GUÍA DA BIBLIOTECA
•A Biblioteca: un mundo por descubrir.
• Os Espazos.
• A Organización do Fondo.
• Recursos
• Horarios.
• Política de Préstamos.
• Carnet da biblioteca.
• Normas de Funcionamento.
• Plan Lector.
• Buzón de Suxerencias e Enfermería
• A Mascota.
3.
1. A Biblioteca:un mundo por descubrir.
A Biblioteca é un lugar moi especial do colexio. Un lugar
para saber e coñecer, para ler, para aprender pola túa conta.
Un lugar de encontro no que te podes informar de todo o que
che interese. Ademais de libros tamén podes encontrar videos,
DVD, CD-ROM…Pero, sobre todo, a través da lectura dos libros,
a biblioteca permitirache viaxar no tempo e no espazo, visitar
épocas remotas, lugares marabillosos, descoñecidos, coñecer
formas de vida moi distintas ás nosas, ter noticias de
civilizacións lonxanas, de animais sorprendentes……
É un lugar para o entretemento, a curiosidade e
a imaxinación, para sentir a poesía, para desfrutar de historias
e lendas.Tamén che ofrece recursos necesarios para
o estudo, a realización de traballos e tarefas escola-
res. En resumo, temos na biblioteca un mundo por
descubrir.
4.
2. Os Espazos.
Anosa Biblioteca está organizada por recunchos. Temos
dentro da propia biblioteca un recuncho de lectura
informal onde podedes ler tranquilamente un libro ou as
revistas que están colocadas no revisteiro.
Temos tamén un recuncho de idiomas onde podes atopar libros e dvd´s
en portugués, inglés e tamén algún en francés. Este tamén é un recuncho
audio con 3 lectores de dvd onde o alumnado de 5º e 6º pode ver pelis,
documentais ou escoitar música.
Para o alumnado que desexe facer
consultas, buscar información ou
traballar a lectoescritura dispón de
tres ordenadores portátiles. Non
está permitido chats ou xogos que non sexan de carácter didáctico.
No corredor da biblioteca temos outro
recuncho de lectura informal onde podes
merendar antes de entrar.
5.
3. A Organizacióndo fondo.
Os libros da nosa Biblioteca están clasificados por ciclos.
Cada libro leva un adhesivo rectangular da cor correspondente
ao ciclo, na parte inferior do lombo; desta forma é fácil de
localizar os libros. Os de infantil levan un adhesivo de cor
azul os de 1º ciclo levan un adhesivo de cor vermella
os de 2º ciclo levan un adhesivo de cor verde
e os de 3º ciclo levan un adhesivo de cor amarela.
Os libros de consulta e libros de lectura para adultos
levan un adhesivo de cor branca. Estes libros pódense consultar
na biblioteca pero non levar a casa.
6.
Temos clasificados alfabéticamentepor autor e título
todos os libros da biblioteca. Hai distintas seccións:
. Narrativa
. Poesía
. Teatro
. Cómic
Temos un expositor á entrada
onde atoparás todas as novidades.
Neste outro expositor atópanse os
traballos que os nenos foron facendo
ao longo destes cursos. Istes nons se
poden prestar.
Por outra banda, as
novidades aparecerán
en carteis por
diferentes lugares
do colexio.
7.
Os CD-Rom eDVD’S están situados nestes dous expositores
no recuncho de idiomas.
8.
O profesorado ademaisdos recursos
anteriores dispón du canón cunha
pantalla onde se poden facer
proxeccións.
A biblioteca ten dentro un
Smart-TV coa posibilidade de
polo no corredor que nos vai
permitir acceder a calquer
canal de tv, acceder a
internet ou pasar calquera
información que consideremos
interesante para o noso
alumnado:normas, actividades,
actuacións, diversos tipos de
información…
4. Recursos
9.
5. Horarios.
Luns MartesMércores Xoves Venres
Horario
Biblioteca
Mañás
11:50-12:20
1º curso
2ºcurso
11:50-12:20
3º curso
4º curso
11:50-12:20
5º curso
6º curso
11:50-12:20
1º curso
2ºcurso
3ºcurso
11:50-12:20
4º curso
5º curso
6º curso
Tardes 16:00-18:00 16:00-18:00
Toda a
comunidade
educativa
16:00-18:00
Toda a
comunidade
educativa
16:00-
18:00
Toda a
comunidade
educativa
Este é o horario de préstamo da biblioteca.
Cada grupo de alumn@s co seu titor ten reservada unha hora
semanal para utilizar a biblioteca no seu horario lectivo.
Toda a
comunidade
educativa
10.
6. Política dePréstamos.
Cada alumn@ pode levar
Todos os préstamos serán anotados no ordenador. Os alumn@s
poden subir todos os días á hora do recreo á biblioteca.
Para levar ou devolver fondos teñen que respectar o
horario. Pola tarde poden facer uso da biblioteca e tamén
facer préstamo.
Se alguén non devolve un libro, o perde , o rompe ou estraga
será penalizado non podendo levar máis libros en préstamo até
que non o devolva ou ben o repoña comprando un novo ou
pagando o que custou.
11.
7. Carnet dabiblioteca.
Cada neno terá o seu carnet da biblioteca
onde constará o seu nome, apelidos e número
de lector. É importante que o use cando vaia á
biblioteca para facer préstamo xa que lle vai
permitir habituarse ao seu uso.
12.
8. Normas deFuncionamento.
Cando collas un libro da estantería has de ser coidadoso e
deixar o resto dos libros ben colocados xa que están orde-
nados por orde alfabética.
Cando devolvas o libro, antes de colocalo no carriño corres-
pondente deberás entregalo á encargada da biblioteca para
que o anote como devolto no programa Meiga que xestiona a
Biblioteca Escolar. NON O COLOQUES TI NOS ESTANTES.
Recorda que os libros están ordenados de acordo aos seguin-
tes criterios:
1º) N, P, C, T según sexa narrativa, poesía, teatro ou
cómic.
2º) As tres primeiras letras do 1º apelido do autor.
3º) As tres primeiras letras do título.
N
AND
con
13.
Nunca quitesos adhesivos que levan os libros na parte
inferior do lombo.
Deberás coidar os libros con todo o esmero posible, son moi
caros e moitos títulos xa non están dispoñibles nas librarías.
Trátaos con coidado. Se os teus pais che axudan a
forralos con plástico transparente, contribuirás á súa
conservación.
Cada lector é responsable dos libros que toma en préstamo e
se os deteriora ou perde, deberá repoñelos.
Estes carriños son para depositar os libros que devolvedes
ou xa non utilizades. O vermello é para o
1º ciclo, o verde para o 2º ciclo e o amarelo
para o 3º ciclo.
14.
Para utilizar osordenadores debes
falar coa encargada da biblioteca e
ler atentamente as normas de uso que
están coladas na parede. Temos que
anotarnos nun libro de rexistros con
un ou dous días de antelación para usalos.
O alumnado de 5º e 6º ten a súa dispo-
sición 3 lectores de dvd. O sistema é o
mesmo. Hai un libriño de rexistros.
15.
9. Plan Lector.
Anosa Biblioteca desenrola
varias actividades importantes
cos alumnos:
- “Biblioteca de aula” para
dedicar diariamente un tempo á
lectura e ás practicas de com-
prensión.
- “Mi diario de lectura” co
alumnado de 1º, 2º e 3º ciclo de
Primaria. Cada vez que lean 1 libro
da biblioteca farán un resumo
do mesmo e comentarán se lles
gustou ou non e por que. Os
nen@s do 1º ciclo tamén poderán
facer debuxos alusivos ao tema
dos libros e ás personaxes; eses
debuxos utilizaranse para deco-
16.
10. Buzón deSuxerencias.
A nosa Biblioteca conta cun
buzón de suxerencias a través
do cal podedes facer propostas
sobre a adquisición de fondos,
a organización da Biblioteca ou
o seu funcionamento.
11. A Enfermería.
A nosa Biblioteca conta cunha sección
de enfermería onde os libros máis estra-
gados esperan para ser arranxados se
fora posible.
os
17.
12. A Mascota.
Anosa mascota chámase Libriña e atópase en distitas
dependencias do colexio invitando aos alumn@s a que visiten a
biblioteca. Tamén podemos atopala nos estantes dos armarios,
na contraportada dos diarios de lectura, nos marcapáxinas, no
buzón de suxerencias, adornando a biblioteca ou incluso a entrada
do colexio informándonos de cousas interesantes.