SlideShare a Scribd company logo
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                                  Blanca Cortizas


                                     OPENOFFICE CALC

       É un programa do paquete ofimático, OpenOffice.org, que facilítanos a realización
de cálculos rápidos manexando unha grande cantidade de datos, e poder visualizalos
mediante gráficos, estatísticas.....
      Nós podemos empregalo, nas plantillas das diferentes notas dos nosos alumnos,
facendo un promedio, unha porcentaxe... de certas notas e calculando a nota final.
       Tamén podemos facer a memoria final de curso, empregando os datos das notas e
realizando estatísticas de aprobados, suspensos... así como, presentando os resultados
con distintos tipos de gráficos.
       Acceder a OpenOffice Calc
Podemos acceder de varias formas:
   •   Inicio—Programas----OpenOffice----Clic en OpenOfficeCalc.
   •   Clic na icona do OpenOffice.org do Escritorio e Clic en OpenOfficeCalc.
   •   Clic na icona de OpenOfficeCalc se a temos no escritorio.


       ABRIR E GARDAR FOLLAS DE CÁLCULO


A ventá principal deste programa é
                                            Barra de menú                 Barras de ferramentas
                Barra de título




                        Barra de fórmulas




                                                       Área de traballo




                                              Barra de estado




                                                                                                      1
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                     Blanca Cortizas


Unha folla de cálculo está composta á súa vez por varias follas. Por defecto, ao crear unha
folla de cálculo aparecen tres follas, podéndose apreciar debido ás pestanas que aparecen
enriba da barra de estado.
Vemos, polo tanto, que cada folla de cálculo pode conter varias follas e cada unha destas
follas a podemos utilizar para o que mellor nos conveña. Por exemplo, poderiamos dicir
que a folla de cálculo é como unha carpeta na que nós gardamos documentos de varios
tipos: facturas, recibos, contratos... que no noso caso serán cada unha das follas.

Podemos abrir unha folla de cálculo xa existente, ou ben unha nova, se máis que
seleccionar na barra de menú: Archivo, abríndose o seguinte cadro:




O mesmo menú contextual serviranos para gardar a folla de cáclulo: en Gardar ou
Gardar como.


Tamén podemos empregar as iconas das barras de ferramentas, que son similares en
todolos programas de OpenOffice.



                     Abrir                 Guardar


O arquivo desta folla de cálculo ten extensión por defecto .ods; pero na opción guardar
como, podemos cambiala extensión e gardalo noutro formato.


                                                                                          2
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                 Blanca Cortizas



Para salir temos a opción do menú: Arquivo---Terminar
      ou coa icona

      ou coas combinancións das teclas Ctrl+Q ou Alt+F4.




      EDICIÓN DE CELAS


Cada unha das follas das que está composta unha folla de cálculo divídese en filas e
columnas.
As filas identifícanse por un número e as columnas por unha letra. A intersección
dunha fila e unha columna recibe o nome de cela, e identifícase pola combinación de
letra e número correspondentes á columna e fila ás que pertence.
Na Barra de fórmulas encontraremos a referencia da cela na que nos encontramos. Se
facemos clic nas diferentes celas veremos como este indicador varía.




               Celda A9




Para desprazarnos pola folla dispoñemos das barras de desprazamento, tanto vertical
como horizontal.
Se pulsamos nas frechas que aparecen nos extremos, desprazarémonos nesa dirección, ao
longo das columnas se é a barra horizontal e ao longo das filas se é na barra vertical.
Se arrastramos o cadro de desprazamento moverémonos máis rápido e en proporción ao


                                                                                       3
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas

tramo arrastrado. Ademais, cando o facemos desta última forma, aparece unha pequena
mensaxe que nos informa da fila ou columna en quedarémola situados ao soltar o rato .


Práctica:
       1. Selecciona unha cela.
       2. Comprueba como se nos vai indicando a referencia da cela que temos activa.
       3. Navega pola folla usando as barras de desprazamento.



       INTRODUCIR DATOS
      Introducir información en Calc é sinxelo. Abonda con dirixir o cursor á cela que
desexemos, seleccionala e inserir a información.
      Conforme o facemos a barra de fórmulas activarase. A partir deste momento
poderemos modificar o contido da cela tamén dende a devandita barra:




Os botóns que aparecen servirannos para        cancelar os datos introducidos, e para
    validar os devanditos datos.

                                                                                         4
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                   Blanca Cortizas

Unha vez introducido o dato en cuestión, abonda con pulsar o botón   de validación
ou o que é máis simple, a tecla Intro.
 No caso de que desexemos cancelar a introdución de algún dos datos, podemos facer un
clic sobre a icona cancelar   ou pulsar a tecla Esc.

Basicamente, os tipo de datos que imos introducir serán: números, texto, datas e horas. A
forma en que serán tratados dependerá do formato concreto que se lle aplicase á cela e
que será tratado posteriormente neste curso.
. Número: é calquera combinación de díxitos.
. Data: as datas posuirán un esquema de día, mes e ano que se deberá seguir.
. Hora: ao igual que as datas, as horas posuirán un esquema para a súa introdución.
. Texto: Texto será para Calc toda aquela cadea de carácteres que non poida interpretar
como un dato doutro tipo.
. Fórmulas: Independentemente do tipo de datos que introducísemos, a folla de
cálculo pode interpretar de dúas maneiras diferentes a información introducida:
       . pode tratarse dun dato introducido directamente nunha cela, xa sexa
número, texto...
       . pode ser unha fórmula, xa sexa secuencia de valores, referencia a outras celas,
funcións producidas a partir doutros valores existentes, etc.

       As fórmulas empezarán sempre co signo de igual (=). Por exemplo, se queremos
introducir nunha cela a operación 2+2, poñeremos =2+2 .
       Na cela só aparecerá o resultado unha vez aceptemos a introdución do valor,
pero en cambio, e isto é importante, na barra de fórmulas se aparecerá a fórmula
que contén oculta esa cela.




                                                                                        5
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                     Blanca Cortizas

En moitas ocasións necesitaremos introducir nunha fórmula o valor que adopta outra cela.
Nestes caso, introduciremos simplemente a referencia desa cela, como se mostra na
imaxe.




A cela D5, que é a cela activa, posúe o valor 9, pero como mencionamos anteriormente
na barra de fórmulas aparece a expresión que dá orixe a ese valor (neste caso 5 máis o
valor da cela B4).
 Se na cela B4 existise outra fórmula, Calc só toma o valor que se reflicte na cela, con
independencia de se a súa orixe é unha fórmula ou un valor directamente.

   •   Operadores
       Se se combinan varios operadores nunha única fórmula, Calc executará as
       operacións na orde que se indica na táboa que se mostra a continuación.
       Se unha fórmula contén operadores co mesmo precedente (por exemplo, se unha
       fórmula contén un operador de multiplicación e outro de división) Calc avaliará os
       operadores de esquerda a dereita. Para cambiar a orde de avaliación escribiremos
       entre paréntese a parte da fórmula que se calculará en primeiro lugar.
       Operador                       Descrición
        -                            Negación (como en -1)
        %                            Porcentaxe
        ^                            Expoñente
        *e/                          Multiplicación e división
        +e-                           Suma e resta
        &                             Conecta dúas cadeas de texto (concatenación)
       = < > <= >=                    Comparación (igual, menor que,
        <>                              maior que, menor ou igual que,
                                        maior ou igual que, diferente

Regras á hora de introducir datos
     . Pódense incluír puntos (por exemplo, podemos escribir 1.000.000).
     . Unha soa coma nunha cifra será considerada como entrada decimal (é dicir,

                                                                                            6
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas

podemos escribir 123,50).
       . Os signos de suma diante dos números serán ignorados.
       . Os números negativos deberán ter incorporado o signo de menos (-) ou estar
entre paréntese.
       . Se escribimos dúas cifras separadas por unha barra (/) Calc interpretará que se
trata dunha data (1/2 será o un de febreiro), a non ser que poñamos o signo de igual
diante, en cuxo caso interpretarase como unha división.

1º Exercicio
      1.Introducimos texto nunha cela.
      2.Modificamos o texto na barra de fórmulas e pulsamos validar.
      3.Introducimos unha fórmula noutra cela (=3+2) e pulsamos o botón validar.
      4.Nunha terceira cela introducimos a expresión =4+
      5.Facemos clic co rato á cela que lle queiramos sumar á expresión anterior.
      6.Pulsamos o botón Validar.



      SELECCIONAR CELAS
Seleccionar unha cela é tan simple como facer clic sobre ela. Cando unha cela se encontra
seleccionada dise que a cela está activa. A cela activa aparecerá como un bordo máis
groso e a súa referencia aparecerá na área de folla da barra de fórmulas.




 Tamén podemos realizar a selección facendo uso das teclas de dirección do cursor; con
elas poderémonos ir desprazando polas celas da folla.
 Un rango de celas é un conxunto de celas . A forma de designar un rango é
utilizando o nome da primeira cela (en caso dun rango rectangular, a cela da esquina


                                                                                           7
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                     Blanca Cortizas

superior esquerda) seguida por dous puntos e o nome da última cela (esquina inferior
dereita).
Para seleccionar un rango temos varias opcións:
       . Unha primeira opción é arrastrando o rato. Para iso, en primeiro lugar activamos a
primeira cela do rango (recordemos que isto se facía realizando un clic de rato sobre
a devandita cela) e, sen soltar o botón do rato, arrastramos ata a última cela e unha vez
que o rango desexado apareza marcado, soltamos o rato.
       . Outra opción é seleccionar a primeira cela do rango (neste caso si podemos soltar
o rato) e, unha vez esta encóntrese activa, pulsamos a tecla Mayus e, sen soltala,
seleccionamos a última cela do rango.
       . Tamén é posible seleccionar un rango, colocando directamente na área de folla da
barra de fórmulas a referencia do rango, tras o cal pulsamos a tecla Intro.
Por exemplo:




Para seleccionar unha fila ou columna enteira faremos un clic co rato sobre a letra ou
número da columna ou fila. Deste modo quedará seleccionada na súa totalidade, ou ben
clic co rato nunha cela e arrastrar sobre as demáis celas a seleccionar.




                                                                                          8
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas

Se queremos combinar varias celas (unir) seleccionamos as celas e clicamos no botón
da barra de ferramentas




Tamén, dende a barra do menú, en Formato---Combinar celas


      Dar formato ás celas
Selecciónanse as celas e clic en Formato----Celas




Temos as diferentes opcións, formato de números, fontes, alineación, bordes das celas.....

                                                                                         9
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas




MODIFICAR O TAMAÑO
   •   Modificar o alto das filas
       Por defecto, Calc axusta a altura da fila ao contido desta. Pero en certas ocasións
       nos pode interesar aplicar un alto diferente. Isto podémolo facer de varias formas:
       ◦ Se achegamos o cursor ata a marxe dereita, na zona na que aparece a
          numeración das filas e situámolo xunto na unión de dúas filas, o cursor
          cambiará de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na
          imaxe. Se neste momento arrastramos cara a abaixo e cara a arriba,
          modificaremos a altura da fila




   •          Se sabemos o valor exacto da altura da fila, no menú Formato, elixiremos
       a opción Fila e no seguinte despregable Alto... Tras isto apareceranos un cadro de
       dialogo que pídenos o valor da altura da fila.




                                                                                        10
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas




   •   Modificar o ancho das columnas.
       Ao igual que vimos para as filas co Alto, a columnas poden ser axustadas no
       ancho.
       Non obstante, existe unha diferenza fundamental, xa que o ancho da columna non
       se axusta automaticamente por defecto ao contido da cela. Se o contido non cabe
       na cela, este invadirá a cela contigua, sempre que estea baleira, no caso contrario
       os datos quedarán ocultos.
       Nós podemos axustar o ancho da columna das seguintes formas:
       . Se achegamos o cursor ata a parte superior, na zona na que aparecen as letras
       que designan as columnas e situámolo na unión de dúas columnas, o cursor
       cambia de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na imaxe.
       Se neste momento arrastramos cara a dereita e esquerda, modificaremos a
       anchura da columna




       .Se sabemos o valor exacto da anchura da columna, no menú Formato, elixiremos
       o comando Columna e no seguinte despregable Ancho... Tras isto apareceranos
       un cadro de dialogo que nos pide o valor da anchura da columna.

                                                                                        11
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                Blanca Cortizas




Podemos adaptar a anchura dunha columna ás necesidades específicas do contido das
celas.

Unha vez, que temos deseñada a táboa, tal como a queremos, xa podemos traballar ,
introducindo datos, fórmulas....




                                                                                    12
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                    Blanca Cortizas




        TRABALLANDO CON FÓRMULAS

Dentro da barra de fórmulas temos 3 iconas segundo a orde:

.       Asistente para funcións: Esta icona activa o asistente para funcións,
        que nos permite utilizar funcións matemáticas de diferente índole dentro
        da nosa folla de cálculo.

.       Rexeitar. Esta icona, restaura o contido da cela ao seu valor inicial.
            Deste modo non introdúcense os datos e a cela seguirá co valor
            que tiña. Ao pulsar sobre esta icona a cela activa seguirá sendo a
            mesma e non se produce ningún desprazamento.
    •     Aplicar: É o botón coa marca de verificar verde da barra de fórmulas;
          ao facer clic sobre el valídase o valor para introducilo na cela.



EXERCICIO

Con esta información,faremos o seguinte exercicio que é moi útil para o control dos
exames, notas de traballos, e actitudes dos nosos alumnos.


Tomamos como referencia o exercicio que fixemos en Writer do listado dos noso
alumnado.
Deseñamos unha táboa como a seguinte pero cada quen pode modificala como queira

Na que temos aquí, consideramos unha valoración do 45% a nota do exame, un 30% nota
do traballo e un 25% a nota da actitude, polo tanto, a nota final a calcula o programa
considerando a fórmula introducida na 1ª cela debaixo da Nota fina (F3)l.
Podemos introducir a fórmula na casilla correspondente como:


e despois, situándonos na cela no extremo inferior dereito, arrastramos cara abaixo e a
fórmula se copiará en cada cela.




                                                                                          13
ProxectoAbalar-CPI-Ares                                                Blanca Cortizas




Así, agora xa podemos introducir os datos do noso alumnado, e automáticamente teremos
xa as notas finais.
Por exemplo:




                                                                                   14

More Related Content

Similar to Folladecálculo1

Folla de calculo_calc
Folla de calculo_calcFolla de calculo_calc
Folla de calculo_calc
Jose López Villar
 
Contas con calc
Contas con calcContas con calc
Contas con calc
Jose López Villar
 
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Juan Marcos Filgueira
 
LibreOffice Impress. Presentacións (1)
LibreOffice Impress. Presentacións (1)LibreOffice Impress. Presentacións (1)
LibreOffice Impress. Presentacións (1)
carloscampostic
 
Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice
Beatriz GM
 

Similar to Folladecálculo1 (11)

DFD
DFDDFD
DFD
 
Folla de calculo_calc
Folla de calculo_calcFolla de calculo_calc
Folla de calculo_calc
 
Anexo ii
Anexo iiAnexo ii
Anexo ii
 
Contas con calc
Contas con calcContas con calc
Contas con calc
 
Html
HtmlHtml
Html
 
Html
HtmlHtml
Html
 
Html
HtmlHtml
Html
 
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
Writer: Creación e edición de documentos de texto (Galego)
 
Exerc oow3
Exerc oow3Exerc oow3
Exerc oow3
 
LibreOffice Impress. Presentacións (1)
LibreOffice Impress. Presentacións (1)LibreOffice Impress. Presentacións (1)
LibreOffice Impress. Presentacións (1)
 
Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice Titorial writer de libreoffice
Titorial writer de libreoffice
 

More from BlancaCortizas

Libro do profesorado
Libro do profesoradoLibro do profesorado
Libro do profesorado
BlancaCortizas
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Exercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriterExercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriterBlancaCortizas
 
Plan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-aresPlan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-aresBlancaCortizas
 
Ficha 1
Ficha 1Ficha 1

More from BlancaCortizas (7)

Libro do profesorado
Libro do profesoradoLibro do profesorado
Libro do profesorado
 
Hiperenlaces
HiperenlacesHiperenlaces
Hiperenlaces
 
Ex oo2
Ex oo2Ex oo2
Ex oo2
 
Ficha 2
Ficha 2Ficha 2
Ficha 2
 
Exercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriterExercicios openofficewriter
Exercicios openofficewriter
 
Plan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-aresPlan obradoiro abalar-ares
Plan obradoiro abalar-ares
 
Ficha 1
Ficha 1Ficha 1
Ficha 1
 

Folladecálculo1

  • 1. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas OPENOFFICE CALC É un programa do paquete ofimático, OpenOffice.org, que facilítanos a realización de cálculos rápidos manexando unha grande cantidade de datos, e poder visualizalos mediante gráficos, estatísticas..... Nós podemos empregalo, nas plantillas das diferentes notas dos nosos alumnos, facendo un promedio, unha porcentaxe... de certas notas e calculando a nota final. Tamén podemos facer a memoria final de curso, empregando os datos das notas e realizando estatísticas de aprobados, suspensos... así como, presentando os resultados con distintos tipos de gráficos. Acceder a OpenOffice Calc Podemos acceder de varias formas: • Inicio—Programas----OpenOffice----Clic en OpenOfficeCalc. • Clic na icona do OpenOffice.org do Escritorio e Clic en OpenOfficeCalc. • Clic na icona de OpenOfficeCalc se a temos no escritorio. ABRIR E GARDAR FOLLAS DE CÁLCULO A ventá principal deste programa é Barra de menú Barras de ferramentas Barra de título Barra de fórmulas Área de traballo Barra de estado 1
  • 2. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Unha folla de cálculo está composta á súa vez por varias follas. Por defecto, ao crear unha folla de cálculo aparecen tres follas, podéndose apreciar debido ás pestanas que aparecen enriba da barra de estado. Vemos, polo tanto, que cada folla de cálculo pode conter varias follas e cada unha destas follas a podemos utilizar para o que mellor nos conveña. Por exemplo, poderiamos dicir que a folla de cálculo é como unha carpeta na que nós gardamos documentos de varios tipos: facturas, recibos, contratos... que no noso caso serán cada unha das follas. Podemos abrir unha folla de cálculo xa existente, ou ben unha nova, se máis que seleccionar na barra de menú: Archivo, abríndose o seguinte cadro: O mesmo menú contextual serviranos para gardar a folla de cáclulo: en Gardar ou Gardar como. Tamén podemos empregar as iconas das barras de ferramentas, que son similares en todolos programas de OpenOffice. Abrir Guardar O arquivo desta folla de cálculo ten extensión por defecto .ods; pero na opción guardar como, podemos cambiala extensión e gardalo noutro formato. 2
  • 3. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Para salir temos a opción do menú: Arquivo---Terminar ou coa icona ou coas combinancións das teclas Ctrl+Q ou Alt+F4. EDICIÓN DE CELAS Cada unha das follas das que está composta unha folla de cálculo divídese en filas e columnas. As filas identifícanse por un número e as columnas por unha letra. A intersección dunha fila e unha columna recibe o nome de cela, e identifícase pola combinación de letra e número correspondentes á columna e fila ás que pertence. Na Barra de fórmulas encontraremos a referencia da cela na que nos encontramos. Se facemos clic nas diferentes celas veremos como este indicador varía. Celda A9 Para desprazarnos pola folla dispoñemos das barras de desprazamento, tanto vertical como horizontal. Se pulsamos nas frechas que aparecen nos extremos, desprazarémonos nesa dirección, ao longo das columnas se é a barra horizontal e ao longo das filas se é na barra vertical. Se arrastramos o cadro de desprazamento moverémonos máis rápido e en proporción ao 3
  • 4. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas tramo arrastrado. Ademais, cando o facemos desta última forma, aparece unha pequena mensaxe que nos informa da fila ou columna en quedarémola situados ao soltar o rato . Práctica: 1. Selecciona unha cela. 2. Comprueba como se nos vai indicando a referencia da cela que temos activa. 3. Navega pola folla usando as barras de desprazamento. INTRODUCIR DATOS Introducir información en Calc é sinxelo. Abonda con dirixir o cursor á cela que desexemos, seleccionala e inserir a información. Conforme o facemos a barra de fórmulas activarase. A partir deste momento poderemos modificar o contido da cela tamén dende a devandita barra: Os botóns que aparecen servirannos para cancelar os datos introducidos, e para validar os devanditos datos. 4
  • 5. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Unha vez introducido o dato en cuestión, abonda con pulsar o botón de validación ou o que é máis simple, a tecla Intro. No caso de que desexemos cancelar a introdución de algún dos datos, podemos facer un clic sobre a icona cancelar ou pulsar a tecla Esc. Basicamente, os tipo de datos que imos introducir serán: números, texto, datas e horas. A forma en que serán tratados dependerá do formato concreto que se lle aplicase á cela e que será tratado posteriormente neste curso. . Número: é calquera combinación de díxitos. . Data: as datas posuirán un esquema de día, mes e ano que se deberá seguir. . Hora: ao igual que as datas, as horas posuirán un esquema para a súa introdución. . Texto: Texto será para Calc toda aquela cadea de carácteres que non poida interpretar como un dato doutro tipo. . Fórmulas: Independentemente do tipo de datos que introducísemos, a folla de cálculo pode interpretar de dúas maneiras diferentes a información introducida: . pode tratarse dun dato introducido directamente nunha cela, xa sexa número, texto... . pode ser unha fórmula, xa sexa secuencia de valores, referencia a outras celas, funcións producidas a partir doutros valores existentes, etc. As fórmulas empezarán sempre co signo de igual (=). Por exemplo, se queremos introducir nunha cela a operación 2+2, poñeremos =2+2 . Na cela só aparecerá o resultado unha vez aceptemos a introdución do valor, pero en cambio, e isto é importante, na barra de fórmulas se aparecerá a fórmula que contén oculta esa cela. 5
  • 6. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas En moitas ocasións necesitaremos introducir nunha fórmula o valor que adopta outra cela. Nestes caso, introduciremos simplemente a referencia desa cela, como se mostra na imaxe. A cela D5, que é a cela activa, posúe o valor 9, pero como mencionamos anteriormente na barra de fórmulas aparece a expresión que dá orixe a ese valor (neste caso 5 máis o valor da cela B4). Se na cela B4 existise outra fórmula, Calc só toma o valor que se reflicte na cela, con independencia de se a súa orixe é unha fórmula ou un valor directamente. • Operadores Se se combinan varios operadores nunha única fórmula, Calc executará as operacións na orde que se indica na táboa que se mostra a continuación. Se unha fórmula contén operadores co mesmo precedente (por exemplo, se unha fórmula contén un operador de multiplicación e outro de división) Calc avaliará os operadores de esquerda a dereita. Para cambiar a orde de avaliación escribiremos entre paréntese a parte da fórmula que se calculará en primeiro lugar. Operador Descrición - Negación (como en -1) % Porcentaxe ^ Expoñente *e/ Multiplicación e división +e- Suma e resta & Conecta dúas cadeas de texto (concatenación) = < > <= >= Comparación (igual, menor que, <> maior que, menor ou igual que, maior ou igual que, diferente Regras á hora de introducir datos . Pódense incluír puntos (por exemplo, podemos escribir 1.000.000). . Unha soa coma nunha cifra será considerada como entrada decimal (é dicir, 6
  • 7. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas podemos escribir 123,50). . Os signos de suma diante dos números serán ignorados. . Os números negativos deberán ter incorporado o signo de menos (-) ou estar entre paréntese. . Se escribimos dúas cifras separadas por unha barra (/) Calc interpretará que se trata dunha data (1/2 será o un de febreiro), a non ser que poñamos o signo de igual diante, en cuxo caso interpretarase como unha división. 1º Exercicio 1.Introducimos texto nunha cela. 2.Modificamos o texto na barra de fórmulas e pulsamos validar. 3.Introducimos unha fórmula noutra cela (=3+2) e pulsamos o botón validar. 4.Nunha terceira cela introducimos a expresión =4+ 5.Facemos clic co rato á cela que lle queiramos sumar á expresión anterior. 6.Pulsamos o botón Validar. SELECCIONAR CELAS Seleccionar unha cela é tan simple como facer clic sobre ela. Cando unha cela se encontra seleccionada dise que a cela está activa. A cela activa aparecerá como un bordo máis groso e a súa referencia aparecerá na área de folla da barra de fórmulas. Tamén podemos realizar a selección facendo uso das teclas de dirección do cursor; con elas poderémonos ir desprazando polas celas da folla. Un rango de celas é un conxunto de celas . A forma de designar un rango é utilizando o nome da primeira cela (en caso dun rango rectangular, a cela da esquina 7
  • 8. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas superior esquerda) seguida por dous puntos e o nome da última cela (esquina inferior dereita). Para seleccionar un rango temos varias opcións: . Unha primeira opción é arrastrando o rato. Para iso, en primeiro lugar activamos a primeira cela do rango (recordemos que isto se facía realizando un clic de rato sobre a devandita cela) e, sen soltar o botón do rato, arrastramos ata a última cela e unha vez que o rango desexado apareza marcado, soltamos o rato. . Outra opción é seleccionar a primeira cela do rango (neste caso si podemos soltar o rato) e, unha vez esta encóntrese activa, pulsamos a tecla Mayus e, sen soltala, seleccionamos a última cela do rango. . Tamén é posible seleccionar un rango, colocando directamente na área de folla da barra de fórmulas a referencia do rango, tras o cal pulsamos a tecla Intro. Por exemplo: Para seleccionar unha fila ou columna enteira faremos un clic co rato sobre a letra ou número da columna ou fila. Deste modo quedará seleccionada na súa totalidade, ou ben clic co rato nunha cela e arrastrar sobre as demáis celas a seleccionar. 8
  • 9. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Se queremos combinar varias celas (unir) seleccionamos as celas e clicamos no botón da barra de ferramentas Tamén, dende a barra do menú, en Formato---Combinar celas Dar formato ás celas Selecciónanse as celas e clic en Formato----Celas Temos as diferentes opcións, formato de números, fontes, alineación, bordes das celas..... 9
  • 10. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas MODIFICAR O TAMAÑO • Modificar o alto das filas Por defecto, Calc axusta a altura da fila ao contido desta. Pero en certas ocasións nos pode interesar aplicar un alto diferente. Isto podémolo facer de varias formas: ◦ Se achegamos o cursor ata a marxe dereita, na zona na que aparece a numeración das filas e situámolo xunto na unión de dúas filas, o cursor cambiará de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na imaxe. Se neste momento arrastramos cara a abaixo e cara a arriba, modificaremos a altura da fila • Se sabemos o valor exacto da altura da fila, no menú Formato, elixiremos a opción Fila e no seguinte despregable Alto... Tras isto apareceranos un cadro de dialogo que pídenos o valor da altura da fila. 10
  • 11. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas • Modificar o ancho das columnas. Ao igual que vimos para as filas co Alto, a columnas poden ser axustadas no ancho. Non obstante, existe unha diferenza fundamental, xa que o ancho da columna non se axusta automaticamente por defecto ao contido da cela. Se o contido non cabe na cela, este invadirá a cela contigua, sempre que estea baleira, no caso contrario os datos quedarán ocultos. Nós podemos axustar o ancho da columna das seguintes formas: . Se achegamos o cursor ata a parte superior, na zona na que aparecen as letras que designan as columnas e situámolo na unión de dúas columnas, o cursor cambia de aparencia, adoptando a dunha frecha dobre, como aparece na imaxe. Se neste momento arrastramos cara a dereita e esquerda, modificaremos a anchura da columna .Se sabemos o valor exacto da anchura da columna, no menú Formato, elixiremos o comando Columna e no seguinte despregable Ancho... Tras isto apareceranos un cadro de dialogo que nos pide o valor da anchura da columna. 11
  • 12. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Podemos adaptar a anchura dunha columna ás necesidades específicas do contido das celas. Unha vez, que temos deseñada a táboa, tal como a queremos, xa podemos traballar , introducindo datos, fórmulas.... 12
  • 13. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas TRABALLANDO CON FÓRMULAS Dentro da barra de fórmulas temos 3 iconas segundo a orde: . Asistente para funcións: Esta icona activa o asistente para funcións, que nos permite utilizar funcións matemáticas de diferente índole dentro da nosa folla de cálculo. . Rexeitar. Esta icona, restaura o contido da cela ao seu valor inicial. Deste modo non introdúcense os datos e a cela seguirá co valor que tiña. Ao pulsar sobre esta icona a cela activa seguirá sendo a mesma e non se produce ningún desprazamento. • Aplicar: É o botón coa marca de verificar verde da barra de fórmulas; ao facer clic sobre el valídase o valor para introducilo na cela. EXERCICIO Con esta información,faremos o seguinte exercicio que é moi útil para o control dos exames, notas de traballos, e actitudes dos nosos alumnos. Tomamos como referencia o exercicio que fixemos en Writer do listado dos noso alumnado. Deseñamos unha táboa como a seguinte pero cada quen pode modificala como queira Na que temos aquí, consideramos unha valoración do 45% a nota do exame, un 30% nota do traballo e un 25% a nota da actitude, polo tanto, a nota final a calcula o programa considerando a fórmula introducida na 1ª cela debaixo da Nota fina (F3)l. Podemos introducir a fórmula na casilla correspondente como: e despois, situándonos na cela no extremo inferior dereito, arrastramos cara abaixo e a fórmula se copiará en cada cela. 13
  • 14. ProxectoAbalar-CPI-Ares Blanca Cortizas Así, agora xa podemos introducir os datos do noso alumnado, e automáticamente teremos xa as notas finais. Por exemplo: 14