Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Morte e pertenzas

547 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Morte e pertenzas

  1. 1. A MORTE, UNHA GRAN REALIDADE R & D
  2. 2. Un home morreu inesperadamente… Ao decatarse, viu que se lle achegaba un Ser moi especial que non se parecía a ningún Ser Humano. E levaba unha maleta consigo… Ao cruzarse díxolle:
  3. 3. - Ben, meu amigo, É hora de irnos, son a morte… O home, abraiado, preguntoulle á morte… - Xa… tan axiña… eu tiña aínda moitos plans… - Síntoo, amigo… pero é o momento da túa partida -Qué traes nesa maleta? E a morte respondeulle: -As túas pertenzas…
  4. 4. - As miñas pertenzas? Son as miñas cousas, as miñas roupas, o meu diñeiro? -Síntoo, amigo, as cousas materiais que tiñas, nunca che pertenceron… Eran da terra.
  5. 5. - Traes, logo, os meus recordos? -Síntoo, amigo, eses xa non veñen contigo. Nunca che pertenceron… Eran do tempo…
  6. 6. - Traes, quizais, os meus talentos? - Síntoo, amigo, pero eses nunca che pertenceron… Eran das circunstancias.
  7. 7. -Traes, sen dúbida, os meus amigos, os meus familiares? -Síntoo, amigo, pero eles nunca che pertenceron. Eran do camiño…
  8. 8. -Traes a miña muller e os meus fillos? - Síntoo, amigo, eles nunca che pertenceron. Eran do teu corazón.
  9. 9. -Traes, pois, o meu corpo? -Síntoo, amigo…. ese nunca che pertenceu. É propiedade da terra.
  10. 10. -Daquela, traes a miña alma? -Síntoo, amigo pero ela nunca che pertenceu… Era do Universo.
  11. 11. Entón o home, cheo de medo, arrebatoulle á morte a maleta e, ao abrila, deuse de conta que estaba baleira…
  12. 12. Cunha bágoa de desamparo agromando dos seus ollos, o home Díxolle á morte: -Nunca tiven nada? -Si, meu amigo. Cada un dos momentos que viviches foron só teus…
  13. 13. A vida é só un momento… Un momento todo teu gózao na súa totalidade…. Que nada do que cres que che pertence te deteña…
  14. 14. Vive o AGORA, vive a túa vida RESPONSABLEMENTE E non te esquezas de SER FELIZ E FACER FELICES AOS QUE CONVIVEN CONTIGO R & D

×