SlideShare a Scribd company logo
CURSO DE FORMACIÓN PARA O
PROFESORADO:
ARTES ESCÉNICAS E DANZA.
INTRODUCIÓN A PRÁCTICAS,
FERRAMENTAS E RECURSOS APLICADOS
AO ENSINO
Imparten:
Pablo Reboleiro
Beatriz Alonso Pérez-Ávila
Sábados de xaneiro a maio
de 10h a 14h
27 de xaneiro, 3 de febreiro, 3 de marzo,
28 de abril e 26 de maio
Escola de danza Alfaia,Santiago de Compostela
Esta actividade está homologada pola
Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas)
CONTIDOS
A nova lei educativa crea a materia específica para 4ºESO de Artes Escénicas e Danza,
o que supón, por primeira vez na historia da educación en España, a posibilidade de
integrar as Artes Escénicas e a Danza no ensino obrigatorio en todos os centros
educativos galegos. Esta materia parte de que o alumnado debe comprender e
interpretar partindo das distintas linguaxes escénicas, así como aproximarse á
historia do teatro e da danza, e é o profesorado de música o responsable desta
materia. Este obradoiro pretende ser unha ferramenta para axudar a programar e
impartir Artes Escénicas e Danza de forma que se constrúa unha materia
participativa e activa que contribúa á formación integral do alumnado. Por medio
desta formación preténdese dotar ao profesorado de coñecementos para comezar
a desenvolver un obradoiro de teatro, de expresión corporal e de danza, e tamén se
proporán xogos de improvisación teatral. Por último, engadirase unha reflexión
sobre os contidos teóricos e a relación dos mesmos cos criterios de avaliación e
estándares de aprendizaxe.
A QUEN VAI DIRIXIDO
• Profesorado de Música de Educación Secundaria, Infantil e Primaria
• Profesorado de Conservatorios
• Profesionais ou afeccionados das artes escénicas e a danza
• Profesorado de Educación Física, Lingua Castelá e Literatura, Lingua e
Literatura Galega.
• Calquera outra persoa amante das artes escénicas e da danza que queira
desfrutar explorando o seu corpo, o movemento e a expresión corporal.
Polo seu enfoque pedagóxico, este curso de formación, pola súa duración, está máis
orientado cara ao mundo da educación musical en secundaria e a todos os docentes
interesados en impartir a materia de Artes Escénicas e Danza. Este é un obradoiro
de iniciación; preténdese facilitar ferramentas ao profesorado dando unha visión
globalizada da materia, de maneira que posteriormente o docente vexa cales son
as súas carencias e poida formarse dun xeito específico, primando unhas áreas
sobre outras. O curso pode realizarse completo, de forma que se certificaría o
mesmo, ou ben realizarse soamente días soltos, co que non se podería optar á
certificación do mesmo.
CONTIDOS A DISTRIBUIR NAS DISTINTAS SESIÓNS
• Organización das sesións de Artes Escénicas e Danza: Estrutura das clases:
actividades de inicio, desenvolvemento e peche.
• Achegamento ao currículo: de onde partimos, a onde imos e que
necesitamos.
• Exercicios de exploración corporal. O método Schinca de expresión
corporal, proposta de actividades para a clase.
• O movemento corporal, as calidades do movemento e a súa aplicación
práctica á clase de 4ºESO.
• Actividades de danza procedentes do método/achegamento Orff.
• Xogos de creación de personaxes
• Introdución ao clown
• Xogos de improvisación teatral: proposta de actividades de inicio e
desenvolvemento para o alumnado.
• O obradoiro de teatro: propostas de montaxes teatrais con exemplos
realizados noutros centros educativos.
• Proposta bibliográfica e de recursos educativos.
SOBRE OS RELATORES
Pablo Reboleiro é paiaso, actor, director escénico, músico e bailarín; ademais de
licenciado en matemáticas e máster en educación secundaria, Pablo estudou a
licenciatura de circo en The Circus Space, Londres. É membro fundador da compañía
Pistacatro, Lusco e Fusco e participa en numerosas producións en todo o mundo,
destacando a súa participación con The Chipolatas desde o ano 2013. Como docente
ten impartido incontable formación en todo o mundo, traballando con profesionais
das artes escénicas pero tamén con nenos e nenas, adolescentes e adultos amateur.
É un dos máximos representantes do chamado “Novo circo galego”.
Beatriz Alonso é profesora de música no IES Afonso X O Sabio de Cambre, onde
imparte a materia de Artes Escénicas e Danza, práctica da cal acaba de realizar a
publicación en Eduga “A materia de Artes Escénicas e Danza. O traballo co corpo e
as emocións”. Doutora en Musicoloxía, máster en Educación e TIC e licenciada en
Historia e Ciencias da música e Violonchelo. Entre a súa formación pedagóxica en
música e danza destaca a súa formación nos Institutos Dalcroze (Suiza), Orff (Austria)
e Kodály (Hungría); está a realizar un posgrao en expresión corporal Método Schinca
(URJ) cos docentes Marta Schinca, Helena Ferrari, Rafael Ruiz, Ana Pérez e Paula
Miguélez. Participa, xunto con outros compañeiros do seu instituto, no proxecto
“Afonso a escena” desde hai cinco anos, que busca a potenciación das artes
escénicas, música e danza no ensino secundario.
INSCRICIÓN E MATRÍCULA
Número de prazas: 25 por obradoiro
Cubriranse por rigorosa orde de inscrición (data e hora do xustificante de pago de
matrícula)
Prezo da matrícula:
Curso completo Sábados soltos
Socios 70€ 15€
Non Socios 90€ 20€
Os matriculados en días soltos non poderán certificar o curso
Inscrición:
Realizar o pago no seguinte número de conta de Asomúsica:
ES55 3070 0038 6161 2242 6924
No concepto indicar: Nome e Apelidos + Obradoiro Artes Escénicas
Os días soltos poderán pagarse no mesmo obradoiro.
Enviar un mail á dirección: beatrizalonsoperezavila@gmail.com
Datos a adxuntar:
Nome e apelidos, DNI, email de contacto,
Xustificante de pago (de seren necesario)
Funcionario ou interino da Consellería de Educación
(a efectos de homologación)
Sí Non
Socio de Asomúsica
Sí Non
Esta actividade está homologada pola
Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas)

More Related Content

Similar to Obradoiros santiago aaeedd folleto 2 caras

Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nlsatelite1
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
Encarna Lago
 
Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
LuisAlberto720
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
jubos
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
LuisAlberto720
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
LuisAlberto720
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
Aquis Fala
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
LuisAlberto720
 
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Beatrizalonsoperezavila
 
CPI A Xunqueira curso 2016/17
CPI  A Xunqueira curso 2016/17CPI  A Xunqueira curso 2016/17
CPI A Xunqueira curso 2016/17
CPI A Xunqueira
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
BibliotecaRevoltas
 
O Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdfO Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdf
Mónica Diz Besada
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
redemuseisticalugo
 
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Beatrizalonsoperezavila
 
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración socialNosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
Encarna Lago
 
Piale 2015 acs
Piale 2015 acsPiale 2015 acs
Piale 2015 acs
Amparo Cereixo
 
Webquest 'O folklore'
Webquest 'O folklore'Webquest 'O folklore'
Webquest 'O folklore'Olga Veiga
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
pedrofloriani
 

Similar to Obradoiros santiago aaeedd folleto 2 caras (19)

Actividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce NlActividades Crearte Ce Nl
Actividades Crearte Ce Nl
 
Guia Ed
Guia EdGuia Ed
Guia Ed
 
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
2015 programa escolar m-provincial+xoguetes
 
Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso Orientacion 1 eso
Orientacion 1 eso
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso Orientacion 2 eso
Orientacion 2 eso
 
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
Actividades desenvolvidas no IES Afonso X o Sabio 2018
 
CPI A Xunqueira curso 2016/17
CPI  A Xunqueira curso 2016/17CPI  A Xunqueira curso 2016/17
CPI A Xunqueira curso 2016/17
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
O Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdfO Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdf
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
Actividades desenvolvidas no ies afonso x o sabio 2015
 
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración socialNosoutros. arte, comunicación e integración social
Nosoutros. arte, comunicación e integración social
 
Piale 2015 acs
Piale 2015 acsPiale 2015 acs
Piale 2015 acs
 
Webquest 'O folklore'
Webquest 'O folklore'Webquest 'O folklore'
Webquest 'O folklore'
 
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIAORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
ORIENTACIÓN: DE PRIMARIA A SECUNDARIA
 

More from Beatrizalonsoperezavila

Visita pull and bear
Visita pull and bearVisita pull and bear
Visita pull and bear
Beatrizalonsoperezavila
 
Updated summary of quality plans
Updated summary of quality plansUpdated summary of quality plans
Updated summary of quality plans
Beatrizalonsoperezavila
 
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O SabioQuality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
Beatrizalonsoperezavila
 
Dissemination plan horizon
Dissemination plan horizonDissemination plan horizon
Dissemination plan horizon
Beatrizalonsoperezavila
 
Dissemination events register
Dissemination events registerDissemination events register
Dissemination events register
Beatrizalonsoperezavila
 
Project based learning
Project based learningProject based learning
Project based learning
Beatrizalonsoperezavila
 
Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016
Beatrizalonsoperezavila
 
Intercentros
IntercentrosIntercentros
Algúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónAlgúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónBeatrizalonsoperezavila
 

More from Beatrizalonsoperezavila (20)

Visita pull and bear
Visita pull and bearVisita pull and bear
Visita pull and bear
 
Updated summary of quality plans
Updated summary of quality plansUpdated summary of quality plans
Updated summary of quality plans
 
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O SabioQuality plan final. IES Afonso X O Sabio
Quality plan final. IES Afonso X O Sabio
 
Dissemination plan horizon
Dissemination plan horizonDissemination plan horizon
Dissemination plan horizon
 
Dissemination events register
Dissemination events registerDissemination events register
Dissemination events register
 
Project based learning
Project based learningProject based learning
Project based learning
 
Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016Reunión páis viaxe � neve 2016
Reunión páis viaxe � neve 2016
 
Froita na escola
Froita na escolaFroita na escola
Froita na escola
 
Bandeira lgbt
Bandeira lgbtBandeira lgbt
Bandeira lgbt
 
Actividades quérote+
Actividades quérote+Actividades quérote+
Actividades quérote+
 
Curso mediación
Curso mediaciónCurso mediación
Curso mediación
 
Cross Escolar
Cross EscolarCross Escolar
Cross Escolar
 
Intercentros
IntercentrosIntercentros
Intercentros
 
Proxectapresentacion
ProxectapresentacionProxectapresentacion
Proxectapresentacion
 
English presentation
English presentationEnglish presentation
English presentation
 
Presentación Quérote+
Presentación Quérote+Presentación Quérote+
Presentación Quérote+
 
Presentación
PresentaciónPresentación
Presentación
 
Algúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliaciónAlgúns materiais e ficha de avaliación
Algúns materiais e ficha de avaliación
 
Eslogans clases sen fume
Eslogans clases sen fumeEslogans clases sen fume
Eslogans clases sen fume
 
Algúns carteis
Algúns carteisAlgúns carteis
Algúns carteis
 

Obradoiros santiago aaeedd folleto 2 caras

  • 1. CURSO DE FORMACIÓN PARA O PROFESORADO: ARTES ESCÉNICAS E DANZA. INTRODUCIÓN A PRÁCTICAS, FERRAMENTAS E RECURSOS APLICADOS AO ENSINO Imparten: Pablo Reboleiro Beatriz Alonso Pérez-Ávila Sábados de xaneiro a maio de 10h a 14h 27 de xaneiro, 3 de febreiro, 3 de marzo, 28 de abril e 26 de maio Escola de danza Alfaia,Santiago de Compostela Esta actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas) CONTIDOS A nova lei educativa crea a materia específica para 4ºESO de Artes Escénicas e Danza, o que supón, por primeira vez na historia da educación en España, a posibilidade de integrar as Artes Escénicas e a Danza no ensino obrigatorio en todos os centros educativos galegos. Esta materia parte de que o alumnado debe comprender e interpretar partindo das distintas linguaxes escénicas, así como aproximarse á historia do teatro e da danza, e é o profesorado de música o responsable desta materia. Este obradoiro pretende ser unha ferramenta para axudar a programar e impartir Artes Escénicas e Danza de forma que se constrúa unha materia participativa e activa que contribúa á formación integral do alumnado. Por medio desta formación preténdese dotar ao profesorado de coñecementos para comezar a desenvolver un obradoiro de teatro, de expresión corporal e de danza, e tamén se proporán xogos de improvisación teatral. Por último, engadirase unha reflexión sobre os contidos teóricos e a relación dos mesmos cos criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. A QUEN VAI DIRIXIDO • Profesorado de Música de Educación Secundaria, Infantil e Primaria • Profesorado de Conservatorios • Profesionais ou afeccionados das artes escénicas e a danza • Profesorado de Educación Física, Lingua Castelá e Literatura, Lingua e Literatura Galega. • Calquera outra persoa amante das artes escénicas e da danza que queira desfrutar explorando o seu corpo, o movemento e a expresión corporal. Polo seu enfoque pedagóxico, este curso de formación, pola súa duración, está máis orientado cara ao mundo da educación musical en secundaria e a todos os docentes interesados en impartir a materia de Artes Escénicas e Danza. Este é un obradoiro de iniciación; preténdese facilitar ferramentas ao profesorado dando unha visión globalizada da materia, de maneira que posteriormente o docente vexa cales son as súas carencias e poida formarse dun xeito específico, primando unhas áreas sobre outras. O curso pode realizarse completo, de forma que se certificaría o mesmo, ou ben realizarse soamente días soltos, co que non se podería optar á certificación do mesmo.
  • 2. CONTIDOS A DISTRIBUIR NAS DISTINTAS SESIÓNS • Organización das sesións de Artes Escénicas e Danza: Estrutura das clases: actividades de inicio, desenvolvemento e peche. • Achegamento ao currículo: de onde partimos, a onde imos e que necesitamos. • Exercicios de exploración corporal. O método Schinca de expresión corporal, proposta de actividades para a clase. • O movemento corporal, as calidades do movemento e a súa aplicación práctica á clase de 4ºESO. • Actividades de danza procedentes do método/achegamento Orff. • Xogos de creación de personaxes • Introdución ao clown • Xogos de improvisación teatral: proposta de actividades de inicio e desenvolvemento para o alumnado. • O obradoiro de teatro: propostas de montaxes teatrais con exemplos realizados noutros centros educativos. • Proposta bibliográfica e de recursos educativos. SOBRE OS RELATORES Pablo Reboleiro é paiaso, actor, director escénico, músico e bailarín; ademais de licenciado en matemáticas e máster en educación secundaria, Pablo estudou a licenciatura de circo en The Circus Space, Londres. É membro fundador da compañía Pistacatro, Lusco e Fusco e participa en numerosas producións en todo o mundo, destacando a súa participación con The Chipolatas desde o ano 2013. Como docente ten impartido incontable formación en todo o mundo, traballando con profesionais das artes escénicas pero tamén con nenos e nenas, adolescentes e adultos amateur. É un dos máximos representantes do chamado “Novo circo galego”. Beatriz Alonso é profesora de música no IES Afonso X O Sabio de Cambre, onde imparte a materia de Artes Escénicas e Danza, práctica da cal acaba de realizar a publicación en Eduga “A materia de Artes Escénicas e Danza. O traballo co corpo e as emocións”. Doutora en Musicoloxía, máster en Educación e TIC e licenciada en Historia e Ciencias da música e Violonchelo. Entre a súa formación pedagóxica en música e danza destaca a súa formación nos Institutos Dalcroze (Suiza), Orff (Austria) e Kodály (Hungría); está a realizar un posgrao en expresión corporal Método Schinca (URJ) cos docentes Marta Schinca, Helena Ferrari, Rafael Ruiz, Ana Pérez e Paula Miguélez. Participa, xunto con outros compañeiros do seu instituto, no proxecto “Afonso a escena” desde hai cinco anos, que busca a potenciación das artes escénicas, música e danza no ensino secundario. INSCRICIÓN E MATRÍCULA Número de prazas: 25 por obradoiro Cubriranse por rigorosa orde de inscrición (data e hora do xustificante de pago de matrícula) Prezo da matrícula: Curso completo Sábados soltos Socios 70€ 15€ Non Socios 90€ 20€ Os matriculados en días soltos non poderán certificar o curso Inscrición: Realizar o pago no seguinte número de conta de Asomúsica: ES55 3070 0038 6161 2242 6924 No concepto indicar: Nome e Apelidos + Obradoiro Artes Escénicas Os días soltos poderán pagarse no mesmo obradoiro. Enviar un mail á dirección: beatrizalonsoperezavila@gmail.com Datos a adxuntar: Nome e apelidos, DNI, email de contacto, Xustificante de pago (de seren necesario) Funcionario ou interino da Consellería de Educación (a efectos de homologación) Sí Non Socio de Asomúsica Sí Non Esta actividade está homologada pola Consellería de Cultura, Educación e O.U. (20 horas)