SlideShare a Scribd company logo
CELEBRACIÓN DO DOMINGO
EN OS TILOS
V DO TEMPO DA CORESMA
1.- ENCONTRO EN FAMILIA
CANTO: De puertas adentro, de Salomé Arricibita.
Vivimos un tiempo de incertidumbre, nunca hemos sentido tan
cierto que dependemos unos de otros, que nos necesitamos, que ,
a diferencia de miles de refugiados, tenemos el privilegio de
tener un lugar donde permanecer a salvo, y que la misma tierra
resurge si dejamos de agredirla.
Que en este tiempo de puertas adentro, saquemos lo mejor de
nosotros mismos, que seamos "responsables de nuestros
hermanos". Ayudemos quedándonos en casa y que después...no
se nos olvide lo vivido
SAÚDO DE BENVIDA
Celebrante:
Benvidos sexamos todos a esta oración. Reunímonos no nome
do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo.
Xa nestes días de remate da coresma Xesús nos di: “Eu son a
resurrección e a vida”.
Estamos chegando á Pascua e temos que facer un derradeiro
esforzo no seguimento de Xesús para compartir con el o
momento da súa Paixón, Morte e Resurrección.
No evanxeo desta semana de coresma mostrásenos un Xesús
moi humano, capaz de amar a aquelas persoas coas que convive,
sentir a dor pola morte dun amigo e chorar por el, dar consolo
aos seus con palabras de esperanza...
O domingo pasado pedíamos luz para ver nestes momentos
difíciles, como o cego de nacemento.
Hoxe atopamos o motivo da nosa esperanza: XESÚS É A VIDA.
Compartamos en familia a nosa fe nesta vida que nos dá Xesús e
a esperanza pola chegada da Pascua do Señor que xa está aquí.
ACTO PENITENCIAL
Celebrante: Nas dificultades que atopamos nestes momentos
para vivir as relacións cos outros, tamén hoxe acollemos
o perdón de Deus polas moitas veces que non somos quen
de mostrar a nosa fe na vida que El nos dá. Abrímonos ao
perdón de Deus.
Monitor/a
• Ti es a vida. Deus Ti perdoas as veces que coas nosas
palabras, feitos e omisións non somos responsables nin da
nosa vida nin da dos nosos irmáns nestes momentos
difíciles. Perdón, Señor, perdón
• Ti es a vida. Deus Ti perdoas cando non somos capaces de
amosar os nosos sentimentos cara aos nosos irmáns como
Ti fixeches con Marta e María, as irmás de Lázaro.
Perdón, Cristo, perdón
• Ti es a vida. Deus Ti perdoas cando non queremos
esforzarnos nin sacrificarnos pola nosa vida, e moito
menos pola dos demais. Perdón, Señor, perdón
Celebrante: Deus todopoderoso, ti tes piedade de nós, dos que
teñen un lugar no noso corazón e na nosa vida, dos homes
e mulleres que, coma Lázaros, se senten mortos e
enterrados na soidade destes días de confinamento e
corentena. A todos nos concedes o teu perdón levándonos
á vida eterna. Amén.
ORACIÓN PROPIA DO DÍA
Celebrante: Presentamos a Deus as nosas preocupacións e
desexos e apoiados nel camiñamos sendo testemuñas da vida
alí onde a morte parece vencer. Temos moi presentes as
vítimas do covid-19 e aos seus familiares que sofren a
separación dos seres queridos.
(silencio)
Señor, noso Deus, o teu Fillo Xesús demostrou a
grandeza da vida no amor ao mundo. Concédesnos a
graza de vivirmos con alegría no seu mesmo espírito
de servizo, de xeito que os nosos pasos na terra dean
froitos de vida eterna. Así o fan hoxe moitos homes e
mulleres que están dando vida á beira dos enfermos.
Por Xesucristo que vive e reina por sempre
eternamente. Amén.
2.- PROCLAMACIÓN DA
PALABRA DE DEUS
LECTURA DO LIBRO DE EZEQUIEL
Profetiza e dilles: Así fala o meu Señor Deus:
Velaí que eu vou abrir as vosas sepulturas, e vouvos facer subir
das vosas sepulturas, meu pobo, e vouvos levar á terra de Israel.
Recoñeceredes que eu son o Señor, cando eu abra as vosas
sepulturas, e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu
pobo.
Vou poñer en vós o meu espírito e vouvos facer revivir na vosa
terra.
Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago –é o Señor
quen fala-.
Palabra do Señor
CANTO ENTRE LECTURAS Escucha, Tu
LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO PAULO
AOS ROMANOS
Irmáns:
Os que viven conforme aos baixos instintos non poden agradar a
Deus.
Pero vós non vivides así, senón conforme o Espírito, posto que
o Espírito de Deus habita en vós: se algún non ten o Espírito de
Cristo, ese non é de Cristo. Se Cristo está en vós, o voso corpo
certamente está morto por culpa do pecado, mais o Espírito é
vida por causa da xustiza. Se o Espírito do que resucitou dos
mortos a Xesús habita en vós, o mesmo que resucitou a Cristo
dos mortos vivificará os vosos corpos mortais polo seu Espírito
que habita en vós.
Palabra de Deus.
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO
SEGUNDO XOÁN
Daquela, as irmás de Lázaro mandaron dicirlle a Xesús:
- Señor, mira, o que amas está enfermo.
Ao oílo, dixo Xesús:
- Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de
Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus.
Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro.
Anque oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por
dous días no sitio onde se atopaba.
Despois disto, díxolles ós discípulos:
- ¡Vaiamos outra vez á Xudea!
Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro
días no sepulcro.
Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ao
encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón
Marta a Xesús:
- Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; pero eu sei
que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle
pidas.
Xesús díxolle: - Teu irmán resucitará.
Marta respondeulle: - Ben sei que resucitará na resurrección,
no día derradeiro.
Díxolle Xesús: - Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en
min, anque morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non
morrerá endexamais. Cres ti isto?
Ela respondeu: - Si, Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de
Deus, que había de vir ao mundo.
A Xesús apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido,
preguntou: - Onde o puxestes?
Contestáronlle: - Señor, ven ver.
E Xesús botouse a chorar. Entón comentaban os xudeus: "¡Ai
que ver como o quería!". Pero algúns deles dixeron: "E logo
este, que deu vista aos ollos dun cego, non podía facer que non
morrese?".
Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha
cova, e tiña unha pedra por enriba. Xesús ordenou:
- Arredade a pedra.
Marta, a irmá do finado, díxolle:
- Señor, xa cheira, que leva catro días.
Xesús contestoulle:
- Non che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?.
Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo:
- Meu Pai, douche grazas porque me escoitaches. Eu ben sabía
que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí,
para que crean que ti me mandaches.
E dito isto, gritou con voz forte: - ¡Lázaro, ven para fóra!
Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a cara
envolta nun sudario. Xesús ordenoulles:
- Desenleádeo e deixádeo ir.
Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o
que fixo, creron nel.
Palabra do Señor
A luz desta palabra, facemos un tempo de silencio, e poñemos en
común coa xente da nosa casa o que ecoa nos nosos corazóns.
Se queremos podemos facer unha breve intervención escrita.
Deixamos uns minutos para a reflexión colectiva
.........
Pois recollendo todas estas reflexións, e as que quedan nos
fogares e nos corazóns, seguimos a nosa celebración.
PROFESIÓN DA FE
Celebrante: Sabendo que o Pai está sempre á nosa beira,
proclamamos a fe que nos guía no camiño da PASCUA
VIVA de Cristo. Dicimos
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe
Monitor/a
Credes en Deus Pai, Deus de vivos e non de mortos, Deus de
esperanza e non de medos, Deus de tenrura e non de forza,
credes en Deus así á nosa beira?
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe
Credes en Xesús, o seu fillo benquerido, que se doe con quen
sofre, que se achega a quen se sinte afundido, que ofrece a súa
vida coma camiño do bo facer?
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe
Credes no Espírito Santo, que nos alumea no corazón para
acoller, aprezar e dar vida a quen pensa, cree ou vive diferente?
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe
Credes na Igrexa, comunidade que peregrina cara á Pascua, cara
á Vida, no camiño de Cristo Resucitado?
Creo, Señor, pero aumenta a miña fe
ORACIÓN UNIVERSAL
Celebrante: Señor, hoxe coas túas bágoas pola morte do teu
amigo Lázaro, amósasnos que o camiño ten que ser o da
cercanía, o da solidariedade, o de dar vida, por iso seguindo
os teus pasos dicímosche:
Señor, énchesnos de vida
Monitor/a
1. Para que, coma Ti fixeches con Lázaro, nós sexamos
capaces de axudar a saír a fora aos que se senten pechados no
desalento, e na frustración, oramos
2. Para que, coma Ti fixeches con Marta e María, nós
sexamos capaces de achegarnos a quen ten razóns para sentir que
a vida é dura na enfermidade, oramos
3. Para que, coma Ti fixeches con Marta, nós sexamos
capaces de ter palabras e feitos de esperanza para quen se sente
afundido e fracasado, oramos
4. Para que, como Ti fixeches con aqueles veciños de Xudea,
nós sexamos capaces de amosar a un DEUS DE VIVOS e non de
mortos, oramos
5. Para que, coma Ti fixeches diante de todos, nós sexamos
capaces de doernos con quen está doído, e chorar con quen
chora, enfermo co coronavirus, oramos
6. Polos profesionais da sanidade, para que non decaian no
seu esforzo e saiban mostrar esperanza e amor aos que teñen ao
seu coidado. Oramos.
Celebrante: Señor, Ti nos queres vivos e dando vida. Non
deixas que o medo e a covardía nos convertan en persoas
mortas e baleiras. Ti que vives e reinas por sempre
eternamente. Amén.
PREFACIO
V/. O Señor sexa con vós.
R/. E contigo tamén
V/.Ergámolo corazón.
R/.Témolo posto no Señor.
V/. Deámoslle grazas ao Señor, o noso Deus.
R/. É digno e de xustiza
En verdade é digno e de xustiza bendecir o teu nome, Pai rico en
misericordia, agora que, no noso itinerario cara a luz
pascual, seguimos os pasos de Cristo, mestre e modelo da
humanidade, reconciliada no amor.
Ti abres á Igrexa o camiño dun novo éxodo para que,
chegados ao monte santo, reavivémola nosa vocación de
pobo da alianza, convocado para bendicir o teu nome,
escoitar a túa Palabra e experimentar con gozo as túas
marabillas.
Por estes signos de salvación, proclamamos o canto da túa
loubanza:
SANTO CANTO: Santo (Haendel)
3.- OS SIGNOS DA COMUÑÓN CON DEUS
EN FAMILIA
NOSO PAI
Celebrante: Xesús acercouse á casa de Marta e María para
darlles a esperanza da vida. Que tamén na nosa casa
atopemos a un Deus de vivos que comparte con nós e por
iso cantamos:
CANCIÓN : NOSO PAI ..
SIGNO DA PAZ E DA VIDA
Celebrante: Celebrar a fe tennos que levar tamén a
comprometernos na vida, a construír un mundo que sexa
compartido. Un mundo que coma camiño de coresma quere
amar e facer ben aos demais para sentirnos vivos e asumir
a nosa responsabilidade de dar vida. Hoxe imos facer un
xesto de paz e de vida coa auga que temos na mesa da
celebración. Ímoslle botar auga á planta. Este xesto
conéctanos coa vida, con toda a vida, tamén a do medio
natural, tan alterado polas nosas mans. Hoxe miramos ao
medio ambiente no que vivimos que está necesitado do noso
coidado e atención.
Collemos auga e botámola na planta, e despois de regar a planta
con vida, coa nosa vida, escoitamos en silencio esta canción
CANTO: Lázaro, de Teresa Nécega e Salomé Arricibita
Deus está a berrar os noso nomes, os de cada unha
de nós. Búscanos porque quere que sexamos as
súas mans de vida no mundo, e nel vivimos,
movémonos e existimos.
4.- ORACIÓN FINAL
Celebrante Oramos a Ti, Señor, e seguros da túa bondade
dámosche grazas porque ao compartir a vida do teu Fillo
fasnos partícipes, xa nestes días, dos bens eternos do teu
reino e cheos do teu Espírito somos quen de camiñar
dando vida.
Dámosche as grazas a Ti, que vives e reinas á nosa
beira, por sempre eternamente. Amén
Con Xesús queremos dar vida na nosa comunidade, no noso
rural, nas nosas xentes, aínda que sexan poucas e maiores.
Con Marta e María, as irmás de Lázaro, queremos deixarnos
acompañar polos homes e mulleres que viven ofrecendo o
mellor aos demais.
Con Xesús queremos achegarnos á vida dos Lázaros que
malviven no medo que deixa en nós o coronavirus, dos Lázaros
que non atopan refuxio, das Lázaros que sofren violencia de
xénero, dos Lázaros que se senten mortos, esquecidos e
enterrados por seren maiores.
Que teñamos un bo día, unha boa semana,
e o Señor nos bendiga,† nos garde de todo mal
e nos leve á vida eterna. Amén.
CANTO FINAL Padre bueno

More Related Content

What's hot

Venres Santo
Venres SantoVenres Santo
Venres Santo
Manuel Lage Lorenzo
 
21º domingo toc 2016 bene pagola
21º domingo toc 2016  bene pagola21º domingo toc 2016  bene pagola
21º domingo toc 2016 bene pagola
Nuria M Núñez Elissetche
 
Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016
parroquiadostilos
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
Nuria M Núñez Elissetche
 
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOSLecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
Manuel Lage Lorenzo
 
2º domingo toc 2016
2º domingo toc 20162º domingo toc 2016
2º domingo toc 2016
Nuria M Núñez Elissetche
 
4º advento c 2015
4º advento  c  20154º advento  c  2015
4º advento c 2015
Nuria M Núñez Elissetche
 
Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016
parroquiadostilos
 
Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
parroquiadostilos
 
Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016
parroquiadostilos
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
parroquiadostilos dos
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
Alfonso Mera Nogueiras
 
Boletin abril 2016
Boletin abril 2016Boletin abril 2016
Boletin abril 2016
parroquiadostilos
 

What's hot (20)

Venres Santo
Venres SantoVenres Santo
Venres Santo
 
21º domingo toc 2016 bene pagola
21º domingo toc 2016  bene pagola21º domingo toc 2016  bene pagola
21º domingo toc 2016 bene pagola
 
4º advento c 2012
4º advento c 20124º advento c 2012
4º advento c 2012
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016
 
Canto de nadal
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadal
 
María visita a sabela
María visita a sabelaMaría visita a sabela
María visita a sabela
 
31º defuntos tob 2015 bene pagola
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagola
 
Os cántaros de maría
Os cántaros de maríaOs cántaros de maría
Os cántaros de maría
 
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOSLecturas B DOMINGO DE RAMOS
Lecturas B DOMINGO DE RAMOS
 
2º domingo toc 2016
2º domingo toc 20162º domingo toc 2016
2º domingo toc 2016
 
3º pascua c 2013
3º pascua c  20133º pascua c  2013
3º pascua c 2013
 
4º advento c 2015
4º advento  c  20154º advento  c  2015
4º advento c 2015
 
Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016Boletin febreiro 2016
Boletin febreiro 2016
 
Boletin junio 2016
Boletin junio 2016Boletin junio 2016
Boletin junio 2016
 
Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
María no evanxeo
María no evanxeoMaría no evanxeo
María no evanxeo
 
Boletin abril 2016
Boletin abril 2016Boletin abril 2016
Boletin abril 2016
 

Similar to V domingo coresma 2020 na casa

17º domingo toc 2016
17º domingo  toc 201617º domingo  toc 2016
17º domingo toc 2016
Nuria M Núñez Elissetche
 
Misericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o pai
Nuria M Núñez Elissetche
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
31º defuntos tob 2015
31º defuntos  tob  201531º defuntos  tob  2015
31º defuntos tob 2015
Nuria M Núñez Elissetche
 
Evanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal aEvanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal a
Nuria M Núñez Elissetche
 
Ordinario21
Ordinario21Ordinario21
Ordinario21
Manuel Lage Lorenzo
 
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdfGalician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Filipino Tracts and Literature Society Inc.
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
Manuel Lage Lorenzo
 

Similar to V domingo coresma 2020 na casa (20)

17º domingo toc 2016
17º domingo  toc 201617º domingo  toc 2016
17º domingo toc 2016
 
17º domingo toc 2013
17º domingo  toc 201317º domingo  toc 2013
17º domingo toc 2013
 
Misericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o pai
 
3º coresma c
3º coresma c3º coresma c
3º coresma c
 
3º coresma c 2013
3º coresma c 2013 3º coresma c 2013
3º coresma c 2013
 
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
Coresma 5 A. Xn 11, 1 45
 
31º defuntos tob 2015
31º defuntos  tob  201531º defuntos  tob  2015
31º defuntos tob 2015
 
Pregón pascual k. rahner
Pregón pascual k. rahnerPregón pascual k. rahner
Pregón pascual k. rahner
 
11º santísima trinidad a .pps
11º santísima trinidad  a .pps11º santísima trinidad  a .pps
11º santísima trinidad a .pps
 
Palabra de Vida Febrero
Palabra de Vida FebreroPalabra de Vida Febrero
Palabra de Vida Febrero
 
Evanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal aEvanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal a
 
Ordinario21
Ordinario21Ordinario21
Ordinario21
 
Ano da fe. sor mª celina
Ano da fe. sor mª celinaAno da fe. sor mª celina
Ano da fe. sor mª celina
 
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdfGalician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
Galician - The Epistle of Paul the Apostle to the Laodiceans.pdf
 
Ordinario13
Ordinario13Ordinario13
Ordinario13
 
Deus ámate xoán paulo ii
Deus ámate   xoán paulo iiDeus ámate   xoán paulo ii
Deus ámate xoán paulo ii
 
Pv marzo 2012
Pv marzo 2012Pv marzo 2012
Pv marzo 2012
 
2º pascua b 2012
2º pascua  b  20122º pascua  b  2012
2º pascua b 2012
 
Coresma unha viaxe en clave de oración.
Coresma unha viaxe en clave de oración.Coresma unha viaxe en clave de oración.
Coresma unha viaxe en clave de oración.
 
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola6 nadal bautismo señor  b  2015  bene pagola
6 nadal bautismo señor b 2015 bene pagola
 

More from parroquiadostilos dos

Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920
parroquiadostilos dos
 
Parroquial 1920
Parroquial 1920Parroquial 1920
Parroquial 1920
parroquiadostilos dos
 
Boleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadalBoleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadal
parroquiadostilos dos
 
Boletin semana santa
Boletin semana santaBoletin semana santa
Boletin semana santa
parroquiadostilos dos
 
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELABoletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA
parroquiadostilos dos
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
parroquiadostilos dos
 
Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18
parroquiadostilos dos
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
parroquiadostilos dos
 
Boletin febreiro def
Boletin febreiro defBoletin febreiro def
Boletin febreiro def
parroquiadostilos dos
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
parroquiadostilos dos
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
parroquiadostilos dos
 
Boletin nov 1 new
Boletin nov 1 newBoletin nov 1 new
Boletin nov 1 new
parroquiadostilos dos
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
parroquiadostilos dos
 

More from parroquiadostilos dos (13)

Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920
 
Parroquial 1920
Parroquial 1920Parroquial 1920
Parroquial 1920
 
Boleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadalBoleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadal
 
Boletin semana santa
Boletin semana santaBoletin semana santa
Boletin semana santa
 
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELABoletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
 
Boletin febreiro def
Boletin febreiro defBoletin febreiro def
Boletin febreiro def
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin nov 1 new
Boletin nov 1 newBoletin nov 1 new
Boletin nov 1 new
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 

V domingo coresma 2020 na casa

  • 1. CELEBRACIÓN DO DOMINGO EN OS TILOS V DO TEMPO DA CORESMA 1.- ENCONTRO EN FAMILIA CANTO: De puertas adentro, de Salomé Arricibita. Vivimos un tiempo de incertidumbre, nunca hemos sentido tan cierto que dependemos unos de otros, que nos necesitamos, que , a diferencia de miles de refugiados, tenemos el privilegio de tener un lugar donde permanecer a salvo, y que la misma tierra resurge si dejamos de agredirla. Que en este tiempo de puertas adentro, saquemos lo mejor de nosotros mismos, que seamos "responsables de nuestros hermanos". Ayudemos quedándonos en casa y que después...no se nos olvide lo vivido SAÚDO DE BENVIDA Celebrante: Benvidos sexamos todos a esta oración. Reunímonos no nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo. Xa nestes días de remate da coresma Xesús nos di: “Eu son a resurrección e a vida”. Estamos chegando á Pascua e temos que facer un derradeiro esforzo no seguimento de Xesús para compartir con el o momento da súa Paixón, Morte e Resurrección. No evanxeo desta semana de coresma mostrásenos un Xesús moi humano, capaz de amar a aquelas persoas coas que convive, sentir a dor pola morte dun amigo e chorar por el, dar consolo aos seus con palabras de esperanza... O domingo pasado pedíamos luz para ver nestes momentos difíciles, como o cego de nacemento. Hoxe atopamos o motivo da nosa esperanza: XESÚS É A VIDA. Compartamos en familia a nosa fe nesta vida que nos dá Xesús e a esperanza pola chegada da Pascua do Señor que xa está aquí. ACTO PENITENCIAL Celebrante: Nas dificultades que atopamos nestes momentos para vivir as relacións cos outros, tamén hoxe acollemos o perdón de Deus polas moitas veces que non somos quen de mostrar a nosa fe na vida que El nos dá. Abrímonos ao perdón de Deus. Monitor/a • Ti es a vida. Deus Ti perdoas as veces que coas nosas palabras, feitos e omisións non somos responsables nin da nosa vida nin da dos nosos irmáns nestes momentos difíciles. Perdón, Señor, perdón • Ti es a vida. Deus Ti perdoas cando non somos capaces de amosar os nosos sentimentos cara aos nosos irmáns como Ti fixeches con Marta e María, as irmás de Lázaro. Perdón, Cristo, perdón
  • 2. • Ti es a vida. Deus Ti perdoas cando non queremos esforzarnos nin sacrificarnos pola nosa vida, e moito menos pola dos demais. Perdón, Señor, perdón Celebrante: Deus todopoderoso, ti tes piedade de nós, dos que teñen un lugar no noso corazón e na nosa vida, dos homes e mulleres que, coma Lázaros, se senten mortos e enterrados na soidade destes días de confinamento e corentena. A todos nos concedes o teu perdón levándonos á vida eterna. Amén. ORACIÓN PROPIA DO DÍA Celebrante: Presentamos a Deus as nosas preocupacións e desexos e apoiados nel camiñamos sendo testemuñas da vida alí onde a morte parece vencer. Temos moi presentes as vítimas do covid-19 e aos seus familiares que sofren a separación dos seres queridos. (silencio) Señor, noso Deus, o teu Fillo Xesús demostrou a grandeza da vida no amor ao mundo. Concédesnos a graza de vivirmos con alegría no seu mesmo espírito de servizo, de xeito que os nosos pasos na terra dean froitos de vida eterna. Así o fan hoxe moitos homes e mulleres que están dando vida á beira dos enfermos. Por Xesucristo que vive e reina por sempre eternamente. Amén. 2.- PROCLAMACIÓN DA PALABRA DE DEUS LECTURA DO LIBRO DE EZEQUIEL Profetiza e dilles: Así fala o meu Señor Deus: Velaí que eu vou abrir as vosas sepulturas, e vouvos facer subir das vosas sepulturas, meu pobo, e vouvos levar á terra de Israel. Recoñeceredes que eu son o Señor, cando eu abra as vosas sepulturas, e cando vos faga subir das vosas sepulturas, meu pobo. Vou poñer en vós o meu espírito e vouvos facer revivir na vosa terra. Así recoñeceredes que eu, o Señor, o digo e o fago –é o Señor quen fala-. Palabra do Señor CANTO ENTRE LECTURAS Escucha, Tu LECTURA DA CARTA DO APÓSTOLO PAULO AOS ROMANOS Irmáns: Os que viven conforme aos baixos instintos non poden agradar a Deus. Pero vós non vivides así, senón conforme o Espírito, posto que o Espírito de Deus habita en vós: se algún non ten o Espírito de
  • 3. Cristo, ese non é de Cristo. Se Cristo está en vós, o voso corpo certamente está morto por culpa do pecado, mais o Espírito é vida por causa da xustiza. Se o Espírito do que resucitou dos mortos a Xesús habita en vós, o mesmo que resucitou a Cristo dos mortos vivificará os vosos corpos mortais polo seu Espírito que habita en vós. Palabra de Deus. PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN Daquela, as irmás de Lázaro mandaron dicirlle a Xesús: - Señor, mira, o que amas está enfermo. Ao oílo, dixo Xesús: - Esta enfermidade non é para a morte, senón para a gloria de Deus, a fin de que por ela se glorifique o Fillo de Deus. Xesús queríalles moito a Marta, á irmá dela, e mais a Lázaro. Anque oíu que este estaba enfermo, deixouse estar aínda por dous días no sitio onde se atopaba. Despois disto, díxolles ós discípulos: - ¡Vaiamos outra vez á Xudea! Cando chegou Xesús, atopouse con que Lázaro xa levaba catro días no sepulcro. Cando oíu Marta que Xesús estaba chegando, saíulle ao encontro. María, en cambio, quedou na casa. Díxolle entón Marta a Xesús: - Señor, se ti estiveses aquí, meu irmán non morrería; pero eu sei que, aínda agora, Deus che concederá calquera cousa que lle pidas. Xesús díxolle: - Teu irmán resucitará. Marta respondeulle: - Ben sei que resucitará na resurrección, no día derradeiro. Díxolle Xesús: - Eu son a resurrección e a vida. Quen cre en min, anque morra, vivirá; e todo o que vive e cre en min, non morrerá endexamais. Cres ti isto? Ela respondeu: - Si, Señor: eu creo que ti es o Cristo, o Fillo de Deus, que había de vir ao mundo. A Xesús apretóuselle o corazón e, profundamente conmovido, preguntou: - Onde o puxestes? Contestáronlle: - Señor, ven ver. E Xesús botouse a chorar. Entón comentaban os xudeus: "¡Ai que ver como o quería!". Pero algúns deles dixeron: "E logo este, que deu vista aos ollos dun cego, non podía facer que non morrese?". Xesús estremecéndose de novo, chegou á sepultura. Era unha cova, e tiña unha pedra por enriba. Xesús ordenou: - Arredade a pedra. Marta, a irmá do finado, díxolle: - Señor, xa cheira, que leva catro días. Xesús contestoulle: - Non che dixen que se cres, verás a gloria de Deus?. Arredaron entón a pedra. Xesús ergueu os ollos e dixo: - Meu Pai, douche grazas porque me escoitaches. Eu ben sabía que ti sempre me escoitas, pero díxeno pola xente que está aquí, para que crean que ti me mandaches. E dito isto, gritou con voz forte: - ¡Lázaro, ven para fóra! Saíu o morto; tiña os pés e as mans atados con vendas e a cara envolta nun sudario. Xesús ordenoulles: - Desenleádeo e deixádeo ir. Entón, moitos dos xudeus que viñeran onda María, vendo o que fixo, creron nel. Palabra do Señor
  • 4. A luz desta palabra, facemos un tempo de silencio, e poñemos en común coa xente da nosa casa o que ecoa nos nosos corazóns. Se queremos podemos facer unha breve intervención escrita. Deixamos uns minutos para a reflexión colectiva ......... Pois recollendo todas estas reflexións, e as que quedan nos fogares e nos corazóns, seguimos a nosa celebración. PROFESIÓN DA FE Celebrante: Sabendo que o Pai está sempre á nosa beira, proclamamos a fe que nos guía no camiño da PASCUA VIVA de Cristo. Dicimos Creo, Señor, pero aumenta a miña fe Monitor/a Credes en Deus Pai, Deus de vivos e non de mortos, Deus de esperanza e non de medos, Deus de tenrura e non de forza, credes en Deus así á nosa beira? Creo, Señor, pero aumenta a miña fe Credes en Xesús, o seu fillo benquerido, que se doe con quen sofre, que se achega a quen se sinte afundido, que ofrece a súa vida coma camiño do bo facer? Creo, Señor, pero aumenta a miña fe Credes no Espírito Santo, que nos alumea no corazón para acoller, aprezar e dar vida a quen pensa, cree ou vive diferente? Creo, Señor, pero aumenta a miña fe Credes na Igrexa, comunidade que peregrina cara á Pascua, cara á Vida, no camiño de Cristo Resucitado? Creo, Señor, pero aumenta a miña fe ORACIÓN UNIVERSAL Celebrante: Señor, hoxe coas túas bágoas pola morte do teu amigo Lázaro, amósasnos que o camiño ten que ser o da cercanía, o da solidariedade, o de dar vida, por iso seguindo os teus pasos dicímosche: Señor, énchesnos de vida Monitor/a 1. Para que, coma Ti fixeches con Lázaro, nós sexamos capaces de axudar a saír a fora aos que se senten pechados no desalento, e na frustración, oramos 2. Para que, coma Ti fixeches con Marta e María, nós sexamos capaces de achegarnos a quen ten razóns para sentir que a vida é dura na enfermidade, oramos 3. Para que, coma Ti fixeches con Marta, nós sexamos capaces de ter palabras e feitos de esperanza para quen se sente afundido e fracasado, oramos
  • 5. 4. Para que, como Ti fixeches con aqueles veciños de Xudea, nós sexamos capaces de amosar a un DEUS DE VIVOS e non de mortos, oramos 5. Para que, coma Ti fixeches diante de todos, nós sexamos capaces de doernos con quen está doído, e chorar con quen chora, enfermo co coronavirus, oramos 6. Polos profesionais da sanidade, para que non decaian no seu esforzo e saiban mostrar esperanza e amor aos que teñen ao seu coidado. Oramos. Celebrante: Señor, Ti nos queres vivos e dando vida. Non deixas que o medo e a covardía nos convertan en persoas mortas e baleiras. Ti que vives e reinas por sempre eternamente. Amén. PREFACIO V/. O Señor sexa con vós. R/. E contigo tamén V/.Ergámolo corazón. R/.Témolo posto no Señor. V/. Deámoslle grazas ao Señor, o noso Deus. R/. É digno e de xustiza En verdade é digno e de xustiza bendecir o teu nome, Pai rico en misericordia, agora que, no noso itinerario cara a luz pascual, seguimos os pasos de Cristo, mestre e modelo da humanidade, reconciliada no amor. Ti abres á Igrexa o camiño dun novo éxodo para que, chegados ao monte santo, reavivémola nosa vocación de pobo da alianza, convocado para bendicir o teu nome, escoitar a túa Palabra e experimentar con gozo as túas marabillas. Por estes signos de salvación, proclamamos o canto da túa loubanza: SANTO CANTO: Santo (Haendel) 3.- OS SIGNOS DA COMUÑÓN CON DEUS EN FAMILIA NOSO PAI Celebrante: Xesús acercouse á casa de Marta e María para darlles a esperanza da vida. Que tamén na nosa casa atopemos a un Deus de vivos que comparte con nós e por iso cantamos: CANCIÓN : NOSO PAI .. SIGNO DA PAZ E DA VIDA Celebrante: Celebrar a fe tennos que levar tamén a comprometernos na vida, a construír un mundo que sexa compartido. Un mundo que coma camiño de coresma quere amar e facer ben aos demais para sentirnos vivos e asumir a nosa responsabilidade de dar vida. Hoxe imos facer un xesto de paz e de vida coa auga que temos na mesa da
  • 6. celebración. Ímoslle botar auga á planta. Este xesto conéctanos coa vida, con toda a vida, tamén a do medio natural, tan alterado polas nosas mans. Hoxe miramos ao medio ambiente no que vivimos que está necesitado do noso coidado e atención. Collemos auga e botámola na planta, e despois de regar a planta con vida, coa nosa vida, escoitamos en silencio esta canción CANTO: Lázaro, de Teresa Nécega e Salomé Arricibita Deus está a berrar os noso nomes, os de cada unha de nós. Búscanos porque quere que sexamos as súas mans de vida no mundo, e nel vivimos, movémonos e existimos. 4.- ORACIÓN FINAL Celebrante Oramos a Ti, Señor, e seguros da túa bondade dámosche grazas porque ao compartir a vida do teu Fillo fasnos partícipes, xa nestes días, dos bens eternos do teu reino e cheos do teu Espírito somos quen de camiñar dando vida. Dámosche as grazas a Ti, que vives e reinas á nosa beira, por sempre eternamente. Amén Con Xesús queremos dar vida na nosa comunidade, no noso rural, nas nosas xentes, aínda que sexan poucas e maiores. Con Marta e María, as irmás de Lázaro, queremos deixarnos acompañar polos homes e mulleres que viven ofrecendo o mellor aos demais. Con Xesús queremos achegarnos á vida dos Lázaros que malviven no medo que deixa en nós o coronavirus, dos Lázaros que non atopan refuxio, das Lázaros que sofren violencia de xénero, dos Lázaros que se senten mortos, esquecidos e enterrados por seren maiores. Que teñamos un bo día, unha boa semana, e o Señor nos bendiga,† nos garde de todo mal e nos leve á vida eterna. Amén. CANTO FINAL Padre bueno