SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
“O pai de Migueliño”
Reproducimos deseguido o texto deste relato incluído por Castelao no seu libro Cousas
(1929).
- CASTELAO, ALFONSO, R.: Cousas, Vigo: Galaxia, 1962, p. 94-95.
CONSELLO DA CULTURA GALEGA 
Arquivo da Emigración Galega
Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña
Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985 / aemigracion@consellodacultura.org
O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe
festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír
da casa botoulle unha ollada ó retrato.
Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no
peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos
esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.
De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e
Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis
cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen
mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.
Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o
corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña
un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou
que o seguían os ollos angurentos dun neno.
Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.
E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á
súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun
traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados,
tusindo...
Aquel si que era o pai de Migueliño.

More Related Content

More from alingua demoas (20)

Lc 1 eso tarefa 14 21 maio
Lc 1 eso tarefa 14 21 maioLc 1 eso tarefa 14 21 maio
Lc 1 eso tarefa 14 21 maio
 
Lg 2 eso 1 15 xunho
Lg 2 eso 1 15 xunhoLg 2 eso 1 15 xunho
Lg 2 eso 1 15 xunho
 
Lg 1 eso 1 15 xunho
Lg 1 eso 1 15 xunhoLg 1 eso 1 15 xunho
Lg 1 eso 1 15 xunho
 
Lc 2 eso 26 5 junio
Lc 2 eso 26 5 junioLc 2 eso 26 5 junio
Lc 2 eso 26 5 junio
 
3 eso 25 maio 5xuno
3 eso 25 maio 5xuno3 eso 25 maio 5xuno
3 eso 25 maio 5xuno
 
Lc 1 eso 25 mayo 1 junio
Lc 1 eso 25 mayo 1 junioLc 1 eso 25 mayo 1 junio
Lc 1 eso 25 mayo 1 junio
 
Lc 2 eso 18 25 mayo
Lc 2 eso 18 25 mayoLc 2 eso 18 25 mayo
Lc 2 eso 18 25 mayo
 
Lg 2 eso 18 29 maio
Lg 2 eso 18 29 maioLg 2 eso 18 29 maio
Lg 2 eso 18 29 maio
 
Lg 1 eso 18 29 maio
Lg 1 eso 18 29 maioLg 1 eso 18 29 maio
Lg 1 eso 18 29 maio
 
Lc 1 eso 14 21 maio
Lc 1 eso 14 21 maioLc 1 eso 14 21 maio
Lc 1 eso 14 21 maio
 
Traballo 3 trimestre oratoria
Traballo 3 trimestre oratoriaTraballo 3 trimestre oratoria
Traballo 3 trimestre oratoria
 
Reforzo de linguas 2020
Reforzo de linguas 2020Reforzo de linguas 2020
Reforzo de linguas 2020
 
3 eso 12 22 maio
3 eso 12 22 maio3 eso 12 22 maio
3 eso 12 22 maio
 
Lc 1 eso 6 13 maio
Lc 1 eso 6 13 maioLc 1 eso 6 13 maio
Lc 1 eso 6 13 maio
 
Lc 2 eso 5 15 mayo
Lc 2 eso 5 15 mayoLc 2 eso 5 15 mayo
Lc 2 eso 5 15 mayo
 
Lg 2 5 15 maio
Lg 2 5 15 maioLg 2 5 15 maio
Lg 2 5 15 maio
 
Lg 1 maio 5 15
Lg 1 maio 5 15Lg 1 maio 5 15
Lg 1 maio 5 15
 
Club lectura 3 poe
Club lectura 3 poeClub lectura 3 poe
Club lectura 3 poe
 
3 eso 5 11 maio
3 eso 5 11 maio3 eso 5 11 maio
3 eso 5 11 maio
 
Voluntario 5 maio
Voluntario 5 maioVoluntario 5 maio
Voluntario 5 maio
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

O pai de miguelinho

  • 1. “O pai de Migueliño” Reproducimos deseguido o texto deste relato incluído por Castelao no seu libro Cousas (1929). - CASTELAO, ALFONSO, R.: Cousas, Vigo: Galaxia, 1962, p. 94-95. CONSELLO DA CULTURA GALEGA  Arquivo da Emigración Galega Rúa Galeras, 13 / 15705 Santiago de Compostela / A Coruña Tel: +34 981 557351 / Fax: +34 981 582985 / aemigracion@consellodacultura.org
  • 2. O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. Os "americanos" xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado. De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o "americano", máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o "americano" pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! ¡Ai!, o "americano" pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos angurentos dun neno. Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... Aquel si que era o pai de Migueliño.