A expansión dosservizos A partir do século XX a maioría dos traballadores non producen bens materiais, senón que traballan no sector servizos. SECTOR TERCIARIO/SERVIZO S: forman parte deste sector todas aquelas actividades que ofrecen servizos, tanto á poboación como ás empresas. TERCIARIZACIÓN : É o proceso de crecemento do sector terciario. Na actualidade, a maioría dos territorios medran de cara a este proceso e, de feito, as actividades unidas ao sector servizos son as que xeran maior riqueza e emprego nun territorio. Nos países do mundo cun número maior de ingresos , as persoas dedicadas a este sector suman un 70% da poboación total. Nestos casos, é habitual dicir que estes países acadaron a fase de sociedade posindustrial , posto que a súa economía está nunha fase posterior á industrialización, e está dominada polos servizos, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación. Nos países cun grao menor de desenvolvemento , o emprego nos servizos está aumentando nos últimos anos, sobre todo naqueles países que experimentaron unha rápida urbanización de América Latina. En canto aos países pobres , a súa vinculación ao sector servizos na maioría dos casos relaciónase coa economía mergullada (sumergida) ou informal , que é aquela na que as empresas non están rexistradas oficialmente, non pagan impostos e teñen empregados sen contrato, en definitiva, son ilegais.
4.
As causas docrecemento dos servizos Causas nos países máis prósperos : Incremento dos ingresos e mellora do nivel de vida . Canto maís grande é a renda das persoas, maior porcentaxe gasta en servizos. Xeralización do Estado de Benestar . É o que asegura a protección social dos seus cidadáns (sanidade, vivenda, educación, servizos sociais, pensións de xubilación ou a protección do emprego ou do empregado). Busca de maior competitividade . As empresas tratan de mellorar o su funcionamento, a calidade dos servizos ou a súa comercialización. Desenvolvemento do capital financeiro . Normalmente a través da participación das empresas, bancos e compañías na Bolsa.
5.
Causas nos paísespobres : Ademáis de compartir cos países máis ricos as causas anteriores, nestes territorios existe a necesidade de empregar a moitas persoas con escasa formación. COMPOSICIÓN DO SECTOR SERVIZOS: Seguros. Turismo. Actividades financeiras. Comercio Educación. Restaurantes. Franquicias. Industria do ocio incluindo a industria de grabación, música, radio, televisión e cine. Informática e tecnoloxía. Transporte. Cuidados persoais e de saude. Servicios a empresas como consultoría, investimento e asesoramento xurídico. Comunicacións (prensa, radio e internet). Servizos públicos.
As diversas pautasde localización Dependendo de qué tipo de actividade se trate, as empresas do sector servizos pódense localizar de diferentes formas: Actividades financeiras e empresas máis avanzadas. Sitúanse nas grandes cidades, nos seus distritos de negocios (ex.: Manhattan en Nova York).
8.
A administración públicae os servizos sociais básicos . Non se limitan a unha zona concreta, senón que están máis dispersos. Case todos os municipios contan con algunha actividade deste tipo. O comercio e os servizos á poboación . Adoitan situarse o máis cerca posible dos clientes, polo que se sitúan en zonas de ampla densidade demográfica e consumo.
9.
Os factores delocalización do comercio TIPO DE LOCALIDADE NÚMERO DE COMERCIOS GRAO DE ESPECIALIZACIÓN ÁREA DE MERCADO VILAS - Poucos establecementos. - Escasa variedade de produtos. Comercios moi básicos. Venden bens de primeira necesidade (pan, leite, queixo, etc.) - Municipal PEQUENAS CIDADES - Maior número de establecementos. - Maior variedade de produtos. Aparecen algúns establecementos especializados en bens de maior calidade e prezo. Exemplos: concesionarios, tendas de roupa, farmacias, etc. - Cidade principal e as que a rodean. GRANDES CIDADES - Gran cantidade e variedade de establecementos comerciais. Existen establecementos que venden artigos de luxo e artigos moi especializados. Exemplos: proveedores de intrumental científico, boutiques internacionais, etc. - Localización máis extensa. A xente desplázase a ela cando necesita un produto especializado.
A evolución dotransporte Na era preindustrial . Antes da Primeira Revolución Industrial os intercambios de mercancías eran escasos e limitábanse ás deistancias curtas debido a que os sistemas de transporte eran moi elementales (carros ou barcos de vela). Durante a Primeira Revolución Industrial . Con ela tamén se revolucionou o transporte, coa aparición do ferrocarril ou o barco de vapor. Durante a Segunda Revolución Industrial . A principios do século XX chegaron o automóbil e o avión. Durante a Terceira Revolución Industrial . No derradeiro terzo do século XX desenvolvéronse as redes de ordenadores e con elas Internet, o que supuxo unha grande mellora na transferencia e transporte da información. Todos estes cambios van acompañados das constantes melloras tecnolóxicas.
12.
Os sistemas detransporte na actualidade SISTEMAS DE TRANSPORTE INTERURBANO: Transporte por ferrocarril : Foi o medio de transporte dominante a finais do século XIX e principios do XX. Pero ao longo do século pasado foi perdendo viaxeros e mercadorías, a favor das estradas. Na actualidade está medrando o transporte de pasaxeiros grazas as vías de alta velocidade (TGV en Francia ou AVE en España). Transporte por Estrada: Utilizado tanto para o transporte de persoas como de mercadorías. As redes de estradas (autoestradas e autovías) son cada vez máis extensas e mellores; por outro lado, os vehículos son máis numerosos, e máis potentes, seguros e cada vez consumen menos.
13.
Transporte marítimo :Está especializado no tráfico de mercadorías, posto que os custos son menores se se trata de longas distancias. Tamén existen buques especiais para o trnasporte de certos artigos. Transporte aéreo : Está especializado no transporte de pasaxeiros en longas distancias. Na actualidade a texnoloxía permite viaxar en avións máis baratos, máis grandes e máis seguros. Transporte intermodal : Dase nos casos en que varios tipos de transportes traballan de maneira conxunta. SISTEMAS DE TRANSPORTE URBANO: Transporte privado (automóbil particular), que en ocasións provoca problemas de conxestión circulatoria. Transporte público (metro, tranvía, autobús, etc.): Consome menos enerxía. Provoca menos accidentes. Ocupa menos espazo. É menos contaminante que o transporte privado.