SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
VII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA
DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA
26 DE ABRIL, ÁS 10:00 HORAS. AUDITORIO MAR DE VIGO
Presentamos outra nova edición deste Encontro coa finalidade de dar a coñecer en concerto o
traballo que o alumnado de Música de ESO e Bacharelato de Galicia realiza nas aulas, de ofrecerlle
mediante obradoiros especializados a oportunidade de explorar outras habilidades musicais, así como
de fomentar a boa convivencia entre o alumnado e o profesorado de música dos centros galegos.
BASES
1. Este Encontro está dirixido a todo o alumnado de Música de Secundaria de Galicia. Cada centro poderá
presentar o número de alumnos de ESO e Bacharelato que estime oportuno ata un tope de 50.
Interpretaranse un ou dous temas como máximo por centro, que poderán ser obras vocais e/ou
instrumentais das que se realizan en clase.
2. O profesorado poderá inscribir ó seu centro cubrindo este formulario e será contactado pola Organización. Os
centros serán admitidos por estrita orde de inscrición ata un límite de 16 centros. No caso de que haxa máis
solicitudes de participación que prazas, priorizaranse os centros presentados por docentes que sexan socios
de ASOMÚSICA.
3. Os obradoiros celebraranse en varias quendas e paralelamente ó concerto; os contidos versarán sobre
música, baile e outros aspectos relacionados coa práctica musical. Os centros deberán inscribir
necesariamente ó seu alumnado nun deles como mínimo. Cada obradoiro terá un custe de 1´5 €.
4. O prazo de inscrición rematará o 11 de marzo. Antes do peche do 2º trimestre enviarase ós centros inscritos
un correo coa lista de admitidos, xunto co programa detallado e as instrucións para participar nos obradoiros.
5. O Encontro deste ano non terá un tema prefixado.
6. En canto á interpretación do alumnado, buscarase que os grupos reflexen a heteroxeneidade habitual das
nosas aulas. Así, os alumnos que reciban formación de instrumentos clásicos, de rock etc. fóra do instituto,
deberán integrarse cos demais compañeiros da súa clase ou grupo neste Encontro. Se houbese algunha
proposta por parte dalgún centro para a interpretación dunha peza exclusivamente tocada por alumnado deste
tipo, ou outro especializado en danza ou calquera outra disciplina, deberá ser comunicado previamente á
organización do ENCONTRO.
Como complemento das actuacións dos grupos, contémplase a utilización de vídeos tanto de creación escolar
como de uso libre que se proxecten durante as mesmas, e que teñan relación coa proposta musical.
Calesquera outros recursos de escea ou interpretativos, comuníquense tamén previamente á Organización.
7. A Organización proporcionará o instrumentario básico, atriles e amplificación; non obstante, cada centro fará
constar na súa solicitude de inscrición unha relación completa do material que precisará. Os instrumentos e
outro material que se traian a maiores deberán vir claramente identificados.
8. O xantar terá lugar nun emprazamento previamente escollido e preparado pola Organización. Os participantes
deberán traer a súa propia comida. A clausura do Encontro será ó remata-lo xantar.
9. Para contactar coa Organización, escribir unha mensaxe a encontro.asomusica@gmail.com .
Asociación do Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia (ASOMÚSICA)
Inscrita no rexistro co número 2004-7643-1
asomusica@gmail.com – www.asomusica.com

More Related Content

More from satelite1

1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquerasatelite1
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosasatelite1
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpbsatelite1
 
Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)satelite1
 
Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...satelite1
 
O meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanoO meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanosatelite1
 

More from satelite1 (20)

1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosa
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpb
 
Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)
 
Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...
 
O meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanoO meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofano
 

Bases encontro alumnado secundaria 2018

  • 1. VII ENCONTRO DO ALUMNADO DE MÚSICA DE SECUNDARIA E BACHARELATO DE GALICIA 26 DE ABRIL, ÁS 10:00 HORAS. AUDITORIO MAR DE VIGO Presentamos outra nova edición deste Encontro coa finalidade de dar a coñecer en concerto o traballo que o alumnado de Música de ESO e Bacharelato de Galicia realiza nas aulas, de ofrecerlle mediante obradoiros especializados a oportunidade de explorar outras habilidades musicais, así como de fomentar a boa convivencia entre o alumnado e o profesorado de música dos centros galegos. BASES 1. Este Encontro está dirixido a todo o alumnado de Música de Secundaria de Galicia. Cada centro poderá presentar o número de alumnos de ESO e Bacharelato que estime oportuno ata un tope de 50. Interpretaranse un ou dous temas como máximo por centro, que poderán ser obras vocais e/ou instrumentais das que se realizan en clase. 2. O profesorado poderá inscribir ó seu centro cubrindo este formulario e será contactado pola Organización. Os centros serán admitidos por estrita orde de inscrición ata un límite de 16 centros. No caso de que haxa máis solicitudes de participación que prazas, priorizaranse os centros presentados por docentes que sexan socios de ASOMÚSICA. 3. Os obradoiros celebraranse en varias quendas e paralelamente ó concerto; os contidos versarán sobre música, baile e outros aspectos relacionados coa práctica musical. Os centros deberán inscribir necesariamente ó seu alumnado nun deles como mínimo. Cada obradoiro terá un custe de 1´5 €. 4. O prazo de inscrición rematará o 11 de marzo. Antes do peche do 2º trimestre enviarase ós centros inscritos un correo coa lista de admitidos, xunto co programa detallado e as instrucións para participar nos obradoiros. 5. O Encontro deste ano non terá un tema prefixado. 6. En canto á interpretación do alumnado, buscarase que os grupos reflexen a heteroxeneidade habitual das nosas aulas. Así, os alumnos que reciban formación de instrumentos clásicos, de rock etc. fóra do instituto, deberán integrarse cos demais compañeiros da súa clase ou grupo neste Encontro. Se houbese algunha proposta por parte dalgún centro para a interpretación dunha peza exclusivamente tocada por alumnado deste tipo, ou outro especializado en danza ou calquera outra disciplina, deberá ser comunicado previamente á organización do ENCONTRO. Como complemento das actuacións dos grupos, contémplase a utilización de vídeos tanto de creación escolar como de uso libre que se proxecten durante as mesmas, e que teñan relación coa proposta musical. Calesquera outros recursos de escea ou interpretativos, comuníquense tamén previamente á Organización. 7. A Organización proporcionará o instrumentario básico, atriles e amplificación; non obstante, cada centro fará constar na súa solicitude de inscrición unha relación completa do material que precisará. Os instrumentos e outro material que se traian a maiores deberán vir claramente identificados. 8. O xantar terá lugar nun emprazamento previamente escollido e preparado pola Organización. Os participantes deberán traer a súa propia comida. A clausura do Encontro será ó remata-lo xantar. 9. Para contactar coa Organización, escribir unha mensaxe a encontro.asomusica@gmail.com . Asociación do Profesorado de Música de Secundaria e Bacharelato de Galicia (ASOMÚSICA) Inscrita no rexistro co número 2004-7643-1 asomusica@gmail.com – www.asomusica.com