Presentación sobre as vangardas en Europa e Galiza elaborada por Rosa Salgueiro (www.rosasalgueiro.com) e adaptada por Fernando Blanco (CPI Mnauel Padín Truiteiro de Soutomaior). É un material introdutorio previo á explicación de Manuel Antonio. Foi elaborado para 4º de ESO, para ocupar unha única sesión de clase, pero tamén se podería empregar en 2º de bacharelato ampliando a información.
Podedes consultar tamén dúas versións ampliadas con textos e máis cadros, unha enviada por Noemí Pazó e outra de Carme Moure. En: http://www.rosasalgueiro.com/litera.htm
Presentación sobre as vangardas en Europa e Galiza elaborada por Rosa Salgueiro (www.rosasalgueiro.com) e adaptada por Fernando Blanco (CPI Mnauel Padín Truiteiro de Soutomaior). É un material introdutorio previo á explicación de Manuel Antonio. Foi elaborado para 4º de ESO, para ocupar unha única sesión de clase, pero tamén se podería empregar en 2º de bacharelato ampliando a información.
Podedes consultar tamén dúas versións ampliadas con textos e máis cadros, unha enviada por Noemí Pazó e outra de Carme Moure. En: http://www.rosasalgueiro.com/litera.htm
Este documento resume los principales movimientos vanguardistas europeos como el cubismo, futurismo, dadaísmo y surrealismo. Explica cómo estas vanguardias llegaron a Galicia a través del grupo Nós y de revistas literarias. Las características generales de la vanguardia gallega incluyen la combinación de elementos vanguardistas con la tradición gallega y su asociación con el nacionalismo. Los principales ismos de la poesía vanguardista gallega fueron el hilozoísmo, neotrobadourismo y creacionismo. El po
Este documento resume los principales movimientos vanguardistas europeos como el cubismo, futurismo, dadaísmo y surrealismo. Explica cómo estas vanguardias llegaron a Galicia a través del grupo Nós y de revistas literarias. Las características generales de la vanguardia gallega incluyen la combinación de elementos vanguardistas con la tradición gallega y su asociación con el nacionalismo. Los principales ismos de la poesía vanguardista gallega fueron el hilozoísmo, neotrobadourismo y creacionismo. El po
Victoriano Taibo García.
Xerardo Álvarez Limeses.
Gonzalo López Abete
Xosé Crecente Vega.
Obra de Ramón Cabanillas.
1.Produción literaria: No desterro (1913), Vento mareiro (1915) e A rosa de cen follas.
2.Dúas pezas teatrais: A man e Santiña (1921) e O Mariscal (1926).
3.Prosa: discursos de ingresos nas Academias, tanto a galega como a castelá, e algúns prólogos.
4.Tradutor: Versos de alleas terras e de tempos idos (1955).
1. A POESÍA DE VANGARDA.
CARACTERÍSTICAS, AUTORES E
OBRAS REPRESENTATIVAS
2. CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL.
– EUROPA- 1º TERZO DO S. XX
Anos de tensións:
1.Políticas (I Guerra Mundial. Revolución Bolchevique. Mov.
fascistas en Italia e Alemaña). Aparición de novos estados pola
desaparición do imperio austro-húngaro e a caída dos tsares.
2. Económicas (crack do 1929)
3. Sociais (entre burguesía e proletariado).
- GALICIA – 1º TERZO DO S. XX
1. Emigración
2. Agrarismo
3. Nacionalismo
3. ¿QUE SON AS VANGARDAS?
• Orixe: do termo “avant garde”, do francés, relacionado coa táctica militar e
que define unha actitude de risco, exploración e innovación.
• Movementos estéticos (ISMOS) que, no primeiro terzo do século XX,
manifestan a crise dos valores culturais burgueses, cuestionan a harmonía
e destrúen a percepción tradicional da realidade, alterando formas, cores,
imaxes, linguaxe...Tentan, pois, abrir novos camiños artísticos, ao marxe
da tradición.
• Definen a expresión artística como algo autónomo, sen vinculación co
mundo real; de aí que o artista sexa como un pequeno deus.
Antisentimentalismo. Innovación na linguaxe poética.
• Busca obsesiva da ORIXINALIDADE, facendo da REBELDÍA,
EXPERIMENTALIDADE e a LIBERDADE CREATIVA as súas razóns de ser.
Hai, polo tanto, un gran inconformismo e desexo de renovación.
• Desenvolvemento rápido. Efémeros.
• Abranguen distintas manifestacións artísticas (pintura, escultura, cine...).
• Fundamentais os textos programáticos (manifestos), nos que se expoñen
os principios que han de guiar a creación artística. De carácter dogmático
(os seus postulados son os únicos válidos) e afán provocador (abolir todas
as normas e convencións artísticas anteriores).
• Nacen nos países máis prósperos e modernos (Francia, Alemaña,
Inglaterra).
4.
5. FUTURISMO
• Principal representante: o italiano Marinetti
publica o manifesto en 1909. Defensor do
fascismo (militarismo, patriotismo e a guerra
como medios para “purificar” o mundo).
• Oposición á exaltación dos sentimentos,
propoñendo a celebración do progreso técnico: a
máquina convértese en ideal de beleza,
exaltándose o automóbil, a velocidade, o ruído...
• Estilo rápido e dinámico (eliminación de
adxectivos e adverbios). Innovacións tipográficas
(sen puntuación). Ruptura da sintaxe.
6. Deus vehemente dunha raza de aceiro,
automóbil ebrio de espazo,
que choras cheo de angustia, co freo nos dentes
estridentes!
Oh formidable monstro xaponés de ollos
de fragua,
nutrido de lapas e aceites minerais,
famento de horizontes e presas siderais
o teu corazón expándese no seu taf-taf
diabólico
que os teus rexos pneumáticos se inchen
para as danzas
que bailen polas brancas estradas do mundo.
solto, por fin, as túas bridas metálicas...
Lánzaste
con embriaguez ao Infinito liberador
Marinetti
7.
8. CUBISMO
• Aparece primeiro en pintura ( Las señoritas de
Avignon, de Picasso), e logo foi, Guillerme
Apollianire quen o trasladou á literatura, partindo
dos presupostos futuristas.
• Descomponse a realidade para volvela
reconstruír xeometricamente.
• Propuxo unha nova disposición tipográfica do
poema, creando poemas visuais como os
caligramas (composicións que adoptan a forma
dos temas que trata).
9.
10.
11. TAMARA DE LEMPICKA
Pintora vinculada co movemento vangardista, formándose en París con artistas de filiación
cubista.
13. DADAÍSMO
• Creador: Tristán Tzara.
• Orixe do termo: escollido ao azar abrindo un dicionario
cun coitelo. Tamén se di que dadá é o nome elixido
porque en francés explícase como palabra infantil
usada cando se comeza a balbucir.
• Negación absoluta de todo para que se tome
conciencia do absurdo que é o mundo (a lóxica, a
utilidade da arte e a cultura, a capacidade
comunicativa da linguaxe e ata as súas propias
doutrinas).
• Caracterizado pola linguaxe incoherente, o seu sentido
do humor e a súa provocación.
• O seu procedemento de creación é o collage arbitrario.
• Prepara o terreo ao surrealismo, pois non propón
outra alternativa que o caos e o absurdo.
14. Para facer un poema dadaísta
Colla un xornal.
Colla unhas tesoiras.
Escolla no xornal un artigo da lonxitude que
conta darlle ao poema.
Recorte o artigo.
Recorte con coidado cada unha das
palabras que forman o artigo e métaas
nunha bolsa.
Axítea suavemente. Agora saque cada
recorte un tras doutro. Copie
concienzudamente na orde na que saíran da
bolsa. O poema semellarase a vostede. E é
vostede un escritor infinitamente orixinal e
dunha sensibilidade fascinante, aínda que
incomprendida polo vulgo.
19. CREACIONISMO E ULTRAÍSMO
• Vicente Huidobro é o iniciador do creacionismo. “A Arte é
unha cousa e a Natureza é outra; a emoción do poema
debe nacer unicamente da virtude creadora; hai que facer
un poema como a natureza fai unha árbore”.
• O poeta debe actuar como un pequeno deus e crear unha
nova realidade.
• O poema créase pola xustaposición de imaxes, baseadas en
relacións arbitrarias, pero que teñen unha lóxica interna e
razoada (gran influencia en Manuel Antonio).
• Ultraísmo: nace en España. Os seus principais cultivadores
foron Guillermo de la Torre e Borges.
• Caracterízase polo seu gusto pola metáfora, evitar formas
métricas tradicionais, disposición especial do verso, etc...
20. SURREALISMO
• Gran movemento vangardista de todo o século XX. Tivo unha
grande transcendencia e seguiron producíndose manifestacións
neosurrealistas en diversos escritores, sobre todo, poetas (Neruda,
García Lorca, Alberti...).
• André Breton publica no 1924 o Primeiro Manifesto, que pretende
ser unha revolución integral cuxo lema sería “transformar a vida”,
mediante a liberación do home e a súa capacidade creadora.
• Parte da psicoanálise de Freud (soños e alucinacións convértense
en material poético).
• Importancia de liberar o ser humano das cadeas impostas pola
razón, pola moral tradicional e os costumes sociais.
• A liberación do subconsciente esixe o uso de técnicas diversas
como: ESCRITURA AUTOMÁTICA, é dicir, sen reflexión, o collage
dadaísta, a interpretación de soños, asociacións libres e inesperadas
de palabras...
• Temática: a fantasía, o erotismo, o infantil, o demencial, o
predominio do onírico...
• É un ismo que se estende desde a literatura á pintura (Salvador Dalí,
Magritte...)
26. A VANGARDA EN GALICIA
• Os movementos de vangarda europeos influíron
na literatura, pero tamén na pintura galega.
• Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores
coñecidos como “Os novos”.
• Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou
Maruja Mallo, entre outros.
31. PROBLEMÁTICA DAS VANGARDAS
LITERARIAS EN GALICIA
Difusión lenta e
escasa polo carácter
periférico e non
normalizado da nosa
Vangarda enxebre: ambiente
literatura
literario novo, onde a influencia
destes discursos literarios
renovadores está matizada pola
tradición
Reaccionar contra a
tradición era romper co
pasado máis recente, co
galeguismo. Ademais, só
o feito de escribir en
galego xa era un
compromiso
32. XERACIÓN DO 22
Xeración do 25
Novecentistas
Representan unha Nacen arredor de 1900. Amado Carballo
poética de ruptura Autodidactas Álvaro Cunqueiro
e renovación Individualistas
fronte á tradición Bouza Brey
Orixe burguesa
máis inmediata. Galeguistas
Rafael Dieste
Influídos polas Manuel Antonio
vangardas europeas.
33. ¿COMO SE DAN A COÑECER?
Máis Alá (Manuel
Antonio e Álvaro
Cebreiro)- manifesto
estético e político:
Alfar, - Crítica do pasado
(devanceiros) e presente
Danse a coñecer a Ronsel, da literatura galega (vellos
e ruralistas).
través de revistas
(efémeras, bilingües
Cristal, - Defensa dos novos
e cosmopolitas) e un Resol, modelos estéticos e da
liberdade creativa,
manifesto (¡”Máis
alá!”)
Yunque, baseándose na
individualidade e
orixinalidade.
Papel de - Defensa da lingua
galega.
color... - Chamada á rebeldía da
mocidade.
34. TENDENCIAS VANGARDISTAS NA
LITERATURA GALEGA
NEOTROBADORISMO VANGARDA PURA
HILOZOÍSMO
Reformulación da lírica Ruptura coa tradición e
profana medieval, Poesía sinxela e breve. asimilación das influencias de
especialmente a cantiga de Métrica e rima popular. distintos ismos europeos.
amigo, mesturando temas e
recursos propios deste Personificación da Cunqueiro (surrealismo e
xénero con outros máis cubismo)
natureza.
vangardistas (imaxes) Euxenio Montes (ultraísmo)
Imaxes e recursos
Cunqueiro (Cantiga nova M. Luís Acuña (cubismo)
que se chama riveira)
vangardistas.
Manuel Antonio
Bouza Brey (Nao senlleira) Amado Carballo (Proel) (creacionismo)
36. Un singular artista de vangarda
ANTI- COMPROMISO
RUPTURISTA
ACADEMICISTA NACIONALISTA
INCONFORMISTA AVENTUREIRO
SIMPATÍA
REBELDE
ANARQUISTA
37. EVOLUCIÓN LITERARIA
Etapa de formación
Algún poema civil e influencias modernistas.
Etapa de ruptura vangardista
Imaxes e sintaxe rupturista con afán de evitar a representación
mimética da realidade. Con anacos do meu interior, Foulas,
Sempre e máis dispois, DE CATRO A CATRO.
Etapa de retroceso
Ausencia de experimentación formal e temática.Viladomar.
38. POÉTICA MANUELANTONIANA
Imaxes independentes da
Ausencia de argumento.
realidade.
MAR Fondo existencial.
ORIXINALIDADE
Asimilación dos ismos,
non imitación
Nin imitou nin foi imitado
39. INFLUENCIAS VANGARDISTAS
Léxico
estranxeiro
Espazos en
branco
Léxico científico
e tecnolóxico.
Imaxe polipétala
Disposición dos
versos
CREACIONISMO
CUBISMO
FUTURISMO
Ausencia de
rima. Parodia da
Perspectiva tradición
xeométrica da romántica
realidade.
Discursos
distintos ao
poético
40. IMAXE POLIPÉTALA
A noiva goleta
enloitada de branco
que cose rotas esquencidas
acena no vento as súas velas
como ese pano das despedidas
42. INTERPRETACIÓNS
Viaxe marítima real, con oportunidades para a
introspección e a identificación coa paisaxe mariña:
1º poema:”Intencións”.Ilusión
2º-18º: Travesía marcada pola monotonía e soidade.
Dúas paradas en terra.
19ª poema: “Adeus”. Saudade polo mundo deixado
atrás.
Están presentes todos os elementos da experiencia
marítima, pero o barco non navega, de aí o
estatismo e a quietude. Viaxe polo interior dunha
voz lírica náufraga e desamparada.
43. TEMAS
O Tempo real é
imparable e
monótono. O tempo
O Mar , falto de
persoal só existe no
colorido e estacións,
interior do eu lírico e
serve para
Visión está detido, dando a
exteriorizar os
desilusionada da sensación de que o
sentimentos e
vivido se vai repetir,
vida, que se vivencias. Escenario
sen posibilidade de
manifesta nunha de silencio, soidade
novas vivencias.
e morte.
eterna
despedida do
que o rodea.
46. AMADO CARBALLO:
Características da súa obra
* Lírica a medio camiño entre a tradición (da que toma o tema da paisaxe, a
personificación da natureza e das súas forzas presente desde a Idade Media e o
gusto polo mundo da terra) e as vangardas (creación de novas imaxes).
* Humanización da paisaxe mediante unha pintura impresionista cargada de cores
amables, que lles dá aos poemas un aire sensorial e lúdico. A técnica que utiliza
para describir as paisaxes asemélla-se á dun pintor naïf.
* Sensorialidade como característica máis destacada. Imaxe, metáfora e símil
imprímelles matices sensoriais aos seus poemas que non son outra cousa que
instantáneas paisaxísticas.
* Mestura imaxes de raíz vangardista con metros e ritmos populares para ofrecer
deste xeito unha visión plástica, e animada, da paisaxe.
* Ausencia de artificios sintácticos, brevidade nos períodos e uso de oracións
simples.
* Cosmopolitismo lingüístico con entrada de estranxeirismos
* Influencia clara do Ultraísmo que impón a supresión do argumento, a anécdota
e do sentimento xa que o poema debe ser a resposta instantánea a un estímulo.
Instantaneismo,- brevida-de e riqueza imaxinista son características que o autor
comparte con esta corrente vangardista.
* Neopopularismo que entronca cos primeiros Alberti e Lorca.
47. O neotrobadorismo
• Co nome de neotrobadorismo recoñecemos unha dirección
da poesía contemporánea que propón unha relectura da
lírica galego-portuguesa medieval, utilizando para isto os
recursos estilísticos propios dos trobadores. Esta tendencia,
tamén coñecida como Escola medievalista ou
cancioneirista, está propiciada directamente polo
coñecemento da existencia da tradición medieval a través
dos estudos de Armando Cotarelo Valledor, e do traballo do
profesor portuguésLapa publicado en 1929.
• Deste xeito a volta aos cancioneiros representa tamén
unha certa dignidade histórica para a nosa literatura, que
atopa un esplendor no pasado fronte aos Séculos Escuros.
48. O neotrobadorismo
• O inciador da escola é Bouza Brey con Nao
Senlleira(1933), aínda que o mesmo ano se
publica Cantiga nova que se chama
ribeira de Álvaro Cunqueiro, pero o primeiro é
considerado o fundador posto que xa
publicara poemas illados nesa liña.
49. O neotrobadorismo
• A tendencia adopta tres modalidades fundamentais:
-A que recrea a atmosfera, os símbolos, as estruturas e
procedementos paralelísticos. Representada por Bouza
Brey e Cunqueiro.
-A que usa fórmulas medievais, ben polo seu carácter
falsamente popular ou exótico para construír imaxes
vangardistas, ben pola súa expresividade lírica, inserida
dentro da corrente neopopularista da vangarda. Son os
seus representantes tamén Bouza Brey e Cunqueiro.
-A que reproduce fielmente os modelos da poesía
medieval. O mellor exemplo é Xosé Mª Álvarez Blázquez.
50. O neotrobadorismo
• As obras que podemos englobar dentro desta
corrente son : Seis canciones del mar in moto
antico (1941) de Filgueira Valverde, Poemas de ti e
de min (1949 de Emilio e Xosé Mª Álvarez
Blázquez), Cancioneiro de Monfero (1953) de Xosé
Mª Álvarez Blázquez e Fabulario Novo (1952) de
Manuel Cuña Novás entre outros.
• Algúns críticos datan o seu final no ano 1953, coa
obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez Cancioneiro de
Monfero, pero, posteriormente aínda foi cultivado
por Manuel María, Novoneyra e Díaz Jácome.
51. Bouza Brey
• Fermín Bouza Brey é un poeta investigador da
linguaxe, que pon o centro na perfección da palabra
e no seu valor musical.
Nao senlleira é o libro emblemático da súa poesía e
o iniciador do neotrobadorismo. Componse de 20
poemas onde se pode ver o primeiro como unha
declaración de principios ou intencións. Libro de
temática variada vai estar estructurado en base a
procedementos formais. Estas temáticas son:
neotrobadorismo, temática mariñeira, cantigas
cívicas de afirmación nacionalista e tres elexías.
52. Bouza Brey
• Nos poemas neotrobadoristas copia os
seguintes procedementos da cantiga de amigo:
conserva o enunciador lírico feminino, emprega
o paralelismo como forma estrutura-do-ra do
poema; o refrán; léxico dos cancioneiros e certo
medievalismo onomástico.
Seitura ve a luz en 1935, unha obra
continuadora en moitos aspectos da súa
produción anterior.
54. ÁLVARO CUNQUEIRO
Publicou “Cantiga nova que se chama riveira”
en 1933. Na posguerra publica “Dona do
corpo delgado”. Ademais escribiu dous
poemarios de tendencia vangardista: “Mar ao
norde” e “Poemas do si e do non”.
55. ÁLVARO CUNQUEIRO
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
Cantiga nova que se chama Riveira, 1933.