SlideShare a Scribd company logo
POLOSCREATIVOS
CeipPlurilingüeNº1deTui
Páx.
1. Contextualización do proxecto.................................................................... 2
2. Equipo de dinamización dos Polos Creativos............................................. 3
3. Descrición do proxecto................................................................................. 3
− Organización espacial........................................................................ 4
− Temporalización e proposta organizativa........................................ 5
− Proposta de actividades..................................................................... 7
− Destinatarios e profesorado implicado............................................. 8
4. Análise DAFO.................................................................................................. 9
5. Necesidades e equipamento....................................................................... 10
ÍNDICE
2
POLOSCREATIVOS
Na sociedade actual, caracterizada polos grandes cambios e o acceso inmediato
á información, perde sentido o concepto de ensino como transmisión de
coñecementos e do profesorado como transmisor de información. A sociedade do
coñecemento demanda accións innovadoras que dean resposta aos retos
educativos da actualidade. Por iso, desde o noso centro, estamos na procura de
conseguir unha educación á vangarda, activa e participativa e, sobre todo,
significativa. Trátase de aprender a convivir coa diversidade, desenvolver valores
tales como a tolerancia, a responsabilidade compartida ou respecto, así como de
aprender a traballar en equipo, con iniciativa, autonomía e tomando decisións.
Un dos nosos pilares para conseguir a
educación que queremos é o fomento da
creatividade e do uso das tecnoloxías para
o empoderamento e a participación (TEP). A
infusión das tecnoloxías no noso centro é
evidente e consolídase cada curso escolar
cun dos nosos obxectivos prioritarios: a
creación dun Ecosistema Dixital no que a innovación sexa a peza fundamental para
producir o cambio metodolóxico no que cremos.
O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui é un centro que aposta por unha educación baseada
na creatividade, a tecnoloxía e o pensamento crítico. Exemplo disto é a nosa
participación en diferentes proxectos e programas promovidos pola Consellería
como o proxecto Abalar, E-Dixgal, semana STEAM, a creación dos Espazos Maker,
programa de introdución á robótica, Club de ciencias, Digicraft, etc.
Consideramos que a participación no programa Polos Creativos é o impulso que
necesitamos para continuar no noso camiño cara a inclusión e cara o cambio
metodolóxico que necesita a sociedade actual, fomentando unha educación de
CONTEXTUALIZACIÓN DO PROXECTO
3
calidade coa construción de novos espazos diáfanos, con recursos actuais e
innovadores que nos permitan desenvolver unha aprendizaxe para á vida e para o
futuro do noso alumnado.
O equipo dinamizador dos Polos Creativos no noso centro estará formado por:
− Ana Flores González (coordinadora) – 35573411 R
Especialista en Pedagoxía Terapéutica, coordinadora de robótica e
coordinadora do ámbito STEAM no primeiro ciclo de Educación Primaria e
parella pedagóxica de 2º de Ed.Primaria.
− Nuria Garabal González – 76908845 L
Directora do centro, titora de 5º de Ed. Primaria e coordinadora do ámbito
STEAM no terceiro ciclo de Ed.Primaria.
− Débora Gulín Pérez – 36159727 R
Especialista en Audición e Linguaxe, parella pedagóxica de 6º de Ed.Infantil
e membro da equipa TIC do centro.
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DOS POLOS CREATIVOS
DESCRICIÓN DO PROXECTO
4
A proposta de organización espacial para desenvolver o programa de Polos
Creativos no noso centro comeza por renovar o espazo que ata agora coñecemos
como Aula Dixital cambiando a súa idiosincrasia cara un concepto de espazo
aberto, dixital e acolledor, que permita o fomento da creatividade e a formación
de toda a Comunidade Educativa, sobre todo do noso alumnado, nun contexto de
aprendizaxe activo, competencial e adaptado aos seus intereses e ás súas
potencialidades.
Así mesmo, a nosa proposta inclúe tamén un cambio conceptual de tres pequenas
aulas que se atopan no outro lado do corredor, derrubando tabiques que separan
as aulas (liña descontinua) para formar unha aula con tres espazos de traballo
flexibles e diferenciados:
5
Na seguinte imaxe pódese observar un plano do centro cos espazos aos que se fai
referencia:
En canto a temporalización e proposta organizativa teranse en conta diferentes
aspectos:
− Coordinación do Equipo Dinamizador de Polos Creativos. O equipo directivo
outorgará horas de coordinación dentro do horario lectivo ao profesorado
pertencente ao mesmo, co fin de facilitar a posta en práctica de actividades e
fomentar o uso dos novos espazos en todas as etapas educativas do centro.
− Obradoiros e Ámbitos de Aprendizaxe Inclusiva. Promoveranse, dentro do
horario lectivo, obradoiros puntuais para todos os cursos e aproveitarase a
organización metodolóxica e organizativa que xa se está a levar a cabo no
centro dende fai uns cursos: ensinanza por ámbitos de aprendizaxe.
Esta organización espacial e temporal permítenos proporcionar enfoques
flexibles de aprendizaxe que poden ser personalizados e que se axustan ás novas
metodoloxías e ás necesidades e capacidades individuais, tanto do alumnado
como do profesorado. Con isto conseguimos un paradigma de traballo que
respecta, ante todo, os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).
Non debemos esquecer que a metodoloxía é a ferramenta máis potente que
nos ofrece o currículo para poder atender á diversidade.
6
O desenvolvemento de catro Ámbitos Inclusivos de Aprendizaxe (STEAM, Club
de Letras, CreaVisual e Social-Natural) require, ademais, unha organización
temporal no horario lectivo que deixa atrás a planificación por materias da
ensinanza tradicional. Así pois, dúas veces á semana o noso alumnado
comparte, experimenta, aprende e reflexiona nestes ámbitos, dedicando os
martes e o xoves de cada semana ao traballo nos mesmos. De for ma rotativa,
o alumnado participativa cada dúas semanas nun ámbito diferente, de xeito
que todas as nenas e nenos se converten nos protagonistas de tarefas
interdisciplinares, transversais e globalizadas, deseñadas polo profesorado en
base ao modelo promovido por SEMGAL, e nas que se teñen en conta intereses,
motivacións, talentos e capacidades. Estas tarefas
deséñanse de forma colaborativa e de xeito
coordinador dende 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed.
Primaria, adaptando os contidos e as
competencias ás características propias de cada
curso escolar.
− Actividades fóra do horario lectivo. Impulsaranse obradoiros, charlas
informativas e formacións para toda a Comunidade Educativa (alumnado,
profesorado, familias e centros da contorna) aproveitando o capital social do
centro e invitando a expertos de distinta índole. Algúns exemplos poden ser: o
Club de Ciencias, talleres de iniciación á robótica, iniciación nas Prácticas
Restaurativas, obradoiros de edición de vídeo e pintura, etc.
7
Afondando agora na proposta de actividades e tendo en conta as ideas
formuladas ata o momento, nos Polos Creativos promoveranse accións destinadas
á creación de material inclusivo (polo propio alumnado), proxección e produción
de pezas 3D, descubrimento e deseño de aplicacións educativas, xogos, traballos
con material de audio e vídeo... e tamén actividades de promoción e impulso das
competencias ALFIN/AMI (alfabetización informacional, mediática e dixital).
Asimesmo, apostamos tamén pola continuidade do Congreso Educativo que se
celebra este ano no centro, na súa segunda edición, onde o alumnado se converte
en experto contando ás familias as aprendizaxes de todo o curso, que fixeron, como
e para que. Sen embargo, o éxito e o resultado enriquecedor do mesmo, ábrenos
o desexo de espallar o Congreso a un público máis amplo, colaborando co
Concello e con outros centros da Provincia, e impulsar así una experiencia aberta
a toda a vila de Tui e non só a Comunidade Educativa do noso centro escolar.
Ademais, vencelladas aos Ámbitos de Aprendizaxe Inclusiva, propoñemos:
− Unha tarefa coordinada, principalmente, desde os ámbitos STEAM e CreaVisual,
sobre a temática do Cosplay, unha actividade que consiste en disfrazarse dunha
personaxe de ficción, xeralmente dun cómic ou dunha película.
− A elaboración dun programa de televisión coordinado polo ámbito CreaVisual
e o Club de Letras.
− E desde o ámbito Natural-Social impulsarase o deseño e construción dun sistema
de rego que se active con enerxías renovables, e creación dunha estación
meteorolóxica que funcione de maneira real; todo elo coa axuda, colaboración
e participación das familias, da Comisión do Horto Escolar (que xa hai creada
no centro) e de diferentes expertos da contorna.
8
Con todo isto, podemos agrupar os principios pedagóxicos polos que se rexen as
nosas propostas nas seguintes premisas:
− Promover un espazo que fomente a creatividade, o pensamento crítico, a
curiosidade e unha aprendizaxe competencial e adaptada ás necesidades da
sociedade actual.
− Fomentar a motivación do alumnado e do profesorado partindo dos seus
intereses pero tamén ampliando os mesmos.
− Optimizar e potenciar os talentos da nosa Comunidade Educativa.
− Facilitar o acceso a recursos innovadores a toda a comunidade educativa.
− Producir un cambio metodolóxico real e significativo para o futuro do noso
alumnado.
− Construír comunidade e xerar capital social.
Por último, en referencia aos destinatarios do programa e ao profesorado implicado,
a nosa proposta de Polos Creativos vai dirixida á creación dun espazo aberto
principalmente á todo o alumnado, pero tamén ás familias, ó profesorado e a outros
centros educativos do Concello, que poderán participar nas actividades e tarefas
que se leven a cabo desde Polos Creativos sempre o que desexen.
De igual xeito, o equipo dinamizador será o encargado de promover o proxecto,
mais seguindo a cultura de centro, na que todo o profesorado pertencente ao
claustro debe implicarse nos proxectos e programas do mesmo, como ocorre cos
Programas de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), os Polos Educativos
serán un proxecto de, por e para todos. Por iso, a participación neste programa,
leva consigo a implicación das mestras e titoras de Ed. Infantil, titoras de Ed. Primaria,
do equipo directivo e de todas as persoas especialistas do centro (PTs, ALs, mestra
de música, mestre de Ed. Física, mestra de inglés...), xa que como di un dos lemas
do centro “xuntos somos máis fortes”. Desta maneira conseguimos traballar de
forma cooperativa entre todas e todos, reagrupando ideas e propostas que parten
dos diferentes órganos de coordinación do centro: biblioteca, radio, robótica,
convivencia, dinamización da lingua galega, actividades complementarias e
extraescolares, persoas coordinadoras de cada ciclo dos catro Ámbitos de
Aprendizaxe Inclusiva (STEAM, Club de Letras, CreaVisual e Social-Natural), etc.
9
FACTORESINTERNOS
FORTALEZAS DEBILIDADES
Uso de metodoloxías activas e
participativas por parte de todo o
profesorado.
Cultura de centro moi definida.
Proxecto Educativo sólido e real.
Espazos flexibles á disposición da
metodoloxía.
Gran porcentaxe do profesorado
comprometido e implicado no
proxecto de centro: formación e
innovación.
Aprendizaxe por Ámbitos.
Cultura colaborativa no centro.
Moi bo clima entre o profesorado.
Infusión curricular da aprendizaxe
cooperativa e das rutinas e destrezas
de pensamento en todos os cursos.
Alta presenza da tecnoloxía en todos os
aspectos do centro.
Boa participación nos múltiples PFPP.
Fomento de capacidades como o
pensamento crítico, resolución de
problemas, traballo en equipo e
creatividade.
Aulas de traballos pequenas.
Ratio de alumnado moi alta.
Ordenadores de uso do profesorado
obsoletos.
Escaso espazo de almacenaxe no
centro.
Carga de traballo do profesorado
derivada da súa implicación nos
proxectos.
Moita diversidade de alumnado en
todos os cursos.
ANÁLISE DAFO
Utilizarasfortalezasparamaximizare
aproveitarasoportunidades,eelaborar
estratexiasparaminimizarasdebilidadese
neutralizarasameazas.
10
Equipo de profesorado bastante
estable.
Principios cooperativos moi arraigados
en toda a Comunidade Educativa
(alumando, profesorado e familias).
FACTORESEXTERNOS
OPORTUNIDADES AMEAZAS
ANPA activa e colaborativa.
Familias moi implicadas na vida escolar.
Implicación do Concello na vida
escolar a través do Consello dos Nenos
do centro (asemblea formada por
representantes de alumnado de todas
as aulas
Porcentaxe alto de familias con boa
acceso a recursos.
Situación xeográfica do centro proclive
ao desenvolvemento de actividades
pola contorna natural e cultural.
Boa conexión a internet e rede Wifi.
Boa proxección e difusión dende a
páxina web e as redes sociais do
centro.
Pouca participación en proxectos
colaborativos cos centros da contorna.
Deseño arquitectónico do centro
pouco favorecedor (antigo, corredores
illados, humidade...).
Aulas e corredores pouco luminosos.
Medo e inseguridade dalgunhas
familias ante as metodoloxías
innovadoras que se levan a cabo no
centro.
Ningunha zona verde no recinto
escolar.
Para levar a cabo a nosa proposta e dar resposta ás necesidades do centro, o
material que solicitamos é o seguinte:
MESA MESTRE PORTÁTIL CON TALLO 3
MESA ABATIBLE TALLA 2 2
MESA ABATIBLE TALLA 4 4
CADEIRA APILABLE T-2 -
NECESIDADES E EQUIPAMENTO
11
CADEIRA APILABLE T-4 -
MESA RECTANGUALAR 4
MESA POLIGONAL T-2 -
MESA POLIGONAL T-4 6
TALLO CON RESPALDO -
CADEIRA PA CON RODAS 12
ENCERADO BRANCO MAGNÉTICO 2
ANDEIS METÁLICOS -
ARMARIO METÁLICO ALTO 1
ARMARIO PORTAS BAIXO -
ARMARIOO ANDEIS/CUBETAS 4
ASENTO COLCHONETA 1
GRADA MOBIL 2
MESA ORDENADOR PRI -
MESA ORDENADOR SEC -
BANCO DE TRABALLO CON PANEL 4
CARRO PORTÁTIL FERRAMENTA -
MONITOR DE ALTA DEFINICIÓN 3
VIDEOCÁMARA -
CÁMARA FOTOGRÁFICA COMAPCTA CON TRÍPODE -
SISTEMA DE GRAVACIÓN DE AUDIO 1:
- SISTEMA DE GRAVACIÓN DE AUDIO + 6 AURICULARES
-
EQUIPO DE ILUMINACIÓN
- EQUIPO DE ILUMINACIÓN + SOPORTE PARA FONDOS/CROMA PORTATIL
1
CÁMARA DIXITAL DE FOTO E VÍDEO CON TRÍPODE E 2 GIMBAL PARA MÓBIL -
EQUIPO DE AUDIO 2:
- CONXUNTO DE SOPORTES + EQUIPO DE RADIO
1
GAFAS RV 1
PANTALLA/TABOLEIRO INTERACTIVO DE 75” 1
CONXUNTO DE 6 LAPIS 3D 1
KIT DE ELECTRÓNICA BÁSICOS -
12
KITS DE CIRCUITOS DE PAPEL -
XOGOS DE CONSTRUCIÓN
- ENCAIXABLES DE MADEIRA E MAGNÉTICOS
-
CONXUNTO DE KITS DE E-TEXTIS OU WEAREABLES -
MÁQUINA DE COSER -
MÁQUINA DE CHAPAS E PINS -
EQUIPO DE PEQUENA MAQUINARIA E FERRAMENTA
- TALADRO DE BATERIA
- SISTEMA DE ASPIRACIÓN SEMIPROFESIONAL
- FERRAMENTAS
- PISTOLA DE PEGAMENTO TERMOFUSIBLES
- PLACA DE INDUCIÓN
- SISTEMA DE PROTECIÓN EPI
-
IMPRESORA MULTIFUNCIÓN A3 -
EQUIPO DE PLASTIFICADO E CORTE:
- PLOTTER DE CORTE PARA MANUALIDADES
- PLASTIFICADORA
-
EQ. DE FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS:
- PISTOLA DE AIRE QUENTE
- TESOIRAS DE ELECTRICISTAS
- COITELOS DE PRECISIÓN
- SET DE TALADROS
- LIXADORA DELTA
- SERRUCHO
- CALADORA
-
CORTADORA LÁSER -
CONXUNTO TABLETAS E ACCESORIOS:
- TABLETAS DIXITAIS
- MICROFONO COMPATIBLE
- SOPORTE UNIVERSAL
-
IMPRESORA 3D -
KITS ELECTRÓNICA II
- KITS DE APRENDIZAXE
- KITS DE SIMULACIÓNDE TECLADO E RATO DE ORDENADOR
- KITS MICROBIT CON SENSORES
-
ESCANER 3D -
CARRO DE CARGA MÓBIL -
EQUIPO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN SEC -
EQUIPO DE ROBÓTICA IA:
- KITS DE ROBÓTICA PAR ALUMNADO DE 7 A 9 ANOS
- KITS DE ROBÓTICA PARA ALUMANDO DE 10 A 12 ANOS
- ROBOTS DE CHAN AVANZADOS
-
13

More Related Content

What's hot

Unidad didactica los animales
Unidad didactica   los animalesUnidad didactica   los animales
Unidad didactica los animales
ResidentesElpiso
 
Secuencia selva terminada
Secuencia selva terminadaSecuencia selva terminada
Secuencia selva terminadaEliaprincess
 
Maximas San Martin
Maximas San MartinMaximas San Martin
Maximas San Martin
Analía López Iglesias
 
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
Mary Elena
 
Practicum I
Practicum IPracticum I
Practicum I
Gem
 
la PDI en Infantil
la PDI en Infantilla PDI en Infantil
la PDI en Infantil
Salomé Recio Caride
 
Unidad didáctica. Animales de la granja.
Unidad didáctica. Animales de la granja.Unidad didáctica. Animales de la granja.
Unidad didáctica. Animales de la granja.Irene Garcia Diaz
 
Memoria de prácticas
Memoria de prácticasMemoria de prácticas
Memoria de prácticas
Cesar Bernal Bravo
 
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
Gabinete Psicopedagógico Kaposkly
 
Feria Ciencias 4º grado
Feria Ciencias 4º gradoFeria Ciencias 4º grado
Feria Ciencias 4º grado
martarubino
 
Proyecto El Supermercado
Proyecto El SupermercadoProyecto El Supermercado
Proyecto El Supermercado
SuperPT
 
Secuencia historieta
Secuencia historietaSecuencia historieta
Secuencia historietamarinaromillo
 
Proyecto el mes de la tradición-
Proyecto  el mes de la tradición-Proyecto  el mes de la tradición-
Proyecto el mes de la tradición-
nelita77
 
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
Lucía Seijas
 
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea AulestiarteProyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
Andrea_Aulestiarte
 
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregidoProyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
luciajazmin
 
Rutina pienso me interesa- investigo
Rutina pienso me interesa- investigoRutina pienso me interesa- investigo
Rutina pienso me interesa- investigo
INTEF
 
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdfPROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
monicagrosso7
 
Proyecto direccion
Proyecto direccion Proyecto direccion
Proyecto direccion
raqueljimenezpinilla
 

What's hot (20)

Unidad didactica los animales
Unidad didactica   los animalesUnidad didactica   los animales
Unidad didactica los animales
 
Secuencia selva terminada
Secuencia selva terminadaSecuencia selva terminada
Secuencia selva terminada
 
Maximas San Martin
Maximas San MartinMaximas San Martin
Maximas San Martin
 
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
Adaptaciones curriculares (mapa conceptual)
 
Practicum I
Practicum IPracticum I
Practicum I
 
Un invierno movidito!!
Un invierno movidito!!Un invierno movidito!!
Un invierno movidito!!
 
la PDI en Infantil
la PDI en Infantilla PDI en Infantil
la PDI en Infantil
 
Unidad didáctica. Animales de la granja.
Unidad didáctica. Animales de la granja.Unidad didáctica. Animales de la granja.
Unidad didáctica. Animales de la granja.
 
Memoria de prácticas
Memoria de prácticasMemoria de prácticas
Memoria de prácticas
 
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
Programación didáctica anual globalizada para Educación Primaria (Andalucía)
 
Feria Ciencias 4º grado
Feria Ciencias 4º gradoFeria Ciencias 4º grado
Feria Ciencias 4º grado
 
Proyecto El Supermercado
Proyecto El SupermercadoProyecto El Supermercado
Proyecto El Supermercado
 
Secuencia historieta
Secuencia historietaSecuencia historieta
Secuencia historieta
 
Proyecto el mes de la tradición-
Proyecto  el mes de la tradición-Proyecto  el mes de la tradición-
Proyecto el mes de la tradición-
 
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
Educacion inclusiva - Modulo 1 tarea 3
 
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea AulestiarteProyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
Proyecto Arte para Vincularse - Andrea Aulestiarte
 
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregidoProyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
Proyecto dia del estudiante zalazar martin corregido
 
Rutina pienso me interesa- investigo
Rutina pienso me interesa- investigoRutina pienso me interesa- investigo
Rutina pienso me interesa- investigo
 
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdfPROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
PROYECTO- SIGUIENDO A UN AUTOR. ALFABETIZACIÓN F.pdf
 
Proyecto direccion
Proyecto direccion Proyecto direccion
Proyecto direccion
 

Similar to POLOS CREATIVOS.pdf

Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
Javier García
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
CEIPN1TUI
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 word
ceipirmansvillar
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
IESVALADARES1
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Maria Lemos Cerqueira
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovomariapousa
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovomariapousa
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
CEIPN1TUI
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
infantilcouceiro
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
opendiscoveryspace
 
Micromovies fases
Micromovies fasesMicromovies fases
Micromovies fasessatelite1
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
Susana Arins
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalar
eclogita
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Encarna Lago
 

Similar to POLOS CREATIVOS.pdf (20)

Inspira ti cs
Inspira ti csInspira ti cs
Inspira ti cs
 
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdfPlan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
Plan Dixital N1 Xuño 22 (con anexos) V2.pdf
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Pfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 wordPfac formación básica abalar-12-13 word
Pfac formación básica abalar-12-13 word
 
Proxectos ies valadares
Proxectos ies valadaresProxectos ies valadares
Proxectos ies valadares
 
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas Proxecto  a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
Proxecto a arte rupestre e a súa aplicación nas aulas
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
As tics en barrionovo
As tics en barrionovoAs tics en barrionovo
As tics en barrionovo
 
Oie
OieOie
Oie
 
Oie
OieOie
Oie
 
PLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdfPLAN DIXITAL.pdf
PLAN DIXITAL.pdf
 
Proxecto abalar
Proxecto abalarProxecto abalar
Proxecto abalar
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
 
Micromovies fases
Micromovies fasesMicromovies fases
Micromovies fases
 
Plan lector 2015
Plan lector 2015Plan lector 2015
Plan lector 2015
 
Argalhando competencias
Argalhando competenciasArgalhando competencias
Argalhando competencias
 
Presentación Abalar
Presentación AbalarPresentación Abalar
Presentación Abalar
 
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
Presentación rede museisitica Lugo museos sociais educación (1)
 

More from CEIPN1TUI

Proxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfProxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdf
CEIPN1TUI
 
PROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfPROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdf
CEIPN1TUI
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
CEIPN1TUI
 
PXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfPXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdf
CEIPN1TUI
 
SETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfSETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdf
CEIPN1TUI
 
Menu Abril.pdf
Menu Abril.pdfMenu Abril.pdf
Menu Abril.pdf
CEIPN1TUI
 
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfPROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
CEIPN1TUI
 
MENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOMENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZO
CEIPN1TUI
 
MENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROMENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIRO
CEIPN1TUI
 
MENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROMENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIRO
CEIPN1TUI
 
MENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROMENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBRO
CEIPN1TUI
 
MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021
CEIPN1TUI
 
MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021
CEIPN1TUI
 

More from CEIPN1TUI (13)

Proxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdfProxecto educativo escaneado.pdf
Proxecto educativo escaneado.pdf
 
PROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdfPROXECTO LECTOR 1.pdf
PROXECTO LECTOR 1.pdf
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
PXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdfPXA 2022-23-2.pdf
PXA 2022-23-2.pdf
 
SETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdfSETEMBRO BASAL.pdf
SETEMBRO BASAL.pdf
 
Menu Abril.pdf
Menu Abril.pdfMenu Abril.pdf
Menu Abril.pdf
 
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdfPROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
PROGRAMACIONES CEIP Nº1 TUI.pdf
 
MENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZOMENÚ DE MARZO
MENÚ DE MARZO
 
MENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIROMENÚ DE FEBREIRO
MENÚ DE FEBREIRO
 
MENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIROMENÚ DE XANEIRO
MENÚ DE XANEIRO
 
MENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBROMENÚ DE DECEMBRO
MENÚ DE DECEMBRO
 
MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021MENÚ NOVEMBRO 2021
MENÚ NOVEMBRO 2021
 
MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021MENÚ OUTUBRO 2021
MENÚ OUTUBRO 2021
 

POLOS CREATIVOS.pdf

  • 2. Páx. 1. Contextualización do proxecto.................................................................... 2 2. Equipo de dinamización dos Polos Creativos............................................. 3 3. Descrición do proxecto................................................................................. 3 − Organización espacial........................................................................ 4 − Temporalización e proposta organizativa........................................ 5 − Proposta de actividades..................................................................... 7 − Destinatarios e profesorado implicado............................................. 8 4. Análise DAFO.................................................................................................. 9 5. Necesidades e equipamento....................................................................... 10 ÍNDICE
  • 3. 2 POLOSCREATIVOS Na sociedade actual, caracterizada polos grandes cambios e o acceso inmediato á información, perde sentido o concepto de ensino como transmisión de coñecementos e do profesorado como transmisor de información. A sociedade do coñecemento demanda accións innovadoras que dean resposta aos retos educativos da actualidade. Por iso, desde o noso centro, estamos na procura de conseguir unha educación á vangarda, activa e participativa e, sobre todo, significativa. Trátase de aprender a convivir coa diversidade, desenvolver valores tales como a tolerancia, a responsabilidade compartida ou respecto, así como de aprender a traballar en equipo, con iniciativa, autonomía e tomando decisións. Un dos nosos pilares para conseguir a educación que queremos é o fomento da creatividade e do uso das tecnoloxías para o empoderamento e a participación (TEP). A infusión das tecnoloxías no noso centro é evidente e consolídase cada curso escolar cun dos nosos obxectivos prioritarios: a creación dun Ecosistema Dixital no que a innovación sexa a peza fundamental para producir o cambio metodolóxico no que cremos. O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui é un centro que aposta por unha educación baseada na creatividade, a tecnoloxía e o pensamento crítico. Exemplo disto é a nosa participación en diferentes proxectos e programas promovidos pola Consellería como o proxecto Abalar, E-Dixgal, semana STEAM, a creación dos Espazos Maker, programa de introdución á robótica, Club de ciencias, Digicraft, etc. Consideramos que a participación no programa Polos Creativos é o impulso que necesitamos para continuar no noso camiño cara a inclusión e cara o cambio metodolóxico que necesita a sociedade actual, fomentando unha educación de CONTEXTUALIZACIÓN DO PROXECTO
  • 4. 3 calidade coa construción de novos espazos diáfanos, con recursos actuais e innovadores que nos permitan desenvolver unha aprendizaxe para á vida e para o futuro do noso alumnado. O equipo dinamizador dos Polos Creativos no noso centro estará formado por: − Ana Flores González (coordinadora) – 35573411 R Especialista en Pedagoxía Terapéutica, coordinadora de robótica e coordinadora do ámbito STEAM no primeiro ciclo de Educación Primaria e parella pedagóxica de 2º de Ed.Primaria. − Nuria Garabal González – 76908845 L Directora do centro, titora de 5º de Ed. Primaria e coordinadora do ámbito STEAM no terceiro ciclo de Ed.Primaria. − Débora Gulín Pérez – 36159727 R Especialista en Audición e Linguaxe, parella pedagóxica de 6º de Ed.Infantil e membro da equipa TIC do centro. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DOS POLOS CREATIVOS DESCRICIÓN DO PROXECTO
  • 5. 4 A proposta de organización espacial para desenvolver o programa de Polos Creativos no noso centro comeza por renovar o espazo que ata agora coñecemos como Aula Dixital cambiando a súa idiosincrasia cara un concepto de espazo aberto, dixital e acolledor, que permita o fomento da creatividade e a formación de toda a Comunidade Educativa, sobre todo do noso alumnado, nun contexto de aprendizaxe activo, competencial e adaptado aos seus intereses e ás súas potencialidades. Así mesmo, a nosa proposta inclúe tamén un cambio conceptual de tres pequenas aulas que se atopan no outro lado do corredor, derrubando tabiques que separan as aulas (liña descontinua) para formar unha aula con tres espazos de traballo flexibles e diferenciados:
  • 6. 5 Na seguinte imaxe pódese observar un plano do centro cos espazos aos que se fai referencia: En canto a temporalización e proposta organizativa teranse en conta diferentes aspectos: − Coordinación do Equipo Dinamizador de Polos Creativos. O equipo directivo outorgará horas de coordinación dentro do horario lectivo ao profesorado pertencente ao mesmo, co fin de facilitar a posta en práctica de actividades e fomentar o uso dos novos espazos en todas as etapas educativas do centro. − Obradoiros e Ámbitos de Aprendizaxe Inclusiva. Promoveranse, dentro do horario lectivo, obradoiros puntuais para todos os cursos e aproveitarase a organización metodolóxica e organizativa que xa se está a levar a cabo no centro dende fai uns cursos: ensinanza por ámbitos de aprendizaxe. Esta organización espacial e temporal permítenos proporcionar enfoques flexibles de aprendizaxe que poden ser personalizados e que se axustan ás novas metodoloxías e ás necesidades e capacidades individuais, tanto do alumnado como do profesorado. Con isto conseguimos un paradigma de traballo que respecta, ante todo, os principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA). Non debemos esquecer que a metodoloxía é a ferramenta máis potente que nos ofrece o currículo para poder atender á diversidade.
  • 7. 6 O desenvolvemento de catro Ámbitos Inclusivos de Aprendizaxe (STEAM, Club de Letras, CreaVisual e Social-Natural) require, ademais, unha organización temporal no horario lectivo que deixa atrás a planificación por materias da ensinanza tradicional. Así pois, dúas veces á semana o noso alumnado comparte, experimenta, aprende e reflexiona nestes ámbitos, dedicando os martes e o xoves de cada semana ao traballo nos mesmos. De for ma rotativa, o alumnado participativa cada dúas semanas nun ámbito diferente, de xeito que todas as nenas e nenos se converten nos protagonistas de tarefas interdisciplinares, transversais e globalizadas, deseñadas polo profesorado en base ao modelo promovido por SEMGAL, e nas que se teñen en conta intereses, motivacións, talentos e capacidades. Estas tarefas deséñanse de forma colaborativa e de xeito coordinador dende 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria, adaptando os contidos e as competencias ás características propias de cada curso escolar. − Actividades fóra do horario lectivo. Impulsaranse obradoiros, charlas informativas e formacións para toda a Comunidade Educativa (alumnado, profesorado, familias e centros da contorna) aproveitando o capital social do centro e invitando a expertos de distinta índole. Algúns exemplos poden ser: o Club de Ciencias, talleres de iniciación á robótica, iniciación nas Prácticas Restaurativas, obradoiros de edición de vídeo e pintura, etc.
  • 8. 7 Afondando agora na proposta de actividades e tendo en conta as ideas formuladas ata o momento, nos Polos Creativos promoveranse accións destinadas á creación de material inclusivo (polo propio alumnado), proxección e produción de pezas 3D, descubrimento e deseño de aplicacións educativas, xogos, traballos con material de audio e vídeo... e tamén actividades de promoción e impulso das competencias ALFIN/AMI (alfabetización informacional, mediática e dixital). Asimesmo, apostamos tamén pola continuidade do Congreso Educativo que se celebra este ano no centro, na súa segunda edición, onde o alumnado se converte en experto contando ás familias as aprendizaxes de todo o curso, que fixeron, como e para que. Sen embargo, o éxito e o resultado enriquecedor do mesmo, ábrenos o desexo de espallar o Congreso a un público máis amplo, colaborando co Concello e con outros centros da Provincia, e impulsar así una experiencia aberta a toda a vila de Tui e non só a Comunidade Educativa do noso centro escolar. Ademais, vencelladas aos Ámbitos de Aprendizaxe Inclusiva, propoñemos: − Unha tarefa coordinada, principalmente, desde os ámbitos STEAM e CreaVisual, sobre a temática do Cosplay, unha actividade que consiste en disfrazarse dunha personaxe de ficción, xeralmente dun cómic ou dunha película. − A elaboración dun programa de televisión coordinado polo ámbito CreaVisual e o Club de Letras. − E desde o ámbito Natural-Social impulsarase o deseño e construción dun sistema de rego que se active con enerxías renovables, e creación dunha estación meteorolóxica que funcione de maneira real; todo elo coa axuda, colaboración e participación das familias, da Comisión do Horto Escolar (que xa hai creada no centro) e de diferentes expertos da contorna.
  • 9. 8 Con todo isto, podemos agrupar os principios pedagóxicos polos que se rexen as nosas propostas nas seguintes premisas: − Promover un espazo que fomente a creatividade, o pensamento crítico, a curiosidade e unha aprendizaxe competencial e adaptada ás necesidades da sociedade actual. − Fomentar a motivación do alumnado e do profesorado partindo dos seus intereses pero tamén ampliando os mesmos. − Optimizar e potenciar os talentos da nosa Comunidade Educativa. − Facilitar o acceso a recursos innovadores a toda a comunidade educativa. − Producir un cambio metodolóxico real e significativo para o futuro do noso alumnado. − Construír comunidade e xerar capital social. Por último, en referencia aos destinatarios do programa e ao profesorado implicado, a nosa proposta de Polos Creativos vai dirixida á creación dun espazo aberto principalmente á todo o alumnado, pero tamén ás familias, ó profesorado e a outros centros educativos do Concello, que poderán participar nas actividades e tarefas que se leven a cabo desde Polos Creativos sempre o que desexen. De igual xeito, o equipo dinamizador será o encargado de promover o proxecto, mais seguindo a cultura de centro, na que todo o profesorado pertencente ao claustro debe implicarse nos proxectos e programas do mesmo, como ocorre cos Programas de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), os Polos Educativos serán un proxecto de, por e para todos. Por iso, a participación neste programa, leva consigo a implicación das mestras e titoras de Ed. Infantil, titoras de Ed. Primaria, do equipo directivo e de todas as persoas especialistas do centro (PTs, ALs, mestra de música, mestre de Ed. Física, mestra de inglés...), xa que como di un dos lemas do centro “xuntos somos máis fortes”. Desta maneira conseguimos traballar de forma cooperativa entre todas e todos, reagrupando ideas e propostas que parten dos diferentes órganos de coordinación do centro: biblioteca, radio, robótica, convivencia, dinamización da lingua galega, actividades complementarias e extraescolares, persoas coordinadoras de cada ciclo dos catro Ámbitos de Aprendizaxe Inclusiva (STEAM, Club de Letras, CreaVisual e Social-Natural), etc.
  • 10. 9 FACTORESINTERNOS FORTALEZAS DEBILIDADES Uso de metodoloxías activas e participativas por parte de todo o profesorado. Cultura de centro moi definida. Proxecto Educativo sólido e real. Espazos flexibles á disposición da metodoloxía. Gran porcentaxe do profesorado comprometido e implicado no proxecto de centro: formación e innovación. Aprendizaxe por Ámbitos. Cultura colaborativa no centro. Moi bo clima entre o profesorado. Infusión curricular da aprendizaxe cooperativa e das rutinas e destrezas de pensamento en todos os cursos. Alta presenza da tecnoloxía en todos os aspectos do centro. Boa participación nos múltiples PFPP. Fomento de capacidades como o pensamento crítico, resolución de problemas, traballo en equipo e creatividade. Aulas de traballos pequenas. Ratio de alumnado moi alta. Ordenadores de uso do profesorado obsoletos. Escaso espazo de almacenaxe no centro. Carga de traballo do profesorado derivada da súa implicación nos proxectos. Moita diversidade de alumnado en todos os cursos. ANÁLISE DAFO Utilizarasfortalezasparamaximizare aproveitarasoportunidades,eelaborar estratexiasparaminimizarasdebilidadese neutralizarasameazas.
  • 11. 10 Equipo de profesorado bastante estable. Principios cooperativos moi arraigados en toda a Comunidade Educativa (alumando, profesorado e familias). FACTORESEXTERNOS OPORTUNIDADES AMEAZAS ANPA activa e colaborativa. Familias moi implicadas na vida escolar. Implicación do Concello na vida escolar a través do Consello dos Nenos do centro (asemblea formada por representantes de alumnado de todas as aulas Porcentaxe alto de familias con boa acceso a recursos. Situación xeográfica do centro proclive ao desenvolvemento de actividades pola contorna natural e cultural. Boa conexión a internet e rede Wifi. Boa proxección e difusión dende a páxina web e as redes sociais do centro. Pouca participación en proxectos colaborativos cos centros da contorna. Deseño arquitectónico do centro pouco favorecedor (antigo, corredores illados, humidade...). Aulas e corredores pouco luminosos. Medo e inseguridade dalgunhas familias ante as metodoloxías innovadoras que se levan a cabo no centro. Ningunha zona verde no recinto escolar. Para levar a cabo a nosa proposta e dar resposta ás necesidades do centro, o material que solicitamos é o seguinte: MESA MESTRE PORTÁTIL CON TALLO 3 MESA ABATIBLE TALLA 2 2 MESA ABATIBLE TALLA 4 4 CADEIRA APILABLE T-2 - NECESIDADES E EQUIPAMENTO
  • 12. 11 CADEIRA APILABLE T-4 - MESA RECTANGUALAR 4 MESA POLIGONAL T-2 - MESA POLIGONAL T-4 6 TALLO CON RESPALDO - CADEIRA PA CON RODAS 12 ENCERADO BRANCO MAGNÉTICO 2 ANDEIS METÁLICOS - ARMARIO METÁLICO ALTO 1 ARMARIO PORTAS BAIXO - ARMARIOO ANDEIS/CUBETAS 4 ASENTO COLCHONETA 1 GRADA MOBIL 2 MESA ORDENADOR PRI - MESA ORDENADOR SEC - BANCO DE TRABALLO CON PANEL 4 CARRO PORTÁTIL FERRAMENTA - MONITOR DE ALTA DEFINICIÓN 3 VIDEOCÁMARA - CÁMARA FOTOGRÁFICA COMAPCTA CON TRÍPODE - SISTEMA DE GRAVACIÓN DE AUDIO 1: - SISTEMA DE GRAVACIÓN DE AUDIO + 6 AURICULARES - EQUIPO DE ILUMINACIÓN - EQUIPO DE ILUMINACIÓN + SOPORTE PARA FONDOS/CROMA PORTATIL 1 CÁMARA DIXITAL DE FOTO E VÍDEO CON TRÍPODE E 2 GIMBAL PARA MÓBIL - EQUIPO DE AUDIO 2: - CONXUNTO DE SOPORTES + EQUIPO DE RADIO 1 GAFAS RV 1 PANTALLA/TABOLEIRO INTERACTIVO DE 75” 1 CONXUNTO DE 6 LAPIS 3D 1 KIT DE ELECTRÓNICA BÁSICOS -
  • 13. 12 KITS DE CIRCUITOS DE PAPEL - XOGOS DE CONSTRUCIÓN - ENCAIXABLES DE MADEIRA E MAGNÉTICOS - CONXUNTO DE KITS DE E-TEXTIS OU WEAREABLES - MÁQUINA DE COSER - MÁQUINA DE CHAPAS E PINS - EQUIPO DE PEQUENA MAQUINARIA E FERRAMENTA - TALADRO DE BATERIA - SISTEMA DE ASPIRACIÓN SEMIPROFESIONAL - FERRAMENTAS - PISTOLA DE PEGAMENTO TERMOFUSIBLES - PLACA DE INDUCIÓN - SISTEMA DE PROTECIÓN EPI - IMPRESORA MULTIFUNCIÓN A3 - EQUIPO DE PLASTIFICADO E CORTE: - PLOTTER DE CORTE PARA MANUALIDADES - PLASTIFICADORA - EQ. DE FERRAMENTAS COMPLEMENTARIAS: - PISTOLA DE AIRE QUENTE - TESOIRAS DE ELECTRICISTAS - COITELOS DE PRECISIÓN - SET DE TALADROS - LIXADORA DELTA - SERRUCHO - CALADORA - CORTADORA LÁSER - CONXUNTO TABLETAS E ACCESORIOS: - TABLETAS DIXITAIS - MICROFONO COMPATIBLE - SOPORTE UNIVERSAL - IMPRESORA 3D - KITS ELECTRÓNICA II - KITS DE APRENDIZAXE - KITS DE SIMULACIÓNDE TECLADO E RATO DE ORDENADOR - KITS MICROBIT CON SENSORES - ESCANER 3D - CARRO DE CARGA MÓBIL - EQUIPO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN SEC - EQUIPO DE ROBÓTICA IA: - KITS DE ROBÓTICA PAR ALUMNADO DE 7 A 9 ANOS - KITS DE ROBÓTICA PARA ALUMANDO DE 10 A 12 ANOS - ROBOTS DE CHAN AVANZADOS -
  • 14. 13