QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS?
Unha imaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de
comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar
porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a
realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo
que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida,
que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non
serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de
dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e
denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a
morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa
medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte.
Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás
deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio-
irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para
algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así,
tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo?



Que temos agora?
       Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto
        sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada.
       Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias
        lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia.
       Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo.
       Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada
        a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade.
       Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de
        inglés de CCs de educación non abonda).


Prexuízos graves desta situación
      Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado
      bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos
      bo nin segue as clases nin percibe os conceptos.

      Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso
      de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.
Que queremos?
      Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade.


Como se consegue?
      Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL).


O TIL non é:
       un reparto de linguas por materias.
       aprender só inglés e castelán.
       memorizar palabras e deixar de aprender contidos.


O TIL é:
Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na
comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.

       Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O
        alumnado aprende linguas para usalas).
       Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua
        propia saber como se xestionan as outras.
       Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma
        relacionada.
       Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do
        dominio das diferentes linguas.
       Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias.



                          Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso
                          cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común
                      desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos
                                                                           [J. Cummins]




Se queres + información:
      www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html

Que plurilingüismo queremos?

  • 1.
    QUE PLURILINGÜISMO QUEREMOS? Unhaimaxe: a de tres irmás que a pesar do seu peso reciben exactamente a mesma ración de comida diaria. Unha delas, a única filla biolóxica, está moi delgada, débil e non serve para traballar porque non ten forza; outra, medio-irmá, está bastante máis vigorosa pero é útil unicamente para a realización de certos traballos; a última, filla adoptada, é grande, forte e goza dunha férrea saúde polo que é a requirida para os traballos importantes. Se os seus pais dan a todas a mesma ración de comida, que ocorrerá? NADA. Velaí o problema. Co tempo, todos verán a filla máis débil como un estorbo que non serve para nada e pode ata que a deixen morrer. Paradoxal, que dúbida cabe!, sendo ela a única filla de dereito. Pois ben, así actuaron os nosos políticos, decidiron alimentar unicamente ás fortes e denominárono “plurilingüismo”. Do mesmo xeito que no caso anterior, a filla máis débil está destinada a morrer pero, neste caso, decidiuse asestarlle o golpe definitivo defendendo que supón un risco para a súa medio-irmá que, sen dúbida, se puidese consumir a comida da desaparecida sería moito máis forte. Namentres, a filla adoptada, aproveitando esta absurda discusión, come a ración das súas irmás deixándoas moribundas. A máis débil, á que só quedan migallas, pode que non dure moito. A súa medio- irmá é posible que sobreviva pero a súa saúde resentirase. Ao final, de tres irmás só unha servirá para algo. Non sería mellor repartir a comida en función do estado de saúde de cada unha delas e lograr así, tres fillas fortes útiles para realización de calquera traballo? Que temos agora?  Centros plurilingües que botaron a andar sen atender ao contexto sociolingüístico no que se encontran e sen planificación adecuada.  Alumnado que non adquire as competencias básicas nin as competencias lingüísticas propostas polo Marco Europeo Común de Referencia.  Alumnado que non lle saca rendibilidade á súa condición de bilingüe nativo.  Alumnado que accede a unha lingua estranxeira cando aínda non ten asentada a súa lingua inicial, nin a outra lingua da comunidade.  Profesorado sen formación suficiente (a titulación B2 ou a especialización de inglés de CCs de educación non abonda). Prexuízos graves desta situación Peor formación xeral do alumnado e aumento do fracaso escolar. O alumnado bo segue as clases pero non entenderá moitos conceptos e o alumando menos bo nin segue as clases nin percibe os conceptos. Discriminación da maioría do profesorado que non pode participar no concurso de traslados paralelo que privilexia a quen participa neste programa.
  • 2.
    Que queremos? Plurilingüismo, pero inclusivo e con equidade. Como se consegue? Co Tratamento Integrado de Linguas (TIL). O TIL non é:  un reparto de linguas por materias.  aprender só inglés e castelán.  memorizar palabras e deixar de aprender contidos. O TIL é: Aprender realmente moitas linguas pero partindo das dúas existentes na comunidade. Non se pode abandonar unha delas para aprender outra de fóra.  Partir dun enfoque comunicativo (ten que ter sentido o uso da lingua. O alumnado aprende linguas para usalas).  Explotar as estratexias de transferencia de linguas: conseguir desde a lingua propia saber como se xestionan as outras.  Facer unha planificación conxunta para traballar as linguas de forma relacionada.  Adquirir competencia plurilingüe e intercultural, cunha gradación do dominio das diferentes linguas.  Conseguir acordos e complicidades entre o profesorado e as familias. Cada lingua que aprendemos non pasa a ocupar un oco no noso cerebro, senón que temos unha competencia subxacente común desde a que somos capaces de xestionar as linguas que aprendemos [J. Cummins] Se queres + información: www.coordinadoraendl.org/plurilinguismo/index.html