Guenon rene simbolos fundamentales de la ciencia sagrada
Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en terras galegas juan lópez suárez xan de forcados
1. Viaxe ás orixes da conciencia ecolóxica en
terras galegas
Francisco Díaz-Fierros acaba de publicar en Galaxia ‘A
cuestión ambiental en Galicia’, un documentado volume no que
aborda a evolución do pensamento e da sensibilidade cara á
conservación dos recursos naturais na comunidade entre os
anos 1750 e 1972
HENRIQUE NEIRA. SANTIAGO 17.05.2006
Francisco Díaz-Fierros, á dereita, co director xeral de Galaxia, Víctor Freixanes, na
presentación do volume en Santiago o pasado xoves
FOTO: BEA PÉREZ/CONSELLO DA CULTURA GALEGA
A data da que parten as análises realizadas no libro, 1750, sitúanos en plena Ilustración,
a mediados do chamado Século das Luces, e a última das datas, 1972, é a do ano no que
se celebrou o cumio internacional de Estocolmo, en Suecia, o Cumio da Terra, unha
referencia clave para o espertar do movemento ambientalista en todo o mundo.
Francisco Díaz-Fierros Viqueira (Vilagarcía, 1941), edafólogo e catedrático da
Universidade de Santiago, así como académico correspondente da Real Academia de
Farmacia e membro do Consello da Cultura Galega, aborda na obra a evolución do
pensamento ecolóxico en Galicia ó longo de máis de dous séculos nos que, primeiro a
elite intelectual e progresivamente o conxunto da sociedade foron adquirindo conciencia
da necesidade de protexer o medio natural para garantir a supervivencia dos recursos
renovables e por tanto das vindeiras xeracións de habitantes destas terras.
O autor explica que decidiu escoller 1750 como data de inicio da súa investigación
porque é naquela época cando xorde "unha maneira de pensar moderna" tanto no que se
refire á ciencia e á tecnoloxía como ós recursos naturais, aínda que lembra que esta
mentalidade moderna é "a das élites, pois o pobo vai por outro lado, hai un divorcio
total". Así, dáse o caso de que ilustrados galegos coma o padre Sarmiento ou como
Xosé Cornide xa se preocupan naquela época pola conservación dos recursos mariños
2. "e propoñen vedas durante os períodos de reprodución dos peixes" para evitar a
desaparición dos recursos, algo que resulta "innovador" naquel momento histórico.
Igualmente hai preocupación pola conservación dos bosques, pero "máis que unha
mentalidade conservacionista hai unha mentalidade de substitución e produtivista, se
cortamos un monte plantámolo despois para xerar novos recursos", e unha mentalidade
produtivista moi semellante é a que se mantén no eido da agricultura".
Díaz-Fierros lembra que, a pesar dos avisos de persoeiros coma Sarmiento ou Cornide
sobre o limitado dos recursos, "aínda no século XIX hai membros da Sociedade
Económica de Amigos do País que cren que os recursos do mar son inesgotables".
Con todo, a preocupación pola conservación do medio natural e os seus recursos
continuou medrando desde a época da Ilustración, e en parte débeselle isto ós escritores
galegos, que foron "creadores de sensibilidade, por exemplo Rosalía de Castro
introduciu unha nova sensibilidade lírica, Pondal é un referente na épica e Manuel
Antonio para o mar, transmiten unha nova maneira de sentir diante da natureza".
A ecoloxía pasa a converterse nun fenómeno de masas
Tras este pioneiro labor literario, o século XX é "o da socialización dos discursos en
defensa da natureza", con fenómenos de masas que van desde a estética –comeza a
busca dun turismo de calidade, con focos de atracción mesmo internacional, como
Mondariz– ata a pedagoxía –xorden novas correntes pedagóxicas que achegan froitos
coma as festas da árbore– ou o excursionismo –que se pon de moda entre a burguesía de
cidades ou vilas–.
Uns antecedentes que serven para entender o agromar dos grupos ecoloxistas despois da
paréntese da Guerra Civil e da Segunda Guerra Mundial, un agromar que se produce
impulsado por feitos puntuais como "a campaña científica que deu lugar á preservación
de Doñana, patrocinada por Juan López Suárez, Xan de Forcados" ou a campaña
cidadá pola "salvación do lago de Sanabria", que se pretendía empregar para o
aproveitamento hidroeléctrico, e na que foi unha figura clave "o médico de Valdeorras
Ricardo Gurriarán".
E chegamos á década dos setenta: desfeitas ecolóxicas coma o vertido das 50.000
toneladas de cru do Polycommander na ría de Vigo en 1970 ou o do Erkowit –con 2.000
toneladas de insecticida– na ría da Coruña no mesmo ano supuxo unha toma de
conciencia da poboación galega na que xoga un papel moi importante a información que
naquela época achega a prensa. O volume péchase no ano 1972, ano no que se celebrou
o Cumio da Terra de Estocolmo, unha data crucial "no movemento ambientalista en
todo o mundo, aí empeza outra xeira e aí están as raíces do que estamos vivindo hoxe",
apunta Francisco Díaz-Fierros, aínda que ó principio "houbo unha repercusión tímida en
Galicia".
Logo chegaría o desenvolvemento do movemento ecoloxista como hoxe o
coñecementos, coa a creación de entidades coma a Asociación para a Defensa Ecolóxica
3. de Galiza (Adega) ou a Sociedade Galega de Historia Natural –que presidiu o propio
autor– .