AS MALVINAS
As Malvinasson un microtopónimo do barrio de Porto
(Pontecesures). O nome do lugar era un alcume que a xente
do lugar utilizaba para referirse a aquela zona.
O lugar está xunto ao campo de fútbol municipal (Campo
Municipal Ramón Diéguez) e atópase no coñecido Monte
de Porto.
O nome do lugar é un tanto curioso. A procedencia deste
alcume son as coñecidas Illas Malvinas. Este arquipélago
atópase no Océano Atlántico Sur e pertence ao Mar
Arxentino. Estas illas son un territorio non autónomo, no
que a potencia administradora é Reino Unido pero a súa
soberanía é reclamada por Arxentina. O 2 de abril de 1982 as tropas británicas
desembarcaron nas illas para comenzar un conflicto bélico pola soberanía deste territorio.
Finalmente a guerra rematou con máis de novecentos mortos nun combate que non obtivo
resultados para ningunha das dúas nacións. Finalmente o arquipélago foi considerado
territorio non autónomo pola ONU (Organización das Nacións Unidas).
A razón de que a este lugar de Porto se lle chame con ese alcume é que ese era un terreo
baldío, o que quere dicir que non tiña dono. Os veciños comenzaron a apropiarse dese
territorio, o que ocasionou diversas disputas entre a xente que quería construír alí. Un veciño
foi o primeiro en coller catro estacas e coller un anaco daquela terra para el só. Ao enterarse
outra xente da aldea fixo o mesmo acabaron pelexando uns cos outros por un lugar no que
facer a súa casa.
Cando xa algunha xente tiña construída o principio do que
sería a súa vivenda, alguén avisou ao Concello de que se
estaban a facer casas nun terreo municipal, polo que era
ilegal edificar.
O Concello coa axuda da Garda Civil multou e botou de
aquel lugar a toda a xente. Houbo unhas poucas persoas que
pagaron a multa e seguiron construíndo a súa casa sen facer
caso das advertencias; así repetidas veces foron multados
pero acabaron construíndo a casa.
Outros deixaron a obra a medio facer e hoxe en día
podemos ver os piares dalgunhas casas que non foron
rematadas.
2.
Todo isto aconteceuhai uns 38 anos, na mesma época que a Guerra das Malvinas. Como nos
dous conflictos a xente pelexábase por un territorio baldío; a xente de Porto comezou a
chamar a aquel lugar co alcume de “As Malvinas”.
Hoxe en día o que podemos ver neste lugar son os restos de pilares das casas que non
remataron de construir; casas que lograron ser feitas; un pequeño cume no que hai pequenos
arbustos e árbores, dende o que podemos ver toda a zona.
A maior parte da información deste traballo foi recollida dos recordos de membros da miña
familia que sempre viviron en Porto. As lembranzas do meu avó e do meu pai foron a clave
para facer este traballo.
ESTELA BARREIRO RODRÍGUEZ 2ºA