SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
1 
GUÍA DO CURSO 
AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
2 
Índice 
Descrición do curso ............................................................................................................. 3 
Persoas titoras ..................................................................................................................... 3 
Obxectivos ........................................................................................................................... 3 
Competencias profesionais do profesorado ......................................................................... 4 
Contidos ............................................................................................................................... 6 
Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................ 7 
Metodoloxía ......................................................................................................................... 7 
Seguimento e desenvolvemento do curso ........................................................................... 8 
Comunicación coas persoas titoras ................................................................................... 10 
Avaliación .......................................................................................................................... 10 
Aplicación práctica nas aulas ............................................................................................. 11 
Requirimentos para seguir o curso .................................................................................... 11
3 
Descrición do curso 
De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso 
iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de 
Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de 
secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta 
en práctica nas aulas. 
Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as 
diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas. 
Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar 
parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o 
traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora, 
senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos. 
Persoas titoras 
MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE. 
Catedrático de Filosofía do 
IES Eduardo Pondal. 
Santiago de Compostela 
RICARDO RODRÍGUEZ 
DE RÁVENA. 
Profesor de Filosofía 
no IES Xulián 
Magariños. Negreira 
EVA GAREA TRABA 
Profesora de Filosofía no 
IES de Ames. 
NEXOS. Grupo de 
didáctica da 
Filosofía 
www.nexosfilosofia.org 
Obxectivos 
 Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía 
 Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías 
da mente 
 Repensar a actividade na aula de Filosofía 
 Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das
4 
TIC e as ferramentas 2.0 
 Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e 
aprender a catalogalos e arquivalos 
 Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos 
 Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no 
bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo 
 Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a 
desenvolver no ensino secundario 
Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que 
poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre 
todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou 
competencias, elaborando os indicadores para as diferentes dimensións. 
Competencias profesionais do profesorado 
A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa, 
desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO, 
Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as 
competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber), 
habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos 
persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes 
de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais. 
Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o 
marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino: 
Saber:  
Competencia científica ou epistemolóxica 
 Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías 
da educación 
 Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e 
curriculares 
 Xestión do coñecemento e a información mediante 
ferramentas dixitais 
Saber facer:  
Competencia didáctica 
 Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias 
sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de 
materiais a través da metodoloxía TPACK) 
 Atención á diversidade (a través de distintas propostas 
e modelos de traballo en aula)
5 
 Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog, 
Portafolios) 
 Recursos e materiais (selección, catalogación e 
arquivo) 
 Avaliación (comprensión de diferentes modelos en 
contornos de traballo diversos e introdución a unha 
avaliación por competencias) 
Saber como:  
Competencia en traballo en equipo 
 Traballo cooperativo e colaboración entre pares 
 Preparación de proxectos educativos comúns 
 Coñecemento de técnicas de traballo en grupo 
 Toma de decisións 
Competencia en innovación e mellora 
 Promover cambios nas prácticas educativas e nos 
modelos profesionais 
 Introducir a investigación na docencia mediante da 
avaliación de modelos e a investigación-acción 
 Propostas para realizar na aula con diferentes modelos 
de traballo e ferramentas 
Competencia comunicativa 
 Xestión da información e transparencia a través de 
diferentes plataformas de exposición de contidos e 
intercambio de información, e protocolos a seguir 
 Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros 
chats... 
Competencia dixital (TIC) 
 Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas: 
de creación e comunicación de contidos 
 Uso didáctico das ferramentas e contextos de 
xustificación 
 Desenvolvemento profesional e xestión en contornos 
virtuais 
 Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o 
uso e autoría dos materiais dixitais 
Saber estar:  
Competencia relacional 
 Habilidades sociais a través da práctica en redes 
virtuais 
 Xestión da participación do alumnado en contornos 
virtuais de aprendizaxe
6 
Contidos 
Os contidos do curso están divididos en 6 módulos: 
MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS 
Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate 
sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun 
contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas 
e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos. 
MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA 
Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o 
ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e 
integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas 
das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral. 
MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS 
Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na 
aprendizaxe da Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas. 
Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios 
dunha síntese multimedia eficaz. 
MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0 
Examinaremos o uso de diferentes plataformas 2.0 na aula de filosofía e a 
súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos 
didácticos. 
MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 
Iniciación ao traballo por proxectos e ao desenvolvemento de 
investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na 
aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de 
investigación na rede. 
MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA 
Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e
7 
sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as 
competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un 
documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver 
no bacharelato. 
Correlación das competencias básicas cos contidos do curso 
As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan 
por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso. 
Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a 
definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de 
avaliación do alumnado. 
Metodoloxía 
Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega. 
A metodoloxía que usaremos será mixta: 
1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, 
será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o 
intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas 
prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións 
relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo, 
avaliables e xeradores de contidos. 
Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e 
Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas 
posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes. 
2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e 
plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda 
que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades, 
coñecementos ou preferencias dos participantes.
8 
Seguimento e desenvolvemento do curso 
O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o 
calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo 
de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas 
ao mesmo. 
Cada módulo contén: 
 Unha presentación temática que inclúe os materiais multimedia 
necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda. 
 O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional). 
 Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás 
no módulo inicial e nos módulos 4 e 6). 
 Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa 
cualificación seguindo as instrucións. 
 Unha Wiki de grupo no módulo 6. 
Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir: 
 Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria. 
 Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria. 
Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de 
presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e 
tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de 
resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro 
dos participantes no curso. 
Outras indicacións: 
Nas presentacións temáticas: 
 Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva : 
ao premer nela despregase unha explicación opcional. 
 Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á 
comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa icona que corresponde:
9 
CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO 
Módulo Inicial (1 hora) 
Nº TAREFAS Datas 
1 Foro de presentacións Do 13 ao 20 de Outubro 
2 Enquisa Do 13 ao 20 de Outubro 
Módulo 1 (5 horas) 
Nº TAREFAS Datas 
3 Foro de reflexión Do 13 ao 23 de Outubro 
4 A miña aula virtual Do 13 ao 23 de Outubro 
Módulo 2 (5 horas) 
Nº TAREFAS Datas 
5 Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou 
inconvenientes 
Do 24. ao 31 de Outubro 
6 Selección e organización de webs e recursos TIC Do 24 ao 31 de Outubro 
Módulo 3 (5 horas) 
Nº TAREFAS Datas 
7 Foro: Emoción ou razón no ensino? Do 1 ao 7 de Novembro 
8 Elaborando un recurso multimedia Do 1 ao 7 de Novembro 
Módulo 4 (3 horas) 
Nº TAREFAS Datas 
9 Construción dun blog ou dunha wiki Do 8 ao 12 de Novembro 
Módulo 5 (5 horas) 
Nº TAREFAS Datas 
10 Preparando unha investigación Do 13 ao 18 de Novembro 
11 Foro: Propostas de investigación no ensino medio Do 13 ao 18 de Novembro 
Módulo 6 (5 horas) 
Nº Actividade Datas 
12 Artigo sobre a competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro 
13 Wiki: A competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro 
Módulo Final (1 hora) 
Nº TAREFAS Datas 
14 Enquisa: A túa valoración do curso Do 25 ao 1 de Decembro 
15 Foro final Do 25 ao 1 de Decembro
10 
Comunicación coas persoas titoras 
Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras 
cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso 
atoparase en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de 
participantes. 
Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de 
aprendizaxe como aos titores e titoras do curso. 
Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora: 
 A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que 
se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler 
todas as intervencións. 
 A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como 
chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas. 
Avaliación 
A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso, agás as tarefas 1, 2 (foro 
de presentación e enquisa) 13, 14 e 15 (Wiki, enquisa final e foro final), que non se 
avaliarán, aínda que deberán realizarse: 
Cada unha das demais tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o 
foro. Para determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de 
avaliación ou lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no 
foro. 
Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros 
sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que 
sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos. 
Para superar satisfactoriamente o curso, será condición realizar con avaliación positiva o 
80% das tarefas obrigatorias, isto supón acadar como mínimo 5 puntos en 8 das tarefas 
propostas, un total de 40 puntos dos 100 puntos posibles. A puntuación conseguida amais 
deberá responder necesariamente a: 
 A participación nos foros do curso. 
 A realización do 80% das tarefas 
 A participación na Wiki final. 
Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse 
flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado.
11 
Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas 
negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a 
revisión da cualificación 
Aplicación práctica nas aulas 
Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio 
de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as 
súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da 
formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as 
tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao 
ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia. 
Requirimentos para seguir o curso 
 Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a 
PLATEGA. 
 Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox 
 Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese 
descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/ 
 Ferramenta de reprodución multimedia VLC. 
 Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es” 
 Dispor dunha conta de correo “gmail”

More Related Content

Similar to Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeLuciano Fernández
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correaceiparua
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilArturo Iglesias
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3guest895d57
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaRomán Landín
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaRomán Landín
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleMANEIRO
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
 
Mapas Conceptuais
Mapas ConceptuaisMapas Conceptuais
Mapas Conceptuaisnitilainho
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01María Valbuena
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-María Valbuena
 
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizajeproxectodesire
 

Similar to Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano (20)

Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Presentacion xeral
Presentacion xeralPresentacion xeral
Presentacion xeral
 
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorialGuia didactica:Posta en práctica da acción titorial
Guia didactica:Posta en práctica da acción titorial
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3Proxecto interdisciplinar v3
Proxecto interdisciplinar v3
 
Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3Proxecto Interdisciplinar V3
Proxecto Interdisciplinar V3
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
Traballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simpleTraballo por Proxectos. Guía simple
Traballo por Proxectos. Guía simple
 
Workshop - ODS Portal
Workshop - ODS PortalWorkshop - ODS Portal
Workshop - ODS Portal
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
 
Mapas Conceptuais
Mapas ConceptuaisMapas Conceptuais
Mapas Conceptuais
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
 
Titoría Virtual
Titoría VirtualTitoría Virtual
Titoría Virtual
 
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de AprendizajeProxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
Proxecto Desire y Objetos de Aprendizaje
 

Guia curso Didáctica de la filosofía en catellano

  • 1. 1 GUÍA DO CURSO AS TIC APLICADAS Á DIDÁCTICA DA FILOSOFÍA
  • 2. 2 Índice Descrición do curso ............................................................................................................. 3 Persoas titoras ..................................................................................................................... 3 Obxectivos ........................................................................................................................... 3 Competencias profesionais do profesorado ......................................................................... 4 Contidos ............................................................................................................................... 6 Correlación das competencias básicas cos contidos do curso ............................................ 7 Metodoloxía ......................................................................................................................... 7 Seguimento e desenvolvemento do curso ........................................................................... 8 Comunicación coas persoas titoras ................................................................................... 10 Avaliación .......................................................................................................................... 10 Aplicación práctica nas aulas ............................................................................................. 11 Requirimentos para seguir o curso .................................................................................... 11
  • 3. 3 Descrición do curso De que falamos cando falamos de ensinar filosofía no ensino medio? Neste curso iniciaremos, na medida do posible, unha discusión sobre as necesidades da materia de Filosofía, sobre os seus supostos didácticos e o papel da filosofía no currículo de secundaria. Finalmente, unha valoración sobre o uso das ferramentas TIC para a posta en práctica nas aulas. Tentaremos solucionar os déficits de coñecementos, que cadaquén puidese ter, sobre as diferentes ferramentas que haberá que utilizar nas tarefas propostas. Porén, este non é o obxectivo prioritario do curso. Máis aló das ferramentas a utilizar parécenos prioritario centrarnos nas dificultades que poidan aparecer cando iniciamos o traballo na aula e abordalas, non só desde unha perspectiva práctica e solucionadora, senón tamén desde outra teórica que inclúa unha análise dos seus fundamentos. Persoas titoras MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE. Catedrático de Filosofía do IES Eduardo Pondal. Santiago de Compostela RICARDO RODRÍGUEZ DE RÁVENA. Profesor de Filosofía no IES Xulián Magariños. Negreira EVA GAREA TRABA Profesora de Filosofía no IES de Ames. NEXOS. Grupo de didáctica da Filosofía www.nexosfilosofia.org Obxectivos  Aprender a construír unha aula virtual para o ensino da Filosofía  Debater sobre os fundamentos do ensino da Filosofía á luz das novas teorías da mente  Repensar a actividade na aula de Filosofía  Reflexionar sobre as achegas ao ensino da Filosofía e as ciencias sociais das
  • 4. 4 TIC e as ferramentas 2.0  Coñecer algúns dos recursos existentes na web para o ensino da Filosofía e aprender a catalogalos e arquivalos  Aprender a elaborar recursos multimedia sinxelos  Valorar a implantación dos proxectos de investigación na área de filosofía no bacharelato e coñecer as principais liñas de traballo  Elaborar cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica a desenvolver no ensino secundario Ao final do curso, o profesorado será capaz de elaborar e manter a súa aula virtual na que poderá introducir elementos da aula tradicional e elementos TIC da súa elección. Entre todos fixaremos as liñas xerais duna educación filosófica por capacidades ou competencias, elaborando os indicadores para as diferentes dimensións. Competencias profesionais do profesorado A tendencia en diversos estudos e informes sobre a profesión docente en Europa, desenvolvidos desde o ano 2000 por diferentes organismos (Comité mixto OIT/UNESCO, Eurydice, OCDE, Comisión das Comunidades Europeas), é considerar que as competencias que debe posuír un docente inclúen saberes ou coñecementos (saber), habilidades e destrezas aplicadas (saber facer), valores, actitudes e compromisos persoais (saber ser e estar). O docente ademais deberá ser capaz de usar eses saberes de forma funcional e integrada en contextos variados para resolver retos profesionais. Neste curso atenderemos fundamentalmente as seguintes competencias que, segundo o marco europeo, compón o abano das competencias dun profesional do ensino: Saber:  Competencia científica ou epistemolóxica  Coñecemento das últimas novas no ámbito das teorías da educación  Coñecemento de diferentes propostas metodolóxicas e curriculares  Xestión do coñecemento e a información mediante ferramentas dixitais Saber facer:  Competencia didáctica  Didácticas específicas da área de filosofía e ciencias sociais (aprendendo a xustificar a elaboración de materiais a través da metodoloxía TPACK)  Atención á diversidade (a través de distintas propostas e modelos de traballo en aula)
  • 5. 5  Xestión da aula (en espazos virtuais: Moodle, Blog, Portafolios)  Recursos e materiais (selección, catalogación e arquivo)  Avaliación (comprensión de diferentes modelos en contornos de traballo diversos e introdución a unha avaliación por competencias) Saber como:  Competencia en traballo en equipo  Traballo cooperativo e colaboración entre pares  Preparación de proxectos educativos comúns  Coñecemento de técnicas de traballo en grupo  Toma de decisións Competencia en innovación e mellora  Promover cambios nas prácticas educativas e nos modelos profesionais  Introducir a investigación na docencia mediante da avaliación de modelos e a investigación-acción  Propostas para realizar na aula con diferentes modelos de traballo e ferramentas Competencia comunicativa  Xestión da información e transparencia a través de diferentes plataformas de exposición de contidos e intercambio de información, e protocolos a seguir  Expresión e comunicación en contornos dixitais: foros chats... Competencia dixital (TIC)  Coñecemento das ferramentas tecnolóxicas básicas: de creación e comunicación de contidos  Uso didáctico das ferramentas e contextos de xustificación  Desenvolvemento profesional e xestión en contornos virtuais  Aspectos actitudinais e éticos coa reflexión sobre o uso e autoría dos materiais dixitais Saber estar:  Competencia relacional  Habilidades sociais a través da práctica en redes virtuais  Xestión da participación do alumnado en contornos virtuais de aprendizaxe
  • 6. 6 Contidos Os contidos do curso están divididos en 6 módulos: MODÚLO 1: PRIMEIROS PASOS Iniciará ao docente no uso e xestión dunha aula virtual Moodle e no debate sobre a incorporación das TIC á docencia e a súa posible xustificación nun contorno TPACK. Ademais insistirá no coñecemento das principais licenzas e a súa aplicación aos contidos dixitais educativos. MÓDULO 2: RECURSOS TIC PARA A FILOSOFÍA Iniciación ao coñecemento dalgúns dos recursos existentes na Web para o ensino da Filosofía e a súa clasificación. Aprenderemos a clasificalos e integralos na nosa aula virtual. Ademais reflexionaremos sobre as achegas das TIC ao ensino da Filosofía e ás ciencias sociais en xeral. MÓDULO 3: IMAXES E EMOCIÓNS Ao longo deste módulo debateremos sobre a dualidade razón/emoción na aprendizaxe da Filosofía á luz das neurociencias contemporáneas. Aprenderemos a elaborar recursos multimedia sinxelos e os principios dunha síntese multimedia eficaz. MÓDULO 4: FILOSOFÍA E FERRAMENTAS 2.0 Examinaremos o uso de diferentes plataformas 2.0 na aula de filosofía e a súa aplicación no contexto dunha aula Moodle e os seus principais usos didácticos. MÓDULO 5: TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN Iniciación ao traballo por proxectos e ao desenvolvemento de investigacións co alumnado, que nos permitirán repensar a actividade na aula de Filosofía. Coñeceremos tamén as principais estratexias de investigación na rede. MÓDULO 6: A COMPETENCIA FILOSÓFICA Debateremos sobre o traballo por competencias, selección de indicadores e
  • 7. 7 sistemas de avaliación. Tentaremos distinguir as diferenzas entre as competencias básicas e as complexas. Elaboraremos cooperativamente un documento sobre a competencia filosófica e as dimensións a desenvolver no bacharelato. Correlación das competencias básicas cos contidos do curso As competencias básicas definidas pola Lei Orgánica 2/2006 de Educación, que se dan por suposto no profesorado, son un pano de fondo no desenvolvemento deste curso. Dedícase especialmente un dos módulos (6) a clarificar o concepto de competencia, e a definir e valorar indicadores que permitirán seleccionar e dirixir os instrumentos de avaliación do alumnado. Metodoloxía Este curso desenvólvese na súa totalidade a través da plataforma virtual Platega. A metodoloxía que usaremos será mixta: 1. Por unha parte será participativa e de aprendizaxe colaborativa. Para iso, será imprescindible a participación nos foros de debate, de forma que o intercambio de opinións enriqueza a comprensión e as posibles modificacións nas prácticas de aula dos participantes. Os debates e as diferentes posicións relacionadas cos temas tratados serán centrais ao longo do curso e, xa que logo, avaliables e xeradores de contidos. Para colaborar nesta tarefa contaremos con 3 axudantes: Apocalíptico, Integrado e Crítica. Os tres representarán diferentes perspectivas nos debates, sen que as súas posicións teñan por que limitar a manifestación doutras diferentes. 2. Por outra banda servirá de adestramento en diferentes ferramentas e plataformas. En cada un dos módulos existirá unha tarefa a desenvolver, aínda que esta poderá levarse de formas diversas, en función das necesidades, coñecementos ou preferencias dos participantes.
  • 8. 8 Seguimento e desenvolvemento do curso O curso consta de 6 módulos que se irán abrindo de forma progresiva seguindo o calendario presentado na temporalización do mesmo. Unha vez finalizado o intervalo de datas de realización do módulo, este pecharase sen que poidan enviarse máis tarefas ao mesmo. Cada módulo contén:  Unha presentación temática que inclúe os materiais multimedia necesarios. Será recoñecible polo símbolo da esquerda.  O contido do módulo en PDF para a súa descarga (opcional).  Unha tarefa de participación no foro de discusión do módulo (agás no módulo inicial e nos módulos 4 e 6).  Unha tarefa de traballo individual que se enviará para a súa cualificación seguindo as instrucións.  Unha Wiki de grupo no módulo 6. Ademais no módulo inicial e final os participantes terán que cubrir:  Unha consulta (módulo 1), non avaliable pero obrigatoria.  Unha enquisa (módulo final), non avaliable pero obrigatoria. Durante toda a duración do curso estará aberto o foro de dúbidas, no módulo de presentación, de forma que se poida usar para calquera dúbida técnica ou de traballo e tamén como comunicación cos titores. Este non será un módulo de debate senón de resolución de dúbidas, que poderán ser respondidas polos titores ou por calquera outro dos participantes no curso. Outras indicacións: Nas presentacións temáticas:  Algunhas seccións están contraídas. Sinálanse cunha frecha interactiva : ao premer nela despregase unha explicación opcional.  Ao longo da redacción aparecen diferentes elementos interactivos que axudan á comprensión e lectura. Todos eles veñen sinalados coa icona que corresponde:
  • 9. 9 CADRO DE TEMPORALIZACIÓN DO CURSO Módulo Inicial (1 hora) Nº TAREFAS Datas 1 Foro de presentacións Do 13 ao 20 de Outubro 2 Enquisa Do 13 ao 20 de Outubro Módulo 1 (5 horas) Nº TAREFAS Datas 3 Foro de reflexión Do 13 ao 23 de Outubro 4 A miña aula virtual Do 13 ao 23 de Outubro Módulo 2 (5 horas) Nº TAREFAS Datas 5 Foro: As TIC no ensino da Filosofía, vantaxes ou inconvenientes Do 24. ao 31 de Outubro 6 Selección e organización de webs e recursos TIC Do 24 ao 31 de Outubro Módulo 3 (5 horas) Nº TAREFAS Datas 7 Foro: Emoción ou razón no ensino? Do 1 ao 7 de Novembro 8 Elaborando un recurso multimedia Do 1 ao 7 de Novembro Módulo 4 (3 horas) Nº TAREFAS Datas 9 Construción dun blog ou dunha wiki Do 8 ao 12 de Novembro Módulo 5 (5 horas) Nº TAREFAS Datas 10 Preparando unha investigación Do 13 ao 18 de Novembro 11 Foro: Propostas de investigación no ensino medio Do 13 ao 18 de Novembro Módulo 6 (5 horas) Nº Actividade Datas 12 Artigo sobre a competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro 13 Wiki: A competencia filosófica Do 19 ao 24 de Novembro Módulo Final (1 hora) Nº TAREFAS Datas 14 Enquisa: A túa valoración do curso Do 25 ao 1 de Decembro 15 Foro final Do 25 ao 1 de Decembro
  • 10. 10 Comunicación coas persoas titoras Cada vez que comeza un curso de formación a través de PLATEGA, unha das primeiras cousas que se debe facer é presentarse á comunidade de aprendizaxe. Para iso atoparase en todos os cursos, no primeiro módulo, un Foro de presentación de participantes. Esta primeira mensaxe servirá de presentación tanto ao conxunto da comunidade de aprendizaxe como aos titores e titoras do curso. Existen varias opcións de comunicación co titor ou titora:  A través dos foros xerais, ou dos que existen en cada módulo. A comunicación que se realiza nos foros é pública, é dicir, calquera participante no curso poderá ler todas as intervencións.  A través do sistema de mensaxería interna da plataforma, tamén coñecido como chat. As mensaxes enviadas por este medio son privadas. Avaliación A avaliación do curso terá en conta todas as tarefas do curso, agás as tarefas 1, 2 (foro de presentación e enquisa) 13, 14 e 15 (Wiki, enquisa final e foro final), que non se avaliarán, aínda que deberán realizarse: Cada unha das demais tarefas avaliarase sobre 10 puntos, así como cada artigo para o foro. Para determinar a cualificación de cada tarefa establecerase cadansúa rúbrica de avaliación ou lista de cotexo, que se inclúe con cada unha das tarefas individuais ou no foro. Ademais avaliarase a participación activa a través das reflexións compartidas nos foros sobre os contidos e tarefas presentados. Cada unha destas intervencións (sempre que sexan relevantes) cualificarase con 1 punto, ata un máximo de 10 puntos. Para superar satisfactoriamente o curso, será condición realizar con avaliación positiva o 80% das tarefas obrigatorias, isto supón acadar como mínimo 5 puntos en 8 das tarefas propostas, un total de 40 puntos dos 100 puntos posibles. A puntuación conseguida amais deberá responder necesariamente a:  A participación nos foros do curso.  A realización do 80% das tarefas  A participación na Wiki final. Ao longo do curso iranse recordando todos estes criterios e prazos, e poderanse flexibilizar as tarefas e/ou os prazos cando estivese motivado.
  • 11. 11 Todas as tarefas pódense volver reenviar no caso de que teñan sido cualificadas negativamente. Este reenvío terá que facerse dentro do prazo acordado e suporá a revisión da cualificación Aplicación práctica nas aulas Este curso pretende servir de ocasión para promover unha actitude favorable ao cambio de metodoloxía didáctica do profesorado de filosofía, ao mesmo tempo que mellora as súas competencias dixitais e profesionais. Por iso recomendamos a aplicación práctica da formación adquirida. Suxerimos que, paralelamente ao curso, se experimente levando as tarefas que se propón a situacións reais de aula, valorando as vantaxes que aportan ao ensino e creando, pouco a pouco, unha estrutura TIC propia. Requirimentos para seguir o curso  Ter un equipo de sobremesa ou portátil con acceso a internet para acceder a PLATEGA.  Dispor dun navegador web actualizado, preferentemente Firefox  Lector de documentos PDF. Se non se dispón do programa pódese descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader/  Ferramenta de reprodución multimedia VLC.  Dispor de conta de correo “@edu.xunta.es”  Dispor dunha conta de correo “gmail”