SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Unha noite na eira do trigo
   ó reflexo do branco luar,
unha nena choraba sen trégolas
 os desdés dun ingrato galán.
I a coitada entre queixas dicía:
 "Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
   os olliños do meu doce ben".
Os seus ecos de malencolía
   camiñaban nas alas do vento,
       e o lamento repetía:
"¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"
Lonxe dela, de pé sobre a popa
  dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
 vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
  cara a terra que deixa cruzar:
"Quen puidera dar volta -pensaba-,
  quen puidera convosco voar!..."
Mais as aves i o buque fuxían
sen ouír seus amargos lamentos;
    soio os ventos repetían:
 "¡Quen puidera convosco voar!"
Noites craras, de aromas e lúa,
desde entón ¡que tristeza en vós hai
 prós que viron chorar unha nena,
 prós que viron un barco marchar!...
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou solo, de bágoas a proba,
          unha cova
          nun outeiro
 i on cadavre no fondo do mar.
Cantiga de Manuel Curros Enríquez
   (publicada en “El Heraldo Gallego”
           5 de xuño de 1869)

http://www.blogoteca.com/oclubdasideas
Cantiga de Manuel Curros Enríquez
   (publicada en “El Heraldo Gallego”
           5 de xuño de 1869)

http://www.blogoteca.com/oclubdasideas

More Related Content

More from oclubdasideas

More from oclubdasideas (20)

Presentación "Día Enamorados"
Presentación "Día Enamorados"Presentación "Día Enamorados"
Presentación "Día Enamorados"
 
Constitución española
Constitución españolaConstitución española
Constitución española
 
Same Love
Same LoveSame Love
Same Love
 
Rap vs racismo
Rap vs racismoRap vs racismo
Rap vs racismo
 
A canica azul
A canica azulA canica azul
A canica azul
 
Ósos de muller
Ósos de mullerÓsos de muller
Ósos de muller
 
Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes   Adiós ríos, adiós fontes
Adiós ríos, adiós fontes
 
Entre o si e o non
Entre o si e o nonEntre o si e o non
Entre o si e o non
 
Margarita Debayle
Margarita DebayleMargarita Debayle
Margarita Debayle
 
Imagine
Imagine Imagine
Imagine
 
Maria Mariño
Maria MariñoMaria Mariño
Maria Mariño
 
Camiñan descalzas polas rochas
Camiñan descalzas polas rochas   Camiñan descalzas polas rochas
Camiñan descalzas polas rochas
 
Arco Da Vella
Arco Da VellaArco Da Vella
Arco Da Vella
 
Tribus do frio norte
Tribus do frio norteTribus do frio norte
Tribus do frio norte
 
Memento Homo
Memento HomoMemento Homo
Memento Homo
 
Lúa
LúaLúa
Lúa
 
Os Seis Sabios Cegos
Os Seis Sabios CegosOs Seis Sabios Cegos
Os Seis Sabios Cegos
 
Carta do xefe indio Seattle
Carta do xefe indio SeattleCarta do xefe indio Seattle
Carta do xefe indio Seattle
 
Tantas cousas que dicirte
Tantas cousas que dicirteTantas cousas que dicirte
Tantas cousas que dicirte
 
Os dez mandamentos verdes
Os dez mandamentos verdesOs dez mandamentos verdes
Os dez mandamentos verdes
 

Unha noite na eira do trigo

  • 1. Unha noite na eira do trigo ó reflexo do branco luar, unha nena choraba sen trégolas os desdés dun ingrato galán.
  • 2. I a coitada entre queixas dicía: "Xa no mundo non teño ninguén, vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben".
  • 3. Os seus ecos de malencolía camiñaban nas alas do vento, e o lamento repetía: "¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"
  • 4. Lonxe dela, de pé sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América vai o probe, infelís amador.
  • 5. I ó mirar as xentís anduriñas cara a terra que deixa cruzar: "Quen puidera dar volta -pensaba-, quen puidera convosco voar!..."
  • 6. Mais as aves i o buque fuxían sen ouír seus amargos lamentos; soio os ventos repetían: "¡Quen puidera convosco voar!"
  • 7. Noites craras, de aromas e lúa, desde entón ¡que tristeza en vós hai prós que viron chorar unha nena, prós que viron un barco marchar!...
  • 8. Dun amor celestial, verdadeiro, quedou solo, de bágoas a proba, unha cova nun outeiro i on cadavre no fondo do mar.
  • 9. Cantiga de Manuel Curros Enríquez (publicada en “El Heraldo Gallego” 5 de xuño de 1869) http://www.blogoteca.com/oclubdasideas
  • 10. Cantiga de Manuel Curros Enríquez (publicada en “El Heraldo Gallego” 5 de xuño de 1869) http://www.blogoteca.com/oclubdasideas