SlideShare a Scribd company logo
1 of 39
Entrevista a Demetrio Espinosa Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía. Prof.: J. Luis Martínez Costas Curso 2010-2011.  Por Adrián Grande Gómez e Noé Martínez Iglesias
O 3 de marzo de 2010 recibimos a visita e entrevistamos  ao daquela concelleiro de Medio Ambiente:  DEMETRIO ESPINOSA
O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, non tivo inconvinte para asistir á entrevista que nós lle quixemos facer no noso instituto, no Otero Pedrayo de Ourense. Moitas grazas.
ENTREVISTA A DEMETRIO ESPINOSA   P:  Comecemos pola polémica instalación do Olivo Macrobonsai na rotonda de Marcelo Macías. Algunhas persoas o critican porque o consideran un gasto innecesario ou porque pode ser obxecto dalgún ataque vandálico. Que pensa Vd. respecto a esa opinión?   (Na imaxe, Demetrio Espinosa e o alcalde ourensán, Francisco Rodríguez, inaugurando o olivo macrobonsai). O obxectivo municipal con esta actuación, que tivo un custo aproximado duns 15.000 euros, foi, por un lado, dotar de verde a unha zona “dura”, e, por outro lado, mellorar a imaxe da cidade nun dos seus principais puntos de acceso.
R: Mira, comezo a resposta polo final. Si por actos vandálicos fose, habería que retirar de Ourense os bancos, todas as papeleiras e moitas fontes de pequena especie. Efectivamente os actos vandálicos se poden producir contra calquera ben publico, os arbores evidentemente sofren vandalismo pero isto non nos pode condicionar… Precisamente desde o concello se intenta realizar unha labor educativa e o feito que sexa unha árbore nova, unha árbore significativa, nos garante que se respecte. Respéctase menos as cousas que están sen coidar… A polémica é interesada. No concello aprendín unha cousa… Cando non hai noticias, se xeran… Entre outros aspectos sorpréndeme algunhas críticas doutras persoas doutras asociacións veciñais, que nas inversións das súas asociacións non din nada e aquí poñen o berro no ceo. A min paréceme que na zona que está situada, na entrada de Ourense, había que edificar algo de calidade e vos podo dicir unha cousa, por custe proporcional a superficie é a rotonda máis barata que se fixo en Ourense. Sempre se polemiza polo que se gasta…   P:  Como vai o proxecto do Xardín Botánico de Montealegre? Que cre que vai supoñer para a cidade?
R: Vai ben, vai dentro dos prazos previstos e incluso está previsto que se abra nesta primavera ó público. O que si é certo e que un xardín botánico nunca se termina de facer, xa que hai que traballar durante moitos anos e décadas. Penso que co xardín Botánico vai haber un antes e un despois, porque encarga os valores dos xardíns Botánicos tradicionais e ao mesmo tempo se fai cargo dos novos conceptos de paisaxismo. O xardín Botánico vai pivotar sobre un pequeno centro de investigación que está alí onde os rapaces e estudantes que queiran facer un traballo sobre flora poidan ir alí, e eu penso que o mellor disto e que se van a xerar, por primeira vez, en Ourense postos de traballo de investigación vinculados ó medioambiente.
Espinosa subliñou a dificultade dos traballos, debido á "dura meteoroloxía que tivemos, con chuvias e xeadas", que afectaron directamente ao normal desenvolvemento dos mesmos, pero sen que iso levase consigo un atraso respecto ás previsións que tiña a Concellaría de Medio e o autor do proxecto, José Crespí, que forma parte do comité científico das xornadas de xardinaría, e que na xornada de onte se encontraba na zona do Montealegre. Ademais de reiterar que o Xardín Botánico "non" é un xardín ao uso", e que se trata dun proxecto de longo recorrido, converterase nunha referencia ambiental de Galicia e o norte de Portugal. A recuperación dun espazo como o Montealegre, que nos últimos anos se convertera nunha prioridade para os diferentes gobernos, pero que se concretou o seu deseño e inicio das obras, durante o presente mandato, conxugará a tradición con novos espazos dos que poderán gozar os ourensáns e visitantes; e destacou o responsable da área de Medio Ambiente tamén o auditorio ao aire libre e o centro de interpretación.
[object Object],[object Object]
A dimensión do espazo natural, algo máis de 122.000 metros cadrados, e o tratamento que se realiza, fan do Montealegre un enclave de características "únicas en Galicia e diferente a outros que existen en Europa", algúns dos cales serán protagonistas dunha das sesións das xornadas de xardinaría de Galicia, como o de Burdeos, sobre o que disertará a paisaxista francesa Cathérine Mosbach, premio europeo de paisaxes. O concello espera ademáis que este centro xere novos postos de traballo vinculados ao tratamento especializado de espazos botánicos, o que o edil de Medio Ambiente define como ‘’postos verdes’’, o que o converte nun proxecto pioneiro no seu xénero en Galicia. Video sobre a presentación de  Xardín Botánico de Montealegre:   http://www.youtube.com/watch?v=RVbuO1qYwBY&feature=player_embedded
Aproveitamos agora para lembrar  outros Xardíns Botánicos  en Galicia. En Ourense temos os parques botánicos do Xardín do Posío, do Parque de San Lázaro, do Parque Miño,...  Fóra de Ourense tamén os hai…
O Xardín Botánico-Artístico de Padrón   A localidade aparece xa descrita no século XVI como Terra abundante en froitas e fermosos jardines. Sen dúbida, o froito máis famosos son os pementos de Padrón, e a referencia actual en espazos verdes son o Xardín botánico-artístico, por un lado, e a Alameda do Esporón, por outro.   O primeiro deles ten a consideración de Ben de Interese Cultural con categoría de Xardín Histórico dende o ano 1946. Na súa céntrica extensión dunha hectárea de terreo, ao lado da estrada que cruza a poboación, achega unha frondosidade onde buscar e encontrar sempre algo máis que sombra.
Dous amplos corredores en forma de T, o principal cun mesto teito formado por plátanos de sombra propicio para o paseo social, distribúen as senllas laterais que crean conxuntos sensoriais. Por exemplo, o grupeto de fragrantes gardenias se coincide nosa visita coa floración a principios de verán, ou o colorido invernal da camelia. Así ata unhas trescentas especies diferentes, entre as que destacan os exemplares exóticos e algúns únicos en España.   O seu deseño revela o gusto pola moda francesa que se aplicou ás propiedades pacegas xa na súa decadencia. En teoría sostense que estes terreos pertenceron á casa de Antequeira, pero a orientación botánica creou un xardín orixinal en si mesmo. Un dos seus puntos fortes é a alta densidade de variedades vexetais.
En canto a tamaño, destaca a palmeira de Senegal e unha sequoya vermella ao lado da estatua do último trobador Macías ou Namorado. Ademais, nos últimos tempos estase a apostar por individualizar as novas plantacións con motivos singulares: a oliveira do Milenio, o carballo do Euro, o buxo do Nóbel en recordo Camilo José Cela plantado no ano da súa morte, o ciprés do Ano Xacobeo 2004. Outros son produto de enriquecedores intercambios como a sabina do incenso de Burgos, unha faia de Cantabria ou un drago de Canarias. Outros monumentos do xardín son os bustos de Castelao e o do profesor Ernesto Gende, e sobre todo a fonte. Conta ademais con outras dependencias como un pequeno edificio, un herbario e almacén de xardinaría.   É de obrigada mención a árbore do amor, chamado popularmente coroa de Cristo pola estrutura circular entrelazada deste arbusto espiñento.
Xardín Botánico de A Pinguela O xardín botánico  A Pinguela  é o resultado dos esforzos conxuntos de todos os alumnos do Instituto de Ensino Medio da Pinguela coordinados polos profesores do Departamento de Bioloxía, que dun terreo baldío de 20.000 metros cadrados, xunto ao instituto, conseguiron crear e inaugurar o xardín botánico en 1987.
Os alumnos son os encargados de coidar as plantas que aquí se encontran. Ao inicio do curso de cada novo alumno asígnaselle un dos espécimes do xardín botánico, do que se encargará do seu coidado, durante todos os cursos que permaneza no centro.   Aquí encóntranse máis de 200 especies de árbores e arbustos, estando representadas todas as especies autóctonas de Galicia, así como plantas ornamentais de orixe foránea que se encontran na maioría dos xardíns do lugar.
[object Object],[object Object],Aquí temos un video sobre a súa fundación:   http://www.youtube.com/watch?v=xxa9pPSRpcE&feature=player_embedded
Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis A súa historia remóntase ao ano 1863, hai 143 anos, cando estaban en todo o seu auxe os balnearios de augas termais, o que impulsou o proxecto dunha Alameda en Caldas, que vinte anos máis tarde era o Parque-Xardín e Carballeira. Neste enclave encóntranse multitude de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas.   Son de destacar a súa colección de Camelias, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de Camellia japonica "Mathotiana Alba" dun considerable tamaño.
O Parque-Xardín e Carballeira declarado Ben de Interese Cultural, posúe entre os seus exemplares catro árbores considerados Monumentos Naturais.
Xardín Botánico da Universidade de Santiago de Compostela É un ambicioso proxecto cuxo inicio foi en parte financiado polo Consorcio da Cidade de Santiago que aínda se encontra en fase de execución e cuxa finalización se prevé para o 2012. Estará situado nos arredores de Santiago de Compostela, xunto ao río Sarela.  Depende administrativamente da universidade compostelá e conta coa participación da Deputación de Pontevedra canalizada a través dos laboratorios  de investigación  de Areeiro. (Camelia Xaponesa)
O botánico, cuxa extensión alcanzará as 11 hectáreas, será chamado «Xardín da deusa Sacia»   Estará adicado principalmente á investigación do xénero Camelia, nunha área do xardín chamada Georg Kamel (botánico en cuxa honra se deu nome ao xénero) e á preservación de flora autóctona e ameazada da comunidade galega, noutra zona que será chamada «Xardín de Gaia».
P:  Outra das súas actuacións foron os xardíns do parque Barbaña. En que se inspiraron para levar a cabo esta creación? R: Houbo en Ourense 3 actuacións grandes. Unha é a que mencionades, outra é o parque da canle, que está na zona alta do antigo cuartel de san francisco e outra é o parque de Portovello nas Lagoas. Curiosamente non están postos así porque si, pretendíase establecer tres zonas diferentes nos vértices da cidade. Inspirámonos no paisaxismo, xa que é aquela arte que tratar de conxugar aspectos da xardinería tradicional con aspectos de urbanismo, de tal forma que unha versatilidade que lle proporciona un uso determinado ó parque. O parque tradicional ten unha zona de parque tradicional con céspede, arborado e o novo paisaxismo o que pretende e dar unha visión diferente completamente do que son os espazos mantendo os mesmos usos que había primitivamente pero ao mesmo tempo para que a súa integración na cidade sexa realmente chamativa. Os tres parques son distintos e abarcan distintos conceptos do paisaxismo.
O Parque Barbaña ,  unha das zonas máis frecuentadas da cidade Ourense conta cun Parque de recreo de creación recente, en torno ás beiras do río Barbaña. É un Lugar idóneo para o descanso, o paseo e para estar en contacto coa natureza. Conta con modernas instalacións de ocio para os máis pequenos
O parque de recreo, situado a beiras do río Barbaña, cunha frondosa vexetación de ribeira é unha das zonas verdes máis frecuentadas da cidade de Ourense.
R: Na concellería hai 4 pilares fundamentais: zonas verdes, políticas ou departamento de sustentabilidade, o de augas e por último temos o departamento de ruidos. Temos un pequeno apartado que o levamos indirectamente que é o tema de residuos, que conseguimos sacalo desde medioambiente a concurso público, que é a empresa coa que está agora e agora está a levalo outro departamento pero estamos moi vinculados.  P:  Cales son as funcións da súa Concellería?
P:  En que medida entran dentro das súas funcións os asuntos relacionados co termalismo? Sobre ese asunto, temos escoitado que teñen pensado reformar o antigo cárcere de Ourense e que hai un proxecto de Hotel con acceso ás augas termais das Burgas. Que pode dicir vostede como concelleiro sobre esta actuación?   R: Hai unha clara conexión e vinculación co termalismo. O termalismo é unha práctica medicinal de ocio vinculada á auga, nós temos no departamento todo o control de auga e de feito son as nosas brigadas as que coidan toda a zona termal. Se Ourense pretende venderse como unha cidade ambiental e termal as dúas cousas teñen que ir da man. O do proxecto de Hotel é unha actuación complicada porque o antigo cárcere é un edificio moi grande e aínda que hai interese en levar a cabo esta actuación, desde o punto económico, como sabedes, as cousas non están ben...
Interese de dúas cadeas  hoteleiras   pola  antiga cárcere de Ourense
O proxecto de Age Copasa Inmobiliaria de destinar a hotel, con ao redor dun centenar de cuartos, a torre máis baixa das dúas que conformarán o seu edificio da Chavasqueira únese a outras iniciativas privadas que prevén incrementar a oferta de prazas hoteleiras na cidade.  A medio prazo, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Garza, recoñece o interese de dúas cadeas hoteleiras no antigo cárcere, situado na rúa Progreso, e concibido no PERI Das burgas como un hotel termal de cinco estrelas. A ampliación da oferta de servizos hoteleiros é precisamente unha das principais necesidades do sector. A cidade sitúa ao termalismo como un dos seus referentes pero, aínda así, ten entre as súas grandes carencias un grande hotel termal. Tamén é unha necesidade da provincia que, non obstante, conta con establecementos de referencia, como poden ser os balnearios ou o Parador. Video sobre a noticia :   http://www.youtube.com/watch?v=A_oa7VOkRSs
P:  Como valoraría o traballo da súa Concellería durante estes catro anos? Cales son as actuacións das que se sinte máis satisfeito? Cales “quedaron no tinteiro”?   R: O traballo foi duro. Atopeime cunha concellería estruturada moi á antiga, os xefes eran como departamentos pechados onde ti non tocas o meu e eu non me meto no teu... Eu sempre defendín que o tema ambiental era moi transversal, onde todos teñen que axudarse. Aínda que pareza unha tontería, houbo unha actuación de 60000 ou 70000 euros moi ridícula para un concello, e que era tan sinxela como quitar os 28 puntos de vertidos do río Barbaña. Levábase prometido durante décadas e ninguén fixera nada…Son esas cousas pequenas ás que máis importancia lles dou pero, sen dúbida, a xoia da coroa é o Botánico. No tinteiro quedaron algunhas actuacións, sobre todo por carácter legal, co tema da propiedade. Ás veces non sei se por interese persoal ou os propietarios non están de acordo para que poidamos acceder a terreos... Queda por retirar algún punto de vertido do río Lonia, pero seguramente quen veña agora no futuro o vai a resolver.
R: Penso que hai que ir a un proceso de regularización. Hai que por vallas onde se poidan poñer, hai que darlles unha situación estética e sobre todo teñen que ser legais.  P:  Cal é a súa proposta respecto ás vallas publicitarias en Ourense?   Se se fixese isto, en breve non quedaría ningunha valla publicitaria en Ourense porque prácticamente ningunha cumpre o reglamento. Estanse pra retirar máis de 200.
P:  Cal é a situación medioambiental de Ourense agora mesmo? Teñen relación con outros concellos galegos, españois ou europeos?   R: Desde o punto de vista estatal subimos moitos postos en canto a zonas verdes. En Ourense somos sobre  107000 habitantes e hai uns 7 metros e pico por habitante, ca entrada do Botánico imos a dar un salto cualitativo de 7 a 11 metros cadrados. En canto a calidade ambiental estamos entre as 10 capitais con maior calidade atmosférica, pero isto tampouco é bo de todo, xa que implica que en Ourense non hai industrias... Estamos na metade da táboa en canto a zonas verdes, en canto a políticas de sustentabilidade estamos dentro das 15 primeiras capitais do estado e en canto a calidade de augas o mesmo. Podemos estar nunha media das 52 capitais, ás que lles engadimos as cidades que superan os 100000 habitantes, como Vigo ou Santiago, entre 65 e 75 cidades estamos sempre no corte do 20 para arriba. Temos unha relación excepcional con Portugal, o parque da metamorfose foi un medio-regalo que nos fixo a cidade de Vilanova, tamén cun pequeno concello de Sicilia, co que compartimos un proxecto da Unión Europea de índices e parámetros de calidade ambiental. Isto nos permite visualizar o que fan eles, e tamén copiar e transmitir ideas.
P:  Limos   recentemente nunha entrevista que lle fixeran en “La Voz de Galicia” en marzo do ano pasado que abandonaría a política despois das próximas eleccións de maio. Sigue pensando así? Que foi o que o levou a tomar esa decisión?   R: Si, incluso antes,eu lle comentara ao actual alcalde da cidade, a Paco, que eu viña para estar catro anos eu son un profesional autónomo, non cobro soldo por ser concelleiro cobro simplemente as asistencias e iso fai que teña unha esixencia tremenda porque estou atendendo ao concello e as miñas actividades. Por incompatibilidade co concello moitos traballos non os podo facer en Ourense polo tanto, me teño que ir fóra de Ourense a facelas o cal dificulta máis o traballo. Eu entrei coa condición de estar catro anos xa que estar no concello e moi agotador, a min sorpréndeme moito as persoas que están 20 anos na política. Acordado esta que eu xa non vou na lista. (Demetrio Espinosa nunha entrevista  Para  La Voz de Galicia)
P:  Temos entendido que vostede é enxeñeiro agrónomo. Cal foi o motivo polo que quixo adicarse a esta profesion?   R: A min chamábame moitísimo a atención as Ciencias Naturais e a parte de ciencias, en xeral;  menos das Matemáticas. Entonces despois de darlle moitas voltas, a mellor carreira para min era enxeñería agrónoma e mo puxeron moi fácil porque había prazas en Lugo. Marchei con moita dor porque íamos dous “pringados” para Lugo e o resto para Santiago;  pero moi ben.
P:  Parece que na súa familia hai unha fonda vocación política (Vd., a súa irmá Elena Espinosa, ex-ministra de Agricultura e Pesca). De onde pode proceder esa vocación? Cre que esa preocupación existe na mocidade actual? Que pensa sobre iso? Como se podería animar á mocidade para que participase en política?   (Demetrio Espinosa no centro, ó lado Noé e Adrián, posando diante da placa conmemorativa da visita de Elena Espinosa, irmá do Concelleiro, lembrando os seus tempos de estudante no Otero Pedrayo.) R: Vocación curiosamente por tradición, non. Meu pai foi zapateiro e miña nai foi mestra. Na miña familia desde sempre fomos unhas persoas que valoramos dende sempre o sector e o servizo público. Fomos educados e estudamos sempre en colexios públicos, sempre fomos a sanidade pública. Entón isto fai que ti valores o que realmente temos, que moitas veces non o facemos. Foi querer xestionar estes bens públicos o que nos levou a isto.
P:  Tamén temos oído que é afeccionado á fotografía? É así? Desde cando esa afección? Ten algún “ídolo” como fotógrafo?   R: Si, gústame moito a fotografía, lévoa practicándoa de sempre. O meu primeiro regalo foi unha cámara de fotos pequeniña. Ademais esta afección estivo incrementada  porque na miña profesión hai que sacar moita foto porque hai que se fixar nos detalles. A fotografía gústame máis co vídeo porque a instantánea me parece moi bonita (risas). Non, bueno hai un fotógrafo, Robert Mapplethorpe, que foi vítima de sida, moi profesional. Tiña un concepto moi erótico da fotografía, pero non teño ningún ídolo. A fotografía e para desfrutar dela. Quédome co anónimo.  P:  Ten outras afeccións? Practica ou practicou algún deporte?   R: Pois dende fai moito tempo son afeccionado a montaña e a miña vida de escapa a alta montaña mais de dous mil metros e encántame viaxar coa miña familia no viaxe e como mais se aprende.aparte practico a lectura pero sobre todo a montaña. Si, practiquei atletismo durante bastantes anos. Evidentemente non era o meu era unha afección. A través dun coñecido de atletismo hoxe falecido, metinme na montaña pouco a pouco.
P:  E... de fútbol...? Do Depor ou do Celta? R: Eu declárome “celtarra”, a pesar de que estamos pasando a través dunha travesía no deserto, sempre vin o celta como un equipo que coidou moito da canteira, e por familia teño moitos familiares que teñen número de carné dous centos ou así.  A min gústame o fútbol e disfrutalo sexa o equipo que sexa. P:  Vostede cursou estudos neste instituto, non si?  Hai moitas diferenzas entre o de agora e cando vostede estudiou?   R: Si, a verdade é que bastantes. Hoxe nos institutos se respira moito mellor, e dicir, hai máis liberdade. Dende punto de vista educativo mantense o bo nivel no Otero Pedrayo. P: Unha pregunta de cotilleo...  Era un alumno aplicado ou lle gustaba falar nas clases cos compañeiros? Cal era a súa asignatura favorita?   R: Eu era un alumno normal. Había clases que non me interesaban e había outras nas que me molestaba que alguén respirara ao lado porque estaba moi concentrado. Tiña notas moi altas e aprobadas. Era dos que máis falaba e de que me botaran broncas. As Ciencias Naturais gustábanme moito e a Física e a Química,… O demais, víao como unha afección.
P:  Permítanos que lle fagamos esta pregunta, pero o certo é que temos curiosidade pola procedencia dos seus apelidos. Pódenos explicar algo sobre iso?   R: Que complicado! “Espinosa” é un apelido do norte de Burgos, no lÍmite con Cantabria. A saga “Espinosa” estivo moi vinculada a corte de Carlos III. Hoxe é un apelido moi repartido por toda España. No caso de Mangana é curioso porque e un apelido que ten orixe en Italia que probablemente era dos “Mangano” pero de Mangana non se sabe o orixe. Sabemos que e de orixe italiano pero non se sabe como chegou ata aquí e como foi esa transmutación. NOTA  dos autores: Tamén lembramos ao eminentísimo filósofo Baruch (Bieito) Spinoza (Espinosa), nado en Amsterdam o 24 de novembro de 1632, sendo os seus avós, xudeos  perseguidos e expulsados da raia luso-galaica. (vid. “La sinagoga vacía” de Gabriel Albiac). Xa a piques de rematar... por favor, sobre os seus gustos e preferencias:
[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
f)  un líder político:   Felipe González. g)  un personaxe ou feito histórico:   Quedaríame coa volta aos valores constitucionais no ano 1978: a volta á democracia. h)  un lugar para descansar:   Os Pirineos; ou se non, en Penatrevinca. i)  un proxecto ideal para Ourense:   Sería feliz vendo que se implantara en Ourense un campo de I+D+i j)  unha vocación aínda por realizar:   Ter un pouquiño de tempo para desfrutar de todo, agora pasaron moitos anos de traballo e a vocación que hai que ver é vive e deixa vivir.
Esperamos que lle agradara visitar o seu instituto unha vez máis  e que tamén fose do seu agrado  esta entrevista.  Moitas grazas  por ter a amabilidade de achegarse ata aquí e responder ás nosas preguntas... e moita sorte na andaina que agora comeza.

More Related Content

Similar to Entrevista a Demetrio Espinosa

informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfrobledoprimeiroA
 
Exemplo. actividades bioloxia a esmorga
Exemplo. actividades bioloxia a esmorgaExemplo. actividades bioloxia a esmorga
Exemplo. actividades bioloxia a esmorgavictorefisica1
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorgavictorefisica1
 
Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12montx189
 
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...Agacio1 3+4
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedraissenlleiro2
 
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGO
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGOUNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGO
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGOEncarna Lago
 
Traballo xeografía
Traballo xeografíaTraballo xeografía
Traballo xeografíacarla
 
Traballo xeografía
Traballo xeografíaTraballo xeografía
Traballo xeografíacarla
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancaresDolcevitacoruna
 
Presentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisPresentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisMarisma Mais
 
Lourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín BotánicoLourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín Botánicomonadela
 

Similar to Entrevista a Demetrio Espinosa (20)

informe.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdfinforme.XHproxectolume1.pdf
informe.XHproxectolume1.pdf
 
Outeiro dos lameiros
Outeiro dos lameirosOuteiro dos lameiros
Outeiro dos lameiros
 
Exemplo. actividades bioloxia a esmorga
Exemplo. actividades bioloxia a esmorgaExemplo. actividades bioloxia a esmorga
Exemplo. actividades bioloxia a esmorga
 
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
4.exemplo. actividades bioloxia a esmorga
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12Proxecto voz natura 11 12
Proxecto voz natura 11 12
 
Trabajo
TrabajoTrabajo
Trabajo
 
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez x...
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
 
Congresoclima
CongresoclimaCongresoclima
Congresoclima
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGO
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGOUNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGO
UNIDADE DIDÁCTICA BOSQUE COLECTIVO ALBERTO PENA/ENCARNA LAGO
 
Traballo xeografía
Traballo xeografíaTraballo xeografía
Traballo xeografía
 
Traballo xeografía
Traballo xeografíaTraballo xeografía
Traballo xeografía
 
Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08 Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08
 
040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares040512 campaña reserva os ancares
040512 campaña reserva os ancares
 
Presentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máisPresentación do proxecto Marisma máis
Presentación do proxecto Marisma máis
 
Guía traballo ríos
Guía traballo ríosGuía traballo ríos
Guía traballo ríos
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Lourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín BotánicoLourizán, Xardín Botánico
Lourizán, Xardín Botánico
 

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense

More from Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense (20)

Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont Entrevista a Rosa Casafont
Entrevista a Rosa Casafont
 
A clave secreta del universo por Marta navares
A clave secreta del universo por  Marta navaresA clave secreta del universo por  Marta navares
A clave secreta del universo por Marta navares
 
Utopias e distopias
Utopias e distopiasUtopias e distopias
Utopias e distopias
 
A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.A idea de xustiza ao longo da historia.
A idea de xustiza ao longo da historia.
 
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
As utopías... segundo Carlos, Miguel e Artai.
 
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e AlbaÉticas da felicidade... segundo Sara e Alba
Éticas da felicidade... segundo Sara e Alba
 
Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.Orixe e evolución das especies.
Orixe e evolución das especies.
 
Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.Sobre a cultura e a personalidade.
Sobre a cultura e a personalidade.
 
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
Paula Rdgez e Elena Roales sobre a Historia de muller na filosofía.
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
Rebeca Glez e Cristina Santamaria... sobre a felicidade.
 
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
Adrian Glez e Miguel Iglesias... sobre Os mitos.
 
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moralAndrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
Andrea Diaz Sieiro: ser o no ser moral
 
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amorAna Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
Ana Domínguez e Ana Freire ... sobre o amor
 
La clave secreta del universo
La clave secreta del universoLa clave secreta del universo
La clave secreta del universo
 
Einstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempoEinstein e as maquinas do tempo
Einstein e as maquinas do tempo
 
Amalur
AmalurAmalur
Amalur
 
Que é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividadeQue é a teoría da relatividade
Que é a teoría da relatividade
 
Elemental, queridos humanos
Elemental, queridos humanosElemental, queridos humanos
Elemental, queridos humanos
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 

Entrevista a Demetrio Espinosa

  • 1. Entrevista a Demetrio Espinosa Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía. Prof.: J. Luis Martínez Costas Curso 2010-2011. Por Adrián Grande Gómez e Noé Martínez Iglesias
  • 2. O 3 de marzo de 2010 recibimos a visita e entrevistamos ao daquela concelleiro de Medio Ambiente: DEMETRIO ESPINOSA
  • 3. O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, non tivo inconvinte para asistir á entrevista que nós lle quixemos facer no noso instituto, no Otero Pedrayo de Ourense. Moitas grazas.
  • 4. ENTREVISTA A DEMETRIO ESPINOSA P: Comecemos pola polémica instalación do Olivo Macrobonsai na rotonda de Marcelo Macías. Algunhas persoas o critican porque o consideran un gasto innecesario ou porque pode ser obxecto dalgún ataque vandálico. Que pensa Vd. respecto a esa opinión? (Na imaxe, Demetrio Espinosa e o alcalde ourensán, Francisco Rodríguez, inaugurando o olivo macrobonsai). O obxectivo municipal con esta actuación, que tivo un custo aproximado duns 15.000 euros, foi, por un lado, dotar de verde a unha zona “dura”, e, por outro lado, mellorar a imaxe da cidade nun dos seus principais puntos de acceso.
  • 5. R: Mira, comezo a resposta polo final. Si por actos vandálicos fose, habería que retirar de Ourense os bancos, todas as papeleiras e moitas fontes de pequena especie. Efectivamente os actos vandálicos se poden producir contra calquera ben publico, os arbores evidentemente sofren vandalismo pero isto non nos pode condicionar… Precisamente desde o concello se intenta realizar unha labor educativa e o feito que sexa unha árbore nova, unha árbore significativa, nos garante que se respecte. Respéctase menos as cousas que están sen coidar… A polémica é interesada. No concello aprendín unha cousa… Cando non hai noticias, se xeran… Entre outros aspectos sorpréndeme algunhas críticas doutras persoas doutras asociacións veciñais, que nas inversións das súas asociacións non din nada e aquí poñen o berro no ceo. A min paréceme que na zona que está situada, na entrada de Ourense, había que edificar algo de calidade e vos podo dicir unha cousa, por custe proporcional a superficie é a rotonda máis barata que se fixo en Ourense. Sempre se polemiza polo que se gasta…   P: Como vai o proxecto do Xardín Botánico de Montealegre? Que cre que vai supoñer para a cidade?
  • 6. R: Vai ben, vai dentro dos prazos previstos e incluso está previsto que se abra nesta primavera ó público. O que si é certo e que un xardín botánico nunca se termina de facer, xa que hai que traballar durante moitos anos e décadas. Penso que co xardín Botánico vai haber un antes e un despois, porque encarga os valores dos xardíns Botánicos tradicionais e ao mesmo tempo se fai cargo dos novos conceptos de paisaxismo. O xardín Botánico vai pivotar sobre un pequeno centro de investigación que está alí onde os rapaces e estudantes que queiran facer un traballo sobre flora poidan ir alí, e eu penso que o mellor disto e que se van a xerar, por primeira vez, en Ourense postos de traballo de investigación vinculados ó medioambiente.
  • 7. Espinosa subliñou a dificultade dos traballos, debido á "dura meteoroloxía que tivemos, con chuvias e xeadas", que afectaron directamente ao normal desenvolvemento dos mesmos, pero sen que iso levase consigo un atraso respecto ás previsións que tiña a Concellaría de Medio e o autor do proxecto, José Crespí, que forma parte do comité científico das xornadas de xardinaría, e que na xornada de onte se encontraba na zona do Montealegre. Ademais de reiterar que o Xardín Botánico "non" é un xardín ao uso", e que se trata dun proxecto de longo recorrido, converterase nunha referencia ambiental de Galicia e o norte de Portugal. A recuperación dun espazo como o Montealegre, que nos últimos anos se convertera nunha prioridade para os diferentes gobernos, pero que se concretou o seu deseño e inicio das obras, durante o presente mandato, conxugará a tradición con novos espazos dos que poderán gozar os ourensáns e visitantes; e destacou o responsable da área de Medio Ambiente tamén o auditorio ao aire libre e o centro de interpretación.
  • 8.
  • 9. A dimensión do espazo natural, algo máis de 122.000 metros cadrados, e o tratamento que se realiza, fan do Montealegre un enclave de características "únicas en Galicia e diferente a outros que existen en Europa", algúns dos cales serán protagonistas dunha das sesións das xornadas de xardinaría de Galicia, como o de Burdeos, sobre o que disertará a paisaxista francesa Cathérine Mosbach, premio europeo de paisaxes. O concello espera ademáis que este centro xere novos postos de traballo vinculados ao tratamento especializado de espazos botánicos, o que o edil de Medio Ambiente define como ‘’postos verdes’’, o que o converte nun proxecto pioneiro no seu xénero en Galicia. Video sobre a presentación de Xardín Botánico de Montealegre: http://www.youtube.com/watch?v=RVbuO1qYwBY&feature=player_embedded
  • 10. Aproveitamos agora para lembrar outros Xardíns Botánicos en Galicia. En Ourense temos os parques botánicos do Xardín do Posío, do Parque de San Lázaro, do Parque Miño,... Fóra de Ourense tamén os hai…
  • 11. O Xardín Botánico-Artístico de Padrón A localidade aparece xa descrita no século XVI como Terra abundante en froitas e fermosos jardines. Sen dúbida, o froito máis famosos son os pementos de Padrón, e a referencia actual en espazos verdes son o Xardín botánico-artístico, por un lado, e a Alameda do Esporón, por outro. O primeiro deles ten a consideración de Ben de Interese Cultural con categoría de Xardín Histórico dende o ano 1946. Na súa céntrica extensión dunha hectárea de terreo, ao lado da estrada que cruza a poboación, achega unha frondosidade onde buscar e encontrar sempre algo máis que sombra.
  • 12. Dous amplos corredores en forma de T, o principal cun mesto teito formado por plátanos de sombra propicio para o paseo social, distribúen as senllas laterais que crean conxuntos sensoriais. Por exemplo, o grupeto de fragrantes gardenias se coincide nosa visita coa floración a principios de verán, ou o colorido invernal da camelia. Así ata unhas trescentas especies diferentes, entre as que destacan os exemplares exóticos e algúns únicos en España. O seu deseño revela o gusto pola moda francesa que se aplicou ás propiedades pacegas xa na súa decadencia. En teoría sostense que estes terreos pertenceron á casa de Antequeira, pero a orientación botánica creou un xardín orixinal en si mesmo. Un dos seus puntos fortes é a alta densidade de variedades vexetais.
  • 13. En canto a tamaño, destaca a palmeira de Senegal e unha sequoya vermella ao lado da estatua do último trobador Macías ou Namorado. Ademais, nos últimos tempos estase a apostar por individualizar as novas plantacións con motivos singulares: a oliveira do Milenio, o carballo do Euro, o buxo do Nóbel en recordo Camilo José Cela plantado no ano da súa morte, o ciprés do Ano Xacobeo 2004. Outros son produto de enriquecedores intercambios como a sabina do incenso de Burgos, unha faia de Cantabria ou un drago de Canarias. Outros monumentos do xardín son os bustos de Castelao e o do profesor Ernesto Gende, e sobre todo a fonte. Conta ademais con outras dependencias como un pequeno edificio, un herbario e almacén de xardinaría. É de obrigada mención a árbore do amor, chamado popularmente coroa de Cristo pola estrutura circular entrelazada deste arbusto espiñento.
  • 14. Xardín Botánico de A Pinguela O xardín botánico A Pinguela é o resultado dos esforzos conxuntos de todos os alumnos do Instituto de Ensino Medio da Pinguela coordinados polos profesores do Departamento de Bioloxía, que dun terreo baldío de 20.000 metros cadrados, xunto ao instituto, conseguiron crear e inaugurar o xardín botánico en 1987.
  • 15. Os alumnos son os encargados de coidar as plantas que aquí se encontran. Ao inicio do curso de cada novo alumno asígnaselle un dos espécimes do xardín botánico, do que se encargará do seu coidado, durante todos os cursos que permaneza no centro. Aquí encóntranse máis de 200 especies de árbores e arbustos, estando representadas todas as especies autóctonas de Galicia, así como plantas ornamentais de orixe foránea que se encontran na maioría dos xardíns do lugar.
  • 16.
  • 17. Xardín Botánico e a Carballeira de Caldas de Reis A súa historia remóntase ao ano 1863, hai 143 anos, cando estaban en todo o seu auxe os balnearios de augas termais, o que impulsou o proxecto dunha Alameda en Caldas, que vinte anos máis tarde era o Parque-Xardín e Carballeira. Neste enclave encóntranse multitude de especies arbóreas, na súa gran maioría exóticas. Son de destacar a súa colección de Camelias, sendo dignos de mención dous antigos exemplares de Camellia japonica "Mathotiana Alba" dun considerable tamaño.
  • 18. O Parque-Xardín e Carballeira declarado Ben de Interese Cultural, posúe entre os seus exemplares catro árbores considerados Monumentos Naturais.
  • 19. Xardín Botánico da Universidade de Santiago de Compostela É un ambicioso proxecto cuxo inicio foi en parte financiado polo Consorcio da Cidade de Santiago que aínda se encontra en fase de execución e cuxa finalización se prevé para o 2012. Estará situado nos arredores de Santiago de Compostela, xunto ao río Sarela. Depende administrativamente da universidade compostelá e conta coa participación da Deputación de Pontevedra canalizada a través dos laboratorios de investigación de Areeiro. (Camelia Xaponesa)
  • 20. O botánico, cuxa extensión alcanzará as 11 hectáreas, será chamado «Xardín da deusa Sacia» Estará adicado principalmente á investigación do xénero Camelia, nunha área do xardín chamada Georg Kamel (botánico en cuxa honra se deu nome ao xénero) e á preservación de flora autóctona e ameazada da comunidade galega, noutra zona que será chamada «Xardín de Gaia».
  • 21. P: Outra das súas actuacións foron os xardíns do parque Barbaña. En que se inspiraron para levar a cabo esta creación? R: Houbo en Ourense 3 actuacións grandes. Unha é a que mencionades, outra é o parque da canle, que está na zona alta do antigo cuartel de san francisco e outra é o parque de Portovello nas Lagoas. Curiosamente non están postos así porque si, pretendíase establecer tres zonas diferentes nos vértices da cidade. Inspirámonos no paisaxismo, xa que é aquela arte que tratar de conxugar aspectos da xardinería tradicional con aspectos de urbanismo, de tal forma que unha versatilidade que lle proporciona un uso determinado ó parque. O parque tradicional ten unha zona de parque tradicional con céspede, arborado e o novo paisaxismo o que pretende e dar unha visión diferente completamente do que son os espazos mantendo os mesmos usos que había primitivamente pero ao mesmo tempo para que a súa integración na cidade sexa realmente chamativa. Os tres parques son distintos e abarcan distintos conceptos do paisaxismo.
  • 22. O Parque Barbaña , unha das zonas máis frecuentadas da cidade Ourense conta cun Parque de recreo de creación recente, en torno ás beiras do río Barbaña. É un Lugar idóneo para o descanso, o paseo e para estar en contacto coa natureza. Conta con modernas instalacións de ocio para os máis pequenos
  • 23. O parque de recreo, situado a beiras do río Barbaña, cunha frondosa vexetación de ribeira é unha das zonas verdes máis frecuentadas da cidade de Ourense.
  • 24. R: Na concellería hai 4 pilares fundamentais: zonas verdes, políticas ou departamento de sustentabilidade, o de augas e por último temos o departamento de ruidos. Temos un pequeno apartado que o levamos indirectamente que é o tema de residuos, que conseguimos sacalo desde medioambiente a concurso público, que é a empresa coa que está agora e agora está a levalo outro departamento pero estamos moi vinculados. P: Cales son as funcións da súa Concellería?
  • 25. P: En que medida entran dentro das súas funcións os asuntos relacionados co termalismo? Sobre ese asunto, temos escoitado que teñen pensado reformar o antigo cárcere de Ourense e que hai un proxecto de Hotel con acceso ás augas termais das Burgas. Que pode dicir vostede como concelleiro sobre esta actuación? R: Hai unha clara conexión e vinculación co termalismo. O termalismo é unha práctica medicinal de ocio vinculada á auga, nós temos no departamento todo o control de auga e de feito son as nosas brigadas as que coidan toda a zona termal. Se Ourense pretende venderse como unha cidade ambiental e termal as dúas cousas teñen que ir da man. O do proxecto de Hotel é unha actuación complicada porque o antigo cárcere é un edificio moi grande e aínda que hai interese en levar a cabo esta actuación, desde o punto económico, como sabedes, as cousas non están ben...
  • 26. Interese de dúas cadeas hoteleiras pola antiga cárcere de Ourense
  • 27. O proxecto de Age Copasa Inmobiliaria de destinar a hotel, con ao redor dun centenar de cuartos, a torre máis baixa das dúas que conformarán o seu edificio da Chavasqueira únese a outras iniciativas privadas que prevén incrementar a oferta de prazas hoteleiras na cidade. A medio prazo, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Garza, recoñece o interese de dúas cadeas hoteleiras no antigo cárcere, situado na rúa Progreso, e concibido no PERI Das burgas como un hotel termal de cinco estrelas. A ampliación da oferta de servizos hoteleiros é precisamente unha das principais necesidades do sector. A cidade sitúa ao termalismo como un dos seus referentes pero, aínda así, ten entre as súas grandes carencias un grande hotel termal. Tamén é unha necesidade da provincia que, non obstante, conta con establecementos de referencia, como poden ser os balnearios ou o Parador. Video sobre a noticia : http://www.youtube.com/watch?v=A_oa7VOkRSs
  • 28. P: Como valoraría o traballo da súa Concellería durante estes catro anos? Cales son as actuacións das que se sinte máis satisfeito? Cales “quedaron no tinteiro”? R: O traballo foi duro. Atopeime cunha concellería estruturada moi á antiga, os xefes eran como departamentos pechados onde ti non tocas o meu e eu non me meto no teu... Eu sempre defendín que o tema ambiental era moi transversal, onde todos teñen que axudarse. Aínda que pareza unha tontería, houbo unha actuación de 60000 ou 70000 euros moi ridícula para un concello, e que era tan sinxela como quitar os 28 puntos de vertidos do río Barbaña. Levábase prometido durante décadas e ninguén fixera nada…Son esas cousas pequenas ás que máis importancia lles dou pero, sen dúbida, a xoia da coroa é o Botánico. No tinteiro quedaron algunhas actuacións, sobre todo por carácter legal, co tema da propiedade. Ás veces non sei se por interese persoal ou os propietarios non están de acordo para que poidamos acceder a terreos... Queda por retirar algún punto de vertido do río Lonia, pero seguramente quen veña agora no futuro o vai a resolver.
  • 29. R: Penso que hai que ir a un proceso de regularización. Hai que por vallas onde se poidan poñer, hai que darlles unha situación estética e sobre todo teñen que ser legais. P: Cal é a súa proposta respecto ás vallas publicitarias en Ourense? Se se fixese isto, en breve non quedaría ningunha valla publicitaria en Ourense porque prácticamente ningunha cumpre o reglamento. Estanse pra retirar máis de 200.
  • 30. P: Cal é a situación medioambiental de Ourense agora mesmo? Teñen relación con outros concellos galegos, españois ou europeos? R: Desde o punto de vista estatal subimos moitos postos en canto a zonas verdes. En Ourense somos sobre 107000 habitantes e hai uns 7 metros e pico por habitante, ca entrada do Botánico imos a dar un salto cualitativo de 7 a 11 metros cadrados. En canto a calidade ambiental estamos entre as 10 capitais con maior calidade atmosférica, pero isto tampouco é bo de todo, xa que implica que en Ourense non hai industrias... Estamos na metade da táboa en canto a zonas verdes, en canto a políticas de sustentabilidade estamos dentro das 15 primeiras capitais do estado e en canto a calidade de augas o mesmo. Podemos estar nunha media das 52 capitais, ás que lles engadimos as cidades que superan os 100000 habitantes, como Vigo ou Santiago, entre 65 e 75 cidades estamos sempre no corte do 20 para arriba. Temos unha relación excepcional con Portugal, o parque da metamorfose foi un medio-regalo que nos fixo a cidade de Vilanova, tamén cun pequeno concello de Sicilia, co que compartimos un proxecto da Unión Europea de índices e parámetros de calidade ambiental. Isto nos permite visualizar o que fan eles, e tamén copiar e transmitir ideas.
  • 31. P: Limos recentemente nunha entrevista que lle fixeran en “La Voz de Galicia” en marzo do ano pasado que abandonaría a política despois das próximas eleccións de maio. Sigue pensando así? Que foi o que o levou a tomar esa decisión? R: Si, incluso antes,eu lle comentara ao actual alcalde da cidade, a Paco, que eu viña para estar catro anos eu son un profesional autónomo, non cobro soldo por ser concelleiro cobro simplemente as asistencias e iso fai que teña unha esixencia tremenda porque estou atendendo ao concello e as miñas actividades. Por incompatibilidade co concello moitos traballos non os podo facer en Ourense polo tanto, me teño que ir fóra de Ourense a facelas o cal dificulta máis o traballo. Eu entrei coa condición de estar catro anos xa que estar no concello e moi agotador, a min sorpréndeme moito as persoas que están 20 anos na política. Acordado esta que eu xa non vou na lista. (Demetrio Espinosa nunha entrevista Para La Voz de Galicia)
  • 32. P: Temos entendido que vostede é enxeñeiro agrónomo. Cal foi o motivo polo que quixo adicarse a esta profesion? R: A min chamábame moitísimo a atención as Ciencias Naturais e a parte de ciencias, en xeral; menos das Matemáticas. Entonces despois de darlle moitas voltas, a mellor carreira para min era enxeñería agrónoma e mo puxeron moi fácil porque había prazas en Lugo. Marchei con moita dor porque íamos dous “pringados” para Lugo e o resto para Santiago; pero moi ben.
  • 33. P: Parece que na súa familia hai unha fonda vocación política (Vd., a súa irmá Elena Espinosa, ex-ministra de Agricultura e Pesca). De onde pode proceder esa vocación? Cre que esa preocupación existe na mocidade actual? Que pensa sobre iso? Como se podería animar á mocidade para que participase en política? (Demetrio Espinosa no centro, ó lado Noé e Adrián, posando diante da placa conmemorativa da visita de Elena Espinosa, irmá do Concelleiro, lembrando os seus tempos de estudante no Otero Pedrayo.) R: Vocación curiosamente por tradición, non. Meu pai foi zapateiro e miña nai foi mestra. Na miña familia desde sempre fomos unhas persoas que valoramos dende sempre o sector e o servizo público. Fomos educados e estudamos sempre en colexios públicos, sempre fomos a sanidade pública. Entón isto fai que ti valores o que realmente temos, que moitas veces non o facemos. Foi querer xestionar estes bens públicos o que nos levou a isto.
  • 34. P: Tamén temos oído que é afeccionado á fotografía? É así? Desde cando esa afección? Ten algún “ídolo” como fotógrafo? R: Si, gústame moito a fotografía, lévoa practicándoa de sempre. O meu primeiro regalo foi unha cámara de fotos pequeniña. Ademais esta afección estivo incrementada porque na miña profesión hai que sacar moita foto porque hai que se fixar nos detalles. A fotografía gústame máis co vídeo porque a instantánea me parece moi bonita (risas). Non, bueno hai un fotógrafo, Robert Mapplethorpe, que foi vítima de sida, moi profesional. Tiña un concepto moi erótico da fotografía, pero non teño ningún ídolo. A fotografía e para desfrutar dela. Quédome co anónimo. P: Ten outras afeccións? Practica ou practicou algún deporte? R: Pois dende fai moito tempo son afeccionado a montaña e a miña vida de escapa a alta montaña mais de dous mil metros e encántame viaxar coa miña familia no viaxe e como mais se aprende.aparte practico a lectura pero sobre todo a montaña. Si, practiquei atletismo durante bastantes anos. Evidentemente non era o meu era unha afección. A través dun coñecido de atletismo hoxe falecido, metinme na montaña pouco a pouco.
  • 35. P: E... de fútbol...? Do Depor ou do Celta? R: Eu declárome “celtarra”, a pesar de que estamos pasando a través dunha travesía no deserto, sempre vin o celta como un equipo que coidou moito da canteira, e por familia teño moitos familiares que teñen número de carné dous centos ou así. A min gústame o fútbol e disfrutalo sexa o equipo que sexa. P: Vostede cursou estudos neste instituto, non si? Hai moitas diferenzas entre o de agora e cando vostede estudiou? R: Si, a verdade é que bastantes. Hoxe nos institutos se respira moito mellor, e dicir, hai máis liberdade. Dende punto de vista educativo mantense o bo nivel no Otero Pedrayo. P: Unha pregunta de cotilleo... Era un alumno aplicado ou lle gustaba falar nas clases cos compañeiros? Cal era a súa asignatura favorita? R: Eu era un alumno normal. Había clases que non me interesaban e había outras nas que me molestaba que alguén respirara ao lado porque estaba moi concentrado. Tiña notas moi altas e aprobadas. Era dos que máis falaba e de que me botaran broncas. As Ciencias Naturais gustábanme moito e a Física e a Química,… O demais, víao como unha afección.
  • 36. P: Permítanos que lle fagamos esta pregunta, pero o certo é que temos curiosidade pola procedencia dos seus apelidos. Pódenos explicar algo sobre iso? R: Que complicado! “Espinosa” é un apelido do norte de Burgos, no lÍmite con Cantabria. A saga “Espinosa” estivo moi vinculada a corte de Carlos III. Hoxe é un apelido moi repartido por toda España. No caso de Mangana é curioso porque e un apelido que ten orixe en Italia que probablemente era dos “Mangano” pero de Mangana non se sabe o orixe. Sabemos que e de orixe italiano pero non se sabe como chegou ata aquí e como foi esa transmutación. NOTA dos autores: Tamén lembramos ao eminentísimo filósofo Baruch (Bieito) Spinoza (Espinosa), nado en Amsterdam o 24 de novembro de 1632, sendo os seus avós, xudeos perseguidos e expulsados da raia luso-galaica. (vid. “La sinagoga vacía” de Gabriel Albiac). Xa a piques de rematar... por favor, sobre os seus gustos e preferencias:
  • 37.
  • 38. f) un líder político: Felipe González. g) un personaxe ou feito histórico: Quedaríame coa volta aos valores constitucionais no ano 1978: a volta á democracia. h) un lugar para descansar: Os Pirineos; ou se non, en Penatrevinca. i) un proxecto ideal para Ourense: Sería feliz vendo que se implantara en Ourense un campo de I+D+i j) unha vocación aínda por realizar: Ter un pouquiño de tempo para desfrutar de todo, agora pasaron moitos anos de traballo e a vocación que hai que ver é vive e deixa vivir.
  • 39. Esperamos que lle agradara visitar o seu instituto unha vez máis e que tamén fose do seu agrado esta entrevista. Moitas grazas por ter a amabilidade de achegarse ata aquí e responder ás nosas preguntas... e moita sorte na andaina que agora comeza.