2. Expuxo por vez primeira en 1977, na
cidade da Coruña. A partir de 1980
compaxinou a pintura co deseño gráfico e
maila ilustración, e dende 1988 centra a
súa actividade de ilustrador na literatura
infantil e xuvenil.
3. Ten traballado canda autores de prestixio
tal que os galegos Juan Farias, Xabier P.
DoCampo ou Fina Casalderrey (todos tres
contan co Premio Nacional de Literatura
Infantil e Xuvenil que outorga o Estado
español).
4. Así mesmo, os seus traballos están
espallados por diversas editoriais: Grupo
Anaya, Galaxia, Edicións Xerais de Galicia,
Edelvives, etc.
5. Ten impulsado tamén a
revista de banda
deseñada Golfiño, canda
o chairego Xabier P.
Docampo, e é un claro
defensor e promotor da
lingua galega, do cal da
boa proba a súa pertenza
á plataforma cívica
ProLingua. Ilustra
periodicamente dende
1981 para o xornal La Voz
de Galicia.
Dende 1991 traballa como
deseñador gráfico para a
Deputación da Coruña.
6. Premios e distincións
Foi galardoado co premio Lecturas ao
ilustrador máis votado polos lectores das
bibliotecas de Galicia entre toda a
produción editorial do ano 2003.
Posúe tamén o premio FETEN ao mellor
libro de teatro xuvenil ilustrado en
España (ano 2002) e o premio
Gourmand World Cookbook Awards
(2004) ao mellor libro do mundo de
literatura gastronómica en castelán.
Premio Neira Vilas ao mellor libro infantil
e xuvenil 2013 con O pantasma da
Casa da Matanza, de Miro Villar.
53. Antonio García Teijeiro sobre as
ilustracións de Xosé Cobas:
“Ten un estilo ben recoñecible, pero admiro
nel a súa inquedanza por evolucionar, por
non ficar no fácil, na comodidade, senón por
estar a investigar novas técnicas e outras
canles que enriquezan a súa arte.
Os seus trazos envolventes son dunha
delicadeza infinita. As súas ilustracións
arrólante pola serenidade que desprenden.
Semellan aloumiños para as olladas.
Pero todas teñen o misterio que lles infunde o
seu creador, a súa metáfora plástica que as
enriquecen por completo”.
54. “Son ilustracións que aluman a vista, que che
fan reflexionar, que che levan a pousar os
teus ollos nelas e gozar dos seus
planteamentos e arquitectura estéticos.
Cando vexo o traballo de Xosé Cobas, ao
carón dos meus versos, xogo a atoparlles a
intención coa que o realizou. Aí, decátome
da riqueza que posúen. É un exercicio para
min moi interesante, porque chego a
conclusións tan particulares como excitantes
que, seguro, son ben distintas da intención do
artista. Velaí o esplendor da súa visión. Unha
visión rica e estimulante. É o que se precisa
na poesía”.