La Vila Romana "La Olmeda" en Palencia es un yacimiento arqueológico que data del siglo I al V d.C. que contiene los restos de una villa romana rural que incluye termas, habitaciones y mosaicos.
La Vila Romana "La Olmeda" en Palencia es un yacimiento arqueológico que data del siglo I al V d.C. que contiene los restos de una villa romana rural que incluye termas, habitaciones y mosaicos.
Antonio Martínez es el autor de un blog llamado INICIARTE en el que comparte contenido relacionado con el arte bajo la dirección http://artenoafonsox.blogspot.com.es/.
Rafael Moneo ganó el Premio Príncipe de Asturias de las Artes en 2012. Como arquitecto español, Moneo ha diseñado numerosos edificios notables en todo el mundo y ha tenido una gran influencia en la arquitectura moderna.
Antonio Martínez es el autor de un blog llamado INICIARTE en el que comparte contenido relacionado con el arte bajo la dirección http://artenoafonsox.blogspot.com.es/.
This document provides examples of notable buildings from the Chicago School of Architecture, including the Carson, Pirie & Scott Building designed by Louis Sullivan in 1899, the Rockery Building designed by Burnham & Root in 1886, the Reliance Building designed by Burnham in 1890, and the Monadnock Building designed by Burnham & Root in 1891. These buildings exemplify the Chicago School style that emphasized steel-framed structures with large windows and decorative masonry.
The document is about the Cathedral of Palma de Mallorca. It is a short article that provides an introduction to the cathedral located in Palma, the capital city of the Balearic Islands of Spain. The document appears to be written in Spanish and references the author Antonio Martinez and a website for more information.
La arquitectura asturiana se caracteriza por pequeñas iglesias prerrománicas como la Cámara Santa de Oviedo, San Xulián dos Prados y Santa María do Naranco, que datan del siglo IX y son ejemplos tempranos del arte cristiano en la península ibérica.
Frank Lloyd Wright diseñó varias viviendas y edificios en Oak Park, Chicago a principios del siglo XX, incluyendo el Templo Unitario y las viviendas de Nathan G. Moore y Arthur Heurtley.
El cuadro muestra la escena del Descendimiento de Cristo de la cruz, donde Jesús está siendo bajado de la cruz con la ayuda de José de Arimatea y Nicodemo. En segundo plano se aprecian María, Juan y María Magdalena llorando la muerte de Cristo. La obra data del año 1435 y actualmente se exhibe en el Museo del Prado.
O Mosteiro cisterciense de Santa María de OseiraCea em Ourense, Espanha. Fundado no século XII, é um importante exemplo da arquitetura religiosa medieval na Galiza. Atualmente funciona como um centro cultural que preserva a história da igreja local.
A empresa de tecnologia anunciou um novo smartphone com câmera aprimorada, maior tela e bateria de longa duração. O dispositivo também possui processador mais rápido e armazenamento expansível. O novo modelo será lançado em outubro por um preço inicial de US$799.
3. • Cambados, 1957
• Estudou na escola de Artes e Oficios Mestre
Mateo de Santiago de Compostela entre os
anos 1978 e 1979. Despois foi profesor na
Escola de Canteiros de Poio.
• As súas primeiras obras enmárcanse nunha
linguaxe centrada no dominio do espazo e o
espazo aéreo. Serie Satélites de 1983.
9. • Ao regreso de Nova Iorque reflexiona sobre o
valor da cultura autóctona, os seus símbolos,
o seu material (pedra, granito) e o seu diálogo
coa memoria do lugar onde vai colocar as
pezas.
10.
11.
12. • En 1984 participa nas exposicións “Encontros no
Espazo” e “Imaxes dos Oitenta”. Inicia a súa
colaboración co galerista madrileño Fernando
Vijande.
• Características da etapa: convivencia do oficio da
cantería e a conciencia dunha autonomía artística
que propón unha re-lectura da pedra como
material de significación propia. Os seus
monolitos están vencellados ao subconsciente
colectivo ancestral.
20. • En 1986 combina a madeira coa pedra. A madeira é
presentada como peaña, acadando tal grao de
integración, que as esculturas aprécianse como un
todo no que os materiais comparten protagonismo.
• Características da etapa: Estas pezas inciden no valor
totémico do tronco de madeira que se bifurca no
bloque de pedra. Nestas pezas predomina unha
estética ascensional relacionada coa verticalidade do
corpo, do corpo antropomórfico, non exenta de
connotacións fálicas.
32. • A partir de 1988 as súas obras entrarán en
xogo factores máis racionalistas, de
equilibrios, tensións e volumes, de
estabilidades horizontais, e consecución dun
espazo relaxado ao redor de moles líticas en
detrimento do límite da admiración que
impoñen os fitos verticais anteriores.
36. • O descubrimento do interior da pedra, a partir da
serie das Pepitas frescas, e a conquista plena da
escala monumental coincidiron con algo de
grandísima importancia na evolución posterior de
Manolo Paz: a eliminación do pedestal e a
recuperación do contacto co chan, que non é só
un recurso que favorece a ocupación do espazo
circundante, senón que supón o respecto pola
posición natural da roca, ancorada na terra, de
maneira que, como dixo, poida “botar raíz e
crecer”.
• Elena Vozmediano. A vida das pedras. Catálogo
exposición Estación Marítima. 1999, Concello da
Coruña.
42. • En 1992 consegue a Bolsa Unión Fenosa de
Creación Artística no Estranxeiro e regresa a
Nova Iorque. Realiza esculturas ensambladas
de base xeométrica e construtivista. Tamén
experimenta co metal.
50. • En 1994 realiza unha das súas obras máis
representativas: Familia de Menhires ou
Menhires por la Paz, un conxunto escultórico
de 12 pezas situado fronte á Torre de
Hércules, na Coruña.
58. Con acerto estratéxico, Paz optou, de entrada, por
distanciarse, na medida do posible, da Torre,
elixindo como territorio o lugar coñecido polo
suxerente nome de Península das Adormideiras.
Unha vez alí, o envite quedaba circunscrito polo
vértigo do océano. Un rival que, no caso do noso
escultor, cuxo medio natural foi tamén, desde as
súas orixes mesmas, unha invocación ritualizada do
espectáculo da Natureza e das arcanas forzas que
cifran a súa alma interior, converteríase, ao cabo, en
segredo cómplice.
Fernando Huici. “Corazón de piedra” en Manolo Paz. Esculturas. 1996,
Deputación de Pontevedra.
59.
60.
61.
62.
63.
64. Baixo a denominación de Menhires, o noso escultor
dispón en círculo unha ducia de estilizados monolitos
previamente seccionados na súa franxa central, na que
abriu en cruz dúas xanelas transversais, e finalmente de
novo reconstruidos. Nesa estática danza sacra que parece
suspendida nun instante perpetuo, os doce menhires
recrean o rito da roda do tempo que xira eternamente ó
redor dun centro inmóbil e abren o seu corazón de pedra,
encarnado agora no a baleiro, á circulación errante das
miradas coas que o espectador traza no seu deambular a
figura que ordena o fragor natural na imaxe do cosmos.
Fernando Huici. “Corazón de piedra” en Manolo Paz. Esculturas. 1996,
Deputación de Pontevedra.
65.
66.
67.
68.
69. Unha das esculturas máis importantes de
Manolo Paz e certamente na que a poetización
do lugar se produce con máis intensidade é
Familia de Menhires (1994), situada na contorna
da Torre de Hércules na Coruña.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
70.
71.
72.
73.
74.
75. Aínda que cada menhir é diferente, a creación do oco
dótaos dunha importante familiaridade. Esta escultura,
dunha poesía moi intensa, está realizada cunha
habilidade técnica e cunha lucidez na selección do
emprazamento que remite á estética da exactitude.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
76.
77.
78.
79.
80.
81. Aínda que cada menhir é diferente, a creación
do oco dótaos dunha importante familiaridade.
Esta escultura, dunha poesía moi intensa, está
realizada cunha habilidade técnica e cunha
lucidez na selección do emprazamento que
remite á estética da exactitude.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
82.
83.
84. • “Pasa o aire e acaricia todo. Os buracos das miñas
pedras son un respiro á vida. Eu respiro moito ese
sentido telúrico e cósmico, mais non sei como
explicalo. Cando fago unha obra non penso niso.
Cando a fago noto a sensibilidade e esa cousa
sutil que che deixa relaxado. E como sacar unha
enerxía interior”
• Manolo Paz, 1990
85.
86.
87. Os menhires de Manolo Paz poderían pórse en
relación coa defensa da expresividade do
material en Brancusi, coa construción do baleiro
de Noguchi ou co proceso de segmentación e a
crúa manifestación das pegadas de orificios de
barrenado en Rückiem que tamén tentou en
obras como os seus Estelas do século XX
conseguir unha ordenación poética da paisaxe.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
88.
89.
90.
91.
92.
93. Cando se camiña entre as pedras que dispuxo
Manolo Paz nese límite do mundo atopámonos
nun ritmo vital que non pode explicarse,
desbordando o cerco da representación, nun
abandono semellante ó que Heidegger
denominou serenidade.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
94.
95.
96.
97.
98. Os monolitos primordiais deste escultor teñen
relación tanto co totémico en canto supoñen a
recuperación dalgúns elementos da arquitectura
popular galega e unha deriva analóxica coa idea
de espazo sacro.
Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra. Consideracións provisionais
arredor da “Familia de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da Coruña.
99.
100.
101.
102.
103.
104.
105. Referencias
• Fernando Castro Flórez. Un lugar na terra.
Consideracións provisionais arredor da “Familia
de menhires” de Manolo Paz. 1999 Catálogo da
exposición na Estación Marítima. Concello da
Coruña.
• Fernando Huici. “Corazón de piedra” en Manolo
Paz. Esculturas. 1996, Deputación de Pontevedra.
• El jardín de Hércules. 14 escultores bajo la luz
del Faro. 1995, Ministerio de Obras Públicas.
128. • Entre mediados dos anos noventa e comezos
do século XXI, presenta os traballos na galería
Trinta. Tamén destacan as súas exposicións
individuais na Estación Marítima da Coruña
(1999), en Xixón (2000), na Fundació Miró de
Mallorca, Trama (Madrid) ou en SCQ (Santiago
de Compostela).
142. • No 2010 realiza a cruz para o altar no que o
papa Bieito XVI oficiaría os actos litúrxicos
durante a súa visita a Santiago de Compostela.
• En 2011 instala Menhir, unha peza de dez
metros de altura e de máis de 120 toneladas
de peso, no acceso ás novas instalacións do
aeroporto de Santiago.
159. Pozo sin fondo Encuentro
2013. Granito vermello. 50x90x70 cm. 2013. Granito vermello. 50x90x70 cm.
160.
161.
162. • Fotos e textos procedentes de:
• -Manolo Paz. Luna azul. 2013, Deputación de
Pontevedra.
• -David Barro. Manolo Paz. En Artistas galegos,
esculores. 2003, Nova Galicia Edicións.
• Manolo Paz. Esculturas. 1996, Deputación de
Pontevedra.
• -El jardín de Hércules. 14 escultores bajo la
luz del Faro. 1995, Ministerio de Obras
Públicas.
• Manolo Paz. 1994. Unión Fenosa.