SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
A Primeira
Guerra Mundial
Resumen


A Primeira Guerra Mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e
puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de
persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo
uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.
Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por
Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O
desencadeante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraievo, pero xa houbera tensións
durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde
uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.
Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS
Lusitania en 1917, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que
desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919.
Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación e outros de varias.
Durante a Primeira Guerra Mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por
separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de
Versalles ó atoparse en guerra civil.
As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda Guerra Mundial.
Seus Bandos
A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A
finais do século XIX, tras a guerra franco-prusiana, Otto von Bismarck, chanceler prusiano, consegue
establecer unha serie de alianzas cuxo fin é o de illar Francia. Despois da guerra entre Francia e Prusia,
finalízase a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi
humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de venganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918.
Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para
tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída
ao Mediterráneo. Conseguiu acordos semellantes con Italia, formándose así a Tripla Alianza. Deste xeito,
Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do
chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial
pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de
terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocante á política exterior, deixa a
Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co Imperio Ruso, dirixido polo tsar Nicolao II.Na
primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o Imperio Alemán e o
Imperio Austro-Húngaro; e o outro, a Entente Cordiale, formado polo Imperio Ruso e por Francia.
Posteriormente, únese ao segundo grupo o Imperio Británico, que vía no crecemento naval alemán unha
ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos
durante un periodo coñecido como Paz Armada, en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado por Xapón en
1905 sufrindo unha dura derrota. En agosto de 1914 estoupa a que sería a Primeira Guerra Mundial. Austria-
Hungría invade Serbia, o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra
a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden Bélxica para
chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich.
Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de
promesas de conquista territorial a expensas de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos
aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomano, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no
bando das potencias centrais. Xapón ataca os postos alemáns no Pacífico e entra na guerra no bando aliado.
Os Estados Unidos, tras o afundimento do trasatlántico Lusitania, entra na guerra en favor dos aliados. Debido
a que a guerra precisaba de máis e máis homes, as potencias recorreron ás súas colonias. O Imperio Británico
recibiu tropas canadenses, indias, australianas e neozelandesas. Francia obtivo soldados das súas colonias
africanas. Alemaña e Austria apenas tiñan colonias relevantes das que obter novos soldados.
As Etapas da Guerra
1ª etapa:    durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría
invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte
occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a
Francia. A invasión de Bélxica é exitosa, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica,
os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste
tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia
reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos
contudentemente na Primeira Batalla do Marne. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un
total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido
aguantar a embestida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou
estabilizada tras a batalla de Yser e apenas se movería ata 1918. A fronte oriental en cambio era moito máis
móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero
finalmente foron repelidas na batalla de Tannenberg. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II
Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomano
atacou o Imperio Ruso a través de Armenia, con escaso éxito.
2ª etapa: tras a batalla de Yser estabilízase a fronte na Francia. Ambos os bandos comezan a construción
dunha serie de trincheiras que iría desde Suíza ata a costa atlántica francesa. A partir de entón todas as
batallas consistirían primeiro nun bombardeo masivo de artillaría que destruiría as defensas inimigas e
aturdiría os soldados rivais, seguido dun asalto pola infantaría coa baioneta. Malia as grandes ofensivas,
tanto alemás (batalla de Verdún) como aliadas (ofensiva do Somme), a liña da fronte apenas se movería ata
1918. O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada
metro conquistado. A fronte oriental sempre foi moito máis móbil cá occidental. A finais de 1917 o exército
ruso estaba desfeito, carecía de alimentos e municións e o pobo ruso estaba ao bordo da sublevación. Isto
favoreceu intensamente a chegada ao poder do comunismo, con Lenin á cabeza, que se retirou da guerra
asinando o tratado de Brest-Litovsk. Tamén en 1917, os Estados Unidos declaran a guerra ao Imperio
Alemán tras o afundimento do transatlántico Lusitania.
3ª etapa: a fase final da guerra comezou en 1918, tras a sinatura do tratado de Brest-Litovks, a través do
cal a Rusia revolucionaria rendíase ao Imperio Alemán. Deste xeito, quedaban liberados medio millón de
soldados alemáns, que agora serían destinados á fronte occidental. O Alto Mando alemán quería finalizar a
guerra antes de que chegasen máis tropas estadounidenses e por iso enviou a todos os efectivos na ofensiva
de San Miguel. Os resultados iniciais foron moi bos e axiña afondaron en Francia. Os británicos tiveron
que repregarse perdendo case tantos homes coma na ofensiva do Somme de 1916. Os franceses tamén
sufriron moitas baixas. Parecía que Alemaña estaba a punto de gañar a longa guerra pero, cara a mediados
de 1918, esgotouse. A cidadanía alemá desexaba a conclusión da guerra debido ás penurias económicas e
alimentarias que sufría e presiounou ao goberno para que o káiser fose deposto. A finais do verán, os
aliados recuperáranse e contraatacaron en numerosos puntos durante a ofensiva dos cen días. Os aliados
contaban coa vantaxe dun maior número de tropas (franceses, británicos, australianos, neozelandeses,
canadenses, estadounidenses) e dunha superioridade tecnolóxica (maior número de avións e tanques).
Durante meses hostigaron aos alemáns, ata que en outubro se fixo inevitable iniciar negociacións para un
armisticio. As condicións que impuñan os aliados, sobre todo os franceses, eran tan duras que os alemáns
non as aceptaron. Finalmente, ante a ameaza do colapso do país, o Imperio Alemán firmou a rendición
incondicional. Os aliados aínda non romperan de todo as liñas alemás, pero o Imperio estaba ao bordo da
revolución, e agora só, tras a rendición de Austria-Hungría, a Bulgaria e do Imperio Otomano. Ás 11 horas
do 11 de novembro de 1918 cesaron todos os combates. O II Reich quedaba suprimido e instaurábase a
República Alemá tras o exilio do káiser Guillerme II de Alemaña.
A paz
As negociacións de paz tiveron lugar en París, onde acudiron representantes duns 30 países. O presidente
Wilson (EE.UU.) propuxo catorce puntos básicos para a paz, pero caben destacar o establecemento do
principio das nacionalidades e a creación da Sociedade de Nacións. O francés Clemenceau tiña como
obsesión debilitar a Alemaña.
A principios do 1919 reuniuse a conferencia de París, nela creouse a Sociedade de Nacións (misión:
salvagardar a paz e solucionar conflitos mediante a negociación) pero o grave foi que ningunha das tres
grandes potencias dos anos anteriores participaron.
No tratado de Versalles establecíanse as duras condicións impostas á Alemaña: amputacións territoriais,
desmilitarización, pagos para compensar as perdas aliadas, etc. Esta paz foi a orixe de numerosos conflitos
(como a 2ª guerra mundial), xa que non resultou satisfactoria nin para vencedores nin para vencidos.
Consecuencias
Países Aliados       Mobilizados   Mortos      Feridos      Prisioneiros de guerra
Rusia                18 100 000    1 800 000   4 950 000    2 500 000
Francia              7 891 000     1 735 800   4 266 000    537 000
Reino Unido          8 904 467     9 083 71    2 090 212    191 652
Italia               5 612 000     578 000     947 000      600 000
Estados Unidos       4 263 000     114 000     234 000      4 526
Xapón                 800 000      300         907          3
Romanía              1 000 000     250 706     120 000      80 000
Serbia                750 000      278 000     133 148      15 958
Bélxica               365 000      38 716      44 686       34 659
Grecia                353 000      26 000      21 000       1 000
Portugal              100 000      7 000       13 751       12 318
Montenegro             50 000      3 000       10 000       7 000
Total 48 201 467     5 380 115     12 830      704          3 984 116

Potencias Centrais   Mobilizados   Mortos      Feridos      Prisioneiros de guerra
Alemaña              13 200 000    2 033 700   4 216 058    1 152 800
Austria-Hungría      9 000 000     1 100 000   3 620 000    2 200 000
Turquía              2 998 000     804 000     400 000      25 000
Bulgaria             400 000       87 500      152 390      27 029
Total                25 598 000    4 025 200   8 388 448    3 629 829

TOTAL                73 799 467    9 405 315   21 219 152   7 613 945
Consecuencias demográficas
En 1919 as estatísticas amosaron aproximadamente o número de falecidos e feridos pola gran guerra, contándose
máis de 14 millóns de mortos entre civís e militares. As xeracións máis novas foron as máis afectadas debido ao
reclutamento obrigatorio en case todos os países que interviron. Ata ese momento, a gran guerra fora a contenda
que máis vidas arrebatara. O modelo de batallas, a nova artillería precisa, os aramados, as metralladoras, as
minas, o gas e os disparos incrementaron enormemente a mortalidade dos militares. Ata entón, a artillería non
fora usada de forma masificada, nin as minas nin se empregara o gas. Os francotiradores tampouco foran tan
usados e as metralladoras inda non foran estandarizadas. A trincheira converteuse no fogar de millóns de
soldados. O déficit hixiénico que nelas reinaba provocou o espallamento de diversas enfermidades. A escaseza de
auga e alimentos, sobre todo nas trincheiras das potencias centrais, incrementaba o número de mortes pouco a
pouco. En 1915 a guerra converteuse nunha batalla de demografías. Nas grandes ofensivas coma a da Somme ou
na batalla de Verdún, cada metro conquistado custou milleiros de vidas. Cara 1919 unha pandemia, a mal
chamada gripe española produciría unha elevada mortalidade que acabaría con varios millóns de persoas. Parte

dos falecidos eran soldados que volvían da fronte á casa e serviron de vectores para transmisión do virus
responsable. Suxírese que a agresividade do patóxeno se debía en parte á inmunodepresión que afectaba aos
militares en combate. A denominación de gripe española débese a que foi en España onde máis publicacións
falaron da enfermidade. Nos países que participaran na contenda, a censura impediu a impresión de numerosa
información sobre a pandemia.


 Consecuencias políticas

 Tras a fin da contenda desapareceron os imperios centrais, tanto o alemán, coma austro-húngaro e o
 otomano. A derrota supuxo a fin das distintas dinastías que rexían os tres imperios, establecéndose as
 sucesoras repúblicas. Parte dos antigos estados herdárona os estados posteriores e outra foi redistribuída nos
 novos estados: Polonia, Ucraína, Estonia, Letonia, Lituania e Iugoslavia. Pero o maior problema foi a idea
 de que a guerra era útil para acadar obxectivos políticos. A guerra serviu para moitos estados dos anteriores
 de acadar a súa independencia pola forza.
Consecuencias económicas
Catro anos de guerra necesitaron unha inxente cantidad de fondos. O Imperio Alemán, Austria-Hungría, o
Imperio Otomano, Francia e o Imperio Británico acabaron con case todas as reservas económicas, mercando
equipamento, municións, aviación, alimentos e investigación de novas armas. Francia e o Imperio Británico
recorreron a préstamos estadounidenses, o que supuxo un grande estímulo económico. Ademais, a produción
norteamericana incrementouse para satisfacer a demanda europea de material de diversa clase. Outros países

coma Arxentina ou España tamén subministraron alimentos, armas e uniformes. Tras a guerra, as potencias
europeas quedaron severamente endebedadas. A produción industrial quebrou, xa que de 1914 ao 1918
adicárase meramente a fabricar armamento e outro material bélico. Todas estas circunstacias produciron a
perda da hexemonía económica de Europa, en favor dos Estados Unidos e Xapón. A partir de 1919, os créditos
estadounidenses axudarían á recuperación dos contendentes, restablecendo pouco a pouco a normalidade
económica ata a crise de 1929. No tocante a España, produciuse un aumento das exportacións de 1914 ata
1917. Non obstante, conforme se incrementaban as vendas, aumentaba espectacularmente a inflación, o que
propiciou unha grave crise.

 Consecuencias sociais

 A Primeira Guerra Mundial supuxo un cambio fundamental na sociedade do inicio do século XX. A gran
 guerra foi a primeira contenda que requeriu a mobilización masiva social. Todos os homes entre 18 e 50 anos
 foron recrutados nun momento ou outro, sempre que non desenvolvesen un traballo esencial. A contribución
 de varóns de xeito continuado provocou a necesidade de buscar outra man de obra para a industria bélica.
 Recorreuse ás mulleres, que se incorporaron rapidamente ao mercado laboral. Tradicionalmente, as mulleres
 estaban ocupadas das tarefas domésticas e carecían de dereito ao voto. A partir de 1914, moitas delas
 comezaron a traballar e polo tanto agora posuían un salario e independencia. Isto ía ser un grande estímulo
 ao movemento feminista, que despois da guerra conseguiría o voto feminino en Gran Bretaña, Alemaña,
 Estados Unidos, Turquía e Rusia. En Francia inda terían que pasar varios anos para o seu establecemento.
 Outra das consecuencias foi o aumento das diferenzas sociais e un incremento da inflación. As persoas
 ligadas á industria armamentísticas elevaron os seus ingresos de xeito exponencial, mentres que a elevada
 inflación prexudicaba ás clases asalariadas. Ademais, milleiros de soldados quedaron irremediablemente
 mutilados pola guerra, sendo incapacitados para calquera actividade laboral.
Consecuencias territoriais

 As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio
Alemán e o Imperio Otomano. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña,
Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza
reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias
aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en
1917. O Imperio Alemán deu lugar á república de Weimar, perdendo Alsacia e Lorena en favor de Francia.
Ambas rexións xa sufriran cambios de nacionalidade. O último ocorrera tras a vitoria prusiana na guerra franco-
prusiana. Tamén perdeu territorios en favor de Polonia (Polonia desaparecera coma estado no ano 1795,
repartíndose o seu territorio entre Prusia e o Imperio Ruso) e en favor do novo estado de Checoslovaquia. A perda
do acceso á cidade de Danzing para os alemáns sería un dos eixos da política expansionista de Adolf Hitler. A
Segunda Guerra Mundial iniciouse nesta rexión, cando as tropas nazis invadiron Polonia. Outros territorios
menores foron perdidos en favor de Lituania, Bélxica e Dinamarca. O Imperio Austro-Húngaro tamén
desapareceu, formándose os estados independentes de Austria, Hungría, Iugoslavia, Checoslovaquia, Eslovenia,
Ucraína e Croacia. Tamén se redistribuíron rexións en favor de Italia e Polonia. O Imperio Otomano desapareceu
e os seus territorios reducíronse á actual Turquía. O Imperio Ruso desapareceu no contexto dunha revolución
comunista, que despois dará lugar á Unión Soviética. Parte dos territorios perdéronse dando lugar ás repúblicas
de Estonia, Letonia e Lituania. Outras zonas pasaron ás mans polacas, ucraínas e bielorrusas. Polonia
reapareceu coma estado independente tras máis de 120 anos desaparecido. Parte do país compúxose con
territorios historicamente polacos, alemáns, rusos e ucraínos. Francia recuperou Alsacia e Lorena e Bélxica
conseguiu parte de Alemaña. No tocante ás colonias, Alemaña perdeunas todas, que pasaron a ser administradas
por Francia, polo Imperio Británico e por Xapón.

More Related Content

What's hot

What's hot (19)

Primera Guerra Mundial
Primera Guerra MundialPrimera Guerra Mundial
Primera Guerra Mundial
 
A Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra MundialA Primeira Guerra Mundial
A Primeira Guerra Mundial
 
T.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra MundialT.6 A I Guerra Mundial
T.6 A I Guerra Mundial
 
I guerra mundial
I guerra mundialI guerra mundial
I guerra mundial
 
Sociais tema 8
Sociais tema 8Sociais tema 8
Sociais tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
Tema 10. un mundo bipolar. lecciones 1 y 2
 
Unidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra MundialUnidade 10 Segunda Guerra Mundial
Unidade 10 Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
A ii guerra mundial
A ii guerra mundialA ii guerra mundial
A ii guerra mundial
 
Tema 8 xeografia
Tema 8 xeografiaTema 8 xeografia
Tema 8 xeografia
 
9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial9. A Primeira G. Mundial
9. A Primeira G. Mundial
 
Tema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESATema Entreguerras- IIGM ESA
Tema Entreguerras- IIGM ESA
 
Tema 8
Tema 8 Tema 8
Tema 8
 
Tema 8
Tema 8Tema 8
Tema 8
 
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran GuerraDa carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
Da carreira de armamentos ata as consecuencias da Gran Guerra
 

Viewers also liked

Cf publi todos [maio 2012] v.2.3d
Cf publi todos [maio 2012] v.2.3dCf publi todos [maio 2012] v.2.3d
Cf publi todos [maio 2012] v.2.3dJosé Luis Lago
 
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009direccionbps
 
Manual Linguaxe Administrativa
Manual Linguaxe AdministrativaManual Linguaxe Administrativa
Manual Linguaxe AdministrativaEncarna Lago
 
Fiadeiro Letras Galegas 2010
Fiadeiro Letras Galegas 2010Fiadeiro Letras Galegas 2010
Fiadeiro Letras Galegas 2010moibon
 

Viewers also liked (6)

Cf publi todos [maio 2012] v.2.3d
Cf publi todos [maio 2012] v.2.3dCf publi todos [maio 2012] v.2.3d
Cf publi todos [maio 2012] v.2.3d
 
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009
Memoria Biblioteca Publica Anxel Casal 2009
 
Manual Linguaxe Administrativa
Manual Linguaxe AdministrativaManual Linguaxe Administrativa
Manual Linguaxe Administrativa
 
Fervenzas 14
Fervenzas 14Fervenzas 14
Fervenzas 14
 
Fiadeiro Letras Galegas 2010
Fiadeiro Letras Galegas 2010Fiadeiro Letras Galegas 2010
Fiadeiro Letras Galegas 2010
 
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
Programa electoral NOVA UNIVERSIDADE 2010
 

Similar to 1c2ba guerra-mundial

A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918samudiego
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01samudiego
 
Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.carlalago95
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)rubempaul
 
A segunda guerra mundial
A segunda guerra mundialA segunda guerra mundial
A segunda guerra mundialbenitodesoto
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasAlberto Rivas
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialDudas-Historia
 
Traballo historia
Traballo historiaTraballo historia
Traballo historiavillaaguaje
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6eva gerpe
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerramasinisa
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasrubempaul
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6yrda
 

Similar to 1c2ba guerra-mundial (20)

A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918A primera-guerra-mundial-1914-1918
A primera-guerra-mundial-1914-1918
 
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
A primera-guerra-mundial-1914-1918-110508115128-phpapp01
 
Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.Primera guerra mundial.
Primera guerra mundial.
 
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
Tema 5 (4º ESO): O mundo entre guerras (1914-1945)
 
A segunda guerra mundial
A segunda guerra mundialA segunda guerra mundial
A segunda guerra mundial
 
Tema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto RivasTema VI Historia Alberto Rivas
Tema VI Historia Alberto Rivas
 
A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
Historia 6
Historia 6Historia 6
Historia 6
 
Traballo historia
Traballo historiaTraballo historia
Traballo historia
 
Ccss tema 6
Ccss tema 6Ccss tema 6
Ccss tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Unidade 6 Primeira Guerra Mundial
Unidade 6 Primeira Guerra MundialUnidade 6 Primeira Guerra Mundial
Unidade 6 Primeira Guerra Mundial
 
A II Guerra Mundial
A II Guerra MundialA II Guerra Mundial
A II Guerra Mundial
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 
Historiatema6
Historiatema6Historiatema6
Historiatema6
 
Crise e guerra
Crise e guerraCrise e guerra
Crise e guerra
 
Tema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e HistoriaTema 6 Xeografía e Historia
Tema 6 Xeografía e Historia
 
Tema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerrasTema 5 O mundo entre guerras
Tema 5 O mundo entre guerras
 
Tema 6
Tema 6Tema 6
Tema 6
 

1c2ba guerra-mundial

  • 2. Resumen A Primeira Guerra Mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo. Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O desencadeante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraievo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón. Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania en 1917, e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación e outros de varias. Durante a Primeira Guerra Mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil. As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda Guerra Mundial.
  • 3. Seus Bandos A formación de dous bloques opostos foise constituíndo durante as décadas anteriores ao inicio da guerra. A finais do século XIX, tras a guerra franco-prusiana, Otto von Bismarck, chanceler prusiano, consegue establecer unha serie de alianzas cuxo fin é o de illar Francia. Despois da guerra entre Francia e Prusia, finalízase a unificación de Alemaña e o establecemento do II Reich. Ademais da perda territorial, Francia foi humillada no tratado de paz, iniciando un espírito de venganza semellante ao que ocorreu en Alemaña en 1918. Por outra banda, Alemaña firmou varios tratados militares e comerciais co Imperio Austro-Húngaro, para tratar de consolidar un bloque central conxunto que fixese fronte a Rusia, que pretendía conseguir unha saída ao Mediterráneo. Conseguiu acordos semellantes con Italia, formándose así a Tripla Alianza. Deste xeito, Bismarck conseguiu manter ao seu país en paz. Posteriormente, o káiser Guillerme II rexeitaría a política do chanceler e este dimite por falta de apoios. A partir de entón, o káiser amósase ávido de expansión territorial pola forza. En 1902 iníciase un ambicioso proxecto de modernización da mariña militar. Amplíase o exército de terra e mércanse novos equipos. Constitúense os corpos de reservistas. No tocante á política exterior, deixa a Francia ceibe, quen rapidamente firma acordos militares co Imperio Ruso, dirixido polo tsar Nicolao II.Na primeira década do século XX consolídanse dous bandos: un central, formado por Italia, o Imperio Alemán e o Imperio Austro-Húngaro; e o outro, a Entente Cordiale, formado polo Imperio Ruso e por Francia. Posteriormente, únese ao segundo grupo o Imperio Británico, que vía no crecemento naval alemán unha ameaza seria. Ata 1914, todos os países organizan as tropas, mercan equipos e trazan diversos plans bélicos durante un periodo coñecido como Paz Armada, en especial o Imperio Ruso, que fora derrotado por Xapón en 1905 sufrindo unha dura derrota. En agosto de 1914 estoupa a que sería a Primeira Guerra Mundial. Austria- Hungría invade Serbia, o Imperio Ruso decláralle a guerra aos austríacos. O Imperio Alemán declara a guerra a Francia e ao Imperio Ruso. Francia declara a guerra a Austria-Hungría. Os alemáns invaden Bélxica para chegar a Francia e o Imperio Británico, que garantira a independencia belga, decláralle a guerra ao II Reich. Italia decide non intervir en 1914, rompendo os acordos coas outras potencias centrais. En 1915, a cambio de promesas de conquista territorial a expensas de Austria-Hungría, Italia involúcrase na guerra a favor dos aliados. En outubro de 1914, o Imperio Otomano, axudado polos alemáns, ataca Rusia e entra na guerra no bando das potencias centrais. Xapón ataca os postos alemáns no Pacífico e entra na guerra no bando aliado. Os Estados Unidos, tras o afundimento do trasatlántico Lusitania, entra na guerra en favor dos aliados. Debido a que a guerra precisaba de máis e máis homes, as potencias recorreron ás súas colonias. O Imperio Británico recibiu tropas canadenses, indias, australianas e neozelandesas. Francia obtivo soldados das súas colonias africanas. Alemaña e Austria apenas tiñan colonias relevantes das que obter novos soldados.
  • 4. As Etapas da Guerra 1ª etapa: durante a primeira fase os éxitos caeron do bando das potencias centrais. Austria-Hungría invade a Serbia e toma a maior parte do país. Non obstante, sofre moitas máis baixas do agardado. Na fronte occidental, Alemaña leva a iniciativa. Pon en marcha o plano Schlieffen, invadindo Bélxica para chegar a Francia. A invasión de Bélxica é exitosa, pero a un custo elevado. A pesar da oposición francesa e británica, os alemáns chegan a Francia. As tropas centrais primeiro diríxense cara a París, e logo viran ao oeste tratando de envolveren as tropas aliadas. Deste xeito pérdese un tempo valioso, permitindo a Francia reorganizar a defensa da capital. Cando os alemáns tentaron asaltar a cidade, foron repelidos contudentemente na Primeira Batalla do Marne. As ofensivas galas a través de Alsacia e Lorena foron un total fracaso e supuxeron elevadas perdas. Pola súa banda, o Corpo Expedicionario Británico non puido aguantar a embestida xermana e tivo que retirarse en varias ocasións. A finais de 1914 a fronte quedou estabilizada tras a batalla de Yser e apenas se movería ata 1918. A fronte oriental en cambio era moito máis móbil. En 1914 as tropas tsaristas invadiron Austria-Hungría e Prusia oriental. Avanzaron fondamente pero finalmente foron repelidas na batalla de Tannenberg. Tras as diversas batallas, desapareceron o I e II Exércitos rusos e morreron aproximadamente 1.000.000 de austríacos. Tamén en 1914, o Imperio Otomano atacou o Imperio Ruso a través de Armenia, con escaso éxito. 2ª etapa: tras a batalla de Yser estabilízase a fronte na Francia. Ambos os bandos comezan a construción dunha serie de trincheiras que iría desde Suíza ata a costa atlántica francesa. A partir de entón todas as batallas consistirían primeiro nun bombardeo masivo de artillaría que destruiría as defensas inimigas e aturdiría os soldados rivais, seguido dun asalto pola infantaría coa baioneta. Malia as grandes ofensivas, tanto alemás (batalla de Verdún) como aliadas (ofensiva do Somme), a liña da fronte apenas se movería ata 1918. O éxito de cada ataque medíase en relación á superficie gañada, ás veces custando miles de vidas cada metro conquistado. A fronte oriental sempre foi moito máis móbil cá occidental. A finais de 1917 o exército ruso estaba desfeito, carecía de alimentos e municións e o pobo ruso estaba ao bordo da sublevación. Isto favoreceu intensamente a chegada ao poder do comunismo, con Lenin á cabeza, que se retirou da guerra asinando o tratado de Brest-Litovsk. Tamén en 1917, os Estados Unidos declaran a guerra ao Imperio Alemán tras o afundimento do transatlántico Lusitania.
  • 5. 3ª etapa: a fase final da guerra comezou en 1918, tras a sinatura do tratado de Brest-Litovks, a través do cal a Rusia revolucionaria rendíase ao Imperio Alemán. Deste xeito, quedaban liberados medio millón de soldados alemáns, que agora serían destinados á fronte occidental. O Alto Mando alemán quería finalizar a guerra antes de que chegasen máis tropas estadounidenses e por iso enviou a todos os efectivos na ofensiva de San Miguel. Os resultados iniciais foron moi bos e axiña afondaron en Francia. Os británicos tiveron que repregarse perdendo case tantos homes coma na ofensiva do Somme de 1916. Os franceses tamén sufriron moitas baixas. Parecía que Alemaña estaba a punto de gañar a longa guerra pero, cara a mediados de 1918, esgotouse. A cidadanía alemá desexaba a conclusión da guerra debido ás penurias económicas e alimentarias que sufría e presiounou ao goberno para que o káiser fose deposto. A finais do verán, os aliados recuperáranse e contraatacaron en numerosos puntos durante a ofensiva dos cen días. Os aliados contaban coa vantaxe dun maior número de tropas (franceses, británicos, australianos, neozelandeses, canadenses, estadounidenses) e dunha superioridade tecnolóxica (maior número de avións e tanques). Durante meses hostigaron aos alemáns, ata que en outubro se fixo inevitable iniciar negociacións para un armisticio. As condicións que impuñan os aliados, sobre todo os franceses, eran tan duras que os alemáns non as aceptaron. Finalmente, ante a ameaza do colapso do país, o Imperio Alemán firmou a rendición incondicional. Os aliados aínda non romperan de todo as liñas alemás, pero o Imperio estaba ao bordo da revolución, e agora só, tras a rendición de Austria-Hungría, a Bulgaria e do Imperio Otomano. Ás 11 horas do 11 de novembro de 1918 cesaron todos os combates. O II Reich quedaba suprimido e instaurábase a República Alemá tras o exilio do káiser Guillerme II de Alemaña.
  • 6. A paz As negociacións de paz tiveron lugar en París, onde acudiron representantes duns 30 países. O presidente Wilson (EE.UU.) propuxo catorce puntos básicos para a paz, pero caben destacar o establecemento do principio das nacionalidades e a creación da Sociedade de Nacións. O francés Clemenceau tiña como obsesión debilitar a Alemaña. A principios do 1919 reuniuse a conferencia de París, nela creouse a Sociedade de Nacións (misión: salvagardar a paz e solucionar conflitos mediante a negociación) pero o grave foi que ningunha das tres grandes potencias dos anos anteriores participaron. No tratado de Versalles establecíanse as duras condicións impostas á Alemaña: amputacións territoriais, desmilitarización, pagos para compensar as perdas aliadas, etc. Esta paz foi a orixe de numerosos conflitos (como a 2ª guerra mundial), xa que non resultou satisfactoria nin para vencedores nin para vencidos.
  • 7. Consecuencias Países Aliados Mobilizados Mortos Feridos Prisioneiros de guerra Rusia 18 100 000 1 800 000 4 950 000 2 500 000 Francia 7 891 000 1 735 800 4 266 000 537 000 Reino Unido 8 904 467 9 083 71 2 090 212 191 652 Italia 5 612 000 578 000 947 000 600 000 Estados Unidos 4 263 000 114 000 234 000 4 526 Xapón 800 000 300 907 3 Romanía 1 000 000 250 706 120 000 80 000 Serbia 750 000 278 000 133 148 15 958 Bélxica 365 000 38 716 44 686 34 659 Grecia 353 000 26 000 21 000 1 000 Portugal 100 000 7 000 13 751 12 318 Montenegro 50 000 3 000 10 000 7 000 Total 48 201 467 5 380 115 12 830 704 3 984 116 Potencias Centrais Mobilizados Mortos Feridos Prisioneiros de guerra Alemaña 13 200 000 2 033 700 4 216 058 1 152 800 Austria-Hungría 9 000 000 1 100 000 3 620 000 2 200 000 Turquía 2 998 000 804 000 400 000 25 000 Bulgaria 400 000 87 500 152 390 27 029 Total 25 598 000 4 025 200 8 388 448 3 629 829 TOTAL 73 799 467 9 405 315 21 219 152 7 613 945
  • 8. Consecuencias demográficas En 1919 as estatísticas amosaron aproximadamente o número de falecidos e feridos pola gran guerra, contándose máis de 14 millóns de mortos entre civís e militares. As xeracións máis novas foron as máis afectadas debido ao reclutamento obrigatorio en case todos os países que interviron. Ata ese momento, a gran guerra fora a contenda que máis vidas arrebatara. O modelo de batallas, a nova artillería precisa, os aramados, as metralladoras, as minas, o gas e os disparos incrementaron enormemente a mortalidade dos militares. Ata entón, a artillería non fora usada de forma masificada, nin as minas nin se empregara o gas. Os francotiradores tampouco foran tan usados e as metralladoras inda non foran estandarizadas. A trincheira converteuse no fogar de millóns de soldados. O déficit hixiénico que nelas reinaba provocou o espallamento de diversas enfermidades. A escaseza de auga e alimentos, sobre todo nas trincheiras das potencias centrais, incrementaba o número de mortes pouco a pouco. En 1915 a guerra converteuse nunha batalla de demografías. Nas grandes ofensivas coma a da Somme ou na batalla de Verdún, cada metro conquistado custou milleiros de vidas. Cara 1919 unha pandemia, a mal chamada gripe española produciría unha elevada mortalidade que acabaría con varios millóns de persoas. Parte dos falecidos eran soldados que volvían da fronte á casa e serviron de vectores para transmisión do virus responsable. Suxírese que a agresividade do patóxeno se debía en parte á inmunodepresión que afectaba aos militares en combate. A denominación de gripe española débese a que foi en España onde máis publicacións falaron da enfermidade. Nos países que participaran na contenda, a censura impediu a impresión de numerosa información sobre a pandemia. Consecuencias políticas Tras a fin da contenda desapareceron os imperios centrais, tanto o alemán, coma austro-húngaro e o otomano. A derrota supuxo a fin das distintas dinastías que rexían os tres imperios, establecéndose as sucesoras repúblicas. Parte dos antigos estados herdárona os estados posteriores e outra foi redistribuída nos novos estados: Polonia, Ucraína, Estonia, Letonia, Lituania e Iugoslavia. Pero o maior problema foi a idea de que a guerra era útil para acadar obxectivos políticos. A guerra serviu para moitos estados dos anteriores de acadar a súa independencia pola forza.
  • 9. Consecuencias económicas Catro anos de guerra necesitaron unha inxente cantidad de fondos. O Imperio Alemán, Austria-Hungría, o Imperio Otomano, Francia e o Imperio Británico acabaron con case todas as reservas económicas, mercando equipamento, municións, aviación, alimentos e investigación de novas armas. Francia e o Imperio Británico recorreron a préstamos estadounidenses, o que supuxo un grande estímulo económico. Ademais, a produción norteamericana incrementouse para satisfacer a demanda europea de material de diversa clase. Outros países coma Arxentina ou España tamén subministraron alimentos, armas e uniformes. Tras a guerra, as potencias europeas quedaron severamente endebedadas. A produción industrial quebrou, xa que de 1914 ao 1918 adicárase meramente a fabricar armamento e outro material bélico. Todas estas circunstacias produciron a perda da hexemonía económica de Europa, en favor dos Estados Unidos e Xapón. A partir de 1919, os créditos estadounidenses axudarían á recuperación dos contendentes, restablecendo pouco a pouco a normalidade económica ata a crise de 1929. No tocante a España, produciuse un aumento das exportacións de 1914 ata 1917. Non obstante, conforme se incrementaban as vendas, aumentaba espectacularmente a inflación, o que propiciou unha grave crise. Consecuencias sociais A Primeira Guerra Mundial supuxo un cambio fundamental na sociedade do inicio do século XX. A gran guerra foi a primeira contenda que requeriu a mobilización masiva social. Todos os homes entre 18 e 50 anos foron recrutados nun momento ou outro, sempre que non desenvolvesen un traballo esencial. A contribución de varóns de xeito continuado provocou a necesidade de buscar outra man de obra para a industria bélica. Recorreuse ás mulleres, que se incorporaron rapidamente ao mercado laboral. Tradicionalmente, as mulleres estaban ocupadas das tarefas domésticas e carecían de dereito ao voto. A partir de 1914, moitas delas comezaron a traballar e polo tanto agora posuían un salario e independencia. Isto ía ser un grande estímulo ao movemento feminista, que despois da guerra conseguiría o voto feminino en Gran Bretaña, Alemaña, Estados Unidos, Turquía e Rusia. En Francia inda terían que pasar varios anos para o seu establecemento. Outra das consecuencias foi o aumento das diferenzas sociais e un incremento da inflación. As persoas ligadas á industria armamentísticas elevaron os seus ingresos de xeito exponencial, mentres que a elevada inflación prexudicaba ás clases asalariadas. Ademais, milleiros de soldados quedaron irremediablemente mutilados pola guerra, sendo incapacitados para calquera actividade laboral.
  • 10. Consecuencias territoriais As consecuencias máis graves sufríronas os perdedores da contenda, o Imperio Austro-Húngaro, o Imperio Alemán e o Imperio Otomano. Os tres imperios desapareceron dando lugar a cadansúa república: Alemaña, Austria, Hungría e Turquía. Tamén desapareceu o Imperio Ruso e xurdiu a Rusia revolucionaria. A diferenza reside en que a desaparición dos tres primeiros imperios foi parte dos acordos de paz asinados coas potencias aliadas. En cambio, o Imperio Ruso desapareceu por mor dunha revolución interna iniciada durante a guerra, en 1917. O Imperio Alemán deu lugar á república de Weimar, perdendo Alsacia e Lorena en favor de Francia. Ambas rexións xa sufriran cambios de nacionalidade. O último ocorrera tras a vitoria prusiana na guerra franco- prusiana. Tamén perdeu territorios en favor de Polonia (Polonia desaparecera coma estado no ano 1795, repartíndose o seu territorio entre Prusia e o Imperio Ruso) e en favor do novo estado de Checoslovaquia. A perda do acceso á cidade de Danzing para os alemáns sería un dos eixos da política expansionista de Adolf Hitler. A Segunda Guerra Mundial iniciouse nesta rexión, cando as tropas nazis invadiron Polonia. Outros territorios menores foron perdidos en favor de Lituania, Bélxica e Dinamarca. O Imperio Austro-Húngaro tamén desapareceu, formándose os estados independentes de Austria, Hungría, Iugoslavia, Checoslovaquia, Eslovenia, Ucraína e Croacia. Tamén se redistribuíron rexións en favor de Italia e Polonia. O Imperio Otomano desapareceu e os seus territorios reducíronse á actual Turquía. O Imperio Ruso desapareceu no contexto dunha revolución comunista, que despois dará lugar á Unión Soviética. Parte dos territorios perdéronse dando lugar ás repúblicas de Estonia, Letonia e Lituania. Outras zonas pasaron ás mans polacas, ucraínas e bielorrusas. Polonia reapareceu coma estado independente tras máis de 120 anos desaparecido. Parte do país compúxose con territorios historicamente polacos, alemáns, rusos e ucraínos. Francia recuperou Alsacia e Lorena e Bélxica conseguiu parte de Alemaña. No tocante ás colonias, Alemaña perdeunas todas, que pasaron a ser administradas por Francia, polo Imperio Británico e por Xapón.