SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
MAPAS CONCEPTUAIS 
QUE SON AS COMPETENCIAS FILOSÓFICAS? Con carácter xeral, as competencias son capacidades que o 
alumno foi quen de adquirir e polo tanto sabe (saber) usar. Polo tanto, as competencias atinxen ao que 
no ámbito educativo comunmente se denomina “saber executado”. Tales competencias posúen unha 
tripla vertente: os coñecementos (o que se sabe), as destrezas ou habilidades (o que se sabe facer) e as 
denominadas actitudes, emocións ou valores (o querer facer). Á hora de traballar na aula est as 
competencias, o educador debe tomar en consideración os criterios que lle permitan identificar a 
competencia e as súas vertentes, para o que é preciso atinar no deseño concreto da tarefa e nas 
necesarias estratexias de aprendizaxe, así como nos criterios de avaliación. 
No que atinxe á filosofía, as denominadas competencias filosóficas constituirían un conxunto de 
coñecementos, habilidades e actitudes directamente relacionadas co ensino da filosofía. Isto significa, 
que o ensino e a aprendizaxe da filosofía permitiría ao alumno adquirir e polo tanto por en práctica 
estas competencias. Nomeadamente, estamos a falar dunha competencia integrada polas seguintes 
dimensións: analítica e sintética, de argumentación, valorativa (ou ética, tamén denominada, 
axiolóxica), reflexiva e de avaliación da información. Evidentemente, ningunha destas competencias é 
exclusiva da filosofía, senón que tamén estarían presentes noutras disciplinas do currículo, pero sería a 
filosofía o saber capaz de aglutinalas a todas e de proporcionarlle, en tanto que conxunto, un valor 
engadido en termos cualitativos. 
CALES SON AS COMPETENCIAS QUE PODE ACHEGAR A FILOSOFÍA A UN ESTUDIANTE DE BACHARELATO? 
Para non facer unha análise pormenorizada desta denominada novena competencia, xa se teñen 
sinalado en numerosas ocasións por parte de pedagogos e filósofos os coñecementos, destrezas e 
valores que unha tal competencia filosófica podería aportar ao estudante. Por exemplo, un punto de 
vista crítico acerca dos produtos culturais da nosa actual sociedade, o fornecemento das bases para a 
xeración dun pensamento autónomo e reflexivo, a capacidade para elaborar argumentos e 
razoamentos formalmente correctos no plano lóxico e distinguir as falacias, por citar tan só algunhas 
das competencias máis repetidas. Pola miña parte, voume centrar nalgúns aspectos da dimensión 
analítica e sintética e cómo se pode ensinar, aprender e avaliar (repito, algúns dos seus aspectos) por 
medio da elaboración de mapas conceptuais. 
EXEMPLO DE INDICADORES PARA VALORAR O NIVEL DE ADQUISICIÓN DUNHA COMPETENCIA 
DIMENSIÓN: Analítico e sintética (a elaboración de Mapas Conceptuais) 
Descrición: A competencia filosófica na súa dimensión analítica e sintética implica a adquisición de 
coñecementos, destrezas e valores encamiñados ás seguintes aprendizaxes: asimilación de información 
complexa (en particular, a capacidade para a asimilación mediante a lectura comprensiva, especialmente, de 
textos filosóficos, pero tamén de textos de carácter científico, literario ou periodístico), habilidade para 
interpretar, analizar e criticar (ser quen de verter unha opinión persoal) textos de diferentes épocas e 
procedentes de diversas tradicións que integran os distintos elementos da cultura, capacidade para manexar 
terminoloxía ou vocabulario específico de índole filosófica, elaboración de resumes ou sínteses, interpretación 
de datos ou informacións recollidas nos variados soportes do saber (libros, prensa, internet, etcétera), 
precisión no pensamento e na análise e exposición con claridade de ideas e conceptos, apreciación da 
importancia de xerar esquemas e resumes no proceso de estudo de cara a unha aprendizaxe significativa. 
Dimensións Elementos Indicadores 
Coñecemento 
(o saber) 
Capacidade 
para utilizar 
terminoloxía e 
vocabulario 
filosóficos 
Asimilación e comprensión de vocabulario filosófico que se reflicte na 
integración da terminoloxía filosófica en exposicións orais e producións 
escritas de diversa índole (tanto en soporte analóxico como dixital). 
Recoñece, comprende e utiliza os conceptos clave que vertebran as 
principais teorías filosóficas que integran a Historia da Filosofía.
Destrezas 
(o saber facer) 
Asimilación de 
información 
complexa 
Habilidade para comprender textos de certa complexidade. 
Localiza e explica nun texto o tema principal, as teses máis relevantes e 
os conceptos clave. 
Capacidade de 
análise e 
síntese de 
textos 
Sabe traducir os aspectos principais da análise de textos (tema, teses e 
conceptos) nun esquema tipo mapa conceptual. 
Elabora esquemas, sínteses e resumes a partir de información escrita 
(textos filosóficos). 
Actitudes 
(o querer 
facer) 
Apreciación da 
importancia de 
xerar 
esquemas e 
resumes no 
proceso de 
estudo, debate 
e investigación 
académicas 
Usa esquemas e resumes á hora de estudar (recollidos no caderno de 
traballo), facer un exame ou desenvolver un proxecto de investigación ou 
en exposicións en clase. 
Amosa unha capacidade para saber facer compendios nos traballos de 
investigación extraendo as conclusións ao final da investigación. 
Nos debates é quen de recoñecer e resumir o núcleo dunha 
argumentación, tanto na propia como na dos demais participantes. 
Capacidade 
para expresar 
unha opinión 
persoal de 
carácter crítico 
sobre diversas 
producións 
culturais 
Expresa a súa valoración crítica con argumentos en debates, traballos e 
exames (por exemplo, no apartado “Valoración persoal” dos exames de 
selectividade). 
Localiza nos textos e nas teorías filosóficas os aspectos máis polémicos 
ou controvertidos e é capaz de elaborar unha opinión críti ca ao respecto. 
WEBGRAFÍA: 
http://aprenderapensar.net/repensar-la-educacion/ 
http://www.fundacionsantillana.com/programas-educativos/detalle/199/congreso-sobre-evaluacion-de-la-educacion- 
presentacion-de-piaac-y-resultados-de-pisa-en-brasil/ 
http://dehaquizgutierrez.files.wordpress.com/2011/01/el-desarrollo-de-competencias-filosc3b3ficas.pdf 
EXEMPLO DE INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS (Competencia analítica e sintética: 
elaboración de Mapas Conceptuais) 
Técnicas Instrumentos Descrición 
Observación, recollida de 
evidencias e control de traballo: 
Tarefa: Elaboración dun esquema 
tipo Mapa Conceptual. 
Tarefa de elaboración dun 
mapa conceptual a partir 
dun texto filosófico. 
O mapa recolle o tema, teses e conceptos 
principais do texto de xeito resumido ou 
esquemático. 
Os conceptos clave do texto aparecen 
organizados e amosando as conexións de 
relación ou oposición existentes entre 
eles. 
O deseño do mapa conceptual resulta 
claro e conciso. Trátase realmente dun 
esquema no que se sintetiza a 
información recollida no texto. 
VALORACIÓN CRÍTICA SOBRE AS COMPETENCIAS EN XERAL E SOBRE A COMPETENCIA FILOSÓFICA EN 
PARTICULAR: Sen esquecer o tempo e o contexto no que o discurso psicolóxico e pedagóxico sobre as 
competencias se converte en hexemónico no mundo educativo, tal e como xa ten sinalado a socioloxía da 
educación. Polo tanto, sen obviar a súa orixe, vinculada aos deseños e proxectos que axencias supranacionais
de natureza eminentemente económica elaboran para que sexan implantados no sistema educativo ao marxe 
do referendo dos gobernos e da cidadanía. A pesar disto, son favorable a un proceso educativo centrado na 
adquisición de competencias pola súa concreción afastada de consideracións metafísicas acerca do que significa 
aprender e ensinar. Adoptar esta posición tampouco implica necesariamente caer nun reducionismo positivista 
ou nunha actitude condutista que só pretenda valorar o observable, os feitos educativos. O que resulta valioso 
no discurso pedagóxico das competencias ten que ver coa noción de “saber executado”, co feito de que ensinar 
e aprender implica, non exclusivamente, pero si principalmente adquirir certas capacidades para poder facer 
cousas. Partir da base de que o importante é o saber facer, leva a planificar todo un conxunto de concretas 
estratexias para ensinar e aprender, avaliar e cualificar se se adquiriron ou non certas capacidades e de que 
modo e en que medida a planificación didáctica do profesor permitiu ou non o obxectivo da súa adquisición. 
Polo tanto, e con carácter xeral valoro como apropiado o modelo de ensino por competencias. Agora ben, como 
xa se ten indicado en numerosas ocasións, a cuestión do seu carácter transversal xera certas reticencias cando 
existe a sospeita que baixo esa atribución de competencia a aprender en diversas materias se poida agochar un 
intento non confesado por suprimir do currículo certos saberes. Con outras palabras, cabe pensar que de non 
existir nominalmente como disciplinas académicas tales saberes ficarían ausentes das aulas. Por exemplo, se 
ben recoñezo que unha reflexión crítica e moral de carácter ético non ten que ser necesariamente patrimonio 
exclusivo da filosofía ou da ética, temo que de no existir tales materias na escola perderíase a ocasión de que os 
alumnos reflexionasen criticamente sobre certas cuestións. O mesmo cabe dicir en relación á competencia 
filosófica, se debe atravesar todo o currículo, ¿para que necesitamos a filosofía? Certamente, non me move en 
absoluto un ánimo corporativista, non me preocupa a filosofía como materia per se, non habería obxección se 
puidésemos asegurar a permanencia dun saber filosófico, tal e como tradicionalmente foi formulado, nas 
disciplinas académicas do currículo escolar, como unha novena competencia presente en todas elas. Pero, iso é 
precisamente o que me cuestiono. Seguramente, de non existir a filosofía ou a ética como tales, os nosos 
centros de ensino non albergarían unha reflexión de tal natureza. 
Por outra parte, tamén teño certas dúbidas respecto da competencia filosófica en se mesma: ¿é exclusiva da 
filosofía?, ¿outros saberes non comparten algunhas das súas dimensións?, ¿algunhas dimensións, pero non 
todas? Preguntas que deixo enunciadas e que tal vez se poidan contestar noutra ocasión.

More Related Content

Similar to Mapas Conceptuais

A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosóficanexosfilosofia
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativonexosfilosofia
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galiciaangelesares
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xuntaceiparua
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicaslinguatics
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASoleiros
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivopremiogd
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicasguest5795fb9
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicascontidos
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeLuciano Fernández
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primariafpmoran
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01María Valbuena
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1María Valbuena
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1María Valbuena
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01María Valbuena
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correaceiparua
 

Similar to Mapas Conceptuais (20)

A competencia filosófica
A competencia filosóficaA competencia filosófica
A competencia filosófica
 
Traballo Por Competencias
Traballo Por CompetenciasTraballo Por Competencias
Traballo Por Competencias
 
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativocurso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
curso Didáctica da Filosofía e TIC. boletin informativo
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galicia
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
 
Competencias básicas
Competencias básicasCompetencias básicas
Competencias básicas
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
 
Ensaiosubversivo
EnsaiosubversivoEnsaiosubversivo
Ensaiosubversivo
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
 
Competencias Básicas
Competencias BásicasCompetencias Básicas
Competencias Básicas
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
2.  lexislación- os cambios da loe en primaria2.  lexislación- os cambios da loe en primaria
2. lexislación- os cambios da loe en primaria
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
 
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1Competenciasbasicas 1229192572616778-1
Competenciasbasicas 1229192572616778-1
 
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1Competenciasbasicas 1229591132114421-1
Competenciasbasicas 1229591132114421-1
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
Competenciasbasicas 100104120456-phpapp01
 
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias CorreaTraballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
Traballo por proxectos, de Azucena Arias Correa
 

More from nitilainho

Kate millett (katherine murray millet) (1)
Kate millett (katherine murray millet) (1)Kate millett (katherine murray millet) (1)
Kate millett (katherine murray millet) (1)nitilainho
 
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)Xornadas pensar politicamente presente (cartel)
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)nitilainho
 
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)nitilainho
 
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)nitilainho
 
O método do coñecemento científico e filosófico.
O método do coñecemento científico e filosófico.O método do coñecemento científico e filosófico.
O método do coñecemento científico e filosófico.nitilainho
 
Chantal Mouffe na Cidade da Cultura
Chantal Mouffe na Cidade da CulturaChantal Mouffe na Cidade da Cultura
Chantal Mouffe na Cidade da Culturanitilainho
 
Civil Disobedience by Hannah Arendt
Civil Disobedience by Hannah ArendtCivil Disobedience by Hannah Arendt
Civil Disobedience by Hannah Arendtnitilainho
 
Mapa Conceptual Política
Mapa Conceptual PolíticaMapa Conceptual Política
Mapa Conceptual Políticanitilainho
 
Mapa conceptual Rousseau
Mapa conceptual RousseauMapa conceptual Rousseau
Mapa conceptual Rousseaunitilainho
 
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...nitilainho
 
Ultimus romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus romanorum Juan A. González IglesiasUltimus romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus romanorum Juan A. González Iglesiasnitilainho
 
Ultimus Romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus Romanorum Juan A. González IglesiasUltimus Romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus Romanorum Juan A. González Iglesiasnitilainho
 
Cristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismoCristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismonitilainho
 
You light up my life
You light up my lifeYou light up my life
You light up my lifenitilainho
 
El mito de la violencia humana Ashley Montagu
El mito de la violencia humana   Ashley MontaguEl mito de la violencia humana   Ashley Montagu
El mito de la violencia humana Ashley Montagunitilainho
 
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolis
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona MetrópolisEntrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolis
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolisnitilainho
 
20 años perdida en la jungla de camboya edición impresa el país
20 años perdida en la jungla de camboya   edición impresa   el país20 años perdida en la jungla de camboya   edición impresa   el país
20 años perdida en la jungla de camboya edición impresa el paísnitilainho
 

More from nitilainho (17)

Kate millett (katherine murray millet) (1)
Kate millett (katherine murray millet) (1)Kate millett (katherine murray millet) (1)
Kate millett (katherine murray millet) (1)
 
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)Xornadas pensar politicamente presente (cartel)
Xornadas pensar politicamente presente (cartel)
 
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)
Rúbrica redacción estándar historia da filosofía (folla de cálculo)
 
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)
Rúbrica mapa conceptual (folla cálculo)
 
O método do coñecemento científico e filosófico.
O método do coñecemento científico e filosófico.O método do coñecemento científico e filosófico.
O método do coñecemento científico e filosófico.
 
Chantal Mouffe na Cidade da Cultura
Chantal Mouffe na Cidade da CulturaChantal Mouffe na Cidade da Cultura
Chantal Mouffe na Cidade da Cultura
 
Civil Disobedience by Hannah Arendt
Civil Disobedience by Hannah ArendtCivil Disobedience by Hannah Arendt
Civil Disobedience by Hannah Arendt
 
Mapa Conceptual Política
Mapa Conceptual PolíticaMapa Conceptual Política
Mapa Conceptual Política
 
Mapa conceptual Rousseau
Mapa conceptual RousseauMapa conceptual Rousseau
Mapa conceptual Rousseau
 
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...
IV Xornadas Pensar Politicamente o Presente IES. Antón Losada Diéguez (A Estr...
 
Ultimus romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus romanorum Juan A. González IglesiasUltimus romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus romanorum Juan A. González Iglesias
 
Ultimus Romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus Romanorum Juan A. González IglesiasUltimus Romanorum Juan A. González Iglesias
Ultimus Romanorum Juan A. González Iglesias
 
Cristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismoCristianismo e helenismo
Cristianismo e helenismo
 
You light up my life
You light up my lifeYou light up my life
You light up my life
 
El mito de la violencia humana Ashley Montagu
El mito de la violencia humana   Ashley MontaguEl mito de la violencia humana   Ashley Montagu
El mito de la violencia humana Ashley Montagu
 
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolis
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona MetrópolisEntrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolis
Entrevista a Chantal Mouffe na Revista Barcelona Metrópolis
 
20 años perdida en la jungla de camboya edición impresa el país
20 años perdida en la jungla de camboya   edición impresa   el país20 años perdida en la jungla de camboya   edición impresa   el país
20 años perdida en la jungla de camboya edición impresa el país
 

Mapas Conceptuais

  • 1. MAPAS CONCEPTUAIS QUE SON AS COMPETENCIAS FILOSÓFICAS? Con carácter xeral, as competencias son capacidades que o alumno foi quen de adquirir e polo tanto sabe (saber) usar. Polo tanto, as competencias atinxen ao que no ámbito educativo comunmente se denomina “saber executado”. Tales competencias posúen unha tripla vertente: os coñecementos (o que se sabe), as destrezas ou habilidades (o que se sabe facer) e as denominadas actitudes, emocións ou valores (o querer facer). Á hora de traballar na aula est as competencias, o educador debe tomar en consideración os criterios que lle permitan identificar a competencia e as súas vertentes, para o que é preciso atinar no deseño concreto da tarefa e nas necesarias estratexias de aprendizaxe, así como nos criterios de avaliación. No que atinxe á filosofía, as denominadas competencias filosóficas constituirían un conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes directamente relacionadas co ensino da filosofía. Isto significa, que o ensino e a aprendizaxe da filosofía permitiría ao alumno adquirir e polo tanto por en práctica estas competencias. Nomeadamente, estamos a falar dunha competencia integrada polas seguintes dimensións: analítica e sintética, de argumentación, valorativa (ou ética, tamén denominada, axiolóxica), reflexiva e de avaliación da información. Evidentemente, ningunha destas competencias é exclusiva da filosofía, senón que tamén estarían presentes noutras disciplinas do currículo, pero sería a filosofía o saber capaz de aglutinalas a todas e de proporcionarlle, en tanto que conxunto, un valor engadido en termos cualitativos. CALES SON AS COMPETENCIAS QUE PODE ACHEGAR A FILOSOFÍA A UN ESTUDIANTE DE BACHARELATO? Para non facer unha análise pormenorizada desta denominada novena competencia, xa se teñen sinalado en numerosas ocasións por parte de pedagogos e filósofos os coñecementos, destrezas e valores que unha tal competencia filosófica podería aportar ao estudante. Por exemplo, un punto de vista crítico acerca dos produtos culturais da nosa actual sociedade, o fornecemento das bases para a xeración dun pensamento autónomo e reflexivo, a capacidade para elaborar argumentos e razoamentos formalmente correctos no plano lóxico e distinguir as falacias, por citar tan só algunhas das competencias máis repetidas. Pola miña parte, voume centrar nalgúns aspectos da dimensión analítica e sintética e cómo se pode ensinar, aprender e avaliar (repito, algúns dos seus aspectos) por medio da elaboración de mapas conceptuais. EXEMPLO DE INDICADORES PARA VALORAR O NIVEL DE ADQUISICIÓN DUNHA COMPETENCIA DIMENSIÓN: Analítico e sintética (a elaboración de Mapas Conceptuais) Descrición: A competencia filosófica na súa dimensión analítica e sintética implica a adquisición de coñecementos, destrezas e valores encamiñados ás seguintes aprendizaxes: asimilación de información complexa (en particular, a capacidade para a asimilación mediante a lectura comprensiva, especialmente, de textos filosóficos, pero tamén de textos de carácter científico, literario ou periodístico), habilidade para interpretar, analizar e criticar (ser quen de verter unha opinión persoal) textos de diferentes épocas e procedentes de diversas tradicións que integran os distintos elementos da cultura, capacidade para manexar terminoloxía ou vocabulario específico de índole filosófica, elaboración de resumes ou sínteses, interpretación de datos ou informacións recollidas nos variados soportes do saber (libros, prensa, internet, etcétera), precisión no pensamento e na análise e exposición con claridade de ideas e conceptos, apreciación da importancia de xerar esquemas e resumes no proceso de estudo de cara a unha aprendizaxe significativa. Dimensións Elementos Indicadores Coñecemento (o saber) Capacidade para utilizar terminoloxía e vocabulario filosóficos Asimilación e comprensión de vocabulario filosófico que se reflicte na integración da terminoloxía filosófica en exposicións orais e producións escritas de diversa índole (tanto en soporte analóxico como dixital). Recoñece, comprende e utiliza os conceptos clave que vertebran as principais teorías filosóficas que integran a Historia da Filosofía.
  • 2. Destrezas (o saber facer) Asimilación de información complexa Habilidade para comprender textos de certa complexidade. Localiza e explica nun texto o tema principal, as teses máis relevantes e os conceptos clave. Capacidade de análise e síntese de textos Sabe traducir os aspectos principais da análise de textos (tema, teses e conceptos) nun esquema tipo mapa conceptual. Elabora esquemas, sínteses e resumes a partir de información escrita (textos filosóficos). Actitudes (o querer facer) Apreciación da importancia de xerar esquemas e resumes no proceso de estudo, debate e investigación académicas Usa esquemas e resumes á hora de estudar (recollidos no caderno de traballo), facer un exame ou desenvolver un proxecto de investigación ou en exposicións en clase. Amosa unha capacidade para saber facer compendios nos traballos de investigación extraendo as conclusións ao final da investigación. Nos debates é quen de recoñecer e resumir o núcleo dunha argumentación, tanto na propia como na dos demais participantes. Capacidade para expresar unha opinión persoal de carácter crítico sobre diversas producións culturais Expresa a súa valoración crítica con argumentos en debates, traballos e exames (por exemplo, no apartado “Valoración persoal” dos exames de selectividade). Localiza nos textos e nas teorías filosóficas os aspectos máis polémicos ou controvertidos e é capaz de elaborar unha opinión críti ca ao respecto. WEBGRAFÍA: http://aprenderapensar.net/repensar-la-educacion/ http://www.fundacionsantillana.com/programas-educativos/detalle/199/congreso-sobre-evaluacion-de-la-educacion- presentacion-de-piaac-y-resultados-de-pisa-en-brasil/ http://dehaquizgutierrez.files.wordpress.com/2011/01/el-desarrollo-de-competencias-filosc3b3ficas.pdf EXEMPLO DE INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN DAS COMPETENCIAS (Competencia analítica e sintética: elaboración de Mapas Conceptuais) Técnicas Instrumentos Descrición Observación, recollida de evidencias e control de traballo: Tarefa: Elaboración dun esquema tipo Mapa Conceptual. Tarefa de elaboración dun mapa conceptual a partir dun texto filosófico. O mapa recolle o tema, teses e conceptos principais do texto de xeito resumido ou esquemático. Os conceptos clave do texto aparecen organizados e amosando as conexións de relación ou oposición existentes entre eles. O deseño do mapa conceptual resulta claro e conciso. Trátase realmente dun esquema no que se sintetiza a información recollida no texto. VALORACIÓN CRÍTICA SOBRE AS COMPETENCIAS EN XERAL E SOBRE A COMPETENCIA FILOSÓFICA EN PARTICULAR: Sen esquecer o tempo e o contexto no que o discurso psicolóxico e pedagóxico sobre as competencias se converte en hexemónico no mundo educativo, tal e como xa ten sinalado a socioloxía da educación. Polo tanto, sen obviar a súa orixe, vinculada aos deseños e proxectos que axencias supranacionais
  • 3. de natureza eminentemente económica elaboran para que sexan implantados no sistema educativo ao marxe do referendo dos gobernos e da cidadanía. A pesar disto, son favorable a un proceso educativo centrado na adquisición de competencias pola súa concreción afastada de consideracións metafísicas acerca do que significa aprender e ensinar. Adoptar esta posición tampouco implica necesariamente caer nun reducionismo positivista ou nunha actitude condutista que só pretenda valorar o observable, os feitos educativos. O que resulta valioso no discurso pedagóxico das competencias ten que ver coa noción de “saber executado”, co feito de que ensinar e aprender implica, non exclusivamente, pero si principalmente adquirir certas capacidades para poder facer cousas. Partir da base de que o importante é o saber facer, leva a planificar todo un conxunto de concretas estratexias para ensinar e aprender, avaliar e cualificar se se adquiriron ou non certas capacidades e de que modo e en que medida a planificación didáctica do profesor permitiu ou non o obxectivo da súa adquisición. Polo tanto, e con carácter xeral valoro como apropiado o modelo de ensino por competencias. Agora ben, como xa se ten indicado en numerosas ocasións, a cuestión do seu carácter transversal xera certas reticencias cando existe a sospeita que baixo esa atribución de competencia a aprender en diversas materias se poida agochar un intento non confesado por suprimir do currículo certos saberes. Con outras palabras, cabe pensar que de non existir nominalmente como disciplinas académicas tales saberes ficarían ausentes das aulas. Por exemplo, se ben recoñezo que unha reflexión crítica e moral de carácter ético non ten que ser necesariamente patrimonio exclusivo da filosofía ou da ética, temo que de no existir tales materias na escola perderíase a ocasión de que os alumnos reflexionasen criticamente sobre certas cuestións. O mesmo cabe dicir en relación á competencia filosófica, se debe atravesar todo o currículo, ¿para que necesitamos a filosofía? Certamente, non me move en absoluto un ánimo corporativista, non me preocupa a filosofía como materia per se, non habería obxección se puidésemos asegurar a permanencia dun saber filosófico, tal e como tradicionalmente foi formulado, nas disciplinas académicas do currículo escolar, como unha novena competencia presente en todas elas. Pero, iso é precisamente o que me cuestiono. Seguramente, de non existir a filosofía ou a ética como tales, os nosos centros de ensino non albergarían unha reflexión de tal natureza. Por outra parte, tamén teño certas dúbidas respecto da competencia filosófica en se mesma: ¿é exclusiva da filosofía?, ¿outros saberes non comparten algunhas das súas dimensións?, ¿algunhas dimensións, pero non todas? Preguntas que deixo enunciadas e que tal vez se poidan contestar noutra ocasión.