SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009
1
Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU
MAQUIAVELO –Texto1 N. MAQUIAVELO; carta dirixida a Francesco Vettori
...Estou na miña vila1
; despois das miñas últimas desventuras non cheguei a estar, xuntándoos
todos, nin vinte día en Florencia... Érgome á mañanciña, co sol, e voume a un bosque de meu que
estou a talar, e alí boto dúas horas a revisar os traballos do día anterior e paso o tempo cos leñadores
que sempre teñen algunha disputa, entre eles ou cos seus veciños...
Deixo o bosque, voume cara a unha fonte e de alí a un dos lugares onde poño trampas ós paxaros.
Teño un libro debaixo do brazo; Dante ou Petrarca ou un destes poetas menores como Tíbulo,
Ovidio e outros tales. Leo sobre as súas paixóns amorosas; os seus amores lémbranme os meus e
recréome un anaco nestes pensamentos. Encamíñome logo pola estrada cara á hospedaxe; falo cos
que pasan, pregúntolle novas dos seus países; escoito cousas diversas e observo os homes: a
variedade dos seus gustos e as súas diversas fantasías. Chega nestas a hora de xantar; coa miña
xente como os alimentos que dan estas pobres terras e o meu cativo patrimonio. Despois de xantar
torno á hospedaxe, alí está o pousadeiro e, polo xeral, un carniceiro, un muiñeiro, dous panadeiros.
Envilézome con eles para o que queda de día xogando á cricca e a trich-trach2
; no que nacen mil
liortas e infinitos insultos e palabras inxuriosas; e as máis das veces rifamos por un centavo e
séntesenos berrar mesmo dende San Casciano. Así, enzoufado nesta xentallada, limpo o cerebro de
balor e boto fóra esta malignidade da miña sorte, contento de ser arrastrado deste xeito só por
descubrir se sinto ou non vergoña.
Chegada a noite torno á casa e entro no meu escritorio e no seu limiar despóxome deste vestido de
diario, cheo de lama e roña, poño roupas rexias e cardinalicias e, apropiadamente revestido, entro
nas antigas cortes dos homes antigos onde, amablemente recibido por eles, nútrome de aquel
alimento que é só meu e para o cal nacín, onde non me avergonzo de falar con eles, preguntándolle
polas razóns das súas accións; e eles, pola súa humanidade, respóndenme; e durante catro horas de
tempo non sinto tedio ningún, esquezo todos os afáns, non temo a pobreza, non me espanta a morte:
todo eu transfírome neles. E pois di Dante que non hai ciencia se non retemos o que entendemos,
teño anotado todo canto aproveitaba da súa conversa e compuxen un opúsculo, De principatibus,
onde afondo canto eu podo nos pensamentos sobre este asunto, discutindo qué é un principado, de
que clases os hai, como se adquiren, por qué se perden...
N. MAQUIAVELO; fragmento da carta dirixida a Francesco Vettori, Embaixador
Magnifico de Florencia diante do Sumo Pontífice e benefactor de Maquiavelo en
Roma. Datada en Florencia o 10 de decembro de 1513. Tradución de Rafael
Martínez Castro (USC)
1
‘Vila’ no senso de casa de campo. [Nota do traductor]
2
Cricca é un xogo de cartas popular na Italia do século XVI. A palabra “cricca” menciona unha combinación de tres
cartas iguais. Trich-trach: xógase con dous dados e trinta damas nun taboleiro dividido en dúas partes (o nome do xogo
parece aludir ó son das pezas ó bater co taboleiro). [Nota do traductor]

More Related Content

What's hot

Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Cruz Martinez
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia Cruz Martinez
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27EdicionsCuruxa
 
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña AmoAntoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amoporviso
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casaressenior.udc
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaEdicionsCuruxa
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 

What's hot (10)

Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
 
Literatura medieval
Literatura medievalLiteratura medieval
Literatura medieval
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia
 
Inverno
InvernoInverno
Inverno
 
Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27Faro de Vigo 2011-08-27
Faro de Vigo 2011-08-27
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña AmoAntoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo
Antoloxía de Lois Pereiro por Mariña Amo
 
María Casares por María Casares
María Casares por María CasaresMaría Casares por María Casares
María Casares por María Casares
 
Cancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarcaCancioneiro de petrarca
Cancioneiro de petrarca
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 

Similar to Maquiavelo-t1

2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointDeni-sa
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroDeni-sa
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriacrmhbarbanza
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoBibliotecadicoruna
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...mercedesdans
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 

Similar to Maquiavelo-t1 (20)

2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoriaUltraxadas mulleres na nosa memoria
Ultraxadas mulleres na nosa memoria
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 
Novedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galegoNovedades ebook agosto 2016 galego
Novedades ebook agosto 2016 galego
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
Guía lectura "Los girasoles ciegos" (Club de lectura do IES de Pastoriza curs...
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 

More from Filosofia Ies A Pinguela

Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Filosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeFilosofia Ies A Pinguela
 

More from Filosofia Ies A Pinguela (20)

Glosario4 video
Glosario4 videoGlosario4 video
Glosario4 video
 
Glosario3 audio
Glosario3 audioGlosario3 audio
Glosario3 audio
 
Glosario2 imagen
Glosario2 imagenGlosario2 imagen
Glosario2 imagen
 
Glosario1 blogs
Glosario1 blogsGlosario1 blogs
Glosario1 blogs
 
Filosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medievalFilosofía antigua y medieval
Filosofía antigua y medieval
 
01 blogs[1]
01 blogs[1]01 blogs[1]
01 blogs[1]
 
Moodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgcMoodle manual del_usuario_ulpgc
Moodle manual del_usuario_ulpgc
 
Principios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aiclePrincipios y aspectos básicos de aicle
Principios y aspectos básicos de aicle
 
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo2 programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
Modelo programacion-unidad-didactica-clil-template 1
 
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm   2009 - amarelo - ciencias sociaisCm   2009 - amarelo - ciencias sociais
Cm 2009 - amarelo - ciencias sociais
 
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2008 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedadeCm   2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
Cm 2007 - xuño - xeografía, historia e sociedade
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amareloSol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_amarelo
 
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azulSol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
Sol gm ciencias_sociais_maio2012_azul
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_amarelo
 
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
Sol gm-ciencias_sociais_xuno2011_azul
 
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
Apuntes historia-filosofia-boulesis-2013
 
Workbook i tae2
Workbook i tae2Workbook i tae2
Workbook i tae2
 
Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2Tome 08-09-t2
Tome 08-09-t2
 

Maquiavelo-t1

  • 1. CIUG — G.T./ «Composición dun texto (de tipo filosófico)» curso 2008—2009 1 Textos propostos polo Grupo de Traballo para a preparación das PAAU MAQUIAVELO –Texto1 N. MAQUIAVELO; carta dirixida a Francesco Vettori ...Estou na miña vila1 ; despois das miñas últimas desventuras non cheguei a estar, xuntándoos todos, nin vinte día en Florencia... Érgome á mañanciña, co sol, e voume a un bosque de meu que estou a talar, e alí boto dúas horas a revisar os traballos do día anterior e paso o tempo cos leñadores que sempre teñen algunha disputa, entre eles ou cos seus veciños... Deixo o bosque, voume cara a unha fonte e de alí a un dos lugares onde poño trampas ós paxaros. Teño un libro debaixo do brazo; Dante ou Petrarca ou un destes poetas menores como Tíbulo, Ovidio e outros tales. Leo sobre as súas paixóns amorosas; os seus amores lémbranme os meus e recréome un anaco nestes pensamentos. Encamíñome logo pola estrada cara á hospedaxe; falo cos que pasan, pregúntolle novas dos seus países; escoito cousas diversas e observo os homes: a variedade dos seus gustos e as súas diversas fantasías. Chega nestas a hora de xantar; coa miña xente como os alimentos que dan estas pobres terras e o meu cativo patrimonio. Despois de xantar torno á hospedaxe, alí está o pousadeiro e, polo xeral, un carniceiro, un muiñeiro, dous panadeiros. Envilézome con eles para o que queda de día xogando á cricca e a trich-trach2 ; no que nacen mil liortas e infinitos insultos e palabras inxuriosas; e as máis das veces rifamos por un centavo e séntesenos berrar mesmo dende San Casciano. Así, enzoufado nesta xentallada, limpo o cerebro de balor e boto fóra esta malignidade da miña sorte, contento de ser arrastrado deste xeito só por descubrir se sinto ou non vergoña. Chegada a noite torno á casa e entro no meu escritorio e no seu limiar despóxome deste vestido de diario, cheo de lama e roña, poño roupas rexias e cardinalicias e, apropiadamente revestido, entro nas antigas cortes dos homes antigos onde, amablemente recibido por eles, nútrome de aquel alimento que é só meu e para o cal nacín, onde non me avergonzo de falar con eles, preguntándolle polas razóns das súas accións; e eles, pola súa humanidade, respóndenme; e durante catro horas de tempo non sinto tedio ningún, esquezo todos os afáns, non temo a pobreza, non me espanta a morte: todo eu transfírome neles. E pois di Dante que non hai ciencia se non retemos o que entendemos, teño anotado todo canto aproveitaba da súa conversa e compuxen un opúsculo, De principatibus, onde afondo canto eu podo nos pensamentos sobre este asunto, discutindo qué é un principado, de que clases os hai, como se adquiren, por qué se perden... N. MAQUIAVELO; fragmento da carta dirixida a Francesco Vettori, Embaixador Magnifico de Florencia diante do Sumo Pontífice e benefactor de Maquiavelo en Roma. Datada en Florencia o 10 de decembro de 1513. Tradución de Rafael Martínez Castro (USC) 1 ‘Vila’ no senso de casa de campo. [Nota do traductor] 2 Cricca é un xogo de cartas popular na Italia do século XVI. A palabra “cricca” menciona unha combinación de tres cartas iguais. Trich-trach: xógase con dous dados e trinta damas nun taboleiro dividido en dúas partes (o nome do xogo parece aludir ó son das pezas ó bater co taboleiro). [Nota do traductor]