SlideShare a Scribd company logo
O LEGADO CULTURAL
GRECO-LATINO
“ O home é a medida de todas as cousas”
Esta frase atribuída ao sofista grego Protágoras (s. V ac.) resume a principal
característica do mundo clásico: o ser humano como medida, como centro de
atención principal da sociedade e a cultura.
Esta frase sería impensable en Exipto ou Mesopotamia, alí o centro de
atención non era o individuo senón os deuses ou os reis.
Esta nova concepción explica que na política deixemos de falar de súbditos e
pasemos a falar de cidadáns.
E explica tamén que os deuses greco-latinos teñan forma humana, que as
cidades posúan máis edificios públicos que palacios ou que as esculturas
busquen a representación da armonía de proporcións do corpo humano.
E esa idea sigue tendo sentido na sociedade actual, é moito o que lle
debemos a Grecia e Roma
A RELIXIÓN
A relixión de gregos e romanos é politeísta, e os seus deuses e deusas teñen
forma humana e compórtanse coma humanos (cos seus mesmos defectos). Os
deuses máis importantes son os 12 deuses olímpicos, chamados así por vivir no
Monte Olimpo, o monte sagrado dos gregos. Destacan tres: Zeus, a súa muller
Hera e a filla de Zeus, Atenea.
Os romanos copiaron o
panteón (todos os deuses)
grego e crearon a tríada
capitolina: Xúpiter, Xuno e
Minerva ,chamada así
polo templo que había no
Capitolio (monte de
Roma).
Todos os deuses teñen un
símbolo (ou varios) que os
representan:
TRÍADA CAPITOLINA ROMANA
MINERVA (ATENEA),
curuxa XÚPITER ( ZEUS)
águia
XUNO (HERA)
Pavo realImaxe: dominio público-wikipedia
FAI UN CADRO RESUMO DOS 12 DEUSES OLÍMPICOS GREGOS E
OS SEUS EQUIVALENTES ROMANOS
NOME GREGO NOME ROMANO ÁMBITO SÍMBOLOS
ZEUS Pai dos deuses, deus do
ceo e o raio
XUNO Deusa do matrimonio e
a familia
Pavo real, coroa
ATENEA
ESTE ENLACE PODE AXUDARCHE
As historias dos deuses gregos e romanos estaban recollidas en mitos transmitidos de
xeneración en xeneración. Moitos destes mitos ou historias chegaron á cultura occidental
e repítense na arte e na literatura, especialmente naqueles períodos históricos, como o
Renacemento, nos que os artistas buscan inspiración no mundo clásico.
Fíxate nesta pintura de Rafael Sanzio, famoso artista do Renacemento Italiano,
representa unha reunión dos deuses , intenta identificar algún polos seus símbolos
Imaxe dominio público-wikipedia
Quizais non o saibas pero moitos
días e meses do ano nos
acordamos dos deuses romanos,
de aí derivan os seus nomes
XANEIRO
Xano, o deus das portas, ten
dúas caras, mira cara o pasado
e cara o futuro
MARZO
Marte, deus da guerra
XOVES
Xúpiter,
Deus do raio e pai
dos deuses
Imaxes, Dominio público, wikipedia
SIGUE TI: MARTES,
MÉRCORES,
VENRES…
A LITERATURA
Na literatura grega e romana mestúranse deuses e seres humanos, de todos os autores
destacan dous: o grego Homero, creador da Iliada e a Odisea e o romano Virxilio coa
Eneida. O cine e a literatura actual sigue representando as súas historias
A ILIADA, A GUERRA DE TROIA, sabes a historia?
O CABALO DE TROIA
Pintura de Tiépolo, s. XVIII
Dominio público-wikipedia
AQUILES CURANDO A PATROCLO
Cerámica grega, 500 ac
Dominio Público-wikipedia
VICHES A PELÍCULA “TROIA”?, QUE FAMOSO
ACTOR FACÍA DE AQUILES?
MIRA O TRAILER AQUÍ
A ODISEA
A VIAXE DE ODISEO (ULISES), REI DE
ÍTACA, DE VOLTA A GRECIA TRALA
GUERRA DE TROIA
Ulises e as sereas, cerámica grega, 480 ac
Imaxes: Dominio Público-wikipedia
A ENEIDA
IMITA A ODISEA DE HOMERO, CONTA A
VIAXE DE ENEAS A ITALIA TRALA
GUERRA DE TROIA
Eneas marcha de Troia e carga co seu pai Anquises
e o seu fillo Ascanio. Pintura s. XVI
O TEATRO
Os gregos inventaron o teatro como
espectáculo e o edifico no que se
facían as representacións. Os
romanos, unha vez máis imitárono.
Aos gregos gustábanlle as traxedias
como as de Esquilo ou Sófocles, os
romanos preferían as comedias
ATOPAS ALGUNHA DIFERENZA ENTRE O EDIFICO DO TEATRO GREGO E ROMANO?
Arriba teatro grego de Dodona
BIBISAINT-PAUL-CC-BY-WIKIPEDIA
Abaixo, teatro romano de Mérida
IKIWANER-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Vol de nuit-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
O PENSAMENTO RACIONAL
CIENCIA E FILOSOFÍA
“ A Razón é algo común a todos os homes. Comprender non é máis que
expoñer a forma como o Universo funciona”
HERÁCLITO. Filósofo grego do s. VI-V ac.
Os gregos desenvolveron unha nova forma de pensar: o pensamento racional. É
dicir, buscar a explicación das cousas sen recorrer á fantasía ou á relixión, senón á
intelixencia e á análise racional. E de aí naceron a filosofía (amor pola sabiduría) e
as primeiras formas de pensamento científico.
Sócrates, Platón e Aristóteles, constitúen a tríada máis importante dos filósofos
gregos.
Arquímedes é considerado o pai da física, Hipócrates, da medicina, Tales de Mileto,
Pitágoras e Euclides, das matemáticas.
Os gregos foron os primeiros en intentar entender o mundo racionalmente, e
puxeron as bases da ciencia e o progreso tecnolóxico occidental
UNHA ARTE FERMOSA AO SERVIZO DO CIDADÁN
Nas culturas exipcia e
mesopotámica predominaban
palacios e templos. Na grega e
romana: edificios públicos, para
servizo e disfrute dos cidadáns.
Palestra (gimnasio) da cidade de Olimpia (Grecia). WKNIGHT94-CC-BY-SA
Stoa de Atalo(pórtico cuberto) en Atenas (restaurada). Espacio cuberto do sol e a chuvia
para pasear ou comerciar, estaba próximo a ágora
Dominio Público-CC-BY-SA
Termas do emperador Caracalla, Roma, as máis grandes do Imperio
Chris 73-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
O anfiteatro Flavio ou Coliseo de Roma.
Usado para espectáculos de loitas de
gladiadores. JP GRANDMONT-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Circo Máximo de Roma, usado para
carreiras de catro cabalos (cuádrigas).
CARPTRASH-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
OS TEMPLOS
O templo sigue sendo un
edificio moi importante
para os gregos. Alí gardan a
imaxe (e o tesouro) do
deus ou deusa protector da
cidade.
O templo soe estar na
acrópole. É o centro das
actividades relixiosas
(procesións e sacrificios)
que se fan na cidade.
A racionalidade e o desexo
de beleza leva a un estudo
detallado das proporcións Imaxe sup : Templo de
Hefaistos, Atenas
. Fi f8-CC-BY-SA- WIKIPEDIA
Abaixo: INTEF-CC-BY-NC-SA
Imaxe: NOMEN http://www.foro3d.com/
attachments/23357d1134492268-infografia-arqueologia-templo.jpg
A Naos é a cámara
principal, na que se
gardaba a estatua da
deusa Atenea. O
pórtico anterior é o
Pronaos. No
Opistodomos
probablemente se
gardaba o tesouro da
deusa.
O PARTENÓN DE ATENAS. PARTES DUN TEMPLO GREGO
O Partenón é un templo octástilo
(ten 8 columnas na fronte) e
períptero (ten columnas arredor)
A BÚSQUEDA DA HARMONÍA
Para os gregos harmonía,
perfección e beleza eran
equivalentes. Por iso
buscaron a proporción e
a perfección matemática,
e por iso inventaron as
ordes arquitectónicas,
que eran diferentes
proporcións e modos de
construír. Se querían un
templo forte, robusto,
usaban a dórica, se
querían un templo
elegante, esvelto, a
xónica, que era máis alta
DÓRICA XÓNICA CORINTIA
AS ORDES ARQUITECTÓNICAS
IMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
Trátase dun número alxébraico que
posúe moitas propiedades
interesantes e que foi descuberto na
antigüidade, non como “unidade”
senón como relación ou proporción
entre segmentos de rectas
O número áureo é un número irracional.
É chamado tamén número de ouro ou
proporción aúrea e está representado
pola letra grega φ (fi) en honor ao
escultor grego Fidias que o usou na
construcción do famoso templo do
Partenón de Atenas
A BELEZA DAS MATEMÁTICAS
WIKIPEDIA
1
1,618
FACHADA DUN TEMPLO DÓRICO. PARTES
METOPAS
TRIGLIFOS
TÍMPANO
FRONTÓN
FRISO
ARQUITRABE
CAPITEL
FUSTE DA
COLUMNA
IMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
Os romanos imitan a arquitectura
grega pero interésalles menos a
proporción e máis a utilidade
práctica. Dise que son máis
enxeneiros que arquitectos.
Usaban arcos e bóvedas e
construían en pedra ou mármore
e ladrillo. Os gregos usan só liñas
rectas e pedra ou mármore.
ARQUITECTURA ROMANA
Acueducto de Segovia
Ponte de Alcántara, Cáceres
Arco de triunfo, Medinaceli, Soria
IMAXES: INTEF-CC-BY-NC-SA
Templo de Apolo en Paestum, Sicilia
Ballista-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Templo de Atenea-Niké
Acrópole de Atenas
S.SWAYNE-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
ORDE
DÓRICA,
XÓNICA,
CORINTIA
Panteón de Roma
Roberta Dragan-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Os gregos preferían usar as ordes dórica e xónica, os
romanos a corintia
Indica de que ordes son estes templos:
Imaxes dominio público wikipedia
A B
DC
A ESCULTURA: PERFECCIÓN GREGA, REALISMO ROMANO
O Doríforo (atleta con lanza)
de Policleto s. V ac.
Tretaktys-CC-BY-WIKIPEDIA
Retrato do emperador Caracalla
s. III dc
Shakko-CC-BY-WIKIPEDIA
Os gregos preferiron
representar a beleza
do corpo humano,
sobre todo atletas e
deuses idealizados.
Aos romanos
gustáballes o retrato
GRECIA: POUCA PINTURA
CONSERVADA,
MOITA CERÁMICA
ROMA: OS MOSAICOS
Heracles (hércules) e Atenea
representados nunha ánfora grega
polo pintor Andócides, s. VI ac.
Dominio público-wikipedia
Facíanse con pequenos anacos
(teselas) de mármore ou cerámica
de varias cores. Na foto aparece
Neptuno (Poseidón).
Museo arqueolóxico de Nápoles
G.D.ORTO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
A CULTURA ROMANA NA GALLAECIA
Tense dito que a romanización
afectou en menor medida ao norte
da península ibérica. No caso galego
hai historiadores que non pensan
igual. Se ben é certo que na
Gallaecia, territorio do NO da
Hispania, non se construíron
anfiteatros ou teatros como en
Mérida ou Sagunto; quizais non se
debera a unha menor romanización
senón a diferentes modos de vida. A
pegada do mundo romano en Galicia
foi moi intensa, e iso vese na lingua,
que desprazou ás linguas indíxenas
anteriores e na grande cantidade de
restos que se conservan. E o nome do
noso país, Galicia, puxéronllo os
romanos.
Foto: Lala Lugo-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Lugo, Lucus Augusti, foi a cidade romana máis
importante da Gallaecia. A vía romana nº XIX uníaa
con Bracara Augusta (Braga, en Portugal) e Astúrica
Augusta (Astorga, en León). Consérvase bastante
ben a muralla que a defendía, foi declarada pola
UNESCO patrimonio da humanidade.
Mapa das calzadas ou vías romanas
na Gallaecia, destacada en
vermello está a vía XIX, de Braga a
Lugo e Astorga, que pasaba por Tui,
Pontevedra e Caldas de Reis (Aquis
Celenis).
No debuxo pódese ver o
método de construción, hai
varias capas de pedra de
diferente grosor para que
se filtre a auga
doadamente, lousas de
pedra na cima para circular
os carros e MILIARIOS
marcando as distancias
ROBOT8A-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Nos lugares que atravesaba a
calzada, onde era preciso salvar un
río facíase unha ponte, hai moitas
ben conservadas en Galicia desta
época, como a ponte sobre o río
Bibei en Póvoa de Trives.
Consérvanse tamén centos de
miliarios que marcaban en millas
romanas a distancia a Roma ou ás
principais cidades da ruta.
JMRODRI2-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Ao lado desta ponte
consérvase este
miliario coa inscrición
que se transcribiu e
traduciu ao pé.
Imaxes: A. Pérez Vilariño
CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Ao longo das vías romanas levantábanse de
tramo en tramo as chamadas mansións, onde os
viaxeiros descansaban e cambiaban os cabalos.
Unha das máis importantes foi Aquis
Querquennis, en Bande, Ourense. Como o seu
nome indica dispoñía de baños de augas termais,
moi apreciados polos romanos.
LMBUGA-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Na cidade de Lugo
conservamos restos de moitas
casas romanas, algunhas con
mosaicos, como este que se
exhibe no Museo Provincial.
A. PÉREZ VILARIÑO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
A torre de Hércules foi
en orixe (o conservado
hoxe é moi posterior)
un faro construído
polos romanos para
sinalar a entrada no
porto da cidade de
Brigantium.
Tamén foi declarada
patrimonio da
humanidade.
A. DAMATO-CC-BY-NC-WIKIPEDIA
A PEGADA CLÁSICA EN CAMBADOS
Arriba Hércules
coa maza, Zeus
(raios e águia) e
Apolo (lira) na
praza de Fefiñáns.
Dereita columnas
con volutas do
Pósito de
pescadores.
Baco, deus do
viño, obra do
escultor
contemporáneo,
Francisco Leiro
Dereitos de autor
O legado cultural greco-latino. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel
Busto. Baixo licenza
Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Créditos e autoría:
Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-
NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados
preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan,
acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos
de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios
recursos, que manteñen integramente.
Outras licenzas:
Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza,
sinalada en cada caso.

More Related Content

What's hot

Arte grega
Arte gregaArte grega
Arte grega
Jorgeccalle
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacemento
aggcoruxo
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romana
Jorgeccalle
 
A escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásicaA escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásica
profesor historia
 
Presentación Atenea
Presentación Atenea Presentación Atenea
Presentación Atenea
ismadeuhia
 
A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)feli555
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoJorgeccalle
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Filosofía Luis IES Otero Pedrayo Ourense
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco históricoAfrica Lopez
 
A escultura gótica
A escultura góticaA escultura gótica
A escultura gótica
profesor historia
 
Escultura Grega
Escultura GregaEscultura Grega
Escultura Grega
Dudas-Historia
 
Unidade 2 Escultura Grega
Unidade 2 Escultura GregaUnidade 2 Escultura Grega
Unidade 2 Escultura Grega
camposseijo
 

What's hot (15)

Partenón
PartenónPartenón
Partenón
 
Arte grega
Arte gregaArte grega
Arte grega
 
Reis católicos - Renacemento
Reis católicos - RenacementoReis católicos - Renacemento
Reis católicos - Renacemento
 
Arquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romanaArquitectura grega e romana
Arquitectura grega e romana
 
A escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásicaA escultura na Grecia clásica
A escultura na Grecia clásica
 
Presentación Atenea
Presentación Atenea Presentación Atenea
Presentación Atenea
 
A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)A relixión grega ( abalar)
A relixión grega ( abalar)
 
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de LisipoComentario do Apoxiomeno de Lisipo
Comentario do Apoxiomeno de Lisipo
 
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos LozanoHistoria da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
Historia da Filosofía... por Artai Fdez e Carlos Lozano
 
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea SalgadoFilosofía Antiga por Andrea Salgado
Filosofía Antiga por Andrea Salgado
 
4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico4. Aristóteles marco histórico
4. Aristóteles marco histórico
 
A escultura gótica
A escultura góticaA escultura gótica
A escultura gótica
 
Escultura Grega
Escultura GregaEscultura Grega
Escultura Grega
 
Unidade 2 Escultura Grega
Unidade 2 Escultura GregaUnidade 2 Escultura Grega
Unidade 2 Escultura Grega
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 

Viewers also liked

As viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidadeAs viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidade
I.E.S. San Tomé de Freixeiro
 
Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)
Dives Gallaecia
 
Provincias, Comarcas e Concellos De Galicia
Provincias, Comarcas e Concellos De GaliciaProvincias, Comarcas e Concellos De Galicia
Provincias, Comarcas e Concellos De Galicia
MANEIRO
 
De Loci Quaestionibus (II)
De Loci Quaestionibus (II)De Loci Quaestionibus (II)
De Loci Quaestionibus (II)Óscar Ramos
 
Familiae Romanae Vocabula (VI)
Familiae Romanae Vocabula (VI)Familiae Romanae Vocabula (VI)
Familiae Romanae Vocabula (VI)Óscar Ramos
 

Viewers also liked (6)

Cultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primaveraCultura clasica para as catro estacións primavera
Cultura clasica para as catro estacións primavera
 
As viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidadeAs viae romanas: camiños de latinidade
As viae romanas: camiños de latinidade
 
Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)Romanae Viae (2014)
Romanae Viae (2014)
 
Provincias, Comarcas e Concellos De Galicia
Provincias, Comarcas e Concellos De GaliciaProvincias, Comarcas e Concellos De Galicia
Provincias, Comarcas e Concellos De Galicia
 
De Loci Quaestionibus (II)
De Loci Quaestionibus (II)De Loci Quaestionibus (II)
De Loci Quaestionibus (II)
 
Familiae Romanae Vocabula (VI)
Familiae Romanae Vocabula (VI)Familiae Romanae Vocabula (VI)
Familiae Romanae Vocabula (VI)
 

Similar to O legado cultural greco-latino

Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicarubempaul
 
Antiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_TouroAntiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_TouroFernanadezcarollo
 
A escultura na Roma clásica
A escultura na Roma clásicaA escultura na Roma clásica
A escultura na Roma clásica
profesor historia
 
Monarquía Etrusca
Monarquía EtruscaMonarquía Etrusca
Monarquía Etrusca
Dives Gallaecia
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
TeacherBelen
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
TeacherBelen
 
Evolución da historia de grecia
Evolución da historia de greciaEvolución da historia de grecia
Evolución da historia de greciajulioparadayanez
 
Epica Latina 2009
Epica Latina 2009Epica Latina 2009
Epica Latina 2009
Dives Gallaecia
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
Agrela Elvixeo
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedasdepgrego
 
Tema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga greciaTema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga greciaDudas-Historia
 
A razón áurea
A razón áureaA razón áurea
A razón áurea
fontexeriabib
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
rubempaul
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
trafegandoronseis
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Susana Losada
 

Similar to O legado cultural greco-latino (20)

Tema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásicaTema 14 A herdanza da cultura clásica
Tema 14 A herdanza da cultura clásica
 
Antiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_TouroAntiga Grecia Clásica_Touro
Antiga Grecia Clásica_Touro
 
A escultura na Roma clásica
A escultura na Roma clásicaA escultura na Roma clásica
A escultura na Roma clásica
 
Monarquía Etrusca
Monarquía EtruscaMonarquía Etrusca
Monarquía Etrusca
 
Arte romana
Arte romanaArte romana
Arte romana
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
A antiga grecia
A antiga greciaA antiga grecia
A antiga grecia
 
Evolución da historia de grecia
Evolución da historia de greciaEvolución da historia de grecia
Evolución da historia de grecia
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
Grecia
GreciaGrecia
Grecia
 
Epica Latina 2009
Epica Latina 2009Epica Latina 2009
Epica Latina 2009
 
Arquitectura clásica grega
Arquitectura  clásica gregaArquitectura  clásica grega
Arquitectura clásica grega
 
Deuses nas moedas
Deuses nas moedasDeuses nas moedas
Deuses nas moedas
 
Tema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga greciaTema 11. a antiga grecia
Tema 11. a antiga grecia
 
A razón áurea
A razón áureaA razón áurea
A razón áurea
 
Tema 3 arte romano
Tema 3 arte romanoTema 3 arte romano
Tema 3 arte romano
 
A Grecia antiga
A Grecia antigaA Grecia antiga
A Grecia antiga
 
Literatura grega
Literatura gregaLiteratura grega
Literatura grega
 
Lendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de AtenasLendo en grego polas rúas de Atenas
Lendo en grego polas rúas de Atenas
 
Grecia e roma
Grecia e romaGrecia e roma
Grecia e roma
 

More from maribeliglesias64

Ferramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoriaFerramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoria
maribeliglesias64
 
Que é un mapa
Que é un mapaQue é un mapa
Que é un mapa
maribeliglesias64
 
Formas do relevo
Formas do relevoFormas do relevo
Formas do relevo
maribeliglesias64
 
Landforms
LandformsLandforms
Mapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxesMapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxes
maribeliglesias64
 
A cultura castrexa
A cultura castrexaA cultura castrexa
A cultura castrexa
maribeliglesias64
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
maribeliglesias64
 

More from maribeliglesias64 (7)

Ferramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoriaFerramentas da prehistoria
Ferramentas da prehistoria
 
Que é un mapa
Que é un mapaQue é un mapa
Que é un mapa
 
Formas do relevo
Formas do relevoFormas do relevo
Formas do relevo
 
Landforms
LandformsLandforms
Landforms
 
Mapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxesMapas, escalas, paisaxes
Mapas, escalas, paisaxes
 
A cultura castrexa
A cultura castrexaA cultura castrexa
A cultura castrexa
 
Castro de Santa Mariña
Castro de Santa MariñaCastro de Santa Mariña
Castro de Santa Mariña
 

O legado cultural greco-latino

  • 2. “ O home é a medida de todas as cousas” Esta frase atribuída ao sofista grego Protágoras (s. V ac.) resume a principal característica do mundo clásico: o ser humano como medida, como centro de atención principal da sociedade e a cultura. Esta frase sería impensable en Exipto ou Mesopotamia, alí o centro de atención non era o individuo senón os deuses ou os reis. Esta nova concepción explica que na política deixemos de falar de súbditos e pasemos a falar de cidadáns. E explica tamén que os deuses greco-latinos teñan forma humana, que as cidades posúan máis edificios públicos que palacios ou que as esculturas busquen a representación da armonía de proporcións do corpo humano. E esa idea sigue tendo sentido na sociedade actual, é moito o que lle debemos a Grecia e Roma
  • 3. A RELIXIÓN A relixión de gregos e romanos é politeísta, e os seus deuses e deusas teñen forma humana e compórtanse coma humanos (cos seus mesmos defectos). Os deuses máis importantes son os 12 deuses olímpicos, chamados así por vivir no Monte Olimpo, o monte sagrado dos gregos. Destacan tres: Zeus, a súa muller Hera e a filla de Zeus, Atenea. Os romanos copiaron o panteón (todos os deuses) grego e crearon a tríada capitolina: Xúpiter, Xuno e Minerva ,chamada así polo templo que había no Capitolio (monte de Roma). Todos os deuses teñen un símbolo (ou varios) que os representan: TRÍADA CAPITOLINA ROMANA MINERVA (ATENEA), curuxa XÚPITER ( ZEUS) águia XUNO (HERA) Pavo realImaxe: dominio público-wikipedia
  • 4. FAI UN CADRO RESUMO DOS 12 DEUSES OLÍMPICOS GREGOS E OS SEUS EQUIVALENTES ROMANOS NOME GREGO NOME ROMANO ÁMBITO SÍMBOLOS ZEUS Pai dos deuses, deus do ceo e o raio XUNO Deusa do matrimonio e a familia Pavo real, coroa ATENEA ESTE ENLACE PODE AXUDARCHE
  • 5. As historias dos deuses gregos e romanos estaban recollidas en mitos transmitidos de xeneración en xeneración. Moitos destes mitos ou historias chegaron á cultura occidental e repítense na arte e na literatura, especialmente naqueles períodos históricos, como o Renacemento, nos que os artistas buscan inspiración no mundo clásico. Fíxate nesta pintura de Rafael Sanzio, famoso artista do Renacemento Italiano, representa unha reunión dos deuses , intenta identificar algún polos seus símbolos Imaxe dominio público-wikipedia
  • 6. Quizais non o saibas pero moitos días e meses do ano nos acordamos dos deuses romanos, de aí derivan os seus nomes XANEIRO Xano, o deus das portas, ten dúas caras, mira cara o pasado e cara o futuro MARZO Marte, deus da guerra XOVES Xúpiter, Deus do raio e pai dos deuses Imaxes, Dominio público, wikipedia SIGUE TI: MARTES, MÉRCORES, VENRES…
  • 7. A LITERATURA Na literatura grega e romana mestúranse deuses e seres humanos, de todos os autores destacan dous: o grego Homero, creador da Iliada e a Odisea e o romano Virxilio coa Eneida. O cine e a literatura actual sigue representando as súas historias A ILIADA, A GUERRA DE TROIA, sabes a historia? O CABALO DE TROIA Pintura de Tiépolo, s. XVIII Dominio público-wikipedia AQUILES CURANDO A PATROCLO Cerámica grega, 500 ac Dominio Público-wikipedia VICHES A PELÍCULA “TROIA”?, QUE FAMOSO ACTOR FACÍA DE AQUILES? MIRA O TRAILER AQUÍ
  • 8. A ODISEA A VIAXE DE ODISEO (ULISES), REI DE ÍTACA, DE VOLTA A GRECIA TRALA GUERRA DE TROIA Ulises e as sereas, cerámica grega, 480 ac Imaxes: Dominio Público-wikipedia A ENEIDA IMITA A ODISEA DE HOMERO, CONTA A VIAXE DE ENEAS A ITALIA TRALA GUERRA DE TROIA Eneas marcha de Troia e carga co seu pai Anquises e o seu fillo Ascanio. Pintura s. XVI
  • 9. O TEATRO Os gregos inventaron o teatro como espectáculo e o edifico no que se facían as representacións. Os romanos, unha vez máis imitárono. Aos gregos gustábanlle as traxedias como as de Esquilo ou Sófocles, os romanos preferían as comedias ATOPAS ALGUNHA DIFERENZA ENTRE O EDIFICO DO TEATRO GREGO E ROMANO? Arriba teatro grego de Dodona BIBISAINT-PAUL-CC-BY-WIKIPEDIA Abaixo, teatro romano de Mérida IKIWANER-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Vol de nuit-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 10. O PENSAMENTO RACIONAL CIENCIA E FILOSOFÍA “ A Razón é algo común a todos os homes. Comprender non é máis que expoñer a forma como o Universo funciona” HERÁCLITO. Filósofo grego do s. VI-V ac. Os gregos desenvolveron unha nova forma de pensar: o pensamento racional. É dicir, buscar a explicación das cousas sen recorrer á fantasía ou á relixión, senón á intelixencia e á análise racional. E de aí naceron a filosofía (amor pola sabiduría) e as primeiras formas de pensamento científico. Sócrates, Platón e Aristóteles, constitúen a tríada máis importante dos filósofos gregos. Arquímedes é considerado o pai da física, Hipócrates, da medicina, Tales de Mileto, Pitágoras e Euclides, das matemáticas. Os gregos foron os primeiros en intentar entender o mundo racionalmente, e puxeron as bases da ciencia e o progreso tecnolóxico occidental
  • 11. UNHA ARTE FERMOSA AO SERVIZO DO CIDADÁN Nas culturas exipcia e mesopotámica predominaban palacios e templos. Na grega e romana: edificios públicos, para servizo e disfrute dos cidadáns. Palestra (gimnasio) da cidade de Olimpia (Grecia). WKNIGHT94-CC-BY-SA Stoa de Atalo(pórtico cuberto) en Atenas (restaurada). Espacio cuberto do sol e a chuvia para pasear ou comerciar, estaba próximo a ágora Dominio Público-CC-BY-SA
  • 12. Termas do emperador Caracalla, Roma, as máis grandes do Imperio Chris 73-CC-BY-SA-WIKIPEDIA O anfiteatro Flavio ou Coliseo de Roma. Usado para espectáculos de loitas de gladiadores. JP GRANDMONT-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Circo Máximo de Roma, usado para carreiras de catro cabalos (cuádrigas). CARPTRASH-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 13. OS TEMPLOS O templo sigue sendo un edificio moi importante para os gregos. Alí gardan a imaxe (e o tesouro) do deus ou deusa protector da cidade. O templo soe estar na acrópole. É o centro das actividades relixiosas (procesións e sacrificios) que se fan na cidade. A racionalidade e o desexo de beleza leva a un estudo detallado das proporcións Imaxe sup : Templo de Hefaistos, Atenas . Fi f8-CC-BY-SA- WIKIPEDIA Abaixo: INTEF-CC-BY-NC-SA
  • 14. Imaxe: NOMEN http://www.foro3d.com/ attachments/23357d1134492268-infografia-arqueologia-templo.jpg A Naos é a cámara principal, na que se gardaba a estatua da deusa Atenea. O pórtico anterior é o Pronaos. No Opistodomos probablemente se gardaba o tesouro da deusa. O PARTENÓN DE ATENAS. PARTES DUN TEMPLO GREGO O Partenón é un templo octástilo (ten 8 columnas na fronte) e períptero (ten columnas arredor)
  • 15. A BÚSQUEDA DA HARMONÍA Para os gregos harmonía, perfección e beleza eran equivalentes. Por iso buscaron a proporción e a perfección matemática, e por iso inventaron as ordes arquitectónicas, que eran diferentes proporcións e modos de construír. Se querían un templo forte, robusto, usaban a dórica, se querían un templo elegante, esvelto, a xónica, que era máis alta DÓRICA XÓNICA CORINTIA AS ORDES ARQUITECTÓNICAS IMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
  • 16. Trátase dun número alxébraico que posúe moitas propiedades interesantes e que foi descuberto na antigüidade, non como “unidade” senón como relación ou proporción entre segmentos de rectas O número áureo é un número irracional. É chamado tamén número de ouro ou proporción aúrea e está representado pola letra grega φ (fi) en honor ao escultor grego Fidias que o usou na construcción do famoso templo do Partenón de Atenas A BELEZA DAS MATEMÁTICAS WIKIPEDIA 1 1,618
  • 17. FACHADA DUN TEMPLO DÓRICO. PARTES METOPAS TRIGLIFOS TÍMPANO FRONTÓN FRISO ARQUITRABE CAPITEL FUSTE DA COLUMNA IMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
  • 18. Os romanos imitan a arquitectura grega pero interésalles menos a proporción e máis a utilidade práctica. Dise que son máis enxeneiros que arquitectos. Usaban arcos e bóvedas e construían en pedra ou mármore e ladrillo. Os gregos usan só liñas rectas e pedra ou mármore. ARQUITECTURA ROMANA Acueducto de Segovia Ponte de Alcántara, Cáceres Arco de triunfo, Medinaceli, Soria IMAXES: INTEF-CC-BY-NC-SA
  • 19. Templo de Apolo en Paestum, Sicilia Ballista-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Templo de Atenea-Niké Acrópole de Atenas S.SWAYNE-CC-BY-SA-WIKIPEDIA ORDE DÓRICA, XÓNICA, CORINTIA Panteón de Roma Roberta Dragan-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 20. Os gregos preferían usar as ordes dórica e xónica, os romanos a corintia Indica de que ordes son estes templos: Imaxes dominio público wikipedia A B DC
  • 21. A ESCULTURA: PERFECCIÓN GREGA, REALISMO ROMANO O Doríforo (atleta con lanza) de Policleto s. V ac. Tretaktys-CC-BY-WIKIPEDIA Retrato do emperador Caracalla s. III dc Shakko-CC-BY-WIKIPEDIA Os gregos preferiron representar a beleza do corpo humano, sobre todo atletas e deuses idealizados. Aos romanos gustáballes o retrato
  • 22. GRECIA: POUCA PINTURA CONSERVADA, MOITA CERÁMICA ROMA: OS MOSAICOS Heracles (hércules) e Atenea representados nunha ánfora grega polo pintor Andócides, s. VI ac. Dominio público-wikipedia Facíanse con pequenos anacos (teselas) de mármore ou cerámica de varias cores. Na foto aparece Neptuno (Poseidón). Museo arqueolóxico de Nápoles G.D.ORTO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 23. A CULTURA ROMANA NA GALLAECIA Tense dito que a romanización afectou en menor medida ao norte da península ibérica. No caso galego hai historiadores que non pensan igual. Se ben é certo que na Gallaecia, territorio do NO da Hispania, non se construíron anfiteatros ou teatros como en Mérida ou Sagunto; quizais non se debera a unha menor romanización senón a diferentes modos de vida. A pegada do mundo romano en Galicia foi moi intensa, e iso vese na lingua, que desprazou ás linguas indíxenas anteriores e na grande cantidade de restos que se conservan. E o nome do noso país, Galicia, puxéronllo os romanos. Foto: Lala Lugo-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Lugo, Lucus Augusti, foi a cidade romana máis importante da Gallaecia. A vía romana nº XIX uníaa con Bracara Augusta (Braga, en Portugal) e Astúrica Augusta (Astorga, en León). Consérvase bastante ben a muralla que a defendía, foi declarada pola UNESCO patrimonio da humanidade.
  • 24. Mapa das calzadas ou vías romanas na Gallaecia, destacada en vermello está a vía XIX, de Braga a Lugo e Astorga, que pasaba por Tui, Pontevedra e Caldas de Reis (Aquis Celenis). No debuxo pódese ver o método de construción, hai varias capas de pedra de diferente grosor para que se filtre a auga doadamente, lousas de pedra na cima para circular os carros e MILIARIOS marcando as distancias ROBOT8A-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 25. Nos lugares que atravesaba a calzada, onde era preciso salvar un río facíase unha ponte, hai moitas ben conservadas en Galicia desta época, como a ponte sobre o río Bibei en Póvoa de Trives. Consérvanse tamén centos de miliarios que marcaban en millas romanas a distancia a Roma ou ás principais cidades da ruta. JMRODRI2-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Ao lado desta ponte consérvase este miliario coa inscrición que se transcribiu e traduciu ao pé. Imaxes: A. Pérez Vilariño CC-BY-SA-WIKIPEDIA
  • 26. Ao longo das vías romanas levantábanse de tramo en tramo as chamadas mansións, onde os viaxeiros descansaban e cambiaban os cabalos. Unha das máis importantes foi Aquis Querquennis, en Bande, Ourense. Como o seu nome indica dispoñía de baños de augas termais, moi apreciados polos romanos. LMBUGA-CC-BY-SA-WIKIPEDIA Na cidade de Lugo conservamos restos de moitas casas romanas, algunhas con mosaicos, como este que se exhibe no Museo Provincial. A. PÉREZ VILARIÑO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA A torre de Hércules foi en orixe (o conservado hoxe é moi posterior) un faro construído polos romanos para sinalar a entrada no porto da cidade de Brigantium. Tamén foi declarada patrimonio da humanidade. A. DAMATO-CC-BY-NC-WIKIPEDIA
  • 27. A PEGADA CLÁSICA EN CAMBADOS Arriba Hércules coa maza, Zeus (raios e águia) e Apolo (lira) na praza de Fefiñáns. Dereita columnas con volutas do Pósito de pescadores. Baco, deus do viño, obra do escultor contemporáneo, Francisco Leiro
  • 28. Dereitos de autor O legado cultural greco-latino. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza: Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenza Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España. Créditos e autoría: Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY- NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas: Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.