O pasado día 22 de setembro a Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia daba a coñecer a resolución dos Premios da Cultura Galega 2015 que, na súa modalidade de lingua, recaeu na Coordinadora Galega de ENDL. En nome da CGENDL e de todos os docentes e Equipos que a conforman, amosámoslle ao xurado a nosa inmensa gratitude por valorar o labor que levamos feito en defensa da lingua desde 2009. Con todo, a Directiva da CGENDL acordou rexeitar este premio polas razóns que se explican neste comunicado.
Good bye, adios, adeus Jesús Vázquez, conselleiro de educación e cultura.A Curuxa da Veiga
O Sindicato de Traballadores do Ensino recorda os "meritos" do conselleiro, cando é promovido como candidato á alcaldía de Ourense como un dos "mellores".

En otoño Mendoza se caracteriza por la variedad de los colores en sus paisajes,hace un tiempo compilé estas fotos para mi empresa y ahora quiero compartirlas con ustedes
En otoño Mendoza se caracteriza por la variedad de los colores en sus paisajes,hace un tiempo compilé estas fotos para mi empresa y ahora quiero compartirlas con ustedes
Texto Consensuado Sobre A PosicióN En RelacióN á Consulta Sobre A Lingua Gale...cenlf
Texto consensuado entre as organizacións abaixo asinantes sobre a posición que mantemos en relación á consulta que a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria vai realizar nos centros educativos para determinar o uso do galego, coa intención de que lle transmitades como vexades máis efectivo ( equipo directivo, equipo de normalización de dinamización lingüística, titor...) á comunidade educativa, especialmente pais, nais e titores legais, a nosa posición en referencia ao rigor metodolóxico e certas garantías para a intimidade dos datos persoais, así como coa intención de aclarar o que significa marcar unha ou outra casa no inquérito.
Análise das chamadas "Bases para o Decreto do plurilingüismo" propostas pola Consellería de Educación, que compara o novo decreto cos anteriores (247/95 e 124/2007). En negro figuran as coincidencias entre os tres decretos, en azul as que se dan entre este e o do 2007 e en vermello están as novidades deste decreto. Traballo realizado por Sofía Rama, profesora de Lingua.
Presentación de Marcus Fernández (webmaster de Código Cero) empregada na palestra "Avaliación de recursos para a normalización lingüística: as tecnoloxías e os recursos lingüísticos" pronunciada o 15-04-2016 nos XVIII Encontros para a Normalización Lingüística. http://goo.gl/U8AxON
Proxecto dirixido a escolares de infantil ata ESO que ten como obxectivo divulgar a figura de Novoneyra a través do lugar no que viviu e das súas obras. As actividades que se realizan dan gran importancia á xeración cultural do autor por medio de materiais sobre as súas amizades e, sobre todo, dunha interesante colección de pintura contemporánea que permite unha viaxe retrospectiva pola pintura galega dos anos 60 a 80. O Courel, parte moi importante da vida e obra do Poeta, tamén ocupa un lugar especial deste lugar emblemático da montaña lucense.
Ollos de aula. Nº 22. versión para imprimir en a4 a dobre cara (xuño de 2015)Coordinadora Galega ENDL
Nº 22 (xuño de 2015) de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio de 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

Cartel incluído nas páxinas centrais do Nº 21 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 21 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio de 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 21 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Maio de 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 20 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Marzo-abril 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

Nº 19 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Febreiro 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 19 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Febreiro 2015. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 18 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Decembro 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html

Nº 17 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Novembro 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Nº 17 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Novembro 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
Nº 16 de "Ollos de Aula" a "revista para as familias do alumnado". Edita: CGENDL. Outubro 2014. Descarga directa en http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
1. COMUNICADO DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL A RESPECTO DOS
PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2015
O pasado 22 de setembro a Xunta de Galicia fixo públicos os Premios da Cultura Galega
2015, que teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor a traxectoria dos persoeiros ou
entidades máis salientables nos diferentes ámbitos das manifestacións culturais do país.
O xurado destes galardóns, presidido polo Conselleiro de Cultura e Educación, estimou
concedernos á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística o premio no apartado de lingua, recoñecendo así un labor colectivo de defensa e
promoción do idioma no ámbito educativo protagonizado por centos de docentes e Equipos
de Normalización Lingüística de centros escolares de toda Galicia, tanto no ensino público
como no privado e concertado.
Desde o Consello Directivo da CGENDL, queremos deixar constancia da nosa inmensa
gratitude para o xurado, non por ter en conta os nosos méritos individuais, senón por poñer
de relevo a transcendencia social, cultural e pedagóxica da normalización lingüística, tal
como nós a vimos entendendo desde o ano 2009: como un proxecto aberto e integrador
que procura facilitar o uso do galego en todos os ámbitos da vida, libre de prexuízos e
pexas históricas, e contando coa suma de vontades para que o noso idioma sexa un valor
de futuro, e non unha peza arqueolóxica de museo. E isto implica, por suposto, unha
actitude política consciente das dificultades que segue a padecer a cidadanía que desexa
usar o galego sen escusas nin complexos. Unha actitude que fuxiu sempre do discurso
anestésico do actual Goberno da Xunta con respecto ao idioma, pero tamén de sectarismos
ideolóxicos estériles e improdutivos.
Así mesmo, queremos compartir este galardón con todas aquelas persoas da comunidade
educativa de Galicia (alumnado, familias, persoal docente ou administrativo…) que, curso
tras curso, con doses enormes de entusiasmo, puxeron en marcha ou mantiveron activos un
conxunto de proxectos normalizadores que converteron escolas e institutos nun espazo
onde se fixo real ese lema que levamos aínda por bandeira: Orgullosos/as do galego. A
toda esa xente, a nosa razón de ser, beizóns polo seu apoio e profesionalidade.
Non obstante, e a pesar de que desde a CGENDL nos sentimos moi honrados de ser
galardoados a carón de persoas e entidades que admiramos, queremos facer público o
noso rexeitamento do Premio da Cultura Galega 2015 na modalidade de Lingua, pois
consideramos unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por
obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha
normalización efectiva da lingua galega.
Non é este o lugar para facer explícitos todos os motivos que nos levaron a tomar esta
decisión, que nos gustaría ter evitado. Pero tal como declararon noutra ocasión as
2. compañeiras e compañeiros de Prolingua, “xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio
que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con
protocolario boato”. Noutra palabras: non podemos nin queremos ser incoherentes,
aceptando un galardón que nos entrega un goberno que ignorou de modo persistente todas
as demandas que os sectores máis comprometidos coa promoción do idioma levamos
solicitando desde hai anos.
Porque, máis alá das boas palabras e da falsa retórica da liberdade lingüística, temos
comprobado como este goberno presidido por Alberto Núñez Feijoo foi o primeiro que
lexislou para limitar o uso do galego nas materias tecnolóxicas e científicas no ensino; foi
tamén aquel que suprimiu as liñas de galego solicitadas polas familias en Educación Infantil,
ou o mesmo que delegou a responsabilidade de “escoller” o idioma de escolarización nas
nais e pais, ignorando os desequilibrios históricos entre unha lingua de ámbito estatal e
outra minorizada. Foi, en fin, un goberno reticente coa promoción real do galego, a pesar
das alarmantes estatísticas que convidan a cambiar de rumbo na política lingüística, e con
urxencia.
En definitiva: os actuais membros do Consello Directivo da CGENDL non iremos recoller
este premio, pois non nos presta vestir con traxe de gala en tempos que requiren roupa de
faena. Porque as nosas fillas e fillos, que desexamos plurilingües, teñen dereito a escoitar
máis galego dentro e fóra das aulas, para non condenalos á ignorancia de non saber de
onde son nin de onde veñen. Porque non hai progreso sen memoria nin liberdade sen
conciencia da propia identidade.
E, desde a nosa modesta independencia, seguiremos a carón dos que sementan futuro a
prol dunha lingua que desexamos tan normal como calquera outra.
Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL
Sábado, 3 de outubro de 2015