ESTRUTURAS
COOPERATIVAS
I.T.I
Adaptado por José R. Vidal para I.T.I IES Monte Carrasco
Obra orixinal de Elena López Vara e Begoña Otero Riobó Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U.
Imaxe : Cadena Humana, [en liña], Pixabay, Public Domain
QUÉ SON AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS?
Unha estrutura cooperativa da actividade
corresponde a unha determinada forma de
organizar sucesivas operacións que o
alumno debe seguir no momento de levar a
cabo unha determinada actividade ou tarefa,
de xeito que se asegure ao máximo o que
Spencer Kagan (1999) denomina a
participación equitativa e a interacción
simultánea.
…
As estruturas cooperativas poden ser
máis simples ou máis complexas.
Algo común a todas elas é que non teñen
contido en si mesmas; son só a
estrutura que se aplica para traballar uns
determinados contidos, de calquera área
do currículo, de xeito que xeren a
necesidade de colaborar e axudarse.
Unha estrutura simple, aplicada a un contido de
aprendizaxe, constitúe unha actividade de
aprendizaxe de curta duración.
Unha estrutura complexa, aplicada en relación a
uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha
macroactividade.
ESTRUTURAS BÁSICAS
Lectura
compartida
Estrutura 1-
2-4
Folio
xiratorio
O xogo de
palabras
Lapis ao
centro
Parada de
tres minutos
LECTURA COMPARTIDA
No momento de ler un texto pode facerse en equipo: Un
membro do grupo le o primeiro parágrafo. Os demais
deben estar atentos xa que, seguindo as agullas do
reloxo, o seguinte compañeiro deberá explicar o que se
acaba de ler ou deberá facer un resumo. Os outros
membros do equipo deben dicir se é correcto ou non.
A continuación, o que fixo o resumo do primeiro parágrafo
lerá o segundo e o terceiro membro do equipo fará o
resumo.
Así sucesivamente ata rematar de ler o texto.
FOLIO XIRATORIO
Asígnase unha tarefa que pode ser unha lista de palabras, a
redacción dun conto, as cousas que se saben dun
determinado tema para coñecer ideas previas, unha frase
que resuma a idea fundamental do tema que se estea
estudando, etc. Entregarase un folio ao equipo no que
resolverán a tarefa.
Un membro do equipo comeza a escribir a súa achega ao
folio xiratorio.
A continuación pásallo ao compañeiro seguinte seguindo a
dirección das agullas do reloxo para que este escriba a
súa achega no folio. Así sucesivamente ata que todos os
membros participen na resolución da tarefa.
1-2-4
Formúlase unha cuestión ao grupo e facilítaselle un
modelo con tres columnas para que anoten nela as
sucesivas respostas.
Dentro do equipo, primeiro cada un, de maneira
individual, pensa cal é a resposta correcta e anótaa na
primeira columna. En segundo lugar, póñense de dous
en dous, intercambian as respostas e as comentan,
facendo as anotacións na segunda columna.
Por último, todo o equipo, despois de ensinar as
respostas das dúas parellas, compoñen a resposta
mais adecuada e anótana na terceira columna.
LAPIS AO CENTRO
O profesor dá unha lista de cuestións ou preguntas a
resolver. Cada membro do equipo debe facerse cargo
dunha pregunta ou exercicio: debe lelo en voz alta e debe
ser o primeiro en opinar como responder. A continuación
pregunta a opinión aos outros membros do equipo,
seguindo a dirección das agullas do reloxo. A partir das
distintas opinións, discuten e entre todos deciden a
resposta adecuada.
Durante todo este proceso, os lapis e bolígrafos deben
estar colocados no centro da mesa, indicando que é o
momento de falar e escoitar, e que non se pode escribir.
Procédese a continuación con outra cuestión, sendo o
seguinte membro do equipo o que comece o proceso.
PARADA DE TRES MINUTOS
Cando se está a facer unha explicación a todo o grupo en xeral, o
profesor/a interrompe a explicación e establece unha parada de
tres minutos. Cada equipo debe reflexionar sobre o que se
estivo a explicar e debe pensar dous ou tres aspectos que non
quedaron suficientemente claros.
Unha vez transcorridos os tres minutos, o portavoz de cada
equipo formulará unha dúbida. Faranse tantas roldas de
dúbidas como sexa necesario.
Resoltas estas, proséguese coa explicación, ata que se estableza
unha nova parada de tres minutos.
O XOGO DE PALABRAS
Escríbense na pizarra varias palabras clave do tema que se estea
a traballar.
Cada membro de cada equipo, debe escribir unha frase con unha
palabra clave. A continuación cada estudante amosa a súa frase
ao resto do equipo, e entre todos, a matizan completan, etc.
Se hai mais de catro palabras clave, faranse as roldas que sexan
necesarias. A continuación ordenarán, cun criterio lóxico, as
frases compoñendo unha especie de resume ou mapa
conceptual.

Estruturascooperativas 160211122547-1

  • 1.
    ESTRUTURAS COOPERATIVAS I.T.I Adaptado por JoséR. Vidal para I.T.I IES Monte Carrasco Obra orixinal de Elena López Vara e Begoña Otero Riobó Licenza Formación 2015-16 Consellería de Educación e O.U. Imaxe : Cadena Humana, [en liña], Pixabay, Public Domain
  • 2.
    QUÉ SON ASESTRUTURAS COOPERATIVAS? Unha estrutura cooperativa da actividade corresponde a unha determinada forma de organizar sucesivas operacións que o alumno debe seguir no momento de levar a cabo unha determinada actividade ou tarefa, de xeito que se asegure ao máximo o que Spencer Kagan (1999) denomina a participación equitativa e a interacción simultánea.
  • 3.
    … As estruturas cooperativaspoden ser máis simples ou máis complexas. Algo común a todas elas é que non teñen contido en si mesmas; son só a estrutura que se aplica para traballar uns determinados contidos, de calquera área do currículo, de xeito que xeren a necesidade de colaborar e axudarse.
  • 4.
    Unha estrutura simple,aplicada a un contido de aprendizaxe, constitúe unha actividade de aprendizaxe de curta duración. Unha estrutura complexa, aplicada en relación a uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha macroactividade.
  • 5.
    ESTRUTURAS BÁSICAS Lectura compartida Estrutura 1- 2-4 Folio xiratorio Oxogo de palabras Lapis ao centro Parada de tres minutos
  • 6.
    LECTURA COMPARTIDA No momentode ler un texto pode facerse en equipo: Un membro do grupo le o primeiro parágrafo. Os demais deben estar atentos xa que, seguindo as agullas do reloxo, o seguinte compañeiro deberá explicar o que se acaba de ler ou deberá facer un resumo. Os outros membros do equipo deben dicir se é correcto ou non. A continuación, o que fixo o resumo do primeiro parágrafo lerá o segundo e o terceiro membro do equipo fará o resumo. Así sucesivamente ata rematar de ler o texto.
  • 7.
    FOLIO XIRATORIO Asígnase unhatarefa que pode ser unha lista de palabras, a redacción dun conto, as cousas que se saben dun determinado tema para coñecer ideas previas, unha frase que resuma a idea fundamental do tema que se estea estudando, etc. Entregarase un folio ao equipo no que resolverán a tarefa. Un membro do equipo comeza a escribir a súa achega ao folio xiratorio. A continuación pásallo ao compañeiro seguinte seguindo a dirección das agullas do reloxo para que este escriba a súa achega no folio. Así sucesivamente ata que todos os membros participen na resolución da tarefa.
  • 8.
    1-2-4 Formúlase unha cuestiónao grupo e facilítaselle un modelo con tres columnas para que anoten nela as sucesivas respostas. Dentro do equipo, primeiro cada un, de maneira individual, pensa cal é a resposta correcta e anótaa na primeira columna. En segundo lugar, póñense de dous en dous, intercambian as respostas e as comentan, facendo as anotacións na segunda columna. Por último, todo o equipo, despois de ensinar as respostas das dúas parellas, compoñen a resposta mais adecuada e anótana na terceira columna.
  • 9.
    LAPIS AO CENTRO Oprofesor dá unha lista de cuestións ou preguntas a resolver. Cada membro do equipo debe facerse cargo dunha pregunta ou exercicio: debe lelo en voz alta e debe ser o primeiro en opinar como responder. A continuación pregunta a opinión aos outros membros do equipo, seguindo a dirección das agullas do reloxo. A partir das distintas opinións, discuten e entre todos deciden a resposta adecuada. Durante todo este proceso, os lapis e bolígrafos deben estar colocados no centro da mesa, indicando que é o momento de falar e escoitar, e que non se pode escribir. Procédese a continuación con outra cuestión, sendo o seguinte membro do equipo o que comece o proceso.
  • 10.
    PARADA DE TRESMINUTOS Cando se está a facer unha explicación a todo o grupo en xeral, o profesor/a interrompe a explicación e establece unha parada de tres minutos. Cada equipo debe reflexionar sobre o que se estivo a explicar e debe pensar dous ou tres aspectos que non quedaron suficientemente claros. Unha vez transcorridos os tres minutos, o portavoz de cada equipo formulará unha dúbida. Faranse tantas roldas de dúbidas como sexa necesario. Resoltas estas, proséguese coa explicación, ata que se estableza unha nova parada de tres minutos.
  • 11.
    O XOGO DEPALABRAS Escríbense na pizarra varias palabras clave do tema que se estea a traballar. Cada membro de cada equipo, debe escribir unha frase con unha palabra clave. A continuación cada estudante amosa a súa frase ao resto do equipo, e entre todos, a matizan completan, etc. Se hai mais de catro palabras clave, faranse as roldas que sexan necesarias. A continuación ordenarán, cun criterio lóxico, as frases compoñendo unha especie de resume ou mapa conceptual.