Iván busca o significado do vocabulario que aparece en "O Último Fidalgo" de Manuel Curros Enríquez e mide os versos do poema. Ademáis fai un debuxo do mesmo.
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
POEMA DE CURROS ENRÍQUEZ
1. POEMA “AIRES DA MIÑA TERRA” DE M. CURROS ENRÍQUEZ
Neste poema hai unhas palabras subraiadas en cor vermella que son as que non existen coa mesma
normativa ortográfica que hai hoxe en día. As palabras subraiadas e máis o seu signifado son:
Érmo:
1-. Sen habitantes ou con moitos menos dos que tiña (lugar).
2-. Terreo sen cultivar.
3-. Lugar deshabitado e sen cultivar.
Saídos:
1-. Participio do verbo saír.
2-. Animal en celo.
3-. Acción de saír e momento no que se realiza esta acción.
Trabes:
1-. Madeiro groso e longo que se coloca horizontalmente para soster o piso ou o teito dun
edificio.
2-. Viga de calquera outro material que ten a mesma función.
Lindeiros:
1-. Propiedade que linda con outra.
2-. Franxa de terra sen cultivar que serve de liña de separación entre dúas leiras de distinto
propietario.
3-. Prado de secaño a onde se leva o gando a pacer, a alindalo.
Rinchar:
1-. Emitir a voz do cabalo.
2-. Producir un son agudo, áspero e desagradable.
3-. Facer que algo produza un ruído característico ao rozaren uns nos outros (dentes).
Corredor:
1-. Animal, en particular o ave, que ten aptitudes para correr.
2-. Persoa que participa nunha carreira deportiva.
3-. Paso ou espazo máis ou menos estreito e longo que comunica as distintas pezas dunha casa
ou as vivendas dun edificio.
Veleta: (Sen significados na RAG) Cataventos.
Remela:
1-. Materia que se forma nos bordos e nas camisuras das pálpebras, especialmente durante o
sono, como consecuencia da secreción de certas glándulas.
Perlados:
1-. Que ten a cor, o brillo ou outras características da perla.
2-. Que está adornado ou cuberto de perlas.
Acátano:
1-. Ter actidude de respecto cunha persoa ou cos consellos, decisións, etc …, que proceden
dela.
2-. Aceptar con submisións as disposicións que emanan dunha autoridade.
2. Coroza:
1-. Capa con carapucho confeccionada con palla de centeo ou con xuncos, utilizada para
protexerse da chuvia.
Estrume:
1-. Vexetación propia do monte como os toxos, as queiroas, os fento, a herba, etc …, que se
aproveita principalmente para estrar a corte.
Letargo:
1-. Sono profundo e prolongado durante o que diminúen as funcións vitais do individuo ata o
punto de que parecen non existir.
2-. Estado patolóxico caracterizado por un sono profundo e prolongado e longos períodos de
inactividade.
3-. Estado caracterizado pola falta de actividade, interese, etc.
Se este poema de Curros Enríquez se escribira segundo o galego normativo vixente, quedaría do
seguinte xeito:
Ermo os seus saídos, 6
os cancelos pechados, 7
fundidos teitos, escaleiras, trabesas, 12
sen tellas o tellado, 7
non paso un día polos seus lindeiros 10
sen pararme ante a casa do Fidalgo. 11
Non fumega a cheminea, 7
non se escoitan nos patios 8
os ladridos dos cans, nin o sonoro 11
rinchar dos feros poldros e cabalos. 11
No escudo en que descansa 7
o corredor voado 6
fan niños as anduriñas voandeiras 11
e escóndense os lagartos. 7
E na cima da torre o galo do catavento, desprumado, 17
remela os ollos cara ao vento do Leste, 12
¡o vento da ruina e dos estragos! 10
Un vello pergameo 7
co selo real selado 7
e asinado coas cruces, non coas sinaturas 11
- ¡pois non sabían asinar! - de dez prelados, 10
manda que ninguén poida 7
erguer cabana ou pazo
a carón desta casa, que lle quite 11
aire ou solo polo frente ou polos lados. 12
Despois de nove séculos 8
aínda é firme o mandado. 7
As pallozas do pobo, 7
cheas das harmonías do traballo, 9
agochadas cal tigre, 7
dende lonxe respétano e acátano. 12
agardando que os muros se desplómen, 11
e ríndose mentres polo baixo… 10
¿Qué foi do morador desa vivenda, 11
na que en tempos pasados 7
se esnaquizou a patria en mil parcelas 11
entre os que polo seu amo pelexaron, 11
e onde nunca petou a man tremona 10
do camiñante canso 7
que atopara agarimo ou doce fogo 11
dos ateridos membros para reparo? 12
O dono derradeiro 7
védelo, aí vai, miradeo… 7
cuberto coa coroza, 7
calzado o zoco, cos seus bois falando, 11
encamíñase á vila 7
para nela vender de estrume un carro 11
e contentar co voto, 7
- fera limosna que lle arroxa o Estado - 12
ao seu señor de agora, 7
que onte foi o seu escravo! 7
Acontéceme vendo estas traxedias 11
o que me pasa cando 7
tropezo cunha pedra de muíño 10
nun valo posta ou dunha herdanza por marco. 12
Recordo o que ela esquece 7
das cousas que non sínten no letargo: 11
¡O gran que ten moído, 6
os himnos que a dar voltas ten cantado! 11
M. Curros Enríque “Aires da Miña Terra”
O poema ten rima Asonante