Ramón Cabanillas (poesíacívica)
A poesía cívica amósase máis nidiamente nos seus tres
primeiros libros. Cabanillas recolle o facho prendido por
Curros para crear unha poesía comprometida co agrarismo e o
nacionalismo das Irmandades da Fala. Aparece nela unha
exaltación da aldea fronte á cidade, unha idea de Galicia como
unidade colectiva e unha chamada á rebelión.
2.
Ramón Cabanillas (poesíaintimista)
A poesía intimista lembra a Rosalía nalgúns aspectos. O
sentimento amoroso e a conmoción ante a paisaxe son
protagonistas destas pezas, recollidas sobre todo en A
rosa de cen follas.
3.
Ramón Cabanillas (poesíacostumista)
A poesía costumista presenta matices humorísticos ou
irónicos, así como novidades formais de carácter modernista.