
Personaxes pioneiros 1 20
 
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdfA CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
A CIVILIZACIÓN GREGA.pdf
 
risco
riscorisco
risco
 
Unidade 9 grecia
Unidade 9 greciaUnidade 9 grecia
Unidade 9 grecia
 

Cuestions ppau grego 19 20

  • 1. 1 GREGO II. CUESTIÓNS 3ª AVALIACIÓN. CURSO 2019-2020. HISTORIOGRAFÍA. 1. Obras principais de Xenofonte. (CONSULTA OS PROLEGOMENOS DO CUADERNILLO QUE ESTAMOS TRADUCINDO) Escritor ateniense do século V-IV, discípulo de Sócrates, do que nos fala nas obras “Memorias de Sócrates”, “Simposio” e “Apoloxía de Sócrates”,onde expón as ensinanzas deste filósofo e a súa inxusta condena a morte. Outra obra que podemos destacar e a Historia Helénica, que é continuación do relato que Tucídides fixo da Guerra do Peloponeso e chega atao ano 362; é obra de interese, pero tamén de ton menor en comparanza coa de Tucídides. A Ciropedia é unha biografía de Ciro o Grande(ou Vello). Na obra preséntase a Ciro como modelo de príncipes e gobernantes e préstase atención á súa educación. O rei persa é presentado como o príncipe ideal polas súas virtudes morais e militares, pero de forma pouco respectuosa coa verdade histórica. Na Anábase, crónica da expedición e retirada de mercenarios gregos ó servizo do persa Ciro o Novo, conta a súa intervención nesta campaña de este contra o seu irmán Artaxerxes e, sobre todo, a retirada que, morto Ciro, tiveron que facer os mercenarios gregos atravesando Anatolia ata chegaren ó Mar Negro. “Constitución dos lacedemonios”, sobre as virtudes das constitucións de fasquía oligárquica e aristocrática, “Económico”, sobre a facenda doméstica; tamén tratou temas de hípica, caza etc. 2. Que se conta na Anábase? Enrolados por diñeiro baixo a bandeira do príncipe Ciro o Mozo para disputar o trono de Persia ao seu irmán, o rei Artajerjes II, os mercenarios gregos - uns 13.000 guerreiros (Jenofonte usou a palabra myrioi, dez mil, que luce máis), na súa maioría hoplitas- atopáronse con que a morte na batalla de Cunaxa (401 a. de C.) de Ciro, deixábaos nunha situación tan complicada como absurda: no medio do maior imperio do mundo, ao que atacaran, e sen nada que facer salvo saír de alí pitando. Fixérono marchando desde preto do que hoxe é Bagdad a través das montañas do Kurdistán e a meseta de Armenia até o mar Negro, por Trebisonda, sen deixar de combater e pasándoo, como queda dito, francamente mal. En total percorreron 6.000 quilómetros, que xa é distancia se vas a pé, sen GPS, cun gran escudo de bronce e mentres a xente lles tiraba de todo polo camiño. Morreron uns 4.000, pero o exército mantivo a cohesión e iso salvouno. 3. Obras de xenofonte relacionadas co nome de Ciro e cos persas. A “Anábase” ou retirada dos dez mil mercenarios gregos que combateran no exército de Ciro o Novo, morto na batalla de Cunaxa (ano 401) na loita polo trono contra o seu irmán o rei Artaxerxes II. A retirada foi abundante en peripecias e moi longa, desde Cunaxa, preto de Babilonia, ata a colonia grega de Trapezunte no Mar Negro. A “Ciropedia” ou “educación de Ciro” é unha biografía de Ciro o Grande, con especial insistencia na súa formación como príncipe e guerreiro; fai relato das súas exitosas campañas e do seu labor como gobernante. É unha obra destacable como cabeza da tradición europea de tratados sobre o príncipe ideal e a súa educación. 4. O rei Ciro o Vello na obra de Xenofonte Xenofonte na Ciropedia, ademais de expor a “educación de Ciro” o Vello ou Grande, fixo unha biografía idealizada deste rei do s. VI a. C., creador do imperio persa. Este Ciro, que non é Ciro o Novo, o da Anábase, s. V a.C., é presentado como o príncipe ideal polas súas virtudes morais e militares, pero de forma pouco respectuosa coa verdade histórica:. A Ciropedia é mais ben unha historia novelada. No fondo desta obra están as ideas e o optimismo socrático e sofístico sobre a educación ou paideía que aspira a formar o home cabal, o bo cidadán, o bo gobernante. 5. Ambiente político e social de atenas en vida e morte de sócrates. A Atenas do século V a. C. ten o seu ‘século de ouro’ na prosperidade material baseada na talasocracia ou dominio do mar, unha política imperialista que inclúe a alianza ou sometemento doutras cidades gregas. É o tempo de reconstruír a Acrópole coas marabillas do Partenón, dos Propileos etc.; é o tempo do esplendor da Traxedia e da Comedia en festivais do deus Dioniso. Atenas é capital intelectual do mundo helénico con vivo debate entre a opinión conservadora, tradicionalista, e a ilustración crítica e racionalista que encabezan os sofistas e que ten a súa máxima expresión en que, con Protágoras, “unha persoa é a medida de todas as cousas”. O declive de Atenas comeza cando, a pouco de iniciar a súa guerra contra Esparta, sofre unha terrible peste que ten como vítima principal a Pericles, un político innovador e capaz ó que debemos, según a obra de Tucídides, a definición e o programa, da democracia ateniense. A partir do ano 430, Atenas vai estar mal dirixida na guerra e vai vivir un constante enfrontamento dos
  • 2. 2 seus bandos políticos, intelectuais e sociais, procesos que rematan na derrota da cidade (ano 404) e na substitución do réxime democrático polo oligárquico. Sócrates, home sempre crítico e independente, vai ser na súa inxusta condena a morte (ano 399) a vítima principal das tensións que viviu Atenas; xa anos atrás fora obxecto Sócrates da sátira inxusta do cómico Aristófanes, que en “Nubes” adiantou a mentira de que Sócrates corrompía a xente nova, unha das acusacións que o levaron a beber a cicuta. 6. Liñas principais do ensino de sócrates Polos diálogos de Platón e tamén por obras de Xenofonte sabemos que o interese principal do ensino de Sócrates, que se consideraba movido por un daímon ou divinidade, estivo no home, na súa capacidade para coñecer e nos valores morais, pois a conduta inxusta non é outra cousa que ignorancia. Sócrates ten pouco interese en cuestións teolóxicas e cosmolóxicas. O diálogo foi o seu instrumento pedagóxico e Platón fixo del unha das máis brillantes creacións da Literatura Grega nos seus, con Sócrates como interlocutor protagonista. 7. Principios básicos de sócrates e do seu ensino. Home radicalmente independente nas súas conviccións, tivo conflito cos políticos e foi inxustamente condenado a morte acusado de ser inimigo dos deuses da cidade e corruptor da xente nova. Non deixou escritos e sabemos da súa filosofía por Aristófanes, nunha sátira malévola e desaxeitada (“Nubes”), por Xenofonte, con pouca altura intelectual, e polos diálogos de Platón. Polos diálogos de Platón e tamén por obras de Xenofonte sabemos que o interese principal do ensino de Sócrates, que se consideraba movido por un daímon ou divinidade, estivo no home, na súa capacidade para coñecer e nos valores morais, pois a conduta inxusta non é outra cousa que ignorancia. Sócrates ten pouco interese en cuestións teolóxicas e cosmolóxicas. O diálogo foi o seu instrumento pedagóxico e Platón fixo del unha das máis brillantes creacións da Literatura Grega, con Sócrates como interlocutor protagonista. O tema principal do pensamento de Sócrates é a distinción entre a opinión e o coñecemento verdadeiro: en particular o coñecemento do ben; o coñecemento leva necesariamente a que o home non poida obrar mal. Sócrates di que a súa sabedoría está en que sabe a súa propia ignorancia, punto de partida para o exame co que poder chegar á verdade que temos no noso interior: “non paga a pena vivir unha vida sen exame”. Na ironía de se finxir ignorante e na súa posición independente e crítica ante a opinión e o poder Sócrates fixo os inimigos que o levaron a beber a cicuta, mentres el propuña, como alternativa, unha pensión vitalicia por benfeitor da cidade e dos cidadáns. 8. Causas e desenlace do proceso de Sócrates A Atenas do s. V vive un tenso debate entre as formas ideolóxicas tradicionais, conservadoras... e a “ilustración” crítica da tradición en todas as ordes, especialmente no relixioso e no político. Sócrates marcou diferencias claras fronte á tradición, pero foi inxustamente confundido cas correntes máis radicais da ilustración sofística: nas Nubes de Aristófanes, ano 423, é presentado como o que ensina a converter o lógos ádikos ou ‘causa inxusta’ en lógos díkaios ou ‘causa xusta’ e como intelectual perigoso, corruptor da xente nova; o ano 399, na crise total de Atenas trala súa derrota ante Esparta, Sócrates foi condenado a morte precisamente cos cargos de ateo e corruptor da xuventude que xa estaban insinuados en Aristófanes. En realidade Sócrates, que tiña o seu interese dominante no home e nas súas capacidades de coñecemento, elección e práctica do xusto, era inocente deses cargos e tivo a ironía de propor como alternativa á pena de morte a honra de ser mantido cos fondos públicos en pago ó ben que co seu ensino facía ós seus concidadáns. 9. Causas da prisión e do xuízo de sócrates. Unha acusación inxusta que, en certo modo, era esperable contra un home que filosofou anos e anos con independencia crítica ante todos os usos, tradicións e sectores da vida cidadá ateniense, ademais da ironía, coa que, simulando a súa ignorancia, puña en evidencia a dos seus interlocutores no relativo ó coñecemento certo e por riba da simple opinión. Sócrates, erradamente confundido cos sofistas, foi vítima da crise política, social e moral profunda de Atenas tras a súa derrota ante Esparta, pero foron totalmente falsos os dous puntos da acusación -non respectar os deuses da cidade e corromper a xente nova- pola que foi condenado á cicuta. Mellor lles fora ós atenienses elixir a alternativa que Sócrates lles propuxo no seu proceso: que lle desen unha pensión vitalicia por benfeitor da cidade.