SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...
París: cidade do amor, da luz... da PAZ
Para moitas persoas dicir París é dicir a cidade do amor, do romanticismo, da
bohemia, da liberdade; París tamén é a capital de Francia a cidade da luz. Por iso,
os acontecementos ocorridos nesta cidade nos últimos días (ataque a unha revista,
ataque a un supermercado, policías e soldados nas rúas, temor e desconfianza da
poboación), chocan coa idea do noso imaxinario colectivo como unha cidade de
PAZ. E non estamos equivocados cando nun repaso breve aos últimos 300 anos da
historia do mundo comprobamos que París é, con toda seguridade, a cidade na que
nos tempos contemporáneos se teñen asinados máis tratados de Paz. As razóns
disto terán que ver cos conflitos nos que Francia participou con máis ou menos
responsabilidade, pero tamén, probablemente, co prestixio desta cidade coma un
lugar de convivencia onde resolver de xeito pacífico os desacordos. Velaí algúns
dos Tratados de Paz asinados nesta cidade.
Tratado de París de 1763
Este Tratado de París de 10 de febreiro
puxo fin á Guerra dos Sete Anos. Foi esta
unha guerra complexa, desenvolvida ao
mesmo tempo por terra e por mar, coa
participación de diversas grandes
monarquías europeas (austríaca, prusiana,
española...), pero entre as que destacan sobre
todo a inglesa (co rei Georges III) e a
francesa (co rei Louis XV), dirixidas polos
gobernos do duque de Choiseul e de William
Pitt, respectivamente. A sinatura desta Paz
marcou o declinar marítimo e colonial de
Francia (sobre todo en América do Norte) e
o aumento de poder de Inglaterra.
Paz de París de 1783
Esta Paz de París, que se coñece tamén
como Paz de Versalles, fixo posible a
sinatura do Tratado (que tamén
subscribiron España e Francia) polo que a
Gran Bretaña recoñecía a independencia
das súas colonias de América do Norte, o
que deu orixe ao nacemento dos Estados
Unidos. En 1787, catro anos despois, no
Congreso celebrado na cidade de
Filadelfia, os norteamericanos elixirían ao
seu primeiro Presidente, George
Washington. Ademais, con este Tratado de
Paz, Francia tomou o desquite fronte a
Inglaterra polo Tratado de 1763.
Tratados de París de 1814 e 1815
Son dous Tratados de Paz asinados en París
para “resolver” o período napoleónico e a súa
derrota. O primeiro, de maio de 1814, supuxo a
redución das fronteiras francesas ata as que tiña no
ano 1792, anteriores ás conquistas napoleónicas. O
segundo Tratado foi asinado despois de que
Napoleón retornara a Francia, reasumira o poder
durante o período chamado dos “Cen Días”, e fose
derrotado por un exército aliado de tropas
británicas, austríacas, rusas e prusianas na batalla
de Waterloo. Este Tratado de 1815, máis duro nas
súas estipulacións, esixiu a Francia indemnización
e lle impuxo un exército de ocupación.
Tratado de Paz de París de 1856
Este Tratado puxo fina á Guerra de Crimea, a
máis importante guerra europea desenvolvida nos
cen anos que transcurriron entre a derrota
napoleónica (1815) e o comezo da I Guerra
Mundial (1914). En Crimea apareceron por
primeira vez os correspondentes de prensa para
narrar a guerra “en directo”. A Guerra de Crimea
enfrontou a Rusia e Turquía, pero tamén
participaron nela Francia, Gran Bretaña, Austria e
o reino de Cerdeña. No Tratado de Paz acordouse,
en otras cousas, manter a integridade do Imperio
Turco, e declarar o Danubio rio internacional
aberto á navegación comercial de todas as
nacións. Crimea contribuiu tamén a facer posible
o triunfo dos movementos nacionais europeos:
unificación de Moldavia e Valaquia en Romanía,
unificación italiana, etc.
Paz de París de 1898
Foi asinada o 10 de decembro de 1898 entre
os gobernos de España (presidente Práxedes
M. Sagasta) e dos Estados Unidos (presidente
William Mckinley) para recoñecer -tras unha
breve guerra que durou dez semanas- a
independencia de Cuba e a cesión aos EEUU
dos “restos” do imperio colonial español
(Filipinas, Puerto Rico e a illa de Guam).
Cuba, non obstante, só logrou a
independencia nominal, pois permaneceu
baixo ocupación militar ata 1902 e desde ese
ano o goberno de Washington lle impuxo a
Emenda Platt que, incorporada á Constitución
cubana, permitía a intervención militar
estadounidense e a cesión dunha base naval
(Guantánamo).
Os Tratados de 1919
Ao longo deste ano asináronse os Tratados que, en
conxunto, constituíron a “Paz de París” coa que
rematou a Primeira Guerra Mundial: os de Versalles (con
Alemaña), St. Germain (con Austria), Trianon (con
Hungría), Neuilly (con Bulgaria) e, xa en 1920, o de
Sèvres (con Turquía); Tratados que trazaron un novo
mapa para Europa Oriental, desmembrando os imperios
ruso, austro-húngaro e turco, e creando novos Estados
independentes (Finlandia, Iugoslavia, Lituania...). De
todos os Tratados de París de 1919 o máis importante
con gran diferencia foi o Tratado de Versalles, un tratado
complexo, destinado a poñer fin ao poder alemán, pero
que non foi un tratado afortunado: os propios vencedores
estaban pouco convencidos da conveniencia de moitas
das súas cláusulas (os EEUU nunca o ratificaron), e os
alemáns consideraron unha “vergoña” asinalo, o
alcumaron de “diktat”, e o seu repudio permitiu gañar
apoios a axitadores como Adolf Hitler.
Os Tratados de 1947
A Segunda Guerra Mundial non rematou -tras a
derrota alemana- cun Tratado de Paz coma o de
Versalles, pois as condicións da paz foron
xurdindo episodicamente, incluso todavía en
tempo de guerra (Conferencia de Teherán...) e,
sobre todo, na fase final (Ialta e Potsdam,
1945). Alemaña foi desarmada e dividida, pero
nunca se chegou a asinar un tratado final de
paz; aínda que na Conferencia de Potsdam se
definiron, sen contar con ela, as novas
fronteiras alemanas, e se acordou a
desmilitarización, a “desnazificación” e o
castigo dos criminais de guerra, e tamén as
reparacións económicas. Ademais, en Potsdam
se decidiu a sinatura de tratados de paz cos
antigos Estados “satélites” de Alemaña: en
1947 asináronse estes Tratados en París con
Italia, Romanía, Hungría, Bulgaria e Finlandia.
... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ
Traballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUITraballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUI
para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015
Moitas grazasMoitas grazas

More Related Content

What's hot (12)

Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Pax in roma
Pax in romaPax in roma
Pax in roma
 
9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial
 
Historia, tema 6
Historia, tema 6Historia, tema 6
Historia, tema 6
 
HISTORIA TEMA 6
HISTORIA TEMA 6HISTORIA TEMA 6
HISTORIA TEMA 6
 
Guerra civil
Guerra civilGuerra civil
Guerra civil
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
CARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIERCARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIER
 
Ccss tema 6
Ccss tema 6Ccss tema 6
Ccss tema 6
 
Tema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e HistoriaTema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e Historia
 
A Grande Guerra
A  Grande GuerraA  Grande Guerra
A Grande Guerra
 
A guerra fría
A guerra fríaA guerra fría
A guerra fría
 

Similar to Paris ben vale unha paz

1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundialuxia95
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialdanilorenzo
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialdanilorenzo
 
Historia tema 6
Historia tema 6Historia tema 6
Historia tema 6pablopotel
 
Historia tema 6
Historia tema 6Historia tema 6
Historia tema 6pablopotel
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoAgrela Elvixeo
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6eva gerpe
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesLourdesErea4
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCORosacidgalante
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réximexosea
 
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra MundialUNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundialcamposseijo
 
Tema 7. lección 2. as relacións internacionais
Tema 7. lección 2. as relacións internacionaisTema 7. lección 2. as relacións internacionais
Tema 7. lección 2. as relacións internacionaisDudas-Historia
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Esodudashistoria
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencialorenaamarelle
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerramasinisa
 

Similar to Paris ben vale unha paz (19)

1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial1c2ba guerra-mundial
1c2ba guerra-mundial
 
Historia 6
Historia 6Historia 6
Historia 6
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
 
A primeira guerra mundial
A primeira guerra mundialA primeira guerra mundial
A primeira guerra mundial
 
ColeccióN 12
ColeccióN 12ColeccióN 12
ColeccióN 12
 
Historia tema 6
Historia tema 6Historia tema 6
Historia tema 6
 
Historia tema 6
Historia tema 6Historia tema 6
Historia tema 6
 
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismoEspaña e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdesTema 6; traballo de sociais de lourdes
Tema 6; traballo de sociais de lourdes
 
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCOO SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
O SÉCULO XVII. ABSOLUTISMO E BARROCO
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réxime
 
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra MundialUNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
UNIDADE 6 Primeira Guerra Mundial
 
Tema 7. lección 2. as relacións internacionais
Tema 7. lección 2. as relacións internacionaisTema 7. lección 2. as relacións internacionais
Tema 7. lección 2. as relacións internacionais
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerra
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 

More from tudense

Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivastudense
 
Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecatudense
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensestudense
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturatudense
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papeltudense
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e femininotudense
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegatudense
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturatudense
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mullerestudense
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mullerestudense
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas esculturatudense
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturatudense
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturatudense
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pinturatudense
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadetudense
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artestudense
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artestudense
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturatudense
 

More from tudense (20)

Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivas
 
Alfabeto biblioteca
Alfabeto bibliotecaAlfabeto biblioteca
Alfabeto biblioteca
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Carlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudensesCarlos casares segundo os escolares tudenses
Carlos casares segundo os escolares tudenses
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Libros, territorio da escultura
Libros, territorio da esculturaLibros, territorio da escultura
Libros, territorio da escultura
 
Papeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papelPapeis de muller, mulleres de papel
Papeis de muller, mulleres de papel
 
Sétima arte, territorio galego e feminino
Sétima arte,  territorio galego e femininoSétima arte,  territorio galego e feminino
Sétima arte, territorio galego e feminino
 
Muller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galegaMuller, territorio da pintura galega
Muller, territorio da pintura galega
 
Muller, territorio da escultura
Muller, territorio da esculturaMuller, territorio da escultura
Muller, territorio da escultura
 
Arte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleresArte, territorio das mulleres
Arte, territorio das mulleres
 
Ciencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleresCiencia, territorio das mulleres
Ciencia, territorio das mulleres
 
Rosalía nas artes plásticas escultura
Rosalía nas artes plásticas  esculturaRosalía nas artes plásticas  escultura
Rosalía nas artes plásticas escultura
 
Amor, territorio da pintura
Amor, territorio da pinturaAmor, territorio da pintura
Amor, territorio da pintura
 
Amor, territorio da escultura
Amor, territorio da esculturaAmor, territorio da escultura
Amor, territorio da escultura
 
Co p de paz e pintura
Co p de paz e pinturaCo p de paz e pintura
Co p de paz e pintura
 
Estatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidadeEstatuto territorio da publicidade
Estatuto territorio da publicidade
 
Violencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artesViolencia contra a muller, territorio das artes
Violencia contra a muller, territorio das artes
 
A morte, territorio das artes
A morte, territorio das artesA morte, territorio das artes
A morte, territorio das artes
 
Biblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pinturaBiblioteca, territorio da pintura
Biblioteca, territorio da pintura
 

Paris ben vale unha paz

  • 1. PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...PARÍS BEN VALE UNHA PAZ...
  • 2. París: cidade do amor, da luz... da PAZ Para moitas persoas dicir París é dicir a cidade do amor, do romanticismo, da bohemia, da liberdade; París tamén é a capital de Francia a cidade da luz. Por iso, os acontecementos ocorridos nesta cidade nos últimos días (ataque a unha revista, ataque a un supermercado, policías e soldados nas rúas, temor e desconfianza da poboación), chocan coa idea do noso imaxinario colectivo como unha cidade de PAZ. E non estamos equivocados cando nun repaso breve aos últimos 300 anos da historia do mundo comprobamos que París é, con toda seguridade, a cidade na que nos tempos contemporáneos se teñen asinados máis tratados de Paz. As razóns disto terán que ver cos conflitos nos que Francia participou con máis ou menos responsabilidade, pero tamén, probablemente, co prestixio desta cidade coma un lugar de convivencia onde resolver de xeito pacífico os desacordos. Velaí algúns dos Tratados de Paz asinados nesta cidade.
  • 3. Tratado de París de 1763 Este Tratado de París de 10 de febreiro puxo fin á Guerra dos Sete Anos. Foi esta unha guerra complexa, desenvolvida ao mesmo tempo por terra e por mar, coa participación de diversas grandes monarquías europeas (austríaca, prusiana, española...), pero entre as que destacan sobre todo a inglesa (co rei Georges III) e a francesa (co rei Louis XV), dirixidas polos gobernos do duque de Choiseul e de William Pitt, respectivamente. A sinatura desta Paz marcou o declinar marítimo e colonial de Francia (sobre todo en América do Norte) e o aumento de poder de Inglaterra.
  • 4. Paz de París de 1783 Esta Paz de París, que se coñece tamén como Paz de Versalles, fixo posible a sinatura do Tratado (que tamén subscribiron España e Francia) polo que a Gran Bretaña recoñecía a independencia das súas colonias de América do Norte, o que deu orixe ao nacemento dos Estados Unidos. En 1787, catro anos despois, no Congreso celebrado na cidade de Filadelfia, os norteamericanos elixirían ao seu primeiro Presidente, George Washington. Ademais, con este Tratado de Paz, Francia tomou o desquite fronte a Inglaterra polo Tratado de 1763.
  • 5. Tratados de París de 1814 e 1815 Son dous Tratados de Paz asinados en París para “resolver” o período napoleónico e a súa derrota. O primeiro, de maio de 1814, supuxo a redución das fronteiras francesas ata as que tiña no ano 1792, anteriores ás conquistas napoleónicas. O segundo Tratado foi asinado despois de que Napoleón retornara a Francia, reasumira o poder durante o período chamado dos “Cen Días”, e fose derrotado por un exército aliado de tropas británicas, austríacas, rusas e prusianas na batalla de Waterloo. Este Tratado de 1815, máis duro nas súas estipulacións, esixiu a Francia indemnización e lle impuxo un exército de ocupación.
  • 6. Tratado de Paz de París de 1856 Este Tratado puxo fina á Guerra de Crimea, a máis importante guerra europea desenvolvida nos cen anos que transcurriron entre a derrota napoleónica (1815) e o comezo da I Guerra Mundial (1914). En Crimea apareceron por primeira vez os correspondentes de prensa para narrar a guerra “en directo”. A Guerra de Crimea enfrontou a Rusia e Turquía, pero tamén participaron nela Francia, Gran Bretaña, Austria e o reino de Cerdeña. No Tratado de Paz acordouse, en otras cousas, manter a integridade do Imperio Turco, e declarar o Danubio rio internacional aberto á navegación comercial de todas as nacións. Crimea contribuiu tamén a facer posible o triunfo dos movementos nacionais europeos: unificación de Moldavia e Valaquia en Romanía, unificación italiana, etc.
  • 7. Paz de París de 1898 Foi asinada o 10 de decembro de 1898 entre os gobernos de España (presidente Práxedes M. Sagasta) e dos Estados Unidos (presidente William Mckinley) para recoñecer -tras unha breve guerra que durou dez semanas- a independencia de Cuba e a cesión aos EEUU dos “restos” do imperio colonial español (Filipinas, Puerto Rico e a illa de Guam). Cuba, non obstante, só logrou a independencia nominal, pois permaneceu baixo ocupación militar ata 1902 e desde ese ano o goberno de Washington lle impuxo a Emenda Platt que, incorporada á Constitución cubana, permitía a intervención militar estadounidense e a cesión dunha base naval (Guantánamo).
  • 8. Os Tratados de 1919 Ao longo deste ano asináronse os Tratados que, en conxunto, constituíron a “Paz de París” coa que rematou a Primeira Guerra Mundial: os de Versalles (con Alemaña), St. Germain (con Austria), Trianon (con Hungría), Neuilly (con Bulgaria) e, xa en 1920, o de Sèvres (con Turquía); Tratados que trazaron un novo mapa para Europa Oriental, desmembrando os imperios ruso, austro-húngaro e turco, e creando novos Estados independentes (Finlandia, Iugoslavia, Lituania...). De todos os Tratados de París de 1919 o máis importante con gran diferencia foi o Tratado de Versalles, un tratado complexo, destinado a poñer fin ao poder alemán, pero que non foi un tratado afortunado: os propios vencedores estaban pouco convencidos da conveniencia de moitas das súas cláusulas (os EEUU nunca o ratificaron), e os alemáns consideraron unha “vergoña” asinalo, o alcumaron de “diktat”, e o seu repudio permitiu gañar apoios a axitadores como Adolf Hitler.
  • 9. Os Tratados de 1947 A Segunda Guerra Mundial non rematou -tras a derrota alemana- cun Tratado de Paz coma o de Versalles, pois as condicións da paz foron xurdindo episodicamente, incluso todavía en tempo de guerra (Conferencia de Teherán...) e, sobre todo, na fase final (Ialta e Potsdam, 1945). Alemaña foi desarmada e dividida, pero nunca se chegou a asinar un tratado final de paz; aínda que na Conferencia de Potsdam se definiron, sen contar con ela, as novas fronteiras alemanas, e se acordou a desmilitarización, a “desnazificación” e o castigo dos criminais de guerra, e tamén as reparacións económicas. Ademais, en Potsdam se decidiu a sinatura de tratados de paz cos antigos Estados “satélites” de Alemaña: en 1947 asináronse estes Tratados en París con Italia, Romanía, Hungría, Bulgaria e Finlandia.
  • 10. ... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ... PARÍS BEN VALE UNHA PAZ Traballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUITraballo colaborativo do Equipo de Biblioteca do IES “San Paio” - TUI para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015para a Celebración da Xornada Escolar da Paz 2015 Moitas grazasMoitas grazas