SlideShare a Scribd company logo
Páxina 2
SUMARIO
ARREDOR DE NÓS…………………………………………PÁXINAS 2-11
Acontecementos relevantes do ano no noso centro e actividades complementarias e
extraescolares realizadas ao longo do curso
MARCADO NO CALENDARIO………………………….PÁXINAS 12-19
Celebracións tradicionais e conmemoracións destacadas.
O RECANTO DA CIENCIA E DA TÉCNICA……………….….PÁXINAS 20-27
Artigos do alumnado relacionados coa área científica.
PEQUENOS GRANDES ARTISTAS……………………………....PÁXINAS 28-30
Creación plástica a cargo dos máis pequenos do centro.
ONDE O MUNDO SE CHAMA PONTECESURES……...PÁXINAS 31-32
Investigamos sobre o noso concello.
OS ANDEIS DO MAXÍN,
Artigos de creación literaria de varios xéneros:
CREANDO BANDA DESEÑADA…………………………………...PÁXINAS 33-34
RELATOS………………………………………………………………..PÁXINAS 35-42
ARTIGO DE OPINIÓN……………………………………………………PÁXINA 43
CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES, poesía………….PÁXINAS 44-46
2013, ANO INTERNACIONAL DAAUGA ……………………...PÁXINAS 47-51
Actividades relacionadas coa conmemoración: refráns e pasatempos ilustrados
REVISTA EDITADA POLO ENDL DO CPI DE PONTECESURES, QUE CONTA CO APOIO ECONÓ-
MICO DA DXPL E O CPI DE PONTECESURES
MAQUETACIÓN: Patricia Antas Ramos e Suso Amboaxe García
DESEÑO DA PORTADA: Patricia Antas Ramos
DENDE O EQUIPO AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DO PROFESORADO , SEN A CAL ESTE
TRABALLO NON SE PODERÍA LEVAR A CABO.
Páxina 3
arredor de nós
O CPI DE PONTECESURES RECIBE O PREMIO
“GALICIA SAUDABLE”
O traballo realizado no noso centro ao longo
destes anos en prol dunha vida activa e
saudable, coordinado dende o Departamento
de Educación Física, foi recoñecido
recentemente na gala do deporte galego, na
que o CPI de Pontecesures recibiu o premio
“Galicia Saudable” á entidade educativa
destacada no fomento e promoción da
actividade física. Os organizadores da gala
destacaron que o noso é “un modelo de boas prácticas no desenvolvemento dun Proxecto
Deportivo de Centro para a comunidade educativa”. Isto ten que animarnos a seguir
facendo una vida activa, alimentándonos ben e evitando os malos hábitos. Para iso
animámosvos a que sigades participando e colaborando en todas as actividades do noso
Proxecto Deportivo de Centro.
O NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO
O primeiro paso que demos foi realizar un diagnóstico inicial da realidade deportiva do
Concello: clubs con funcionamento na zona e federación implicada, actividades ofertadas
polo concello (temporais ou esporádicas), actividades ofertadas pola ANPA e instalacións
públicas existentes así como os seus cadrantes de uso. En todos estes ámbitos desglosamos
os participantes segundo grupos de idade.
Tamén fixemos un estudo dos hábitos físico-deportivos do noso alumnado. De cada un dos
alumnos sabemos que actividades fan e cantos días á semana. A efectos estatísticos fixemos
tres grupos: os que fan deporte, os que fan actividade física regular e os sedentarios.
Como resumo do diagnóstico inicial, convén sinalar que atopamos tres deportes con club en
funcionamento moi consolidado: fútbol, baloncesto e piragüismo. Á parte o noso alumnado
ten a oferta de actividades da ANPA e as escolas deportivas do Concello, así como as
actividades físicas que con carácter esporádico oferta o mesmo. Neste diagnóstico tamén
sinalamos as actividades físicas que se lles ofertan aos adultos.
Unha vez feita esta análise xa tiñamos todo para empezar a
traballar nas liñas de promoción deportiva.
O primeiro foi elaborar un mapa deportivo de centro e, de
forma paralela, dentro da mesma liña de promoción,
organizamos un concurso na materia de Educación Plástica e
Visual, (no noso centro está dentro do Departamento de
Tecnoloxías) que tiña como fín deseñar e escoller unha mascota
para o noso Proxecto Deportivo.
Páxina 4
arredor de nós
Elaborouse un tríptico que entregamos a todo o alumnado coa información do mapa
deportivo e, a maiores, puxéronse dous mapas ampliados na entrada do centro e no
ximnasio.
Outra liña de actuación foi elaborar un proxecto de
actividade didáctica orientada á náutica, en concreto ao
piragüismo. Integrámolo na programación e, deste xeito,
establecemos a colaboración co Club Náutico de
Pontecesures. Na práctica o que fixemos foi levar a
tódolos alumnos de 6º de primaria, 1º e 2º de ESO a
participar nunha unidade didáctica que constou de dúas
sesións en outono e outras dúas en primavera. Nestas
sesións, á parte de desenvolver contidos propios da
materia a través do
bloque de contidos de actividades na natureza,
conseguimos que todo o alumnado deses cursos coñeza o
deporte e poidan vincularse a el.
Integramos no Proxecto Deportivo outro proxecto
didáctico de actividades na natureza, neste caso de
deportes de inverno. Participaron alumnos de 3º e 4º de
ESO. Consistiu en viaxar ata Andorra e vivenciar durante
unha semana os deportes de inverno.
Páxina 5
arredor de nós
Outra actividade de promoción que levamos a
cabo cos alumnos de 3º e 4º de ESO foi a de
participar a través dunhas enquisas nun proxecto
do Centro de Estudos Olímpicos, que traballa
paralelamente coa Academia Olímpica Española.
O colofón a esta actividade de colaboración foi
que tivemos a sorte de contar no noso centro con
Don Conrado Durántez que agasallou a cada
alumno cun libro e deu unha conferencia sobre os
valores olímpicos e a figura de Pierre de
Coubertain. Foi todo un privilexio contar co
presidente da Academia Olímpica Española no
centro.
Unha liña de promoción da actividade física que comenzamos o curso pasado e este curso
melloramos foi a de organizar recreos activos.
Comezamos cun programa de préstamos de material deportivo e un par de competicións.
Fíxose con primaria unha competición de baloncesto, temporalizada no último trimestre. E
con secundaria unha de fútbol que abrangueu parte do primeiro trimestre e o segundo. Este
curso, en secundaria, melloramos este traballo coa figura dos delegados deportivos. Estes
son os encargados de solicitar o material, entregando un documento no que figura quen o vai
utilizar e os responsables da recollida e entrega. Do mesmo xeito, de forma guiada, están a
organizar as competicions de fútbol e baloncesto. Como nota salientable, destacamos que
este curso no préstamo de material xa non solicitan só balóns de fútbol e baloncesto, senón
que tamén en dous recreos á semana se practica bádminton e voleibol. Toda a participación
nestes recreos activos é voluntaria.
Un paso máis que demos para integrar ao alumnado no proxecto foi o seguinte. Tódalas
actividades na natureza teñen o seu Power Point con fotos e música. Agora os alumnos son
os protagonistas da súa elaboración. Facilítaselles unha base coa estrutura do mesmo e datos
que deben aparecer e partir de aí eles realízano. Se o alumnado ten como optativa a
informática, ténselle en conta de cara á materia.
Como última liña de promoción deportiva sinalaremos a que vertebrou todo o proxecto.
Todas estas liñas de actuación, quedaron unificadas nun só produto que foi o blog da
materia de Educación Física: http://efcesures.blogspot.com
Isto deu coherencia a todo o traballo e, deste xeito, o alumnado ten un punto de referencia e
de “reunión” virtual. Saben que todo o referente ao proxecto, que sexa salientable, aí
aparecerá. A intención é tamén ir converténdoos en protagonistas. Este curso, por exemplo,
os alumnos que voluntariamente redactaron crónicas dos recreos activos, e foron colgadas
no blog, tiveron a valoración positiva na materia de Lingua Galega, coma colaboracións
voluntarias.
Felipe Buceta Fernández
Departamento de Educación Física
Páxina 6
arredor de nós
3ºA: 12 - 3º
DIVER: 2
Primeiro partido de
liga. Claramente
dominaron os de
“A”. Iso reflectiuse
no marcador. Non
houbo a penas faltas
durante todo o
encontro. Coa saída
de Samuel García
(que foi substituído por Fran Refojo na
segunda parte), os de “A” perderon en ataque
pero gañaron robustez na defensa.
EQUIPO FEMININO: 5 -1ºA: 6
Partido moi entretido. O equipo feminino
empezou con moi bo pé (ao longo do partido
necesitaron a axuda de Samuel García,
Misael e Lorenzo, aínda que o que máis
estivo no campo foi Samuel). Tiveron moi
boa defensa e ataque. Os goles foron: 2 de
Samuel, 2 de Antía Sanmarco e 1 de María.
Esther quedou de porteira durante case todo
o partido e parou moitísimos goles. Sofía
parou un gol na segunda parte. Verena, que
estaba de defensa, parou tres goles. A xente
de 3º festexaba os goles do equipo feminino
e, nas bancadas, os de 1º festexaban os de
1ºA. Na segunda parte, o equipo feminino ía
remontando, pero no último segundo antes de
que o árbitro (Víctor Rodríguez Gesto) pitara
o final do partido, Jose Castaño, xogador de
primeiro, marcou un gol dende medio
campo. De 1º A marcou dous goles Uziel,
dous Lois, un Álvaro e un Jose Castaño.
Estes gañaron por ese gol no último segundo.
Moi bo xogo do equipo feminino .
4º ESO:3 -1ºA:0
Foi un partido no que houbo moitas ocasións
de gol. Na primeira parte só unha acabou
pasando a liña de meta. Na 2ª houbo menos
ocasións pero 4º soubo aproveitar as
poucas que tivo metendo dous goles. No
partido os irmáns Santamaría López xogaban
en equipos rivais, mais o seu comportamento
foi deportivo. Varios xogadores de 4º estaban
nunhas condicións físicas moi discutibles.
2º ESO: 3 – 1º ESO: 1
O partido non foi moi entretido. Os
xogadores de 2º estaban moi motivados, ao
contrario que 1º que, ao parecer, Jose
Castaño era o único que mantiña as
esperanzas de gañar. Os goles foron: un de
Iván, un de Aharón e outro de Jose Miguéns
(por parte de 2º) e un de Jose Castaño (por
parte de 1º).
4ºESO –EQUIPO FEMININO
O equipo feminino resultou gañador, polo
abandono de 4º da ESO.
Tras o éxito destes pasados anos, este curso organizouse no CPI unha nova liga de fútbol-
sala entre o alumnado dos cursos da ESO integrado no Proxecto Deportivo de Centro. Este
evento deportivo organízano os profesores Víctor e Felipe, aínda que estes esperan que
sexan os propios alumnos os que rexan esta competición a partir de agora. Os partidos tive-
ron lugar todos os martes nos dous recreos no recinto do pavillón. O árbitro titular dos en-
contros foi o profesor Víctor Rodríguez Gesto e tamén o substituíu nalgúns casos Alejandro
Baleirón Rial, de 4º de ESO. A experiencia foi, en xeral, positiva aínda que decaeu un pou-
co o número de espectadores conforme avanzou o campionato. Agardamos que en próxi-
mas convocatorias se esperte de novo o interese por ver os partidos.
UN ANO DE LIGA DE FÚTBOL SALA
Páxina 7
arredor de nós
3º ESO:14-1ºA:1
Foi un partido moi interesante. Os de terceiro
gañáronlles por 13 goles máis aos de
primeiro. Neste partido, de 3º marcaron
Samuel García (6 goles), Samuel Castro (4
goles), Santi Gándara (3 goles) e Daniel
Olivera (1 gol). Mentres paraban o balón,
Samuel García aproveitaba para comer sen
que o árbitro o amoestara. O único gol de
primeiro meteuno Jose Castaño. Rabia dende
as bancadas cara aos de 3º de ESO.
EQUIPO FEMININO: 2 /2ºA: 9
Foi un partido normal e corrente. As rapazas
necesitaron axuda dun compañeiro (Samuel
García) para meter os seus dous goles e máis
doutro, Samuel Castro, para intentar que o
balón non pasase da liña de meta. Os de 2º
gañáronlles ás rapazas por sete goles. Antía
Sanmarco, a titular do equipo, case mete un
gol. María Navarro, a pesar de que non tiña
roupa apropiada para xogar, quedou de
porteira e parou outro. Por outra parte,
Jacobo, porteiro/xogador de 2º, púxose a
celebrar un gol que meteran nese momento
os do seu equipo e mentres, Samuel García, o
xogador de terceiro, tirou desde medio
campo e marcou.
3º ESO: 9 - 4º ESO: 5
Foi un partido repleto de substitucións por
parte dos de 4º: Alex non puido acudir ao
partido, polo que foi substituído por Iván, de
2º, quen foi o máximo goleador do partido
con catro tantos. Tamén foi trocado Alex
Baleirón (que marcou un gol) por Lauro, pois
Alex caeu e fíxose dano no cóbado.
Houbo una xogada moi discutida: unha man
de Iván na área que o árbitro non sinalou
como penalti. Houbo outra, polo contrario,
moi aclamada: un gol que salvou case na
mesma liña de meta.
A maioría dos xogadores non estaban en
condicións de xogar, pois non levaban a
roupa apropiada. Mais os que si a levaban
marcaron varios goles: Samuel (2), Samu (3)
e Santi (3).
2ºESO:5- 1ºESO:2
Foi un partido moi tenso. O árbitro estaba
moi centrado no partido, pero aínda así tivo
fallos e custoulle arbitrar. Un exemplo disto
foi o enfrontamento de Jose Castaño con
Aharón, que rematou coa expulsión de Jose,
e que foi moi discutida polo público. Agás
iso, foi un partido no que se amosou bo xogo.
3ºESO: 10 - 2ºESO:2
Foi un partido moi interesante. As dúas
últimas xogadas foron boas pero sen marcar
gol. Os de 3º de ESO gañáronlles aos de 2º
da ESO por goleada. Os goles foron: cinco
de Samuel García, un de Santi, un de Samu e
tres de Rubén (por parte de 3º) e dous de
Manuel (por parte de 2º).
Para finalizar,
queda pendente a
celebración do
derradeiro
partido ao peche
da redacción da
revista entre o
equipo feminino
e 3º A, mais o
resultado é
irrelevante no
resultado final da
competición xa que o equipo gañador da liga
é 3º A. Parabéns para eles.
María Navarro Jamardo,
Verena Vieites Fernandes
3º ESO
Páxina 8
arredor de nós
LEMBRANZAS DE AULA: 3º A DE EDUCACIÓN
PRIMARIA
Ao longo deste curso, houbo moitos momentos que non esqueceremos como este no que
aparecemos preparados para subir ao barco pirata. Se queres vernos noutras actividades que
realizamos ao longo do curso, preme nesta ligazón:
http://animoto.com/play/xKHll9PPgFEMboWKUNKvOA
Os nenos e nenas de 3ºA antes de subir ao barco Pirata…
Páxina 9
arredor de nós
CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA DO CPI
DE PONTECESURES
O noso Club de Lectura comenzou a súa andaiana o curso 2009-2010 co nome de OS
ASALTACONTOS porque despois de varias propostas decidimos que no noso club
apostabamos pola evasión, polo deixarse ir, por entrar neses mundos que só a lectura nos
pode ofrecer a través da palabra. Este ano estamos nel 15 alumnos e para algún de nós é o
segundo ano. Cada mes dedicámoslle parte do noso tempo de lecer a ler un libro e nun
recreo dos xoves reunímonos na biblioteca e comentámolo entre todos. Falamos daquilo
que nos gustou ou daquilo que nos pareceu máis interesante. Tamén vemos algunha película.
Nas nosas reunións non só compartimos o pracer da lectura senón que tamén sempre temos
algo doce para compartir pois nunca nos esquecemos da merenda.
Tamén temos un blog onde se pon todo aquilo que facemos. O seu enderezo é:
http://osasaltacontos.blogspot.com.es
Este ano xa levamos lidos varios títulos, tanto en galego como en castelán, pero o noso
próximo reto é ler “Jump to freedom” en inglés.
Marina Carmen García Rey
Coordinadora do Equipo de
Biblioteca
Páxina 10
arredor de nós
AS EXCURSIÓNS DESTE CURSO
Ao longo do curso alumnado e profesoresorado botouse a aprender fóra das aulas en varias
ocasións, que intentaremos lembrar aquí. Presentámosvos algunhas delas, e desculpade se nos
esquecemos dalgunhas.
O 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE
CESURES PARA ASISTIR A UNHA SESIÓN
DE CONTACONTOS
Alí puidemos escoitar e “ver “ o conto “Contos do
Mundo”. Aí vos van unhas fotiñas para que as
vexades…
OUTRAS EXCURSIÓNS DE
E. INFANTIL E PRIMARIA FORON:
25-11-13: O 3º ciclo visitou o Parlamento de
Galicia.
25-11-13 , 25-3-14:, 28-4-14 O 1º e 2º ciclo
asistiron ao teatro a Pontevedra
13-12-13: E. Infantil acudiu a Valga para
ver o Belén.
21-1-14: O 3º ciclo asistiu a unha represen-
tación teatral en inglés.
23-1-14: O 3º ciclo visita o Centro de Día de
Valga onde realizaron actividades para con-
ciencialos sobre a discapacidade.
19-3-14: O 3º ciclo asiste á actuación do
grupo de percusión “Odaiko”.
OUTRAS EXCURSIÓNS DE E. SECUN-
DARIA FORON:
-XANEIRO: Asistencia en Padrón á repre-
sentación teatral en inglés Delaired.
-FEBREIRO: Excursión de unha semana a
Andorra para iniciarse no esquí (3º e 4º de
ESO)
-MARZO: Acudimos a Santiago a ver a
obra teatral Don Juan Tenorio.
-ABRIL: Visita ao Salón do Libro Infantil e
Xuvenil de Pontevedra.
-ABRIL: Excursión de unha semana a Can-
tabria (2º ESO)
-MAIO: Excursión a Santiago para partici-
par no Correlingua.
Excursión ao Parque Natural de Corrubedo
do Departamento de Bioloxía.
Páxina 11
arredor de nós
OS NENOS/AS DE 1º A
DESÉXANVOS
“Bon Appetit”
Bon Appetit é unha obra de teatro que fomos
ver o martes 25 de marzo a Pontevedra. A
cociña tradicional galega é o ingrediente
perfecto para esmendrellarse de riso, na que
o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o
divertido pode ser moi perigoso.
Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e
Fransuá de la Berenxem son tres xefes de cociña que nos van ensinar os segredos da cociña
galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega.
Farannos unha empanada, polbo á galega, lacón con grelos e, de sobremesa, filloas Fomos
en autobus e pasámonolo estupendamente. Aquí quedan unhas fotos nosas:
Páxina 12
marcado no calendario
MAGOSTO 2013: “ ARTISTAS POR UN DÍA”
Día moi atarefado, con moito movemento: Entrega de premios dos relatos de
terror, cunha terrorífica posta en escena por parte dos alumnos/as de ESO, preparar os
cucuruchos para meter as castañas asadas, comer as castañas,… e entre unhas e outras, ós
cativos e cativas de 4º e ás súas mestras, ocorréuselles amenizar o día cantando unha copla,
creada para esa ocasión, indo polas aulas, biblioteca,…
O retrouso da cantiga
rezaba así :
“ No cole do Pino Manso,
hai magosto e zafarrancho,
ai, no cole do Pino Manso”
Cantámola a ritmo de muiñeira, co
acompañamento das pandeiretas de
Estela e Icía. Pasámolo xenial.
Indo de xira polo centro,
sentímonos artistas por un día.
Podedes ver a nosa actuación en
directo, na aula de 2º, no seguinte
enlace:
https://www.youtube.com/watch?
v=RK9wP7pPTHs
UN SAMAÍN ESTARRECEDOR
Época de cabazas decoradas con
moita creatividade no noso centro.
Dende o Equipo de Normalización
e a Biblioteca, decidimos organizar
este ano un concurso de relatos de
terror cuxos gañadores podedes ler
na sección “Os andeis do maxín”.
Para anunciar o certame, nas clases
de Plástica de Secundaria
puxémonos a deseñar o cartel e,
finalmente, eliximos este, de Pablo
Oliveira (3º ESO). Algúns alumnos/
as do equipo representaron unha
peciña teatral para a entrega de
premios, titulada: “Casandra, a vidente invidente”. Tedes fotos do evento no seguinte enlace
do blog do trasno paroleiro: http://www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3656
Páxina 13
marcado no calendario
IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
No noso centro sumámonos un ano máis ás vi-
deoconferencias organizadas pola CGENDL para
conmemorar o Día da Ciencia en Galego, data
reinvindicativa que pretende sinalar que o noso
idioma tamén vale para as materias escolares de
carácter científico. A de primaria correu a cargo
de Marilar Aleixandre e versou sobre os insectos.
Na de secundaria, Jorge Mira explicounos como
medían os gregos as distancias da Terra á Lúa e
ao Sol. Deixamos unha foto do evento, pero te-
des máis na fotoblogoteca: http://
www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3657
NADALEANDO
Ao remate do 1º trimestre, tamén contamos coa fantástica ac-
tuación dos cantos de reis do alumnado de 4º B de primaria.
Non vos perdades o vídeo en:
https://www.youtube.com/watch?v=BlGL_OrMJ6w
DÍA DA PAZ
Os alumnos e alumnas de 2º de
Educación Primaria fixeron un
vídeo para conmemorar o Día Es-
colar da Paz e da Non Violencia,
que se celebra o 30 de xaneiro. Pa-
ra velo, preme no enlace:
https://www.youtube.com/watch?
v=2q2LHNjHNWY
Páxina 14
marcado no calendario
Un ano máis celebramos todos xuntos a festa do entroido. O tema central foi a auga.
Páxina 15
marcado no calendario
Páxina 16
marcado no calendario
Páxina 17
marcado no calendario
OS MERGULLADORES DO TERCEIRO
CICLO
Como ben sabedes, este ano o entroido estivo adica-
do a un ben pouco apreciado no “primeiro mundo”:
a auga. Dende o 3º ciclo non quixemos caer en tópi-
cos ou palabras baleiras que tenden a se esquecer
con facilidade. Cremos que a concienciación da boa
utilización deste recurso e do coidado do planeta
debe ser un labor cotiá e non algo illado, froito dun
día puntual. Por iso quixemos enfocar o tema dende
un punto de vista lúdico, humorístico e mesmo satí-
rico en consonancia co espírito satírico do entroido
galego.
Os alumnos/as do 3º ciclo quixeron baixar ás pro-
fundidades do océano da man de The Beatles e o
seu “Yellow Submarine”. Tamén quixeron coñecer
o medio mariño desde a superficie, surfeando as
fermosas ondas atlánticas para non ser menos que
os Beach Boys co seu Surfing USA.
Para ver as alumnas/os do 3º ciclo en acción,
acompañados destes dous grandes grupos dos 60,
premede nesta ligazón: https://www.youtube.com/
watch?v=5tPrBwRlFFk
Ademais, o alumnado de 5º A investigou sobre es-
tes grupos e tedes aquí o froito do seu traballo:
THE BEATLES
The Beatles foi unha banda de rock formada en
Liverpool (Inglaterra), activa durante a década dos
60 e cuxos integrantes eran: Jonh Lennon (guitarra
rítmica e vocalista), Paul McCartney (baixo e
vocalista), George Harrison (guitarra solista e
vocalista) e Ringo Starr (batería e vocalista).
Enraizada no skiffle e o rock and roll dos anos
cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos
xéneros musicais que ían desde a balada pop ata o
rock psicodélico, incorporando a miúdo elemento
clásicos.
Lograron o éxito comercial no Reino Unido a finais
do 1962 co seu sinxelo “Love Me Do”. A partir de
aí foron adquirindo popularidade internacional nos
cales fixeron un extenso número de xiras por todo o
mundo ata o ano 1966, ano no que cesaron a súa
actividade en vivo. Ao comezar a década dos 70 o
grupo sepárase e todos os seus integrantes
embarcáronse en exitosas carreiras independentes.
Catro décadas logo da súa separación a música que
crearon continúa sendo popular.
THE BEACH BOYS
The Beach Boys é unha banda que se formou en Os
Ánxeles (Californi) no ano 1961 e estaba formada
por: Brian (compositor, vocalista, baixo e piano),
Carl (guitarra e vocalista), Dennis Wilson (batería e
vocalista), Mike Love (vocalista) e Ao Jardine
(guitarra e vocalista). Xuntos popularizaron un
estilo de pop coñecido como “Surfin” ou “Hot-
Rod”.
No mesmo ano no que se formou a banda saíu o seu
primeiro sinxelo “Surfin” que foi todo un éxito.
Despois viñeron éxitos como “Surfin USA”, “Fun
Fun Fun” e “California Girls”. Estes primeiros
éxitos do grupo falaban dunha utopía suburbana
adolescente nas praias e arrasou en todo o país..
A partir do 1966 a música dos Beach Boys comeza
a facerse máis complexa sendo unha mostra o
álbum “Pet Sounds”.
A carreira dos Beach Boys sofre altibaixos editando
discos importantes pero con escasa resposta
comercial como “Sunflower”, “Sufs Up” e
“Holland”.
Por certo na semana do entroido
houbo unha persoa que colgou nas
portas das aulas estes letrei-
ros .Sabedes que foi?
Páxina 18
marcado no calendario
DÍA DO LIBRO
2014
Entre outras actividades que
se organizaron no centro por
esta data (como un certame
literario) , os rapaces de 4º A
fixeron un marcapáxinas
cunha imaxe deles mesmos
disfrazados de Piratas.
CORRELINGUA 2014: GALEGO, O PASO
ADIANTE
Este foi o lema escollido para a edición do Correlingua deste ano no
que participamos dende as aulas de lingua galega e Plástica de
Secundaria. En 1º de ESO presentaron a
concurso un vídeo elaborado na aula de
Plástica que podedes visionar no enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=1exf3083Hcw
O alumnado de 4º de ESO presentou a concurso este ano o
seguinte manifesto, que recollemos íntegro aquí:
“CAMIÑANDO AO ENCONTRO DO GALEGO”
Chámome Xián. Aos meus quince anos, darei o meu primeiro paso. Pasos tamén deron outros: o ímpeto co que
loitou Rosalía ou a valentía de enfrontarse ao risco de escribir poesía vangardista en galego de Manuel Anto-
nio, foron exemplos que me fixeron crer máis en min.
O meu primeiro paso non quedará marcado na historia de Galiza, pero si na miña historia. Foron quince anos
de sufrimento, tamén de debilidade. Deixarse levar polos outros nunha cadeira de rodas sempre é máis cómo-
do. Cómodo tamén foi deixarse dominar pola nobreza foránea que dende o século XIV invadiu a nosa terra. A
escuridade deses anos aínda non está esquecida. Os intentos errados de erguerme non foron en van, pois agora
chegou o momento de espertar. Teño que loitar por seguir adiante para que o meu primeiro paso sexa forte, tan
forte coma o vento destes días de inverno, que me vai axudar a guindar con esta cadeira de rodas para sempre.
A partir de agora, será a multitude a que me siga e non quen a siga a ela.
Páxina 19
marcado no calendario
Para veres o vídeo e o manifesto gañadores desta edición, podes visitar a páxina oficial do
correlingua: www.correlingua.org
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014
Este ano a Real Academia Galega decidiu renderlle tributo ao poeta de Guitiriz, Xosé Mª
Díaz Castro. Ao homenaxeado, membro da denominada Xeración poética de 1936 xunto
con outros outros escritores, entre os que destacan Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia
Alvariño, tocoulle vivir de preto a Guerra Civil con 22 anos. A súa formación académica
iníciase no Seminario de Mondoñedo, onde comparte aulas e amizade co mencionado Igle-
sia Alvariño, centro de ensino no que comeza o seu interese pola poesía e o estudo das lin-
guas. Aínda que inicia a súa andaina profesional como mestre no colexio León XIII de Vila-
garcía, dirixido por Iglesia Alvariño, o labor que o ocupará gran parte da súa vida é o de tra-
dutor no Consello Superior de Investigacións Científicas, en Madrid, cidade onde residirá
ata a súa xubilación. Desta etapa é o seu único libro editado, Nimbos, que se considera un
dos grandes poemarios da literatura galega de posguerra. Os temas tratados nel, van dende a
propia reflexión metapoética, a relación do ser humano e Deus, o paso do tempo e a consi-
deración simbólica e telúrica da paisaxe galega. Na década dos 80,
xubilado e retornado a Galicia, publica poemas na revista Dorna con-
vidado polos poetas que sostiñan a publicación da revista. O poeta
morre en Lugo no ano 1990.
O alumnado de 4º de ESO elaborou unha serie de video-poemas ba-
seados en composicións de Nimbos, que poñeremos en breve no blog
de normalización: www.blogoteca.com/trasnoparoleiro
15 de febreiro de 2014
Por fin son libre! Celebreino nun concerto de Ruxe-Ruxe. Deille á lingua canto puiden. A noite é xove pero eu
aínda o son máis. Transmitíronme tanta forza coas súas letras que agora mesmo sinto que podo facer todo o
que me propoña. Arestora xa sei que todo o imposible se pode converter en posible. O único que preciso para
alcanzar todo o que me propoña é estar preto de vós. Xuntos conseguirémolo todo. Se caio, erguereime coa
vosa axuda.
Levemos o galego Máis Alá: twitteemos en galego, juasapeemos en galego, rapeemos en galego, instagalegue-
mos…
GALEG@S: UN PASO ADIANTE, NUNCA ATRÁS!
@S FOLUADOR@S
4º DE ESO CURSO 2013/2014 CPI PONTECESURES
Para saberes máis sobre
Díaz Castro, podes con-
sultar esta páxina web da
Dirección Xeral de Polí-
tica Lingüística:
http://www.xunta.es/
linguagalega/
xose_maria_diaz_castro
Páxina 20
o recanto da ciencia e a técnica
NACEMENTOS E CICLO LUNAR
Introdución
Como parte dun traballo máis amplo sobre a lúa e a súa influencia, o profesor de Ciencias
Naturais propúxonos comprobar se as datas de nacemento dos alumnos do CPI de
Pontecesures gardaban algunha relación coas fases lunares.
Os mitos e crenzas do influxo da Lúa sobre o crecemento e a fertilidade subsisten en todas
as sociedades. Unha gran parte deles baséanse no feito da atracción da Lúa sobre as augas,
tan visible no ritmo periódico das mareas, para explicar, metaforicamente, o que sucedería
nos líquidos vitais dos seres vivos durante os ciclos lunares. Así, en abalo ou crecente,
mobilizaríanse os fluídos de abaixo cara a arriba, fomentando o crecemento, e en decrecente
ou debalo sucedería o contrario. Cortar a herba, o pelo ou as uñas, sementar, matar o porco,
podar, transplantar ou facer marmeladas, deberían realizarse no período lunar axeitado.
Unha muller embarazada contén un 70% de auga no seu corpo, polo que os seus líquidos,
pensemos no líquido amniótico, son susceptibles de sufrir a atracción da Lúa. Esta forza
manifestaríase con máis intensidade en Lúa chea e Lúa nova, pois é cando Lúa, Terra e
Sol están aliñados. O mito, defendido aínda hoxe por algúns profesionais da saúde, fala dun
aumento de partos en Lúa chea, ignorando a Lúa nova, responsable de mareas de amplitude
similar ou superior ás do plenilunio.
Material e métodos
Os datos de nacemento dos alumnos foron recompilados do programa de xestión
administrativa de educación (XADE) e xentilmente facilitados, ata en dúas ocasións, por
Asun.
Os datos dos ciclos lunares foron extraídos do programa Moonphase 3.3 e da páxina web
Kalender.de.
O movemento de translación da Lúa arredor da terra , a chamada revolución sinódica, dura
29 días e 12 h., polo que adxudicamos un día do ciclo lunar, do 1 ao 29, a cada unha das
datas de nacemento dos alumnos. O día 29 correspondería coa lúa nova e, o seguinte á Lúa
nova, sería o 1 ou primeiro día do ciclo. Esta metodoloxía pode resultar un pouco laboriosa,
pero é moito mais fiable e precisa que asignar as datas de nacemento en catro cuartos. O
erro máximo é dun día, e sempre se poden xuntar os datos por cuartos: (1 a 8 cuarto
crecente, 9 a 15 Lúa chea, 16 a 22 cuarto minguante, 23 a 29 Lúa nova).
Deseñamos unha folla de cálculo co programa Microsoft EXCEL 2010 para cada un dos
grupos, cubrindo as seguintes variables: nº de alumno, grupo, sexo, data de nacemento e día
do ciclo lunar. Para reflectir a forza real da atracción da Lúa e o Sol, solapamos estes datos
aos de amplitude de marea do mes de xullo de 2011 do porto de Vilagarcía. Co fin de
Páxina 21
o recanto da ciencia e a técnica
estimar a amplitude en cada un dos 29 días, calculamos a diferenza entre a altura máxima da
primeira preamar do día e a altura da baixamar seguinte. Na gráfica só figuran os valores de
amplitude máximos e mínimos.
Resultados e discusión
Os resultados amósanse no seguinte gráfico:
Á espera dunha análise
estatística mais rigorosa por
parte do Departamento de
Matemáticas, parece que non
existe, polo menos nos alumnos
do centro, unha tendencia clara
a un maior número de
nacementos na fase de Lúa
chea. De feito, o día do
plenilunio é o 15 e só se
rexistran 8 nacementos. Pola
contra, destaca o día 23, con
case o dobre de nacementos que
a media do ciclo, e que vén
precedido polo día que menos
nacementos se produciron.
Outro feito salientable é que
nacen en crecente, (días 1 a 15)
167 alumnos, exactamente o mesmo número de alumnos que en decrecente (días 16-29).
Se agrupamos os datos como fan noutros traballos (García Sánchez, Mª e outros,2001)
teríamos no cuarto crecente 80, en Lúa chea 87, en cuarto decrecente 69 e en Lúa nova 98.
Neste caso parecería que a Lúa podería ter algo de influencia nos nacementos pois aumentan
lixeiramente en Lúa chea e bastante en Lúa nova coincidindo cos períodos nos que a Lúa e o
Sol exercen unha maior forza de atracción sobre as augas. Esta forza podería estimarse coa
variación en amplitude das mareas ao longo do ciclo lunar representado pola liña laranxa.
Pedro Citoula Pérez 1º ESO
Bibliografía:
García Sánchez,Mª ; Garrote Mata, A.; Sánchez Peñarrocha, Mª G. (2001). Influencia lunar y barométrica
sobre los partos y la rotura espontánea de membranas ovulares. Revista de Enfermería,Nº 14, diciembre de
2001. Escuela Universitaria de Enfermería de Albacete. http://www.uclm.es/ab/enfermeria/revista/numero%
2014/influencia_lunar_y_barom%E9trica_s.htm
Kalender.de: http://kalender-365.de/lunar-calendar.php Calendario ciclo lunar 1997-2011.
Moonphase 3.3: descargable de balde en: http://www.tingan.com/index.asp?
top=top&left=meny&right=space&main=w3
Moure Salgado, X. (2011) .A Lúa; Galicia Encantada; Enciclopedia da fantasía popular de Galicia.
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1957&n=a_l%FAa
Tablas de mareas Porto de Vilagarcía xullo 2011;. Páxina web meteogalicia.
http://www.meteogalicia.es/web/predicion/maritima/mareasIndex.action
XADE: Datos de nacemento do alumnado CPI Pontecesures ciclo 2013/ 2014.
Páxina 22
o recanto da ciencia e a técnica
OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS DE 6º B
Os alumnos de 6º B estivemos aprendendo algunhas cousas sobre a electricidade e, para
comprobar que todo iso que estudamos é verdade, construímos algúns circuítos que vos
contamos a continuación:
CASA E MUÍÑO DE VENTO:
MATERIAIS NECESARIOS:
-Unha táboa de madeira, para pegar os
materiais que necesites.
-Catro interruptores
-Tres lámpadas, un ventilador pequeno e dúas
pilas.
-Nove cables e nove soportes para os cables.
-Dous soportes para as dúas pilas e tres
soportes parra as tres lámpadas.
Xa podemos empezar a facer o noso circuíto:
1. Colles os cables e pélalos polas puntas.
2. Colles os cables pelados e conéctalos aos interruptores.
3. Cando os cables están conectados aos interruptores, conectalos ao soporte da lámpada e
aparafusar os soportes.
4. Cando xa terminas de aparafusar os soportes das lámpadas, conectas os cables ao
ventilador e pos as lámpadas na súa base.
5. Colles os soportes das pilas, aparafúsalos á táboa e pos a pila. Xa podes enchufar os
cables e acender o interruptor.
Para facer o decorado necesitas cortiza, serraduras, tacos de madeira e un ferro.
Empezamos a facer o decorado:
1. Cortas catro cachos rectangulares e dous en forma de casa.
2. Pégalos encaixándoos ben e pegamos na táboa.
3. Se queres faille unha cheminea e uns bancos coa cortiza que sobra.
Empezamos coa casa de madeira:
1. Facemos a estrutura cos tacos de madeira.
2. Colocamos o ventilador nos tacos.
3. Facemos un burato e metemos o ferro.
4. Ao redor poñemos as serraduras.
5. Pinta como queiras.
Para o traballo axudáronnos os nosos pais e a nai de Noa comprou as pilas, as lámpadas e a
súa base. A nai de Sandra comprou a cortiza.
Páxina 23
o recanto da ciencia e a técnica
A NORIA
Materiais:
2 Cables
Cinta illante
Interruptor
Motor
Goma elástica
Pila de petaca
Roda
Desenvolvemento:
Fixen dous circuítos cun só interruptor. O cable negro leveino a un extremo da pila de
petaca e o vermello ó outro. No medio do longo do cable, puxen outro, e así, ó darlle ó
interruptor (unido ó cable), acende a luz da lámpada e o motor dá movemento para a nora.
Entón, a corrente vai da pila ao motor e dá voltas. Poñémoslle unha goma elástica
enganchada a unha roda, e a goma móvese facendo mover ó mesmo tempo a roda, unida á
nora por un ferro, que se tamén se move mentres a luz ilumina a “taquilla”.
Para que non se solten os cables, ou non dean brecas, pónselle cinta illante.
O MUÍÑO DE VENTO E A CASIÑA.
O meu circuíto eléctrico está feito con: cables, dous
interruptores, dúas pilas e unha lámpada; tamén utilicei
cartón e madeira para facer a casiña e o muíño. Neste
traballo tamén me axudou meu pai (só cos cables). O
muíño ten un cable que está unido a un dos polos da pila
de petaca e tamén ao muíño e ao interruptor, para que
este xire. A casiña ten tamén un cable unido a unha pila e
a un interruptor que fai que se vexa luz dentro dela.
OS SEMÁFOROS
O meu circuíto é unha cidade representada por unha imaxe pegada nun cacho de porexpan.
Na cidade hai unha estrada que ten dúas direccións e un paso de peóns. En cada dirección
hai un semáforo, cada un deles ten dúas lámpadas, unha verde e outra vermella. Detrás da
imaxe hai dous interruptores, un para a cor vermella e outro para a cor verde, que están
unidas aos semáforos por catro cables.
Páxina 24
o recanto da ciencia e a técnica
Materiais necesarios para facer este traballo:
Imaxe
Porexpan (mesmo tamaño ca foto)
Catro cables
Catro lámpadas (dúas vermellas e dúas
verdes)
Unha táboa
Bote de pintura branca
Dous interruptores
Cinta negra
Tubos de plástico
Desenvolvemento:
Aos dous tubos de plástico que temos facémoslles dous buratos seguidos a cada un deles. A
continuación colocámoslle unha lámpada verde e outra vermella a cada tubo. Ao acabar isto,
facemos dous buratos na táboa, un nunha dirección da estrada e o outro na outra.
Ao acabar isto, metemos os cables das lámpadas polos buratos que ten a táboa. A
continuación unimos estes cables a outros para que sexan máis longos. Abrimos os dous
interruptores e metemos dous cables en cada un deles, logo cerramos os interruptores
volvémolos a aparafusar, deixamos que en cada interruptor saian as puntas dos dous cables e
facemos estes procesos co outro semáforo. As puntas que sobraron en cada interruptor
unímolas coa pila.
E así temos un bonito circuíto.
MUÍÑO DE VENTO
Utilizamos: unha caixa de bombóns, un coche de xoguete, cinta illante e pegamento.
Primeiro collemos unha caixa de bombóns,
cortámola en forma de cono para o teito do
muíño. Logo collemos un coche do meu irmán e
sacámoslle o motor e o interruptor. Tamén
cortamos un tubo, unhas aspas e unha caixa.
Collemos unha cortiza, unha chincheta e as aspas.
Xuntamos as aspas e a cortiza e cravamos a
chincheta. Fixemos un burato na cortiza e
metemos o motor do coche. Xuntamos o cono e o
tubo. Nel fixemos un cadrado e metemos o motor
coas aspas. Logo, cuns cables conectámolos co
motor e o interruptor. Nun lado colocamos o
interruptor e a caixa que cortamos e colocámolos
encima. Collemos unha táboa de madeira e
pegamos todo encima. Cando lle dabamos ao
interruptor as aspas xiraban.
Páxina 25
o recanto da ciencia e a técnica
A CAIXA DO MEU NOME.
NECESITAS: Unha caixa de cartón, un interruptor,
unha pila de petaca, cables de cobre, tres lámpadas,
tres soportes de lámpadas, papel celofán de , cores,
unha táboa de madeira, “Super Glue”, papel de
regalo e tesoiras.
CONSTRUÍMOS:
Primeiro forras a caixa de cartón co papel de regalo
con “super glue”. Pégala á táboa tamén co
pegamento. Colles o cable e pólo nos soportes das lámpadas para que lles chegue a corrente
e conéctalo á pila e ó interruptor . Pegas o interruptor e a pila na táboa. Coa caixa de cartón
fixen as letras do meu nome (ABEL), forrei con papel celofán o cartón coas letras e este
pegueino á caixa. Cando premes o interruptor, as tres lámpadas alumean e, como lle puxen
unha cor de papel celofán para cada letra, ilumínanse cada unha dunha cor (verde, vermello,
azul e amarelo).
A GRANXA
Para facer noso traballo utilizamos: 3 lámpadas
pequeñas, 3 pilas con polos flexibles, 3
interruptores, 6 cables
Para o decorado precisamos:
Paus de polos de distintas cores, silicona, figuras
para decorar e unha taboa de madeira para
sostelo
CAMPO DE GOLF
Somos PABLO e SAMUEL e a continuación imos facer unha descrición do noso circuíto
eléctrico, do que non temos imaxe.
Para realizar o noso proxecto utilizamos: dúas lámpadas pequenas, dous portalámpadas,
dous cables dun metro cada un, dúas pilas de petaca, paus de cores, feltro de cor verde e
unha táboa para colocar todo encima.
A continuación unimos a pila cos dous cables e estes co interruptor; os cables sobrantes
únense co portalámpadas para que a lámpada se acenda. E repetimos o proceso coa outra
lámpada.
PILA CASEIRA (MANUEL)
Utensilios : 2 cables de cobre, vinagre (tanto para encher un vaso ), cartón, cinta illante,
moedas de cobre, papel
Desenvolvemento: Metemos o cartón no vinagre . Deixámolo mollar . Cando estea mollado
sacámolo. Imos alternando : moeda, cartón , papel de aluminio. Poñémoslle cobre e cinta ao
redor e xa está lista para que funcione.
Páxina 26
o recanto da ciencia e a técnica
Umbilicus rupestris
Esther dixo que non sabía como se chamaba pero que cando era
pequena a súa nai usábaa para refrescar as feridas que se facía
nos pés. Antonio dixo que lle chamaba couselos e que tamén a
usaba para as queimaduras.
Eucalyptus globulus
Esther, aínda hoxe, prepara vaos coas follas do eucalipto para os
bronquios e para a tose, e ás veces en moi poucas cantidades en
infusión. Ela di que é a mellor solución.
Digitalis purpurea
Antonio chámalle nardos e cando era pequeno gustáballe moito
ir a un lugar onde había moitos, onde xogaba cos seus amigos a
explotar as flores.
FITOFALADOIRO: A CADA PLANTA, OS
SEUS NOMES
Este curso, o CPI de Pontecesures participa nun proxecto coordinado
dende a Universidade de Santiago e dirixido aos centros de ensino secundario
de Galicia denominado Fitofaladoiro. Trátase de recoller información dos no-
mes locais cos que se coñecen as plantas silvestres, dos usos tradicionais que
se lles daban ou dan e das lendas e sabedoría popular relacionadas con elas.
Esta información trasládase ao Herbario da USC, que xunto co Instituto da
Lingua Galega procesa e organiza todo este material co obxectivo de que to-
dos estes nomes e saberes non se perdan. No noso centro seleccionamos o
grupo de 2º de ESO para participar dende as materias de Ciencias da Nature-
za e Lingua Galega . Por iso, un grupo de catro alumnos decidimos iniciar o
traballo e preguntarlle á xente da nosa vila se había algún nome especial que
lle deran a algunha planta. Escollemos dúas persoas maiores que entenden e
que están acostumadas a tratar con plantas silvestres, Esther e Antonio.
Páxina 27
o recanto da ciencia e a técnica
Cytisus scoparius
“ A miña sogra collía moitas ramas das xestas e cun cordel
uníaas a un pau facendo unha escoba para varrer fóra” di
Esther.
Silybum marianum
A nai de Esther, cando ela era pequena ensinoume a
preparar a raíz do cardo para depurar os riles. Fervíase ata
que se facía unha especia de xelatina.
Conyza bonariensis
“Eu sempre lle chamei herba carniceira e cando me magoaba
xogando cos meus amigos, usábaa para aliviar as feridas”,
conta Esther.
Stevia rebaudiana
A esta planta Esther chámalle “stevia” e o seu marido
estaa tomando para a diabetes.
Espero que vos gustase o noso traballo. Fixémolo porque pensamos que sería unha mágoa
que se perdesen algúns nomes de plantas que non sabiamos e para que os máis novos
aprendamos os distintos usos que teñen algunhas plantas. Se queredes participar no proxecto
do fitofaladoiro, ou para coñecer algo máis sobre el, consultade o enlace:
http://fitofaladoiro.eu
Micaela, Borja, Fernando e Xenxo, 2º ESO
Páxina 28
BEN É CERTO QUE PARA O TEMA DA ARTE E A CREATIVIDADE NON HAI IDADE. POIS OS MÁIS
PEQUERRECHOS DO CENTRO DEIXAN AFLORAR A SÚA IMAXINACIÓN E SORPRÉNDENNOS REA-
LIZANDO VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE.
APROVEITANDO
A TEMÁTICA DO
NOVO PROXECTO
ANUAL SOBRE A
AUGA OS NENOS
E NENAS DE 4
ANOS REPRESEN-
TARON O FONDO
DO MAR EMPRE-
GANDO A TÉCNI-
CA DO ESTAMPA-
DO CON ES-
PONXA. PINTA-
BAN COMA VER-
DADEIROS
PEIXES DENTRO
DA AUGA. CAN-
TOS ANIMAIS MA-
RIÑOS PODEDES
ATOPAR?
pequenos grandes artistas
Páxina 29
pequenos grandes artistas
OS MAIORES DE EDUCA-
CIÓN INFANTIL, INSPIRÁ-
RONSE NO MUNDIAL-
MENTE COÑECIDO SORO-
LLA PARA REALIZAR OS
SEUS CADROS: “EL BA-
LANDRITO” “PASEO POR
LA PLAYA”,
“EMBARCACIONES VA-
LENCIANAS”…TEMOS
TANTAS GANAS DE QUE
CHEGUE O SOL E O
VERÁN QUE A PRAIA FOI
O TEMA DESTACADO DAS
SÚAS OBRAS MESTRAS.
Páxina 30
pequenos grandes artistas
OS QUE VERDADEIRA-
MENTE DERROCHARON
CREATIVIDADE POR TO-
DOS OS POROS DA SÚA
PEL FORON OS MÁIS
MÚDOS DE INFANTIL.
EMPREGANDO DIVERSAS
TÉCNICAS E MÚLTIPLES
MATERIAIS. DEIXARON
VOAR A SÚA IMAXINA-
CIÓN PARA REALIZAR AS
SÚAS OBRAS DE ARTE.
Páxina 31
onde o mundo se chama Pontecesures
ENTREVISTAAO OPERADOR DO ANTIGO CINE DE
PONTECESURES:
D. JOSÉ HORACIO CASTROAGUDÍN MAGÁN
A raíz de lermos na clase de galego un conto de Marcial Suárez titulado “O acomodador”,
no que se narraba a historia dun acomodador dun cine de Allariz que tiña que soportar as
trasnadas dos rapaces da vila, xurdiunos a curiosidade por saber algo do antigo cine de
Pontecesures. Os nosos familiares maiores contáronnos moitas veces que na rúa San Lois
existía tempo atrás un cine chamado Colón, onde hoxe se sitúa un supermercado. Decidimos
pescudar algo máis sobre este tema e soubemos que na nosa vila aínda vivía o operador
daquel cine. Así que, uns cantos de nós, fomos visitalo e fixémoslle unha entrevista. A expe-
riencia resultou moi divertida, posto que D. José Horacio acolleunos con simpatía e hospita-
lidade no seu domicilio. Agora, con 84 anos, aínda se lembra de moitos datos e historias que
a continuación reproducimos nesta entrevista.
Cantos anos traballou vostede no cine Co-
lón de Pontecesures e cantos anos estivo
en funcionamento?
O cine Colón estivo aberto trinta anos e eu
traballei nel como operador dezaoito, dende
que tiña vinte anos.
Por que decidiron abrir un cine en Ponte-
cesures?
Porque daquela en Cesures aínda non había
ningún cine e a xente ía aos das vilas do
arredor, por exemplo a Padrón. Así que pen-
samos que, se abriamos un, podería ter éxi-
to.
E foi rendible, realmente?
Pois si que foi un bo negocio porque atraía a
moitos espectadores.
Tiñan que pagar un aluguer ou o local era
seu?
Eramos dous socios os donos do local, o meu tío e mais eu.
Canto podían custar as entradas?
Dependía da zona na que estivese o espectador, pois na máis próxima á pantalla as entradas
custaban dez pesetas, mentres que as do galiñeiro eran máis baratas, pois só custaban tres
pesetas.
Páxina 32
onde o mundo se chama Pontecesures
Cantas salas había?
Había dúas: unha na planta baixa, sobre todo para as sesións infantís, e outra na planta
de arriba para adultos.
Cal era a capacidade do local do cine?
Cabían unhas trescentas persoas.
Había algún acomodador?
Si, había tres tanto para levar aos espectadores ata os asentos como para evitar os conflitos.
Logo era frecuente que houbese ruído ou pelexas durante a proxección?
Dentro non había grandes problemas, pero fóra si, incluso pelexas.
Había tenda para comprar lambetadas mentres se proxectaba a película?
Diante do cine, na porta da entrada, estaban dúas mulleres vendendo lambetadas que
levaban nunhas caixas de madeira penduradas ao pescozo. Era curioso que os caramelos que
vendían tamén se chamaban “Colón”.
Por certo, e por que lle puxeron o nome
“Colón” ao cine?
Pois porque o meu socio, que xa vos dixen que era o
meu tío, viaxara moito a América e puxémoslle o
nome en honor á persoa que descubriu ese continente.
Que tipo de películas acostumaban a proxectar
no cine?
Gustaban moito as películas de vaqueiros e tamén os
dramas.
Guiábanse polas recomendacións da igrexa
para proxectar a película?
Si, había películas que só podían ver os espectadores
de determinada idade, aconsellados pola autoridade
eclesiástica.
E, por último, foi algunha vez un actor ou
actriz coñecido daquela época?
Si, tivemos a sorte de acoller nunha sesión ao
coñecido showman galego John Balan, ao que
coñecera en América o meu tío.
Jennifer Lorenzo, Esther Eitor, Álvaro Jamardo, José
Jaime Castaño e demais alumnado de 1º de ESO
QUEN ERA JOHN BALAN?
Era un showman galego, nado en Marín,
que se fixo famoso cantando e tocando dis-
frazado de vaqueiro e imitando un inglés
falso. De feito, o seu pseudónimo provén
deste disfrace, aínda que en realidade se
chamaba Manuel Outeda. Co tempo, nas
súas actuacións foi imitando os sons de dis-
tintos instrumentos. Por iso foi coñecido
como “o home orquestra”. Tamén acostu-
maba levar unha porta que usaba para tocar
mentres cantaba, polo que o denominaban
así mesmo co alcume de “O home da por-
ta”. Traballou nun tramo de trolebús entre
Pontevedra e Marín pero a súa participación
en programas da televisión, como o da TVG
“Adiviña quen vén esta noite”, fíxoo máis
coñecido.
páxina 33
os andeis do maxín
CREANDO BANDA DESEÑADA
Como vedes nas seguintes fotos, os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB estiveron traballando na
aula os cómics. Fixeron traballos individuais e en grupo, dos que seleccionamos dous.
Esperamos que vos gusten
Páxina 34
os andeis do maxín
Páxina 35
os andeis do maxín
GAÑADORES DO 1º CERTAME DE RELATOS
DE TERROR
Co gallo do Samaín, o Equipo de Normalización Lingüística e o da Biblioteca organizaron
no mes de outubro un certame de relatos de terror. Publicamos aquí os gañadores das
distintas modalidades.
GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIAGAÑADOR DE
E. INFANTIL
O relato seleccio-
nado foi o do
grupo de 5 anos.
Como está en
formato PPT,
podedes lelo pre-
mendo no se-
guinte enlace:
http://
www.slideshare.net/
trasnoparoleiro/conto-de-
terror-e-infantil-5-anos
Páxina 36
os andeis do maxín
GAÑADOR DE 2º CICLO DE
EDUCACIÓN PRIMARIA
A PANTASMA MILITAR
Érase unha vez dous nenos, chamados Xan e
Tomás, que vivían nunha vila moi preto dunha
estación militar. A eles gustáballes moito xogar
alí, naquela estación. Un día os rapaces
desapareceron: raptáraos a pantasma e tiña
pensado comelos. Levounos ao comedor, pois
tiña pensado preparalos ben para que estivesen
máis saborosos cando os comera.
Mentres tanto, na vila estaban todos preocupados
e comezaron a buscar aos nenos. Un día, uns
amigos de Xan e Tomás comentaron que a estes
lles gustaba xogar na estación militar así que
rogaron que foran buscalos alí. Pero, de súpeto, a
vila desapareceu misteriosamente e quedou só o
río. Entre tanto, na estación militar Xan e Tomás
estaban moi asustados, aínda que, ao mesmo
tempo, Xan estaba encantado porque a pantasma
lle daba moi ben de comer. Ese día ían comer
porco, que era o seu prato preferido. Como a
Tomás non lle gustaba o porco, a pantasma
deulle coello, pero tampouco o quería. Logo
deulle chocolate, espaguetis, lasaña e pizza, pero
nada lle gustaba. A pantasma enfadouse moito e
mandoulles unha mensaxe aos pais que dicía:
“Se queredes volver a ver a vila, teredes que
regalarme os nenos”
Asdo. A pantasma
A carta tiña un selo arrepiante: unha cabaza. A
nai dos nenos viuse obrigada a aceptar e deulle a
carta coa resposta ao vento para que lla levara á
pantasma. Tamén tiña un selo, pero este era en
forma de corazón.
Os habitantes estaban tan contentos por recuperar
a vila que decidiron unirse para acabar coa
pantasma. Loitaron todos xuntos ata conseguir
que fuxira e así puideron recuperar a Xan e a
Tomás.
Diego Temperán Potel, 3º A.
GAÑADORA DO 3º CICLO DE
EDUCACIÓN PRIMARIA
O MISTERIO DOS MESTRES
Aquela non era una mañá normal. Eu
chegaba tarde á clase. Un enorme camión
estaba deitado no medio da calzada. Había
un montón de policías e de militares vestidos
de forma estraña. Parecíanme raras as
vestimentas que usaban estes axentes.
Parecían
sacados dun
conto de
ciencia
ficción.
Xa chegaba
tarde. Non
había ningún
rapaz fóra; todos estaban nas aulas. Que
rabia! Ao entrar na miña aula, o mestre
preguntoume que me pasara. Eu tratei de
explicarlle o que vira. De súpeto el berraba
en alto unhas palabras en alemán. Ao sentir
isto intentei acoplarme o máis rápido posible.
Non entendía nada do que estaba dicindo,
pero polo seu ton sabía que me estaba
berrando. Non paraba de dicir: “Halt die
Klappe und sitzen!!!...” Deus sabe o que me
estaba dicindo. Foi entón cando comprendín
que algo non ía ben. Non era normal este
comportamento do mestre. Podía ser debido
a que o seu fillo non lle deixase durmir esa
noite, pero parecía estresado de máis.
Despois disto, a clase transcorreu con certa
normalidade. De súpeto, chegou o profesor
Fran pois xa era a hora de música. Foi
entón cando, me decatei que detrás da orella
dereita do mestre José Luis penduraba un
trebello parecido a un porto USB. Asusteime
tanto que me quedei bloqueada: non daba
crédito do que vía. Por medo de que se riran
de min, non o contei. Foi Andrea a que me
dixo: “Veña vamos!!”
Páxina 37
os andeis do maxín
Xa na clase de música, mentres tocaba a frauta,
pensei para min: “Isto é de tolos, que está
pasando?” Cando me decatei, xa era a hora
do recreo. Intentei esquecer todo o que vira
pero algo na miña cabeza dicía: “Que está
pasando?” Que era aquel estraño trebello do
mestre José Luis e aquela estraña chamada
ao profesor Fran que lle fixo cambiar a
expresión da cara.
Nada máis saír ao
recreo, fun en
busca de Paula.
Tiña que falar con
alguén que me
entendera.
Atopeina sentada
na montaña.
Empecei a contarlle
o que vira e díxome
que Joaquín, o seu
mestre, tiña un
estraño tremor na
man e non paraba
de suar. Foi entón
cando vimos chegar
a furgoneta de Elías, que baixaba todo
apresurado a falar con dous homes que non
viramos nunca e que xesticulaban de forma
ameazante e rara contra el. Paula e eu
mirámonos con cara de medo e
preguntámonos que lle estaba pasando a
Elías. Quen eran aqueles homes que vestían
de forma elegante con sombreiro negro os
dous? E que querían de Elías para berrar desa
maneira con el.
Nese momento de incerteza soa o timbre e
díxenlle a Paula: “Non lle contes nada a
ninguén, non nos van crer”. De todas formas,
se ves algo, chámame despois de comer.
Cando chegamos á aula vin ao mestre José
Luis que estaba traballando no seu teléfono e
díxonos con voz agresiva: “Non funcionan os
teléfonos!!!” Polo seu ton de voz entendín
que el sabía o que estaba pasando e que non
funcionasen os teléfonos non era un
accidente.
Cando empezamos a clase de lectura, o profe
sacounos un libro que falaba de seres doutros
mundos, que viñan á terra con intención de
utilizarnos como escravos. Puxo moito
interese en tratar de explicarnos como estes
seres nos dominarían e as consecuencias que
traerían para os que non estivesen de acordo
coas regras que eles impuñan. Á miña cabeza
veu unha serie de televisión da que meus pais
me falaban e que trataba
duns lagartos que se
dedicaban a comer ratos,
que nos escravizaban e
facían experimentos con
nós.
Pensando, en medio de
tanta incerteza, as
seguintes clases pasaron
con normalidade. Xa eran
as dúas e o mestre
mandounos recoller como
de costume. Ao saír do
colexio vin a meu pai que
me viña recoller. Non
trouxera o coche pois ía
un día estupendo. Así que
tiña tempo para contarllo polo camiño.
Empecei a relatarllo, pero tomoumo a broma
ata que lle falei dos dous homes que berraban
con Elías. El díxome que vira varios
helicópteros voando por riba de Santiago e
que as ambulancias non paraban.
Sorprendeuse porque el tamén vira eses
homes en Santiago.
Pola tarde, despois de facer os deberes,
intentei chamar a Paula pero non puiden
porque os teléfonos aínda non funcionaban.
Era todo tan estraño… Como se fose un
soño, tan raro, tan confuso… Despois de
moitos intentos cansei e deixeino para máis
tarde. Fun ver a tele un pouco. Non había
canles! Só unha que reproducía música
antiga e aburrida! Xa farta de todo, marchei
para a cama descansar polo que puidera pasar
á mañá seguinte.
Páxina 38
os andeis do maxín
Pola mañá todo seguía alterado. Os mestres
seguían diferentes, os teléfonos, a televisión
e os demais artefactos seguían sen
funcionar…
Foi entón cando saímos ao recreo. Volvín
reunirme con Paula na montaña cando vimos
a Elías correndo cun estraño artefacto
parecido a un ordenador. Cinco minutos máis
tarde vimos a profesora Carmen que saía do
colexio para a casa de Elías. No mesmo intre
de ela saír, entrou Joaquín. Quedamos
perplexas! Paula díxome: “Temos que saber
o que está pasando!” Mirámonos unha á
outra e repetímonos: “Temos que saber o que
pasa!” Nese momento puxémonos a andar
cara a casa de Elías e ao abrir a porta…
Vimos ao mestre Joaquín deitado no sofá,
conectado por un cable a aquela estrana
máquina de Elías. Eu miro a Paula, ela
mírame a min e dime: “Meu Deus, que é
isto?!”
Beep beep beep, beep beep beep,beep beep
beep! É o despertador!! Todo foi un soño!
Mentres almorzo, o soño segue dando voltas
na miña cabeza, parecía non acabar máis…
Por fin é hora de ir ao colexio e esquecerse
dese estrano pesadelo que non tiña nin pés
nin cabeza!.
E hora de saír,
xa son as nove,
cando se abre a
porta do garaxe
e chegamos á
calzada, alí
estaba o camión
volcado!! Isto xa pasou, ou vai pasar?
Marina Miguéns Diz, 5º B.
GAÑADOR DE E. SECUNDARIA
O MISTERIO DO SAMAÍN
Aquilo non podía ser verdade. Xa sei que
estabamos no Samaín e era tempo de bromas
de medo, pero aquilo saíase do normal.
Chámome Anxo e este é o meu amigo Raúl.
Todo empezou así…
Era una noite tranquila, a noite na que
comezaba o Samaín. Estabamos todos os da
familia reunidos na miña casa, ceando. Todo
estaba moi tranquilo ata que, de súpeto, se
apagou a luz e se oíu un ruído fantasmal;
Raúl e mais eu, os pequenos, case mexamos
por nós. Cando a luz volveu, démonos conta
de que os meus curmáns desapareceran.
Puxémonos a buscar todos e, cando mirei no
armario, saíron os dous dando un berro; do
susto, case morro.
Cando xa estabamos de novo todos sentados
á mesa, comenteilles que ben lles saíra o
susto, sobre todo o ruído… e dixeron a coro:
-Que ru…
Non lles deu tempo de acabar a pregunta
cando se oíu:
UUUUUUUUUUUUUUHHHH!!!!!!!!!!!!
Eu contesteille vacilante con medo no corpo:
-Ese ru…
De tanto medo que tiña, mirei debaixo da
mesa por se había algún monstro.De novo
apagouse a luz e un calafrío percorreume o
lombo. De súpeto, a candea que estaba
apagada enriba da mesa acendeuse sen máis e
iluminou cunha luz tenebrosa o salón. Entón
vin que enriba da mesa había unha nota que
poñía:
“Se queredes volver ver ao rapaz, teredes que
resolver os enigmas antes de que lle pase
algo un pouco… desagradable, ou teredes
que pagar algún prezo, pero supoño que non
teredes o suficiente valor para evitar que lle
pase algo, non?”
O Espírito do Samaín
Páxina 39
os andeis do maxín
A luz da candea apagouse e volveu a luz da
lámpada. Todo foi moi rápido e
desconcertante. Deseguido decatáronse de
que Raúl desaparecera. Buscárono por toda a
casa, pero non aparecía. Anxo mirou no seu
cuarto. Na cabeceira da súa cama había unha
nota que dicía:
“Como xa che dixen, querido Anxo, heiche
deixar notas nas que atoparás pistas para
rescatar ao teu amigo nun tempo
considerable, se non… Pero seguimos ao
noso, esta é a primeira pista:
Nun lugar escuro e cheo de trastos has de
mirar, alí, a segunda pista atoparás…”
Ao final da nota había un selo
arrepiante: Unha cabaza cun sorriso
diabólico
Collín o papel e fúnllelo ensinar a
todos. Xa deixaramos a sobremesa no prato
porque a desaparición nos quitara o apetito e
a nota foi a guinda do pastel, sobre todo
aquel selo da cabaza en cera vermella.
Con todo, puxémonos a pensar lugares onde
houbese trastos e estivese escuro. Saíron
varias ideas pero a máis decente foi a do
faiado e, como non había máis ideas, fomos
alí.
Cando chegamos, démonos conta de que non
só os faiados dos debuxos son escuros,
cheos de pó e con moitas arañas. Acendemos
a luz e alí, enriba dunha mesa, atopábase a
segunda nota, que dicía:
“Se miras mellor por esta zona, unha porta
atoparás; E ao abrila, pasmado quedarás.”
Aquel selo aínda me facía estar inquedo, pero
o importante era atopar a Raúl. Puxémonos a
buscar todos por alí, ata que me chamou a
atención un baúl enorme, apartado cara a
unha esquina, á que non lle chegaba a luz.
Picoume a curiosidade e abrino. Alí dentro
había outra nota:
“Aquí non está a porta mencionada pero, se
segues buscando así, lograrás atopala; Por
aquí cerquiña está… “
Parecíame que o espírito me quería axudar a
buscar ao meu amigo así que a min déuseme
por mover o baúl. E non vexades o que
encontrei alí debaixo! Alí debaixo atopei a
porta; Ao abrila, quedei pasmado. Era como
un caixón. Alí só había un espazo pequeno;
Nunha parede estaba unha frase arrepiante
escrita en… sangue! Poñía: "AXUDA!!!"
De novo un calafrío percorreume o lombo.
Fixeime nunha das paredes. Estaba
mal construída, deille un golpe e
derrubouse; Alí apareceu Raúl, atado
de pés e mans, inconsciente e
sangrando polo nariz.
Saqueino de alí e reconstruín rápido o
muro, leveino ao piso de abaixo para
que o atendesen os meus pais e volvín
correndo para arriba. Cando cheguei para
pechar a porta con chave e volver a poñer o
baúl no seu sitio, isto é o que me encontrei:
unhas cantas caveiras colocadas en círculo,
no medio un caldeiro vello cheo de
augardente, da que se elevaba un remuíño de
lume moi alto. Alí oín unhas voces que
recitaban o conxuro da queimada:
“Mouchos, coruxas, sapos e bruas…”
Sacoume do meu pasmo un aire xeado que
apagou a labarada, elevouse no aire unha
nube de fume coa forma dunha cabaza, que
despois se esfumou e formou unha palabra:
Vaite!!!
Desde ese mesmo intre pechei a porta con
cadeas e bloqueeina, e non se volveu a entrar
no faiado nunca máis. Tampouco non se
soubo nada do espírito, ata o próximo
Samaín…
E como agora estamos preto, pódelo ter xusto
detrás de ti, ou agardándote na túa casa para
atacar de noite. Non o sei, o Espírito do
Samaín é moi imprevisible…
Jorge Temperán Potel, 1º ESO.
Páxina 40
os andeis do maxín
OPERACIÓN NADAL
Era o día 5 de xaneiro pola tarde e un neno de doce anos chamado Xoán estaba pensando
como podía demostrarlles aos seus amigos que os Reis Magos existían de verdade, porque
uns días atrás lle contaran que era un invento dos pais. Xoán tiña confianza cega na súa
existencia e xurou que llelo ía demostrar.
O rapaz lembrouse de que no seu último aniversario lle regalaran dúas cámaras de vídeo.
Colleunas e agachounas, unha apuntando á árbore de Nadal e a outra na entrada do comedor,
que era onde esta estaba. Programounas para que empezasen a gravar cando pasase alguén.
O que el non sabía era que, mentres organizaba todo isto, os seus pais se decataran e, para
non decepcionalo, chamaron ao seu tío, ao padriño e ao avó para que cada un comprase un
traxe de Rei Mago en segredo e así manter viva a ilusión no rapaz.
Cando estes se aseguraron de que Xoán estaba durmido,
foron ao comedor silenciosamente para non espertalo. De
súpeto, acendeuse unha luz de cor vermella que proviña
das cámaras. Eles decatáronse e pensaron que todo sucedía
como estaba previsto: as cámaras estaban gravando, así
que actuaron coma se non as visen. Puxeron os regalos
debaixo da árbore e comeron algúns polvoróns, o turrón e
outros doces, que Xoán puxera había unhas horas. Logo
marcharon.
Ao día seguinte Xoán alegrouse de ver os regalos debaixo
da árbore, pero aínda se alegrou máis ao ver que gravara aos mesmísimos Reis Magos. Os
seus pais quedaron moi contentos ao ver a alegría do fillo, pero o que non sabían era que os
personaxes que os visitaran a noite anterior non eran os seus familiares, senón os
verdadeiros Reis Magos. Eles non se decataron de que os doces se acabaran a pesar de que
na gravación os supostos Melchor, Gaspar e Baltasar non comeran nada. Tampouco se
fixaron en que o neno tiña máis regalos ca os que eles compraran nin sequera que había pelo
de animal, posiblemente de camelo, na alfombra.
Ao día seguinte Xoán ensinoulles o vídeo aos seus amigos, que quedaron moi sorprendidos,
aínda que algúns seguían sen crer que de verdade existían, pero Xoán nunca deixará de
acreditar neles e na maxia do Nadal.
Xenxo Santiago Lorenzo, 2º ESO
OUTRAS NARRACIÓNS…
Pero o maxín non morreu co Samaín… Ao longo do curso, outras historias
fóronse xestando nas mentes do noso alumnado. Non vos perdades estas que
vos presentamos a continuación.
Páxina 41
os andeis do maxín
MELLOR IMPLANTES DE
TITANIO
-Como me doen os dentes! Como me doen as
moas!- queixábase o Conde Drácula. De
tantos séculos que levaba vivo, ao final
picáranselle os dentes.
E seguíase queixando:
-Isto pásame por tomar sangues tan doces.
Decidiu ir ao dentista, e este díxolle:
-Estes dentes non teñen arranxo. Están moi
estragados. Ten
que poñer uns
novos.
O dentista
engadiu que os
mellores eran
os de titanio,
pero que tamén
eran moi caros.
O Conde
contestoulle
que non quería
gastar moito,
porque ía
comprar un
cadaleito novo. Entón o dentista púxolle
unha dentadura de quita e pon, desas que de
noite se gardan nun vaso con auga.
Á noite seguinte, cando o Conde Drácula
saíu a cear, viu unha rapaciña nova e
engaiolouna coa súa mirada penetrante.
Chimpoulle unha mordedela no pescozo,
chuchoulle o sangue e, cando se apartou, viu
que os dentes lle quedaran enganchados na
rapaza. Avergoñado tapou a boca coa man.
Ao día seguinte voltou ao dentista e díxolle:
-Póñame os de titanio, que o cadaleito
cómproo de segunda man.
O MEDO DO SEÑOR ANTÓN
O señor Antón era un home de 86 anos,
apenas lle quedaban dentes, porque xa os
perdera ao longo da súa vida. Un día
comendo unhas noces escapóuselle un cacho
de casca, atragoouse e non podía respirar. O
seu neto máis novo, tívolle que facer a
manobra de Heimlich. Colleu tanto medo
que xa non quería comer carne con óso, nin
tampouco
peixe polas
espiñas, nin
pan con codia,
nin froita dura
nin con pel,
nin froitos
secos, nin
fabas, nin
garavanzos,
nin caramelos,
nin turrón
duro... Ata
bebía por
palliña a
grolos pequenos. A sopa e o caldo con culler
pequena, o biscoito e as galletas
esmigalladas e as verduras en puré. Deixou
de comer tantas cousas e comía tan pouco,
que adelgazou vinte quilos. Xa era un home
fraco e agora parecía un esquelete.
Entón a súa veciña díxolle:
-Ai! Don Antón, por non morrer esganado ha
morrer esfameado.
Dous contos de Raquel Estévez Brea
2º E.S.O
DOUS CONTOS DE DENTES
Páxina 42
os andeis do maxín
O RAPAZ INTERNAUTA
Carlos era un rapaz duns seis ou sete anos. Era moi enxeñoso, un pouco baixo e con pelo
castaño. Todos os días os seus amigos do colexio falaban do divertido que era navegar por
internet. El non sabía o que era iso, porque o seu pai non lle deixaba nin tocar o ordenador.
O rapaz, xa canso de que os seus amigos non pararan de falar diso e el non decatarse de
nada, decidiu elaborar un plan. O seu pai todos os días marchaba a correr unha hora así que
pensou que podería navegar por internet sen que ninguén se decatase.
Ese día, cando o seu pai marchou, foi rapidamente para o ordenador, desmontou todo,
meteuse dentro pero decepcionouse cando viu que non pasaba o que el esperaba: non vía
ningún mar e, se non o había, non podía navegar co seu barquiño por internet. De repente
acendeuse a
pantalla do
ordenador.
-Ah!!!!!!!!-
berrou a nai de
Carlos-. Un
extraterrestre!!!!!
A nai pensaba
que Carlos era un
extraterrestre
porque tiña toda
a cara pegada á
pantalla do
ordenador.
-Terrícolas,
vimos en son de
paz -dixo Carlos,
poñendo voz de
marciano.
A nai marchou
do despacho
asustada e Carlos pensou que o máis divertido non era navegar por internet, senón asustar a
súa nai.
Fernando Túñez Alcalde
2º ESO
Páxina 43
os andeis do maxín
A DEBATE: OUTRO VERÁN MÁIS, GALICIA
EN CHAMAS
Os incendios en Galicia foron crecendo estes últimos anos, queimando gran parte dos nosos
bosques e incluso algunhas vivendas. Isto ocasionou tamén moitos debates políticos polas
múltiples queixas ante as institucións públicas por non poner os medios necesarios para
evitar este drama ecolóxico.
Entre as consecuencias que os múltiples incendios ocasionan temos tanto danos persoais
como materiais e ambientais. Moitas persoas morreron no intento de apagalos ou de axudar
aos veciños a extinguilos. Tamén traen problemas ambientais, pois o fume contamina o aire
e porque morren moitos animais e plantas, así como materiais, xa que os bosques xeran
moita riqueza coa madeira, os froitos silvestres, a biomasa, a micoloxía, etc.
As causas que poden provocar
incendios poden ser naturais,
aínda que en poucos casos, ou
sociais, como o abandono rural de
zonas agrarias que despois son
destinadas a bosques. A sequía
estival ocasiona que haxa
incendios, pero tamén pode ser
obra de pirómanos, que lles gusta
ver como o lume acaba con todo,
ou neglixencias da xente, que sen
querer poden tirar un cigarro mal
apagado ou facer unha fogueira en zonas prohibidas. Moitas persoas teñen intereses
económicos na queima de bosques, porque poden queimar unha zona para logo construír alí.
Algunhas solucións para este problema poden ser que os equipos de extinción conten con
máis xente que axude a apagar os incendios e máis cualificada. As leis deberíanse modificar
para evitar que un incendio dea beneficios, é dicir, que se poida urbanizar ou escavar unha
mina nunha zona forestal queimada.
As sancións deberían ser máis duras, no caso de que o incendio sexa provocado, para que
aos pirómanos non se lles volva ocorrer queimar nada. Os montes deben estar máis limpos
para que non ardan, e o Concello debería crear brigadas permanentes para rozalos.
CANDELA LAFUENTE LÓPEZ
3º ESO
Páxina 44
os andeis do maxín
“Feliz, pero só contigo aquí.”
Gústasme cando sorrís,
Cando en inverno me abrazas,
Cando, ao susurrarme ao oído,
Se me acelera o corazón,
Ou cando discutimos como idiotas,
Pero sabemos que non poderiamos vivir sen falarnos.
Gústasme máis cando me ollas,
E o mundo parece pararse,
Cando me despertas a bicos,
Cando pelexamos,
Ou cando, sen querer,
Se che escapa un “quérote”.
Pero aínda me gustas maís,
Tanto, que chego a asustarme.
Quérote máis que a nada,
Daríao todo por ti;
Todo para que así, xunto a min,
Puideses chegar a ser feliz.
Carla Mª Constenla Barral
Gústasme cando estás calada,
Cando me miras cos teus ollos
E tamén cando sorrís con eses dentes.
Gústasme máis á luz da lúa
Cando choras da risa
Cando me fas cóxegas.
Pero aínda me gustas máis cando me bicas,
Cando me dás apertas sen parar
Pero sobre todo gústame estar contigo.
Cristian Creo Baleirón.
“Gustosamente”
Gústasme cando me mentes,
Cando me dis que estou igual
Ca o día que por primeira vez nos despedimos,
Inda que eu me vexa, e esa é a tríada verdadeira,
Con máis canas, máis enrugas e máis kilos.
Gústasme máis cando partillas comigo
Os bos principios de tódalas dietas
E, tras dous días de abstinencia,
Aterrizas con Panteras Rosas e Phoskitos,
E rexoubamos, arregañando os dentes,
Con estas doces lambetadas pecadentas.
Pero aínda me gustas máis cando aparcamos os nosos
(lentes
E a Deusa Miopía nos enterra nun mar lonxano e
(brumoso,
Porque non importa, porque, aquí, de perto,
Están os nosos dedos enleados
E son os nosos beizos visionarios
Os que ven, sen vernos, que nos bicamos,
Así, aquí, tan perto, só nós, nosoutros,
Sabemos que nos bicamos.
Carmen Bragado
El desayuno
Me gustas cuando dices tonterías,
cuando metes la pata, cuando mientes,
Cuando te vas de compras con tu madre
Y llego tarde al cine por tu culpa.
Me gustas más cuando es mi cumpleaños
Y me cubres de besos y de tartas,
O cuando eres feliz y se te nota,
O cuando eres genial con una frase
Que lo resume todo, o cuando ríes
(tu risa es una ducha en el infierno),
O cuando me perdonas un olvido.
Pero aún me gustas más, tanto que casi
No puedo resistir lo que me gustas,
Cuando, llena de vida, te despiertas
Y lo primero que haces es decirme:
“Tengo un hambre feroz esta mañana.
Voy a empezar contigo el desayuno”.
Luis Alberto de Cuenca, El hacha y la rosa.
VERSIÓNS DUN POEMA DE LUÍS ALBERTO CUENCA
A inspiración do alumnado de 4º de ESO na materia de Lingua Española deixounos estas
versión “tuneadas” dun poema do autor
CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES
Páxina 45
os andeis do maxín
Gústasme cando te enfadas
cando nos miramos e sorrimos
cando durmimos apertadiños
cando me miras fixamente
Gústasme máis ao espertar
ao ver filmes no sofá
ao mirar o slpor na praia
ao pasear pola cidade
Pero aínda me gustas máis se me bicas
se se cruzan as nosas miradas
se dos teus beizos sa o meu nome
se contigo vexo pasar as horas.
Pablo Torres
Gústasme cando me miras,
cando me escoitas, cando ris,
cando me berras sen motivo
e alegrasme a mañá.
Gústasme máis cando marchas
e fas que non deixe de pensar en ti
ou cando dis que me queres
e sorrímos parvos.
Pero aínda me gustas máis
cando durmimos apertadiños
e sentimos os nosos corazóns latexar
a un ritmo desmesurado
só, porque é así.
Alexandra Pesado
Gústasme cando sorrís,
cando me apertas, cando te equivocas,
cando o deixas todo
e te pos a facer outra cousa
Gústasme máis cando te enfadas
e non podes estar sen falarme,
cando fas algo sen pensar
pero ao final todo sae ben
Pero aínda me gustas máis cando calas
e te pos a contemplar as estrelas
e sempre te fixas
na máis pequena de todas
Laura Martínez
Gústasme cando me miras,
Che miro e sorrimos.
Gústasme máis cando me achuchas
E deixas en min ese arrecendo
Aínda que despois
Odio ese aroma porque me fai sentir
Que non che teño cerca.
Pero aínda me gustas máis,
cando sei que as nosas mans encaixan.
Silvia Fernández Freiría
“Miña pequena”
Gústasme cando te me achegas,
cando me ´´faveas´´,
cando me ´´retweeteas'',
pero, sobre todo,
cando me ensinas a quererte un pouco máis.
Gústasme máis cando me berras,
cando me preparas a comida,
cando pasamos o día abrazados,
cando te cabreas e marchas,
pero volves con máis bicos que darme.
Pero aínda me gustas máis,
cando me axudas cos deberes,
cando apareces por sorpresa,
e énchesme de bicos,
cando me despertas,
con un: '' Bos días, pequena
Antía''
Antía Sanmarco
CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES
Páxina 46
os andeis do maxín
Que bonitas se ven as árbores
ao lado daquela colina,
un pouquiño máis ao fondo
unha cascada de auga fina.
Camiñando, camiñando
Cara ao horizonte voume achegando,
Despois de tanto camiñar
Que marabilla poder descansar.
Volvo a mirar as árbores
Volvo a mirar as flores
Síntome no paraíso
Con tantos marabillosos olores .
Con esta paz e tranquilidade
Lonxe do mundanal ruído,
Síntome en liberdade e tranquilo
Respiro fondo…
Que aire máis limpo!
Vólvome a levantar
Camiñado e camiñando
Sen parar.
Patricia Silva (1º E.S.O)
CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES
Nós, o alumnado de 1º de ESO, queremos ensinarvos un poema de Patricia Silva, unha anti-
ga compañeira nosa que na metade do presente curso tivo que marchar para Brasil. Pre-
sentamos este poema en honor a ela para lembrala como compañeira e amiga. Tamén o
queremos publicar porque nos gustou moito:
Foto para ti, Patricia. Falta Esther, que non estaba ese día, pero tamén forma parte desta homenaxe
Páxina 47
2013, ano internacional da auga
A ONU, coincidindo co vixésimo aniversario da celebración do Día da Auga, declarou o
2013 Ano Internacional da cooperación na esfera da auga. Con este motivo, presentámos-
vos algunhas actividades realizadas no centro para lembrarnos que a auga é un recurso
vital para os seres humanos, un recurso esgotable e mal repartido que non debemos mal-
gastar nin contaminar. Seleccionamos os traballos de 2º A e 3º B de E. primaria
Páxina 48
2013, ano internacional da auga
Refráns recollidos e ilustrados polo alumnado de 2º A de E. Primaria
Páxina 49
2013, ano internacional da auga
PASATEMPOS RELACIONADOS COAAUGA
Busca neste labirinto o camiño que teñen que seguir as pingas de auga para chegar ata
o mar:
Busca os 7 erros que hai no debuxo da dereita.
Carmen e Eric 3ºB E . Primaria
A AUGA
PARA BEBER, LIMPAR, REGAR,
A AUGA
PARA BEBER, LIMPAR, REGAR,
Páxina 50
2013, ano internacional da auga
Busca nesta sopa de letras 16 formas de chamarlle á choiva.
Brais C., Lucía L., Adriana e Lucía T. 3º B E. Primaria
Sudoku infantil
Completa todos os cadros cos debuxos que che damos, tendo en conta que non poden
coincidir dúas figuras iguais na mesma fila, na
mesma columna nin na mesma cuadrícula.
Hugo B., Blanca, Lois e Hugo S.
3ºB E. Primaria
M C E G U L P T Ñ G D G E N O D A D L P
P O R B A L L O T A S C H U V I S C A Z
C H C E T H P T E F Q U N M E L I V P E
L C H A P A R R A D A T S A T U H O I C
P L E X L I Q U T R D P O U C V D F Ñ E
H O T I L L E Z A R Z A L L O I N V E D
E R P T O L E C I C O B A Ñ N O A Z I A
P A L H L E B I T O R P A C E T I N R O
O R H Q U E R I R R T O P X Q U E S A T
H I B R E P N C E A T R E R R I C O Z A
Q U E B C H I L I Z O P X E L U N N T E
P R I A B U P L X C D R P O A M B O L D
R R O R B N T B A L L O N I N N P V O L
B R U R L L I A D C E R L A I Z O P E N
X O P U C T R B A B U Ñ A D R S H T X E
I S L Z P N O U E T R P E A B M L U P L
S U L O P V A X E M B B T R E B O A D A
T R A P O V A A C H U V A S C A D A P E
R P L N A E N T R P O R X E S T I D D T
A X V M I F G O R T H Q U E V I F Ñ O P
Solución:
Chuviaforte:
ballón,chaparrada,cebrina,
chuvascada,diluvio,treboada,
treixadaexistra.
Chuviafeble:
babuña,babuxa,barruzo,chu-
visca,lapiñeira,mocalleira,
orballoezarzallo.
Páxina 51
2013, ano internacional da auga
Colorea para continuar as series.
Completa o cadro facendo os debuxos da cor que corresponda.
Martín, Yeray, Brais F. e Izaritz 3ºB E. Primaria
O voceiro do piñeiro manso 2014

More Related Content

Viewers also liked

Running of the bulls reading
Running of the bulls readingRunning of the bulls reading
Running of the bulls readinglroczey
 
El 6 de enero
El 6 de eneroEl 6 de enero
El 6 de enerolroczey
 
El 9 de enero
El 9 de eneroEl 9 de enero
El 9 de enerolroczey
 
El 17 de enero
El 17 de eneroEl 17 de enero
El 17 de enerolroczey
 
El 13 de diciembre
El 13 de diciembreEl 13 de diciembre
El 13 de diciembrelroczey
 
El nueve de marzo
El nueve de marzoEl nueve de marzo
El nueve de marzolroczey
 
El 11 de enero
El 11 de eneroEl 11 de enero
El 11 de enerolroczey
 
El 10 de febrero
El 10 de febrero El 10 de febrero
El 10 de febrero lroczey
 
Introduction to Spark ML Pipelines Workshop
Introduction to Spark ML Pipelines WorkshopIntroduction to Spark ML Pipelines Workshop
Introduction to Spark ML Pipelines Workshop
Holden Karau
 
El 19 de diciembre
El 19 de diciembreEl 19 de diciembre
El 19 de diciembrelroczey
 
El 24 de febrero
El 24 de febreroEl 24 de febrero
El 24 de febrerolroczey
 
El 10 de enero
El 10 de eneroEl 10 de enero
El 10 de enerolroczey
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrerolroczey
 
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCN
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCNThe 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCN
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCNAWCConnect
 
Green Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationGreen Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationBayBackpack
 
Cover letter and resume rene
Cover letter and resume   reneCover letter and resume   rene
Cover letter and resume renekhiara_albaran
 
El dos de marzo1
El dos de marzo1El dos de marzo1
El dos de marzo1lroczey
 
Cover letter and resume rene
Cover letter and resume   reneCover letter and resume   rene
Cover letter and resume renekhiara_albaran
 

Viewers also liked (20)

Running of the bulls reading
Running of the bulls readingRunning of the bulls reading
Running of the bulls reading
 
El 6 de enero
El 6 de eneroEl 6 de enero
El 6 de enero
 
El 9 de enero
El 9 de eneroEl 9 de enero
El 9 de enero
 
El 17 de enero
El 17 de eneroEl 17 de enero
El 17 de enero
 
El 13 de diciembre
El 13 de diciembreEl 13 de diciembre
El 13 de diciembre
 
Experience
Experience Experience
Experience
 
Grammar book
Grammar bookGrammar book
Grammar book
 
El nueve de marzo
El nueve de marzoEl nueve de marzo
El nueve de marzo
 
El 11 de enero
El 11 de eneroEl 11 de enero
El 11 de enero
 
El 10 de febrero
El 10 de febrero El 10 de febrero
El 10 de febrero
 
Introduction to Spark ML Pipelines Workshop
Introduction to Spark ML Pipelines WorkshopIntroduction to Spark ML Pipelines Workshop
Introduction to Spark ML Pipelines Workshop
 
El 19 de diciembre
El 19 de diciembreEl 19 de diciembre
El 19 de diciembre
 
El 24 de febrero
El 24 de febreroEl 24 de febrero
El 24 de febrero
 
El 10 de enero
El 10 de eneroEl 10 de enero
El 10 de enero
 
El 14 de febrero
El 14 de febreroEl 14 de febrero
El 14 de febrero
 
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCN
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCNThe 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCN
The 2012 Project Webinar - Co-hosted by AWC & PWOCN
 
Green Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentationGreen Ribbon Schools Introduction presentation
Green Ribbon Schools Introduction presentation
 
Cover letter and resume rene
Cover letter and resume   reneCover letter and resume   rene
Cover letter and resume rene
 
El dos de marzo1
El dos de marzo1El dos de marzo1
El dos de marzo1
 
Cover letter and resume rene
Cover letter and resume   reneCover letter and resume   rene
Cover letter and resume rene
 

Similar to O voceiro do piñeiro manso 2014

Proxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centroProxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centro
iesoteropedrayoef
 
Proxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centroProxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centro
iesoteropedrayoef
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
Gandarela2018
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
Iolidesarandon
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
chusiadai
 
Xaneiro 2021
Xaneiro 2021Xaneiro 2021
Xaneiro 2021
Prensasofan
 
XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021
Prensasofan
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
Yolanda Castro
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
Cid22
 

Similar to O voceiro do piñeiro manso 2014 (9)

Proxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centroProxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centro
 
Proxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centroProxecto deportivo de centro
Proxecto deportivo de centro
 
Gandarela parte 2
Gandarela parte 2 Gandarela parte 2
Gandarela parte 2
 
Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013Proxecto intercultural 2013
Proxecto intercultural 2013
 
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole                                      ...
Proxecto lecer inclusivo ies anxel fole ...
 
Xaneiro 2021
Xaneiro 2021Xaneiro 2021
Xaneiro 2021
 
XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021XD Febreiro 2021
XD Febreiro 2021
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
 

More from trasnoparoleiro

"As Malvinas"
"As Malvinas""As Malvinas"
"As Malvinas"
trasnoparoleiro
 
O regalo terrorífico
O regalo terroríficoO regalo terrorífico
O regalo terrorífico
trasnoparoleiro
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
trasnoparoleiro
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
trasnoparoleiro
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
trasnoparoleiro
 
"Onde está o medo?"
"Onde está o medo?""Onde está o medo?"
"Onde está o medo?"
trasnoparoleiro
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
trasnoparoleiro
 
En galego, sen cancelas
En galego, sen cancelasEn galego, sen cancelas
En galego, sen cancelas
trasnoparoleiro
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
trasnoparoleiro
 
O s o r t e o
O    s o r t e oO    s o r t e o
O s o r t e o
trasnoparoleiro
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclo
trasnoparoleiro
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
trasnoparoleiro
 
O galego está en nós
O galego está en nósO galego está en nós
O galego está en nós
trasnoparoleiro
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
trasnoparoleiro
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesures
trasnoparoleiro
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
trasnoparoleiro
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
trasnoparoleiro
 
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
trasnoparoleiro
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
trasnoparoleiro
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
trasnoparoleiro
 

More from trasnoparoleiro (20)

"As Malvinas"
"As Malvinas""As Malvinas"
"As Malvinas"
 
O regalo terrorífico
O regalo terroríficoO regalo terrorífico
O regalo terrorífico
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
"A sombra", de Nicolás Constenla Barral
 
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
"Os ruídos misteriosos", de Leire Suárez Lorenzo
 
"Onde está o medo?"
"Onde está o medo?""Onde está o medo?"
"Onde está o medo?"
 
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
Cartel gañador do Samaín 2017 do CPI de Pontecesures
 
En galego, sen cancelas
En galego, sen cancelasEn galego, sen cancelas
En galego, sen cancelas
 
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
 
O s o r t e o
O    s o r t e oO    s o r t e o
O s o r t e o
 
Relato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º cicloRelato gañador 2º ciclo
Relato gañador 2º ciclo
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
O galego está en nós
O galego está en nósO galego está en nós
O galego está en nós
 
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallegoTemporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
Temporal Pontecesures 4 xuño El pueblo gallego
 
Trebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en PontecesuresTrebón do 39 en Pontecesures
Trebón do 39 en Pontecesures
 
Plurilingüismo
PlurilingüismoPlurilingüismo
Plurilingüismo
 
Violencia de xénero
Violencia de xéneroViolencia de xénero
Violencia de xénero
 
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROSO VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
O VELLO ANTÓN, PELOCHO E OS SEUS COMPAÑEIROS
 
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de PontecesuresLibro colaboratiivo CPI de Pontecesures
Libro colaboratiivo CPI de Pontecesures
 
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓNA METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
A METEOROLOXÍA, A NOSA FONTE DE INSPIRACIÓN
 

O voceiro do piñeiro manso 2014

  • 1.
  • 2. Páxina 2 SUMARIO ARREDOR DE NÓS…………………………………………PÁXINAS 2-11 Acontecementos relevantes do ano no noso centro e actividades complementarias e extraescolares realizadas ao longo do curso MARCADO NO CALENDARIO………………………….PÁXINAS 12-19 Celebracións tradicionais e conmemoracións destacadas. O RECANTO DA CIENCIA E DA TÉCNICA……………….….PÁXINAS 20-27 Artigos do alumnado relacionados coa área científica. PEQUENOS GRANDES ARTISTAS……………………………....PÁXINAS 28-30 Creación plástica a cargo dos máis pequenos do centro. ONDE O MUNDO SE CHAMA PONTECESURES……...PÁXINAS 31-32 Investigamos sobre o noso concello. OS ANDEIS DO MAXÍN, Artigos de creación literaria de varios xéneros: CREANDO BANDA DESEÑADA…………………………………...PÁXINAS 33-34 RELATOS………………………………………………………………..PÁXINAS 35-42 ARTIGO DE OPINIÓN……………………………………………………PÁXINA 43 CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES, poesía………….PÁXINAS 44-46 2013, ANO INTERNACIONAL DAAUGA ……………………...PÁXINAS 47-51 Actividades relacionadas coa conmemoración: refráns e pasatempos ilustrados REVISTA EDITADA POLO ENDL DO CPI DE PONTECESURES, QUE CONTA CO APOIO ECONÓ- MICO DA DXPL E O CPI DE PONTECESURES MAQUETACIÓN: Patricia Antas Ramos e Suso Amboaxe García DESEÑO DA PORTADA: Patricia Antas Ramos DENDE O EQUIPO AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DO PROFESORADO , SEN A CAL ESTE TRABALLO NON SE PODERÍA LEVAR A CABO.
  • 3. Páxina 3 arredor de nós O CPI DE PONTECESURES RECIBE O PREMIO “GALICIA SAUDABLE” O traballo realizado no noso centro ao longo destes anos en prol dunha vida activa e saudable, coordinado dende o Departamento de Educación Física, foi recoñecido recentemente na gala do deporte galego, na que o CPI de Pontecesures recibiu o premio “Galicia Saudable” á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física. Os organizadores da gala destacaron que o noso é “un modelo de boas prácticas no desenvolvemento dun Proxecto Deportivo de Centro para a comunidade educativa”. Isto ten que animarnos a seguir facendo una vida activa, alimentándonos ben e evitando os malos hábitos. Para iso animámosvos a que sigades participando e colaborando en todas as actividades do noso Proxecto Deportivo de Centro. O NOSO PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO O primeiro paso que demos foi realizar un diagnóstico inicial da realidade deportiva do Concello: clubs con funcionamento na zona e federación implicada, actividades ofertadas polo concello (temporais ou esporádicas), actividades ofertadas pola ANPA e instalacións públicas existentes así como os seus cadrantes de uso. En todos estes ámbitos desglosamos os participantes segundo grupos de idade. Tamén fixemos un estudo dos hábitos físico-deportivos do noso alumnado. De cada un dos alumnos sabemos que actividades fan e cantos días á semana. A efectos estatísticos fixemos tres grupos: os que fan deporte, os que fan actividade física regular e os sedentarios. Como resumo do diagnóstico inicial, convén sinalar que atopamos tres deportes con club en funcionamento moi consolidado: fútbol, baloncesto e piragüismo. Á parte o noso alumnado ten a oferta de actividades da ANPA e as escolas deportivas do Concello, así como as actividades físicas que con carácter esporádico oferta o mesmo. Neste diagnóstico tamén sinalamos as actividades físicas que se lles ofertan aos adultos. Unha vez feita esta análise xa tiñamos todo para empezar a traballar nas liñas de promoción deportiva. O primeiro foi elaborar un mapa deportivo de centro e, de forma paralela, dentro da mesma liña de promoción, organizamos un concurso na materia de Educación Plástica e Visual, (no noso centro está dentro do Departamento de Tecnoloxías) que tiña como fín deseñar e escoller unha mascota para o noso Proxecto Deportivo.
  • 4. Páxina 4 arredor de nós Elaborouse un tríptico que entregamos a todo o alumnado coa información do mapa deportivo e, a maiores, puxéronse dous mapas ampliados na entrada do centro e no ximnasio. Outra liña de actuación foi elaborar un proxecto de actividade didáctica orientada á náutica, en concreto ao piragüismo. Integrámolo na programación e, deste xeito, establecemos a colaboración co Club Náutico de Pontecesures. Na práctica o que fixemos foi levar a tódolos alumnos de 6º de primaria, 1º e 2º de ESO a participar nunha unidade didáctica que constou de dúas sesións en outono e outras dúas en primavera. Nestas sesións, á parte de desenvolver contidos propios da materia a través do bloque de contidos de actividades na natureza, conseguimos que todo o alumnado deses cursos coñeza o deporte e poidan vincularse a el. Integramos no Proxecto Deportivo outro proxecto didáctico de actividades na natureza, neste caso de deportes de inverno. Participaron alumnos de 3º e 4º de ESO. Consistiu en viaxar ata Andorra e vivenciar durante unha semana os deportes de inverno.
  • 5. Páxina 5 arredor de nós Outra actividade de promoción que levamos a cabo cos alumnos de 3º e 4º de ESO foi a de participar a través dunhas enquisas nun proxecto do Centro de Estudos Olímpicos, que traballa paralelamente coa Academia Olímpica Española. O colofón a esta actividade de colaboración foi que tivemos a sorte de contar no noso centro con Don Conrado Durántez que agasallou a cada alumno cun libro e deu unha conferencia sobre os valores olímpicos e a figura de Pierre de Coubertain. Foi todo un privilexio contar co presidente da Academia Olímpica Española no centro. Unha liña de promoción da actividade física que comenzamos o curso pasado e este curso melloramos foi a de organizar recreos activos. Comezamos cun programa de préstamos de material deportivo e un par de competicións. Fíxose con primaria unha competición de baloncesto, temporalizada no último trimestre. E con secundaria unha de fútbol que abrangueu parte do primeiro trimestre e o segundo. Este curso, en secundaria, melloramos este traballo coa figura dos delegados deportivos. Estes son os encargados de solicitar o material, entregando un documento no que figura quen o vai utilizar e os responsables da recollida e entrega. Do mesmo xeito, de forma guiada, están a organizar as competicions de fútbol e baloncesto. Como nota salientable, destacamos que este curso no préstamo de material xa non solicitan só balóns de fútbol e baloncesto, senón que tamén en dous recreos á semana se practica bádminton e voleibol. Toda a participación nestes recreos activos é voluntaria. Un paso máis que demos para integrar ao alumnado no proxecto foi o seguinte. Tódalas actividades na natureza teñen o seu Power Point con fotos e música. Agora os alumnos son os protagonistas da súa elaboración. Facilítaselles unha base coa estrutura do mesmo e datos que deben aparecer e partir de aí eles realízano. Se o alumnado ten como optativa a informática, ténselle en conta de cara á materia. Como última liña de promoción deportiva sinalaremos a que vertebrou todo o proxecto. Todas estas liñas de actuación, quedaron unificadas nun só produto que foi o blog da materia de Educación Física: http://efcesures.blogspot.com Isto deu coherencia a todo o traballo e, deste xeito, o alumnado ten un punto de referencia e de “reunión” virtual. Saben que todo o referente ao proxecto, que sexa salientable, aí aparecerá. A intención é tamén ir converténdoos en protagonistas. Este curso, por exemplo, os alumnos que voluntariamente redactaron crónicas dos recreos activos, e foron colgadas no blog, tiveron a valoración positiva na materia de Lingua Galega, coma colaboracións voluntarias. Felipe Buceta Fernández Departamento de Educación Física
  • 6. Páxina 6 arredor de nós 3ºA: 12 - 3º DIVER: 2 Primeiro partido de liga. Claramente dominaron os de “A”. Iso reflectiuse no marcador. Non houbo a penas faltas durante todo o encontro. Coa saída de Samuel García (que foi substituído por Fran Refojo na segunda parte), os de “A” perderon en ataque pero gañaron robustez na defensa. EQUIPO FEMININO: 5 -1ºA: 6 Partido moi entretido. O equipo feminino empezou con moi bo pé (ao longo do partido necesitaron a axuda de Samuel García, Misael e Lorenzo, aínda que o que máis estivo no campo foi Samuel). Tiveron moi boa defensa e ataque. Os goles foron: 2 de Samuel, 2 de Antía Sanmarco e 1 de María. Esther quedou de porteira durante case todo o partido e parou moitísimos goles. Sofía parou un gol na segunda parte. Verena, que estaba de defensa, parou tres goles. A xente de 3º festexaba os goles do equipo feminino e, nas bancadas, os de 1º festexaban os de 1ºA. Na segunda parte, o equipo feminino ía remontando, pero no último segundo antes de que o árbitro (Víctor Rodríguez Gesto) pitara o final do partido, Jose Castaño, xogador de primeiro, marcou un gol dende medio campo. De 1º A marcou dous goles Uziel, dous Lois, un Álvaro e un Jose Castaño. Estes gañaron por ese gol no último segundo. Moi bo xogo do equipo feminino . 4º ESO:3 -1ºA:0 Foi un partido no que houbo moitas ocasións de gol. Na primeira parte só unha acabou pasando a liña de meta. Na 2ª houbo menos ocasións pero 4º soubo aproveitar as poucas que tivo metendo dous goles. No partido os irmáns Santamaría López xogaban en equipos rivais, mais o seu comportamento foi deportivo. Varios xogadores de 4º estaban nunhas condicións físicas moi discutibles. 2º ESO: 3 – 1º ESO: 1 O partido non foi moi entretido. Os xogadores de 2º estaban moi motivados, ao contrario que 1º que, ao parecer, Jose Castaño era o único que mantiña as esperanzas de gañar. Os goles foron: un de Iván, un de Aharón e outro de Jose Miguéns (por parte de 2º) e un de Jose Castaño (por parte de 1º). 4ºESO –EQUIPO FEMININO O equipo feminino resultou gañador, polo abandono de 4º da ESO. Tras o éxito destes pasados anos, este curso organizouse no CPI unha nova liga de fútbol- sala entre o alumnado dos cursos da ESO integrado no Proxecto Deportivo de Centro. Este evento deportivo organízano os profesores Víctor e Felipe, aínda que estes esperan que sexan os propios alumnos os que rexan esta competición a partir de agora. Os partidos tive- ron lugar todos os martes nos dous recreos no recinto do pavillón. O árbitro titular dos en- contros foi o profesor Víctor Rodríguez Gesto e tamén o substituíu nalgúns casos Alejandro Baleirón Rial, de 4º de ESO. A experiencia foi, en xeral, positiva aínda que decaeu un pou- co o número de espectadores conforme avanzou o campionato. Agardamos que en próxi- mas convocatorias se esperte de novo o interese por ver os partidos. UN ANO DE LIGA DE FÚTBOL SALA
  • 7. Páxina 7 arredor de nós 3º ESO:14-1ºA:1 Foi un partido moi interesante. Os de terceiro gañáronlles por 13 goles máis aos de primeiro. Neste partido, de 3º marcaron Samuel García (6 goles), Samuel Castro (4 goles), Santi Gándara (3 goles) e Daniel Olivera (1 gol). Mentres paraban o balón, Samuel García aproveitaba para comer sen que o árbitro o amoestara. O único gol de primeiro meteuno Jose Castaño. Rabia dende as bancadas cara aos de 3º de ESO. EQUIPO FEMININO: 2 /2ºA: 9 Foi un partido normal e corrente. As rapazas necesitaron axuda dun compañeiro (Samuel García) para meter os seus dous goles e máis doutro, Samuel Castro, para intentar que o balón non pasase da liña de meta. Os de 2º gañáronlles ás rapazas por sete goles. Antía Sanmarco, a titular do equipo, case mete un gol. María Navarro, a pesar de que non tiña roupa apropiada para xogar, quedou de porteira e parou outro. Por outra parte, Jacobo, porteiro/xogador de 2º, púxose a celebrar un gol que meteran nese momento os do seu equipo e mentres, Samuel García, o xogador de terceiro, tirou desde medio campo e marcou. 3º ESO: 9 - 4º ESO: 5 Foi un partido repleto de substitucións por parte dos de 4º: Alex non puido acudir ao partido, polo que foi substituído por Iván, de 2º, quen foi o máximo goleador do partido con catro tantos. Tamén foi trocado Alex Baleirón (que marcou un gol) por Lauro, pois Alex caeu e fíxose dano no cóbado. Houbo una xogada moi discutida: unha man de Iván na área que o árbitro non sinalou como penalti. Houbo outra, polo contrario, moi aclamada: un gol que salvou case na mesma liña de meta. A maioría dos xogadores non estaban en condicións de xogar, pois non levaban a roupa apropiada. Mais os que si a levaban marcaron varios goles: Samuel (2), Samu (3) e Santi (3). 2ºESO:5- 1ºESO:2 Foi un partido moi tenso. O árbitro estaba moi centrado no partido, pero aínda así tivo fallos e custoulle arbitrar. Un exemplo disto foi o enfrontamento de Jose Castaño con Aharón, que rematou coa expulsión de Jose, e que foi moi discutida polo público. Agás iso, foi un partido no que se amosou bo xogo. 3ºESO: 10 - 2ºESO:2 Foi un partido moi interesante. As dúas últimas xogadas foron boas pero sen marcar gol. Os de 3º de ESO gañáronlles aos de 2º da ESO por goleada. Os goles foron: cinco de Samuel García, un de Santi, un de Samu e tres de Rubén (por parte de 3º) e dous de Manuel (por parte de 2º). Para finalizar, queda pendente a celebración do derradeiro partido ao peche da redacción da revista entre o equipo feminino e 3º A, mais o resultado é irrelevante no resultado final da competición xa que o equipo gañador da liga é 3º A. Parabéns para eles. María Navarro Jamardo, Verena Vieites Fernandes 3º ESO
  • 8. Páxina 8 arredor de nós LEMBRANZAS DE AULA: 3º A DE EDUCACIÓN PRIMARIA Ao longo deste curso, houbo moitos momentos que non esqueceremos como este no que aparecemos preparados para subir ao barco pirata. Se queres vernos noutras actividades que realizamos ao longo do curso, preme nesta ligazón: http://animoto.com/play/xKHll9PPgFEMboWKUNKvOA Os nenos e nenas de 3ºA antes de subir ao barco Pirata…
  • 9. Páxina 9 arredor de nós CLUB DE LECTURA NA BIBLIOTECA DO CPI DE PONTECESURES O noso Club de Lectura comenzou a súa andaiana o curso 2009-2010 co nome de OS ASALTACONTOS porque despois de varias propostas decidimos que no noso club apostabamos pola evasión, polo deixarse ir, por entrar neses mundos que só a lectura nos pode ofrecer a través da palabra. Este ano estamos nel 15 alumnos e para algún de nós é o segundo ano. Cada mes dedicámoslle parte do noso tempo de lecer a ler un libro e nun recreo dos xoves reunímonos na biblioteca e comentámolo entre todos. Falamos daquilo que nos gustou ou daquilo que nos pareceu máis interesante. Tamén vemos algunha película. Nas nosas reunións non só compartimos o pracer da lectura senón que tamén sempre temos algo doce para compartir pois nunca nos esquecemos da merenda. Tamén temos un blog onde se pon todo aquilo que facemos. O seu enderezo é: http://osasaltacontos.blogspot.com.es Este ano xa levamos lidos varios títulos, tanto en galego como en castelán, pero o noso próximo reto é ler “Jump to freedom” en inglés. Marina Carmen García Rey Coordinadora do Equipo de Biblioteca
  • 10. Páxina 10 arredor de nós AS EXCURSIÓNS DESTE CURSO Ao longo do curso alumnado e profesoresorado botouse a aprender fóra das aulas en varias ocasións, que intentaremos lembrar aquí. Presentámosvos algunhas delas, e desculpade se nos esquecemos dalgunhas. O 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CESURES PARA ASISTIR A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS Alí puidemos escoitar e “ver “ o conto “Contos do Mundo”. Aí vos van unhas fotiñas para que as vexades… OUTRAS EXCURSIÓNS DE E. INFANTIL E PRIMARIA FORON: 25-11-13: O 3º ciclo visitou o Parlamento de Galicia. 25-11-13 , 25-3-14:, 28-4-14 O 1º e 2º ciclo asistiron ao teatro a Pontevedra 13-12-13: E. Infantil acudiu a Valga para ver o Belén. 21-1-14: O 3º ciclo asistiu a unha represen- tación teatral en inglés. 23-1-14: O 3º ciclo visita o Centro de Día de Valga onde realizaron actividades para con- ciencialos sobre a discapacidade. 19-3-14: O 3º ciclo asiste á actuación do grupo de percusión “Odaiko”. OUTRAS EXCURSIÓNS DE E. SECUN- DARIA FORON: -XANEIRO: Asistencia en Padrón á repre- sentación teatral en inglés Delaired. -FEBREIRO: Excursión de unha semana a Andorra para iniciarse no esquí (3º e 4º de ESO) -MARZO: Acudimos a Santiago a ver a obra teatral Don Juan Tenorio. -ABRIL: Visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. -ABRIL: Excursión de unha semana a Can- tabria (2º ESO) -MAIO: Excursión a Santiago para partici- par no Correlingua. Excursión ao Parque Natural de Corrubedo do Departamento de Bioloxía.
  • 11. Páxina 11 arredor de nós OS NENOS/AS DE 1º A DESÉXANVOS “Bon Appetit” Bon Appetit é unha obra de teatro que fomos ver o martes 25 de marzo a Pontevedra. A cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para esmendrellarse de riso, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso. Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres xefes de cociña que nos van ensinar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega. Farannos unha empanada, polbo á galega, lacón con grelos e, de sobremesa, filloas Fomos en autobus e pasámonolo estupendamente. Aquí quedan unhas fotos nosas:
  • 12. Páxina 12 marcado no calendario MAGOSTO 2013: “ ARTISTAS POR UN DÍA” Día moi atarefado, con moito movemento: Entrega de premios dos relatos de terror, cunha terrorífica posta en escena por parte dos alumnos/as de ESO, preparar os cucuruchos para meter as castañas asadas, comer as castañas,… e entre unhas e outras, ós cativos e cativas de 4º e ás súas mestras, ocorréuselles amenizar o día cantando unha copla, creada para esa ocasión, indo polas aulas, biblioteca,… O retrouso da cantiga rezaba así : “ No cole do Pino Manso, hai magosto e zafarrancho, ai, no cole do Pino Manso” Cantámola a ritmo de muiñeira, co acompañamento das pandeiretas de Estela e Icía. Pasámolo xenial. Indo de xira polo centro, sentímonos artistas por un día. Podedes ver a nosa actuación en directo, na aula de 2º, no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch? v=RK9wP7pPTHs UN SAMAÍN ESTARRECEDOR Época de cabazas decoradas con moita creatividade no noso centro. Dende o Equipo de Normalización e a Biblioteca, decidimos organizar este ano un concurso de relatos de terror cuxos gañadores podedes ler na sección “Os andeis do maxín”. Para anunciar o certame, nas clases de Plástica de Secundaria puxémonos a deseñar o cartel e, finalmente, eliximos este, de Pablo Oliveira (3º ESO). Algúns alumnos/ as do equipo representaron unha peciña teatral para a entrega de premios, titulada: “Casandra, a vidente invidente”. Tedes fotos do evento no seguinte enlace do blog do trasno paroleiro: http://www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3656
  • 13. Páxina 13 marcado no calendario IV DÍA DA CIENCIA EN GALEGO No noso centro sumámonos un ano máis ás vi- deoconferencias organizadas pola CGENDL para conmemorar o Día da Ciencia en Galego, data reinvindicativa que pretende sinalar que o noso idioma tamén vale para as materias escolares de carácter científico. A de primaria correu a cargo de Marilar Aleixandre e versou sobre os insectos. Na de secundaria, Jorge Mira explicounos como medían os gregos as distancias da Terra á Lúa e ao Sol. Deixamos unha foto do evento, pero te- des máis na fotoblogoteca: http:// www.blogoteca.com/trasnoparoleiro/index.php?gal=3657 NADALEANDO Ao remate do 1º trimestre, tamén contamos coa fantástica ac- tuación dos cantos de reis do alumnado de 4º B de primaria. Non vos perdades o vídeo en: https://www.youtube.com/watch?v=BlGL_OrMJ6w DÍA DA PAZ Os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria fixeron un vídeo para conmemorar o Día Es- colar da Paz e da Non Violencia, que se celebra o 30 de xaneiro. Pa- ra velo, preme no enlace: https://www.youtube.com/watch? v=2q2LHNjHNWY
  • 14. Páxina 14 marcado no calendario Un ano máis celebramos todos xuntos a festa do entroido. O tema central foi a auga.
  • 15. Páxina 15 marcado no calendario
  • 16. Páxina 16 marcado no calendario
  • 17. Páxina 17 marcado no calendario OS MERGULLADORES DO TERCEIRO CICLO Como ben sabedes, este ano o entroido estivo adica- do a un ben pouco apreciado no “primeiro mundo”: a auga. Dende o 3º ciclo non quixemos caer en tópi- cos ou palabras baleiras que tenden a se esquecer con facilidade. Cremos que a concienciación da boa utilización deste recurso e do coidado do planeta debe ser un labor cotiá e non algo illado, froito dun día puntual. Por iso quixemos enfocar o tema dende un punto de vista lúdico, humorístico e mesmo satí- rico en consonancia co espírito satírico do entroido galego. Os alumnos/as do 3º ciclo quixeron baixar ás pro- fundidades do océano da man de The Beatles e o seu “Yellow Submarine”. Tamén quixeron coñecer o medio mariño desde a superficie, surfeando as fermosas ondas atlánticas para non ser menos que os Beach Boys co seu Surfing USA. Para ver as alumnas/os do 3º ciclo en acción, acompañados destes dous grandes grupos dos 60, premede nesta ligazón: https://www.youtube.com/ watch?v=5tPrBwRlFFk Ademais, o alumnado de 5º A investigou sobre es- tes grupos e tedes aquí o froito do seu traballo: THE BEATLES The Beatles foi unha banda de rock formada en Liverpool (Inglaterra), activa durante a década dos 60 e cuxos integrantes eran: Jonh Lennon (guitarra rítmica e vocalista), Paul McCartney (baixo e vocalista), George Harrison (guitarra solista e vocalista) e Ringo Starr (batería e vocalista). Enraizada no skiffle e o rock and roll dos anos cincuenta, a banda traballou máis tarde con distintos xéneros musicais que ían desde a balada pop ata o rock psicodélico, incorporando a miúdo elemento clásicos. Lograron o éxito comercial no Reino Unido a finais do 1962 co seu sinxelo “Love Me Do”. A partir de aí foron adquirindo popularidade internacional nos cales fixeron un extenso número de xiras por todo o mundo ata o ano 1966, ano no que cesaron a súa actividade en vivo. Ao comezar a década dos 70 o grupo sepárase e todos os seus integrantes embarcáronse en exitosas carreiras independentes. Catro décadas logo da súa separación a música que crearon continúa sendo popular. THE BEACH BOYS The Beach Boys é unha banda que se formou en Os Ánxeles (Californi) no ano 1961 e estaba formada por: Brian (compositor, vocalista, baixo e piano), Carl (guitarra e vocalista), Dennis Wilson (batería e vocalista), Mike Love (vocalista) e Ao Jardine (guitarra e vocalista). Xuntos popularizaron un estilo de pop coñecido como “Surfin” ou “Hot- Rod”. No mesmo ano no que se formou a banda saíu o seu primeiro sinxelo “Surfin” que foi todo un éxito. Despois viñeron éxitos como “Surfin USA”, “Fun Fun Fun” e “California Girls”. Estes primeiros éxitos do grupo falaban dunha utopía suburbana adolescente nas praias e arrasou en todo o país.. A partir do 1966 a música dos Beach Boys comeza a facerse máis complexa sendo unha mostra o álbum “Pet Sounds”. A carreira dos Beach Boys sofre altibaixos editando discos importantes pero con escasa resposta comercial como “Sunflower”, “Sufs Up” e “Holland”. Por certo na semana do entroido houbo unha persoa que colgou nas portas das aulas estes letrei- ros .Sabedes que foi?
  • 18. Páxina 18 marcado no calendario DÍA DO LIBRO 2014 Entre outras actividades que se organizaron no centro por esta data (como un certame literario) , os rapaces de 4º A fixeron un marcapáxinas cunha imaxe deles mesmos disfrazados de Piratas. CORRELINGUA 2014: GALEGO, O PASO ADIANTE Este foi o lema escollido para a edición do Correlingua deste ano no que participamos dende as aulas de lingua galega e Plástica de Secundaria. En 1º de ESO presentaron a concurso un vídeo elaborado na aula de Plástica que podedes visionar no enlace: https://www.youtube.com/watch?v=1exf3083Hcw O alumnado de 4º de ESO presentou a concurso este ano o seguinte manifesto, que recollemos íntegro aquí: “CAMIÑANDO AO ENCONTRO DO GALEGO” Chámome Xián. Aos meus quince anos, darei o meu primeiro paso. Pasos tamén deron outros: o ímpeto co que loitou Rosalía ou a valentía de enfrontarse ao risco de escribir poesía vangardista en galego de Manuel Anto- nio, foron exemplos que me fixeron crer máis en min. O meu primeiro paso non quedará marcado na historia de Galiza, pero si na miña historia. Foron quince anos de sufrimento, tamén de debilidade. Deixarse levar polos outros nunha cadeira de rodas sempre é máis cómo- do. Cómodo tamén foi deixarse dominar pola nobreza foránea que dende o século XIV invadiu a nosa terra. A escuridade deses anos aínda non está esquecida. Os intentos errados de erguerme non foron en van, pois agora chegou o momento de espertar. Teño que loitar por seguir adiante para que o meu primeiro paso sexa forte, tan forte coma o vento destes días de inverno, que me vai axudar a guindar con esta cadeira de rodas para sempre. A partir de agora, será a multitude a que me siga e non quen a siga a ela.
  • 19. Páxina 19 marcado no calendario Para veres o vídeo e o manifesto gañadores desta edición, podes visitar a páxina oficial do correlingua: www.correlingua.org DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014 Este ano a Real Academia Galega decidiu renderlle tributo ao poeta de Guitiriz, Xosé Mª Díaz Castro. Ao homenaxeado, membro da denominada Xeración poética de 1936 xunto con outros outros escritores, entre os que destacan Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño, tocoulle vivir de preto a Guerra Civil con 22 anos. A súa formación académica iníciase no Seminario de Mondoñedo, onde comparte aulas e amizade co mencionado Igle- sia Alvariño, centro de ensino no que comeza o seu interese pola poesía e o estudo das lin- guas. Aínda que inicia a súa andaina profesional como mestre no colexio León XIII de Vila- garcía, dirixido por Iglesia Alvariño, o labor que o ocupará gran parte da súa vida é o de tra- dutor no Consello Superior de Investigacións Científicas, en Madrid, cidade onde residirá ata a súa xubilación. Desta etapa é o seu único libro editado, Nimbos, que se considera un dos grandes poemarios da literatura galega de posguerra. Os temas tratados nel, van dende a propia reflexión metapoética, a relación do ser humano e Deus, o paso do tempo e a consi- deración simbólica e telúrica da paisaxe galega. Na década dos 80, xubilado e retornado a Galicia, publica poemas na revista Dorna con- vidado polos poetas que sostiñan a publicación da revista. O poeta morre en Lugo no ano 1990. O alumnado de 4º de ESO elaborou unha serie de video-poemas ba- seados en composicións de Nimbos, que poñeremos en breve no blog de normalización: www.blogoteca.com/trasnoparoleiro 15 de febreiro de 2014 Por fin son libre! Celebreino nun concerto de Ruxe-Ruxe. Deille á lingua canto puiden. A noite é xove pero eu aínda o son máis. Transmitíronme tanta forza coas súas letras que agora mesmo sinto que podo facer todo o que me propoña. Arestora xa sei que todo o imposible se pode converter en posible. O único que preciso para alcanzar todo o que me propoña é estar preto de vós. Xuntos conseguirémolo todo. Se caio, erguereime coa vosa axuda. Levemos o galego Máis Alá: twitteemos en galego, juasapeemos en galego, rapeemos en galego, instagalegue- mos… GALEG@S: UN PASO ADIANTE, NUNCA ATRÁS! @S FOLUADOR@S 4º DE ESO CURSO 2013/2014 CPI PONTECESURES Para saberes máis sobre Díaz Castro, podes con- sultar esta páxina web da Dirección Xeral de Polí- tica Lingüística: http://www.xunta.es/ linguagalega/ xose_maria_diaz_castro
  • 20. Páxina 20 o recanto da ciencia e a técnica NACEMENTOS E CICLO LUNAR Introdución Como parte dun traballo máis amplo sobre a lúa e a súa influencia, o profesor de Ciencias Naturais propúxonos comprobar se as datas de nacemento dos alumnos do CPI de Pontecesures gardaban algunha relación coas fases lunares. Os mitos e crenzas do influxo da Lúa sobre o crecemento e a fertilidade subsisten en todas as sociedades. Unha gran parte deles baséanse no feito da atracción da Lúa sobre as augas, tan visible no ritmo periódico das mareas, para explicar, metaforicamente, o que sucedería nos líquidos vitais dos seres vivos durante os ciclos lunares. Así, en abalo ou crecente, mobilizaríanse os fluídos de abaixo cara a arriba, fomentando o crecemento, e en decrecente ou debalo sucedería o contrario. Cortar a herba, o pelo ou as uñas, sementar, matar o porco, podar, transplantar ou facer marmeladas, deberían realizarse no período lunar axeitado. Unha muller embarazada contén un 70% de auga no seu corpo, polo que os seus líquidos, pensemos no líquido amniótico, son susceptibles de sufrir a atracción da Lúa. Esta forza manifestaríase con máis intensidade en Lúa chea e Lúa nova, pois é cando Lúa, Terra e Sol están aliñados. O mito, defendido aínda hoxe por algúns profesionais da saúde, fala dun aumento de partos en Lúa chea, ignorando a Lúa nova, responsable de mareas de amplitude similar ou superior ás do plenilunio. Material e métodos Os datos de nacemento dos alumnos foron recompilados do programa de xestión administrativa de educación (XADE) e xentilmente facilitados, ata en dúas ocasións, por Asun. Os datos dos ciclos lunares foron extraídos do programa Moonphase 3.3 e da páxina web Kalender.de. O movemento de translación da Lúa arredor da terra , a chamada revolución sinódica, dura 29 días e 12 h., polo que adxudicamos un día do ciclo lunar, do 1 ao 29, a cada unha das datas de nacemento dos alumnos. O día 29 correspondería coa lúa nova e, o seguinte á Lúa nova, sería o 1 ou primeiro día do ciclo. Esta metodoloxía pode resultar un pouco laboriosa, pero é moito mais fiable e precisa que asignar as datas de nacemento en catro cuartos. O erro máximo é dun día, e sempre se poden xuntar os datos por cuartos: (1 a 8 cuarto crecente, 9 a 15 Lúa chea, 16 a 22 cuarto minguante, 23 a 29 Lúa nova). Deseñamos unha folla de cálculo co programa Microsoft EXCEL 2010 para cada un dos grupos, cubrindo as seguintes variables: nº de alumno, grupo, sexo, data de nacemento e día do ciclo lunar. Para reflectir a forza real da atracción da Lúa e o Sol, solapamos estes datos aos de amplitude de marea do mes de xullo de 2011 do porto de Vilagarcía. Co fin de
  • 21. Páxina 21 o recanto da ciencia e a técnica estimar a amplitude en cada un dos 29 días, calculamos a diferenza entre a altura máxima da primeira preamar do día e a altura da baixamar seguinte. Na gráfica só figuran os valores de amplitude máximos e mínimos. Resultados e discusión Os resultados amósanse no seguinte gráfico: Á espera dunha análise estatística mais rigorosa por parte do Departamento de Matemáticas, parece que non existe, polo menos nos alumnos do centro, unha tendencia clara a un maior número de nacementos na fase de Lúa chea. De feito, o día do plenilunio é o 15 e só se rexistran 8 nacementos. Pola contra, destaca o día 23, con case o dobre de nacementos que a media do ciclo, e que vén precedido polo día que menos nacementos se produciron. Outro feito salientable é que nacen en crecente, (días 1 a 15) 167 alumnos, exactamente o mesmo número de alumnos que en decrecente (días 16-29). Se agrupamos os datos como fan noutros traballos (García Sánchez, Mª e outros,2001) teríamos no cuarto crecente 80, en Lúa chea 87, en cuarto decrecente 69 e en Lúa nova 98. Neste caso parecería que a Lúa podería ter algo de influencia nos nacementos pois aumentan lixeiramente en Lúa chea e bastante en Lúa nova coincidindo cos períodos nos que a Lúa e o Sol exercen unha maior forza de atracción sobre as augas. Esta forza podería estimarse coa variación en amplitude das mareas ao longo do ciclo lunar representado pola liña laranxa. Pedro Citoula Pérez 1º ESO Bibliografía: García Sánchez,Mª ; Garrote Mata, A.; Sánchez Peñarrocha, Mª G. (2001). Influencia lunar y barométrica sobre los partos y la rotura espontánea de membranas ovulares. Revista de Enfermería,Nº 14, diciembre de 2001. Escuela Universitaria de Enfermería de Albacete. http://www.uclm.es/ab/enfermeria/revista/numero% 2014/influencia_lunar_y_barom%E9trica_s.htm Kalender.de: http://kalender-365.de/lunar-calendar.php Calendario ciclo lunar 1997-2011. Moonphase 3.3: descargable de balde en: http://www.tingan.com/index.asp? top=top&left=meny&right=space&main=w3 Moure Salgado, X. (2011) .A Lúa; Galicia Encantada; Enciclopedia da fantasía popular de Galicia. http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1957&n=a_l%FAa Tablas de mareas Porto de Vilagarcía xullo 2011;. Páxina web meteogalicia. http://www.meteogalicia.es/web/predicion/maritima/mareasIndex.action XADE: Datos de nacemento do alumnado CPI Pontecesures ciclo 2013/ 2014.
  • 22. Páxina 22 o recanto da ciencia e a técnica OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS DE 6º B Os alumnos de 6º B estivemos aprendendo algunhas cousas sobre a electricidade e, para comprobar que todo iso que estudamos é verdade, construímos algúns circuítos que vos contamos a continuación: CASA E MUÍÑO DE VENTO: MATERIAIS NECESARIOS: -Unha táboa de madeira, para pegar os materiais que necesites. -Catro interruptores -Tres lámpadas, un ventilador pequeno e dúas pilas. -Nove cables e nove soportes para os cables. -Dous soportes para as dúas pilas e tres soportes parra as tres lámpadas. Xa podemos empezar a facer o noso circuíto: 1. Colles os cables e pélalos polas puntas. 2. Colles os cables pelados e conéctalos aos interruptores. 3. Cando os cables están conectados aos interruptores, conectalos ao soporte da lámpada e aparafusar os soportes. 4. Cando xa terminas de aparafusar os soportes das lámpadas, conectas os cables ao ventilador e pos as lámpadas na súa base. 5. Colles os soportes das pilas, aparafúsalos á táboa e pos a pila. Xa podes enchufar os cables e acender o interruptor. Para facer o decorado necesitas cortiza, serraduras, tacos de madeira e un ferro. Empezamos a facer o decorado: 1. Cortas catro cachos rectangulares e dous en forma de casa. 2. Pégalos encaixándoos ben e pegamos na táboa. 3. Se queres faille unha cheminea e uns bancos coa cortiza que sobra. Empezamos coa casa de madeira: 1. Facemos a estrutura cos tacos de madeira. 2. Colocamos o ventilador nos tacos. 3. Facemos un burato e metemos o ferro. 4. Ao redor poñemos as serraduras. 5. Pinta como queiras. Para o traballo axudáronnos os nosos pais e a nai de Noa comprou as pilas, as lámpadas e a súa base. A nai de Sandra comprou a cortiza.
  • 23. Páxina 23 o recanto da ciencia e a técnica A NORIA Materiais: 2 Cables Cinta illante Interruptor Motor Goma elástica Pila de petaca Roda Desenvolvemento: Fixen dous circuítos cun só interruptor. O cable negro leveino a un extremo da pila de petaca e o vermello ó outro. No medio do longo do cable, puxen outro, e así, ó darlle ó interruptor (unido ó cable), acende a luz da lámpada e o motor dá movemento para a nora. Entón, a corrente vai da pila ao motor e dá voltas. Poñémoslle unha goma elástica enganchada a unha roda, e a goma móvese facendo mover ó mesmo tempo a roda, unida á nora por un ferro, que se tamén se move mentres a luz ilumina a “taquilla”. Para que non se solten os cables, ou non dean brecas, pónselle cinta illante. O MUÍÑO DE VENTO E A CASIÑA. O meu circuíto eléctrico está feito con: cables, dous interruptores, dúas pilas e unha lámpada; tamén utilicei cartón e madeira para facer a casiña e o muíño. Neste traballo tamén me axudou meu pai (só cos cables). O muíño ten un cable que está unido a un dos polos da pila de petaca e tamén ao muíño e ao interruptor, para que este xire. A casiña ten tamén un cable unido a unha pila e a un interruptor que fai que se vexa luz dentro dela. OS SEMÁFOROS O meu circuíto é unha cidade representada por unha imaxe pegada nun cacho de porexpan. Na cidade hai unha estrada que ten dúas direccións e un paso de peóns. En cada dirección hai un semáforo, cada un deles ten dúas lámpadas, unha verde e outra vermella. Detrás da imaxe hai dous interruptores, un para a cor vermella e outro para a cor verde, que están unidas aos semáforos por catro cables.
  • 24. Páxina 24 o recanto da ciencia e a técnica Materiais necesarios para facer este traballo: Imaxe Porexpan (mesmo tamaño ca foto) Catro cables Catro lámpadas (dúas vermellas e dúas verdes) Unha táboa Bote de pintura branca Dous interruptores Cinta negra Tubos de plástico Desenvolvemento: Aos dous tubos de plástico que temos facémoslles dous buratos seguidos a cada un deles. A continuación colocámoslle unha lámpada verde e outra vermella a cada tubo. Ao acabar isto, facemos dous buratos na táboa, un nunha dirección da estrada e o outro na outra. Ao acabar isto, metemos os cables das lámpadas polos buratos que ten a táboa. A continuación unimos estes cables a outros para que sexan máis longos. Abrimos os dous interruptores e metemos dous cables en cada un deles, logo cerramos os interruptores volvémolos a aparafusar, deixamos que en cada interruptor saian as puntas dos dous cables e facemos estes procesos co outro semáforo. As puntas que sobraron en cada interruptor unímolas coa pila. E así temos un bonito circuíto. MUÍÑO DE VENTO Utilizamos: unha caixa de bombóns, un coche de xoguete, cinta illante e pegamento. Primeiro collemos unha caixa de bombóns, cortámola en forma de cono para o teito do muíño. Logo collemos un coche do meu irmán e sacámoslle o motor e o interruptor. Tamén cortamos un tubo, unhas aspas e unha caixa. Collemos unha cortiza, unha chincheta e as aspas. Xuntamos as aspas e a cortiza e cravamos a chincheta. Fixemos un burato na cortiza e metemos o motor do coche. Xuntamos o cono e o tubo. Nel fixemos un cadrado e metemos o motor coas aspas. Logo, cuns cables conectámolos co motor e o interruptor. Nun lado colocamos o interruptor e a caixa que cortamos e colocámolos encima. Collemos unha táboa de madeira e pegamos todo encima. Cando lle dabamos ao interruptor as aspas xiraban.
  • 25. Páxina 25 o recanto da ciencia e a técnica A CAIXA DO MEU NOME. NECESITAS: Unha caixa de cartón, un interruptor, unha pila de petaca, cables de cobre, tres lámpadas, tres soportes de lámpadas, papel celofán de , cores, unha táboa de madeira, “Super Glue”, papel de regalo e tesoiras. CONSTRUÍMOS: Primeiro forras a caixa de cartón co papel de regalo con “super glue”. Pégala á táboa tamén co pegamento. Colles o cable e pólo nos soportes das lámpadas para que lles chegue a corrente e conéctalo á pila e ó interruptor . Pegas o interruptor e a pila na táboa. Coa caixa de cartón fixen as letras do meu nome (ABEL), forrei con papel celofán o cartón coas letras e este pegueino á caixa. Cando premes o interruptor, as tres lámpadas alumean e, como lle puxen unha cor de papel celofán para cada letra, ilumínanse cada unha dunha cor (verde, vermello, azul e amarelo). A GRANXA Para facer noso traballo utilizamos: 3 lámpadas pequeñas, 3 pilas con polos flexibles, 3 interruptores, 6 cables Para o decorado precisamos: Paus de polos de distintas cores, silicona, figuras para decorar e unha taboa de madeira para sostelo CAMPO DE GOLF Somos PABLO e SAMUEL e a continuación imos facer unha descrición do noso circuíto eléctrico, do que non temos imaxe. Para realizar o noso proxecto utilizamos: dúas lámpadas pequenas, dous portalámpadas, dous cables dun metro cada un, dúas pilas de petaca, paus de cores, feltro de cor verde e unha táboa para colocar todo encima. A continuación unimos a pila cos dous cables e estes co interruptor; os cables sobrantes únense co portalámpadas para que a lámpada se acenda. E repetimos o proceso coa outra lámpada. PILA CASEIRA (MANUEL) Utensilios : 2 cables de cobre, vinagre (tanto para encher un vaso ), cartón, cinta illante, moedas de cobre, papel Desenvolvemento: Metemos o cartón no vinagre . Deixámolo mollar . Cando estea mollado sacámolo. Imos alternando : moeda, cartón , papel de aluminio. Poñémoslle cobre e cinta ao redor e xa está lista para que funcione.
  • 26. Páxina 26 o recanto da ciencia e a técnica Umbilicus rupestris Esther dixo que non sabía como se chamaba pero que cando era pequena a súa nai usábaa para refrescar as feridas que se facía nos pés. Antonio dixo que lle chamaba couselos e que tamén a usaba para as queimaduras. Eucalyptus globulus Esther, aínda hoxe, prepara vaos coas follas do eucalipto para os bronquios e para a tose, e ás veces en moi poucas cantidades en infusión. Ela di que é a mellor solución. Digitalis purpurea Antonio chámalle nardos e cando era pequeno gustáballe moito ir a un lugar onde había moitos, onde xogaba cos seus amigos a explotar as flores. FITOFALADOIRO: A CADA PLANTA, OS SEUS NOMES Este curso, o CPI de Pontecesures participa nun proxecto coordinado dende a Universidade de Santiago e dirixido aos centros de ensino secundario de Galicia denominado Fitofaladoiro. Trátase de recoller información dos no- mes locais cos que se coñecen as plantas silvestres, dos usos tradicionais que se lles daban ou dan e das lendas e sabedoría popular relacionadas con elas. Esta información trasládase ao Herbario da USC, que xunto co Instituto da Lingua Galega procesa e organiza todo este material co obxectivo de que to- dos estes nomes e saberes non se perdan. No noso centro seleccionamos o grupo de 2º de ESO para participar dende as materias de Ciencias da Nature- za e Lingua Galega . Por iso, un grupo de catro alumnos decidimos iniciar o traballo e preguntarlle á xente da nosa vila se había algún nome especial que lle deran a algunha planta. Escollemos dúas persoas maiores que entenden e que están acostumadas a tratar con plantas silvestres, Esther e Antonio.
  • 27. Páxina 27 o recanto da ciencia e a técnica Cytisus scoparius “ A miña sogra collía moitas ramas das xestas e cun cordel uníaas a un pau facendo unha escoba para varrer fóra” di Esther. Silybum marianum A nai de Esther, cando ela era pequena ensinoume a preparar a raíz do cardo para depurar os riles. Fervíase ata que se facía unha especia de xelatina. Conyza bonariensis “Eu sempre lle chamei herba carniceira e cando me magoaba xogando cos meus amigos, usábaa para aliviar as feridas”, conta Esther. Stevia rebaudiana A esta planta Esther chámalle “stevia” e o seu marido estaa tomando para a diabetes. Espero que vos gustase o noso traballo. Fixémolo porque pensamos que sería unha mágoa que se perdesen algúns nomes de plantas que non sabiamos e para que os máis novos aprendamos os distintos usos que teñen algunhas plantas. Se queredes participar no proxecto do fitofaladoiro, ou para coñecer algo máis sobre el, consultade o enlace: http://fitofaladoiro.eu Micaela, Borja, Fernando e Xenxo, 2º ESO
  • 28. Páxina 28 BEN É CERTO QUE PARA O TEMA DA ARTE E A CREATIVIDADE NON HAI IDADE. POIS OS MÁIS PEQUERRECHOS DO CENTRO DEIXAN AFLORAR A SÚA IMAXINACIÓN E SORPRÉNDENNOS REA- LIZANDO VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE. APROVEITANDO A TEMÁTICA DO NOVO PROXECTO ANUAL SOBRE A AUGA OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS REPRESEN- TARON O FONDO DO MAR EMPRE- GANDO A TÉCNI- CA DO ESTAMPA- DO CON ES- PONXA. PINTA- BAN COMA VER- DADEIROS PEIXES DENTRO DA AUGA. CAN- TOS ANIMAIS MA- RIÑOS PODEDES ATOPAR? pequenos grandes artistas
  • 29. Páxina 29 pequenos grandes artistas OS MAIORES DE EDUCA- CIÓN INFANTIL, INSPIRÁ- RONSE NO MUNDIAL- MENTE COÑECIDO SORO- LLA PARA REALIZAR OS SEUS CADROS: “EL BA- LANDRITO” “PASEO POR LA PLAYA”, “EMBARCACIONES VA- LENCIANAS”…TEMOS TANTAS GANAS DE QUE CHEGUE O SOL E O VERÁN QUE A PRAIA FOI O TEMA DESTACADO DAS SÚAS OBRAS MESTRAS.
  • 30. Páxina 30 pequenos grandes artistas OS QUE VERDADEIRA- MENTE DERROCHARON CREATIVIDADE POR TO- DOS OS POROS DA SÚA PEL FORON OS MÁIS MÚDOS DE INFANTIL. EMPREGANDO DIVERSAS TÉCNICAS E MÚLTIPLES MATERIAIS. DEIXARON VOAR A SÚA IMAXINA- CIÓN PARA REALIZAR AS SÚAS OBRAS DE ARTE.
  • 31. Páxina 31 onde o mundo se chama Pontecesures ENTREVISTAAO OPERADOR DO ANTIGO CINE DE PONTECESURES: D. JOSÉ HORACIO CASTROAGUDÍN MAGÁN A raíz de lermos na clase de galego un conto de Marcial Suárez titulado “O acomodador”, no que se narraba a historia dun acomodador dun cine de Allariz que tiña que soportar as trasnadas dos rapaces da vila, xurdiunos a curiosidade por saber algo do antigo cine de Pontecesures. Os nosos familiares maiores contáronnos moitas veces que na rúa San Lois existía tempo atrás un cine chamado Colón, onde hoxe se sitúa un supermercado. Decidimos pescudar algo máis sobre este tema e soubemos que na nosa vila aínda vivía o operador daquel cine. Así que, uns cantos de nós, fomos visitalo e fixémoslle unha entrevista. A expe- riencia resultou moi divertida, posto que D. José Horacio acolleunos con simpatía e hospita- lidade no seu domicilio. Agora, con 84 anos, aínda se lembra de moitos datos e historias que a continuación reproducimos nesta entrevista. Cantos anos traballou vostede no cine Co- lón de Pontecesures e cantos anos estivo en funcionamento? O cine Colón estivo aberto trinta anos e eu traballei nel como operador dezaoito, dende que tiña vinte anos. Por que decidiron abrir un cine en Ponte- cesures? Porque daquela en Cesures aínda non había ningún cine e a xente ía aos das vilas do arredor, por exemplo a Padrón. Así que pen- samos que, se abriamos un, podería ter éxi- to. E foi rendible, realmente? Pois si que foi un bo negocio porque atraía a moitos espectadores. Tiñan que pagar un aluguer ou o local era seu? Eramos dous socios os donos do local, o meu tío e mais eu. Canto podían custar as entradas? Dependía da zona na que estivese o espectador, pois na máis próxima á pantalla as entradas custaban dez pesetas, mentres que as do galiñeiro eran máis baratas, pois só custaban tres pesetas.
  • 32. Páxina 32 onde o mundo se chama Pontecesures Cantas salas había? Había dúas: unha na planta baixa, sobre todo para as sesións infantís, e outra na planta de arriba para adultos. Cal era a capacidade do local do cine? Cabían unhas trescentas persoas. Había algún acomodador? Si, había tres tanto para levar aos espectadores ata os asentos como para evitar os conflitos. Logo era frecuente que houbese ruído ou pelexas durante a proxección? Dentro non había grandes problemas, pero fóra si, incluso pelexas. Había tenda para comprar lambetadas mentres se proxectaba a película? Diante do cine, na porta da entrada, estaban dúas mulleres vendendo lambetadas que levaban nunhas caixas de madeira penduradas ao pescozo. Era curioso que os caramelos que vendían tamén se chamaban “Colón”. Por certo, e por que lle puxeron o nome “Colón” ao cine? Pois porque o meu socio, que xa vos dixen que era o meu tío, viaxara moito a América e puxémoslle o nome en honor á persoa que descubriu ese continente. Que tipo de películas acostumaban a proxectar no cine? Gustaban moito as películas de vaqueiros e tamén os dramas. Guiábanse polas recomendacións da igrexa para proxectar a película? Si, había películas que só podían ver os espectadores de determinada idade, aconsellados pola autoridade eclesiástica. E, por último, foi algunha vez un actor ou actriz coñecido daquela época? Si, tivemos a sorte de acoller nunha sesión ao coñecido showman galego John Balan, ao que coñecera en América o meu tío. Jennifer Lorenzo, Esther Eitor, Álvaro Jamardo, José Jaime Castaño e demais alumnado de 1º de ESO QUEN ERA JOHN BALAN? Era un showman galego, nado en Marín, que se fixo famoso cantando e tocando dis- frazado de vaqueiro e imitando un inglés falso. De feito, o seu pseudónimo provén deste disfrace, aínda que en realidade se chamaba Manuel Outeda. Co tempo, nas súas actuacións foi imitando os sons de dis- tintos instrumentos. Por iso foi coñecido como “o home orquestra”. Tamén acostu- maba levar unha porta que usaba para tocar mentres cantaba, polo que o denominaban así mesmo co alcume de “O home da por- ta”. Traballou nun tramo de trolebús entre Pontevedra e Marín pero a súa participación en programas da televisión, como o da TVG “Adiviña quen vén esta noite”, fíxoo máis coñecido.
  • 33. páxina 33 os andeis do maxín CREANDO BANDA DESEÑADA Como vedes nas seguintes fotos, os nenos e nenas de 4ºA e 4ºB estiveron traballando na aula os cómics. Fixeron traballos individuais e en grupo, dos que seleccionamos dous. Esperamos que vos gusten
  • 34. Páxina 34 os andeis do maxín
  • 35. Páxina 35 os andeis do maxín GAÑADORES DO 1º CERTAME DE RELATOS DE TERROR Co gallo do Samaín, o Equipo de Normalización Lingüística e o da Biblioteca organizaron no mes de outubro un certame de relatos de terror. Publicamos aquí os gañadores das distintas modalidades. GAÑADOR DE 1º CICLO DE E. PRIMARIAGAÑADOR DE E. INFANTIL O relato seleccio- nado foi o do grupo de 5 anos. Como está en formato PPT, podedes lelo pre- mendo no se- guinte enlace: http:// www.slideshare.net/ trasnoparoleiro/conto-de- terror-e-infantil-5-anos
  • 36. Páxina 36 os andeis do maxín GAÑADOR DE 2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A PANTASMA MILITAR Érase unha vez dous nenos, chamados Xan e Tomás, que vivían nunha vila moi preto dunha estación militar. A eles gustáballes moito xogar alí, naquela estación. Un día os rapaces desapareceron: raptáraos a pantasma e tiña pensado comelos. Levounos ao comedor, pois tiña pensado preparalos ben para que estivesen máis saborosos cando os comera. Mentres tanto, na vila estaban todos preocupados e comezaron a buscar aos nenos. Un día, uns amigos de Xan e Tomás comentaron que a estes lles gustaba xogar na estación militar así que rogaron que foran buscalos alí. Pero, de súpeto, a vila desapareceu misteriosamente e quedou só o río. Entre tanto, na estación militar Xan e Tomás estaban moi asustados, aínda que, ao mesmo tempo, Xan estaba encantado porque a pantasma lle daba moi ben de comer. Ese día ían comer porco, que era o seu prato preferido. Como a Tomás non lle gustaba o porco, a pantasma deulle coello, pero tampouco o quería. Logo deulle chocolate, espaguetis, lasaña e pizza, pero nada lle gustaba. A pantasma enfadouse moito e mandoulles unha mensaxe aos pais que dicía: “Se queredes volver a ver a vila, teredes que regalarme os nenos” Asdo. A pantasma A carta tiña un selo arrepiante: unha cabaza. A nai dos nenos viuse obrigada a aceptar e deulle a carta coa resposta ao vento para que lla levara á pantasma. Tamén tiña un selo, pero este era en forma de corazón. Os habitantes estaban tan contentos por recuperar a vila que decidiron unirse para acabar coa pantasma. Loitaron todos xuntos ata conseguir que fuxira e así puideron recuperar a Xan e a Tomás. Diego Temperán Potel, 3º A. GAÑADORA DO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA O MISTERIO DOS MESTRES Aquela non era una mañá normal. Eu chegaba tarde á clase. Un enorme camión estaba deitado no medio da calzada. Había un montón de policías e de militares vestidos de forma estraña. Parecíanme raras as vestimentas que usaban estes axentes. Parecían sacados dun conto de ciencia ficción. Xa chegaba tarde. Non había ningún rapaz fóra; todos estaban nas aulas. Que rabia! Ao entrar na miña aula, o mestre preguntoume que me pasara. Eu tratei de explicarlle o que vira. De súpeto el berraba en alto unhas palabras en alemán. Ao sentir isto intentei acoplarme o máis rápido posible. Non entendía nada do que estaba dicindo, pero polo seu ton sabía que me estaba berrando. Non paraba de dicir: “Halt die Klappe und sitzen!!!...” Deus sabe o que me estaba dicindo. Foi entón cando comprendín que algo non ía ben. Non era normal este comportamento do mestre. Podía ser debido a que o seu fillo non lle deixase durmir esa noite, pero parecía estresado de máis. Despois disto, a clase transcorreu con certa normalidade. De súpeto, chegou o profesor Fran pois xa era a hora de música. Foi entón cando, me decatei que detrás da orella dereita do mestre José Luis penduraba un trebello parecido a un porto USB. Asusteime tanto que me quedei bloqueada: non daba crédito do que vía. Por medo de que se riran de min, non o contei. Foi Andrea a que me dixo: “Veña vamos!!”
  • 37. Páxina 37 os andeis do maxín Xa na clase de música, mentres tocaba a frauta, pensei para min: “Isto é de tolos, que está pasando?” Cando me decatei, xa era a hora do recreo. Intentei esquecer todo o que vira pero algo na miña cabeza dicía: “Que está pasando?” Que era aquel estraño trebello do mestre José Luis e aquela estraña chamada ao profesor Fran que lle fixo cambiar a expresión da cara. Nada máis saír ao recreo, fun en busca de Paula. Tiña que falar con alguén que me entendera. Atopeina sentada na montaña. Empecei a contarlle o que vira e díxome que Joaquín, o seu mestre, tiña un estraño tremor na man e non paraba de suar. Foi entón cando vimos chegar a furgoneta de Elías, que baixaba todo apresurado a falar con dous homes que non viramos nunca e que xesticulaban de forma ameazante e rara contra el. Paula e eu mirámonos con cara de medo e preguntámonos que lle estaba pasando a Elías. Quen eran aqueles homes que vestían de forma elegante con sombreiro negro os dous? E que querían de Elías para berrar desa maneira con el. Nese momento de incerteza soa o timbre e díxenlle a Paula: “Non lle contes nada a ninguén, non nos van crer”. De todas formas, se ves algo, chámame despois de comer. Cando chegamos á aula vin ao mestre José Luis que estaba traballando no seu teléfono e díxonos con voz agresiva: “Non funcionan os teléfonos!!!” Polo seu ton de voz entendín que el sabía o que estaba pasando e que non funcionasen os teléfonos non era un accidente. Cando empezamos a clase de lectura, o profe sacounos un libro que falaba de seres doutros mundos, que viñan á terra con intención de utilizarnos como escravos. Puxo moito interese en tratar de explicarnos como estes seres nos dominarían e as consecuencias que traerían para os que non estivesen de acordo coas regras que eles impuñan. Á miña cabeza veu unha serie de televisión da que meus pais me falaban e que trataba duns lagartos que se dedicaban a comer ratos, que nos escravizaban e facían experimentos con nós. Pensando, en medio de tanta incerteza, as seguintes clases pasaron con normalidade. Xa eran as dúas e o mestre mandounos recoller como de costume. Ao saír do colexio vin a meu pai que me viña recoller. Non trouxera o coche pois ía un día estupendo. Así que tiña tempo para contarllo polo camiño. Empecei a relatarllo, pero tomoumo a broma ata que lle falei dos dous homes que berraban con Elías. El díxome que vira varios helicópteros voando por riba de Santiago e que as ambulancias non paraban. Sorprendeuse porque el tamén vira eses homes en Santiago. Pola tarde, despois de facer os deberes, intentei chamar a Paula pero non puiden porque os teléfonos aínda non funcionaban. Era todo tan estraño… Como se fose un soño, tan raro, tan confuso… Despois de moitos intentos cansei e deixeino para máis tarde. Fun ver a tele un pouco. Non había canles! Só unha que reproducía música antiga e aburrida! Xa farta de todo, marchei para a cama descansar polo que puidera pasar á mañá seguinte.
  • 38. Páxina 38 os andeis do maxín Pola mañá todo seguía alterado. Os mestres seguían diferentes, os teléfonos, a televisión e os demais artefactos seguían sen funcionar… Foi entón cando saímos ao recreo. Volvín reunirme con Paula na montaña cando vimos a Elías correndo cun estraño artefacto parecido a un ordenador. Cinco minutos máis tarde vimos a profesora Carmen que saía do colexio para a casa de Elías. No mesmo intre de ela saír, entrou Joaquín. Quedamos perplexas! Paula díxome: “Temos que saber o que está pasando!” Mirámonos unha á outra e repetímonos: “Temos que saber o que pasa!” Nese momento puxémonos a andar cara a casa de Elías e ao abrir a porta… Vimos ao mestre Joaquín deitado no sofá, conectado por un cable a aquela estrana máquina de Elías. Eu miro a Paula, ela mírame a min e dime: “Meu Deus, que é isto?!” Beep beep beep, beep beep beep,beep beep beep! É o despertador!! Todo foi un soño! Mentres almorzo, o soño segue dando voltas na miña cabeza, parecía non acabar máis… Por fin é hora de ir ao colexio e esquecerse dese estrano pesadelo que non tiña nin pés nin cabeza!. E hora de saír, xa son as nove, cando se abre a porta do garaxe e chegamos á calzada, alí estaba o camión volcado!! Isto xa pasou, ou vai pasar? Marina Miguéns Diz, 5º B. GAÑADOR DE E. SECUNDARIA O MISTERIO DO SAMAÍN Aquilo non podía ser verdade. Xa sei que estabamos no Samaín e era tempo de bromas de medo, pero aquilo saíase do normal. Chámome Anxo e este é o meu amigo Raúl. Todo empezou así… Era una noite tranquila, a noite na que comezaba o Samaín. Estabamos todos os da familia reunidos na miña casa, ceando. Todo estaba moi tranquilo ata que, de súpeto, se apagou a luz e se oíu un ruído fantasmal; Raúl e mais eu, os pequenos, case mexamos por nós. Cando a luz volveu, démonos conta de que os meus curmáns desapareceran. Puxémonos a buscar todos e, cando mirei no armario, saíron os dous dando un berro; do susto, case morro. Cando xa estabamos de novo todos sentados á mesa, comenteilles que ben lles saíra o susto, sobre todo o ruído… e dixeron a coro: -Que ru… Non lles deu tempo de acabar a pregunta cando se oíu: UUUUUUUUUUUUUUHHHH!!!!!!!!!!!! Eu contesteille vacilante con medo no corpo: -Ese ru… De tanto medo que tiña, mirei debaixo da mesa por se había algún monstro.De novo apagouse a luz e un calafrío percorreume o lombo. De súpeto, a candea que estaba apagada enriba da mesa acendeuse sen máis e iluminou cunha luz tenebrosa o salón. Entón vin que enriba da mesa había unha nota que poñía: “Se queredes volver ver ao rapaz, teredes que resolver os enigmas antes de que lle pase algo un pouco… desagradable, ou teredes que pagar algún prezo, pero supoño que non teredes o suficiente valor para evitar que lle pase algo, non?” O Espírito do Samaín
  • 39. Páxina 39 os andeis do maxín A luz da candea apagouse e volveu a luz da lámpada. Todo foi moi rápido e desconcertante. Deseguido decatáronse de que Raúl desaparecera. Buscárono por toda a casa, pero non aparecía. Anxo mirou no seu cuarto. Na cabeceira da súa cama había unha nota que dicía: “Como xa che dixen, querido Anxo, heiche deixar notas nas que atoparás pistas para rescatar ao teu amigo nun tempo considerable, se non… Pero seguimos ao noso, esta é a primeira pista: Nun lugar escuro e cheo de trastos has de mirar, alí, a segunda pista atoparás…” Ao final da nota había un selo arrepiante: Unha cabaza cun sorriso diabólico Collín o papel e fúnllelo ensinar a todos. Xa deixaramos a sobremesa no prato porque a desaparición nos quitara o apetito e a nota foi a guinda do pastel, sobre todo aquel selo da cabaza en cera vermella. Con todo, puxémonos a pensar lugares onde houbese trastos e estivese escuro. Saíron varias ideas pero a máis decente foi a do faiado e, como non había máis ideas, fomos alí. Cando chegamos, démonos conta de que non só os faiados dos debuxos son escuros, cheos de pó e con moitas arañas. Acendemos a luz e alí, enriba dunha mesa, atopábase a segunda nota, que dicía: “Se miras mellor por esta zona, unha porta atoparás; E ao abrila, pasmado quedarás.” Aquel selo aínda me facía estar inquedo, pero o importante era atopar a Raúl. Puxémonos a buscar todos por alí, ata que me chamou a atención un baúl enorme, apartado cara a unha esquina, á que non lle chegaba a luz. Picoume a curiosidade e abrino. Alí dentro había outra nota: “Aquí non está a porta mencionada pero, se segues buscando así, lograrás atopala; Por aquí cerquiña está… “ Parecíame que o espírito me quería axudar a buscar ao meu amigo así que a min déuseme por mover o baúl. E non vexades o que encontrei alí debaixo! Alí debaixo atopei a porta; Ao abrila, quedei pasmado. Era como un caixón. Alí só había un espazo pequeno; Nunha parede estaba unha frase arrepiante escrita en… sangue! Poñía: "AXUDA!!!" De novo un calafrío percorreume o lombo. Fixeime nunha das paredes. Estaba mal construída, deille un golpe e derrubouse; Alí apareceu Raúl, atado de pés e mans, inconsciente e sangrando polo nariz. Saqueino de alí e reconstruín rápido o muro, leveino ao piso de abaixo para que o atendesen os meus pais e volvín correndo para arriba. Cando cheguei para pechar a porta con chave e volver a poñer o baúl no seu sitio, isto é o que me encontrei: unhas cantas caveiras colocadas en círculo, no medio un caldeiro vello cheo de augardente, da que se elevaba un remuíño de lume moi alto. Alí oín unhas voces que recitaban o conxuro da queimada: “Mouchos, coruxas, sapos e bruas…” Sacoume do meu pasmo un aire xeado que apagou a labarada, elevouse no aire unha nube de fume coa forma dunha cabaza, que despois se esfumou e formou unha palabra: Vaite!!! Desde ese mesmo intre pechei a porta con cadeas e bloqueeina, e non se volveu a entrar no faiado nunca máis. Tampouco non se soubo nada do espírito, ata o próximo Samaín… E como agora estamos preto, pódelo ter xusto detrás de ti, ou agardándote na túa casa para atacar de noite. Non o sei, o Espírito do Samaín é moi imprevisible… Jorge Temperán Potel, 1º ESO.
  • 40. Páxina 40 os andeis do maxín OPERACIÓN NADAL Era o día 5 de xaneiro pola tarde e un neno de doce anos chamado Xoán estaba pensando como podía demostrarlles aos seus amigos que os Reis Magos existían de verdade, porque uns días atrás lle contaran que era un invento dos pais. Xoán tiña confianza cega na súa existencia e xurou que llelo ía demostrar. O rapaz lembrouse de que no seu último aniversario lle regalaran dúas cámaras de vídeo. Colleunas e agachounas, unha apuntando á árbore de Nadal e a outra na entrada do comedor, que era onde esta estaba. Programounas para que empezasen a gravar cando pasase alguén. O que el non sabía era que, mentres organizaba todo isto, os seus pais se decataran e, para non decepcionalo, chamaron ao seu tío, ao padriño e ao avó para que cada un comprase un traxe de Rei Mago en segredo e así manter viva a ilusión no rapaz. Cando estes se aseguraron de que Xoán estaba durmido, foron ao comedor silenciosamente para non espertalo. De súpeto, acendeuse unha luz de cor vermella que proviña das cámaras. Eles decatáronse e pensaron que todo sucedía como estaba previsto: as cámaras estaban gravando, así que actuaron coma se non as visen. Puxeron os regalos debaixo da árbore e comeron algúns polvoróns, o turrón e outros doces, que Xoán puxera había unhas horas. Logo marcharon. Ao día seguinte Xoán alegrouse de ver os regalos debaixo da árbore, pero aínda se alegrou máis ao ver que gravara aos mesmísimos Reis Magos. Os seus pais quedaron moi contentos ao ver a alegría do fillo, pero o que non sabían era que os personaxes que os visitaran a noite anterior non eran os seus familiares, senón os verdadeiros Reis Magos. Eles non se decataron de que os doces se acabaran a pesar de que na gravación os supostos Melchor, Gaspar e Baltasar non comeran nada. Tampouco se fixaron en que o neno tiña máis regalos ca os que eles compraran nin sequera que había pelo de animal, posiblemente de camelo, na alfombra. Ao día seguinte Xoán ensinoulles o vídeo aos seus amigos, que quedaron moi sorprendidos, aínda que algúns seguían sen crer que de verdade existían, pero Xoán nunca deixará de acreditar neles e na maxia do Nadal. Xenxo Santiago Lorenzo, 2º ESO OUTRAS NARRACIÓNS… Pero o maxín non morreu co Samaín… Ao longo do curso, outras historias fóronse xestando nas mentes do noso alumnado. Non vos perdades estas que vos presentamos a continuación.
  • 41. Páxina 41 os andeis do maxín MELLOR IMPLANTES DE TITANIO -Como me doen os dentes! Como me doen as moas!- queixábase o Conde Drácula. De tantos séculos que levaba vivo, ao final picáranselle os dentes. E seguíase queixando: -Isto pásame por tomar sangues tan doces. Decidiu ir ao dentista, e este díxolle: -Estes dentes non teñen arranxo. Están moi estragados. Ten que poñer uns novos. O dentista engadiu que os mellores eran os de titanio, pero que tamén eran moi caros. O Conde contestoulle que non quería gastar moito, porque ía comprar un cadaleito novo. Entón o dentista púxolle unha dentadura de quita e pon, desas que de noite se gardan nun vaso con auga. Á noite seguinte, cando o Conde Drácula saíu a cear, viu unha rapaciña nova e engaiolouna coa súa mirada penetrante. Chimpoulle unha mordedela no pescozo, chuchoulle o sangue e, cando se apartou, viu que os dentes lle quedaran enganchados na rapaza. Avergoñado tapou a boca coa man. Ao día seguinte voltou ao dentista e díxolle: -Póñame os de titanio, que o cadaleito cómproo de segunda man. O MEDO DO SEÑOR ANTÓN O señor Antón era un home de 86 anos, apenas lle quedaban dentes, porque xa os perdera ao longo da súa vida. Un día comendo unhas noces escapóuselle un cacho de casca, atragoouse e non podía respirar. O seu neto máis novo, tívolle que facer a manobra de Heimlich. Colleu tanto medo que xa non quería comer carne con óso, nin tampouco peixe polas espiñas, nin pan con codia, nin froita dura nin con pel, nin froitos secos, nin fabas, nin garavanzos, nin caramelos, nin turrón duro... Ata bebía por palliña a grolos pequenos. A sopa e o caldo con culler pequena, o biscoito e as galletas esmigalladas e as verduras en puré. Deixou de comer tantas cousas e comía tan pouco, que adelgazou vinte quilos. Xa era un home fraco e agora parecía un esquelete. Entón a súa veciña díxolle: -Ai! Don Antón, por non morrer esganado ha morrer esfameado. Dous contos de Raquel Estévez Brea 2º E.S.O DOUS CONTOS DE DENTES
  • 42. Páxina 42 os andeis do maxín O RAPAZ INTERNAUTA Carlos era un rapaz duns seis ou sete anos. Era moi enxeñoso, un pouco baixo e con pelo castaño. Todos os días os seus amigos do colexio falaban do divertido que era navegar por internet. El non sabía o que era iso, porque o seu pai non lle deixaba nin tocar o ordenador. O rapaz, xa canso de que os seus amigos non pararan de falar diso e el non decatarse de nada, decidiu elaborar un plan. O seu pai todos os días marchaba a correr unha hora así que pensou que podería navegar por internet sen que ninguén se decatase. Ese día, cando o seu pai marchou, foi rapidamente para o ordenador, desmontou todo, meteuse dentro pero decepcionouse cando viu que non pasaba o que el esperaba: non vía ningún mar e, se non o había, non podía navegar co seu barquiño por internet. De repente acendeuse a pantalla do ordenador. -Ah!!!!!!!!- berrou a nai de Carlos-. Un extraterrestre!!!!! A nai pensaba que Carlos era un extraterrestre porque tiña toda a cara pegada á pantalla do ordenador. -Terrícolas, vimos en son de paz -dixo Carlos, poñendo voz de marciano. A nai marchou do despacho asustada e Carlos pensou que o máis divertido non era navegar por internet, senón asustar a súa nai. Fernando Túñez Alcalde 2º ESO
  • 43. Páxina 43 os andeis do maxín A DEBATE: OUTRO VERÁN MÁIS, GALICIA EN CHAMAS Os incendios en Galicia foron crecendo estes últimos anos, queimando gran parte dos nosos bosques e incluso algunhas vivendas. Isto ocasionou tamén moitos debates políticos polas múltiples queixas ante as institucións públicas por non poner os medios necesarios para evitar este drama ecolóxico. Entre as consecuencias que os múltiples incendios ocasionan temos tanto danos persoais como materiais e ambientais. Moitas persoas morreron no intento de apagalos ou de axudar aos veciños a extinguilos. Tamén traen problemas ambientais, pois o fume contamina o aire e porque morren moitos animais e plantas, así como materiais, xa que os bosques xeran moita riqueza coa madeira, os froitos silvestres, a biomasa, a micoloxía, etc. As causas que poden provocar incendios poden ser naturais, aínda que en poucos casos, ou sociais, como o abandono rural de zonas agrarias que despois son destinadas a bosques. A sequía estival ocasiona que haxa incendios, pero tamén pode ser obra de pirómanos, que lles gusta ver como o lume acaba con todo, ou neglixencias da xente, que sen querer poden tirar un cigarro mal apagado ou facer unha fogueira en zonas prohibidas. Moitas persoas teñen intereses económicos na queima de bosques, porque poden queimar unha zona para logo construír alí. Algunhas solucións para este problema poden ser que os equipos de extinción conten con máis xente que axude a apagar os incendios e máis cualificada. As leis deberíanse modificar para evitar que un incendio dea beneficios, é dicir, que se poida urbanizar ou escavar unha mina nunha zona forestal queimada. As sancións deberían ser máis duras, no caso de que o incendio sexa provocado, para que aos pirómanos non se lles volva ocorrer queimar nada. Os montes deben estar máis limpos para que non ardan, e o Concello debería crear brigadas permanentes para rozalos. CANDELA LAFUENTE LÓPEZ 3º ESO
  • 44. Páxina 44 os andeis do maxín “Feliz, pero só contigo aquí.” Gústasme cando sorrís, Cando en inverno me abrazas, Cando, ao susurrarme ao oído, Se me acelera o corazón, Ou cando discutimos como idiotas, Pero sabemos que non poderiamos vivir sen falarnos. Gústasme máis cando me ollas, E o mundo parece pararse, Cando me despertas a bicos, Cando pelexamos, Ou cando, sen querer, Se che escapa un “quérote”. Pero aínda me gustas maís, Tanto, que chego a asustarme. Quérote máis que a nada, Daríao todo por ti; Todo para que así, xunto a min, Puideses chegar a ser feliz. Carla Mª Constenla Barral Gústasme cando estás calada, Cando me miras cos teus ollos E tamén cando sorrís con eses dentes. Gústasme máis á luz da lúa Cando choras da risa Cando me fas cóxegas. Pero aínda me gustas máis cando me bicas, Cando me dás apertas sen parar Pero sobre todo gústame estar contigo. Cristian Creo Baleirón. “Gustosamente” Gústasme cando me mentes, Cando me dis que estou igual Ca o día que por primeira vez nos despedimos, Inda que eu me vexa, e esa é a tríada verdadeira, Con máis canas, máis enrugas e máis kilos. Gústasme máis cando partillas comigo Os bos principios de tódalas dietas E, tras dous días de abstinencia, Aterrizas con Panteras Rosas e Phoskitos, E rexoubamos, arregañando os dentes, Con estas doces lambetadas pecadentas. Pero aínda me gustas máis cando aparcamos os nosos (lentes E a Deusa Miopía nos enterra nun mar lonxano e (brumoso, Porque non importa, porque, aquí, de perto, Están os nosos dedos enleados E son os nosos beizos visionarios Os que ven, sen vernos, que nos bicamos, Así, aquí, tan perto, só nós, nosoutros, Sabemos que nos bicamos. Carmen Bragado El desayuno Me gustas cuando dices tonterías, cuando metes la pata, cuando mientes, Cuando te vas de compras con tu madre Y llego tarde al cine por tu culpa. Me gustas más cuando es mi cumpleaños Y me cubres de besos y de tartas, O cuando eres feliz y se te nota, O cuando eres genial con una frase Que lo resume todo, o cuando ríes (tu risa es una ducha en el infierno), O cuando me perdonas un olvido. Pero aún me gustas más, tanto que casi No puedo resistir lo que me gustas, Cuando, llena de vida, te despiertas Y lo primero que haces es decirme: “Tengo un hambre feroz esta mañana. Voy a empezar contigo el desayuno”. Luis Alberto de Cuenca, El hacha y la rosa. VERSIÓNS DUN POEMA DE LUÍS ALBERTO CUENCA A inspiración do alumnado de 4º de ESO na materia de Lingua Española deixounos estas versión “tuneadas” dun poema do autor CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES
  • 45. Páxina 45 os andeis do maxín Gústasme cando te enfadas cando nos miramos e sorrimos cando durmimos apertadiños cando me miras fixamente Gústasme máis ao espertar ao ver filmes no sofá ao mirar o slpor na praia ao pasear pola cidade Pero aínda me gustas máis se me bicas se se cruzan as nosas miradas se dos teus beizos sa o meu nome se contigo vexo pasar as horas. Pablo Torres Gústasme cando me miras, cando me escoitas, cando ris, cando me berras sen motivo e alegrasme a mañá. Gústasme máis cando marchas e fas que non deixe de pensar en ti ou cando dis que me queres e sorrímos parvos. Pero aínda me gustas máis cando durmimos apertadiños e sentimos os nosos corazóns latexar a un ritmo desmesurado só, porque é así. Alexandra Pesado Gústasme cando sorrís, cando me apertas, cando te equivocas, cando o deixas todo e te pos a facer outra cousa Gústasme máis cando te enfadas e non podes estar sen falarme, cando fas algo sen pensar pero ao final todo sae ben Pero aínda me gustas máis cando calas e te pos a contemplar as estrelas e sempre te fixas na máis pequena de todas Laura Martínez Gústasme cando me miras, Che miro e sorrimos. Gústasme máis cando me achuchas E deixas en min ese arrecendo Aínda que despois Odio ese aroma porque me fai sentir Que non che teño cerca. Pero aínda me gustas máis, cando sei que as nosas mans encaixan. Silvia Fernández Freiría “Miña pequena” Gústasme cando te me achegas, cando me ´´faveas´´, cando me ´´retweeteas'', pero, sobre todo, cando me ensinas a quererte un pouco máis. Gústasme máis cando me berras, cando me preparas a comida, cando pasamos o día abrazados, cando te cabreas e marchas, pero volves con máis bicos que darme. Pero aínda me gustas máis, cando me axudas cos deberes, cando apareces por sorpresa, e énchesme de bicos, cando me despertas, con un: '' Bos días, pequena Antía'' Antía Sanmarco CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES
  • 46. Páxina 46 os andeis do maxín Que bonitas se ven as árbores ao lado daquela colina, un pouquiño máis ao fondo unha cascada de auga fina. Camiñando, camiñando Cara ao horizonte voume achegando, Despois de tanto camiñar Que marabilla poder descansar. Volvo a mirar as árbores Volvo a mirar as flores Síntome no paraíso Con tantos marabillosos olores . Con esta paz e tranquilidade Lonxe do mundanal ruído, Síntome en liberdade e tranquilo Respiro fondo… Que aire máis limpo! Vólvome a levantar Camiñado e camiñando Sen parar. Patricia Silva (1º E.S.O) CANDO AS MUSAS SENTAN EN PUPITRES Nós, o alumnado de 1º de ESO, queremos ensinarvos un poema de Patricia Silva, unha anti- ga compañeira nosa que na metade do presente curso tivo que marchar para Brasil. Pre- sentamos este poema en honor a ela para lembrala como compañeira e amiga. Tamén o queremos publicar porque nos gustou moito: Foto para ti, Patricia. Falta Esther, que non estaba ese día, pero tamén forma parte desta homenaxe
  • 47. Páxina 47 2013, ano internacional da auga A ONU, coincidindo co vixésimo aniversario da celebración do Día da Auga, declarou o 2013 Ano Internacional da cooperación na esfera da auga. Con este motivo, presentámos- vos algunhas actividades realizadas no centro para lembrarnos que a auga é un recurso vital para os seres humanos, un recurso esgotable e mal repartido que non debemos mal- gastar nin contaminar. Seleccionamos os traballos de 2º A e 3º B de E. primaria
  • 48. Páxina 48 2013, ano internacional da auga Refráns recollidos e ilustrados polo alumnado de 2º A de E. Primaria
  • 49. Páxina 49 2013, ano internacional da auga PASATEMPOS RELACIONADOS COAAUGA Busca neste labirinto o camiño que teñen que seguir as pingas de auga para chegar ata o mar: Busca os 7 erros que hai no debuxo da dereita. Carmen e Eric 3ºB E . Primaria A AUGA PARA BEBER, LIMPAR, REGAR, A AUGA PARA BEBER, LIMPAR, REGAR,
  • 50. Páxina 50 2013, ano internacional da auga Busca nesta sopa de letras 16 formas de chamarlle á choiva. Brais C., Lucía L., Adriana e Lucía T. 3º B E. Primaria Sudoku infantil Completa todos os cadros cos debuxos que che damos, tendo en conta que non poden coincidir dúas figuras iguais na mesma fila, na mesma columna nin na mesma cuadrícula. Hugo B., Blanca, Lois e Hugo S. 3ºB E. Primaria M C E G U L P T Ñ G D G E N O D A D L P P O R B A L L O T A S C H U V I S C A Z C H C E T H P T E F Q U N M E L I V P E L C H A P A R R A D A T S A T U H O I C P L E X L I Q U T R D P O U C V D F Ñ E H O T I L L E Z A R Z A L L O I N V E D E R P T O L E C I C O B A Ñ N O A Z I A P A L H L E B I T O R P A C E T I N R O O R H Q U E R I R R T O P X Q U E S A T H I B R E P N C E A T R E R R I C O Z A Q U E B C H I L I Z O P X E L U N N T E P R I A B U P L X C D R P O A M B O L D R R O R B N T B A L L O N I N N P V O L B R U R L L I A D C E R L A I Z O P E N X O P U C T R B A B U Ñ A D R S H T X E I S L Z P N O U E T R P E A B M L U P L S U L O P V A X E M B B T R E B O A D A T R A P O V A A C H U V A S C A D A P E R P L N A E N T R P O R X E S T I D D T A X V M I F G O R T H Q U E V I F Ñ O P Solución: Chuviaforte: ballón,chaparrada,cebrina, chuvascada,diluvio,treboada, treixadaexistra. Chuviafeble: babuña,babuxa,barruzo,chu- visca,lapiñeira,mocalleira, orballoezarzallo.
  • 51. Páxina 51 2013, ano internacional da auga Colorea para continuar as series. Completa o cadro facendo os debuxos da cor que corresponda. Martín, Yeray, Brais F. e Izaritz 3ºB E. Primaria