Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia

5,208 views

Published on

Primeiras civilizacións. Exipto e Mesopotamia

Published in: Education
  • Be the first to comment

Unidade 10. as primeiras civilizacións. exipto e mesopotamia

  1. 1. UNIDADE 10. AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS: MESOPOTAMIA E EXIPTO
  2. 2. As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto 5. A relixión exipcia 4. O Exipto dos faraóns 3. Exipto, o río e o deserto 2. A arte mesopotámica 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 6. O templo morada dos deuses 7. As tumbas exipcias
  3. 3. INTRODUCIÓN. CRONOLOXÍA • Hai uns 6000 anos, no Crecente Fértil, as melloras agrícolas deron orixe a sociedades máis prósperas e complexas. • Moitas aldeas neolíticas transformáronse en cidades e apareceron as primeiras grandes civilizacións urbanas. • A agricultura estendeuse por Mesopotamia e Exipto. • Foi tamén nestas civilizacións onde se inventou a escritura. Con ela a humanidade entrou na Historia.
  4. 4. Civilización mesopotámica Civilización exipcia
  5. 5. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.1. As primeiras cidades-estado • En Sumer (Baixa Mesopotamia), cara ao IV milenio a.C., xurdiron as primeiras cidades- Estado: Ur, Uruk, Lagash e Eridu. • Estas cidades estaban rodeadas por murallas e ao seu redor estendíanse os campos de cultivo, atravesados por canles de rega, que aproveitaban a auga dos ríos. A maioría dos seus habitantes eran agricultores e pastores. • A prosperidade agrícola e gandeira destas cidades permitiu que unha parte da poboación se dedicase a outras tarefas: naceron os comerciantes e os artesáns. Comezaron a utilizar a moeda.
  6. 6. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.1. As primeiras cidades-estado • No centro da cidade sentábase o templo (cigurat) dedicado ao deus que protexía a cidade. Alí vivían os sacerdotes, que controlaban as colleitas e o comercio, impoñían os tributos e garantían a orde. • O xefe dos sacerdotes detentaba o poder relixioso e político da cidade. Para os labores de administración axudábanse de funcionarios. • Os conflitos entre as cidades veciñas polo control da terra deron lugar a aparición de xefes militares que acabaron dominando as cidades e convertéronse en monarcas. As guerras fixeron aumentar o número de escravos, que eran habitantes dos territorios sometidos.
  7. 7. • IV milenio a.C. Sumer, cidades-estado da Baixa Mesopotamia. • Entre o III e o I milenio a.C., as terras de Mesopotamia foron sucesivamente dominadas por diversos pobos, que crearon grandes imperios. • Akad (III milenio a.C.) Iniciado por Sargón. • Imperio babilónico (cara ao 1800 a.C.). En época do rei Hammurabi (1750 a.C.) redactouse o primeiro código de leis coñecidos. • Imperio asirio (cara ao 1300 a.C.). Estendíase do Golfo Pérsico ata o Mediterráneo. • Imperio persa (século VI a.C.). Espallouse ata o Indo. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.2. Os primeiros imperios
  8. 8. VI a.C.
  9. 9. • A escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas cara ao 3500 a.C. • Os funcionarios e sacerdotes tiñan necesidade de controlar a propiedade das terras, as colleitas, os impostos, etc., e comezaron a facer anotacións para levar a contabilidade. • Os reis utilizaron sistemas de escritura para escribir ordes, fixar leis e redactar códigos. • Tamén se comezaron a escribir textos literarios e relixiosos. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.3. A orixe da escritura
  10. 10. • As primeiras formas de escritura eran pictográficas, isto é, debuxábase un símbolo (pictograma), que representaba un obxecto ou un concepto. • Máis adiante, convertéronse en ideogramas, que representaban accións ou conceptos máis xerais. Co tempo, estes signos foron simplificándose e deron lugar á escritura cuneiforme. • A escritura realizábase facendo incisións con punzóns sobre táboas de arxila húmida, nas que quedaban impresos os signos. A continuación deixábanse secar ao solo para endurecelas. Coñecer todos os signos era un labor difícil, que estaba reservado a uns especialistas: os escribas. 1. Mesopotamia, terra entre dous ríos 1.3. A orixe da escritura: a escritura cuneiforme
  11. 11. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 1. Se un señor acusa a outro señor e presenta contra el denuncia de homicidio, pero non a pode probar, o seu acusador será castigado coa morte. • 3. Se un señor aparece nun proceso para presentar un falso testemuño e non pode probar a palabra que dixo, se o proceso é un proceso de pena capital tal señor será castigado coa morte. • 6. Se un señor rouba a propiedade relixiosa ou estatal, ese señor será castigado coa morte. Ademais o que recibiu das súas mans os bens roubados será tamén castigado coa morte.
  12. 12. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 16. Se un señor deu refuxio na súa casa a un escravo ou escrava fuxitivos, pertencentes ao Estado ou a un subalterno e se non o entregou á chamada do pregoeiro, o dono da casa recibirá a morte. • 141. Se a esposa dun señor, que vive na casa dese señor, decide marcharse, adquire un peculio secretamente, dilapida a súa casa e humilla ao seu marido, probarano contra ela. Entón, se o seu marido declara que quere repudiala, poderá repudiala; non terá que darlle nada nin para os seus gastos de partida nin pola repudiación. Se o seu marido declara que non quere repudiala, o seu marido poderá tomar en matrimonio a outra muller; en canto á primeira muller vivirá como escrava na casa do seu marido.
  13. 13. O CÓDIGO DE HAMMURABI • 195. Se un fillo golpeou ao seu pai, amputaráselle a man. • 196. Se un señor rebentou o ollo doutro señor, rebentaráselle o seu ollo. • 197. Se un señor rompeu o óso doutro señor, romperáselle o seu óso. • 198. Se rebentou o ollo dun subalterno ou rompeu o óso dun subalterno, pagará unha mina de prata.
  14. 14. APARTADO 1 (páx. 149) ACTIVIDADES 1. ¿Que características tiñan as primeiras cidades-Estado de Mesopotamia? 2. ¿Cando apareceron estas cidades? ¿En que zona? ¿Que características tiña esta área? 3. ¿Que grupos sociais existían? ¿A que se dedicaban? 4. ¿Por que apareceron os primeiros monarcas? 5. ¿Como se orixinou a escritura? ¿En que época se inventou?
  15. 15. • O cigurat e o palacio foron as dúas grandes construcións das cidades mesopotámicas. • Construíanse con adobes e recuberta con betume. Para a súa decoración utilizábanse revestimentos de cerámica vidrada de cores brillantes. • A grande contribución mesopotámica á arquitectura foron o arco e a bóveda cos que construíron impoñentes templos e palacios. 2. A arte mesopotámica 2.1. A arquitectura (páx. 150)
  16. 16. BÓVEDA E ARCO DE MEDIO PUNTO
  17. 17. Porta de Isthar (período neobabilónico: s. VI a.C.) http://www.youtube.com/watch?v=2vF2eC9McPE
  18. 18. Os cigurats • Nun país chan como era Mesopotamia, a montaña era o lugar sagrado por excelencia. • Para comunicárense cos deuses, os mesopotámicos levantaron os cigurats, unhas montañas artificiais construídas a partir da superposición de diferentes socalcos de ladrillos. • Na cúspide atopábase o santuario, a morada dos deuses.
  19. 19. RECONSTRUCIÓN DUN CIGURAT
  20. 20. 2. A arte mesopotámica 2.2. A escultura • Elaboráronse unhas pequenas estatuíñas de orantes, homes e mulleres en actitude de pegraria e a representación dos reis. • En escultura salientan unhas pequenas estatuíñas de orantes e as representacións dos reis (Gudea de Lagash). • Para decorar os muros e as portas dos templos e palacios utilizábanse relevos que representaban as figuras de reis ou de animais monstruosos. • Tamén se realizaban unhas estelas nas que se esculpían escenas de vitorias militares ou cazarías.
  21. 21. Quique Alcatena, Debuxante arxentino de cómic Algúns dos seus temas inspíranse na arte mesopotámica http://quiquealcatena.blogspot.com/2009_07_01_archive.html
  22. 22. Figura orante que representa a un sacerdote do templo de Mari (2.400 a.C.)
  23. 23. Estela dos voitres 2.450 a.C.
  24. 24. Gudea de Lagash 2.140 a.C.
  25. 25. Estela de Naramsim 2.250 a.C. Naramsim conmemora o seu triunfo Montaña dos deuses Exército que acompaña ao seu monarca
  26. 26. Touro alado de Senaquerib (701-680 a.C.)
  27. 27. Friso persa dos inmortais (arqueiros reais) do palacio de Susa (550 a.C.)
  28. 28. Animal fantástico do palacio de Susa (550 a.C.)
  29. 29. APARTADO 2 (páx. 151) ACTIVIDADES 1. Explica as características da arquitectura das cidades de Mesopotamia. 2. ¿Para que se usaba a cerámica vidrada? 3. ¿Como eran as esculturas mesopotámicas? ¿Que escultura se utilizou como modelo? 4. ¿Que representaban as figuras e os relevos que decoraban os templos e mais os palacios?
  30. 30. • A situación xeográfica de Exipto presenta dúas vantaxes: o deserto íllao dos seus inimigos e o Nilo permite a irrigación e fertilización das terras de cultivo. • En Exipto distínguense dúas grandes rexións: o Baixo Exipto, no delta do Nilo, e o Alto Exipto, unha terra árida onde só é posible a vida na zona irrigada polo río Nilo. • Entre o V e o IV milenio a.C., as tribos que vivían espalladas por todo o territorio fóronse concentrando ás beiras do Nilo. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.1. Marco xeográfico
  31. 31. • Exipto é un regalo do Nilo (Herodoto) • Cada primavera, no nacemento do Nilo, prodúcense choivas torrenciais que alimentan o seu caudal. Dende primeiros de xuño ata setembro o río inunda todas as terras da beira; en setembro principia a retirada da auga e queda un limo negro que fertiliza os campos para o seu cultivo. • Para poder desenvolver a agricultura foi necesario controlar as enchentes do río. • Os exipcios construíron diques e canles para almacenar a auga e distribuíla polas terras circundantes, aumentando deste xeito a produción agrícola. • O Nilo converteuse na gran vía de comunicación e nas súas beiras xurdiron grandes cidades, como Menfis ou Tebas. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.2. Aproveitamento das augas
  32. 32. • Para levar a cabo estas tarefas, os exipcios desenvolveron o cálculo e a xeometría, e estableceron un calendario de enchentes. • Tamén crearon sistemas de contabilidade e técnicas construtivas e hidráulicas. • Era nos templos onde se realizaban as observacións astronómicas e os cálculos matemáticos. • O ano foi dividido en 365 días, e o día, en 24 períodos. 3. Exipto, o Nilo e o deserto 3.3. Os avances técnicos
  33. 33. Vela cadrada Remo Temón
  34. 34. APARTADO 3 (páx. 153) ACTIVIDADES 1. ¿Que utilidades tiña o Nilo para os exipcios? 2. ¿Que avances técnicos permitiron o control das augas do Nilo? ¿Por que se desenvolveron os primeiros calendarios?
  35. 35. • Cara o ano 3000 a.C., o faraón Narmer unificou o Baixo e o Alto Exipto e corouse cos atributos de ambos os dous reinos. Inciáronse unha serie de dinastías (ou familias reais) que sucederon no trono durante máis de 2500 anos. • A organización do Estado exipcio estaba dominada por un rei, o faraón, que tiña un poder absoluto. • O faraón garantía a orde e a xustiza. O seu poder baseábase no control e na dirección das obras de canalización e irrigación das terras, e no monopolio do comercio exterior. • Para gobernar un territorio tan extenso, o faraón necesitaba servidores fieis e eficaces. O reino estaba dirixido por gobernadores que controlaban a innumerables funcionarios. • O outro gran piar do poder do faraón era o exército, do que era xefe supremo. Contra inimigos exteriores e revoltas internas. 4. O Exipto dos faraóns 4.1. O poder dos faraóns
  36. 36. 3050 a.C. 2670 a.C. 1550 a.C. ETAPAS DO ANTIGO EXIPTO NOMARQUÍA 4000 a.C. 3050 a.C. •Poboados independentes gobernados por Nomarcas. IMPERIO ANTIGO 2580 a.C.-2486 a.C. 2200 a. C. •O faraón Narmer unifica Exipto. I dinastía. •Capital en Menfis •Período de estabilidade e prosperidade •Grandes pirámides de Gizeh (Keops, Kefrén e Micerinos). IV dinastía Invasións 1º período intermedio: 2175 a.C.-2040 a.C. IMPERIO MEDIO 2040 a.C. 1700 a.C. •Capital en Tebas •Período turbulento con guerras e invasións. Invasións 2º período intermedio: 1700 a.C.-1550 a.C. Hicsos IMPERIO NOVO 1550 a.C. 1085 a.C. •Capital en Tebas e Tell-el-Amarna. •Expansión territorial de Ramsés II •Amenofis IV (Akhenatón) proclama o monoteísmo (culto a Atón) •Fin do Exipto Unificado Invasións ÉPOCA TARDÍA 700 a.C. •Século VI a.C. Exipto covértese en provincia Persa. •332 a.C. Conquista de Alexandro Magno. •69-30 a.C.: Cleopatra VII. Exipto, provincia romana.
  37. 37. PALETA DE NARMERhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Paleta_de_Narmer
  38. 38. PALETA DE NARMERhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Paleta_de_Narmer
  39. 39. • Os altos funcionarios, os xefes do exército e os sacerdotes constituían a clase social máis importante do Antigo Exipto, unha verdadeira nobreza. • Para atender os innumerables templos do país existía unha casta de sacerdotes que dirixían os ritos relixiosos, practicaban a ciencia, dominaban a escritura e administraban a terras do templo. • Os escribas tamén gozaban dunha vida privilexiada, coñecían todos os segredos do cálculo e da complexa escritura exipcia. 4. O Exipto dos faraóns 4.2. Os privilexiados
  40. 40. Escriba sentado 2500 a.C.
  41. 41. A ESCRITURA EXIPCIA • Os exipcios adoptaron un sistema de escritura similar ao dos mesopotámicos. • Os seus primeiros textos datan do 3150 a.C. • Fronte ao modelo mesopotámico máis esquematizado (cuneiforme), os exipcións déronlle unha forma complexa e artística (xeroglífica), utilizada para decorar templos e tumbas.
  42. 42. DESCIFRAR A ESCRITURA XEROGLÍFICA A PEDRA DA ROSETTA http://gl.wikipedia.org/wiki/Pedra_de_Rosetta http://www.youtube.com/watch?v=z1EIJ6jjm9I
  43. 43. Algúns exemplos de xeroglíficos co nome de Cleopatra
  44. 44. • Os campesiños constituían a maioría da poboación; aínda que eran libres, estaban ligados á terra, que lles pertencía ao faraón, aos nobres ou aos templos. • Debían entregar parte do produto obtido aos funcionarios do faraón e o templo. Tiñan que prestar traballo gratuíto e obrigatorio na construción de pirámides, templos, obras públicas… • Existía, tamén, un abundante número de mercaderes e artesáns, que realizaban as súas actividades en pequenos obradoiros privados ou en grandes complexos que dependían do faraón, dos nobres ou dos templos. • Por debaixo do resto da poboación, e en peores condicións, atopábanse os escravos. O seu número era reducido. 4. O Exipto dos faraóns 4.3. O pobo exipcio
  45. 45. APARTADO 4 (páx. 155) ACTIVIDADES 1. ¿Que faraón unificou as terras de Exipto? 2. ¿Que poderes tiña o faraón? ¿Quen eran os que o axudaban no goberno dun país tan extenso? 3. ¿Que grupos formaban o pobo exipcio? ¿Cal era a función de cada un? 4. ¿Tiñan moita importancia os escravos?
  46. 46. • A maioría da poboación era campesiña. Vivía en aldeas á beira do Nilo. • As cidades eran escasas. Nelas reuníanse comerciantes e artesáns. • A familia tiña importancia. Pai e nai coidaban dos fillos. As fillas debían coidar dos pais anciáns e garantirlles a momificación e enterro. A autoridade recaía no home. As mulleres traballaban no campo e dedicábanse da vida doméstica. Podían posuír riqueza, exercer o comercio e nomear herdeiros. 4. O Exipto dos faraóns 4.4. A vida cotiá no Antigo Exipto
  47. 47. O anano Seneb e a súa familia (2450 a.C).
  48. 48. • Pan e cervexa eran os alimentos básicos. • Engadíaselle o peixe seco, lentellas, e chícharos. Tamén consumían froitas, principalmente figos e uvas. Usaban dátiles e mel para adozar e facer pasteis. • Os máis ricos consumían máis pratos e incorporaban aves, carne, verdura e froitas á dieta. • O vestiario era sinxelo. Os nenos adoitaban ir espidos, mentres que as mulleres se cubían cun pano de liño e os homes cun trapo que anoaban á cintura. • Os ricos tiñan tamén unha roupa moi liviá pero adornábanse con xoias, diademas e peitorais. As mulleres adoitaban cubrir a cabeza con vistosas perrucas. 4. O Exipto dos faraóns 4.5. Alimentación e vestido
  49. 49. Estela funeraria representación familiar (1980 a.C).
  50. 50. • A relixión exipcia era politeísta, isto é, adoraban a moitos deuses. • O deus máis popular era Ra, deus do sol, ao que se lle uniu Amón, deus de Tebas (Amón Ra). • Osiris era o deus dos mortos porque, segundo constaba a lenda, resucitara despois de ter sido asasinado polo seu irmán Seth, deus das tebras. • Do matrimonio de Osiris e a súa irmá Isis (deusa da fertilidade) naceu Horus, deus da guerra. • Outras divinidades eran Anubis (deus do inferno) e Thot, inventor da escritura e deus da sabedoría. 5. A relixión exipcia 5.1. Os deuses de Exipto
  51. 51. Ra Amón Osiris Isis Seth Horus
  52. 52. Anubis Thot
  53. 53. 5. Akenaton: a revolución do faraón Amenofis IV: Akenaton Nefertiti
  54. 54. http://gl.wikipedia.org/wiki/Akhenatón http://www.youtube.com/watch?v=Sf4HOlC3j3s
  55. 55. • Fóra do culto oficial, a xente adoraba as divinidades familiares e locais; era moi supersticiosa e protexíase con amuletos da influencia dos malos espíritos. • Os deuses habitaban nos templos e reencarnábanse na estatua que se atopaba no santuario. • Os sacerdotes debían renderlles culto e obsequialos coas ofrendas. • Durante as festas relixiosas sacaban a estatua do deus sobre a barca sagrada. 5. A relixión exipcia 5.5. Os deuses de Exipto
  56. 56. Procesión sobre a barca sagrada
  57. 57. • A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte. • Para os exipcios, os seres humanos estaban formados por un corpo e unha alma (o ka). • Cando o corpo morría, o ka pasaba á vida de ultratumba, pero para isto, o corpo debía permanecer incorrupto (momificación). • Con este fin, a familia embalsamaba o defunto, que tras 40 días se convertía nunha momia desecada. • Os defuntos debían presentarse ante o Tribunal de Osiris, que xulgaba a súa vida terreal. 5. A relixión exipcia 5.2. A vida de ultratumba
  58. 58. Anubis realizando o proceso de momificación
  59. 59. • Para superar o Xuízo, colocábase na tumba un exemplar do Libro dos Mortos, recompilación de regras sobre como debía comportarse o defunto perante o Tribunal. Se o defunto superaba o Xuízo, podía entrar no máis alá, onde restablecía as súas actividades cotiás. • A familia colocaba ofrendas nas tumbas e rodeábaas de pequenas estatuas cubertas de inscripcións máxicas que se encargaban de suplir o defunto nos seus traballos. Os exipcios crían na maxia e pensaban que as pinturas e mais as estatuas cobraban vida no alén. 5. A relixión exipcia 5.2. A vida de ultratumba
  60. 60. Vasos canópeos usábanse para gardar as vísceras
  61. 61. Tribunal dos deuses Defunto Anubis Corazón do defunto Pluma de Maat Balanza da xustiza se o corazón pesa máis que a pluma, un monstro devorábao Thot anota o resultado Horus Cruz da vida Osiris preside o xuízo
  62. 62. Confesión perante o tribunal • Aos homes non lles causei sufrimentos. Cos meus parentes non empreguei a violencia (...) Con exceso non fixen traballar no meu proveito. Non intriguei por ambición. Non maltratei os meus servidores. Non privei o indixente da súa subsistencia. Non blasfemei contra os deuses. (...) Non permitín que servidor ningún fose maltratado por seu amo. (...) Non provoquei a fame. Non ordenei matar, nin matei. Non substraín as ofrendas dos templos. (...) Non tratei de empregar medios ilícitos para aumentar os meus dominios, nin de usurpar os campos doutros. Non quitei o leite da boca dun neno. (...) ¡Son puro! ¡Son puro!
  63. 63. APARTADO 5 (páx. 157) ACTIVIDADES 1. ¿Que significa que a relixión exipcia era politeista? ¿Cales eran os deuse máis importantes? 2. ¿Que función tiñan os templos? ¿Que traballo desempeñaban os sacerdotes? 3. ¿Que crían os exipcios que acontecía despois da morte? 4. ¿Por que os exipcios momificaban aos seus defuntos?
  64. 64. 6. O templo, morada dos deuses 6.1. A arquitectura exipcia • A arte exipcia caracterizouse por seguir unhas regras fixas e inamovibles. Non se debía innovar, senon coñecer as reglas e aplicalas. • A arquitectura exipcia era arquitrabada, sen arcos nin bóvedas. • Os edificios realizábanse en pedra e decorábanse profusamente con gravados, esculturas e pinturas. • As grandes construcións foron os templos e as tumbas, que tendían ao monumentalismo.
  65. 65. 6. O templo, morada dos deuses 6.2. Os templos • Todos os templos exipcios construíronse cunha estrutura moi semellante: avenida de esfinxes que conducía a porta principal con dous grandes pilonos. Diante da porta situábase un obelisco que é unha columna á entrada. O templo está amurallado. Dentro situábase un patio de columnas, a sala hipóstila e o santuario. • Só o faraón e os sacerdotes tiñan acceso ao santuario do templo. • O pobo só podía entrar no patio durante as procesións e festas, mentres que os nobres e funcionarios podían chegar ata a sala hipóstila.
  66. 66. COLUMNAS EXIPCIAS
  67. 67. PILONO TEMPLO DE LUXOR http://www.youtube.com/watch?v=KQkNSyDlY8Q
  68. 68. Sala hipóstila do Templo de Karnak (Luxor)
  69. 69. Estatua de Ramsés II Templo de Luxor
  70. 70. Sacerdote orando a Ra
  71. 71. APARTADO 6 (páx. 158) ACTIVIDADES 1. ¿Onde se atopa o templo que vimos no debuxo anterior? 2. Describe as súas partes e explica que función tiña cada unha delas. 3. ¿Por que estaban amurallados? ¿Que riquezas gardaban? 4. ¿Coidas que os templos eran un lugar de culto para o pobo? Xustifica a resposta.
  72. 72. 7. As tumbas exipcias 7.1. Como eran as tumbas exipcias • As primeiras tumbas exipcias eran unhas sinxelas construcións rectangulares e de escasa altura chamadas mastabas. • Da superposición de mastabas naceron as pirámides, entre as que salientan as de Keops, Kefrén e Micerinos, en Gizeh. • Para protexer o repouso dos faraóns e impedir a pillaxe, as entradas das pirámides estaban agachadas. • Ao longo do Imperio Medio, a crenza na inmortalidade da alma estendeuse a todas as capas sociais. Os máis pobres eran momificados e soterrados en grandes fosas ou mesmo sepultados baixo a area do deserto. • O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que, no Imperio Novo, os faraóns preferisen enterrarse en hipoxeos. Cámaras funerarias soterradas baixo terra e decoradas.
  73. 73. Mastaba
  74. 74. Pirámide graduada Saqqara Zoser (III dinastía) 2648 a.C.
  75. 75. Pirámide graduada de Zoser http://gl.wikipedia.org/wiki/Saqqara http://gl.wikipedia.org/wiki/Zoser
  76. 76. ¡Soldados! ¡Dende o alto desas Pirámides, corenta séculos vos contemplan
  77. 77. Keops KefrénMicerinos http://gl.wikipedia.org/wiki/Necrópole_de_Giza http://www.youtube.com/watch?v=R1fAfziMvok
  78. 78. Altura actual: 143,49 m Lado da base: 215,25 m Pendiente, ángulo: 53º 07' 48" 21 Volumen: 2.216.240 m³ PIRÁMIDE DE KEFRÉN
  79. 79. http://gl.wikipedia.org/wiki/Hatshepsut HIPOXEO DE HATSHEPSUT http://www.youtube.com/watch?v=vwn6rgQvkOY&feature=related
  80. 80. http://www.youtube.com/watch?v=_fGMR6Hap2c&feature=fvsr http://gl.wikipedia.org/wiki/Abu_Simbel
  81. 81. PINTURAS HIPOXEO DE NEFERTARI
  82. 82. TESOURO DE TUTANKAMON http://gl.wikipedia.org/wiki/Maldición_do_faraón http://www.youtube.com/watch?v=CCBh3l8E86k
  83. 83. APARTADO 7 (páx. 163) ACTIVIDADES 1. Explica as diferenzas entre unha mastaba, unha pirámide e un hipoxeo, e cal era a súa función 2. ¿Onde se atopaba o sarcófago en cada unha delas? 3. Describe polo miúdo un hipoxeo ¿Como cres que había pintura nas paredes? 4. ¿Por que os faraóns se enterraban con obxectos da vida cotiá, pequenas estatuíñas ou tesouros?
  84. 84. APARTADO 1 (páx. 149) SOLUCIÓNS ACTIVIDADES 1. As cidades-Estado eran organizacións políticas independentes, enfrontadas entre si, o que deu lugar á construción de murallas defensivas. 2. Aparecen na Crecente Fértil contra o IV milenio a.C. como consecuencia do desenvolvemento da agricultura, o crecemento da poboción e a rivalidade entre cidades. A C.F. era unha zona rica en agricultura. 3. O grupo social máis numeroso eran os agricultores e pastores. Tamén había comerciantes e artesáns. Ao principio poder estaba en mans dos sacerdotes, que vivían no templo. 4. As constantes guerras orixinaron a aparición de líderes guerreiros. Estes xenerais, co paso do tempo, convertéronse en monarcas hereditarios. 5. A escritura orixinouse nas cidades de Mesopotamia por mor de controlar a contabilidade das colleitas, impostos... A escritura aparece contra o 3.500 a.C.

×