SlideShare a Scribd company logo
1 of 22
Ensaio
Subversivo
Como elaborar un…
IDEAS XERAIS
O ensaio é un tipo de texto en prosa que analiza, interpreta ou avalía un tema. Está considerado
un xénero literario de carácter didáctico.
É un escrito que sintetiza un tema significativo e ten como finalidade dar unha visión preliminar
do mesmo ao mesmo tempo que presenta argumentos e opinións propias e fundamentadas.
O ENSAIO LITERARIO
Texto subxectivo que expresa unha reflexión
sobre unha obra literaria ou un xénero a
través do pensamento do autor.
A maioría parte dunha obra literaria pero
non se limita a ela, senón que inclúe as
opinióna e reflexións propias do autor do
ensaio.
O ENSAIO CIENTÍFICO
Trata un tema das ciencias formais, naturais ou
sociais con creatividade conseguindo unha fusión
entre o razoamento científico e o pensamento
creativo.
Tenta explorar a realidade en busca da verdade,
e crear unha nova perspectiva ou teoría acerca
dela sen abandonar o rigor e a obxectiviade.
Presentación creada para o Premio de Ensaio Subversivo promocionado por IES Xelmirez I.
Esta presentación pode usarse libremente cunha licencia Creative Commons Attribution license.
IDEAS XERAIS
O ENSAIO FILOSÓFICO
Inscríbese dentro do tipo de ensaio científico. Á diferenza deste tenta buscar e analizar a forma
en que os conceptos que se abordan afectan a diferentes facetas da realidade e/ou as
diferentes ciencias e formas de coñecemento.
CARACTERÍSTICAS
Adoita ser un texto curto, mais tamén hai
textos longos que constitúen un libro.
Definen ou constrúen conceptos novos que
permiten explicar mellor o tema ou aspecto
da realidade que tratan,
O seu obxectivo non é mostrar feitos ou
opinións, senón elaborar interpretacións
que se apoian con argumentos.
TIPOS
•Os que tratan un tema desde unha perspectiva histórica,
conceptual ou crítica.
•Os que abordan o tema desde unha perspectiva persoal:
irónicos, confesionais…. Estes teñen unha natureza
mixta entre filosóficos e literarios
Presentación creada para o Premio de Ensaio Subversivo promocionado por IES Xelmirez I.
Esta presentación pode usarse libremente cunha licencia Creative Commons Attribution license.
Ensaio
subversivo!
O pensamento é
sempre subversivo
CONTIDOS
1. Primerios pasos
• Precisar conceptos
• Definir áreas
• Buscar materiais
2. Aprender a pensar
• Os procesos
• Unha ferramenta
3. O proceso de escribir
Primeiros
pasos…
Sabes que hai algo que vai
mal no mundo… Pero non
podes precisar qué…
1.
ELABORA UNHA LISTA
◮ Busca conceptos e non temas. Os temas son amplos de máis e non
permiten ver as relacións entre diferentes aspectos da realidade.
◮ Exemplo: O concepto de “tempo”. Como se trata nas diferentes
áreas de coñecemento (na Física, na Psicoloxía, na Filosofía….)
◮ Busca as relacións. Fíxate en como o concepto co que traballas está
presente en diferentes campos: O mundo laboral, o educativo, o tempo
de ocio, a forma de ver a realidade….
Pensa na túa audiencia. O teu público precisa unha guía clara e os
conceptos e as súas relacións son claves para que comprendan..
DEFINE AS ÁREAS DO TEU DISCURSO
Un ensaio filosófico debe ter unha estrutura que permita percorrer as diferentes áreas nas que se
analiza o uso dos conceptos elaborados…. Unha forma básica pode ser usar as diferentes áreas
de traballo da Filosofía e analizar o concepto e os seus usos a partir desas áreas:
• LÓXICA
• ONTOLOXÍA
• ÉTICA
• POLÍTICA
• ESTÉTICA
EXEMPLO:
A definición do “tempo”: O concepto de tempo como estrutura lóxica do pensamento. A negación a pensar
fóra dunha estrutura temporal lineal. Causas e consecuencias
O tempo e a realidade: a temporaliade como base da construción do real (individual e colectivamente). A
enfermidade mental como síntoma.
O tempo e as decisións. As decisión morais e a súa relación co futuro. Análise das diferentes teorías morais en
función da importancia do tempo nas decisións.
O tempo na política actual. A importancia da temporalidade electoral nas decisións políticas. O acurtamento
do tempo. Consecuencias na construción do real.
Os reflexos do tempo na construción artística: Das películas ás series. O tempo no audiovisual
contemporáneo.
BUSCA BIBLIOGRAFÍA E SÍNTOMAS
Obras filósoficas
Que pensaron outros
sobre este tema…
buscar reflexións
doutras épocas
históricas permitirache
afrontar mellor unha
visión sobre o
concepto na época
actual. Cita o texto e a
fonte. Iso dará rigor ao
teu escrito.
Noticias
Busca síntomas da túa
análise do concepto na
prensa, na vida cotiá, na
política, na sociedade, no
sistema educativo…..
Non trates a noticia
como un feito, senón
como un elemento sobre
o que reflexionar e dar
unha interpretación.
Imaxes
Apoia o teu discurso
con imaxes. Como é
un texto, terás que
describir aqueles
aspectos das imaxes
que resaltan o uso dos
conceptos que
analices. Canto mellor
fagas esas descrición
mais rico será o teu
escrito.
Definicións
Pero non te quedes
nas definicións do
dicionario ou a
Wiquipedia. Considera
diferentes
aproximacións ao
concepto e tenta
buscar unha relación
entre elas que permita
aplicalo a diferentes
ámbitos.
Aprender a
Pensar…
Ninguén pode dicirche qué
pensar… Porque ninguén
pode dicirche quen és…
2.
PENSAR É UNHA ACTIVIDADE HUMANA
O ser humano pensa sempre, pero aprender a pensar
correctamente xa non é tan doado. Non hai escritura creativa sen
un proceso de pensamento ordenado e crítico.
• Comeza por revisar os esquemas e estereotipos nos que
baseas as túas decisións e comportamentos.
• Adopta un pensamento flexible fuxindo de dicotomías
categóricas. Non simplifiques, non te precipites, só observa e
analiza.
• Tenta comprender outros puntos de vista, novos esquemas e
modelos mais axustados e completos sobre o tema que estás
tratando.
PROCESOS…
Dedución e
Indución.
Reflexiona a partir de
experiencias ou
lecturas tentando
sacar conclusións
propias: deducindo
consecuencias
problables ou
inducindo a partir de
exemplos variados
Crítica
Reflexiona sobre os
supostos que estás
asumindo e tenta deixar
fóra o pensamento
egocéntrico. Somete á
crítica a túa exposición e
non te deixes levar polas
túas crenzas sobre o
tema.
Focaliza
Focaliza a túa
atención, non te
disperses. Concéntrate
no importante e relega
a un plano secundario
o accesorio
Análise
Busca o porqué dos
feitos, dando
explicacións e
tentando
fundamentalos en
conceptos e teorías.
Separa os datos das
interpretacións e non
mestures desexos
persoais coa
realidade.
Como inflúe na
sociedade e nas
persoas?
Quen se beneficia?
A quen perxudica?
Se alguén aceptase as
miñas ideas que pasaría?
Que supostos estou
aceptando?
Desde que punto de vista
estou achegándome ao
tema?
Haberá outra forma de
interpretar esta
información?
Cal é a idea central e
como podo explicala?
Que preguntas me
formulei para a miña
investigación?
Como cheguei a esas
conclusións?
Cal é a cuestión que tento
abordar?
En que ámbitos vou
traballar e por que?
Cal é o meu propósito?
Que outros ámbitos vou
deixar fóra?
Unha ferramenta?
O DIARIO
FILOSÓFICO
A través das entradas
do Diario crearemos
unha secuencia de
pensamento. Cada
entrada debe constar de
dúas partes:
• Un proceso de
reflexión a partir do
cal se exercerá o
proceso de crítica e
focalización
• Un suceso ou
material de reflexión
a partir do cal se
darán os procesos
de Análise,
Deducción e
Inducción
EXEMPLO:
Recollida de
materiais e análise
de conceptos.
Reflexión que
combina a análise
do tema coa
experiencia
persoal.
Un diario é un texto subterráneo que
aínda que non xorde dun propósico
teórico, pode constituír a base sobre a
que se forme unha reflexión filosófica
que nos permitan interpretar o noso
presente.
“
”
O proceso de
escribir…
Se non sabes ler, non sabes
escribir e se non sabes escribir,
non poderás pensar…
3.
ESCRIBIR É ORDENAR O PENSAMENTO
Poñer en orde o pensamento, estruturalo e propoñer cambios na estrutura social ou no
pensamente precisa un traballo de arquitectura. Un plano que seguir para facilitar a expresión das
ideas
• Comeza por dotar dunha estrutura ao teu escrito: Unha introdución na que propoñas as
cuestións que queres visitar, a súa importancia e a forma na que chegaches a visualizalas.
• Analiza e define ben os conceptos principais que usarás e fai explícita xa a forma persoal que
terás de usalos. Se é preciso describe a túa posición teórica ao respecto
• Dá un espazo no teu discurso ás diferentes formas de aproximación a ese problema ou tema,
como abordalos desde as diferentes áreas e que outras interpretacións hai para cada unha
delas.
• Remata o teu escrito facendo un resumo do percorrido e dando a túa visión persoal do tema e
achegando solucións innovadoras que permitan un cambio de perspectiva sobre o mesmo .
PLANIFICA
Para que a atención se manteña debes introducir o lector segundo unha secuencia lóxica.
Seguir a orde dos teus pensamentos e procesos pode ser unha vía para chegar ao lector
Planifica e organiza o traballo. Destina un tempo para
recoller información e un tempo de reflexión e escritura.
Desenvolve a estrutura do teu ensaio seguindo ou
programando eses procesos.
PROCESOS…
Introdución.
Explica cal é o
propósito do teu
traballo.
Resalta o tema e a
súa importancia.
Fai explícitos os
elementos
motivadores, tanto
persoais como
interpersoais
Explica brevemente
cal vai ser o
percorrrido do teu
escrito e por que.
Análise por partes
A cada área de reflexión
dálle un espazo. Propón
un título para cada unha
delas que garde relación
co tema central.
Distingue en cada unha
un momento para a
análise do fenómeno a
través de exemplos e un
momento para a
interpretación.
Analiza as relacións con
outras áreas que tratarás
Remata cada sección
cunha conclusión xeral
sobre a análise realizada
Conclusións
Focaliza o tema e as
principais
consideracións. Non te
disperses e non volvas
sobre exemplos ou
cuestións particulares.
Propón a túa
interpretación dun
xeito sinxelo e busca
incluso un nome para
a túa teoría.
Volve a propoñer a
definición do concepto
central como base da
túa teoría sobre o
tema.
Conclúe cos beneficios
ou implicacións da túa
teoría
Definición de
Conceptos
Resalta o concepto
central do tema a
través do cal se
poderá seguir a liña
do traballo, explicando
a súa importancia
Define o concepto
desde diferentes
ángulos, amosando o
que teñen en común
co tema.
Redefine o concepto
se é necesario para a
construción da túa
análise
INGREDIENTES
Mesturar coidadosamente
40%
análise
40%
reflexión
20%
crítica
FONTES
Recorda que todo traballo intelectual debe algo a alguén. Pensamos en comuniade e
“subimos a ombros de xigantes”
Se usas textos ou citas doutros autores faino dun xeito
indirecto (integrados na redación do escrito), pero non
esquezas citar a fonte (o autor e a obra) ao final do
traballo.
GRAZAS
Algunha pregunta?
Se tes algunha pregunta podes enviala a: premioguillermodominguez@gmail.com

More Related Content

Similar to Ensaiosubversivo

Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarMANEIRO
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correaceiparua
 
Como atopar artigos científicos
Como atopar artigos científicosComo atopar artigos científicos
Como atopar artigos científicosetsabib
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativonexosfilosofia
 
Análise de textos
Análise de textosAnálise de textos
Análise de textosMarlou
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar MANEIRO
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaRomán Landín
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaRomán Landín
 
A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosóficanexosfilosofia
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Montserrat Pérez Castiñeira
 

Similar to Ensaiosubversivo (20)

Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 
Epadidactica
EpadidacticaEpadidactica
Epadidactica
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
 
Conflitos mediaciónv2
Conflitos mediaciónv2Conflitos mediaciónv2
Conflitos mediaciónv2
 
Como atopar artigos científicos
Como atopar artigos científicosComo atopar artigos científicos
Como atopar artigos científicos
 
Historia da filosofia presentación da materia
Historia da filosofia   presentación da materiaHistoria da filosofia   presentación da materia
Historia da filosofia presentación da materia
 
Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
 
Análise de textos
Análise de textosAnálise de textos
Análise de textos
 
Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar Proxectar, investigar, comunicar
Proxectar, investigar, comunicar
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
Ideas tema 1
Ideas tema 1Ideas tema 1
Ideas tema 1
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
 
A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosófica
 
Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017
 
Escribir para aprender
Escribir para aprenderEscribir para aprender
Escribir para aprender
 
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
Programa de habilidades sociais e resolución de conflitos 2020
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Ensaiosubversivo

  • 2. IDEAS XERAIS O ensaio é un tipo de texto en prosa que analiza, interpreta ou avalía un tema. Está considerado un xénero literario de carácter didáctico. É un escrito que sintetiza un tema significativo e ten como finalidade dar unha visión preliminar do mesmo ao mesmo tempo que presenta argumentos e opinións propias e fundamentadas. O ENSAIO LITERARIO Texto subxectivo que expresa unha reflexión sobre unha obra literaria ou un xénero a través do pensamento do autor. A maioría parte dunha obra literaria pero non se limita a ela, senón que inclúe as opinióna e reflexións propias do autor do ensaio. O ENSAIO CIENTÍFICO Trata un tema das ciencias formais, naturais ou sociais con creatividade conseguindo unha fusión entre o razoamento científico e o pensamento creativo. Tenta explorar a realidade en busca da verdade, e crear unha nova perspectiva ou teoría acerca dela sen abandonar o rigor e a obxectiviade. Presentación creada para o Premio de Ensaio Subversivo promocionado por IES Xelmirez I. Esta presentación pode usarse libremente cunha licencia Creative Commons Attribution license.
  • 3. IDEAS XERAIS O ENSAIO FILOSÓFICO Inscríbese dentro do tipo de ensaio científico. Á diferenza deste tenta buscar e analizar a forma en que os conceptos que se abordan afectan a diferentes facetas da realidade e/ou as diferentes ciencias e formas de coñecemento. CARACTERÍSTICAS Adoita ser un texto curto, mais tamén hai textos longos que constitúen un libro. Definen ou constrúen conceptos novos que permiten explicar mellor o tema ou aspecto da realidade que tratan, O seu obxectivo non é mostrar feitos ou opinións, senón elaborar interpretacións que se apoian con argumentos. TIPOS •Os que tratan un tema desde unha perspectiva histórica, conceptual ou crítica. •Os que abordan o tema desde unha perspectiva persoal: irónicos, confesionais…. Estes teñen unha natureza mixta entre filosóficos e literarios Presentación creada para o Premio de Ensaio Subversivo promocionado por IES Xelmirez I. Esta presentación pode usarse libremente cunha licencia Creative Commons Attribution license.
  • 5. CONTIDOS 1. Primerios pasos • Precisar conceptos • Definir áreas • Buscar materiais 2. Aprender a pensar • Os procesos • Unha ferramenta 3. O proceso de escribir
  • 6. Primeiros pasos… Sabes que hai algo que vai mal no mundo… Pero non podes precisar qué… 1.
  • 7. ELABORA UNHA LISTA ◮ Busca conceptos e non temas. Os temas son amplos de máis e non permiten ver as relacións entre diferentes aspectos da realidade. ◮ Exemplo: O concepto de “tempo”. Como se trata nas diferentes áreas de coñecemento (na Física, na Psicoloxía, na Filosofía….) ◮ Busca as relacións. Fíxate en como o concepto co que traballas está presente en diferentes campos: O mundo laboral, o educativo, o tempo de ocio, a forma de ver a realidade…. Pensa na túa audiencia. O teu público precisa unha guía clara e os conceptos e as súas relacións son claves para que comprendan..
  • 8. DEFINE AS ÁREAS DO TEU DISCURSO Un ensaio filosófico debe ter unha estrutura que permita percorrer as diferentes áreas nas que se analiza o uso dos conceptos elaborados…. Unha forma básica pode ser usar as diferentes áreas de traballo da Filosofía e analizar o concepto e os seus usos a partir desas áreas: • LÓXICA • ONTOLOXÍA • ÉTICA • POLÍTICA • ESTÉTICA EXEMPLO: A definición do “tempo”: O concepto de tempo como estrutura lóxica do pensamento. A negación a pensar fóra dunha estrutura temporal lineal. Causas e consecuencias O tempo e a realidade: a temporaliade como base da construción do real (individual e colectivamente). A enfermidade mental como síntoma. O tempo e as decisións. As decisión morais e a súa relación co futuro. Análise das diferentes teorías morais en función da importancia do tempo nas decisións. O tempo na política actual. A importancia da temporalidade electoral nas decisións políticas. O acurtamento do tempo. Consecuencias na construción do real. Os reflexos do tempo na construción artística: Das películas ás series. O tempo no audiovisual contemporáneo.
  • 9. BUSCA BIBLIOGRAFÍA E SÍNTOMAS Obras filósoficas Que pensaron outros sobre este tema… buscar reflexións doutras épocas históricas permitirache afrontar mellor unha visión sobre o concepto na época actual. Cita o texto e a fonte. Iso dará rigor ao teu escrito. Noticias Busca síntomas da túa análise do concepto na prensa, na vida cotiá, na política, na sociedade, no sistema educativo….. Non trates a noticia como un feito, senón como un elemento sobre o que reflexionar e dar unha interpretación. Imaxes Apoia o teu discurso con imaxes. Como é un texto, terás que describir aqueles aspectos das imaxes que resaltan o uso dos conceptos que analices. Canto mellor fagas esas descrición mais rico será o teu escrito. Definicións Pero non te quedes nas definicións do dicionario ou a Wiquipedia. Considera diferentes aproximacións ao concepto e tenta buscar unha relación entre elas que permita aplicalo a diferentes ámbitos.
  • 10. Aprender a Pensar… Ninguén pode dicirche qué pensar… Porque ninguén pode dicirche quen és… 2.
  • 11. PENSAR É UNHA ACTIVIDADE HUMANA O ser humano pensa sempre, pero aprender a pensar correctamente xa non é tan doado. Non hai escritura creativa sen un proceso de pensamento ordenado e crítico. • Comeza por revisar os esquemas e estereotipos nos que baseas as túas decisións e comportamentos. • Adopta un pensamento flexible fuxindo de dicotomías categóricas. Non simplifiques, non te precipites, só observa e analiza. • Tenta comprender outros puntos de vista, novos esquemas e modelos mais axustados e completos sobre o tema que estás tratando.
  • 12. PROCESOS… Dedución e Indución. Reflexiona a partir de experiencias ou lecturas tentando sacar conclusións propias: deducindo consecuencias problables ou inducindo a partir de exemplos variados Crítica Reflexiona sobre os supostos que estás asumindo e tenta deixar fóra o pensamento egocéntrico. Somete á crítica a túa exposición e non te deixes levar polas túas crenzas sobre o tema. Focaliza Focaliza a túa atención, non te disperses. Concéntrate no importante e relega a un plano secundario o accesorio Análise Busca o porqué dos feitos, dando explicacións e tentando fundamentalos en conceptos e teorías. Separa os datos das interpretacións e non mestures desexos persoais coa realidade. Como inflúe na sociedade e nas persoas? Quen se beneficia? A quen perxudica? Se alguén aceptase as miñas ideas que pasaría? Que supostos estou aceptando? Desde que punto de vista estou achegándome ao tema? Haberá outra forma de interpretar esta información? Cal é a idea central e como podo explicala? Que preguntas me formulei para a miña investigación? Como cheguei a esas conclusións? Cal é a cuestión que tento abordar? En que ámbitos vou traballar e por que? Cal é o meu propósito? Que outros ámbitos vou deixar fóra?
  • 13. Unha ferramenta? O DIARIO FILOSÓFICO A través das entradas do Diario crearemos unha secuencia de pensamento. Cada entrada debe constar de dúas partes: • Un proceso de reflexión a partir do cal se exercerá o proceso de crítica e focalización • Un suceso ou material de reflexión a partir do cal se darán os procesos de Análise, Deducción e Inducción
  • 14. EXEMPLO: Recollida de materiais e análise de conceptos. Reflexión que combina a análise do tema coa experiencia persoal.
  • 15. Un diario é un texto subterráneo que aínda que non xorde dun propósico teórico, pode constituír a base sobre a que se forme unha reflexión filosófica que nos permitan interpretar o noso presente. “ ”
  • 16. O proceso de escribir… Se non sabes ler, non sabes escribir e se non sabes escribir, non poderás pensar… 3.
  • 17. ESCRIBIR É ORDENAR O PENSAMENTO Poñer en orde o pensamento, estruturalo e propoñer cambios na estrutura social ou no pensamente precisa un traballo de arquitectura. Un plano que seguir para facilitar a expresión das ideas • Comeza por dotar dunha estrutura ao teu escrito: Unha introdución na que propoñas as cuestións que queres visitar, a súa importancia e a forma na que chegaches a visualizalas. • Analiza e define ben os conceptos principais que usarás e fai explícita xa a forma persoal que terás de usalos. Se é preciso describe a túa posición teórica ao respecto • Dá un espazo no teu discurso ás diferentes formas de aproximación a ese problema ou tema, como abordalos desde as diferentes áreas e que outras interpretacións hai para cada unha delas. • Remata o teu escrito facendo un resumo do percorrido e dando a túa visión persoal do tema e achegando solucións innovadoras que permitan un cambio de perspectiva sobre o mesmo .
  • 18. PLANIFICA Para que a atención se manteña debes introducir o lector segundo unha secuencia lóxica. Seguir a orde dos teus pensamentos e procesos pode ser unha vía para chegar ao lector Planifica e organiza o traballo. Destina un tempo para recoller información e un tempo de reflexión e escritura. Desenvolve a estrutura do teu ensaio seguindo ou programando eses procesos.
  • 19. PROCESOS… Introdución. Explica cal é o propósito do teu traballo. Resalta o tema e a súa importancia. Fai explícitos os elementos motivadores, tanto persoais como interpersoais Explica brevemente cal vai ser o percorrrido do teu escrito e por que. Análise por partes A cada área de reflexión dálle un espazo. Propón un título para cada unha delas que garde relación co tema central. Distingue en cada unha un momento para a análise do fenómeno a través de exemplos e un momento para a interpretación. Analiza as relacións con outras áreas que tratarás Remata cada sección cunha conclusión xeral sobre a análise realizada Conclusións Focaliza o tema e as principais consideracións. Non te disperses e non volvas sobre exemplos ou cuestións particulares. Propón a túa interpretación dun xeito sinxelo e busca incluso un nome para a túa teoría. Volve a propoñer a definición do concepto central como base da túa teoría sobre o tema. Conclúe cos beneficios ou implicacións da túa teoría Definición de Conceptos Resalta o concepto central do tema a través do cal se poderá seguir a liña do traballo, explicando a súa importancia Define o concepto desde diferentes ángulos, amosando o que teñen en común co tema. Redefine o concepto se é necesario para a construción da túa análise
  • 21. FONTES Recorda que todo traballo intelectual debe algo a alguén. Pensamos en comuniade e “subimos a ombros de xigantes” Se usas textos ou citas doutros autores faino dun xeito indirecto (integrados na redación do escrito), pero non esquezas citar a fonte (o autor e a obra) ao final do traballo.
  • 22. GRAZAS Algunha pregunta? Se tes algunha pregunta podes enviala a: premioguillermodominguez@gmail.com