Imos levartede paseo pola túa biblioteca para que a coñezas un pouco mellor e fagas bo uso dela cando o necesites…… Benvido!!
3.
Que podo facerna biblioteca? - Ler e consultar libros, revistas, xornais, dicionarios, atlas, enciclopedias…. Buscar información na Rede. Levar videos e DVDs para a casa. Practicar xogos de mesa. Facer traballos, preparar exames… Asistir a unha sesión de contacontos, e outras moitas cousas. De seguido amosámosche uns exemplos:
Quero un libro.Como atopo o libro que estou buscando? Os libros están ordenados por materias seguindo a CDU (Clasificación Decimal Universal). Dentro de cada andel os libros están ordenados por orde alfabética No seu lombo levan unha etiqueta que é a que che dá a información.
15.
Como están distribuídos?préstamo Narrativa xuvenil en castelá e galega videoteca xogos Ciber- espazo Atlas Bandas deseñadas Xornais e revistas Inglés e Francés Espectáculos Deportes Belas Artes Xeografía e Historia Relixión Literatura en castelá Narrativa en galego Filosofía Medicina e Ciencias Aplicadas Ciencias Naturais Ciencias Sociais Dicionarios Enciclopedias Teatro e poesía en galego
16.
Ir a secciónde narrativa xuvenil en galego. Buscalo por orde alfabética (de arriba abaixo nos andeis) No lombo aparece a información deste xeito: 82.G-3 Este e o número da CDU ALE Estas son as tres primeiras letras do apelido do autor ban Estas son as tres primeiras letras do título, sen artigos ou preposicións. Imaxina que queres ler “ A banda sen futuro” da escritora Marilar Aleixandre. Que hai que facer para atopalo?
17.
82.G-3 RIV lapEsta etiqueta correspondería a un libro de narrativa en galego (82G é a súa CDU). Ao levar o número 3 sabemos que é unha narración ou un conto. Se fose teatro levaría un 2 e se fose poesía levaría un 1.
Como funciona oservizo de préstamo? Podes levar en préstamo libros, videos, Cds e revistas. Para poder levalos é necesario darllos ao profesor ou profesora encargados da Biblioteca para que rexistre o préstamo. Cando os devolvas tamén tes que darllos a quen nese momento se ocupe da biblioteca.
20.
Canto tempo podoter os libros na miña casa? Podes ter os materiais un máximo de 15 días (agás os audiovisuais que só se poden levar 2 días). Pasado ese tempo tes que devolvelos ou renovar o préstamo. Se incumpres reiteradamente os prazos de devolución perderás o dereito a levar materiais en préstamo durante algún tempo. E…..ollo! O deterioro ou perda dos materiais suporá a súa reposición ou abono en metálico.
21.
Como me teñoque comportar? Na biblioteca debemos gardar o maior silencio posible para non molestar as persoas que están lendo ou estudando. Manter a orde é cousa de todos, así que cando marches hai que deixar as cadeiras no seu sitio, as revistas no expositor, os libros enriba da mesa de xestión e os papeis da mesa recollidos.
22.
Aínda hai algunhanorma máis… Non se pode entrar con bebidas ou alimentos na bilioteca. Hai que ter os teléfonos móbiles e os Mp3 e outros aparellos musicais apagados dentro da biblioteca. Os aparellos audivisuais e informáticos deben usarse só para tarefas escolares e deben tratarse con coidado.
23.
…… e algunhaoutra … Hai que cumprir coa devolución oportuna dos materiais tomados en préstamo. E por último, acatar e respectar as instruccións dos encargados da biblioteca. Ten en conta que a biblioteca e de todos e todos temos que contribuír a que sexa un espazo agradable de traballo, estudo ou lecer.
24.
Tamén temos unclub de lectura virtual. En que consiste e como podo participar nel? Participar no blog da biblioteca permitirache incluír as túas opinións e críticas sobre os libros que leas neste curso, intercambiar comentarios cos teus compañeiros, e enterarte de moitas outras cousas que poden interesarche. E…. quen sabe? Ao mellor hai algunha sorpresa a fin de curso para os que decidades facer as vosas aportacións ao club.
25.
Que teño quefacer para usar o club de lectura? O enderezo do noso blog é: http://www.clublecturaelvina.blogspot.com Só tes que pedirlle a clave ao teu titor para poder contribuír coas túas suxestións, críticas e comentarios!!
26.
Esperamos que nontardes en facernos unha visita. E para calquer dúbida que non teñamos disipado con este paseo, sempre podes preguntar as encargadas da biblioteca, que somos: Elena Arellano (Matemáticas) Carmén Farré (Lingua Española) Marisa López (Bibliotecaria) Josefa Rey (Lingua Inglesa) Grazas pola túa atención!!