SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
As
formas
de goberno
en Roma.
Celia Castro Vázquez. 1º BAC C.
Índice.
1. A monarquía: páx.3
1.1. Os reis romanos: páx.3
1.2. Os poderes do rei: páx.4
1.3. O Senado: páx.4
1.4. Os comicios. Comitia curiata: páx.5
2. A República: páx.5
2.1. As maxistraturas: páx.5
2.2. O poder dos maxistrados: páx.6
2.3. O cursus honorum: páx.7
2.4. O Senado: páx.7
2.5. As asembleas: páx.8
3. O Imperio: páx.9
3.1. A instauración do Imperio: páx.9
3.2. As reformas: páx.10
3.3. Principado e Dominado: páx.10
Bibliografía: páx.12
1. A monarquía.
A monarquía (regnum romanum en latín) foi a primeira forma de goberno en
Roma comezando dende a fundación da cidade o 7 de abril do ano 753 a.C.,
con Rómulo como rei, (rex en latín) e rematando no 509 a.C. coa expulsión de
Tarquinio o Soberbio. Xulio César intentou retroceder a esta forma de goberno
anos despois pero non o conseguiu debido a que foi asasinado por este motivo.
1.1 Os reis romanos.
Roma tivo 7 sete reis aínda que se cre que, na realidade, só existiron os
últimos debido a que os rexistros históricos da cidade foron destruídos polos
galos no 390 a.C. tras a súa vitoria na batalla de Alia.
O primeiro rei romano foi Rómulo, seguido por Numo Pompilio quen dotou ó
pobo de institucións relixiosas, rituais e crenzas baseadas nas dos veciños
principalmente etruscos e sabinos.
O seguinte foi Tulo Hostilio o cal creou numerosas institucións militares e é por
isto polo que durante o seu reinado Roma encóntrase en numerosas guerras
cos pobos veciños.
A continuación ven Anco Marcio quen abre as portas da cidade a cidadáns de
fora con fin de conseguir máis poboación, estes novos cidadáns son os que
máis tarde constituirían a plebe. No último período do seu mandato admite a
presenza de asesores etruscos, que eran a potencia que controlaba a parte
norte da península Itálica.
A Anco Marcio sucédenlle tres etruscos no poder, o primeiro e quinto rei foi
Tarquinio Prisco e con el chega o florecemento económico e social e leva as
tradicións etruscas a Roma.
Sucédelle Servio Tulio quen xunta os diferentes pobos latinos con Roma á
cabeza. Tamén fai construír murallas e outros edificios emblemáticos na
cidade.
O último é Tarquinio o Soberbio cuxo mandato é escuro xa que comeza por
facerse co poder á forza, sendo o único en conseguilo desta maneira,
enfrontándose á aristocracia. O feito que provoca a súa destitución é que
permite a violación dunha rapaza chamada Lucrecia. É o pai da rapaza quen
move ós nobres para conseguir botar a este rei.
Foron elixidos polo pobo e o seu goberno foi vitalicio, (a excepción de Rómulo
e Tarquinio o Soberbio). Non existe ningunha referencia á liña hereditaria;
aínda que a partires do quinto atopámonos cunha liña de sucesión que flúe
pola parte feminina.
1.2 Os poderes do rei.
Existen opinións diferentes en canto aos poderes dos reis xa que algúns
escritores modernos sosteñen que era o pobo quen tiña o poder e que o rei tan
só era a cabeza do Senado, outros din que o monarca tiña todo o poder e que
o Senado e o pobo tan só controlaban os poderes menores. Pero a teoría máis
aceptada hoxe en día é a que di que o rei tiña todos os poderes e que o
Senado era un mero órgano consultivo.
Así a todo tiñan diferentes poderes diferenciados nos conceptos de imperium e
ius aspiciorum.
O imperium recollía os poderes xudiciais, políticos, relixiosos e militares que lle
permitían conseguir que a vida na cidade fose pacífica.
Que o rei tivera o ius aspiciorum significaba que era o sacerdote supremo e
podía consultar aos deuses mediante a interpretación de sinais (auspicios).
Como eran elixidos, cando morría os senadores eran os gobernadores
alternándose o poder cada cinco días e chamándose interrex cando tiñan o
poder. Este período coñécese como interregnum e duraba ata que o pobo elixía
un novo monarca que debía ser confirmado polo Senado.
1.3 O Senado.
O Senado estaba composto por 100 anciáns que eran os chamados paters, os
representantes das familias patricias, e polos conscripti os maxistrados curules
diferenciados en cónsules, pretores e ediles.
Durante a monarquía o Senado non tiña moito poder xa que era o rei quen o
tiña, de maneira que era un órgano consultivo do que dispoñía o rei e do que
este estaba á cabeza.
1.4 Os Comicios. Comitia curiata.
Estas eran asembleas deliberativas convocadas e presididas polo rei nas que
se reunían os membros das trinta curias que emitían un voto para a resolución
do tema en cuestión sendo 16 a maioría. Comezaban cunha cerimonia
relixiosa.
As respostas estaban limitadas a ser afirmativas ou negativas á proposta do rei
polo que esta institución non tiña moita influencia na política xa que era unha
mera orientación para a decisión final tomada polo monarca.
2. A República.
Foi dende a loita entre patricios e plebeos que roma se converteu nunha
comunidade de cidadáns libres, chamado o populus Romanus, que era
parecido ás polis gregas.
Comezou ao rematar a monarquía coa expulsión de Tarquinio o Soberbio
como xa se menciona anteriormente. É así como comeza no 509 a.C e remata
no 27 a.C co comezo dunha nova etapa, o Imperio romano.
Ao populus Romanus superporíase o concepto de res publica, que era o
conxunto de intereses do pobo. Así as decisións sobre os negocios do Estado
eran tomadas por tres agrupacións públicas: as maxistraturas, o senado e as
asembleas populares.
2.1. As maxistraturas.
Os maxistrados eran as persoas que exercían unha función pública civil na
cidade. Ao non existir ningún cargo por enriba deste os maxistrados tiñan o
mando civil e militar.
As maxistraturas tiñan tres principios fundamentais: a nulidade, a colexialidade,
e o dereito a veto.
A duración do cargo de maxistrado era un ano aínda que se era necesario
prolongábase a función ao antigo titular ata que resolvese o problema ao que
se debía enfrontar e polo que se lle alargaba a función.
Os maxistrados formaban os chamados colexios, que tiñan polo menos dous
integrantes, pero que non supoñían que os membros debesen funcionar coma
un conxunto senón que cada un seguía tendo a independencia. A función dos
colexios lévanos ao último principio, o de veto. Os membros dos colexios
podían vetar as decisións dos demais, tanto individual coma colectivamente.
Facíase para poder parar a un maxistrado se a súa decisión non favorecía ao
Estado ou iba contra este.
2.2 O poder dos maxistrados.
Os maxistrados tiñan moitos poderes, dereitos e prerrogativas para poder levar
a cabo a súa función. Era o representante da comunidade cidadá para a que
actuaba e foi esta representación a que utilizaban nos diferentes ámbitos, xa
fose contra os deuses, ou outros pobos.
Eran os portadores do poder estatal e durante o período de función non tiña
responsabilidades e non debía dar conta dos seus actos pero isto acabábase
ao rematar o ano de función e nese momento si que podería que ter que
responder sobre a súa administración. Aínda que parte dos honores sí que
prevalecían ao acabar como levar a toga praetexta, que era morada, ou a sella
curulis unha cadeira adornada de marfil aínda que só se se trataba dun
maxistrado curul.
2.3 O cursus honorum.
Ser un maxistrado tiña un enorme prestixio
na época, e para selo a persoa debía ser
rico debido a que nalgúns momentos
esixía moitos gastos, e así foi como ese poder
recaía tan só na clase privilexiada dos nobilitas
polo que chegou a un punto no que se converteu nunha clase política na que
os pertencentes a ela tiñan como aspiración máxima na vida chegar a exercer
como maxistrados. Por isto acabou por establecerse unha carreira de cargos
que cumprir para conseguilo, esta careira era o cursus honorum regulada por
decreto no 180 a.C.
A cuestura era o grado máis baixo e encargábanse de administrar o tesouro
público e de protexer os arquivos do Estado, seguido pola edilidad, formado por
dous patricios e dous plebeos, que era paralelo ao tribunado da plebe que
comezou tendo carácter revolucionario per que terminou sendo parte das
maxistraturas; eran os policías e os encargados de levar a organización dos
xogos públicos do Estado. Os seguintes eran os pretores quenes
administraban a xustiza e tiñan o imperium. O cargo supremo do cursus
honorum era o dos consules os que eran encargados da dirección xurídica do
Estado e de comandar o exército. Eles tamén tiñan o imperium e apenas tiñan
limitacións de ningún tipo. Convocaban asembleas populares e ó senado e
xulgaban as causas de carácter penal e civil. Ao ser as cabezas do Estado
daban nome ao ano no que exercían o cargo, é dicir, eran maxistrados
epónimos.
Ademais destes postos tamén existía o de censor que ocupaba unha posición
especial. Formaban un colexio de dos persoas e eran escollidos cada cinco
anos dos que estaban en activo un e medio. Eles eran os que elaboraban e
controlaban a lista de cidadáns e máis tarde tamén se lles otorgou a confección
da lista de senadores.
2.4 O Senado.
Esta institución estaba formada pola aristocracia que ostentaba ó poder
político. Nos seus orixes os xefes dos clans eran quenes o compoñían pero ao
largo da época da República foi cambiando ata estar formado polos ex
maxistrados e a súa función era asesorar aos maxistrados en función. Era un
cargo vitalicio e estaba formado por 300 homes.
O Senado era o núcleo do Estado xa que era permanente, ao contrario que
sucedía coas maxistraturas, e dáballe solidez e continuidade e é así como era
sinxelo que o auténtico goberno fose o senado que se estendía por todos os
ámbitos posibles en respecto á dirección do Estado. A pesar disto onde tiña
especial relevancia era no ámbito da política exterior.
Era o Senado quen decidía as operacións militares e quen proporcionaba os
medios necesarios para levar a cabo as campañas; ratificaba os acordos dos
maxistrados co estranxeiro; distribuía provincias e levaba os diferentes
aspectos da diplomacia enviando embaixadas e recibindo delegacións
procedentes do exterior.
Por outra parte, no interior era o que facía de xestor do Tesouro e administraba
os bens do Estado, sobre todo nas terras comunais e nos tributos, minas e
bosques.
2.5 As asembleas.
Nesta época había cidadáns romanos que tiñan plenos dereitos, o populus, que
participaba no Estado a través de asembleas, os comitia que estaban
compostos polos diferentes grupos nos que se dividía a poboación.
Existían tamén asembleas paralelas a estas nas que se representaba ao
populus pero dende diferentes puntos de vista. Os comitia curiata eran os máis
antigos posto que xa existían durante a monarquía. Estes eran os que lle
concedían o imperium ao maxistrado en cuestión.
As asembleas máis importantes para o pobo romano eran os comitia centuriata
nos que se escollían aos maxistrados superiores, (cónsules, pretores e
censores) os demais eran elixidos nos comitia tributa. Nos concilia plebis
votábanse as leis pero as declaracións de guerra e tratados decidíanse no
comitia centuriata. Ademais disto as asembleas tiñan poder xurídico pero non
para todas era igual. A pena capital correspondía aos comitia centuriata e os
comitia tributa ocupábanse das multas.
Para que as asembleas fosen válidas debían estra convocadas por un
maxistrado (só podía haber 195 ao ano) e estaban precedidas por diferentes
rituais relixiosos.
3. O Imperio.
O
Imperio foi a última forma de goberno que houbo en Roma. Foi nesta etapa
cando Roma foi gobernada por emperadores. E foi tamén nesta época cando
alcanzaron a súa máxima expansión, chegando a controlar todo o mar
Mediterráneo.
A máxima expansión produciuse baixo o mandato de Trajano, e completouse
cara o ano 117 d.C. á final do seu poder xa que el morreu nese ano.
3.1. A instauración do Imperio.
Octavio foi o artífice da instauración do Imperio. Logo de vencer a Antonio en
Exipto volveu á capital romana vitorioso no ano 29 d.C. e pechou as portas do
templo de Jano, que cando había guerra permanecían abertas, como símbolo
de que a paz volvía a instaurarse. Fóronlle concedidos varios títulos, entre o
que aparecía o de Augusto (persoa grata), nome co cal pasou a ser emperador.
Esta etapa rematou no ano 476 d.C. coas invasións bárbaras que se
produciron no século V.
3.2. As reformas.
Se na república o poder estaba dividido nas diferentes institucións, durante o
imperio o poder estaba nas mans do emperador, é dicir, a forma de goberno
era a autocracia; unha persoa gobernaba e nada podía pasar por enriba desa
persoa. O Senado concedeulle o poder ao emperador e debía acatar es
decisións deste. E, como dicía o emperador “Se lles gana ou se lles extermina”.
Aínda que, para conseguir unha mellor administración, apareceron as
Provincias Senatoriais que eran as que foron cedidas ó Senado.
Tamén se produciron cambios de aspecto social; a nobreza xa non tiña o poder
político, é dicir, era sumisa ao emperador como o senado.
A clase media desapareceu pero a cantidade de plebeos creceu moito, e estes
non traballaban senón que recibían por parte do goberno cereais, auga, diñeiro
e xogos e espectáculos públicos. Outra clase que creceu foi a dos escravos, xa
que as sucesivas guerras gañadas proporcionara moitos. Estes encargábanse
de traballos como a minería, a agricultura ou o coidado doméstico.
A última clase sería a burguesa, que Augusto gañouse ao proporcionarlles
cargos no Senado.
As reformas económicas baseáronse en que a agricultura arruinouse pola
aparición dos latifundios, a minaría creceu moito grazas ás conquistas e o
comercio intensificouse coa construción dos portos de Ostia e Pozzoli, para os
intercambios con Occidente e Oriente respectivamente.
3.3. Principado e Dominado.
O Imperio romano divídese en dúas partes diferenciadas polo réxime político
que aínda estando dentro de ser un imperio.
O primeiro foi o Principado que comezou coa instauración do Imperio e
rematou coa morte do último da dinastía dos Severo no 235 d.C. e nese
momento comezou unha anarquía militar, o Dominado.
O Principado apareceu ao evolucionar as institucións republicanas para
cambialas e axustalas ó réxime imperial. Era unha monarquía colexiada. A esta
etapa tamén se lla chama diarquía xa que o goberno recaía no príncipe e no
Senado.
Produciuse unha expansión territorial e un desequilibrio socioeconómico debido
a que os cidadáns debían ir ás campañas militares, polo que deixaban a
agricultura e non podían pagar os tributos.
O Dominado por outra parte era unha anarquía militar na que o emperador ou
dominus tiña todos os poderes que levaba a cabo mediante a leis xenerais,
pragmáticas e Cédulas Reais.
Á morte do último Severo quen ascendeu ó poder foi Diocleciano, quen
implantou a chamada Tetrarquía na que eran catro os que gobernaban.
O término princeps caeu en desuso e adquiriron o estilo helenístico transmitido
por Exipto e o Imperio Persa.
Bibliografía.https://es.wikipedia.org/wiki/Monarqu%C3%ADa_romana
http://www.historialuniversal.com/2009/12/monarquia-roma-rey-palatino-tiber.html
http://www.disfrutaroma.com/monarquia-roma
http://historicodigital.com/la-monarquia-romana.html
https://www.youtube.com/watch?v=ped03cRoMks
http://www.santiagoapostol.net/latin/gobierno_roma.html
http://ieslagunatollon.blogspot.com.es/2013/02/el-senado-romano-durante-la-
monarquia-y.html
http://www.monografias.com/trabajos5/monarqui/monarqui.shtml
https://www.youtube.com/watch?v=nsNr5emIQew
https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica_romana
http://mihistoriauniversal.com/edad-antigua/republica-romana/
https://www.youtube.com/watch?v=_h0N6ZUunq4
https://www.youtube.com/watch?v=IfFuBhXcsac
http://romaayeryhoy.blogspot.com.es/2010/01/cursus-honorum.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Imperio_romano
http://mihistoriauniversal.com/edad-antigua/imperio-romano/
https://es.wikipedia.org/wiki/Principado_(Roma)
https://es.wikipedia.org/wiki/Dominado_(Roma)
http://html.rincondelvago.com/principado-en-roma.html
http://www.historia-roma.com/19-grandes-reformas.php
http://www.historialuniversal.com/2010/07/imperio-romano.html

More Related Content

What's hot (9)

O mundo grego
O mundo gregoO mundo grego
O mundo grego
 
Tema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parteTema XII Roma 1ª parte
Tema XII Roma 1ª parte
 
Antiga Roma Share
Antiga Roma ShareAntiga Roma Share
Antiga Roma Share
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
Tema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romanoTema 13 O imperio romano
Tema 13 O imperio romano
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romanoTema 13. o imperio romano
Tema 13. o imperio romano
 
Hispania 4
Hispania 4Hispania 4
Hispania 4
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 

Viewers also liked (10)

Question 5
Question 5Question 5
Question 5
 
Best Practices For Sourcing In India
Best Practices For Sourcing In IndiaBest Practices For Sourcing In India
Best Practices For Sourcing In India
 
Tema 1 El origen del universo y de los dioses
Tema 1 El origen del universo y de los diosesTema 1 El origen del universo y de los dioses
Tema 1 El origen del universo y de los dioses
 
Harshad kas[1]
Harshad kas[1]Harshad kas[1]
Harshad kas[1]
 
Lean startup with a distributed team
Lean startup with a distributed teamLean startup with a distributed team
Lean startup with a distributed team
 
Working With People From Other Cultures
Working With People From Other CulturesWorking With People From Other Cultures
Working With People From Other Cultures
 
A organización política grega
A organización política grega  A organización política grega
A organización política grega
 
As orixes de roma
As orixes de romaAs orixes de roma
As orixes de roma
 
Civilización cretense
Civilización cretenseCivilización cretense
Civilización cretense
 
diarrhoea DEF
diarrhoea DEFdiarrhoea DEF
diarrhoea DEF
 

Similar to Formas de goberno en roma

O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
Dudas-Historia
 
1. o antigo réxime
1. o antigo réxime1. o antigo réxime
1. o antigo réxime
saraiba
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
Brais24
 

Similar to Formas de goberno en roma (20)

A organización política grega carmela
A organización política grega  carmelaA organización política grega  carmela
A organización política grega carmela
 
Imperio Romano
Imperio RomanoImperio Romano
Imperio Romano
 
Unidade 10 roma
Unidade 10 romaUnidade 10 roma
Unidade 10 roma
 
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e RomanosSistemas de goberno Gregos e Romanos
Sistemas de goberno Gregos e Romanos
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Unidade 7
Unidade 7Unidade 7
Unidade 7
 
O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)O Imperio Romano (doc)
O Imperio Romano (doc)
 
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania RomanaActividades Imperio Romano. Hispania Romana
Actividades Imperio Romano. Hispania Romana
 
O Imperio Romano
O Imperio RomanoO Imperio Romano
O Imperio Romano
 
A civilización romana
A civilización romanaA civilización romana
A civilización romana
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime4º historia tema 1. o antigo réxime
4º historia tema 1. o antigo réxime
 
Idade antiga. os estados
Idade antiga. os estadosIdade antiga. os estados
Idade antiga. os estados
 
Presentacion final Roma
Presentacion final RomaPresentacion final Roma
Presentacion final Roma
 
1. o antigo réxime
1. o antigo réxime1. o antigo réxime
1. o antigo réxime
 
Política ideoloxía
Política ideoloxíaPolítica ideoloxía
Política ideoloxía
 
O Imperio romano_Touro
O Imperio romano_TouroO Imperio romano_Touro
O Imperio romano_Touro
 
Restauración - Alfonso XII
Restauración  - Alfonso XIIRestauración  - Alfonso XII
Restauración - Alfonso XII
 
Tema 9
Tema 9Tema 9
Tema 9
 

Recently uploaded (7)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Formas de goberno en roma

  • 1. As formas de goberno en Roma. Celia Castro Vázquez. 1º BAC C.
  • 2. Índice. 1. A monarquía: páx.3 1.1. Os reis romanos: páx.3 1.2. Os poderes do rei: páx.4 1.3. O Senado: páx.4 1.4. Os comicios. Comitia curiata: páx.5 2. A República: páx.5 2.1. As maxistraturas: páx.5 2.2. O poder dos maxistrados: páx.6 2.3. O cursus honorum: páx.7 2.4. O Senado: páx.7 2.5. As asembleas: páx.8 3. O Imperio: páx.9 3.1. A instauración do Imperio: páx.9 3.2. As reformas: páx.10 3.3. Principado e Dominado: páx.10 Bibliografía: páx.12
  • 3. 1. A monarquía. A monarquía (regnum romanum en latín) foi a primeira forma de goberno en Roma comezando dende a fundación da cidade o 7 de abril do ano 753 a.C., con Rómulo como rei, (rex en latín) e rematando no 509 a.C. coa expulsión de Tarquinio o Soberbio. Xulio César intentou retroceder a esta forma de goberno anos despois pero non o conseguiu debido a que foi asasinado por este motivo. 1.1 Os reis romanos. Roma tivo 7 sete reis aínda que se cre que, na realidade, só existiron os últimos debido a que os rexistros históricos da cidade foron destruídos polos galos no 390 a.C. tras a súa vitoria na batalla de Alia. O primeiro rei romano foi Rómulo, seguido por Numo Pompilio quen dotou ó pobo de institucións relixiosas, rituais e crenzas baseadas nas dos veciños principalmente etruscos e sabinos. O seguinte foi Tulo Hostilio o cal creou numerosas institucións militares e é por isto polo que durante o seu reinado Roma encóntrase en numerosas guerras cos pobos veciños. A continuación ven Anco Marcio quen abre as portas da cidade a cidadáns de fora con fin de conseguir máis poboación, estes novos cidadáns son os que máis tarde constituirían a plebe. No último período do seu mandato admite a presenza de asesores etruscos, que eran a potencia que controlaba a parte norte da península Itálica. A Anco Marcio sucédenlle tres etruscos no poder, o primeiro e quinto rei foi Tarquinio Prisco e con el chega o florecemento económico e social e leva as tradicións etruscas a Roma. Sucédelle Servio Tulio quen xunta os diferentes pobos latinos con Roma á cabeza. Tamén fai construír murallas e outros edificios emblemáticos na cidade. O último é Tarquinio o Soberbio cuxo mandato é escuro xa que comeza por facerse co poder á forza, sendo o único en conseguilo desta maneira, enfrontándose á aristocracia. O feito que provoca a súa destitución é que permite a violación dunha rapaza chamada Lucrecia. É o pai da rapaza quen move ós nobres para conseguir botar a este rei.
  • 4. Foron elixidos polo pobo e o seu goberno foi vitalicio, (a excepción de Rómulo e Tarquinio o Soberbio). Non existe ningunha referencia á liña hereditaria; aínda que a partires do quinto atopámonos cunha liña de sucesión que flúe pola parte feminina. 1.2 Os poderes do rei. Existen opinións diferentes en canto aos poderes dos reis xa que algúns escritores modernos sosteñen que era o pobo quen tiña o poder e que o rei tan só era a cabeza do Senado, outros din que o monarca tiña todo o poder e que o Senado e o pobo tan só controlaban os poderes menores. Pero a teoría máis aceptada hoxe en día é a que di que o rei tiña todos os poderes e que o Senado era un mero órgano consultivo. Así a todo tiñan diferentes poderes diferenciados nos conceptos de imperium e ius aspiciorum. O imperium recollía os poderes xudiciais, políticos, relixiosos e militares que lle permitían conseguir que a vida na cidade fose pacífica. Que o rei tivera o ius aspiciorum significaba que era o sacerdote supremo e podía consultar aos deuses mediante a interpretación de sinais (auspicios). Como eran elixidos, cando morría os senadores eran os gobernadores alternándose o poder cada cinco días e chamándose interrex cando tiñan o poder. Este período coñécese como interregnum e duraba ata que o pobo elixía un novo monarca que debía ser confirmado polo Senado. 1.3 O Senado. O Senado estaba composto por 100 anciáns que eran os chamados paters, os representantes das familias patricias, e polos conscripti os maxistrados curules diferenciados en cónsules, pretores e ediles. Durante a monarquía o Senado non tiña moito poder xa que era o rei quen o tiña, de maneira que era un órgano consultivo do que dispoñía o rei e do que este estaba á cabeza. 1.4 Os Comicios. Comitia curiata. Estas eran asembleas deliberativas convocadas e presididas polo rei nas que se reunían os membros das trinta curias que emitían un voto para a resolución do tema en cuestión sendo 16 a maioría. Comezaban cunha cerimonia relixiosa.
  • 5. As respostas estaban limitadas a ser afirmativas ou negativas á proposta do rei polo que esta institución non tiña moita influencia na política xa que era unha mera orientación para a decisión final tomada polo monarca. 2. A República. Foi dende a loita entre patricios e plebeos que roma se converteu nunha comunidade de cidadáns libres, chamado o populus Romanus, que era parecido ás polis gregas. Comezou ao rematar a monarquía coa expulsión de Tarquinio o Soberbio como xa se menciona anteriormente. É así como comeza no 509 a.C e remata no 27 a.C co comezo dunha nova etapa, o Imperio romano. Ao populus Romanus superporíase o concepto de res publica, que era o conxunto de intereses do pobo. Así as decisións sobre os negocios do Estado eran tomadas por tres agrupacións públicas: as maxistraturas, o senado e as asembleas populares. 2.1. As maxistraturas. Os maxistrados eran as persoas que exercían unha función pública civil na cidade. Ao non existir ningún cargo por enriba deste os maxistrados tiñan o mando civil e militar. As maxistraturas tiñan tres principios fundamentais: a nulidade, a colexialidade, e o dereito a veto. A duración do cargo de maxistrado era un ano aínda que se era necesario prolongábase a función ao antigo titular ata que resolvese o problema ao que se debía enfrontar e polo que se lle alargaba a función. Os maxistrados formaban os chamados colexios, que tiñan polo menos dous integrantes, pero que non supoñían que os membros debesen funcionar coma un conxunto senón que cada un seguía tendo a independencia. A función dos colexios lévanos ao último principio, o de veto. Os membros dos colexios podían vetar as decisións dos demais, tanto individual coma colectivamente. Facíase para poder parar a un maxistrado se a súa decisión non favorecía ao Estado ou iba contra este. 2.2 O poder dos maxistrados. Os maxistrados tiñan moitos poderes, dereitos e prerrogativas para poder levar a cabo a súa función. Era o representante da comunidade cidadá para a que
  • 6. actuaba e foi esta representación a que utilizaban nos diferentes ámbitos, xa fose contra os deuses, ou outros pobos. Eran os portadores do poder estatal e durante o período de función non tiña responsabilidades e non debía dar conta dos seus actos pero isto acabábase ao rematar o ano de función e nese momento si que podería que ter que responder sobre a súa administración. Aínda que parte dos honores sí que prevalecían ao acabar como levar a toga praetexta, que era morada, ou a sella curulis unha cadeira adornada de marfil aínda que só se se trataba dun maxistrado curul. 2.3 O cursus honorum. Ser un maxistrado tiña un enorme prestixio na época, e para selo a persoa debía ser rico debido a que nalgúns momentos esixía moitos gastos, e así foi como ese poder recaía tan só na clase privilexiada dos nobilitas polo que chegou a un punto no que se converteu nunha clase política na que os pertencentes a ela tiñan como aspiración máxima na vida chegar a exercer como maxistrados. Por isto acabou por establecerse unha carreira de cargos que cumprir para conseguilo, esta careira era o cursus honorum regulada por decreto no 180 a.C. A cuestura era o grado máis baixo e encargábanse de administrar o tesouro público e de protexer os arquivos do Estado, seguido pola edilidad, formado por dous patricios e dous plebeos, que era paralelo ao tribunado da plebe que comezou tendo carácter revolucionario per que terminou sendo parte das maxistraturas; eran os policías e os encargados de levar a organización dos xogos públicos do Estado. Os seguintes eran os pretores quenes administraban a xustiza e tiñan o imperium. O cargo supremo do cursus honorum era o dos consules os que eran encargados da dirección xurídica do Estado e de comandar o exército. Eles tamén tiñan o imperium e apenas tiñan
  • 7. limitacións de ningún tipo. Convocaban asembleas populares e ó senado e xulgaban as causas de carácter penal e civil. Ao ser as cabezas do Estado daban nome ao ano no que exercían o cargo, é dicir, eran maxistrados epónimos. Ademais destes postos tamén existía o de censor que ocupaba unha posición especial. Formaban un colexio de dos persoas e eran escollidos cada cinco anos dos que estaban en activo un e medio. Eles eran os que elaboraban e controlaban a lista de cidadáns e máis tarde tamén se lles otorgou a confección da lista de senadores. 2.4 O Senado. Esta institución estaba formada pola aristocracia que ostentaba ó poder político. Nos seus orixes os xefes dos clans eran quenes o compoñían pero ao largo da época da República foi cambiando ata estar formado polos ex maxistrados e a súa función era asesorar aos maxistrados en función. Era un cargo vitalicio e estaba formado por 300 homes. O Senado era o núcleo do Estado xa que era permanente, ao contrario que sucedía coas maxistraturas, e dáballe solidez e continuidade e é así como era sinxelo que o auténtico goberno fose o senado que se estendía por todos os ámbitos posibles en respecto á dirección do Estado. A pesar disto onde tiña especial relevancia era no ámbito da política exterior. Era o Senado quen decidía as operacións militares e quen proporcionaba os medios necesarios para levar a cabo as campañas; ratificaba os acordos dos maxistrados co estranxeiro; distribuía provincias e levaba os diferentes aspectos da diplomacia enviando embaixadas e recibindo delegacións procedentes do exterior. Por outra parte, no interior era o que facía de xestor do Tesouro e administraba os bens do Estado, sobre todo nas terras comunais e nos tributos, minas e bosques.
  • 8. 2.5 As asembleas. Nesta época había cidadáns romanos que tiñan plenos dereitos, o populus, que participaba no Estado a través de asembleas, os comitia que estaban compostos polos diferentes grupos nos que se dividía a poboación. Existían tamén asembleas paralelas a estas nas que se representaba ao populus pero dende diferentes puntos de vista. Os comitia curiata eran os máis antigos posto que xa existían durante a monarquía. Estes eran os que lle concedían o imperium ao maxistrado en cuestión. As asembleas máis importantes para o pobo romano eran os comitia centuriata nos que se escollían aos maxistrados superiores, (cónsules, pretores e censores) os demais eran elixidos nos comitia tributa. Nos concilia plebis votábanse as leis pero as declaracións de guerra e tratados decidíanse no comitia centuriata. Ademais disto as asembleas tiñan poder xurídico pero non para todas era igual. A pena capital correspondía aos comitia centuriata e os comitia tributa ocupábanse das multas. Para que as asembleas fosen válidas debían estra convocadas por un maxistrado (só podía haber 195 ao ano) e estaban precedidas por diferentes rituais relixiosos. 3. O Imperio.
  • 9. O Imperio foi a última forma de goberno que houbo en Roma. Foi nesta etapa cando Roma foi gobernada por emperadores. E foi tamén nesta época cando alcanzaron a súa máxima expansión, chegando a controlar todo o mar Mediterráneo. A máxima expansión produciuse baixo o mandato de Trajano, e completouse cara o ano 117 d.C. á final do seu poder xa que el morreu nese ano. 3.1. A instauración do Imperio. Octavio foi o artífice da instauración do Imperio. Logo de vencer a Antonio en Exipto volveu á capital romana vitorioso no ano 29 d.C. e pechou as portas do templo de Jano, que cando había guerra permanecían abertas, como símbolo de que a paz volvía a instaurarse. Fóronlle concedidos varios títulos, entre o que aparecía o de Augusto (persoa grata), nome co cal pasou a ser emperador.
  • 10. Esta etapa rematou no ano 476 d.C. coas invasións bárbaras que se produciron no século V. 3.2. As reformas. Se na república o poder estaba dividido nas diferentes institucións, durante o imperio o poder estaba nas mans do emperador, é dicir, a forma de goberno era a autocracia; unha persoa gobernaba e nada podía pasar por enriba desa persoa. O Senado concedeulle o poder ao emperador e debía acatar es decisións deste. E, como dicía o emperador “Se lles gana ou se lles extermina”. Aínda que, para conseguir unha mellor administración, apareceron as Provincias Senatoriais que eran as que foron cedidas ó Senado. Tamén se produciron cambios de aspecto social; a nobreza xa non tiña o poder político, é dicir, era sumisa ao emperador como o senado. A clase media desapareceu pero a cantidade de plebeos creceu moito, e estes non traballaban senón que recibían por parte do goberno cereais, auga, diñeiro e xogos e espectáculos públicos. Outra clase que creceu foi a dos escravos, xa que as sucesivas guerras gañadas proporcionara moitos. Estes encargábanse de traballos como a minería, a agricultura ou o coidado doméstico. A última clase sería a burguesa, que Augusto gañouse ao proporcionarlles cargos no Senado. As reformas económicas baseáronse en que a agricultura arruinouse pola aparición dos latifundios, a minaría creceu moito grazas ás conquistas e o comercio intensificouse coa construción dos portos de Ostia e Pozzoli, para os intercambios con Occidente e Oriente respectivamente. 3.3. Principado e Dominado. O Imperio romano divídese en dúas partes diferenciadas polo réxime político que aínda estando dentro de ser un imperio. O primeiro foi o Principado que comezou coa instauración do Imperio e rematou coa morte do último da dinastía dos Severo no 235 d.C. e nese momento comezou unha anarquía militar, o Dominado. O Principado apareceu ao evolucionar as institucións republicanas para cambialas e axustalas ó réxime imperial. Era unha monarquía colexiada. A esta etapa tamén se lla chama diarquía xa que o goberno recaía no príncipe e no Senado.
  • 11. Produciuse unha expansión territorial e un desequilibrio socioeconómico debido a que os cidadáns debían ir ás campañas militares, polo que deixaban a agricultura e non podían pagar os tributos. O Dominado por outra parte era unha anarquía militar na que o emperador ou dominus tiña todos os poderes que levaba a cabo mediante a leis xenerais, pragmáticas e Cédulas Reais. Á morte do último Severo quen ascendeu ó poder foi Diocleciano, quen implantou a chamada Tetrarquía na que eran catro os que gobernaban. O término princeps caeu en desuso e adquiriron o estilo helenístico transmitido por Exipto e o Imperio Persa.
  • 12. Bibliografía.https://es.wikipedia.org/wiki/Monarqu%C3%ADa_romana http://www.historialuniversal.com/2009/12/monarquia-roma-rey-palatino-tiber.html http://www.disfrutaroma.com/monarquia-roma http://historicodigital.com/la-monarquia-romana.html https://www.youtube.com/watch?v=ped03cRoMks http://www.santiagoapostol.net/latin/gobierno_roma.html http://ieslagunatollon.blogspot.com.es/2013/02/el-senado-romano-durante-la- monarquia-y.html http://www.monografias.com/trabajos5/monarqui/monarqui.shtml https://www.youtube.com/watch?v=nsNr5emIQew https://es.wikipedia.org/wiki/Rep%C3%BAblica_romana http://mihistoriauniversal.com/edad-antigua/republica-romana/ https://www.youtube.com/watch?v=_h0N6ZUunq4 https://www.youtube.com/watch?v=IfFuBhXcsac http://romaayeryhoy.blogspot.com.es/2010/01/cursus-honorum.html https://es.wikipedia.org/wiki/Imperio_romano http://mihistoriauniversal.com/edad-antigua/imperio-romano/ https://es.wikipedia.org/wiki/Principado_(Roma) https://es.wikipedia.org/wiki/Dominado_(Roma) http://html.rincondelvago.com/principado-en-roma.html http://www.historia-roma.com/19-grandes-reformas.php http://www.historialuniversal.com/2010/07/imperio-romano.html